Puga Zeta nº 8

Page 1

A gaceta do IES Puga Ramón promovida polo Equipo de Dinamización Lingüística

CURSO 2017-2018

Nº 8


BENVIDA Un ano novo, unha nova ilusión .............. 2 Xornadas de acollida ............................... 3 ACTIVIDADES Tolo pola choiva ......................................... 4 Economía ..................................................... 5 Entre cans e letras anda a cousa ......... 6 O Zodíaco.................................................... 8 Monsters ..................................................... 9 Concurso microrrelatos .........................10 Día do libro ................................................ 11 Échange Scolaire .....................................12 Obradoiro de poesía ...............................14 Un día de radio .........................................16 Descubrindo os animais .........................17 Obradoiro de relatos .............................18 Departamento de Relixión ....................19 Departamento de debuxo .................... 20 Matemagos ............................................... 22 Adiós, amor .............................................. 23 O Puga Dramón ........................................ 24 Mediación .................................................. 25 Homenaxeada 2018 ................................ 27 Ata sempre! .............................................. 28 REPORTAXE Verán en Bangladesh ............................. 30

Un novo fin de curso e con el un novo número do Puga Zeta. Este número non sería posible sen a vosa participación e colaboración polo que queremos aproveitar este espazo

para

expresar

o

noso

agradecemento un ano máis. Hai xa oito anos que comezamos esta andaina con moita ilusión e esperamos poder seguir cumprindo anos xunto a vós. Felices vacacións!

CIENCIA E TECNOLOXÍA O Equipo de Dinamización Lingüística

Un planeta sen plásticos ....................... 32 Intelixencia artificial............................ 33 PASATEMPOS ........................................ 34

Depósito Legal: C-700-2013 ISSN: 2340-2148

Portada: Mónica Jiménez Herrera, 4º ESO B Contraportada: Natalia Pico Amado, 4º ESO B

1


Este ano o curso comezou con moita emoción e cunha inxección de ilusión tras oír a conferencia ia inaugural de Anxo Carracedo, quen transmitiu moito ánimo ao alumnado e ao profesorado para tentar acadar os seus soños. Como cada ano ao chegar setembro, o noso instituto recíbenos cos brazos abertos. Ansía estar novamente cheo de ledicia, compañeirismo e balbordo, de ser fonte de coñecemento e sabedoría, e de formar parte dun dos capítulos máis importantes das nosas vidas. E como non, d desexa acoller de novo no seu salón de actos a unha ilustre figura que nos motive a comezar o curso con ánimo e ilusión. En anos anteriores, recibimos a Valentín González Formoso, presidente da Deputación e Ánxela Franco, deputada de Benestar Social e Educa Educación, ción, ou a Xulio Ferreiro, alcalde da nosa cidade e ex alumno do Puga Ramón. Mais este ano, tivemos o inmenso pracer de coñecer a Anxo Carracedo Álvarez. Anxo Carracedo é, probablemente, o científico que traballa en Galicia con maior

proxección

licenciado

en

internacion internacional. Mediciña

É pola

Universidade de Santiago e doutor en Mediciña pola mesma institución, en ambos con premio extraordinario. É tamén catedrático en Mediciña Legal desde a dirección do grupo de Mediciña Xenómica.

Foi

Instituto to

de

pioneiro, Mediciña

desde Legal

o de

Santiago, que dirixe desde 1994 e onde posúe un grupo de traballo conformado por 90 persoas de cando menos dez países do mundo, na introdución de novas tecnoloxías para a identificación forense mediante a xenética molecular, técnica técnicass que se implantaron de forma rutineira nos laboratorios de todo o mundo. Participou en máis de tres mil pericias e foi requirido, xunto aos seus colaboradores, en casos famosos como o crime de Alcáser, o 11 11-M M ou na identificación das vítimas do tsunami do sueste de Asia, entre moitos outros, como así nos contou durante a súa visita. Segundo as súas verbas, un home de orixe humilde, educado na casa, cuxas viaxes a Santiago desde Santa Comba, o seu pobo natal, para examinarse no Instituto eran un descubrimen descubrimento; un home amante da pesca furtiva e dos faros, da vida tranquila e o mar, converteuse no Leonardo da Vinci da xenética que hoxe coñecemos. O vivo exemplo do esforzo e o traballo, da constancia de loitar polo que queres, e de non deixarse levar polo que é máis cómodo nun determinado momento. Un modelo a seguir, tanto a nivel persoal como profesional, porque grazas a persoas como el, nós, os homes e mulleres de mañá, miramos cara ó futuro con máis ilusión e expectativas. Sen dúbida algunha, empezando o cur curso so con máis ganas que nunca. GRAZAS ANXO! Lara Camiña Martínez, 2º BACH

2


Un grupo de alumnas de primeiro da ESO quixo compartir con nós as súas primeiras impresións á chegada ao Instituto.

Algunhas chegamos con moitos amigos e outras, practicamente, soas. Para todas foi unha gran ran impresión chegar. Ademais, todas pensamos que o instituto ía ser máis estrito. Encantáronnos as instalacións e pareceunos moi grande, en especial impresionounos moitísimo o pavillón. Os profesores gustáronnos moito e foron moi comprensivos connosco. O primeiro día que chegamos estabamos moi nerviosas e había uns xogos para coñecer o Instituto. Repartíronnos primeiro nas nosas clases e despois de coñecer ao noso titor, dividíronnos en grupos para ir percorrendo as instalacións. Foi moi divertido porque nos os axudou a coñecernos entre nós e tamén as diferentes clases, corredores, instalacións… Pasámolo xenial. Antía, Paula, Clara e Silvia, 1º ESO B

3


“(…)Era un 20 de decembro na fermosa cidade da Coruña. O silencio retomaba as rúas mentres que os murmurios das persoas viaxaban sen sentido algún. As nubes ocupaban o ceo azul. –Parece Parece que vai chover, así que teremos que marcharnos para casa antes de que nos colla a treboada. eboada. Marcharemos por este camiño que está máis cuberto polos edificios, pero tamén teremos que ter coidado cos malvados. Ela contestoume: –Non. Non. É mellor quedar aquí ata que pase a choiva. –Prefiro Prefiro arriscarme a estar aquí parado agardando agardando–respondín con ton on de aburrimento. Pero ela discutíame que deberíamos, así que non lle fixen caso. Marchei á nosa casa pola miña conta deixándoa alí parada. De súpeto, atacoume un bandido que quería atracarme, pero resistín e disparoume. Ás veces arrepíntome de non facerc facerche he caso. Mentres me levaban ao hospital, eu temía pola miña vida. Mentres, vía no cristal da ambulancia como caía a choiva e, dándolle voltas á cabeza, comecei a chorar. Chorei como unha velliña á que se lle morrera o marido có que levaba tanto tempo casad casada. Púxenme a replicar por que nunca che fago caso. Entón, nese intre, cando cheguei ao hospital, díxenlle ao médico que che pedira perdón da miña parte se non chegaba a sobrevivir pola miña ignorancia. Fíxose de noite. As estrelas cegábanme. Púxenme a pens pensar ar en ti e cunha estrela fugaz confundinte e pedín tres desexos mentres duraba a túa luz. Sobre todo pedín volverte a ver. Ao día seguinte, o médico comentoume que tiña visita. De súpeto vinte entrar pola porta, e moi arrepentido díxenche que nos meus ollo ollos non parara de chover. Cun desgarrador silencio que enmudecía as nosas vidas abraceite queréndote amarrar a min. Nun segundo, a miña mente comezou a apagarse e o meu arredor a desvanecerse. Un absoluto silencio roto polo teu choro desolador. E, de pronto, espertei na miña cama. Ao darme conta da situación levantei a mirada e vina deitada ao meu carón. Abraiado, collín o meu móbil e vin que era 20 de decembro pola mañá. Peguei tal salto que a espertei (…)”

