Hadrián VII, primeiras páxinas

Page 1

Hadriรกn vii

IRMร S

20

Hadrian_mostra_maq.indd 1

14

15/05/14 19:08


Hadrian_mostra_maq.indd 2

15/05/14 19:08


Hadrián vii Frederick Rolfe ~ alias ~

Barón Corvo

Tradución de Celia Recarey Rendo

IRMÁS

20

Hadrian_mostra_maq.indd 3

14

15/05/14 19:08


Irmás Cartoné, 2014 Tradución: Celia Recarey Rendo Deseño de cuberta: Impresión: ISBN: Dep. Legal:

Este libro comercialízase baixo unha licenza Creative Commons que permite a copia e distribución da obra sempre e cando non se faga con fins comerciais e se recoñeza debidamente a autoría da mesma mediante a mención expresa do autor, a tradutora e a editora. Esta licenza autoriza tamén a produción de obra derivada, coa condición de que a obra resultante sexa distribuída baixo o mesmo tipo de licenza que a orixinal.

Hadrian_mostra_maq.indd 4

15/05/14 19:08


A mi単a Nai

Hadrian_mostra_maq.indd 5

15/05/14 19:08


neve me impedias neve lungius persequaris ὃπως μήτε ἀντιστήσει μόι μήτε ἓψει πορρωτέρω

Hadrian_mostra_maq.indd 6

15/05/14 19:08


En obediencia do Decreto do Sumo Pontífice Urbano vii, declaro que non teño intención de atribuírlle a ningunha outra autoridade máis que a puramente humana ningún dos milagres, revelacións, favores & casos particulares que neste libro se documentan, & o mesmo con respecto aos títulos de santos e beatos aplicados a servos de Deus aínda non canonizados, agás naqueles casos que foron confirmados pola Santa Sé Apostólica Romana, da que me declaro fillo obediente & a cuxo xuízo someto, polo tanto, a miña propia persoa & todo o escrito. Fr. Rolfe xxii de xullo de 1904

Hadrian_mostra_maq.indd 7

15/05/14 19:08


Hadrian_mostra_maq.indd 8

15/05/14 19:08


Proemio De mente estaba canso, exhausto por anos de esperanzas adiadas, de soidade, de angueiras sen recompensa. De corpo estaba case prostrado pola dor dun brazo dez días despois da vacina. A dor do corpo proíalle como unha afronta persoal. «Alguén terá que sufrir por isto», dixera unha vez entre os espasmos dunha dor de moas. A fatiga mental non lle era allea, pero cando a ela se engadían as aflicións do corpo, achegábase ao colapso. A súa capacidade de traballo estaba limitada: a mera visión das súas ferramentas de escribir enchíao de noxo. Pero como o horrorizaba a idea de ser descuberto nun estado de inactividade, despois de almorzar sentou como decote e tentou escribir. Atordoado por un torrente de ideas, detíñase dolorosamente á procura das palabras: cambaleando nun labirinto de vocábulos, a miúdo perdía o fío do seu argumento; de cando en vez, de puro esgotamento, a pluma ficaba inmóbil. Sentou nunha butaquiña baixa que estaba cuberta cun brocado desgastado dunha cor vermella apagada e verde. Unha vella mesa de debuxo, do voluminoso tamaño denominado de anticuario, descansaba sobre os seus xeonllos. O canto inferior esfiañaba o brocado dos brazos da butaca. O seu gatiño marelo, Flavio, durmía sobre o taboleiro inclinado, arrecunchado na dobra do seu cóbado esquerdo. Era a única criatura ~9~

Hadrian_mostra_maq.indd 9

15/05/14 19:08


Barón Corvo

viva á que lle falaba con afecto ademais de cortesía. A man esquerda tiña conta do manuscrito, cuxas follas estaban suxeitas por arriba cun clip metálico. No bordo superior do taboleiro repousaban un par de prototipos editoriais que exteriormente semellaban novelas de a seis xilins mais cuxas páxinas enchera coa súa arcaica caligrafía. O primeiro contiña pensamentos, non grandes pensamentos, nin pensamentos selectos sobre algún principio particular, senón frases e opinións, como a denuncia de Sófocles:

