Manual de contidos de prevencion de riscos laborais para entidades locais

Page 26

Manual de contidos de prevención de riscos laborais para entidades locais

1. Introdución á prevención de riscos laborais na entidade local en relación coa construción 1.1 Introdución A prevención de riscos laborais é non soamente un imperativo legal, senón unha obriga social e moral no ámbito laboral xeral e tamén, no ámbito das administracións públicas e particularmente no ámbito da administración local. O desenvolvemento dun traballo ben feito, eficaz e rendible non é incompatible con que se faga nunhas condicións de Seguridade e Saúde Laboral axeitadas. Moi ao contrario os accidentes laborais e as enfermidades profesionais acaecidas no ámbito das administración públicas e máis concretamente as derivadas de traballos no sector da construción están facendo que os/as traballadores/as deban ser atendidos no ámbito sanitario da seguridade social, acaben cunha pensión de incapacidade e que os entes locais e a administración en xeral, así como os cidadáns teñan que asumir custos que se poden cifrar en miles de millóns de euros cada ano, existindo ademais importantes aspectos no campo sancionador ou de responsabilidade da entidade ou incuso de carácter individual dos que non podemos esquecernos. A administración local en moitos aspectos está ligada á construción e pode incidir en diferentes aspectos relacionados coa seguridade na construción, por outro lado en moitas ocasións actúa como promotor/a ou contratista da obra co que ten os seus dereitos e as súas obrigas.

1.2 A xestión da prevención nas obras de construción O ente local, como empresa, debe organizar a súa prevención o que incluirá a todos/as os/as traballadores/as, e todos os centros de traballo de que dispoña, incluídas as obras de construción nas que participe. Para poder atribuír funcións e responsabilidades en materia de prevención, integrando e distribuíndo polo organigrama da empresa, o que é conveniente ter en conta nas RPT e nos presupostos do organismo. A xestión da prevención na obra empeza polo encargo de redacción do proxecto e remata coa posta en práctica do traballo ben feito, integrando a prevención a través do esquema xerárquico e organizativo da empresa, o que supón a actuación de diversos actores, cada un coas súas funcións, que deben estar definidas con claridade: mandos intermedios, xefes/as de obra, encargados/as, traballadores/as, recursos preventivos, coordinadores/as de seguridade en fase de redacción do proxecto, coordinador/a de seguridade en fase de execución.

MÓDULO II

26


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.