Jose Miguel Peña Cappelli, 2ºESO A Tolo pola choiva (fragmento) 4


O alumnado de Economía amósanos a realidade coa súa particular visión do mundo a través do humor e do enxeño.

5


Un grupo de alumnos e alumnos participaron no programa “Cans e Letras” e estaredes pensando: que teñen en común os cans e as letras? Pois si queredes saber a resposta a esta pregunta animádevos a ler esta reportaxe.

Nora Participación dos protagonistas no programa de Radio Coruña de Cadena Ser

Un can pode axudar a ler mellor? Podemos dicir que si. Este ano e, por vez primeira a nivel mundial nun instituto puxemos en marcha o programa “Cans e Letras”, que ten como obxectivo mellorar as habilidades de lectura dos alumnos a través do traballo con cans adestrados. Este programa nace nos EEUU, onde a Asociación ITA, que xa contaba cunha longa experiencia de traballo con animais de terapia, pensou en desenvolver esta idea. Así, nace R.E.A.D (Reading Education Assistance Dogs), sendo Cans e Letras o seu representante en España. Coñecimos a Nora, unha cadeliña Golden Retriever de 5 anos. É sociable, queda, moi traballadora e con moita experiencia com como cadela de lectura. Seleccionamos a catro alumnos de 1º da ESO e dous de 2º da ESO para que participaran nesta experiencia. Soamente terían que traer un libro para que, durante 20 minutos cada venres e de forma individual lesen con Nora. Dentro do aula de apoio séntanse na colchoneta e comeza a maxia. Créase un ambiente moi tranquilo que fai que o traballo se leve a cabo dunha forma positiva. 6


Vexamos, pois, a opinión das e dos protagonistas P: Como te sintes participando neste programa? R: A verdade é que cando me enterei non sabía moi ben en que consistía, pero unha vez que comecei a traballar con Nora gustoume moito porque é moi queda e sinto que me axuda a mellorar na lectura. P: Que fas con Nora? R: Se teño a primeira quenda do día súboa á clase e a preparo para traballar. Séntome ao seu carón e comezo a ler. Se me confundo mentres leo, Nora érguese e o rectifico. P: Nora axúdache? R: Axúdame moito a concentrarme cando traballo e iso fai que comprenda mellor o que estou lendo. Ademais, mentres a acariño, sinto que estou tranquila e desaparecen os meus nervios. P: Nora é unha cadela coma o resto? R: ¡Para nada! É moi distinta a outras. Pórtase moi ben e é moi cariñosa. Érguese cando cometes algún erro e iso axuda moito. P: Ler con Nora axúdache noutras cousas? R: Si. Axúdame a subir a miña autoestima e a calmarme á hora de facer algo que me supoña moito estrés. P: Cres que o traballo con Nora cambiou algo en ti? R: Si. Faime sentir moi responsable, xa que sinto que teño unha tarefa moi importante. Teño que ler ben e que me comprenda. Iso fai que poña máis atención no meu traballo. En definitiva, a lectura é a base que sustenta moitas elementos de gran importancia. Ademais de contribuír a unha mellora na comprensión e fluidez lectora, a un aumento do vocabulario, a unha mellora na actitude de cara á lectura e a un incremento nos procesos de atención e memoria, tamén está ligada a un aumento de autoestima, de confianza e de seguridade nun mesmo, o que tamén axuda a enfrontarse ao estudo dunha forma efectiva e poder acadar uns mellores resultados.

Departamento de Orientación

7


Supoñamos que é cuestión de sorte. Milenios atrás as sociedades máis antigas utilizaban as estrelas como guía e máis tarde as utilizaron como arte da adiviñación. E un dos termos máis antigos dentro deste campo é o zodíaco que significa literalmente ¨rolda de animais¨, aínda que na

realidade era o conxunto dunha serie

de constelacións polas cales se predicía a sorte e mesmo se describía a propia personalidade do individuo. O zodíaco está composto por 12 signos zodiacales: Aries,

Tauro,

Xémini, Cancro,

Leo, Virgo, Libra,

Escorpio, Saxitario, Acuario e Pisces. Aquí tedes a explicación de algúns deses signos: Aries. Na mitoloxía grega asóciase con Atenea, a deusa da intelixencia, valente, guerreira e cunha gran forza. Atenea é filla de Zeus, naceu armada e soltando un poderoso berro de guerra. Tauro: Na mitoloxía grega Tauro asóciase coa lenda do minotauro. O rei Minos encargoulle a Poseidón o envío dun touro en sinal de que apoiaban o seu reinado, a condición de que o sacrificase na súa honra, pero o touro era unha bellísima criatura, entón Minos decidiu quedarllo, esta decisión enfadou a Poseidón, e como vinganza fixo que a muller de Minos namorásese locamente do animal, ata o punto de aparearse con el, e de aí saíu un monstro medio humano medio touro, o minotauro. Xémini: A lenda de xémini relata a unión de Zeus un Leda, en mesma noite, Leda tamén se uniu a Tindareo, como froito de ambas as unións naceron os xemelgos Cástor e Pólux, o primeiro mortal e o segundo fillo de Zeus. A pesar das súas diferenzas estaban unidos por un amor incondicional que os mantivo unidos ata a morte de Cástor. Finalmente Zeus colocounos no ceo formando a constelación de Xémini. Virgo: Este símbolo provén do elemento terra, recollido polo planeta Mercurio. O seu nome provén do latín virgo que significa “virxe” e é o único representado por unha muller. Ao acharse ao final do período estival caracterízanse ás persoas que o posúen como laboriosas e atribúenselle virtudes como a xenerosidade e a dispoñibilidade cos demais. Libra: En latín significa “balanza” que representa a xustiza e a arte do espiritual. As persoal que posúen este símbolo caracterízanse como equilibradas, moderadas e amantes da harmonía e a beleza.