᾿Ὠ μιαρον ἠθοζ και γυναικοζ ὑστερον,

ou a sentenza de Gabriele d’Annunzio: «As antigas monarquías lexítimas entran en declive por todas partes e Demos disponse a engulilas coas súas fauces lamacentas.» O segundo era o seu dicionario privado, que (como artesán da expresión verbal) compilara tomando termos gregos do Liddell-and-Scott e termos latinos do Andrews, ampliando o seu vocabulario con formacións tan sinxelas pero suxestivas como o adxectivo «hibrista», a partir de ὑβριστής, ou o substantivo «enxivismo», a partir de gingilismus. Mirou de esguello para o seu manuscrito. En dúas horas non escribira máis de catorce liñas, e estas estaban deformadas por borranchos de palabras e frases, substitucións e engadidos. Trazou unha liña ascendente cruzando a folla de esquerda a dereita, pousou a pluma, levantou taboleiro, gato, libros e manuscrito dos xeonllos e apartounos para un lado. Non podía traballar. Enteou o lumiño que ardía no recanto dunha lareira esbrancuxada polas chamas. Estaba a tremer, pois, aínda que marzo avanzaba co ímpeto de nove leóns, ía moi pouco abrigado, cun traxe de liño azul como o que levan por riba da roupa os mecánicos. Sentía unha pícara predilección por aquela vestimenta ~ 10 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 10

15/05/14 19:08


Hadrián vii desde que un intratable prelado de nariz encarnado, ansioso por menosprezar a pobreza desprovista de auréola, lle dixera neciamente que parecía napolitano. Sacudiu a acumulación de cinza de cigarro do dianteiro da chaqueta e agarrou un par de pesas de resorte, pero volveunas a pousar de inmediato, reprendido pola dor do sobrazo esquerdo. Colleu o xornal que trouxera consigo despois de almorzar e volveu ler as novas de Roma e de Rusia. A primeira, segundo puido comprobar, non era máis que o tipo de subterfuxio que os xornalistas de medio patacón teñen o costume de usar cando se atopan privados da visión dos feitos. Dicía moito e non significaba nada. «O noso correspondente especial» estaba a levar un calote e sabíao, pero non lle apetecía confesalo, así que lle daba gusto á súa imaxinación. Algo estaba a suceder en Roma, algo misterioso estaba a suceder en Roma. Iso podíase deducir do comunicado, pero máis nada. A nova sobre Rusia era un conto de horrores sen par. Procedía de Berlín: non había comunicación directa con Rusia desde había quince días. —É exquisitamente horrible —díxolle a Flavio— e paréceme perfectamente certa. O do Tsar… bo, iso era de experar. Pero o da Tsarina… aínda que se algunha vez houbo unha muller co destino escrito no rostro esa era ela, pobre criatura. Aqueles terribles ollos enmeigados que tiña! Aquela dureza da súa cariña de moza! Pobres meniños! Que abominable e cínica crueldade! Mais xa houbera agoiros e presaxios que anunciaban que podía haber unha traxedia coma esta en calquera momento nestes últimos anos. Tiveron que vela vir. Ou é este outro exemplo de que o espectador é quen mellor ve o partido? —Colleu un álbum de recortes de prensa e pasou as follas—. Velaquí o tes, Flavio —díxolle ao gato durmido— e aquí… e aquí. Se isto non son advertencias… Vállame! Sentou de novo e estudou certos parágrafos con atención.

~ 11 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 11

15/05/14 19:08


Barón Corvo

EDUCACIÓN CON LÁTEGO Petersburgo.– Rusia enteira atópase nun estado de desacougo, ferve de insatisfacción. Até o aire se encende con rumores de tumultos por unha parte e de golpes de Estado por outra. Corren historias do máis estraño sobre o que está a ter lugar en Kiev, Sula e en todas as partes do Imperio, de feito, pero especialmente en Moscú. Alí, ao parecer, mentres estudantes e membros das clases altas son levados á cadea por centos –e non poucos deles enviados a Siberia–, os traballadores están a ser tratados cunha consideración bastante extraordinaria. Até se lles permite dicir o que opinan e manter xuntanzas públicas sen trabas nin impedimentos, cousa inaudita en Rusia. Na propia Petersburgo predomina un estado agoirento, e a cidade atópase por completo nas mans da policía e dos militares. As rúas están ateigadas de xendarmes, até as casas particulares están cheas de soldados, e non pasa unha semana sen que que haxa algún disturbio ou se organice algunha manifestación pública. En febreiro produciuse unha escena terrible na casa de Nicolás ii, unha especie de Palacio do Pobo. No curso dunha representación teatral que alí tiña lugar, uns estudantes arrebolaron dende a galería á platea do auditorio uns panfletos nos que esixían a reparación das ofensas por eles sufridas. O lugar estaba cheo na súa maior parte de cidadáns respectables, no entanto, a xendarmería, que sempre está á espreita, acudiu a toda présa e esmagou baixo os seus pés a todo o que atopou no seu camiño. Viuse a un individuo graúdo pisar deliberadamente a cara dun pobre rapaz que caera e escacharlla como unha noz. O número de feridos é descoñecido e probablemente seguirá a selo. O domingo a situación empeorou aínda máis. Durante a semana anterior os estudantes enviaran aos xornais máis importantes, e até á policía, un anuncio formal de que tiñan intención de facer unha manifestación na avenida Nevsky para esixir constitucionalmente que se atendesen as súas reivindicacións. Dábase por feito que se habían tomar medidas para ~ 12 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 12

