Número 6 de LaGaZetaDeTerZero

Page 18

LaGaZetaDeTerZero pág. 18

ESPECIAL EMPRENDEDORES

JORGE GARCÍA PÉREZ, DONO DO BAR JORGE E DE DISCOMÓVIL JORGE

“Miro para arriba e sempre para adiante. Teño moi claro que quero seguir crecendo e facer cousas novas”. Jorge é pinchadiscos, barman, profesor de música, animador de festas... O que se di, un home activo... Se temos que falar de xente emprendedora, temos que falar deste verinense que está a facer do seu nome unha marca comercial de éxito en toda a provincia. Quedamos para falar un ratiño no seu bar de Tintores, un bar coma poucos, unha auténtica obra de arte en madeira onde disfrutar, por suposto, da mellor música... CARLA AFONSO Y NATALIA GONZÁLEZ

Bueno, para empezar queríamos f a c e rc h e u n h a s p re g u n t a s persoais para conocerte un pouquiño mellor. Cantos anos tes? Teño 33, aínda que non os aparento. Ónde naciches? En Verín, vivín toda a vida aquí. Tamén estudiaches aquí? Sí, estudiei aquí e en Pontevedra, onde fixen Maxisterio Musical. De feito estou a dar clases no colexio María Inmaculada. Es profesor toda a semana alí? Si. Entón, gústanche os nenos? Gústame a música. Os nenos... as veces [risas]. Gústache ser profesor? Si, me gusta, o que pasa e que hai días que marchas cun dolor de cabeza tremendo... Gústame cando os rapaces se involucran e se interesan. As túas aficións? Música, música e música [risas]. Cando eras pequeño, que querías ser? Músico. Eu dende pequeno xa lle dixera ó meu irmán, que é o meu padriño, que me gustaba a música, que me gustaba tocar a guitarra, pero naquela época no conservatorio non había, e por iso empecei co saxofón. Pero bueno, a verdade é que non tiña unhas cualidades tremendas para a música, no aspecto de que non teño un gran oído, nin unha gran voz para cantar, nin tampouco son un virtuoso de ningún instrumento, e por iso me metín máis no tema tecnolóxico, coma DJ. É moi difícil ser un bo pinchadiscos? Non, o difícil é conseguir enganchar á xente día tras día, festa tras festa... Iso é o difícil. O importante é transmitir, ter empatía coa xente, que a xente se divirta e que o pase ben. Con que estilo de música o pasas mellor? A min gústame prácticamente de todo, dende o heavy ó flamenco... Nese aspecto non teño problema. Continuamos falando un pouco do tema do bar. Canto tempo leva o bar aberto? Aberto levará uns 18 anos, pero a reforma esta que lle fixemos fómoslla facendo nos últimos cinco anos. Fómolo facendo por partes, primeiro a entrada, logo esta zona [a parte de atrás] e aínda outra que fixemos o ano pasado. Antes non tiña nada que ver co que é ahora, era o típico bar de aldea. Fixeches ti os mobles? Eu boto unha man, pero os artistas son o meu pai e o meu irmán, que son os profesionais da carpintería. Cómo se fan os mobles? Todo o traballo está feito de maneira artesanal, a partir na súa maioría de castiñeiros que había no monte queimados ou que estaban secos. Despois esa madeira foise traballando pouco a pouco, a man,

con moita dedicación, paciencia e imaxinación. Cada silla e cada mesa parte dun deseño ou vades improvisando? Non, facémolos sobre a marcha, segundo as pezas que imos atopando. Teñen algún mantemento especial

cunha soa peza, pois teslle un cariño porque é algo que partiu da túa imaxinación, algo creado por ti totalmente. E os obxetos antiguos que tes de adorno, son tamén teus? Si, meu pai foi carpinteiro toda a vida, meu avó tamén, e son obxectos

aprecie o traballo que hai aquí. Fas algunha iniciativa para atraer á clientela? A verdade é que estou un pouco disperso co tema da discomóvil, co do colexio e co do bar... Aquí no bar cando máis traballamos é no verán, e si, procuramos facer concertos,

os mobles? Pois non; pódense raiar, pero non ten grande problema, unha man de lixa, volver barnizar e listo. Están en venta? Si, porque estamos continuamente producindo pezas novas. Pero para os precios, hai que negociar co meu irmán [risas]. Aparte do valor económico, teñen os mobles un valor sentimental? Si, sobre todo polo traballo que dan. Como pasas aquí tantas horas traballando, cen ou duascentas horas

que fomos recollendo de casas vellas, e ferramentas que eles utilizaban antiguamente na carpintería. O esforzo que levou toda a decoración do bar, é compensado polo número de clientes? Si que o é, os clientes póñense a sacar fotos... O local impresiona moito, sobre todo á xente que vén de fóra; queda impresionada porque non é algo habitual ver tanta cantidade de pezas xuntas. Reconforta e satisface que a xente

festas, actividades un pouco diferentes para atraer á xente. En xeral á xente gústalle o ambiente, ademáis dos cócteles que tamén atraen a xente. Fálanos un pouco dos cócteles. Foi unha iniciativa que empecei xa cando abrimos, hai uns cinco anos. Eu viaxei moito, estiven en Brasil e gustoume a idea de facer uns cócteles, pero ben feitos e ben presentados. E tiveron moitísimo éxito, pódoche dicir que nunha noite igual vendo tantos mojitos coma

cubatas cando normalmente é ó revés, en calquera sitio son os cubatas o que máis se vende. O bar abre os fins de semana? No inverno si, no verán abre todos os días. Como compaxinas o tema da discomóvil co bar? Póñome louco! [risas]. Pero bueno, agora conto co apoio de camareiros que me axudan e entón así podo compaxinalo todo. Co do colexio non teño problema, porque traballo pola semana, e os fins de semana estou libre. Cómo se che ocurriu a idea da discomóvil? Eu estiven varios anos traballando coma pinchadiscos nun pub, e todo surxiu cando uns colegas falaron comigo para que fóra animarlle a voda, a celebración e o restaurante. Accedín, e ó parecer a xente pasouno moi ben, gustoulle moito o que fixen, e a partir de aí empezaron a chamarme para outras bodas. Que é exactamente o que fas na discomóvil? Coa discomóvil procuro animar festas, vodas, todo tipo de celebracións. É un traballo moi satisfatorio. Conseguir facer disfrutar á xente maior, por exemplo... O meu traballo consiste niso, en facer pasalo ben á xente. Traballas máis por festas particulares ou por concellos? Normalmente o que máis fago son festas particulares, pero tamén me chaman das comisións de festas de pueblos de Verín, Cualedro, Oímbra... Que máis servizos ofrece a túa empresa? O que ofrece é música e animación para vodas, bautizos, comunións, festas, festas de fin de curso, todo tipo de eventos... Tamén organizamos festas infantís con paiasos, inchables, animadores para nenos... Tamén alugamos equipos para locais. Como levas ter que estar sempre de bo humor? Si, teste que olvidar de todo, de tódolos problemas, estar sempre cunha sonrisa na cara e transmitirlle a xente ese bo rollo. Non te poden ver apagado, sempre tes que estar ben, a tope. Afecta a crise ó negocio? Bueno, ó bar afectoulle sobre todo o tema dos controis de alcoholemia, na discomóvil a verdade que non. Cáles son os teus proxectos de futuro? Crecer, non en estatura, pero si que miro para arriba e sempre para adiante. Teño moi claro que quero seguir crecendo e facer cousas novas. Moitas gracias Jorge, por dedicarnos este ratiño.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.