PRIMEIROS PASOS CON GIMP ARRINCAMOS O PROGRAMA THE GIMP 2 Cando arrincas Gimp por primeira vez aparéceche unha pantalla con varias xanelas (configuración predeterminada). Será semellante á da imaxe, depende da versión que empregues. Pódese configurar da forma que mais interese: abrindo mais diálogos, e empotrándolos, se queres, aos existentes, e distribuíndo as xanelas.
AS XANELAS E OS DIÁLOGOS A seguinte xanela que imos ver é A Caixa de Ferramentas. É o corazón de Gimp e a xanela mais importante. Non se pode duplicar nin riscar (obviamente, isto pecharía Gimp). En ela atópanse a maioría de ferramentas de Gimp (as cinco primeiras filas de iconas ). Baixo as ferramentas , os cadrados negro e branco, mostran a cor de fondo e fronte seleccionado, espetando dúas veces sobre calquera de eles, accedese ao diálogo para seleccionar unha nova cor, o mesmo co outro. Se sitúas o rato sobre as distintas iconas aparecerá información sobre eles e, no caso das ferramentas, tamén mostra un atallo de teclado.
Opcións de Ferramentas, é un diálogo empotrable, neste caso está empotrada á Caixa de Ferramentas, che permite configurar distintos parámetros da ferramenta seleccionada, neste caso o Pincel.