15/05/14 19:08


Hadrián vii evitar a xuntanza e a avenida Nevsky ateigouse, con tal ocasión, dos lacazáns e miróns habituais. Pero até onde todos sabían a policía non parecía ter intervido para nada na cuestión, e só uns poucos sabían que os patios das casas grandes da veciñanza estaban cheos de xendarmes e soldados. Até as doce en punto todo foi ben. Entón, de xeito bastante repentino, non só estudantes, senón tamén traballadores, comezaron a afluír cara á avenida Nevsky desde todas as rúas laterais e, en moi poucos minutos, o lugar era unha única e vasta multitude. Só na praza de diante da catedral de Kazán había polo menos 3.000 persoas. De súpeto, alzáronse berros sediciosos, ondeáronse bandeiras vermellas, tiráronse pedras e no medio de todo isto os xendarmes iniciaron un aloucado galope a través da multitude. A estampa era estarrecedora, pois arremetían a esquerda e dereita coas súas espadas, até contra os transeúntes cuxa única intención era escapar de alí. Moitos resultaron feridos, algúns mortos –sobre cantos non hai dúas contas que concorden– e no curso da semana seguinte fixéronse centos de arrestos. Desde entón tiveron lugar outras manifestacións deste tipo, e seguirán a telo, custe o que custe, declaran os estudantes, até varrer por completo o réxime policial baixo o que Rusia se laia. O INICIO DA TORMENTA O asasinato de M. Baltaicheff fixo que todo o mundo centrase a súa atención na situación actual de Rusia, que é moito peor do que a maioría da xente cre. O movemento actual non se limita unicamente aos estudantes, aínda que é esa clase a que máis ruído fai. A febre revolucionaria apoderouse das clases baixas: miolo e músculo, como dixemos onte, combináronse, e a combinación é formidable. Máis significativa, non obstante, que ningunha outra cousa é, de ser certa, a afirmación do Neue Freie Presse de que durante as manifestacións na praza Kazán de Petersburgo se ordenou a un destacamento de infantería que ~ 13 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 13

15/05/14 19:08


Barón Corvo

abrise fogo sobre a multitude, de que os homes se negaron por tres veces a obedecer, foron levados de volta ao cuartel sen que se realizase ningunha investigación posterior e de que incidentes similares se teñen producido noutros lugares. Co servizo militar obrigatorio, o Exército non é máis que o pobo uniformado. Todo sentir popular ha de chegar, antes ou despois, ao Exército e se non pode depender dos soldados para dispararen, o xogo do absolutismo rematou. O gran cataclismo pode estar máis preto do que xeralmente se supón. INDICIOS DE QUE SE COCE UNHA REVOLTA Petersburgo.– En dous dos distritos da provincia de Poltava, producíronse motíns de traballadores a consecuencia da represión sistemática da «Pequena Rusia» por parte da «Gran Rusia». O xornal Pridjeprowski Krai foi o primeiro en informar da situación e foi rapidamente suspendido por oito meses. Petersburgo.– O asasinato do Procurador do Santo Sínodo considérase, en certa medida, un síntoma da situación xeral de Rusia. Infórmannos de que o castelo do Duque de Mecklemburgo, situado no S.E. de Rusia, foi saqueado e destruído polos amotinados. Berlín.– Hoxe, á chegada do tren expreso procedente de Berlín a Wirballen, na fronteira rusa, foi arrestado un pasaxeiro en cuxa equipaxe se atoparon documentos nihilistas. Trátase do terceiro arresto nihilista en dúas semanas. A policía de Berlín recibiu información de Petersburgo sobre numerosos revolucionarios que abandonaron Francia recentemente. Na actualidade dirixen unha vigorosa campaña de axitación contra o goberno do Tsar desde Berlín. Tamén desde Londres se ten informado do paradoiro de varios sospeitosos. Na maioría dos casos, as autoridades berlinesas vense incapacitadas para efectuar arres~ 14 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 14

