Page 1

faíscas

2018

Maio Número 12 - Segunda Época

© Javier Díaz. Diseño y Maquetación Verín - 2018

IES XESÚS TABOADA CHIVITE - VERÍN

4

l

w

g

CIENCIAS

CONCURSOS

VIAXES

ARTES

Rutas científicas, Maquetas celulares

Debuxo ANPA Guías de viaxe

Braga, Vigo, Pontevedra

Fotoentroido, Bela e Besta


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

Agora mesmo miro cara a atrás e non sei en que momento pasou toda unha vida. Nestes últimos anos da miña existencia o instituto foi testemuña de moitos dos meus cambios e mudanzas. Si, xa sei, estou falando destes seis anos da miña vida como se tivera vivido moito ata agora. Teño 18 anos. Permitídeme contarvos o que foi o meu existir dende que entrei no instituto ata agora. Non pretendo escribir un gran texto, nin moito menos, pero quero, ao mesmo tempo que escribo, facer unha pequena reflexión, ser sincera comigo e con todos. Quero dicir o que penso e ser transparente na forma de dicilo. Gustaríame descubrir estes seis anos realmente e pararme a pensar neles como non o fixen antes. Estes anos poden resumirse como un cambio constante, unha evolución: entramos aquí sendo nenos, sen saber nada do que é a vida e tampouco é que agora o saiba, pero creo que neste sexenio algo aprendín. Aprendín que hai que traballar, que as cousas non nolas regalan, que todo esforzo ten a súa recompensa e que, ao final, todo o traballo paga a pena. Máis creo que o instituto non só serve para aprender datos e máis datos que veñen neses interminables libros; o máis importante é o que aprendes fóra dos estándares de aprendizaxe marcados dende que entras ata que saes. Para min, aprender a respectar e a querer, a dar o mellor de min mesma en cada momento, desexar coñecer xente nova e redescubrir a que xa coñecía, foi do máis importante que fixen aquí dentro destas catro paredes. Tamén aprender a vivir, pois a vida son momentos, e eses intres deben ser gozados ao máximo, dá igual o lugar onde ocorran. Porque cada risa, cada conversa, cada sorriso forma parte dun todo. Porque non son seis anos perdidos, como pensan moitos, son seis anos gañados de aprendizaxe, de ensinanzas, de coñecernos a nós mesmos, de coñecer os demais; tamén de ilusión e de inquietudes. O instituto non é unha cadea, eu polo menos prefiro non velo así. Non vos vou enganar, máis dunha vez quixen fuxir deste lugar e non volver na miña vida. Houbo momentos en que quixen esvaecerme, ser totalmente invisible. Así mesmo, houbo outros nos que me sentín totalmente viva, nos que me rin a máis non poder e paseino ben coas persoas que me rodeaban a diario. Agora que vexo o final desta etapa, decátome das veces en que perdín o tempo queixándome por queixarme, as veces nas que o pasei mal sen razón, e arrepíntome. Por sorte, son maiores os momentos de felicidade que os de tristeza e

pesar. Con cada cousa nova que faciamos entre todos, sentíame un chisco máis eu mesma. É ben certo que non botarei de menos eses luns pola mañá, cando o único que quería facer era entoar Hoy no me puedo levantar. Pero si estrañarei cada baile, cada nota de cada canción dos musicais e cada obra de teatro e recordarei para sempre que “Somos as persoas máis importantes do mundo”. O instituto, se vos podes a pensar, é un lugar onde os soños poden cumprirse. Escribindo isto xa estou escoitando algunha risa, pero quen dende pequeno quixo ser algo, traballando, pode conseguir acceder a iso que tanto quere. Non sei o que me depara o futuro, se acertei ou non nas decisións que tomei aquí dentro, pero ante todo, fun feliz. E iso é o máis importante. Isto quero deixalo aquí escrito. Este lugar foi o meu segundo fogar durante seis anos e, seino, vouno botar de menos. Este edificio gris en aparencia, pero cheo de cores e de sorrisos en realidade, viume crecer e madurar, viume converter na persoa que son hoxe... Escribindo isto estoume decatando de que un anaco da miña vida, do meu corazón quedará nos corredores do Chivite para sempre, e será este un lugar ao que volte os ollos cando o inexorable transcorrer do tempo transforme en nostalxia estes momentos marabillosos do ano 2018. Só me queda dicir GRAZAS. Grazas a todas as persoas que me acompañastes de principio a fin neste camiño. Grazas aos meus amigos. Grazas aos meus compañeiros e, como non grazas aos meus profesores. Grazas a todos os que me apoiastes e nunca me deixastes caer. Grazas por ensinarme a ser eu mesma. Grazas por todo o que compartimos. E xa, para despedirme, quixera facer unha petición. Aos meus compañeiros: oxalá que nunca esquezades que aquí, no Chivite, tamén fomos felices. E para os que quedades: non vos olvidedes de nós. Grazas e ata sempre.

Iria Vázquez Arcos. 2º BAC.


E

Ó O PR LOGO

STA” E B A

O

A R A ND P E PR

Había unha vez, nun afastado país, un príncipe novo que vivía nun escintilante castelo. Malia ter todo o que podería desexar, o príncipe era egoísta, déspota e consentido. Mais, unha noite de invernía, chegou ao castelo unha anciá mendiga e ofreceulle unha simple rosa a cambio de que lle dese acubillo, pola friaxe. Repugnado polo seu desagradable aspecto, o príncipe desprezou o agasallo e expulsou a anciá... Pero ela advertiulle que non se deixase levar polas aparencias, porque a beleza se atopa no interior... E cando volveu rexeitala, a fealdade da anciá desapareceu, dando paso a unha fermosísima feiticeira . O príncipe tratou de desculparse, pero era tarde de máis, pois ela xa vira que no seu corazón non había amor... E como castigo, transformouno nunha horrible besta, e lanzou un feitizo sobre o castelo e sobre todos os que alí vivían ...Avergoñado polo seu aspecto, o monstro encerrouse no interior do seu castelo , cun espello máxico como única fiestra ó mundo exterior. A rosa que ela lle ofrecera era en realidade unha rosa encantada, que seguiría fresca ata que el cumprise vinte e un anos. Se era quen de aprender a amar unha muller e gañar o seu amor antes de que caese o derradeiro pétalo, entón, o feitizo romperíase... Se non, quedaría condenado a ser unha besta para sempre. Ó pasar os anos, comezou a impacientarse, e perdeu toda esperanza, pois.... Quen se ía namorar dunha besta?

A BE DE “ LA

A fermosísima vidreira, que aparece na imaxe, foi elaborada por Javier Rodríguez, profesor de Ciencias e o prólogo foi redactado por Isabel Cota, profesora de Inglés do IES Taboada Chivite

Semana cultural “As nacións celtas” Durante a segunda semana de maio, o Departamento de Inglés organizou unha Semana Cultural, cuxo tema foi: "As nacións celtas”. Neste proxecto participaron alumnos de inglés de case todos os niveis. Realizáronse actividades sobre historia, lingua, símboloxía, música, gastronomía… Neste tríptico informativo deseñado pola profesora do Departamento de inglés Ana Iria García aparece toda a información:

PRIMEIRA PROBA DO RALLY SEN FRONTEIRAS 2018

O martes, trece de marzo, alumnos de 1º, 2º e 3º ESO do noso centro, realizaron a primeira proba do "VI Rally científico e matemático sen fronteiras". Participaron na modalidade de matemáticas, os seguintes grupos de oito alumnos: • Un grupo de 1º ESO C integrado por: Elena Lorenzo, Esther Lorenzo, Anabel Lorenzo, Claudia Lorenzo, Daniel Oliveira, Adrián Pérez, Eliana Reigada e Adara Vivel. • Un grupo de 2º ESO B integrado por: Nicolás Abegue, Dayana Campos, Isaura Da Costa, Evelio André Danoz, Gisela Dapia, Brais Miguel Fernández, Pablo García e Iago Garza. • Un grupo de 2º ESO D integrado por: Diego Prieto, Aaron Prieto, Noa Rodríguez, Carla Rosas, Uxía Salgado, Antonio Salgado, Noa Sobrino e Rocío Vaamonde. • Dous grupos de 3º ESO B. O primeiro integrado por: Claudia Álvarez, Silvia Augusto, Lorena Cordeiro, Joel Adrián Cruz, Andrés García, Adrián Martínez, Miguel Pérez e Celia Sousa. O segundo grupo integrado por: Ainara Alonso, Sheila Alves, Alejandra Feijoó, María García, María González, Miguel Quintas, Dimitri Ramos e Tania Rodríguez. • Un grupo de 3º ESO C integrado por: Dalia Díaz, Fátima El Mouahhid, Ainhoa Jimeno, Yeray Jimeno, Elmhedi Laghmari, Lara Lamas, Eirín Seoane e Miriam Vázquez. Tan alta participación foi posible grazas a implicación e a capacidade motivadora de tres profesores: Paula Páramo, Lucía Seoane e Luis González Jove. Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

Rutas científicas, artísticas e literarias 2017 -Día 1: No noso primeiro día de viaxe, partimos desde Verín, máis cansos da noite anterior que de outra cousa con dirección a Salamanca. Alí visitamos o casco vello da cidade e descubrimos: “El Huerto de Calisto e Melibea”, libro que limos o ano pasado en Lingua e Literatura Castelá. Despois da visita, comemos en Salamanca e ao acabar, dirixímonos cara Madrid, onde nos encontrariamos cos alumnos do instituto da Rúa, que ían ser os nosos compañeiros de viaxe. Esa mesma noite comezamos a coñecernos cos vídeos, que os dous grupos prepararamos. Ao terminar fomos durmir para estar descansados ao día seguinte.

-Día 3: O martes pola mañá estivemos en Alcalá de Henares, onde puidemos ver a universidade e a casa de Miguel de Cervantes. Despois dirixímonos a Tres Cantos a ver a fábrica de Danone. Ensináronnos como se fabrican os iogures e deixáronnos probalos. A continuación dirixímonos á Universidade Autónoma de Madrid, alí comemos e fixemos un obradoiro na facultade de Arqueoloxía. Despois da universidade, fomos ao Museo de Antropoloxía, onde coñecemos diferentes culturas do mundo. Ao acabar viaxamos para Toledo, onde durmimos no Castelo de San Servando.

-Día 2: O luns tocaba coñecer Madrid. Pola maña, dividíronnos en grupos antes de sair do hotel. Despois fomos ao Museo de arte Reina Sofía, pero antes visitamos Atocha. No museo puidemos contemplar obras de distintos artistas, o que máis me impresionou foi o Guernica de Picasso. A continuación dirixímonos á Costa Moyano, onde puidemos comprar libros e despois entramos ao Retiro, onde comemos e paseamos todo o mediodía antes de ir ao Museo do Prado. No Museo do Prado, vimos obras máis clásicas como “As Meninas” de Velázquez. Por último, neste día, percorremos o Madrid dos Austrias de xeito dinamizado e divertido, coñecendo así un pouco da nosa historia.

-Día 5: Pola mañá visitamos Argamasilla de gar da Mancha Cervantes non onde Cervantes bir o Quixote, e cunha reprefinalizar algúns interpretaron Quixote. Alí comemos gámonos ao de “Lagunas de vimos as lagoas, as fervenzas do parque e e Quixote visita na 2º parte do Quixote


-Día 6: Pola mañá visitamos o Parque Natural de “Las Tablas de Daimiel”, onde coñecemos a súa flora e a súa fauna. Mais tarde visitamos unha queixaría na que nos ensinaron como se fai o queixo manchego. Pola tarde dirixímonos a Almagro; o seu corral de comedias e o seu teatro, acompañados duns compañeiros un pouco peculiares, Don Quixote e Dulcinea. Cando acabamos marchamos para o hotel, no que despois de cear, cantamos e bailamos cos nosos amigos da Rúa.

-Día 4: Pola mañá visitamos o casco vello de Toledo, fixemos a Ruta das Tres Culturas e entramos na casa-museo do Greco. Comemos en Toledo e despois dirixímonos a Campo de Criptana para ver os muíños, onde Cervantes se inspirou para escribir o “Quixote”. Cando acabamos de ver os muíños, fomos a Valdepeñas a ver unha adega de viño, na que puidemos ver como se fai o viño e como se conserva. Ao acabar marchamos para o hotel, que estaba na mesma -Día 7: Pola mañá despedímonos dos nosos novos compañeiros e cidade. amigos da Rúa, sen saber a sorpresa que nos esperaba en Segovia. e Alba, onde coñecemos o que pode ser o lu- Cando chegamos alí, encontrámonos con eles sen saber nada e xuntos de cuxo nome visitamos e comemos nesta cidade. Ao acabar, despedímonos, case podía lembrarse, definitivamente e puxemos rumbo a Verín. Pero antes de chegar comezou a escri- paramos nunha gasolineira onde nos volvemos a encontrar. alí ensináronnolo sentación. Ao compañeiros un fragmento do

e despois acheParque Natural Ruidera”, onde entramos na cova de Montesinos, a cal Don

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

manifesto: NON ÓS LUMES O día 19 de outubro, ás 11:20 da mañá, numerosos alumnos de tódolos cursos concentráronse na entrada do IES Xesús Taboada Chivite. Ademais dun minuto de silencio en nome das vítimas, quixemos facerlles unha homenaxe, mediante a palabra. Cun motivo, unha razón. Un manifesto, por unha causa: O total rexeitamento aos incendios forestais. Aquí está, a continuación o discurso lido:

MANIFESTO EN REXEITAMENTO DOS INCENDIOS FORESTAIS Nas últimas semanas, como todos sabemos, as nosas vidas estiveron en xogo. Non somos quen de asimilar, o prezo que moitas familias están a pagar agora mesmo, nestre intre, e posiblemente mentres pronuncio estas palabras, un pai, unha nai, un avo… ou unha nena, están chorando de rabia e impotencia porque nada queda… daquelo que chamaban fogar. E se fosemos nós? E se estivesemos na súa pel? Onde está agora a Galiza verde que tanto nos enche o corazón? 216 incendios rexistrados, catro vítimas mortais xunto cunha trintena co país veciño, Portugal, que por suposto está terriblemente afectado. Isto non é un problema de España e para España, isto é un suceso enfermizo que se está a espallar á velocidade da luz, e moitos ignoramos as consecuencias que poden conlevar, e o que é peor, AS CAUSAS. Causas que por moito que nos enfade admitilo, residen na errónea política actual. DEBEMOS POR EN MANIFESTO OS NOSOS DEREITOS, EN ESENCIAL, O NOSO MAIOR DEREITO, A VIDA. Este dereito estase vendo quebrado, non só polos coñecidos ‘’incendiarios’’ senón por unha serie de intereses moi claros no ámbito estatal, que poden desatar sucesos como os ocorridos nas últimas horas. SE O POBO FALA, debe ser escoitado. SE O POBO PIDE AXUDA, debe ser axudado. Non témo-los medios suficientes para combatir estas adversidades, e ao igual que nós temos dereitos, os gobernantes teñen DEBERES, deberes que á súa vez deberían ser inamovibles. A nosa terra, está sendo asasinada, e non queremos ver onde reside realmente o problema. Só unidos podemos cambialo. Informádevos. Cómpre facelo. Esther Santiago Casares 2º Bach B


Poema imaxinista de 4º ESO B: Queiman Galicia! A raíz dos tráxicos incendios acontecidos na Galiza no mes de outubro, o alumnado de 4º ESO B quixemos reflectir o deplorable estado no que queda a paisaxe unha vez queimada. Foi por ese motivo que, a grande grupo, creamos un poema imaxinista, aproveitando tamén que estabamos abordando a vangarda imaxinista nestas datas.