Departamento de Clásicas 8


We have been having fun with… Meeting monsters, watching monster videos, telling monster stories, creating monsters…. And

He's a monster, monster, hairy scary monster Doing the hairy scary monster bop He's a monster, monster, hairy scary monster Doing the hairy scary monster bop

Sección bilingüe 1º da ESO

9


Aquí tedes os dous microrrelatos gañadores do concurso organizado polo Departamento deLingua Castelá e Literatura. Parabéns ás gañadoras e xa estamos impacientes por ler os do próximo ano.

Y ENTONCES UN DÍA TODO CAMBIA Todo parecía perfecto, llevaban tanto tiempo juntos que era difícil llevar la cuenta de todos aquellos momentos vividos, pero un día algo cambió, se convirtieron en causas perdidas, en ruinas a punto de derrumbarse. Ella era de las que decían “es sueño”, cuando era tristeza, y “no es nada” cuando lo era todo, ella era demasiado tranquila o demasiado inquieta, demasiado sensible o la persona más fría del mundo, ella podía odiarte más que ninguna o amarte como nadie, se volvió callada, sus noches se volvieron más largas, sus heridas más grandes, su música más ruidosa, y él no lo notó. No hace falta que os diga como acabó esta historia, él tomó el camino de la izquierda y ella él de la derecha, ignorando sin querer que su silencio había sido su mayor grito. A día de hoy me arrepiento de no haberle dicho nada, a día de hoy me arrepiento de no haber sido valiente. Lucía Naya Mancebo, 4º ESO B

SE BUSCA Nadie sabe qué has hecho contigo, y ya nadie sabe dónde estás. No digo nada, pero sé que estás en alguna parte. Perdida, encontrándote, en algún lugar de tus pensamientos, curando tus heridas, o simplemente, fuera de servicio. Si tuviera que apostar diría que has decidido subir de nivel, sin compañía, para divisarlo todo más claro: para dedicarte únicamente a la contemplación. Y si pregunto por tus calles me dirán que saben quién eres, pero pocos podrán decirme que te conocen. Los segundos, con brillo en los ojos, dirán que eres la mayor de las antítesis. Que eres invierno, otoño, verano y primavera. Al revés, haciendo alusión a la contrariedad que baila rock y salsa por el salón de tus venas. Dirán que eres remolino, torbellino. El frío de Teruel y el calor de Écija. Una ciudad cuya temperatura depende del turista que se le presente. Armonía, y a la vez tensión. Una fachada de fácil acceso, a la que entrar, hay que pedir permiso. Un barco que no sabe si dirigirse a puerto o naufragar. Dirán que nadie es capaz de saber qué balas pueden agujerearte, y que desapareces como hoja seca en otoño. Que nadie ha podido encontrarte si haber sido tú primero la que se deja ver. Y que nadie, finalmente, es capaz de hacerte aparecer. Pero a mí no me importa que ahora no estés aquí, a mi lado. No me importa que te vayas, ya no me importa si luego vuelves. Patricia Mosquera Aranguren, 3º ESO C 10


Como o celebramos no Puga Ramón? Pois cunha morea de actividades. Que ben o pasamos! Foi un 23 de abril cando personaxes históricas como Shakespeare, Cervantes e Garcilaso deixaban a pluma para sempre. E no ano 1995,

o Inca

a

UNESCO proclamou ese día como "Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor". Desde esde entón, podemos observar á hum humanidade compartindo, mpartindo,

berrando

e

coñecendo

millóns

de

letras.

Observamos así como cada cultura ultura está orgullosa das súas verbas e da súa cultura. No Puga Ramón non quixemos ser menos, e o pasado 23 de abril tivemos unha morea de actividades para festexar ese día e moitas ganas de coñecer e aprender cousas novas. Cada nivel da ESO participou en diferentes actividades e a min gustaríame compartir con vós o que fixemos os rapaces e rapazas de 3º da ESO. Durante toda a semana os alumnos e as alumnas do centro decoramos as nosas portas da clase con fragmentos de libros e autores diversos: Cervantes, Shakespeare, Mario

Benedetti,

Roald Dahl… Ademais, montamos dúas árbores na entrada do centro: unha onde o alumnado e o profesorado foi poñendo recomend recomendacións e as súas impresións sobre diferentes libros e outra con diferentes palabras escollidas entre o alumnado e o profesorado de entre todas as linguas que aprendemos no in instituto. stituto. Quedaron preciosos! O día 23, o alumnado da miña clase comezou a xornad xornada cun taller de expresión corporal que durou 30 minutos. Nela desenvolvemos a capacidade de expresarnos sen palabras, unicamente axudándonos co noso corpo e a expresión facial. Acabada dita actividade, continuamos con outra. Un grupo de alumnas chegaron a clase con distintos obras de poetas como Antonio Machado ou Rosalía de Castro e traballamos sobre eses poemas poemas. < Me gustó mucho, ya que pudimos conocer el modo de interpretar las letras de cada uno de nuestros compañeros>, dicía unha estudante. Por último, dirixidos por un grupo de alumnos e alumnas realizamos un test no que descubrimos o noso coñecemento sobre literatura literatura. Foi moi interesante ter o pracer de gozar destas actividades que foron o resultado do esforzo de todos e todas as que as organizaron par para conmemorar un día tan importante como o que é este, o Día do Libro.

Patricia Mosquera Aranguren, 3º ESO A 11


12


13


O pequeno paxariño Voando coma paxariño vai cara o ceo, o pequeno meniño feliz e contento. O pequeno paxariño de cores, contento, voando ao mar, soñando esperto. Na rama da cerdeira contempla a paisaxe, co vento na cara, o paxaro salvaxe.

Candela Espiñeira, 1º ESO A

O cemiterio O cemiterio xa vai pechado; e de almas en pena, vaise aproveitando.

El sol El sol es una estrella

Os lobiños

que brilla sin cesar,

xa están aquí

a todos nos calienta

para adornar

dentro de nuestro hogar.

o seu bonito xardín.

El bonito sol

Morticia chora,

en la noche se oculta

perdeu o seu boneco;

para dejar sitio

pero Nora,

a su amiga la luna.

outro está cosendo.

Nuestro amigo el sol

Sede benvidos

es muy madrugador

a este cemiterio

porque el canto del gallo

onde os mortos

es su despertador.

choran sen remedio.

Lisany Valdez, 1º ESO A

Ana Piñeiro, 1º ESO A

14


Oremos Dios te salve María

Ahora sueños e infancia,

de todo lo que no me salvó a mi

sueños de pájaros libres

de portadas de chicas sin falda

que vuelan volando al viento

mojadas en lágrimas de serrín,

que atraviesan el tiempo en la mañana

torturadas hasta perder el norte

viven desangrados

con figuras desfasadas de importe

más bien desangradas

hechas con plástico y metro

ni feministas

en las que no cabe un alfiler.

ni aliadas se fijan en la pornografía aceptada.

Aquí lloramos las hijas de Eva

No entiendo nada y tengo miedo

ajenas a la vida

ya ni los fantasmas hacen eco

apenas,

el olvido

aceptamos nuestra libertad

solo es un soplo del viento

como idea

corriente de arrepentimiento

todas las violaciones justificadas

tangible

macabras hartas que cantan

que tergiversa sus palabras

odas de silencio

así como haciéndole trenzas

de ladrones de cuerpos

a una niña muerta

pájaros enjaulados

con su oración frente al altar

por genocidas medievales con tronos.

