Issuu on Google+

ADMISIÓN de ALUMNADO e MATRÍCULA para o CURSO 2014-2015. 1. NORMATIVA REGULADORA DA ADMISIÓN DO ALUMNADO:  Decreto 254/2012, do 13 de decembro, pola que se regula a admisión do alumnado.  Orde de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.



http://www.edu.xunta.es/web/node/11615

2. NÚMERO DE PRAZAS:  Ver documento ANEXO. 3. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS RESERVAS DE PRAZA:  Do 1 ao 15 de FEBREIRO. 4. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:  Do 1 ao 20 de MARZO. 5. NOTA INFORMATIVA:  Só se pode presentar unha única solicitude de admisión, que deberá facerse no centro que se solicita en primeiro lugar (o impreso de solicitude permite incluír ata seis centros, que serán relacionados por orde de preferencia). A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle ao alumno ou alumna.



O alumnado xa matriculado neste Centro ten garantida a súa permanencia sen necesidade de realizar ningún tipo de xestión. Aínda así, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo á secretaría do CEP Plurilingüe de RIOMAIOR.



O alumnado que ten reservada praza no Centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación das solicitudes de admisión.

6. DATA DA PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS e NON ADMITIDOS: 

LISTAXE PROVISIONAL: ANTES DO 25 DE ABRIL (poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o Consello Escolar).



LISTAXE DEFINITIVA: ANTES DO 15 DE MAIO (contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial de Educación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación).

7. DATA DA PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ADMITIDOS e NON ADMITIDOS:  Do 20 ao 30 DE XUÑO, achegando a documentación seguinte:       

Documento de formalización de MATRÍCULA (anexo III) Autorización para o uso da IMAXE por medios tecnolóxicos. Informe MÉDICO SANITARIO. Fotocopia da TARXETA SANITARIA. DNI de pai, nai, alumno/a e LIBRO de FAMILIA (orixinais ou copias cotexadas). Certificado de EMPADROAMENTO no Concello de Vilaboa. Dúas FOTOS recentes.

*A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo CEP Plurilingüe de RIOMAIOR.


8. CENTROS ADSCRITOS:  O CEP Plurilingüe de RIOMAIOR ten como centros adscritos as Escolas Infantís de POUSADA e BARCIELA, do CRA de Vilaboa. Para a ESO, o noso alumnado está adscrito ao CPI de TOURAL. Isto supón que, para aqueles alumnos/as que o soliciten mediante a entrega do impreso correspondente, reservaráselles unha praza no centro de adscrición (posteriormente terán que formalizar a matrícula).

9. ÁREA DE INFLUENCIA e ÁREAS LIMÍTROFES:  ÁREA DE INFLUENCIA: • ZONA 5: Parroquia de STA. CRISTINA DE COBRES: Lugares de Vilar, Paradellas, Areeiros, As Cernadas, O Costal, A Carballeira, Seixas, Mangoeiro, Magarella, Barciela, O Muíño, Outeiro e Riomaior.

• ZONA 6: Parroquia de STO. ADRÁN DE COBRES:

Lugares de Sobreira, A Cardiña, Pazos,

Nores, Pousada, Curra, Ubeiras e Santradán.



ÁREA LIMÍTROFE:

• ZONA 4: Parroquia de VILABOA. 10. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:  TRANSPORTE ESCOLAR de balde, con acompañante.  COMEDOR ESCOLAR, xestionado pola ANPA.  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES de tarde, organizadas pola ANPA. 11. ANEXOS: A) NÚMERO de POSTOS ESCOLARES para o CURSO 2014-2015:

Nivel

Prazas ofertadas

Prazas con reserva

Prazas vacantes

25

25

3 NEAE

25

21

4

25

16

9

50

30

20

25

21

4

50

31

19

NOTA: en 1º de Educación Primaria resérvanse 3 postos escolares por unidade para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.


B) RELACIÓN DO ALUMNADO ADMITIDO no 1º NIVEL para o CURSO 2014-2015:

1. ARIAS GROVAS, Idoia 2. ALMAZÁN del RÍO, Gabriel 3. BOUBETA IGLESIAS, Antía 4. CARBALLO GÓMEZ, Naira 5. CASAL BARCIA, Daniela 6. CORTEGOSO POCEIRO, Iago 7. CORREDOIRA FERNÁNDEZ, Iris 8. CORTEGOSO MOREIRA, Xoel 9. COSTA SANTOMÉ, Rubén 10. COSTOYA CRUZ, Pablo 11. CHAPELA FERNÁNDEZ, Xián 12. FARIÑA CASAL, Nayala 13. GARCÍA NOYA, Eva 14. GÓMEZ PIÑEIRO, Avril 15. GÓMEZ VERAS, Abraham 16. GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Estela 17. GUIMAREY VICENTE, Mencía 18. MOLEDO VÁZQUEZ, Hugo 19. PÉREZ CALVAR, Andrés 20. PEREIRA DIOS, Nicole 21. RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, Uxía 22. RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Nerea 23. SALGADO MAYÁN, David 24. SALGADO MAYÁN, Mara 25. SOBRAL NOGUEIRA, Xián Riomaior (Vilaboa), 22 de abril de 2014 A Secretaria Sabela García Rodríguez


Admisión RIOMAIOR 2014 2015