Carta Buli 3

Page 1

Biblioteca Miguel A. Mouriño 30-09-2013

Benqueridos chefs da miña cociña: Si, amiguiños, xa vos considero os meus chefs porque sei que estades traballando arreo para conseguilo. Seguro que xa aprendestes unha morea de cousas sobre os alimentos. Ben, pero non vos pasedes, deixade algo para o resto do curso. Hoxe escríbovos para pedir, coma sempre, a vosa colaboración. Gustaríame saber cousas sobre os froitos e traballos agrícolas, propios do outono, na nosa bisbarra. Seguramente andades cos traballos da vendima e xa teredes recollido, nos vosos canastros, o millo e mesmo os calacús. Pois o traballo que vos propoño é recoller imaxes de todas estas tarefas e froitos: recollida do millo, almacenamento, recollida das uvas, traslado, fermentación e elaboración do viño, mazás, pexegos, calacús, cogomelos, castañas, noces... Tamén podedes recoller cantigas ou refráns relacionados. Coas imaxes que entreguedes faremos unha fermosa exposición no corredor da entrada e haberá un sorteo de agasallos entre todos os participantes (de pouco valor económico porque xa sabedes que somos pobres). Agardo que non sexa demasiado tarde, que fagades fermosas fotografías e recollades moitas cantigas e refráns. O prazo de entrega remata o 31 de outubro, pero podedes ir entregando o que teñades aos vosos titores durante todo o mes. Recibide unha manchea de bicos quentiños de mel.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.