15/05/14 19:08


Hadrián vii to ningún, pero sempre informan de todo a Rusia, de maneira que estes personaxes sospeitosos sempre son detidos ao cruzar a fronteira. AVANZA A ANARQUÍA O Kreuzzeitung, xornal excepcionalmente ben informado en asuntos rusos, expresa a opinión de que unha das consecuencias inmediatas do trunfo de Xapón será un levantamento xeralizado dos campesiños rusos contra os seus señores, e do exército contra a aristocracia. Esta mesma publicación declara que axentes revolucionarios de tendencias socialdemócratas levan tempo envenenando sistematicamente a mente do pobo. Retomou O INICIO DA TORMENTA e leu novamente o agoirento parágrafo: —Houbo avisos abondos, abofé —dixo—: primeiro, asasinan ao fiscal público en Odessa, despois ao xefe da Policía Secreta de Petersburgo, logo ao procurador do Santo Sínodo e agora unha hecatombe: soberano, realeza, aristocracia, goberno, burocracia, todos aniquilados, Anarquía in excelsis. Agora prenderá a chama en Francia en calquera momento, iso é completamente seguro. É horrible! Pero somos todos cristiáns, Flavio, e isto non é máis que un dos moitos e estraños xeitos en que nos amamos os uns aos outros. Ergueuse e dirixiuse á fiestra. O gato marelo estirouse a conciencia, bocexou e seguiuno, e procedeu a levar a cabo unha impresionante trama de fintas e emboscadas arredor dunha pelota de ping-pong que había na casa para a súa adecuada diversión. O home contemplábao case amorosamente. Finalmente, Flavio capturou a pelota, agarrouna entre as patas de diante e posou con toda a maxestuosidade dun león de Trafalgar Square. Logo ~ 15 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 15

15/05/14 19:08


Barón Corvo

emitiu un grave gorgolexo afectuoso, fixando vagarosa e gravemente o gran misterio elocuente de ámbar e negrura dos seus ollos aveludados no seu amigo humano. Non se lle concedeu atención. Flavio ergueuse e fregou suavemente a cabeza contra a man máis próxima. —Meu neno! —murmurou o home, e subiu o gatiño ao ombreiro. Foi ao andar de abaixo. Non era quen de traballar e ía facer un descanso; quería unha novela, díxolle á dona da casa. Parecíalle que xa lera todos os libros da casa. Si, e tamén os da sala de estar. Tras un cuarto de hora, a apelación a un veciño produciu tres miserentos e decrépitos volumes: unha cousa estarrecedora sen título de a seis peniques, unha de Braddon e unha de Edna Lyall. Levounas para arriba por non parecer desagradecido e guindounas nun recanto para devolvelas chegada a ocasión. Aquel trazo principal do seu carácter, o desexo de non ser desagradecido, a disposición ao altruísmo e ao sacrificio fixéranlle un dano incalculable. Este mundo está inzado de innúmeros fatos de cachorros a medio criar e de mediocridades a menos de medio educar que parecen non ter mellor que facer que andar por aí atormentando e interferindo nos asuntos de seres que lles son superiores. Por cortesía, por bondade, estaba afeito a ceder, pero, con todo, mantiña o tenaz coñecemento e fixación no seu propósito orixinal. Sabía que a demora era a súa inimiga, pero invariablemente facíase a un lado e deixábase demorar. E agora que se achegaba o final da súa xuventude, era un pobre e solitario altruísta misántropo. Volveu á súa butaca proferindo un longo suspiro de irritación e esgotamento: esfarelou tres cabichas (pois aflixíao unha grande escaseza de tabaco), enrolounas nun papel novo e achegoulle un misto. Flavio, cun indulxente miañar protestante, choutou do seu xeonllo a unha cadeira do dormitorio e enroscouse para durmir. ~ 16 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 16