Queiman Galicia! As flores non rin, a terra está triste o vento non fala, as follas non bailan as nubes choran o sol está de loito e as pedras vístense de negro.

Meu pai estaba asustado, miña nai estaba asustada, eu estaba asustado, todo o mundo o estaba. Porque nun pequeno intre, todo polo que loitaran estivo a punto de esvaecerse para sempre.

Román Fernández López 1 BACH A

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

o magosto O LÉXICO DO MAGOSTO: Grazas aos alumnos de 2º ESO aprenderemos novas palabras relacionadas coas castañas e o magosto.

DESEÑO DO ENVASE DUN PRODUTO FEITO CON CASTAÑAS Alumnos de 3º ESO e de 1º BAC deseñaron o envase dun produto feito con castañas.

Sobre un dos taboleiros do instituto, locen vistosas unha chea de castañas sobre fondo amarelo. Cada castaña leva un termo coa súa definición. Algunhas das palabras que descubrimos foron: Bandoxo: Instrumento case semicircular, de fondo plano, cun bordo de madeira na parte curva e sen nada na recta, con dúas asas para agarrar e unha tira para suxeitar, que se usa para separar as castañas secas da casca. Canizo: Estrutura de paus ou táboas con canas, varas ou vimbios entretecidos, de forma xeralmente rectangular e de tamaño variable, que se coloca na cambota como soporte para curar ou secar os chourizos, as castañas etc. Cacho: Recipiente metálico con buratos no fondo que se utiliza para asar as castañas. Corripa: Montón de ourizos que se poñen a secar para que solten as castañas con facilidade. Peteladoira: Pau en forma de pinza usado para apañar e abrir os ourizos e para tirarlles as castañas.

Castañas en xarope:

Primeiro elixiron un produto (marmelada, crema, mousse, cervexa, paté, galletas, fariña, licor...) elaborado con castañas. A continuación inventaron un nome e fixeron unha etiqueta na que aparecesen os seguintes datos: data de envasado, caducidade, forma de conservación, ingredientes e información nutricional). Por último deseñaron e montaron un envase con diferentes materiais. Completaron o seu traballo escribindo no envase un texto breve, que incitase a compralo ou a consumilo. Estes envases están expostos na entrada do centro e ao lado da sala de profesores do segundo andar.

Envase de 314 ml Peso neto: 390g Peso escorrido: 230g Información nutricio Valor enerxético: 954 Graxas: 1g Hidratos de carbono Fibra alimentaria: 5g Proteína: 5g Sal: 0,07g


g onal: 4KJ/228Kcal

o: 46g g

Souto da Trabe A cadea alimentaria

Os castiñeiros dan comezo a extensa cadea alimentaria. Os castiñeiros son tratados conforme a regulamentación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. As peculiares condicións climáticas e a fertilidade deste solo fan que as castañas obteñan unha maduración óptima. Unha vez recollidas as castañas no souto, son trasladadas a factoría, onde son clasificadas por tamaños, peladas e posteriormente sometidas a un proceso de abatemento rápido e que da como resultado a formación de microcristais no interior do alimento que non dana a estrutura celular do produto.Deste modo, baixase a temperatura no corazón do alimento a - 20 grados en menos de 90 minutos. A conxelación rápida evita a formación de cristais no produto e que non se perdan as características organolépticas dos alimentos.

Os produtos de “Souto da Trabe” Marmelada de castaña Envase 212 ml Peso neto: 265g Información nutricional: Valor enerxético: 906KJ/217KCal Graxas: 1g Hidratos de carbono: 49g Fibra alimentaria: 6g Proteína: 3gSal: 0,23g

Crema de castañas con boletus

Crema de castaña con chocolate Envase 212ml Peso neto: 265g Información nutricional: Valor enerxético: 903KJ/216Kcal Graxas: 1g Hidratos de carbono: 49g Fibra alimentaria: 6g Proteína: 3g Sal: 0,23g

Envase 212ml Peso neto: 240g Información nutricional: Valor enerxético: 939KJ/226Kcal Graxas: 15g Hidratos de carbono: 20g Fibra alimentaria: 4g Proteína: 2g Sal: 0,10g

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

grease: o musical A DERRADEIRA REPRESENTACIÓN

V

erín tivo o venres 13 de outubro unha cita ca música, o teatro e o baile. Grease, o musical que representamos o ano pasado con ilusión alumnos e profesores do IES Xesús Taboada Chivite, despediuse dos escenarios nunha emotiva derradeira actuación que non deixou indiferente a ninguén. Despois de meses e meses de ensaios, vimos reflectido o resultado final no escenario do auditorio de Verín ca tristeza característica que embaza todos os finais. Os aplausos da xente foron unha das moitas mostras de que todo o noso traballo mereceu a pena, de que a suor estaba recompensada e de que ningún de nós ía esquecer endexamais aquel momento. Esa noite pechamos unha porta nos nosos corazóns, porque Grease foi moito máis que un musical ou un traballo extraescolar. Grease foi facer amigos, compartir experiencias, rir con xente que non coñecías, bailar con amigos e inimigos, viaxar no tempo ata os anos 50 e meterte na pel dalgúns dos protagonistas ata sentir que non sodes tan diferentes. Grease foi un antes e un despois. Para algúns o primeiro e para outros o último, pero para todos unha pegada que vai quedar sempre no noso interior e proba diso foron as bágoas que se derramaron ao saber de que era un adeus a Danny e Sandy. Foi un adeus, si, pero foi un adeus espectacular. Bailamos ata que nos doeron os pés, cantamos ata quedar sen voz e actuamos ata mesturarnos cos nosos personaxes. Fixémolo o mellor posible, porque queríamos que todos aqueles que puxeron un pouco de si mesmos neste musical estivesen tan orgullosos coma nós de ser parte desta marabilla.

“NO AUDITORIO DE OURENSE”

O

día 2 de outubro para nós foi algo moi especial, xa que ``Grease´´ é o noso primeiro musical e representámolo no Auditorio Municipal de Ourense.

Quedamos en reunirnos todos ás 6:45h, para coller o autobús, pero non saímos ata minutos máis tarde. Cando chegamos alí eran as 7:45h e o primeiro que fixemos foi dirixirnos aos camerinos e colocar o decorado no escenario. Vestímonos para poder ensaiar algo antes de actuar. Máis tarde comezaron a tomar asento os rapaces e rapazas dos outros institutos. A función empezou, e todos estabamos moi nerviosos. Escena tras escena o musical representouse e a pesar de que o público non foi o mellor que tivemos, a ovación que recibimos, pagou a pena todos os esforzos durante o curso. Cando rematou o espectáculo, recollemos todo e encamiñámonos cara o centro comercial para comer, comprar e lecer ata as 16.30h, que foi cando o autobús nos pasou a recoller para realizar a viaxe de volta a Verín. Temos claro que participaremos no seguinte musical, xa que foi unha experiencia inolvidable.

Sara Guerra Sandoval

María Pérez e Laura Seoane, 3º ESO A


O

Musical A Bela e a Besta

vindeiro musical, completamente en galego, que representarán os alumnos e alumnas do IES Taboada Chivite é A Bela e a Besta. Dada a complexidade da posta en escea, nesta ocasión a preparación do musical durará dous anos, polo que non o poderedes ver ata o curso 2018-9. Debaixo aparece a planificación de A Bela e a Besta para estes dous vindeiros cursos: Curso 2017-2018: Guión, partituras, letras, decorados e vestiario Setembro-Decembro Guión (elaborado xa en verán) Decorados: 2 fondos novos. Vestiario: a besta, a cunquiña, o plumeiro Atrezzo Xaneiro-Marzo Partituras para o coro rematadas Letras traducidas ó galego. Engadimos exemplo ao final do artigo. Decorados: 2 fondos máis Vestiario: a teteira, o reloxo, outros Atrezzo Abril-Maio Partituras para toda a banda rematadas Letras traducidas e revisadas Decorados: 1 fondo máis Vestiario: o candelabro, outros Atrezzo Curso 2018-2019: Números musicais (coro, solos, coreografías) e teatro Setembro-Decembro Teatro (co papel na man) Coreografías: 3 novas Solos: reparto de cancións Coro: primeiras cancións Xaneiro-Marzo Teatro (de memoria) Coreografías: 2 máis Solos: ensaios de cancións Coro: repaso de todo o repertorio Abril Representacións en Verín e arredores

BELA E BESTA SON Historia ancestral. Foi e é así. Case sen pensar, Sen saber por que, o amor xurdiu. Algo que mudou entre eles dous. Notan o tremor, cheos de emoción, Bela e Besta son. Sempre é así. Nunca é igual. Cada vez que o amor brota igual que a flor, que a chor do rosal. Historia ancestral. Inmortal canción. Agre e doce é esa sensación cando chega o amor. Certo coma o sol, como a luz do albor. Historia ancestral pero nunca igual. Bela e Besta son. Historia ancestral pero nunca igual. Bela e Besta son.

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

teatro: a tecedora de soños

O

VIII edición do Festival de Teatro “Entre culturas”.

venres 27 de outubro, ás 20:30 horas, tivemos ocasión de ver actuar o grupo de teatro do noso instituto, A Tecedora de Soños, no Auditorio de Verín, dentro da oitava edición do Festival de Teatro

ENTRE CULTURAS organizado por La Caja de Pandora. Ademais dunha adaptación moi orixinal da LISÍSTRATA de Aristófanes, realizada polos profesores de Latín e Grego (Sonia Sanz e Daniel García), o grupo dirixido por Elisa Vilela e Sonia Sanz interpretou en galego catro cadros de Alonso de Santos: UNHA CUESTIÓN DE HONOR, SINCERIDADE, CARTA DE AMOR A SARA E UN BOCADILLO DE MIÚDOS. A interpretación de todo o elenco foi excelente e moi aplaudida polo numeroso público asistente. Esta foi a derradeira actuación de parte do alumnado coa Tecedora de Soños, dado que algúns actores e actrices están en 2º de Bacharelato e ese duro curso académico non lles vai permitir seguir cos ensaios, e outros comezan o seu primeiro curso universitario. Botarémolos moito de menos, mais sabemos que o teatro sempre seguirá con eles. Longa vida ó teatro!!!!!!!


MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS Durante o mes de outubro e a primeira semana de novembro puidemos gozar no IES Taboada Chivite de Verín da exposición "Músicas Galegas Ilustradas". O alumnado do noso centro descubriu todo o talento musical feminino que temos na nosa terra a través das marabillosas ilustracións da artista Laura Romero. Un xeito de dar máis visibilidade as mulleres na música, onde seguen a ser minoría en case todos os festivais e concertos. Grazas a esta exposición os alumnos puideron coñecer a mulleres relevantes neste campo como: Uxía Senlle, De Vacas, Cristina Aserjo (Sonoro Maxín), Ana Lee (Fresquiños), Xestreu,Belen Tajes e Maritxina ( Voodoo), Olaia, Aida e Sabela (Tanxugueiras), Guadi Galego, Xestreu, Sonia Lebedynski, Rosa Cedrón,etc. Ilustración, música, visibilidade feminina, cultura galega e investigación fan que Músicas Galegas Ilustradas sexa un proxecto flexible e funcional en diversos espacios (tanto polo espacio físico en si como pola temática do mesmo), orixinal, vistoso, pero tamén necesario. A montaxe da exposición e o cartaz anunciador foron realizados polo profesor Javier Rodríguez. As ilustracións foron colocadas con pinzas sobre dous pentagramas, cada artista representaba una nota musical. A profesora Isabel Cota elaborou un dossier con información das corenta e sete mulleres representadas na exposición. Ademais, editou un vídeo con cancións de: De Vacas, Rosa Cedrón, Guadi Galego, Uxía Senlle e SES, cinco das "Mulleres Ilustradas" para que os alumnos puidesen deleitarse coa súa música.

NON É SERIO ESTE CEMITERIO “E os mortos aquí pasámolo moi beeen...”