“Por mi culpa, por mi culpa por mi gran culpa” pero nadie le absuelve.

Lidia idia López Campoamor, 4º ESO C

15


O proxecto a Radio en Ruta da Cadena Ser chegou ao Puga Ramón que emitiu en directo o seu programa “Hoy por Hoy” dende o Instituto. O mércores 9 de maio tivemos a sorte de poder contar coa visita de Radio Coruña, Cadena Ser, que se instalou por unha mañá no Puga Ramón. Un grupo de alumnos e alumnas puidemos participar no programa “Hoy por Hoy” oy” , presentado por Mayte González. Por si non tivestes a ocasión de oír o programa contareivos en que consistiu. En primeiro lugar, interveu Lash quen explicou a marcha solidaria que se estaba organizan organizando no centro para o 23 de maio coa intención de recadar diñeiro para Accem, organización sen ánimo de lucro que axuda ás persoas refuxiadas. Despois, os rapaces e rapazas do programa educativo Cans e Letras compartiron con toda a audiencia como é un día traballando con Nora, a cadela do programa. E Bea explicou a axuda que supón para o alumnado traballar con Nora. A continuación, Mencía entrevistou ao alcalde da cidade, que tamén foi alumno do Puga. Xulio Ferreiro falou sobre os intereses de xuventude e contou algunhas anécdotas do seu paso polo centro. Por último, as Mozas ozas pola igualdade igualdade,, grupo formado por seis alumnas do centro, falaron sobre o vídeo que realizaron sobre a violencia de xénero, o sexismo, o machismo e a homofobia. O Salón de Actos estaba cheo de rapaces e rapazas que amosaban o seu interese por coñecer o funcionamento da radio e como é transmitir un programa en directo. Estou segura que todos e todas os que puidemos participar nunca esqueceremos esta oportunidade de compartir os nos nosos os intereses e inquedanzas con toda a cidade. Só podemos dicir: grazas Puga Ramón!, grazas Radio Coruña!

Mozas pola Igualdade, 4º ESO

16


A MIÑA EXPERIENCIA NA CASA DOS PEIXES A miña experiencia no Acuarium Finisterrae foi moi boa. Cando chegamos,

unha monitora

explicounos as normas do acuario e o que íamos facer. Despois entramos na sala Maremagnum onde observamos distintos paneis con información sobre curiosidades sobre o mar e varios acuarios con distintas especies mariñas: medusas, raias, polbos, cabaliños de mar, etc. Logo diso, visitamos a sala Humboldt onde había unha exposición sobre acuicultura no mundo. A continuación, baixamos a Sala Nautilus que está 2 metros baixo o nivel do mar. Alí vimos moitos peixes, oss máis grandes do acuario: douradas, robalizas, meros, rodaballos,...E a estrela do acuario, Gastón, unha quenlla de 22 anos e case 3 metros de longo. Por último saímos as piscinas exteriores onde están as focas. Primeiro vimos os machos e despois as femias. En resumo, foi un día moi interesante onde descubrín novas especies. Marina Torres Rey, 1ºA ESO EXPOSICIÓN “OS ANIMAIS INVERTEBRADOS” Os alumnos de 1º ESO puxeron en práctica os seus coñecementos sobre os invertebrados realizando unhas orixinais maquetas con distintos materiais. Nas vitrinas do recibidor podedes observar sorprendentes medusas, arrepiantes arácnidos ou fermosos insectos entre outros animais invertebrados. Aquí tedes unha pequena mostra da exposición:

Departamento de Ciencias 17


Velaiquí tedes un par de relatos que quixeron compartir con nós dúas rapazas de primeiro da ESO. ANSIEDAD En primer lugar, quiero comenzar diciendo que esto no será un relato, ni un microrrelato y, para nada, será un poema. Simplemente me he sentado en el sofá y he sentido. Tengo ansiedad. Me di cuenta no hace mucho. Mi cabeza, que antes parecía ser una cabeza ordenada, ahora tiende a exagerar todos mis fallos, multiplicándolos por mil. La semana pasada me percaté de que hay veces que llego a un extraño punto (pun (punto al que Kafka denominaría metamorfosis) en el que mi ser es más una enorme masa de ansiedad que una persona. Y es en ese punto, la crisis de pánico o ataque de ansiedad en el que siento lo que ya muchos otros han sentido antes: nado a contracorriente en un río caudaloso. Sentimos que una fuerza mucho más grande que nuestra insignificante y minúscula persona nos empuja. Que la vida intenta hundirnos. Parece que estás tú solo, resistiendo contra el mundo. Hay veces que alcanzas aún un punto más fatídico: aq aquel en el que dejas de resistir. Aquel en el que dejas de disfrutar de la vida y empiezas a sufrirla. Aquel en el que rompes esa fina cadena que te ata al mundo. Aquel en el que dejas de respirar. LQS, 1º ESO

Parece que vai chover. O ceo estase comezando a cubrir. Está gris, coma si fose a caer neve, moita neve. Laura está na casa tranquila, lendo un libro que lle recorda o ferm fermoso que é o amor. Pero Laura non ten amor na súa vida. Fai sete meses rompeuse o conxuro que se xuraron el e ela. Laura está baleira, sentía que ninguén a podía comprender. Ás veces se lle inundaba a cabeza de recordos. Esas bolboretiñas que sentía cando se vían, eses nervios que non lle deixaban falar nin pensar. Vivía nunha nube, pero ela sempre tiña un dito: “mentres mentres haxa vida, hai esperanza.”

Jennifer Jiménez Hernández 1º C ESO

18


Ola a todos! Terminado xa este curso queremos compartir con todos vós algunhas das actividades que realizamos durante este ano escolar. Desde hai xa algúns anos percorrer un tramo do Camiño de Santiago co Departamento de Relixión é algo habituall e por iso queremos que vexades o ben que o pasaron os alumnos de 1º de Bacharelato. Este curso, tamén fomos moi solidarios,, como todos os anos anos. Se che apetece apuntarte á Rede Solidaria fala con Ana, a profesora de Relixión e faremos xuntos actividades de recollid recollida a de alimentos e xoguetes, mercados solidarios, s, unha chocolatada con churros, etc. Todo iso para beneficia beneficiar aos máis desfavorecidos. Grazas á colaboración do alumnado, profesorado e do persoal non docente recadamos 630 euros só na chocolatada! Esperamos que o próximo ano recademos aínda máis.

Departamento de Relixión 19


Os rapaces e rapazas de Educación Plástica, Visual e Audiovisual participaron nun montón de actividades e concursos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos seus traballos que esperamos que vos gusten tanto como a nós.