15/05/14 19:08


Hadrián vii A butaca estaba colocada xusto diante da lareira, a típica lareira de ferro cor rocho con repisa propia do ático dunha casa de hóspedes. Na parede gris de encima da repisa había pegada unha folla grande de papel de embalar. Sobre este fondo había cravadas unhas fotografías do Hermes de Herculano, do Sebastián de terracota de South Kensignton, do David de pórfido de Donatello e do vívido David de Verrocchio, do modelo de cera dos Perseos de Cellini e dun equipo de rugby descoñecido, aprezado como único exemplo do raro fenotipo felino-humano, e do Sebastián da representación de Noite de Reis da Sociedade Dramática da Universidade de Oxford de 1900. Entremetidas polas beiras destas había postais de Italia ilustradas coa imaxe do xove San Xoán de Andrea del Sarto, a Primavera de Filipepi, unha páxina dun vello catálogo do Salón na que aparecían os Loitadores de Friant, outra dun exemplar vello da Harper’s Magazine onde saían os Corredores de Boucher, unha barata e encantadora cromolitografía dun Pancracio de pel morena e cabelo negro cunha coroa de centáureas e túnica branca sobre un campo dourado, as tarxetas de visita de cinco axentes literarios e unha postal coa sucinta inscrición Verro precipitevolissimevolmente. Na repisa había tinteiros de pedra, pipas, unha miniatura nunha caixa marroquí pechada, un molde do selo de Oxford do cardeal Andrea della Valle, dous pares de lentes de prata en cadansúa funda de chagrén, catro lingotes diminutos de cobre puro, unha botella de goma arábiga e un libro aberto coas pastas pintadas cunha ilustración de Eros no colo de Psique e un misterioso grupo de mergulladores no luar. A porta estaba a unha iarda á esquerda da lareira, en ángulo recto. Dela colgaban con desleixo unhas prendas de sarga negra e liño azul. Entre a porta e a butaca, ao alcance da man do escritor, había un pequeno lavabo de madeira. Unha chapa de aglomerado cubría a parte superior do mesmo e soportaba tinteiros, plumas, canivete, tesoiras, unha lámpada, unha lata de galletas chea de cabichas, de~ 17 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 17

15/05/14 19:08


Barón Corvo

zaséis exquisitos gravados gregos. No estante inferior había unha ringleira de libros de referencia. Entre o lavabo e o lume estaba a cadeira onde se estomballaba Flavio (se se nos permite empregar un termo tan indelicado para referírmonos a tan delicado gato). Á dereita da lareira estendíanse uns catro pés de parede. Pendurados nela había un debuxo a lapis dunha Diamastigose, unha estampa en branco e negro do xove Sófocles de corego trala batalla de Salamina, feita ao dorso dun mapa do Almirantado, unha acuarela de Tarquinio Santacroce e Alexandro vi, un par de floretes e máscaras de esgrima e un curioso selo grecorromano cun San Xurxo como Perseo de pés alados vestido co que parecía a capa da Orde da Xarreteira e a inscrición Φυλαζ ἀρχης. Había estantes de recambio apoiados contra a parte de abaixo da parede. Unha cesta de vimbio, pechada e chea de cartas, colocada en vertical sostiña exemplares da American Saturday Review, a Author, o Outlook, Salpinx, Reynards’s e da Pall Mall Gazette, e un plumeiro para limpar o po de libros e papeis ou para reprender a Flavio cando se poñía rabudo. Outra cesta de vimbio, deitada sobre unha cadeira, contiña unha ringleira de libros, cadernos manuscritos, clásicos en doceavo de Plantin, Estienne, Maittaire, xunto con edicións inglesas e americanas das obras do propio autor. A terceira parede estaba perforada por dúas fiestras pequenas, sempre abertas de par en par. O canto dunha cómoda sobresaía cara ao cuarto. A parte de arriba usábase como escritorio de pé. Os caixóns abríanse cara a cuarta parede. Feixes de cartas suxeitas con clips metálicos colgaban da traseira. Entre a cómoda e a butaca había máis estantes artellados con cestas de vimbio colocadas por riba e por baixo dunha mesiña de madeira. Libros de consulta, dicionarios e unha caixa de papel en branco xuntábanse alí, ao alcance das mans do escritor. O caixón da mesiña contiña papel de cartas, sobres, lacre e selos. Todo arranxado de xeito que, unha vez acomodado diante do lume na butaca, co taboleiro no colo, o gladiador puidese alcanzar todas as súas ~ 18 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 18