Por Samaín uns cantos defuntos saíron das súas tumbas e viñeron bailar....ó patio do Chivite!!!!!! Os mortos que participaron no vídeo foron: Alfonso Seoane, Toni Porto, Ana Salgado, Elia Dopeso, Aarón Vaamonte, Noelia Morais e Alicia Paz. Maquillaxe: Iria Vieito e Esther Santiago. Gravación: Daniel García e Esther Santiago Coreografía: Iria Otero. Voces: Alumnos de Música de 4º ESO. Piano: David Rodríguez. Tradución ao galego: Isabel Cota. A continuación aparece a letra da canción:

VÍDEO O CONXURO DAS MEIGAS O vídeo CONXURO foi creado por tres alumnas de 2º BAC: Sara Guerra, Xiana González e Saioa Zozaya, xunto co profesor, Daniel García Cancio, para celebrar O Samaín. As tres rapazas aparecen vestidas de meigas con túnicas e capas negras, recitando o conxuro da queimada arredor dun pote. A gravación e a montaxe do vídeo foi realizada polo profesor Daniel García Cancio.

Colgado do ceo

De mármore rosa

Por doce cipreses

Hai moi boas tumbas

Doce apóstolos de verde

Mais prefiro os nichos

Velan? Doce meses

Porque custan más baratos

E á tapia en ruínas

Teñen poucos bichos

Que o delimita

Logo en plan señorial

Quitáronlle algunhas pedras

O panteón familiar

Pra facer a ermida

Dos Duques de Medina e Luengo

Ten o meu cemiterio unha fosa común

Din que o xuízo final

Onde estamos os mortos de Cuba

Nos vai tratar igual...

Os domingos os negros non deixan

Hai aquí moito rancio avoengo

durmir

E os mortos aquí......

pois deciden cantar misa luba E os mortos aquí pasámolo moi ben

E, como volver a eses tempos?

Entre flores de mil cores

Agora entendo por que Peter Pan non

E os venres e tal se na fosa sen plan

quería medrar

A vestirnos para saírmos

ou por que a crenza na maxia debería ser

Para dar unha volta

eterna,

Sen pasar pola porta, iso si

tamén por que eses eran os bos tempos.

E os mortos aquí é onde teñen que estar

Lembro un tempo no que...

E o ceo por min

Cunha bágoa conseguíao todo,

Xa pode agardar

repartía bicos aos da casa,

Este cemiterio

e non me separaba de mamá.

Éche boa cousa

E agora?

Son as lápidas do fondo

Agora todo acaba...


As cores d

faiscas | IES Taboada Chivite 2018

Todos caemos algunha vez, o importante é levantarse e seguir camiño.

1º premio da modalidade"Follas": Agustín Gallego Gómez. 1º BAC A

Gran espello da calma da férrea natureza, dous bicos atrapados no gris prata do tempo, gran espello marchito, mostras a xemelga, es ainda gran beleza nese flotar incerto. Lucía González. 2º BAC B. “Crepúsculo outonal” As cores do solpor reflitense no outono cas árbores sen follas, e todas no chan Alejandro Suárez 1º BAC A: Nesta imaxe hai que destacar a variedade de cores (ocres, amarelos e castaños) que forman un contraste característico.

Alongada e corrente, pero non por ser mesta , ¿es a muller castaña paseando no río? Mirase nese espello e moi triste contesta “¡Qué belos, qué dourados, pero agora están fríos!

Judith García 3º ESO A Jorge N. Afonso 1º BAC A: A imaxe principal do outono e ver as árbores baleiras, entón decidín non centrarme nestes, e fixarme no que máis se aprecia destes, as súas follas!

Lara V Mirar Ver ap histori

Thainá Caroline C


do outono

1º premio da modalidade “Cogumelos”: Francisco Fernández Rodríguez. 3º ESO A

1º premio da modalidade "Paisaxes" Carlos Rodríguez Jiménez. 2º BAC B

Vilela 2º BAC C: arriba, ao ceo e ver amencer. parecer un novo día, unha nova ia. Soña!

Cordeiro. 1º BAC A.

Cogumelos no lugar máis inesperado: Nun ano máis ben escaso no que a cogumelos se refire, é estraño atopar na túa leira estas "orellanas" (Pleurotus ostreatus) apegadas a un tocón vello. Porque, ás veces, o que andas a buscar, telo na túa propia casa.

Fernando Rodríguez 1º BAC A: Mirade! que fermosa a tarde Entre nubes de arrebol, Do seu atractivo fai alarde Para deter ao sol que sobre as ondas arde! Miguel Lorenzo Peral. 1º BAC A. Nesta fotografía encontramos un dos símbolos caracterizadores do outono que amosa o corazón desta fermosa época do ano.

Naiara Rodríguez 3º ESO A. Estas clitocybe nebularis sorprendéronme ao pé dun castiñeiro.

Teresa Castro 1º BAC A. As fermosas cores do outono. Colexio Fonseca de Salamanca.


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

O día 24 de novembro, ás 11:20, nas escaleiras da fachada principal do instituto, varios alumnos e profesores recitaron o poema "Decálogo", escrito pola nosa compañeira Carmen Rivero Gallego, nun acto de rexeitamento da violencia de xénero organizado polo grupo de traballo da biblioteca. O poema, que pertence ao libro "Berce de peliqueiros", conta a historia dunha pintora asasinada pola súa parella cando os seus cadros comezaban a ser recoñecidos.

DECÁLOGO Pintaba cadros no seu maxín: fermosos amenceres con soles de marmelo, cachoeiras de auga transparente en mundos que a invitaban a fuxir. Non somos invisibles. Algunha vez tentou pintar no lenzo, imitando a Sorolla, corpos espidos nunha praia deserta; mais roxe o trebón: -¡Deixa de facer o parvo e limpa a casa! Non somos escravas de ninguén.

("Mentres se neguen os dereitos humanos ás mulleres, en calquera parte do mundo, non pode haber xustiza nin paz."). Shirin Ebadi, Premio Nobel da Paz.

polo gran mestre Miguel Anxo. Non é posible..., brama a fera: -“¡O teu traballo está aquí, fai a comida!!” As tarefas do fogar deben ser compartidas. Bágoas amargas asolagan o anteface morado dos seus ollos , abafando por un intre a súa teima; pero o xenio que leva dentro rebélase con brío, para facerlle fronte ao verdugo e á inxustiza. Non ha de perder o único paraíso que lle queda. Sen medo orde un plan, mentres cociña. Somos donas do noso destino.

A tristura esvaece por un intre o seu desexo. No xornal aparece esta noticia: “Na Galería Van Gogh terá lugar esta tarde Agocha o lenzo e os pinceis. ás 18 horas Só a lúa, muda testemuña, a exposición dunha artista novel. alumea en silencio os seus temores Firma as súas obras co pseudónimo de Frida. para que pinte cando o mundo dorme, Emprega unha técnica nova ,colorista e vivencial, enchendo de calor a vida fría que amosa un fermoso mundo con fermosos soles caribeños. Temos dereito a facer realidade os nosos soños. combinando a arte natural coa abstracción”. Os nosos méritos deben ser recoñecidos. Mestura con mestría as cores A exposición é un éxito rotundo. como faría o xenio de Kandinsky; Por vez primeira está feliz e satisfeita, ao lonxe soa un blues nostálxico. sentíndose querida e respectada. Abstraída ,vai tecendo pinceladas, Saborea os meles do triunfo, iluminando o seu mundo gris ao ver a súa obra valorada. con trazos harmoniosos e radiantes . Temos dereito a participar en tódalas esferas da vida. Somos valiosas . Tenta amosar ao mundo a súa obra: fermosos amenceres, solpores soñadores, nenúfares nadando en estanques verdes , rostros con sorriso infinito de etéreas madonas ; un marmóreo kuros grego que semella esculpido

Está decidida a abandonalo todo a ceibarse para sempre do pesado xugo. Fai a maleta coa alma e o corpo magoados, sae silandeiramente para sempre... Mentres soa a música doce dun piano bar.... resoan uns pasos na beirarrúa… Un regueiro de sangue tingue de vermello o chan. Os soles abraiados póñense para sempre no ceo gris, mentres que un lenzo tétrico , co “Grito” de Munch que ela detesta, cobre a súa conciencia agonizante . ¡NUNCA MÁIS!!

Carmen Rivero Gallego.

O seu xúbilo axiña se transforma en inmensa tristura ao volver a casa: O meniño está chorando..., dende o televisor chega a monótona voz do comentarista: “ Iniesta toca o balón e pasa a Villa....” Estrala de novo a tormenta. Volve a negra realidade á súa vida: -¿Son horas...? Debemos ser tratadas sen violencia.


AS ALUMNAS DO CHIVITE ANTE O DÍA 8 DE MARZO E A

FOLGA FEMINISTA As alumnas do noso centro, co gallo do Día Internacional da Muller e a folga que tivo lugar ese día, oito de marzo, prepararon textos, reflexións, pancartas, que compartiron connosco o día antes. A continuación aparecen os textos lidos por catro alumnas:

ESTHER SANTIAGO. 2º BAC Onte tiven un pesadelo. Onde ía de camiño a casa, e nunca chegaba a casa. Onde escoitaba a voz da miña nai tralo teléfono berrando desesperada e preguntando que por que xa non contesto. Onte agarráronme polo pescozo e arrastráronme á escuridade máis profunda e mísera na que pode caer un ser humano. Onte o sangue caía e ao mesmo tempo as bágoas limpaban o meu rostro. Onte chorei, e ninguén me escoitou. Hoxe falo, e ninguén parece volver escoitarme. Onte sufrín unha violación, e o mundo pasa de largo coma cando te cruzas cun descoñecido pola rúa. Dóenme as pernas, os brazos, a cara. Pero o que máis me doe é o corazón. E o corazón é o órgano que máis tempo tarda en curar. Dóeme polas miñas irmáns, que tamén saen con medo. Que ás veces na súa mesma casa o teñen. Que corren polas noites, que teñen medo de vestirse como queren porque se o fan merecen ser castigadas. Nenas, rapazas, mulleres de todas as idades, debemos estar unidas por unha causa común. Por necesidade e por gusto, si, gusto. Por vivir a vida que amamos. Porque despois do pesadelo temos soños. Un soño que me dá esperanzas e me fai chorar de alegría. Nel, volvemos a casa sen medo, tranquilas. Respirando. Nel, ninguén nos berra nin nos asubía coma se fósemos cans. Nel, somos libres. Libres coma o vento. Tan libres que voamos coma se tivésemos ás. Nel, coidamos unhas das outras. E, a pesar das nosas diferenzas, somos un equipo. Un equipo do que as nosas ancestras estarían orgullosas. Un equipo que perdeu moitas veces, pero que ten a forza suficiente para seguir intentándoo. Se hai 100 anos, lle tiveran dito ás primeiras feministas que esta folga ocorrería nun instituto, posiblemente tiveran pensado que estou falando dun soño, pero hoxe é real. Facémolo real. Por que noutros cen anos non ía cumprirse o noso? Non estaremos para velo, pero quizais salvemos máis vidas das que pensemos. Quizais un simple movemento, resulta a peza clave para o cambio. Nós somos o motor. Esta é a nosa loita.

SARA GUERRA. 2º BAC Estou farta das constantes humillacións e ataques dos que somos vítimas as mulleres mediante a escusa dun humor entre comiñas, politicamente incorrecto. Porque o feito de que durante séculos estiveramos relegadas a fritir patacas como moitos aínda opinades, as violacións e a violencia contra o noso xénero non son chistes. O humor machista non é humor, é violencia. Dicir que o astro favorito das mulleres é o “astropajo”, cando

Valentina Tereshkova foi a primeira civil en viaxar ao espazo en 1963 é unha falta de respecto. Dicir que para darlle máis liberdade á muller ampliándolle a cociña cando moitas mulleres foron asasinadas por defender a súa liberdade é un ataque. Porque o humor é a base da pirámide da violencia de xénero. Porque se empeza cun chiste e se segue coa cosificación, o acoso verbal, o abuso emocional, as violacións e os asasinatos. Porque si, se fas humor machista, es machista. Se ris co humor machista, es machista. Porque aínda que leve a etiqueta de humor, segue sendo contra nós. E non imos permitilo.

SARA PORTELA Encontreime en moitas situacións nas cales me sentín acosada, sentín medo polo simple feito de nacer muller, porque hai homes que se cren no dereito de poder facerme sentir mal no seu beneficio. Unha desas situacións ocorreume un día volvendo a casa de festa cunha amiga. Cruzámonos de fronte cun home, o cal deu a volta e comezou a seguirnos. Se cruzabamos, el tamén o facía, se iamos máis rápido, el tamén aceleraba os seus pasos e así con todo. Tivemos que correr e meternos no portal de tal maneira que nos perdeu de vista. Foi unha situación na cal non nos ocorreu nada pero, e se chegamos a ir unha de nós soa? Que ocorrería? Esta e outras tantas situacións incómodas tócanos vivilas a nós, ás mulleres, sexa de día ou de noite, é xusto que teñamos que vivir con medo?

ANDREA PEREIRA. 2º BAC Nunca esteas atada ás condicións e obrigas dunha persoa. Ármate de valor e coraxe e voa, voa moi alto e que ninguén intente cortarche as ás, porque querer non é sinónimo de posesión e a persoa que te queira, amarate a ti tanto como as túas ás, gustaralle verte voar e voará contigo todo o que precises. Quen te ata, non te quere.

LAURA MENÉNDEZ. 4º ESO Se mañá non che contesto ás chamadas, mamá. Se mañá non che digo que vou cear. Se mañá non regreso, mamá. Se non aparece o taxi, tal vez estea morta nunha bolsa. Tal vez estea nunha maleta ou me perdín na praia. Non berres cando vexas que me arrastraron. Diranche que fun eu, a miña roupa, o alcol, a hora ou que estaba soa. Que o meu ex, o psicópata, tiña motivos, que lle fun infiel, que fun unha puta. Diranche que vivín, que me atrevín a voar moi alto nun mundo sen ar. Xúroche, mamá, que morrín loitando. Xúroche que berrei tan alto como voei. Vaise lembrar de min, mamá, saberá que fun eu a que lle fodeu cando vexa o rostro de todos os que van berrar o meu nome. Porque sei, mamá, que non vas parar. E que, por o que máis queiras, non ates a miña irmá. Non ates as miñas curmáns, ni prives á túa sobriña, non é a súa culpa, como tampouco foi a miña. Loita polas súas ás, polas que me cortaron, loita porque sexan libres e voen máis alto ca min. Pelexa para que berren máis forte, para que saian sen medo. Mamá, non chores por min. Se mañá son eu, se mañá non regreso, destrúeo todo. Se mañá me toca a min, quero ser a última.


