Ola unha vez máis nenas e nenos!. Nesta ocasión non vou contar unha das miñas viaxes. Xa sabedes que aproveito os veráns, cando vós non estades no colexio, para viaxar polo mundo adiante. Tamén
teño
feita
algunha
viaxe
submarina
e
unha
interplanetaria. O que non fixera nunca foi unha viaxe polo tempo. E abofé que o intentei, aínda que non o conseguín. Eu quería viaxar ao pasado para coñecer a eses grandes homes e mulleres que fixeron os grandes descubrimentos e inventos dos que disfrutamos hoxe en día e que nos fan a vida máis agradable. Estas mulleres e homes son os científicos. Como non dei co xeito de facer esa viaxe, fixen o mesmo que fan eles: investigar. E estas son algunhas das cousas que descubrín: A diferencia de nós as meigas e os magos, os científicos non teñen poderes. O que fan é observar moito, estudar, imaxinar e sobre todo experimentar ata que dan con algo que pode cambiar a vida da humanidade. O certo é que as veces a ciencia tamén ten algo de
máxico.
E
así,
algún
dos
grandes
descubrimentos científicos producíronse con algo de sorte. Por exemplo: queredes saber como distinguir se unha coroa está todo feita de ouro ou non?