Co motivo do Día das Letras Galegas, o ENDL propúxonos traballar arredor de palabras que SOAMENTE EXISTEN EN GALEGO e coas que imos elaborar unhas chapas.
Nos eleximos a palabra "Toxo" e, cada un, tivo que facer o seu propio deseño. Realmente traballamos de forma grupal durante a asamblea sobre o que é, as cores que tiña,...e, despois, MANS Á OBRA!
De todos os deseños, soamente un será o escollido para facer as chapas (cada aula escolleu unha palabra e fixeron o mesmo). En total haberá 10 deseños distintos de chapas con palabras EXCLUSIVAS EN GALEGO!!!