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE 2º ESO D CONMEMORARON O DÍA DA MULLER TRABALLADORA As alumnas e os alumnos de 2º ESO D, o día 8 de marzo, luciron lazos violetas e decoraron a aula con globos violetas para reinvindicar a igualdade real entre homes e mulleres.

CEN MULLERES GALEGAS RELEVANTES NA BIBLIOTECA, DAS CALES, SETE FORON RETRATADAS, POLAS ALUMNAS DE DEBUXO ARTÍSTICO Do cinco ao dezaseis de marzo estiveron expostos na biblioteca, os cartaces de cen mulleres galegas relevantes: Syra Alonso, Amparo Alvajar, Francisca Álvarez, Ángeles Álvariño, Concepción Arenal, Xela Arias, Sofía Casanova, Mª Xosé Queizán, María Castaña, Maruja Mallo, etc. Grazas a esta exposición puidemos coñecer a historia destas mulleres excepcionais. Sete destas mulleres foron escollidas polas alumnas da profesora Margarita García, que cursan Debuxo Artístico en 2º de bacharelato, para realizar un retrato: Andrea Pereira retratou a Maruja Mallo, Leticia Lozano a Sofía Casanova, Alba Sanín a Xela Arias, Iria Vázquez a Rosalía de Castro, Iria Castro a María Castaña, Noemí Danta a Mª Xosé Queizán e Alba Vázquez a María Casares.


TRES ALUMNOS DO CHIVITE PREMIADOS NO CONCURSO “A MULLER E A NENA NA CIENCIA” Tres alumnos do centro foron galardoados no concurso de debuxo e redacción, organizado pola Universidade de Vigo, "A MULLER E A NENA NA CIENCIA". A entrega de premios terá lugar o venres 16 de febreiro, entre as once e as doce da mañá, no Campus de Ourense. Os premiados son: - 1º premio de redacción: Francisco Fernández Rodríguez de 3º ESO con "Sophie Germanie". - 2º premio de redacción: Marta Gil Pérez de 1º ESO con "Como descubrín a ciencia". - 2º premio de debuxo: Celia Mª López Álvarez de 3º ESO con "As mulleres na ciencia".

Sophie Germain

COMO DESCUBRÍN A CIENCIA

Imaxina que naciches en París, o 1 de abril do 1776. A túa familia é adiñeirada e pertence a burguesía. Teu pai é un coñecido político, importante na Revolución Francesa. Ti, pola contra, non tes ningún tipo de interese na política, tan presente na túa familia. Pasas horas e horas lendo na biblioteca da túa casa. E con só trece anos, atopas a túa paixón entre as súas páxinas, as matemáticas. Estudas todo o que podes, pero ó rematar a escola, é imposible para ti seguir estudando e acceder á universidade. Tes que acudir cun disfrace, conseguir os apuntes de calquera xeito e ademais, firmalo todo baixo o pseudónimo de A. Le Blanc, tes que finxir ser esta persoa para poder estudar. Imaxina cartearte cos teus ídolos, algunhas das máximas eminencias matemáticas da época, entre elas o famoso Gauss,e ter que facelo baixo ese nome. Tras todo este calvario, consegues obter os suficientes coñecementos para ser capaz de presentarte ao máximo órgano matemático da época, pero tardas cinco anos, sufrindo ata dous rexeitamentos, sen motivo aparente. Imaxina sufrir isto por ser muller. Impensable, non? Este suplicio foi o que tivo que pasar Marie-Sophie Germain para desenrolar a que foi a súa paixón na vida, as matemáticas. A pesar de todo, loitou polo seu soño. Fixo importantes contribucións á teoría dos números e á da elasticidade creou a teoría dos números primos de Sophie Germain e conseguiu ser a primeira muller en ingresar na Academia Francesa das Ciencias. Gauss, ao coñecer o sexo de esta loitadora, escribiulle tamén unha emotiva carta. Faleceu de cancro de mama o 27 de xuño do 1831. Oxalá, dentro duns anos, non sexa necesario este concurso para dar visibilidade as nosas mulleres na ciencia, algunhas tan brillantes como a nosa protagonista.

Acaba de soar o espertador, hoxe teño exame de ciencias naturais a 1ª hora da mañá e non estudei nada. Por sorte hoxe é o último día de teoría do trimestre. Despois do exame imos ao laboratorio. Eu non teño moitas ganas, porque co patosa que son seguro que fago estoupar algo, pero mellor ca estudiar… Soa o timbre, xa podo ver a Laura, a profesora de bioloxía acercándose á porta. Desexádeme sorte. O exame saiume mellor do que esperaba! Penso que podo aprobar. Agora imos cara o laboratorio. Todos están moi entusiasmados pero a min non me fai moita ilusión. -Xuntamos o líquido verde co azul, o amarelo co laranxa e o negro co morado…- di a profesora mentres realiza eses procesos axilmente. A todos lles resulta moi sinxelo, a todos agás a min. -Agora imos facer un experimento un pouco máis complicado. Acender unha bombilla con duas laranxas- di Laura. Ao contrario que os demais experimentos este si que me parece interesante. Producir enerxía a través de froitas! Así que… por unha vez na miña vida vou atender en clase. -Conectamos o cable vermello co verde. Enchufamos o branco no negro da bombilla. Esto comunicámolo coa laranxa a través dun conector LPH- explica a profesora. Eu intento seguir o seu ritmo pero fixándome ben. A verdade é que a ciencia non é tan complexa como pensaba, e ata pode chegar a ser divertida. -Moi ben, o xoves faremos un compás utilizando unha agulla, corcho e un imán. Tamén vos darei as cualificacións dos exames. Por unha vez entristéceme escoitar o timbre que indica o fin da clase de bioloxía. Outra vez o espertador, todas as mañas as 7:30. A miña nai berrándome dende a porta. Menos mal que hoxe e xoves. O experimento de bioloxía! Que emoción!

Francisco Fernández Rodríguez

Corenta anos despois Xa estamos no 2048. Fai corenta anos eu odiaba a ciencia, e mírame agora. Seguindo os pasos de Laura, ensinando a acender unha bombilla con dúas laranxas. Se non fose por ela, eu non sería o mesmo. Marta Gil

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

David Rodríguez Rivada, profesor de música do noso centro, fíxolle unha entrevista moi interesante a Cristina Asenjo, unha das Músicas galegas ilustradas por Laura Romero. Boas tardes, Cristina, ante todo moitas grazas por acceder a facer esta entrevista. Este curso o Equipo de Dinamización da Língua Galega do noso IES (IES Xesús Taboada Chivite) adicou uns paneis (que estiveron expostos no noso Salón de actos dúas semanas) ás Músicas galegas ilustradas (proxecto de Laura Romero), e seleccionamos unha para cada avaliación. Contigo comezamos este periplo musical: Moitísimas grazas ao Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, ao alumnado e a David por esta entrevista. A verdade é que non estou acostumada a falar de min na música cunha perspectiva de xénero e faime moita ilusión. Quero agradecer que sigades o traballo de Laura Romero, que tivo a boa iniciativa de ilustrar as súas compañeiras. P. Cal é a túa traxectoria musical? En que grupos e que instrumentos tocaches? R. O contacto coa música foi algo natural dende a miña nenez. Nacín nunha familia de músicos. Meu pai, tíos, tíos-avós, primos... son músicos.. Na miña familia, nas xuntanzas, tocamos e cantamos. Parte da miña familia traballou no circo como músicos, en orquestras, en bandas de música moderna. Eu comecei bailando música popular galega moi pequeniña. Na miña primeira actuación tiña 4 anos. Bailei no ballet folclórico Ourensano, en Asuada, na época do instituto onde recolliamos folclore e descubrín os traballos de campo, o contacto coas verdadeiras cantadoras e bailadoras. Fun profesora de pandeireta e canto na Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense e dirixín o grupo Lembranzas-Solpor. Acordeonista de Lamatumbá, e teclista en grupos como Tristetto, Agent V, Ondas Martenot, Cañita Brava ( ;) ), actualmente toco o acordeón no Puto Coro do Exército Froilanista, en O Sonoro Maxín e o Trío Motobomba. Canto e toco a pandeireta coas Daminificadas. Un non parar ! P. Cal é a canción á que máis agarimo lle tes do teu anterior grupo e por que? R. Licor Café de Lamatumbá. Pola coralidade da canción, os cantos e bailes da xente, a euforia e rebumbio que provocaba. Sempre era moi ben acollida. Gústame moito escoitárllela ás charangas e ás orquestras. É unha canción ben bonita.

ENTREVISTA A CRIST música, cantar, bailar, compoñer.

No mundo existe o machismo e no mundo da música tamén. Pero falar do mundo da música é moi amplo. Dentro da música cada unha vive en diferentes micromundos musicais... No meu mundo, que maioritariamente é o mundo dos festivais en Galiza e das salas de concertos, non hai grandes diferenzas de trato entre unha muller música e un home músico. Atopas alguén machista no mundo da música coma no mundo da compra, do ocio ou no traballo. No meu grupo eu son a única muller. Sempre me sentín tratada como unha persoa sen que me distinguiran polo meu sexo. Meus compañeiros son defensores dos dereitos das mulleres non só na música, tamén nas súas vidas, o que sempre posibilitou unha situación de igualdade no grupo e facilidade de trato. Actualmente as mulleres comezamos a participar e estamos presentes na música en case tódolos ámbitos, xéneros e estilos musicais. O incremento de mulleres estudantes de todo tipo de instrumentos é abraiante. Agrupacións só de mulleres, mulleres instrumentistas en grupos masculinos (non só como cantantes…), orquestras de mulleres, mulleres compositoras, etc.. Porén, hai eidos ós que resulta aínda difícil chegar, postos superiores como produtoras, directoras, críticas musicais, organizadoras de festivais... P. Cales son as motivacións que che levaron a formar parte de O sonoro maxín?

P. Cres que o feito de ser muller inflúe dalgún xeito (positiva ou negativamente) á hora de facer música? Dito doutro xeito: detectaches machismo no mundo da música?

R. Seguir tocando as cancións de Ico ( cantante e compositor) cos meus compañeiros. A comodidade e familiaridade do grupo.

R. Mulleres e homes temos as mesmas capacidades para facer, aprender ou escoitar música. No home e na muller funcionan do mesmo xeito o órgano auditivo, os músculos, temos o mesmo número de dedos, funciona igual o órgano fonador (aínda que produzamos sons de distintas alturas)… non hai ningunha diferenza biolóxica que inflúa para participar da música.

P. Tes algunha anécdota especialmente graciosa ou divertida que nos poidas contar?

Hai unha historia moi dura na relación que as mulleres poidemos ter coa música na historia da humanidade. O patriarcado sempre impediu e enrevesou a través de leis, concilios, dogmas, normas, costumes que a muller gozara ou fixera música dun xeito libre. Proibiron, coaccionaron, impediron e minguaron as posibilidades musicais das mulleres. En tódolas modalidades: escoitar, interpretar música, estudar ou ensinar

R. Moitísimas… Estabamos en pleno concerto nunha sala moi mítica de Alemaña, onde todas e todos bailaban un montón pero con movementos descoordinados, arrítmicos convulsivos, ninguén ía con ninguén, era grimosamente verdade... cando de repente, din algo en alemán e aparece un home espasmódico dicindo que paremos de tocar. Mentres nos mandaban parar a sala quedou desaloxada e sen un alma en 10 segundos. Paramos de tocar e diríxennos ao camerino, onde nos contan que o chan da sala furara. Abrira o chan cun burato enorme.


TINA ASENJO

Recollimos os bártulos con máximo coidado e desaloxamos entre policía e demais prevención. Quedamos moi chafadas, pois estaba a ser un concerto moi chulo e non o puidemos rematar, pero está claro que esa forma de bailar tiña que provocar algún mal... Hahaha P. Que é o mellor de actuar en público para ti? R. Compartir con xente momentos de troula cantando e bailando. O Sonoro Maxín ten o mellor público que pode ter un grupo. Sempre veñen dispostas a pasalo ben, a bailar. Non teñen prexuízos, son capaces de facer momentos especiais e inolvidabeis para nós. Gosto moito de interactuar co público que realmente non son público, son a extensión do escenario. Estamos todas e todos ao mesmo pero unhas tocamos e outras non. P. Que che parece o máis duro? R. Ser música é unha actividade itinerante. Sempre hai que desprazarse para tocar. Quizais duros son o desprazamentos e o tempo que transcorre entre que fas a proba de son e tocas no concerto. Nós tocamos en festivais e na maioría das veces pechamos os festivais ou imos nos postos finais. As probas de son fanse ao revés que tocan os grupos, é dicir, os últimos proban de primeiros, os penúltimos proban de segundo… e claro, pasa moito tempo.

P. Cales son as 2 cancións que máis che gustan do teu grupo actual? R. Son fan de Ico e sempre me sentín afortunada de participar nas súas cancións. Gústanme todas pero posta a escoller, gústame tocar Máquina a vapor e Así se constrúe unha bomba, e en directo un Mix que facemos de cumbias enganchadas. P. Cres que a mocidade galega coñece e consume a música que os grupos como o teu interpretades? R. Non. A maioría pode coñecer pero non consumir. Eu son profesora de música nun IES e podo dicir que non chegan a un 10% as ou os que consumen esta música. P. Que medidas consideras que se poderían adoptar para ampliar a recepción da vosa música? R. Medidas que leven á normalización da nosa lingua e da nosa música. Medidas que lle deran presenza nos currículums de música en calquera nivel educativo, a presenza en medios de comunicación, na radio galega, na Tvg, nos xornais… Non hai estilo musical que non se axeite á nosa lingua. A lírica da nosa lingua está máis que demostrada xa en moitos estilos como o potente hip-hop galego.