Actividade Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero e Actividade para o Día dos Dereitos reitos Humanos 10 de decembro 2018 Nestes días os alumnos de 3º ESO e 4º ESO quixeron

compartir

recompilación

de

con

mensaxes

todos

vos

a

recollidos

en

tarxetas que se atarán á árbore de Nadal que colocaron os alumnos de 4º de EPVA

para

reflexionar sobre a Violencia de Xénero e os Dereitos Humanos. Deseños dos carteles realizados por Alba Arias de 3º ESO

Actividade 8 de marzo Día da Muller traballadora Alumnas de 3º ESO participan no concurso de viñetas “DONAS” Mulleres na historia de Galicia convocado pola Deputación de A Coruña. Viñetas: “Concepción Arenal “por Patricia Mosquera Aranguren de 3º ESO e “Isabel Barreto” por Fabiana Domínguez Figueroa de 3º ESO

20


Proxecto

de

Deseño

do

alumnado de 4º ESO Queremos destacar as alumnas Laura

Bello

García,

Ana

Bermúdez Baixeras, Lucía Mella Monterroso, Andrea

Irene

Piñeiro

Paredes, Rodríguez, dríguez,

Raquel Rodríguez Domínguez, Natalia Pico Amado, Lucía Naya Mancebo,

Eva

López

Rubio,

Alba García Romero, Andrea Cuadrado Castro, Sara Viéi Viéitez García e Zhenni Zheng, polos orixinais

traballos

neste

proxecto.

Taller Recreos Creativos no Puga Agradecer a labor da alumna Nerea Viñas Cores pola constante colaboración e implicación neste taller creativo, así como a todo o alumnado que participa nel.

Parabéns a todos e a todas polos vosos traballos!

Departamento de Debuxo D

21


Este ano os magos irrompen de novo co desenvolvemento do IV taller de matemaxia. A idea ĂŠ entreter,facer pensar, e ensinar impactantes trucos con base matemĂĄtica a outros alumnos do instituto

Departamento de matemĂĄticas 22


Samantha Smith é filla dunha famosa modelo multimillonaria, Sheila Smart e do famoso actor, Joseph Smith. Samantha ten 16 anos e é unha moza de aparencia normal. Realmente, os seus pais son híbridos: o seu pai é un home lobo e a súa nai unha sirena. Así que nosa protagonista é metade lobo, metade serena e corre polas súas veas sangre de vampiro, como o seu avó. Como todos os días levántome, aseo, visto e baixo a almorzar. Despois,

subo, lavo os dentes, maquíllome e

despídome dos meus pais para saír e marchar cara o instituto. Pero hoxe pasou algo diferente. Ao chegar ao centro, Tyler e os seus secuaces achegáronse bruscamente a min e ás miñas amigas. -Tyler, déixame a min e ás miñas amigas!- estaba tan nerviosa que non fun quen de falar correctamente. Para que negalo, Tyler é un estúpido pero non podo evitar que me guste. - Seguro, fermosa!Máis tarde, xa no patio, as miñas amigas e eu estabamos falando das nosas cousas , cando Tyler e os seus colegas viñeron cara nós e pensamos que unha vez máis nos ían vacilar. Esta vez foi diferente: pedíronnos para saír con eles. Non entendo nada a verdade. De todas formas, como Tyler me gusta un montón, díxenlle que si. Co tempo entereime de que el só quería saír comigo para librarse dunha rapaza que o acosaba. Da igual, ao final fómonos coñecendo mellor e comezamos unha fermosa historia de amor que rematou cunha fermosa voda e dous fillos en común. Parecía que todo ía ser perfecto entre nós e nada nos podería separar. Iso pensabamos nós! Un día, mentres dabamos un paseo, alguén intentou atracarnos e Tyler, que era moi valente, enfrontouse a el e rematou tendido no chan con sete puñaladas. Todo deixou de ter sentido para min, todo! Estaba desesperada: perdera ao amor da miña vida para sempre! Decidín vingarme e busquei desesperadamente ao asasino do pai dos meus fillos ata que o atopei e o matei. Agora escribo esta historia dende o cárcere non fun nunca feliz, a vinganza non me aportou a esperada felicidade e perdín de ver medrar aos meus fillos e nunca chegarei a coñecer aos meus netos. Noelia Pigueiras Fernández, 2º ESO

23


Un ano máis os rapaces e rapazas do grupo de teatro do Puga Ramón pasaron moitas horas de ensaio e traballo. Este ano representarán a obra de Nuñez Singala, Comedia bifida. Estamos impacientes por ver a súa interpretación e aproveitamos para felicitalos polo seu traballo e esforzo.

EDL 24


Este ano celebrouse un concurso de relatos relacionados coa mediación de conflitos e este foi o relato gañador. Esperamos que vos guste! Ola, chámome Adrián. Vou en segundo curso da ESO e acábome de mudar á Coruña. Nacín en Valencia, pero, por razóns laborais, aos sete meses de nacer, os meus pais tivéronse que mudar a Madrid e alí pasei toda a miña infancia ata os dez anos, cando me fun a Alacante, aí pasei dous anos e logo trasladeime á Coruña; vivo en Monelos. A miña nai, Ana, casou co meu pai, Pedro, aos dous anos de terme a min e ela conta que foi a voda dos seus soños, aínda que, segundo o meu pai puido estar mellor; creo que o meu pai arrepíntese de terse casado aínda que ese é outro tema. O día antes de mudarme, despois dunha despedida moi rápida, xa que perdiamos o avión, a miña noiva Sara deume un sobre e díxome: -Cando baixes do avión leo. Eu estaba intrigado, quería abrir o sobre pero fíxenlle caso e non o abrín ata que desembarquei do avión. O tempo pasóuseme moi lento. Pero o piloto anunciou por megafonía a aterraxe do avión, por fin chegara, estaba impaciente por abrir aquel sobre que me daba a miña noiva. Abrino, era unha emotiva carta de despedida: “Querido Adrián: Espero que o pases ben no teu novo lugar de residencia aínda que estaremos en contacto vía móbil, quería mandarche esta carta para dicirche o que significas para min. Deséxoche unhas felices vacacións de verán, botarei de menos os mergullos que nos dabamos xuntos na praia, as travesuras e canalladas que faciamos; pero sobre todo botarei de menos os sorrisos que me roubabas da boca cada vez que falabamos. Aínda que tivemos as nosas rifas pasámonolo moi ben os tres veráns que estivemos aquí, aínda que os nosos camiños se separen sempre haberá unha parte da miña mente pensando en ti. Conclúo esta carta desexándoche as mellores das sortes no teu novo destino. A túa noiva Sara.” Cando lin esa carta escorregáronme as bágoas polo rostro. (…) Tiven que afrontar este novo cambio e asumir que, por moi triste que estea e por moito que o negue, xa non hai volta atrás. Despois de coller as maletas dirixímonos a alugar un coche para chegar ao novo piso. Cando o meu pai me amosou o lugar onde iamos vivir desgusteime aínda máis. Era un piso! En Alacante vivía nunha casa de campo moi espazosa onde podía xogar ao fútbol tranquilamente e celebrar os meus aniversarios en casa. De todas formas, cando entrei no piso escapóuseme un leve sorriso, era moi espazoso e tiña un balcón xigante... non estaba tan mal. Aos poucos fun facendo amigos e mesmo teño noiva! Ao mes seguinte de empezar o colexio, xa fixera unha chea de amigos, vaime gustar este lugar! -Ola Adrián- díxome Laura, a miña noiva. Estaba a mirarme con cara de non-che-vai-a-gustar-o- que-che-vou-a-dicir, asusteime, temíame o peor. -Síntoo pero non quero estar máis contigo. Nese momento caéuseme o mundo encima, quedei 25


