PRATICA V: Selección de partes de imaxes Diferentes formas de selección de zonas dunha imaxe. Temos unha imaxe dunha folla sobre fondo branco e queremos sacarlle o fondo branco, deixalo transparente, para entón poder pegar a folla en outro sitio. Como o facemos? Podemos facelo coa variña máxica, seleccionando o fondo e entón invertendo a selección. Verdade? Tamén podería facerse de mais modos, pero para este caso en particular semella que a variña é a mellor opción: Apañamos a variña máxica e coa opción de ir engadindo zonas, imos picando no branco (seleccionaranos a maioría dun plumazo), até deixar todo o fondo seleccionado.
Pero nós non queremos seleccionar o branco, se non a folla, é dicir , xusto o contrario, debemos inverter a selección. Así pois, nos imos ao menú da xanela da imaxe e seleccionamos Seleccionar Invertir. E agora copiamos a selección (Ctrol+C). Creamos un novo documento con fondo transparente. Para facer isto ultimo seleccionamos na xanela da caixa de ferramentas ArquivoNovo e na nova xanela seleccionamos opcións avanzadas. na lista de opcións que di Cubrir con, selecciona a opción Transparencia.