P. Por que en galego? R. É a nosa lingua. O sonoro Maxín está moi definido polas súas declaracións de amor a Ourense. Non temos lingua mellor que a nosa. P. Por que o acordeón? R. O acordeón é desas cousas que pasan na vida así insospeitadamente. Eu era fan de Lamatumbá. Buscaban un acordeonista e anoteime eu. Nunca na vida o tocara, mais o seu son non era descoñecido para min, pois meu pai é acordeonista. Presenteime a un ensaio e alí quedei. O primeiro día toquei unha nota, o segundo dúas….e así é que toco o acordeón ata agora. Boteille bemoles e saiu a cousa xenial! Idade 27 anos. Para que vos animedes e saibades que nunca é tarde P. Ademais de instrumentista es profesora de Música en ensinanzas medias. Como describirías a actual situación da túa materia no sistema educativo? R. Teño unha sensación de fracaso e debilidade da música como materia no sistema educativo. A redución de horas, o absurdo do currículum, a escasa adaptación da educación musical aos medios tecnolóxicos, as diferentes necesidades do alumnado… P. Cales son para ti as principais dificultades coas que se atopa hoxe en día alguén que queira adicarse á música? R. Depende no ámbito que queira exercer terá unhas dificultades ou outras, e de distintas envergaduras. Acho que non é mesmo se queres ser directora de orquestra, profesora de música en ensino medio ou compoñente dun grupo funki. P. Que lugar cres que ten a música galega no panorama actual? (Non nos referimos á música popular tradicional senón á música popular urbana) R. Está medrando polo pulo de músicas e músicos que tocan cada vez máis e mellor. A música galega conta con case tódolos xéneros musicais: hai blues, rock and roll, cumbias, hip-hop, swing, punk… O que non hai son espazos para que actuar. Son escasos os medios de comunicación que divulguen os traballos e dean a coñecer grupos. E a medida que vas subindo escadas o panorama é desolador. Non existe unha industria musical galega nin recoñecemento oficial e político da cultura musical. P. Cales son os vosos próximos concertos, proxectos etc? R. Os próximos concertos serán en Ourense na Gala do Cancro da Asociación de Cancro. O día 29 de Decembro na sala El Pueblo e o día 30 de decembro no Auriense. No inverno aproveitamos para ensaiar e variar os concertos. Comezaremos en Febreiro tocando no entroido en Xinzo e iniciaremos unha xira polas salas de Galiza. Moitísimas grazas pola túa amabilidade e pola vosa laboura no eido da música. Deica logo. Moitas grazas a vós. Apertas para todos. Viva Verín!

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

concurso de relatos de samaín Categoría: 1º 2º ESO 1º PREMIO Aitana de Arriba Pantaléon 2º B

¡Shhhh ...! Apenas tomara asento cando o Sr. Perkins comezou a dar voltas ao meu redor, coma un paxaro de mal agoiro, comprobando disimuladamente que cumpría as normas da biblioteca. Dispúxeme a sacar o lapis e a goma do meu atestado estoxo taia XL, cando o ruido dos lapis de cores, rotuladores, texoiras e pegamento fixo que se volvera cara a miña mesa coma se un can de caza fora cheirando a súa presa. O Sr. Perkins, tan alto e delgado coma unha palmeira solitaria en metade do deserto, coidaba escrupulosamente de que as normas da biblioteca fosen respetadas estrictamente, tan estrictamente coma coidaba de que a súa paxarita fose estrictamente perpendicular á súa noz. E foi así como me regalou o seu primeiro: “Shhh...” da xornada, os cales se sucedían un tras outro ao máis leve susurro, ruido ou carraspeiro que subira por riba do número de decibeles que o seu fino oído puidera tolerar. A escuridade fixo que comezaramos a acender as luces das mesas de tulipas verdes que daban á gran sala da biblioteca un aire de soidade e tristeza, cando un novo siseo do Sr. Perkins fixo que levantara a cara dos meus apuntes: - ¡Shhhh ...! Señorita vaia recollendo os seus libros e utensilios de estudo. Hoxe a biblioteca pechará antes as súas portas por cuestións persoais. Eu fixen un xesto seguido dun ruídiño que deixaba ver claramente a miña molestia cando o Sr. Perkins volveu a sisear ¡Shhhh...!

Premio Accéssit “’Shhh, Shhh, Shhh” mofeime Adrián Pérez Domínguez - 1º C do antipático home o cal sen facerme caso enfilou cara a porta da biblioteca xa co meu sombreiro e o Desperteime no húmido chan, algo aturdido e abrigo na man. con dor de cabeza. Levanteime e dinme de conta de que non se vía nada e que se ouvían uns “arrepiantes A señorita Smith apremioume a pasos”. Busquei apresuradamente luz e atopei que abandoara a biblioteca mentres claridade a uns 10 metros. Corrín cara aquela luz coma ía apagando as luces das mesas nunca o fixen. Grave erro! Pois atopeime cun señor baleiras. cunha escopeta e cun candil que apuntaba a todo o que se movía. Por sorte, non estaba no seu “campo Cando saín da biblioteca puiden de visión” e fuxín. ver ao lonxe un tumulto de xente Despóis de camiñar moito tempo, atopei o meu que arrodeaba a algo ou alguén en fogar coas luces apagadas e entrei nel. metade da calzada e outras persoas Ao día seguinte enterámonos, grazas a nosa corrían cara alí para ver o que pasara. veciña, que se adica a ollar pola ventá, que xogando Eu funme camiñando cara a miña ao escondite quedéi incosciente, e que o home da casa. escopeta era un cazador. Todo encaixa. Excepto os “arrepiantes pasos” que Á tarde seguinte cando cheguéi non sei de quen eran, nen quero sabelo, a verdade. á biblioteca o siseo incansable do Sr. Perkins sobresaltábame cada vez que pasaba unha páxina, sacaba un pano de papel ou cando se me caeu o caderno: “Shhh, B Shhh, Shhh”, retumbaba pola sala. Cansa xa, dirixinme cara a mesa do bibliotecario decidida a poñer fin a esta situación ou ao fin decidiríame a cambiar de biblioteca. Á mesa estaba sentada a Señorita Smith cos Xabier Guede Gómez 4º ollos vermellos como de ter estado chorando. Pregunteille polo Sr. Perkins cando ela dixo despóis dun longo suspiro:

Categoría: 1º 2º ESO

1º PREMIO

ESCURIDADE

Todo estaba escuro. Unha enorme masa negra - O Sr. Perkins non veu hoxe a estaba sobre min ocupándoo todo. Todo. Sen luz. traballar. Non sabía onde estaba. Como chegara ata alí? Qué - Iso non é posible -díxenlle-, pasara? Non o sabía. Un enorme sentimento de leva toda a tarde siseando ao meu terror invadiume e a ansiedade polo descoñecido afogábame. O meu corazón desbocábase e semellaba arredor dun xeito xa insoportable. que ía estalar ante a inseguridade e, de súpeto, todo - Iso non pode ser, Señorita. parou. Sentín unha mirada observadora, malvada, misteriosa, detrás de min, e entón a necesidade de - Como que non? Preguntéi. escapar fíxose ainda maior a unha velocidade de vértigo. Alonguéi a man e conseguín ver un atisbo - O Sr. Perkins foi atropelado onte de luz, pouco a pouco. Estaba saíndo, si. Alonguéi ao saír da biblioteca. O Sr. Perkins o outro brazo tamén. Sentín que as miñas mans faleceu onte. escaparan, estaban libres, mais eu non, a escuridade absoluta rodeábame misteriosamente. Tiña que - Shhhh ... marchar, a inquietude daquela mirada fulminábame. De súpeto vin unha luz enriba de min, sobre a miña cabeza. Dirixinme a ela. Estaba saíndo, sí ... Entón, coa miña sudadeira negra coma a noite xa posta, calceime - FIN e saín á rúa. Quedara ás seis. Xa chegaba tarde.


Arañeira poética Os alumnos e alumnas de Literatura Galega do século XX quixemos verbalizar os nosos sentimentos. Entre as moitas palabras que nos viñeron á mente, algunhas representaron mellor que outras ese convulso mar de emocións, por enérxicas unhas por pousadas e vagorosas outras. Entre elas destacaron "rodopío", "fuxidío", "ronsel" ou "efémero". A súa beleza cautivounos tanto, que as fomos enfiando en versos para que tamén vós sexades parte desta arañeira poética. Que a gocedes!

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

Promoci

Fila 1: Toni, Brais Prieto, Víctor, Anxo, Marco, Aarón, Elia, Alba Vazquez, Jorge, Álvaro, Álex Fila 2: Jaime, Sara Portela, Ainara, Ana Carnero, Paula Campos, Andrea Pereira, Ana Salgad Fila 3: Andrea Pérez, Tania, Iria Miguélez, Iria Castro, Guzmán, Brais Dobarrio, Edu, Lois, Pr Fila 4: Lara Vilela, Alba Rodríguez, Ana Manso, Paula Martínez, Alfonso, Antía, Jennifer, So Fila 5: Iria Vázquez, Alba Sanín, Noemí, Leticia, Miguel, Ester, Uxía, Alicia, Xurxo, Xiana, Sa


ón 2018

x, Dani, Hugo, Rubén, Iñaki, Paula García. do, Noelia Morais, Iria Vieito, Ana Gabriela, Andrea Baños, Rocío, Gonzalo, Samuel, Raúl. riscila, Jesús, Lorena, Esther Santiago. ofía Pérez, Andrea Rodrígues, Jimena, Juan, Elisa, Helena. ara Guerra, Saioa, Sofía Vivián, Lucía. Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

PROGRAMA TEI

ACTO DE PRESENTACIÓN DAS PARELLAS DO PROGRAMA TEI

O

“QUEDA PROHIBI

día 30 de outubro, ás 16:40, en

púxose

marcha

o

“PROGRAMA

TEI”

(Titoría Entre Iguais) co acto de presentación das parellas alumno/a

titor-alumno/a

O

luns doce de marzo, no

programa

traballamos

TEI, o

autocoñecemento

e a intelixencia intrapersonal, partindo do poema de Pablo

titorizado.

Neruda "Queda prohibido".

Este programa está deseñado

Este poema prohíbenos todo o

como unha medida preventiva

que pode afectar negativamente

contra a violencia e o acoso

a nosa vida e dinos que debemos

escolar. Os/as alumnos/as de

enfrontarnos aos problemas con

terceiro curso de secundaria

optimismo.

titorizarán aos de primeiro.

Unha

Previamente

realizaron os alumnos foi facer

varias

tiveron

sesións

lugar

informativas

unha

das

actividades

positivación

de

que dúas

para o alumnado titorizado, o

estrofas do poema, substituíndo

alumnado titor e as familias.

o "queda prohíbido" por "está

Nestas sesións explicáronse as

permitido".

características do programa, os obxectivos, o procedemento de

A

intervención e o calendario de

versións

continuación

activides.

compostas por algúns grupos de

libres

aparecen e

as

positivas

alumnos:

“LEMA ANTI-BULLING” ACTIVIDADE TEI DE INCLUSIÓN

O

día

dezanove

marzo unha de

tivo

de lugar

actividade cohesión

do

programa TEI. Cada

parella

de

titor/a

e

titorizado/a tiveron que crear un lema, acompañado dunha imaxe, que representase a loita conta o acoso escolar ou algún dos aspectos desa loita (romper a lei do silencio, denunciar o maltrato,

sensibilización

das

testemuñas...). A continuación aparecen dous dos lemas deseñados polos alumnos: “O silencio non te fai mellor” “Non todos os heroes levan capa”

r r amo um o m eu o bo h e u h e c r m t ra eeo mos c i da d o de i l d i e f t i a p er m a miñ is t iu Es tá nt as i s c a ex e n u u q n r e u face eoq inuto t ar m n e da m v a s c in e t r migo o rd a eus a m e rec s ao eres o qu d os i t i i t an v i v im er m p e u á eces t q n o e Es r m de o pren c an d s com m en a h ig ua i c me mos a e x u e q os s e tod e qu hi d e o uah C M l aE º E SO ga 3 e Fátim V a an dr A lej


PROGRAMA TEI

I D O ”, A C T I V I D A D E T E I D E A U T O C O Ñ E C E M E N T O , ma s Es tá oble r p er m p itido aos a E r s a apren t c á , p a e a o r der c d m b i itido an do r ll e Es tá ña v i o s a p m b er q p chora o a l e d r i o m t i u p i e mos . , t id m o f r acer. o non Es tá pe uer , á q p a t e t ñ e e s r e r m E u t ll e i q e t id m lo o non e do a sd s. r po , os re sentir n no s oño l oi t a igos cordo s o no m m o E d e a s s e s t o s á ó s. m n u p n e e s u o r n o m m e c e a. itido qu ad Es tá aos d s s i l o a r a p s r ir aos er mi t o r re as c ido lo prob Es tá face d ea , lema i t ar p ar ll e o p r d e s r n s. m o o o lo i n t n id q e o o E u u s e d c i t q o t á q i n u p o t , e e in m r r e rmitid o. ua r a e p er i da d en d índa o con tos. Es tá tendo mp r eces ver te e fe c o n d c r s r o r en r o me do C l au nt a só p ealid i x ar . dia , Á inte ade o alos e de m s l a e v s teu a h d S r c i u l e t v z n r i s , a Au vi s oño no gus t s as s. De si o, s no a r r e e e v B a rr e ir Joel a, Cruz s o, e n o l A n A d a , r r é s Ga ó e ijo r c ía A ina de 3 º ra F d n a E SO j e O e l S a í A E B c º r Ga e3 d a í r o d a Ma an er C E s th B

o, rendend horar ap c o ue facer, id it rm b en d o q a s s Es tá pe ía d s os se todo s, levantar recordo s m eus o r ta p e ac añado. e acomp sentirm amigos, o s m eus a r a ñ a , acomp vivimos rmitido ue non q Es tá pe o r e d n compre intentar os días, s o s tod tintos. chamalo mos dis o s s o d to v er que t é ve z , Uxía Es ez , Mar tín Adrián , Parada Miguel se a Quint Miguel e 3 º B. íguez d r d o R a S ar