15/05/14 19:08


Hadrián vii armas coa simple extensión dos brazos. O ático medía once metros cadrados, tiña o teito en mansarda, coa metade do mesmo inclinado até os catro pés na cuarta parede. Alí había un catre, un espelliño e un toalleiro, tres pares de pesas de dúas, seis e dez libras, un par de botas nas súas formas, unha botella de eucalipto e un vaporizador. Os seus ollos, vagando pola estancia, atoparon todas estas cousas. Colleu unha toalla e foi abaixo, ao cuarto de baño, lavar as mans. Ao volver tentou a Flavio cun anaco de cordel. O gato non tiña gana de xogar: fitouno con redondos e inocentes ollos inescrutables, bocexou aparatosamente e solicitiou permiso para retirarse. O olor da cea na cociña era percepcible. A porta abriuse; e cerrouse. Pousou a cabicha do seu cigarro nun bote de barro que había á súa esquerda para uso futuro. A doncela apareceu co seu xantar, unha cunca grande chea de pan e leite. Seguindo unha liña de pensamento subconsciente, estirouse, colleu o espelliño da parede e dirixiuse á fiestra. —Tes un dos teus días malos, meu amigo —comentou contemplando a súa propia imaxe—. Aparentas todos os anos que tes e outra ducia deles. Baixa esas cellas espeluxadas, home. Por non falarmos dese suco vertical que lle fai parecer severo. Báixaas, e abre os ollos, e mantente alerta. Fai algo para compensar esa fina liña mol que tes por boca. Non debes deixarte relaxar desta maneira. Resáltache as enrugas e expón a escaseza do teu cabelo. Se tiveses unha polgada máis de coxa e, digamos, un par de polgadas máis de canela, poderías mirar á xente dende un pouco máis arriba, pero con ese aspecto manso e servil (como se ría de ti Luckock por iso!), non é de estrañar que todo o mundo se aproveite de ti. De que che vale levar a túa antipática opinión claramente escrita na túa antipática boca se non insistes en comportante con antipatía? Cultiva a arte de parecer que estás a ~ 19 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 19

15/05/14 19:08


Barón Corvo

punto de dicir «Non». Sempre podes dicir «Si» despois. Pero se empezas polo si, como fas sempre, impídeste a ti mesmo dicir que non algunha vez. Por iso todo o mundo che pode defraudar. Tes demasiada ansia de ceder. Levanta un chisco o ánimo, cousiña fea! Feo como es, non es vulgar nin ordinario. Ponte dereito, abre ben os ollos e arrómbate. Puxo o espello no seu sitio e volveu botar unha ollada ao cuarto, á procura de algo que ler, algo, calquera cousa, que non estivese demasiado recente na súa cabeza. Colleu ao chou unha das novelas rexeitadas. Titulábase Donovan. Lembraba ter visto (nunha revista de exportación de té) unha fotografía da autora da mesma. Lembraba tamén que atopara a súa pose retraída e a súa conformación labial intensamente hostil. O seu sentido da beleza era moito máis do que pode cualificarse de agudo. Satisfeitas as súas preferencias (que eran por unha reticente e destra virtude no varón e unha innata e delicada modestia na femia), a porta ao seu favor ficaba aberta. —Porén —discutiuse a si mesmo—, vende decenas de miles de libros mentres que nós non vendemos os nosos nin en decenas de centos. Botémoslle un ollo ao seu traballo e vexamos como o fai. Comeu o pan con leite e, seria e deliberadamente, dispúxose a diseccionar e analizar o libro. A maneira de retratar a un mozo, a un mozo anormal, do tipo sensible-modesto, desgustouno de inmediato pola súa imprecisión e superficialidade. O animal humano macho é omnipresente: non é difícil para un escritor observador e coidadoso describir as γνωριμωτερον Φυσει, as cousas pola súa aparencia. Pero o sexo da autora impedíralle coñecer e, polo tanto, describir γνωριμωτερον ἡμιν, as cousas como son. É de dubidar que o Home algunha vez coñecese á Muller. É seguro que a Muller xamais coñeceu ao Home, e só nalgún caso se achegou, como no da ~ 20 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 20

15/05/14 19:08


Hadrián vii autora de The Gadfly, por exemplo. Atopou a imaxe de Donovan bastante convincente, non tan real. Donovan, na historia epónima, era obviamente creación dunha muller de carácter doce que o creara á súa imaxe. O estudoso estivo a piques de pechar o libro varias veces de pura irritación. Só a certeza de que non tiña máis que facer, e o desexo de instruírse, o fixeron perseverar. O seu temperamento só era lóxico na medida en que o dotaba da facultade da dedicación. Comezaba moitas cousas, continuábaas, a miúdo a influencia de Luna no seu entorno o obrigaba a deterse, pero invariablemente regresaba a elas –mesmo moitos anos despois, regresaba a elas– e entón, con paso lento e firme, concluía o que comezara. Tiña tenacidade, a felina pertinacia dun vigoroso e incontaminado sangue inglés. Enrolaba cigarro tras cigarro, e fumaba. Con frecuencia, volvía atrás e lía outra vez un capítulo. Flavio miañou pedindo paso. Colleuno no colo e seguiu lendo, acariñando o gatiño ao mesmo tempo, facéndolle cóxegas na larinxe até que rosmou satisfeito. Así pasou a tediosa tarde de marzo. Ás cinco, a doncela trouxo unha bandexa con café só e torradas con prebe. Ás seis e media, bañouse e aseouse, execrando a dor do seu brazo inchado e a dificultade de mantelo fóra da auga. Ás sete e media, ceou unha pouca sopa, fabas con manteiga e unha mazá asada. Ao mesmo tempo, contou os anacolutos da Pall Mall Gazette do día. Cando era adolescente, un titor que tiña en Oxford dixéralle que posuía unha capacidade crítica nada cativa. Por aquel entón non entendera a expresión perfectamente, mais cultivara a capacidade. Aprendera nunha escola ben amarga as artes da selección e a discriminación, e a arte de aniquilar a escoria. A isto se debía talvez o seu total distanciamento físico doutros homes. Pisara moitos vermes. E poucas cousas son máis exasperantes que un home do que verdadeiramente se pode dicir que é: «Un rapaz entre vós a tomar nota.» Despois de cear, retirouse ao seu ático coa súa cunca e a súa cafeteira e retomou a súa tarefa. Despois ~ 21 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 21