con cara de que-me-estás-contando-non-mo-creo. Deume o último bico e marchou coma se non pasase nada. Ao día seguinte levanteime cos ollos inchados, estivera chorando toda a noite. Dábame pau ir a clase, xa que a vería outra vez e desgustaríame aínda máis. Non pode ser. Foise con outro! Agora si que se me caeu a alma ao chan, tiña ganas de morrerme, aínda por encima co chapón da clase. Estou na clase e o único que quero é falar con el. -Por que estás con Laura?- pregunteille. -Porque ela é miña, estívena esperando, e agora que non está contigo podo manipulala para que faga o que eu quero.- dixo. -Iso está moi mal, o único que queres é controlala e iso non é así, o correcto é que faga o que queira sen presionala nin meterse no que fai.- díxenlle. -Non penso deixala, agora que está baixo o meu control non a poderás facer cambiar de opinión; vístese como quero e controlo todas as súas mensaxes.díxome desafiante. Fun cunha cousa clara, o empollón non é como parece. Busquei a Laura polos corredores, por fin, a atopei. -Laura, o teu mozo manipúlate, déixao antes de que sexa tarde- l dixenlle histérico. -Adrián, estás a volverte tolo- dixo enfadada. Foise de onde estabamos sen facerme nin caso e pensando que estaba tolo, isto non pode ser peor. Estiven a reflexionar, vou volver falar con ela. -Laura, non te decatas de que te está transformando; vísteste como quere, mírache o móbil… Iso non é amor, está nas túas mans cambiar e ser libre- díxenlle, agora, cun ton máis serio. Hai un mes que saen, acábome de levantar, no primeiro que pensei foi en que levaban un mes saíndo. A miña nai acábame de levantar, estaba a chamarme Laura, rapidamente contestei, era para quedar no parque, quedei sen resposta durante uns segundos; ao final reaccionei, quedamos ás cinco e media, dentro dunha hora. Xa estou no parque, Laura aínda non chegou, ou iso cría eu ata que a vin. -Que tal co teu novo noivo?- dixen sarcasticamente. -Deixeino- dixo para a miña sorpresa. -Como que o deixaches?- dixen coa típica cara de que-me-estás-contando, tentando disimular a miña felicidade. -Deixeino porque penseino e tes razón, Adrián. Alégrome de que te deras conta de que el estaba a xogar contigo- díxenlle, feliz pola miña fazaña. Quedei sen resposta, vendo a cara que poñía, comprendín que quería unha resposta. A falta dunha resposta, deille un bico. Pasámonos toda a tarde facendo o de antes; mirando a forma das nubes, cruzándonos miradas que valían palabras… Volvín a casa dando saltos de alegría, en canto abrín a porta de casa anunciei ao grande que volvera con Laura. A miña nai veu correndo e deume un abrazo. -Conseguíchelo, como viu que non insistías, decidiu insistir ela- dixo moi orgullosa de min. Hai dous meses que volvín con Laura, decidín convidala á boleira para celebralo, despois de chamala, acordamos estar alí ás oito. Acabo de chegar á boleira, antes que Laura naturalmente. -Pleno!- dixen eufórico.

Eneko Corral Villar, 2º ESO B 26


Este ano a homenaxeada no Día das Letras Galegas foi María Victoria Moreno que se converte deste xeito na cuarta muller -tras tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño Mariño- que leva ese recoñecemento na historia da celebración. Esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Unha gran parte da súa obra está formada p por contos e novelas dedicadas ao público infantil e xuvenil, como Leonardo e os fontaneiros fontaneiros, Mar adiante e O cataventos. cataventos A súa novela Anagnórise (Galaxia, 1988) a obra que lle permite obter un dos maiores éxitos da literatura xuvenil na nosa lingua, pois e en n moi pouco tempo publicáronse 20 edicións da novela e mesmo chegou a ser incluída na listaxe de honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) en 1990 1990. E con Guedellas de seda e liño recibiu unha mención especial White Ravens 2002. “Eu son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía. A lingua de Galicia desde hai moitos anos--máis da metade da miña vida- é a lingua de meu. (…) A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua lingu é simplemente unha historia de amor.” María aría Victoria Moreno

”As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos. María Victoria Moreno

Equipo de Dinamización Lingüística 27


Un ano máis o fin curso trae moitas alegrías, mais tamén algunha que outra bágoa. Aquí vos deixamos o discurso de despedida do alumnado da promoción que nos deixa este ano. Pensando en como empezar o discurso, démoslle voltas á cabeza e lembramos como comezou todo e como todo está a chegar ao seu fin. A maioría de nós, ao longo deste camiño, decatámonos de que as expectativas que tiñamos sobre como seriamos, que fariamos, ou con quen acabariamos, estaban totalmente equivocadas. Fai seis anos entrabamos no instituto desconcertados, sen saber o que nos esperaría. Vós acolléstesnos cos brazos abertos e soubestes guiarnos ata aquí. Eramos uns nenos e unhas nenas e xa soñabamos con este momento: vernos a todos xuntos, unidos, preocupándonos unicamente polo vestido que levamos, por ter ben feito o nó da gravata ou por como imos saír nas fotos deixando esta etapa atrás. Co tempo, aprendemos a valorar a importancia das cousas, quitándolla a outras que si nos parecían relevantes. Discusións, suspensos, aparencia.... xunto con moitas outras que hoxe vemos insignificantes. Agora somos conscientes de que os verdadeiros problemas da vida van máis aló dunha nota, ou do que dirán, aínda que está claro que nos queda moito por aprender. Durante estes últimos oito meses, experimentamos un cúmulo de sensacións totalmente opostas, desde o abafo e tensión que levou a moitos a reformularse se seguir ata a satisfacción ao ver que todo esforzo ten a súa recompensa, e esta recibímola hoxe aquí. Un aquí que estivemos preparando con moito nerviosismo e ganas, buscando sempre unha motivación á que aferrarse para seguir adiante. Somos conscientes de que estes meses non só foron duros para nós, senón tamén para todos aqueles que conviviron connosco. Fostes partícipes deste proceso, aguantando as nosas noites sen durmir, as caras longas e malas contestacións sendo sempre pacientes e achegando ese apoio condicional que tanto necesitabamos. Dar as grazas ás nosas nais e pais, irmáns, avós.. polos consellos e a motivación diaria. Moitas veces neste curso vímonos solos, saturados, e é nese momento cando nos destes un abrazo que nos demostrou que sempre ides estar aí. Sen dúbida falamos, en nome de todos e todas cando afirmamos que os agradecementos máis sinceros hoxe deben de estar dirixidos ás nosas familias. víronnos crecer e inculcáronnos os valores de esforzo e dedicación que nos levaron a terminar esta etapa. Agradecer tamén aqueles compañeiros, tanto os que seguen como os que se quedaron polo camiño, por formar parte desta historia que construímos xuntos. Porque certo é que as longas horas de biblioteca pásase mellor en compañía, igual que compartir eses momentos fóra das catro paredes do instituto que serviron para deixar as toneladas de apuntamentos atrás e despexarnos entre risas e cafés. Son estes pequenos momentos os que nun futuro non moi afastado aprenderemos a valorar, e darémonos conta da importancia e de como as persoas e os momentos nos conducen sen darnos conta cara os distintos rumbos das nosas vidas. Isto é como un quebracabezas, no que a pesar de non encaixar en moitos aspectos xuntos formamos parte dunha pequena gran familia. Co paso do tempo, botaremos en falta cousas que agora parecen insignificantes. Estrañaremos a vosa mera presenza. Grazas, 28