Está rir permitido , para aprender r, tar o noso sabe en m cada día au s momentos recordar os bo a perder. e non botarse em superar os prob Es tá permitido , nosas perdas non recordar as queremos, loitar polo que nosos erros. aprender dos pos e Vanessa Cam ESO C Lara Lamas 3º

as,

Es tá p er mi t non ido finx s er ir d eu m s er i a nte eu m es d a e sm s p e m a dia e no a nt r n es soa aí n d s qu e da xe que a qu nte e cer e no me a to nm im p da a Es tá e re or t a xen p er cord n te q mi t crer en i d u o fa em en m cer e qu in e s er as c ere con v al e o u s tr u s as nte v i v ir p i a r or m nte am c ad a vi iña in m a dí da his t e sm a co e o r ia os s mo a eus se E irí fo s e c as nS tigo e oa o úl Mª s ne t im E liz e o a Ta var es 3 º ES OC Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

AVISTANDO PAXAROS NO PATIO

CHARLA SOBRE BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN

O vinte e un de febreiro, os alumnos de 2º ESO realizaron unha saída ao patio do

O venres 12 de xaneiro asistimos a unha ponencia sobre biodiversidade,

instituto con Xosé Ramón Reigada para

impartida por unha profesora de zooloxía do campus de Lugo.

observar e ouvír paxaros. Puideron avistar, directamente ou coa

A charla comezou coa presentación dunha idea: Verín como un

axuda dun telescopio,

as seguintes

ecosistema, o uso deste sistema fixo que a charla fose moito máis

especies: Lavandeira branca (Motacilla

interactiva. En resumo, a charla foi tratando os temas estándar sobre

alba), pardal (Passer domesticus), xirín

a biodiversidade ; é unha estrutura que non pode perder ningún

(Serinus

compoñente que estea nela, senón pérdese o equilibrio.

serinus),

(Estorninus

estornino

unicolor),

merlo

(Turdus merula) e pega (Pica pica).

negro común

En xeral, gustoume bastante a charla, en especial o feito de usar a Verín como exemplo, pois así axuda a captar a atención da xente que non estaba interesada nela. Moi importante tamén foi a concienciación sobre a importancia do equilibrio da biodiversidade , e que a mera presencia dos humanos o pode alterar, destruíndo así o ecosistema. O mantemento do equilibrio é necesario, sobre todo hoxe en día, que incluso despois de ter varios congresos internacionais sobre os perigos da interferencia do ser humano, (Kioto, congreso OMD...) séguense sen ter en conta os efectos do ser humano no mundo que nos rodea, cando o simple feito de construír a medio kilómetro dunha praia, provoca a diminución de sedimentos que se levan a ela, levando a unha recesión da liña de costa, afectando a todo ser vivo da zona circundante. Hoxe máis ca nunca, nós como especies debemos centrarnos en preservar o equilibrio do planeta, pois coas nosas intencións egoístas estamos causando a desaparición de milleiros de especies todos os anos, moitas delas que nunca se chegarán a descubrir, pois estes eventos que alteran a orde natural acentúanse nas zonas de maior biodiversidade do planeta ( A selva amazónica). O noso planeta non é o patio de xogos do ser humano, é unha casa na que todos os seus habitantes teñen que coidala, a ela, e ao resto dos seus habitantes, xa que ao final do día, nos somos animais, e só por ter unha codia cerebral maior non deberíamos considerarnos superiores. Jesús Alberto Raquel Pallares. 2º BAC A


CONFERENCIA SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS

Facendo ciencia en galego!!!!!

O mércores día 21 de febreiro impartiuse

Os alumnos e alumnas de 2ºde Bacharelato C puxeron as súas batas

unha charla sobre a doazón de órganos para

brancas, e decidiron investigar sobre temas científicos moi variados.

os alumnos de primeiro de bacherelato, onde

Todo comezou co gallo da lectura do libro de Jorge Mira, A ciencia

se nos falou da importancia que ten doar

no punto de mira, o revulsivo que animou a estes emprendedores

órganos.

a crear ciencia e... quen sabe!, ó mellor co tempo son uns grandes

A día de hoxe, en España realízanse entre dous

científicos e científicas. De momento, coas súas investigacións

e tres transplantes diarios. Para realizar estes

chegaron a curiosas conclusións que, sen dúbida, nos sorprenderán.

transplantes, existe unha lista de prioridades

(E a pesar dos seus experimentos, o instituto inda quedou en pé!! Eu

e aquelas persoas que teñen máis risco de

xa contaba o peor: unha explosión, queimaduras de 1º grao... pero...

morte, son as primeiras en ser transplantadas.

todo controlado. Que profesionalidade!)

En practicamente todos os casos, os doantes son descoñecidos. Pero non todos podemos ser doantes, por exemplo, se hai risco de empeorar a saúde ou morrer, o doante será betado de doar, maioritariamente todos os doantes son persoas xa falecidas. Actualmente

podense

transplantar

practicamente todos os órganos e técidos do corpo e nos últimos anos incrementouse o número de doantes tanto por comunidades como a nivel xeral no país. Previamente o transplante, compróbase que o órgano estea en ben para ver se é valido ou non. En Galicia, só se realizan transplantes en dous hospitales. Un dos transplantes máis común é o de ril, normalmente o doante soe ser un familiar para garantir a compatibilidade. Por outra banda, o transplante de pel realizase en xente con queimaduras importantes. Para evitar o rexeitamento de órganos, normalmente dánse uns fármacos, que evitan ese rexeitamento; os primeiros aparecen en 1960 e en 1967, realizase o primeiro transplante de corazón. Segundo a lei española, todos somos doantes a non ser que manifestemos en vida oposición. A maioría dos órganos doados, son doados por cádaveres. Un cádaver pode doar: Ril, figado, corazón, púlmons, páncreas e intestinos, en canto a técidos doa: córneas e técidos osteotendinosos entre outros. No futuro cálculase que a doazón terá novos inmunosupresores,

órganos

artificiais,

clonación de órganos e incluso a posibilidade de realizar transplantes de órganos de animais a persoas. Uxía Carnero Rodríguez 1º BAC B

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

AS MÁSCARAS E OS ANTEFACES DE 1º ESO

Os alumnos 1º ESO realizaron máscaras e antefaces de entroido coa súa profesora de Plástica Margarita García.

A CARETA DE CASCABELA A Cascabela é un novo personaxe de entroido ideado pola profesora de Filosofía Carmen Burgos. A continuación aparecen imaxes das caretas realizadas polos alumnos de 4º ESO co seu profesor de Plástica Javier Díaz.

Quen dixo que os rapaces agora len pouco?!?!?!

Que len pouco os cativos e cativas de agora?!?! Serán outros, porque os nosos, os do Chivite, rillan, devoran os libros, coma se dunha larpeirada ben doce se tratase. E entre os máis rillados, temos os de Ledicia Costas, unha autora galega que os apaixona. Será porque fala de intrépidos defuntos ou de mulleres que se converten en planta? Eu que sei! O caso é que causa furor entre a nosa pequena mocidade! É por iso que decidimos traela ó cole, e que ela mesma lles contase como crea estas historias tan engaiolantes. Os nosos rapaces e rapazas foron felices escoitando esta autora tan amena e espontánea, e ela...moi contentiña marchou!, posto que lle deron moitos agasallos, e algún ben gorentosos (ai, quen dera rillar, non só nos libros, senón tamén na bica de Laza que levou). Grazas Ledicia por vires descubrirnos como se enxendra unha historia, e como se trae ó mundo, un parto nada fácil!


CARTAS DE AMOR: 15 ARTISTAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Grazas ás integrantes do departamento de orientación, no mes de abril, contamos no noso centro, coa exposición da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia"Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero". Trátase dunha mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai. Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala. A continuación aparece unha pequena mostra dos debuxos, que integraron esta mostra:

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

Excursión á Ribeira Sacra Nunha mañá fría saímos cedo cara a Ribeira Sacra. Unha zona máxica chea de viñedos e mosteiros ao carón do río Sil, que separa as provincias de Ourense e Lugo. O primeiro que visitamos foi o Mosteiro de San Pedro de Rocas, único por estar escavado na rocha natural. O estilo arquitectónico é románico e pertence a orde relixiosa dos Benedictinos. A igrexa do mosteiro é do século VI. É un dos templos cristiáns máis antigos que se coñecen. Alí o guía fíxonos un xogo de preguntas e respostas sobre a Idade Media. Comemos no Mosteiro de Santa María de Montederramo. Por fin saía o sol e non facía tanto frío. Este lugar sagrado pertenceu aos monxes cistercienses. O mosteiro ten un claustro de estilo renacentista e un coro, onde puidemos sentarnos en cadeiras de madeira do século XVI, foi o que máis me gustou. Logo fomos no autobús por unha estrada moi estreita, chea de curvas. Desde o autobús, víase todo; os viñedos moi cerca do río. Parecía que íamos caer no río. Pola tarde visitamos o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil, que é de estilo románico e pertence á orde dos Benedictinos, que se recollían neste lugar sagrado para meditar nos séculos XII e XIII. Está rodeado de árbores, pero unha delas destaca porque ten un tronco moi raro. Tamén subimos ao campanario da igrexa, pero faltáballe a campá. Xa de volta no autobus cara Verín pensaba que nesta excursión paseino moi ben Sara Xing Moredo Martínez. 2º ESO C

EXCURSIÓN EXPOSICIÓN do PERGAMIÑO VINDEL O venres dezanove de xaneiro os alumnos de 1º de bacharelato fomos de excursión a Vigo cos profesores de galego. Pola mañá, nada máis chegar a Vigo visitamos o Museo da Batalla de Rande. Alí, explicáronnos como no s.XVIII España enfrontárase, coa axuda de Francia, a Inglaterra e Países Baixos. Vimos un vídeo no que se nos explicaba como España resistiu todo o que puido con máis de 20 barcos atrapados na ría de Rande, acabando, por mala fortuna, derrotados. Así, observamos os restos recuperados daquela frota. Despois de rematar a visita a este museo, fomos a Vigo cidade onde nos deixaron liberdade para ir a comer e dar un paseo. Xa pola tarde chegamos ao museo onde está exposto o Pergamiño Vindel. Alí explicáronnos cousas daquela época para rematar explicándonos todas as características do Pergamiño, como, por exemplo, que se encontrou formando parte da cuberta dun libro en Madrid por un Vindel. Tamén nos explicaron que Martín Codax (o pergamiño está firmado por este nome) posiblemente fora una muller firmando coma un home (pola situación da muller naquela época), debido a que eran cantigas onde se expuña o punto de vista da muller cando o seu namorado (“amigo”) desaparece por diversas razón. Nese mesmo lugar tamén puidemos entrar nun acuario e noutra parte do museo con máis cousas da época. Finalmente, volvimos a Verín contentos pero cansados. César Fernández Lamas 1ºBACH A


Visita a Cabreiroá

O día dous de outubro os alumnos e alumnas de 1º ESO tivemos unha mañá coma outra, só que á quinta hora marchamos do instituto rumbo a Cabreiroá. Eu persoalmente esquecérame por completo de que había tal saída e, cando as miñas amigas mo dixeron, quedei abraiada. Por sorte levaba o teléfono na chaqueta así que chamei á casa para que me trouxeran as cousas, xa que facían falta: dous bocadillos, auga, roupa cómoda e unha mochiliña para levalo todo. Miña nai empaquetou todo coma un raio e meu pai, rápido coma o vento, tróuxomo ao instituto xusto antes de que tocara o timbre. Como ía dicindo, á quinta hora marchamos camiñando ata Cabreiroá. Eu pensaba ir en autobús e quedei sorprendida; dende que marchamos aínda botamos un bo anaco camiñando ata alí. Protección civil foi con nós. Cando chegamos, agrupáronnos por clases para deixar as mochilas nunha área determinada; uns cinco minutos despois fixemos unha carreira de relevos, cada un cos seus compañeiros de clase; por desgraza, o meu equipo non gañou e quedamos en terceiro posto. Seguidamente estivemos xogando aos cazadores, que consiste en que un equipo colócase formando un círculo e outro no centro dese círculo e os xogadores que están formando unha roda collen un balón e intentan darlles aos do medio. Ao acabar este xogo deixáronnos facer o que quixeramos; a maioría optamos polo deporte. En Cabreiroá dérannos uns botellíns de auga pero acabáronse moi rápido; tamén foi porque os alumnos comezaron a tirarse auga uns a outros. As miñas amigas e eu pasamos algo de sede; había unha fonte pero o problema era que a auga con gas a ninguna nos gustaba. Polo demais paseino moi ben xa que había escorregadoiros, bambáns,barras para colgarse boca abaixo, barras de equilibrio, etc. Cando volvemos, dous rapaces atopáronse mal e Protección civil tívoos que traer no coche.

Alumna: Paula Gago 1º ESO B Profesora: Carmen Trigo

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

2

1

fotontroido 2018

PREMIADOS NA VI EDICIÓN DO CONCURSO FOTONTROIDO

Este ano no concurso Fotontroido 2018 participaron trinta e seis alumnos dos tres institutos de Verín: IES García Barbón, IES Xesús Taboada Chivite e IESO Castro de Baronceli. Con todas as fotos presentadas organizouse unha exposición no noso centro. Os tres alumnos premiados nesta edición pertencen ao noso centro: 1º premio: Uxía Álvarez Nieves 4º ESO B con "Legado de Paixón" 2º premio: Iria Castro2º premio: Iria Castro Yáñez 2º BAC C con "Isto é un sentimento e cadaquén víveo a súa maneira" 3º premio: Antonio Porto González 2º BAC C con "Entroido, espíritu ceibe".

3


Este ano, desde a Biblioteca, propuxéronnos a actividade "Os profes len", para conmemorar o día do libro. Nun dos taboleiros don centro estiveron expostas as fotografías dalgúns profesores e profesoras do instituto, lendo no seu recuncho favorito.

os profes len

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


As mulleres nas let ras

faiscas | IES Taboada Chivite 2018

O

s alumnos de 4º ESO, que cursan “Plástica”, guiados polo seu profesor Javier Díaz, realizaron debuxos das catro mulleres homenaxeadas na festa das Letras Galegas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrero Garrido (1987), María Mariño (2007) e María Victoria Moreno (2017), empregando a técnica do puntillismo.