15/05/14 19:08


Barón Corvo

dun tempo, esqueceu a dor do brazo, esqueceu até a habitual expectación aterrada coa que agardaba oír petar ao carteiro retrasado, tal era a súa capacidade de concentración. Fumaba cigarros e tomaba un grolo de café negro de cando en vez, ignorando a Flavio, que volveu dun paseo sobre as once e deseguida se botou a durmir aos pés da cama. Un pouco despois da medianoite, acadou o final do libro, volveu atrás e examinou o último capítulo de novo, e pousouno. —Si —dixo—, é boa muller. O seu libro… bo… o seu libro é ordinario, desleixado, vulgar… pero é bo. É inequivocamente feo, sinxelo e bo. Evidentemente, é mellor ser bo. Paga a pena… En calquera caso, acaba pagando a pena a longo prazo. Achegou a cadeira de Flavio á parede, a carón da porta, e onda ela colocou o lavabo que estaba á esquerda da súa butaca. Dispuxo a butaca tamén contra a parede, despexando un espazo de droguete agrisado entre o lume morto e a cama. Este era o seu ximnasio. —Se un libro coma ese vende —cavilou— debe ser que hai unha chea de xente á que lle interesan os libros sobre o Ben. Por que non facer un dese tipo en lugar de presentar folklore e historia a editores que te rexeitan e te machacan? A pena é que o Ben teña que ser tan terriblemente carente de graza. É evidente que το καλον e το ἀγαθον son hoxe tan distintos como o eran nos días do da Fronte Ampla. E volta cos sofismos! Por que non podes ser sincero e simple en lugar de sutil e complexo? Es como o teu gato, facéndolle unha emboscada a unha pelota de pingpong con tanta estratexia e escrúpulo como se fose un rato. Polo amor do ceo, non trates de enganarte a ti mesmo. Está moi ben finxir perante o mundo, pero aquí agora non te ve ninguén. Íspete, home, íspete por completo. Sabes perfectamente que o Ben sempre é admirable, careza de estilo ou sexa chic, e que o que ti

~ 22 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 22

15/05/14 19:08


Hadrián vii consideras Belo non é máis que unha cuestión de opinión, que vale… bo, polo xeral, non vale patacón e medio. Guindou toda a roupa na butaca; sacou os pantalóns da morea e dobrounos ao longo no toalleiro; botoulle un pouco ácido bórico ao brazo e envolveuno en algodón; mirou para as pesas mentres cepillaba o cabelo; pulverizou o cuarto con esencia de eucalipto e meteuse na cama. A fatiga e a dor extremas volvíano case histérico. Os seus pensamentos expresáronse en exclamacións en canto tivo un pano atado sobre os ollos, as pernas dereitas e a meixela dereita pousada na almofada. —Si! Paga a pena ser bo… a simple bondade paga a pena. Seino, oh, ben o sei. Sempre o souben. »Deus, se algunha vez me amaches, escóitame, escóitame. De profundis ad Te, ad Te clamavi. Acaso non desexo ser bo, limpo e feliz? Que outro desexo cultivei desde a miña mocidade máis que o de servir entre os Teus místicos? Que outra cousa, senón esa, che pedín a Ti, meu Creador? »E non me das ningunha oportunidade… nunca… nunca… »Escoita! Como podo servirte? Como ser feliz, limpo ou bo cando me tes así recluído? »Ai! Xa coñezo ese salmo en que se di que reservas para Ti aos piadosos. Son acaso piadoso? Ai, non, nin sequera son piadoso. Son o Teu prisioneiro que se retorce entre as súas cadeas, amarrado, impotente, totalmente infeliz. »Só quen é bo e limpo é feliz. Eu son limpo, Deus, pero non son bo nin feliz. Só, un home non pode ser bo nin feliz. A forza que non xera cousa ningunha non é forza ningunha. Toda intelixencia debe ser activa, potente. Eu son intelixente. Así, oh, Deus, me fichexes. Por tanto, debo ser activo. Pola miña propia natureza, debo actuar. Pola oportunidade de actuar devezo. ~ 23 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 23