compañeiros e compañeiras.. Para concluír cos agradecementos, dar as grazas ao profesorado por participar na nosa formación, tentando axudarnos en todo o posible e soportando as nosas mañás espesas e os nosos nervios a flor de pel. Non sen faltar as rifas e chamadas de atención, moitas veces merecidas, para darnos un golpe de realidade e baixarnos das nubes. Sen o voso ttraballo e esforzo o día de hoxe non sería posible. Non pode faltar unha mención a todo o per persoal soal non docente que facilitan e amenizan a vida no instituto. Grazas de corazón. Como aprendemos na nosa clase de filosofía, "a vida é un instinto de desenvolvemento, de supervivencia, de acumulación, de forzas, de poder." Esta cita de Nietzsche che é o mello mellorr exemplo dos seis anos que levamos xuntos, nos que presenciamos un cambio, tanto noso como daqueles que estiveron ao noso lado, no que día tras día fómonos superando e aprendendo aprendendo, ata chegar aquí. Para finalizar gustaríanos dar un consello a todos e a cada un de nós: compañeiros, non esquezades nunca quen sodes, loitade sempre por aquilo que pague a pena e vos faga felices, tentado aprender de cada experiencia vivida e, en definiti definitiva, buscade sempre medrar como persoas. Todo isto levando da man o respecto e a tolerancia cara os demais, algo que quizais moitas veces deixamos de lado. Grazas a todos de novo, amigos, profesores e familias, por formar parte disto. O Puga Ramón terá semp sempre lugar nos nosos corazóns.

Alumnado de 2º de Bacharelato 29


A nosa compañeira Sumaiya quixo compartir con nós a volta ás súas raíces. Alegrámonos moito de que foses tan feliz! O verán pasado a miña nai e máis eu fomos a Bangladesh, o meu país natal. Decidimos non dicirllo a ninguén e darlle así unha sorpresa á miña familia. Só llo contamos á miña curmá Nora e ao meu tío. O día que chegamos estabamos moi nerviosas: como reaccionarán? Pasaran dous anos desde a última vez que nos vimos, polo que a miña curmá comezou a gravalo todo: que caras de sorpresa tiñan todos! Na miña relixión cando estás a rezar non podes desviar a mirada, pero cando entrei no cuarto da miña avoa, e me viu tras tanto tempo, non puido evitar voltear a cabeza e abrazarme. Non puidemos conter as bágoas e as dúas empezamos a chorar. Cando chegou a noite, ao ser unha visita sorpresa, non sabiamos como facer para durmir. Eramos trece na casa e só tiñamos 3 habitacións mais con todo conseguimos organizarnos e aínda que me custou un pouco durmir debido ao jetlag o cansazo puido comigo. Sen dúbida ía ser un verán inesquecible! Nora, a miña curmá, foi a miña mellor compañeira en Bangladesh. Grazas a ela puiden coñecer gran parte do meu país e a súa cultura. Algo que adoitábamos facer a miúdo era escaparnos de casa para probar comidas novas. Unha das que máis me gustou foi a Fuska, unhas galletas que no seu interior teñen un espazo para engadir condimento. O condimento que máis se utiliza son os garavanzos cocidos, logo compleméntase cunha salsa agridoce. Foi tanto o meu amor pola comida de Bangladesh, que acabei engordando 10 quilos! Ademais, tamén me encantaban os doces, que estaban feitos de leite. Eu tiña moitas ganas de montarme nun ‘’ Rickshaw’’. Os Rickshaw son unha especie de triciclos conducidas por outras persoas, que serven para viaxar ou dar un volta. Foi entón a miña curmá, Nora a que me levo montar nun deles durante horas. Demos unha volta pola cidade. Sen dúbida Nora e eu nos entendiámonos moi ben e nos levábamos xenial. Polas noites adoitábamos xogar coas miñas tías e os meus curmáns ao parchís, quen perdía tiña que convidar a comer ao resto. Estabamos no mes de Ramadan, ao rematar celébrase o Eid- ul- fitr, onde todos puxemos roupa nova e fomos ás casas de todos os veciños coñecidos e familiares. Neste día, os maiores adóitanlles dar diñeiro aos nenos. Os meus curmáns e eu fixemos unha competición de quen 30


gañaba máis diñeiro. Ao final acabei gañando eu, ao vir despois de tanto tempo case todos me daban a min máis diñeiro que aos meus curmáns. Semanas despois empezaron as clases dos meus curmáns. Eu non sabía como pasar o tempo, así que decidimos ir ao noso pobo. Cando entrei na casa sorprendeume ver tantas arañas nas habitacións. O meu tío cando viu que me daban medo no canto de matar as arañas, colleunas coas mans e deixounas fóra. Un día en casa dunha das miñas tías paternas, puxémonos todos a comer, no medio da mesa pasou unha araña e o peor foi que todos seguían comendo coma se nada e eu berrando. En todo o mes que estiven no pobo creo non paramos de ir dun sitio a outro porque tiñamos moita xente a quen visitar pero gustoume moito estar no pobo e atoparme con moita xente da que xa nin me lembraba. Un mes despois volvemos á cidade onde nos agardaba a voda dunha das miñas curmás. No meu país as vodas duran 4 días. O primeiro día chámase Gaye Holud do noivo e o segundo día o Gaye Holud da noiva pero neste caso eles fixérono o mesmo día, así que a voda durou tres días. Este termo significa botar pasta de cúrcuma polo corpo. Ou sexa que lle botan pasta de cúrcuma polo corpo aos noivos. Ese día a xente adoita ir de amarelo. E á miña curmá e

eu

maquillounos

perruqueira,

que

unha nos

transformou totalmente (nin me recoñecían!). O segundo día é a voda, onde a noiva viste un vestido vermello e leva moitas xoias de ouro. Todos os preparativos deste día son planificados pola familia da noiva. O terceiro e último dia, chámase Bouvat. A noiva vai coa cor de vestido que ela queira e os preparativos organízaos a familia do noivo. Despois de moitos anos puiden ir a unha voda e pásemo moi ben. Nese tempo, o peor día foi o último. Custoume moito despedirme de todos e máis da miña avoa e a miña prima Nora. Sen dúbida foi o mellor verán da miña vida e espero volver velos pronto.