Con estes debuxos acompañados de frases célebres das escritoras e de fragmentos das súas obras montáronse dous cartaces que estiveron expostos na entrada do instituto. O profesor Javier Rodríguez, de Bioloxía, deseñou e montou os cartaces. As profesoras, Isabel Cota, de Inglés, e Mª Carmen Trigo, de Lingua Galega, seleccionaron as citas das escritoras e os fragmentos das súas obras.

Rosalía de Castro (1963)

Francisca Herrero Garrido (1987)

“A cultura é á muller o que os invernadeiros para as plantas: aire e

“É feliz o que soñando, more. Desgraciado o que

quentar; é dicir: vida.”

more sen soñar.”

“Que bela e caprichosa é a alegría.”

“A muller en Galicia é a pedra cemental deste pazo feiticeiro, que

Unha vez tiven un cravo

que se dedica a traballos bastos non permitirá xamais que os seus

Unha vez tiven un cravo cravado no corazón,

nomeamos “melloramento de clases”: é dicir: progreso.” A muller fillos medren na mesma condición de servo e mártir.” Francisca Herrera Garrido (Adaptado 1921 artigo: “A muller galega” “Nós” nº 6. Revista)

i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica…, seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor!…

NÉVEDA (Introdución). “Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a cantar castillán nan me comprendo. Así mesmo pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debote, coidándose atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus do vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu pensamento... abonda con deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo. ¡Lectores... quen os vira, mulpocado! couberan nun puñiño ben pequecho!... Deixade, pois, que escriba como canto: deixádeme que fale cos galegos, que son irmáns da alma os que me escoitan, e non ha de asolagar nos meus defectos. E aqueles que non entenden os meus falacios, e se sintan no propio Iar alleos, relembren que nasceron en Galicia; que eiquí atallecerán fillos e netos; que dormen nesta terra, aloumiñadas, as cinzas brancuxadas dos seus deudos” Francisca Herrera Garrido


María Mariño (2007)

“ Amiga que es de todos por ninguén esquecida”.

María Victoria Moreno (2017)

Do poema “A morte” en: Verba que comeza

A miña relación con Galicia e a miña opción pola

(póstumo)

súa lingua é simplemente una historia de amor.” María Victoria Moreno (1993 – Congreso de Poetas Alófonos en Lingua Galega)

Poema 28

Xa non teño medo! (fragmento)

Está caendo a folla i en min nace primaveira, Quen entenderá este mar vello? Como digo onte sendo hoxe? Como farto a miña verba do nacer que xa pasou! Como reino nas migallas onde medrei un bon día! Como piso forte sendo branda? Como digo si si o non está escoitando? Quen entenderá este mar vello?

Medro, medro e non sei onde parar. Presa xa e ceguiña no cume lévame, lévame ó chan a verba.

Eu durmo na bufarda porque son malo, porque esperto de noite

Mesturadas terras peneiran, peneiran fariña, fariña que non fai masa.

logo aparecen

e porque falo.

Queda hoxe o chan soio muxindo a pegada do tempo.

Cómpre afacerse e as faíscas e as voces

O reloxo da sala Mais mamá dixo que podía chamala de ser preciso.

óese ao lonxe e eu agardo entre as sabas que cante as doce,

Rebélanse as ondas ós mares, os ríos afogan a pradeira seca, os camiños non se atopan. Quen entenderá este mar vello? É outono i en min nace primaveira.

Anque os primeiros días pasei ben medo coas sombras, cos ruídos

para que saian os diabriños que viven na miña casa.

e co silencio,

Quen o entenderá?

No armario máis pequeño souben axiña que a noite é unha festa moi divertida. Cando a nai mata as luces nace un silencio que é redondo e escuro, mais non dá medo

teño tres gatos, un canciño de seda e dez lagartos. Dormen de día e polas notes traman mil ousadías Eu conto, ti cantas… María Victoria Moreno


Había unha vez… faiscas | IES Taboada Chivite 2018

No Chivite, querémonos en galego. No mes de febreiro, durante dúas semanas, na entrada do instituto, ao lado de conserxería, dunha estrutura feita polo profesor Javier Rodríguez con canas de bambú, estiveron pendurados corazóns con dedicatorias de amor escritas polos alumnos a petición dos profesores de galego.

don s s un rande n o vem ns g e no re ti oso, u o qu azas p rap sem e n Pero gas mos, d rias. aces e arte o e l ar ga ; so histo rap nha s se Am s u ia ego a ler res de s noso amén on, ó storia l a g r a i Os al par ntado que o ñen t alá fo sas h aria). i e o o é t E c im ñ c , . r e e o esp ntes e eguro arelat ontos s enx º de P uns e oa , s a c c a 1 i h , e ú s ler iades e Bac o do oas s ntil e rand ados tos n g t n c a d b s o f o i n i r a c s de 2 ara e s (In us rti p ive Verín saron moi il cia. O torias l d a i , s e n pa ec sa en his esp Prince chos d que o n todo xperi e de o, que e, , e r o e u s i e ó r a e que es q e pequ onm eda etir r el t ós ontár ue qu r rep tas po e Cun lerian o. e s i t C , e q olv s e e n r f o e v ións Casa utur o co ros out esa d aptac egos ( stes f vivir d m e l pro ron ad os ga éns a den xa fo clásic arab , po de n!). P úbida ó d sen sen

PRACTICANDO COMO FACER UN DIARIO NA AULA, EN QUINCE MINUTOS E SENDO RAFA NADAL 7 de novembro de 2017

Querido diario: Hoxe foi o último día de preparación… Estou nervioso. Esta mañá a miña irmá chamoume e díxome que Jonny Jonhson gañara seis veces seguidas o premio a mellor xogador dos Estados Unidos e eu soamente fun nominado unha vez, e non, non gañei. Non sei se Ana me dicía iso para poñerme nervioso pero, se é así, conseguiuno. Eu agora vou durmir que mañá é un día moi importante.

8 de novembro de 2017

Querido diario: Acabo de espertar; son as 07:30. En tres horas teño que estar alí, na pista Peter Darwing, en Boston, xogando contra Jonny Jonhson, o mellor xogador de tenis dos Estados Unidos e aínda por enriba, dóeme a cabeza! Teño que deixar de escribir; voume preparar. Son as 11:00. Hai media hora que cheguei á pista e resulta que a limusina de Jonny pinchou e o partido retrásase ata as 12:00 e claro, non ía volver ao hotel, así que estou aquí, na cafetería, tomando un vaso de auga fría.

10 de novembro de 2017

Querido diario: Escríboche dende o hospital. Fai dous días foi a competición aínda que o último que recordó foi a pelota acercándose á miña cara. ¡PENSO QUE PERDÍN! Alumna: Marta Gijón 1º ESO B Profesora: Carmen Trigo


NIMBOSTRATOS DESCARGAN PINGAS DE USO SOSTIBLE DA AUGA SOBRE UN BOSQUE MÁXICO E POÉTICO Este ano conmemoramos o día mundial da poesía (21 de marzo), da árbore (21 de marzo) e da auga (22 de marzo) de xeito conxunto, cun traballo cooperativo no que participaron profesores de tres departamentos: Bioloxía, Debuxo e Lingua Galega. Na entrada do instituto instalouse un bosque máxico e poético, que recibiu pingas de auga con recomendacións de consumo responsable. Toda a estrutura foi deseñada e montada polo profesor Jarvier Rodríguez, empregando tres elementos: • Os debuxos de árbores realizados polos alumnos de 1º e 3º ESO coa profesora Margarita García. • As pingas de auga de consumo sostible, feitas polo alumnado de 1º ESO, baixo a supervisión das profesoras Iria Relova e Rosario Romero. • Os poemas compostos polos alumnos de 1º ESO A e C a petición do profesor Xabier Álvarez, despois de contemplar os debuxos das árbores. A continuación aparece unha selección dos mellores poemas compostos polos alumnos de 1º ESO para o bosque máxico e poético:

Árbore de cabelos dunha tal Lucrecia feita por tres nobelos de ovellas da Gallaecia. Cordóns enredados nas pólas dun chorón e dous namorados entregando o corazón. (Álvaro Barreal e Miguel Baños - 1º ESO-A) Baixo a terra coas ondas e no exterior, o espazo, disque ves os planetas pero non o buraco. (Iria Fernández e Alicia Atasanova - 1º ESO-A) A árbore é coma un anzó tamén coma un filliño que se enreda no cabelo. (Ahinoa Diéguez e Ánxela Carnero - 1º ESO-A) Na árbore chea de raíces caeu a muller no labirinto e non deu saído en todo o día. (Ares Álvarez - 1º ESO-A) Aínda recordo esa árbore non se me vai do pensamento, que me marcou a infancia e aínda me marca por dentro. (Adrián Pérez - 1º ESO-C)

Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

excursión a “bracara augusta” Máis de 70 alumnos de 3º e 4º ESO, e de 1º e 2º Bach. de Humanidades, ainda que tamén algúns de 4º ESO TICs, nunha excursión organizada polos departamentos de Grego e Latín, coa participación dos profesores Daniel Ortega Iglesias do dpto. de Educación Física e Diana Almeida Guillán do dpto. de Lingua Castelá, viaxaron o martes 10 de abril ata Braga, antigua Bracara Augusta (o seu nome en latín), cidade fundada polo emperador Augusto no ano 16 a.C. Nesta cidade, pola mañá visitamos con guía as Termas Romanas, bastante ben conservadas, e ó carón o teatro romano (que aínda está pouco excavado).

Logo fixemos visita guiada do Museo Arqueolóxico D. Diogo de Sousa, onde puidemos coñecer os restos arqueolóxicos prehistóricos, protohistóricos e románs, así como dúas maquetas- reconstrucións estupendas, unha da domus romana excavada en Braga, e outra das propias termas. Despóis do museo, dimos un paseo ata a Praça da República, onde tomamos un café no elegante café Vianna, aberto desde 1850.

A continuación, os buses leváronnos ó Braga Parque, o centro comercial de Braga, onde xantamos e tivemos tempo libre. Para rematar a excursión, subimos a pé ó Bom Jesus do Monte, a pé, unhas 500 escaleiras (ainda que uns poucos subiron no funicular). Choveunos todo o día, salvo na subida ó Bom Jesus do Monte, polo que nos consideramos afortunados! :)

Roteiro en homenaxe a María Soliño O 16 de maio, o alumnado de 4º ESO do Xesús Taboada Chivite e do IES de Rodeira manterá un encontro na localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo para realizar un “Roteiro en homenaxe a María Soliño”. Esta actividade extraescolar plantéxase como complemento doutras artelladas co gaio da celebración do Día Internacional da Muller. Ten o propósito de reivindicar a esta personaxe histórica, emblemática dentro da Península do Morrazo, como símbolo da violencia institucional e social exercida contra as mulleres durante a “caza de bruxas”, iniciada no 1621. O alumnado visitará os lugares máis importantes vinculados a esa infortunada etapa da súa biografía. Neles lerán textos alleos ou de creación propia nos que explicarán as causas, desenvolvemento e consecuencias do proceso inquisitorial sufrido por Soliño. Como remate, interpretarán unha versión cantada do poema adicado á súa figura polo poeta ouresán Celso Emilio Ferreiro, pertencente ao poemario Longa noite de pedra. Tamén participarán neste roteiro-homenaxe algunas alumnas de Bacharelato. Virán en representación do grupo do alumnado dese nivel que, xunto con parte do de 4º ESO, promoveu en datas previas á folga do 8M diversas actividades encamiñadas a sensibilizar a comunidade educativa sobre a necesidade de impulsar o logro da igualdade de xénero. Como profesora e educadora especialmente comprometida co feminismo e coa loita polos dereitos humanos, quero agradecer públicamente o esforzo realizado por este conxunto de rapaces e rapazas. Considero imprescindible resaltar a súa madurez intelectual e ética, moi inusual nestes tempos convulsos e insolidarios que estamos a vivir. Presenciar este tipo de actuacións, inicialmente artelladas en solitario -e con numerosos atrancos- por persoas tan novas, fai ver unha raiola de esperanza nesta sociedade do século XXI, aínda dominada pola inxustiza. Estes estudantes son un vivo exemplo de que a educación pode e debe ser unha poderosa ferramenta

para transformar o mundo. Por último, grazas ao profesorado dos departamentos de Normalización Lingüística, Lingua e Literatura Galega e Música do Chivite e do Rodeira polo seu apoio e implicación, nesta e noutras actividades paralelas. Sodes xenuínos ensinantes, por vocación e por corazón. Diana Almeida Guillán (Departamento de Lingua Castelá e Literatura).


EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

O día 23 de Abril fomos de excursión a Pontevedra os alumnos de 3º e 4º de ESO. Celebramos unha xornada de convivencia con outros alumnos de relixión da diocese. Ao chegar a Pontevedra fixemos un pequeno percorrido pola cidade e visitamos a Igrexa da Virxe Peregrina. Despois esperábannos na Basílica de Santa María e alí tivemos unha visita guiada, na cal subimos á torre onde estan as campás. Desde ela había unha vista fermosa da cidade e do río. O seguinte que fixemos foi ir xantar a unha alameda moi preto das igrexas. Alí estivemos con moitos rapaces de distintos colexios, dos cales algúns xa coñecíamos e outros amigamonos con eles. A continuación, reunímonos coas nosas profesoras e deixaronnos tempo libre, no que podiamos ir tomar un xeado, ir de tendas... Máis tarde fomos cara o autobus dirección a Verín cargados de bolsas das tendas. O regreso no autobus foi xenial, pasámolo moi ben, porque botamos moitas risas xuntos. Foi un día xenial para todos nos. Grazas a Puy por organizarnos esta fermosa escursión (para o ano queremos outra igual).