15/05/14 19:08


Barón Corvo

Atópome sempre impotente e inactivo. Aquel que desexa ser bo, loita por facer o ben. O facedor ha de facer feitos para os outros. Por tanto eu, na miña soidade, son fútil. Amigos? Que amigos leais me deixaches estes doce anos de soidade, Deus? Nin un. Andrews, desleal; e Aubrey, desleal; Lancaster, desleal; Strages, desleal e pérfido; Scuttle, tamén; Fareham, Roole e Nicholas, desleais; Tatham, desleal; o detestable e falso de Blackcote, que me veu con adulacións exclamando: «Valor! Nunca máis has de sufrir como sufriches!» e despois me roubou meses e anos de traballo. Ah!, e Lawrence, o meu pequeno Lawrence, desleal tamén. »Mulleres? Que sei eu de mulleres? Nada. »Fiat justitia… tamén está Caerleon. Pero un bispo está moi por riba de min, e a súa amizade só é condescendencia; sincera, xenial, xentil… mais condescendencia. Con todo, quéreme ben. Créoo sinceramente. Pero se só el me crese, só el confiase en min, mostrase fe en min e confiase por completo en min… sería quen de facer por el o que o rato fixo polo león. »Strong? Mais por que menciono o meu espléndido mestre? Forte por natureza e forte por nome e posición, forte de corpo e forte de mente, inmensamente superior a min en todo, coñecedor de todas as miñas feblezas e de toda a miña imperfección, que, para min, se parece tanto a Ti como home ningún pode parecerse! É só unha gran indulxencia e urbanidade pola súa parte a que o fai relacionarse comigo e, cando o sol careza de esplendor, só entón Megaloprepes precisará de min, só entón Kalos Kagathos precisará tal vez de min. »Por que, oh, Deus, me fixeches estraño, incomún, un misterio tal para os meus semellantes, non un «home entre os homes», como outra xente? »Quero acaso parecerme a outra xente? ~ 24 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 24

15/05/14 19:08


Hadrián vii »Non, non desde logo que non, pero… Deus Noso Señor, son acaso tan rufián como para merecer o exilio? »Por suposto que son un pecador, vil e indigno. Pero, Deus, mira a tal ruína que lles permitiches facer de min e da miña vida. Tes un propósito con todo isto. Ai, telo que ter, se existes, Deus, e eu sei que existes. Meu Deus, douche as grazas. »Pero mira… acaso non fun posto a proba, a caso non traballei e padecín? Porén, nunca me concedes ningunha satisfacción, ningunha ganancia nin recompensa por todas as miñas molestias. Non, sempre permites que algún malandrín sen vergoña me roube, me arrebate o froito lexítimo das miñas angueiras. »Si, xa sei que soño con certos praceres, certos luxos, limpeza, brancura, frescura e simplicidade, e unha vida de sosegado, saudable, vigoroso e sereno benestar, todo en secreto, todo sen ostentación, cousa que, unha vez alcance o éxito, terei. Sei todo iso. Pero Ti tamén sabes que eu nunca utilizaría así o meu éxito, se mo concedeses. Acaso utilicei algunha vez o éxito para o meu beneficio e non para o dos outros? Non: non podería aturar a eterna, silente e saudosa visión de Túa Nai, Nosa Señora. »Ben sabes por que desexo liberdade, poder e diñeiro: só por facer feliz a unha pouca xente, por endereitar un pouco as cousas, por facilitar as cousas, por desensarillar unhas vidas ensarilladas cuxos sarillos me alporizan porque non podo evitalos. É iso malo? Non, xuro que a miña arela e única e altruísta. Non quero creto sequera. Sabes ben que me creaches totalmente libre do poder de amar a ninguén, do poder de ser amado por ninguén. Autosuficiente, así me creaches. Sempre estarei distante e arredado dos demais.

~ 25 ~

Hadrian_mostra_maq.indd 25

15/05/14 19:08


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.