Sumaiya Rahman, 3º ESO A 31


O plástico é un material con múltiples usos e, sobre todo barato. Pero como lixo é moi caro, xa que suman moitas toneladas en pouco tempo e resulta tóxico. Os plásticos son extremadamente lentos no seu proceso de degradación. Cando os tiras, poden manterse durante centos de anos sen descompoñerse. A crecente produción e uso do plástico ameazan con contaminar especialmente os mares, destino final de moitos deles, onde prexudican seriamente a saúde dos ecosistemas e especies acuáticas. Cada ano, os mares e océanos son receptores de ata 12 millóns de toneladas de lixo. A situación mundial é dramática, tendo en conta que a produción de plásticos chegará a ser no 2020 de 500 millóns de toneladas. Estas cantidades, e a súa fácil dispersión e o lento proceso de degradación converten ao plástico no inimigo número un de mares e océanos. O seu uso é un problema asociado aos modos de consumo, xa que a maioría empréganse para envases dun só uso. Os

microplásticos

resultan

particularmente prexudiciais, fragmentos inferiores a 5 mm que poden vir da rotura de

anacos

fabricados

grandes

ou

directamente

que

foron

deste

xeito,

como é o caso das microesferas presentes en produtos de hixiene e limpeza. Estudos recentes observan que os animais mariños están inxerindo estes microplásticos, o que está provocando bloqueos gastrointestinais e alteracións nos seus patróns de alimentación e reprodución. Pero non se queda aí; hai evidencias de que se transfiren ao longo das cadeas alimentarias e chegan ata os nosos pratos. Por todo o mencionado anteriormente o Día Mundial do Medio Ambiente

deste ano

dedícase á reflexión sobre a contaminación polos plásticos. Sendo India o anfitrión, xa que este país demostrou un tremendo liderado global fronte ao cambio climático e á necesidade de migrar á unha economía baixa en carbono. India ten unha das maiores taxas de reciclaxe á nivel mundial. O Día Mundial do Medio Ambiente é un evento organizado pola PNUMA desde 1972 cada 5 de xuño. Todos os habitantes do planeta podemos facer moito para reducir o consumo de plásticos: evitando mercar botellas de plástico, usar bolsas reutilizables (xa hai normas para que as bolsas teñan un coste e non sexan de balde), mercar produtos empaquetados en cartón e vidro, substituír os tuppers por recipientes de vidro, evitar utilizar produtos desbotables dun só uso… SE NON PODES REUTILIZALO, REXÉITAO!

Yili Ren, Cultura Científica 4ºESO C

32


É o título dunha película, pero tamén é un dos piares do noso futuro máis má inmediato. Os mellores e máis áis modernos teléfonos móbiles téñena como principal atractivo, os novos e máis m seguros coches, a nova medicina na, ... “No IA, no cool”: se non ten intelixencia artificial, non está a moda. Cando empecei no mundo da info informática, dicíase que os ordenadores eran aparellos con moita potencia de cálculo matemático (si, as temibles matemáticas están na base do seu funcionamento), pero coa oa metade de intelix intelixencia dun n verme. Un corolario (corolario significa consecuencia) é que se os programadores e usuarios non aportan a súa intelixencia, o ordenador de pouca axuda será. Iso explica que a informática permitira o Gangsta Style, a propagación dos selfies facendo o morriños, os vídeos de gatiños e outras atrocidades similares. O termo informática ven da palabra francesa “informatique”, acrónimo de “información” e “automática” no moi recente ano de 1962. Na actualidade, ao redor da informática, temos moitas ciencias traballado de xeito combinado para crear videoxogos ata controlar a aterraxe dun avión. A intelixencia artificial é unha das novas ciencias que traballa para transformar o noso mundo. Os usuarios proporcionamos datos e as ferramentas informáticas fan a transformación ansformación

en

información

buscando

patróns

de

coñecemento

ou

imitando

comportamentos naturais.. Por exemplo, se compras libros cada pouco tempo, seguramente é porque desfrutas da lectura, e polo tipo de libros coñecen os teus gustos. Nos últimos meses, a I.A. está detrás de moitas das noticias máis is inquietantes. As redes sociais, con axuda de empresas externas, capturan e manipulan a información para influír nas nosas opinións. Xa sabemos que con diñeiro é posible mandar noticias a millóns de usuarios co obxectivo de que muden unha opinión ou un voto. Exemplos témoloss nas pasadas eleccións elección norteamericanas, no Brexit, ... e segur seguramente no noso país hai moito máis. is. Non traballan só coa información dos seus usuarios, senón tamén das persoas que nunca estiveron nas redes edes sociais. Por exemplo, cu cunha nha simple foto de graduación, é posible para unha rede social identificar a todos os que saen e xa son usuarios polo recoñecemento de caras, pero tamén moitos por os comentarios que ten a foto e incluso por outras fotos anteriores subidas por outras persoas e datos GPS. A app da rede social no teléfono móbil transmite onde estás as 24 horas do día para así saber o perfil dos teus amigos, os teus comercios favoritos, o uso do teu tempo libre,...O presente e o futuro non sse e entende sen a I.A. Avances na medicina e saúde, na mecánica, na electricidade, na seguridade, na informática e moitos outros campos non serían posibles. Pero nos somos os principais responsables de que todo este potencial sexa aproveitado para facer do noso oso mundo un lugar mellor para todos. A Tecnoloxía non so é unha materia divertida e amena na que aprender a coñecer como funcionan as cousas no noso mundo, seguramente é a mellor materia da secundaria. É a materia na que aprendemos como se move a información no noso mundo, e polo tanto aprendemos a poñer en valor as nosas ideas e a n nóss mesmos. Se queremos que as nosas ideas e opinións sexan relevantes fronte as das grandes empresas, políticos e outros grupo gruposs de poder, teremos que aprender como manipulan as ferramentas tecnolóxicas e como defendernos destes abusos. Sen a formación tecnolóxica adecuada, somos moi febles ante este mundo tan cambiante e intrusivo coa nosa privacidade.

Ignacio Ríos Suárez 33


Adiviñas a. Cando vai pro monte dálle os cornos a casa; cando vai para casa dálle os cornos ó monte. b. Anda e non ten pés; come, e no non ten boca, e toda a comida lle parece pouca. c.

Ten un dentee e tira pola xente. Sudoku

Solucións: a.

(A forcada que leva o home ó lombo) b. (O muíño) c. (A campá)

34



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.