MAQUETAS CELULARES

faiscas | IES Taboada Chivite 2018

Os alumnos de 1º ESO C e 1º ESO D deseñaron e construiron maquetas de células eucariotas e procariotas coa súa profesora de Bioloxía, Iria Relova. Un bo xeito de aprender a estrutura celular. Imaxe 1: Esta é unha celula eucariota vexetal realizada por Anabel Lorenzo e Adara Vivel de 1º ESO C. Está feita con plastilina, madeira e polispán.

Imaxe 2: Estamos ante unha maqueta dunha célula procariota. Fixérona Denis Limia Pérez e Daniel Oliveira Feijoó de 1º ESO C. Empregaron os seguintes materiais: botella, goma eva, plastilina e un pouco de silicona quente.

Imaxe 3: É unha célula eucariota animal feita con plastilina por Sabela Sabariz e Sara Quintas de 1º ESO D.

Imaxe 4: Célula eucariota animal feita por David Salgado Toro de 1º ESO D utilizando plastilina e un recipiente de plástico.


o portugués simples O pasado venres, 4 de maio, a cuarta e quinta hora, os alumnos de 4º de ESO, tivemos o privilexio de ter un obradoiro de portugués, no cal aprendemos moitas cousas da lingua dos nosos veciños. O obradoiro foi impartido por Graciela, unha muller que falaba portugués e galego, a cal entendimos perfectamente. A actividade estaba organizada en tres partes: Introdución, teoría e práctica. Na introdución, contounos en que países se fala portugués, a orixe do idioma e que o galego e o portugués son linguas irmás. Na parte teórica, ensinounos as diferenzas na pronuncia e na escrita entre o portugués e a nosa lingua. Para rematar, na parte práctica, escoitamos unha canción en portugués, na que tivemos en encher ocos. Tamén “limos a galega” frases en portugués para ver as diferenzas. Foi

unha

charla-obradoiro

moi

divertida

e

interesante.

XII ENCONTRO

Julio Alvar Rodríguez 4º ESO B

LUSO-GALAICO

Este ano, os alumnos e alumnas de 4°da ESO fixemos unha actividade, dentro do XII Encontro Luso-Galaico, na que puidemos contactar con outros estudantes portugueses da nosa idade, de 10º curso do Liceo “Fernão Magalhães”de Chaves. Ambos centros están irmandados, o mesmo que Chaves e Verín, no marco da eurocidade. O centro asignounos a cada alumno un estudante de alí, e a partir de aí déronnos os sobres nos que lles escribiriamos en galego o que quixeramos, e eles responderíannos en portugués. Comezamos presentándonos, e pouco a pouco fomos falando máis. Logo, a profesora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega recollía estas cartas e era o centro o que se encargaba de enviárllelas, e á vez, de que nós puidésemos recibir as deles. Isto todo ocorría cada dúas ou tres semanas. Comezou en novembro, e agora en xuño faremos o encontro en Vigo, no que cada un de nós coñecerá o seu compañeiro portugués. Visitaremos o Concello, o Monte do Castro, o Museo de Arte Contemporánea, faremos un roteiro pola cidade, teremos un almorzo e actividades de confraternización e por último, antes de regresar cara Verín e Chaves, visitaremos o Museo do Mar de Galicia. A actividade estivo moi ben, e nela vimos a facilidade que temos para poder comprender o portugués, e eles o galego. Katia Vidal Morales 4º ESO A Maio 2018, Nº 12. Segunda Época


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

“TARXETAS DE NADAL” O POEMA DO POLBO

Debuxo e poema de Aarón Castro Montecid de 2º ESO A

Os gañadores do concurso de tarxetas do Nadal son: 1º premio: Alba Sanín Rodríguez. 2º BAC B.

O polbo encarnado

camuflado entre o mar ondulado parecendo cabelos desenredados escondido e preso como as raíces dunha árbore mirando e pensando “onde estará aquel paxaro” que deixou as súas plumas navegando como un barco varado.

2º premio: Leticia Lozano Meiriño. 2º BAC A.

3º premio: Miriam Cerdeiriña Cid. 4º ESO B..


Premios dos Certames NO TABOADA CHIVITE “Guía de viaxe do teu pobo” Os gañadores do concurso “Guía de viaxe do teu pobo” foron: 1º premio: Lucía Gónzalez Álvarez de 2º BAC B con “Vilardevós”

Concurso de debuxo da ANPA Os gañadores do concurso organizado pola Asociación de Nais e Pais do Instituto foron: 1º premio: Alba Sanín de 2º de Bacharelato

2º premio: Teresa Castro Cid de 1º BAC A con “Silleda” 2º premio: María García de 3º de ESO

3º premio: Claudia Dobarrio Meno de 1º BAC A con “Vilaza”

3º premio:Alejandro Barja de 4º de ESO

Accésit: Carlos Rodríguez Jiménez de 2º BAC B con “Verín”.


faiscas | IES Taboada Chivite 2018

CAMPAÑA NADAL SOLIDARIO

Reflexións de alumnos de 1º ESO sobre se deben existir os Reis Magos, Papá Noel e outros. É o Papa “Noel” Que pinta un home vestido de vermello, cunha barba longa e que ao velo, as chemineas danlle gañas de saír correndo ao ser moito máis grande ca un elefante, co Nadal? Este é Papá Noel, é unha farsa! Os seus reos, coitados por ter que levar a ese personaxe, xa ían morrer! Estiven investigando e un ano ocorréuseme pór unha cámara de vídeo no salón e por se de verdade existía, acendín a cheminea. Ao día seguinte erguinme para ver a gravación e levei unha sorpresa. O tal Papá Noel era un señor delgado, sen barba e vestido de verde. Pero cando lle vin a cara, resultou que era meu pai! Menudo chasco! Santiago Giménez Berenguer. Esta ben que existan tanto os Reis Magos coma Papá Noel. Tamén creo que non pasaría nada se non tivesemos Reis Magos coma na maioría do mundo. Sobre o de dicirlle aos nenos que son os nosos pais os que compran os regalos, a miña opinión e que está ben manter a ilusión de erguerse e atopar os regalos baixo a árbore de Nadal ata unha certa idade, xa que non sería moi normal atopar un rapaz ou rapaza de 15 anos que aínda crera. Por outra parte a maioría dos nenos de 11-12 anos rematan enterándose de que son os pais. Entregar e recibir regalos por parte da familia está ben. A min persoalmente gústame tanto recibir regalos como regalar. Alumna 1º ESO. Fai tres anos en Noiteboa vin a Papá Noel; foi así: o meu tío Ángel saíu a terraza, volveu entrar e dixo que Papá Noel estaba fóra. Os meus curmáns, o meu irmán e máis eu saímos para velo. Eu, non sei por que, collín medo e boteime a chorar. Ó día seguinte fomos a Verín porque estábamos en Cualedro. Unhas horas despois de chegar, a miña nai chamou o meu irmán para que fose á cociña (eu estaba no salón). A miña nais díxolle moi baixiño que o Papá Noel era o meu tío José. Como a cociña e o salón están no mesmo espazo, eu escoitei. Estaba moi triste e fun ó baño a chorar. Despois de chorar fun onde a miña nai dicirlle que ca o sabía todo. A verdade é que agora quedoume unha anécdota graciosa. Alumna 1º ESO

O vinte e nove de novembro púxose en marcha no noso centro a campaña "Nadal Solidario", de recollida de todo tipo de alimentos non perecedoiros e xoguetes, que foron doados a Cáritas Verín para o seu reparto. Ata o día vinte e un de decembro puidéronse depositar alimentos e xoguetes na entrada do instituto, ao lado de conserxería. Houbo que sinalar nun gráfico a cantidade de produtos depositados para realizar un seguimento do avance da recollida.

Os nenos están engañados? Papa Noel existe? Os Reis Magos existen? Eu penso que está ben que crean e que teñan ilusión, só que hai algún pais que din que non existen xa desde pequenos. Deberiamos seguir crendo e inda que non creas de verdade, seguir as tradicións do Nadal!. Alumna 1º ESO Profesora: Carmen Trigo

QUERIDA ROSALÍA POR CARMEN RIVERO

Este ano, conmemoramos o día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, dun xeito moi especial, recitando un poema, escrito na súa honra, pola profesora de Ciencias Sociais do noso centro, Carmen Rivero. O profesor de Grego e coordinador TICS, Daniel García Cancio, gravou e editou un vídeo, no que aparece Carmen Rivero recitando, acompañada á guitarra por Francisco Jiménez Pérez, alumno de 1º ESO D, . Tamén participaron todos os alumnos de 1º ESO B, alzando nubes de cartolina. En cada nube está escrita escrita unha destas marabillosas palabras da nosa lingua, escollidas por Carmen : cogomelo, xoaniña, larpeiro, andoriña, fervenza, feitizo, morriña, bolboreta, folerpa, lóstrego, bico, bágoa, axóuxere, berce, meigallo, luar, brétema, treboada, luscofusco e avelaíña. A continuación podedes ler o fermoso poema adicado a nosa poeta máis universal:

Querida ROSALíA

(“ Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas.” ) Rosalía de Castro. Cantares Gallegos-1852

Querida Rosalía : Onte vin nos ollos puros dunha nena, un tempo novo; ao escoitar dos seus beizos este falar meloso e puiden albiscar un futuro preñado de esperanza, que sen ti, quizais ficaría baleiro. ¿Como esquecer os teus versos? Ese amor a Galicia que zumegan as túas letras, asolagando os ollos

e encollendo as entrañas. dos que amamos esta terra. ¿Como non agradecerche que rescataras o noso idioma para que brille con luz propia? Cando todo estaba escurecido teimaches e teimaches en escribir na lingua máis fermosa; Ceibando camiños atuídos polas silvas que afogaban no esquecemento, a supervivencia nosa. ¿Como non loarte , muller galega que viviches as penurias desta xente? se fuches quen de ser muller, cando daquela era unha eiva, e aínda así facer poemas escribindo na lingua da pobreza. ¿Como non lembrar a túa andaina? Se fixeches que mulleres coma ti , prenderan o facho que deixaches

honrando o sexo feminino, que nin é segundo nin é débil; e seguen a colocar pedras construíndo día a día este país senlleiro . ¿Como non bendicir o teu nome desexando que sigas a facer o que ben sabes? Dende o infindo lugar onde te atopes, non deixes que a túa pluma se volva preguiceira e segue , segue, querida musa, escribindo palabras fermosas nesta lingua meiga. Carmen Rivero Gallego Do Poemario “Berce de peliqueiros”.


Lembro a primeira vez que fixen dun escenario o meu fogar, e foi aquí. Tamén lembro o meu primeiro suspenso e a primeira vez que alguén me tratou de vostede, porque tamén foi aquí. Foi entre as paredes do instituto onde coñecín a persoas incribles, e outras non tanto, que me marcaron como persoa ao longo destes seis anos. Algunhas continúan ao meu lado, outras non, pero todos suspiramos agradecidos por terminar ao fin, por acabar coas horas de peche e estudo, de olleiras e altas pilas de apuntamentos. Agora tan só queda a pouca certeza do futuro, abismal, lembrándonos que o reloxo vai na nosa contra e que as despedidas non poderán ser evitadas. Supoño que iso é o que máis medo dá, marcharse e deixalo todo, tanto amigos como familia. Pero esa é unha historia que non me corresponde hoxe, pois nesta ocasión gustaríame simplemente dar as grazas. Dar as grazas a familias e profesores que nos viron madurar e aprender ao longo destes anos, que foron testemuñas das malas series e tamén das boas, que asistiron aos nosos interminables exames e aos nervios que nos perseguían durante semanas. Tamén agradecer unha e mil veces a David quen, xunto a un número sen fin de persoas incribles, foi capaz de facer chegar os musicais ás nosas vidas, por ensinarnos a importancia da música e do que está pode facernos sentir, por mostrarnos as marabillas do Moulin Rouge, por acender os nosos corazóns cos Miserables ou por facernos bailar ata que doían os pés con Mamma Miña ou Grease. Tamén me gustaría dar as grazas ao grupo de teatro por abrirme os brazos coma se dunha familia se tratase, e por permitir que me emocionase con cada obra, con cada viaxe; grazas por facerme

Foto: Lara Vilela 2º Bach C

crecer como persoa, por deixar que vivise mil e unha vidas, mentres lía aqueles diálogos, e grazas por ser partícipe diso. Son esas pequenas cousas que unha leva instaladas no corazón e xa nunca pode esquecer, experiencias incribles que oxalá todos puidésemos experimentar algunha vez na vida, sen data de caducidade... Recordo cando cheguei cos meus recentemente cumpridos doce anos, cos meus ollos facilmente impresionables e soñando con facerme maior. O medo atenazábame o estómago, e ao mesmo tempo, tamén o facían as gañas. Resulta curioso mirar agora cara atrás e sorrir ante o cándida que era, onde tensión era sinónimo de que cear esa noite, ou novas experiencias era similar a perder de vista aos meus pais. Agora, a piques de irme de aquí, só penso en que espero aproveitar ben todo este tempo. En que todas as persoas que me acompañaron durante esta viaxe, e mesmo as que chegaron novas, sigan comigo para ver amencer unha nova etapa. En que todo o esforzo realizado realmente si mereza a pena, aínda que chorase, aínda que quixese tirar a toalla e mesmo considerarme incapaz de logralo; a pesar de todo iso, aquí estou, eu e todos, e aquí estaredes vós algún día, máis tarde ou máis cedo. Antes de retirarme ao fin gustaríame enviar unha última mensaxe, unha mensaxe dedicada a todos aqueles que ocuparán o noso lugar, a todos aqueles que virán despois, dentro dun, dous ou ata sete anos. Gustaríame dicirvos que non permitades que todo o que creamos os meus compañeiros e eu xunto a todos vós morra, porque lembrade que o que realmente importa ao final, é que o show sempre debe continuar.

Ana Manso. 2º BAC B


E

revista faíscas I E S

X E S Ú S

T A B O A D A

C H I V I T E

Faíscas 2018 páxina web  
Faíscas 2018 páxina web  
Advertisement