Camiñantes nº 6

Page 1

CAMIÑANTES 2015 - 2016


CAMIÑANTES 2015-2016

SUMARIO: EDITORIAL..................................................................................................3 DÍA DAS LETRAS GALEGAS....................................................................4 DE ANIVERSARIO......................................................................................6 PROTAGONISTAS: ENTREVISTA.............................................................8 CERRANDO ETAPA..................................................................................11 FALANDO DE ...........................................................................................14 ANDAINAS DOS CAMIÑANTES..............................................................16 DÍA DO LIBRO..........................................................................................21 O CURSO ESCOLAR EN IMAXES...........................................................22

PUBLICACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA IES VAL DO ASMA (CHANTADA) CURSO 2015-2016 Dirección: Xosé Antón Domínguez Edición e maquetación: Pili García Revisión: Susana Guerra e Xoán Fernández Redacción: Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos Deseño de portada e contraportada: Alumnado de 4º ESO © IES Val do Asma 2016

2


CAMIÑANTES 2015-2016

EDITORIAL A revolución será feminista ou non será Por: Montserrat Fuentes

Seguimos a ocupar espazos de drama, de sobreexposición victimista, de estaísticas macabras, de infravaloración social. Seguimos a ter que demostrar que valemos, que non queremos paternalismo, que viaxamos soas, que sabemos o que queremos, que podemos. Por ser mulleres, por rebelarnos, por non pertencer a ninguén, por dicir que non... mátannos, viólannos, desprézannos, exclúennos. Neste instituto, en calquera instituto. Nesta vila, en calquera vila. Empezamos por pouco, na periferia, no silencio, na discreción. Formámonos, estudamos, somos currículos brillantes. Facémonos empáticas, vulnerables, atractivas, animalistas, vexetarianas, insubmisas. Ata que podemos gritar: · - “Nin unha menos!” - “Igualdade de dereitos!” - “No meu corpo non manda ninguén!” - “Eu decido!” - “Saquen os rosarios dos nosos ovarios!” - “ Nin bruxas, nin santas!”

xestas do varón, a filosofía sen mulleres, a historia sen feminismo... Neste centro, en calquera centro, queremos observatorios de violencia machista, gabinetes de identidade sexual, grupos de traballo de educación emocional, charlas de empoderamento. Non ao conservadurismo heteropatriarcal, non á invisibilidade trans e homosexual, non á estigmatización, homofobia, acoso; non á obediencia cega. Porque poñerse de lado do forte é indigno, porque sumarse ao abuso é indecente, porque aproveitarse do débil é miserable. Porque non tomar postura é aceptar o estado de cousas. Non queremos a igualdade para ser como os homes, senón para acabar cos erros dunha humanidade depredadora, insaciable, insolidaria, suicida; para subverter os valores do capitalismo, do consumismo, da competitividade, da colonización, o decocidio. Querémonos vivas, insubmisas, querémonos feministas.

Liberdade! Para redefinir o espazo social. Rebeldía! Para subverter as inxustizas. Empoderamento! Para encabezar a revolución social. Sororidade! Para superar os atrancos. Amor! Para superar o materialismo. Feminismo! Para atopar a senda. As nenas, invisíbeis, sabias, case submisas saben, ven que os espazos centrais están ocupados por eles, a toma de decisións nas mans deles, os postos de poder para eles, as dinastías por vía masculina, os currículos falando das EDITORIAL

3


CAMIÑANTES 2015-2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 Manuel María Por:Lisset Crespo e Natalia Mazaira de 1ºESO

Por que se celebra o día das letras Lucenses". Esta primeira conferencia sérvelle para entrar en contacto con integrantes da

galegas?

O día das letras galegas celébrase tertulia do café ‘Méndez Núñez’ (Pimentel, porque o 20 de marzo do ano 1963 tres Fole, Piñeiro...) que o poñen en contacto coa membros

da

Real

Academia

Galega realidade galega, tanto do interior coma do

presentaron unha proposta histórica: que se exterior. Nesta primeira etapa publica o seu

declarase o día 17 de maio de cada ano o

"Día das Letras Galegas" como data para primeiro poemario Muíño de brétemas" (1950), "recoller o latexo material da actividade co que se inagura a denominada "Escola da intelectual".

Tebra". Nos anos 60 e 70 participou na

Celébrase xustamente ese día pola organización

dos

partidos

políticos

publicación de Cantares Gallegos de Rosalía nacionalistas na clandestinidade e chegou de Castro (17 de maio de 1863).

logo a ser elexido concelleiro. En 1985

Este ano 2016 o autor homenaxeado abandoou a militancia política para adicarse á pola súa actividade literaria e cultural en actividade literaria e cultural e,dende a súa defensa da lingua galega é Manuel María.

xubilación, residiu na Coruña. Manuel

María

Fernández

Teixeiro

faleceu o 8 de setembro de 2004 nun hospital da Coruña. Considéraselle unha referencia no panorama literario galego.

Biografía Naceu o 6 de outubro de 1929, concello lucense de Outeiro de Rei.

Obra literaria no Poesía 1950, Muiñeiro de brétemas

En 1942 trasládase a Lugo para 1952, Morrendo a cada intre estudar o bacharelato e alí comeza a súa 1954, Terra Cha carreira literaria participando, con 20 anos, no 1954, Advento ciclo de conferencias "Xóvenes Valores 1957, Auto do taberneiro. 4 ventos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

4


CAMIÑANTES 2015-2016 1958, Documentos personaes

1982, Escolma de poetas de Outeiro de Rei

1961, Auto do labrego (Céltiga, 4)

1982, Versos do lume e do vagalume

1962, Libro de pregos

1985, O camiño é unha nostalxia

1962, Contos en cuarto crecente e outras 1984, Cantigueiro do Orcellón prosas

1984, A luz resuscitada

1963, Mar Maior

1986, Oráculos para cavalinhos-do-demo

1964, "A poesía galega de Celso Emilio 1986, Ritual para unha tribu capital do Ferreiro" (Grial, 6)

concello

1965, "As augas van caudales" (Grial, 9)

1988, As lúcidas lúas do outono

1966, "Os alugados" (Grial 14)

1988, Sonetos ao Val de Quiroga

1967, "Raimon, poeta de noso tempo" (Grial, 1989, Saturno 18)

1990, Cancioneiro de Monforte de Lemos

1968, Proba documental

1991, Compendio de orballos e incertezas

1968, Os soños na gaiola

1991, Hinos pra celebrar ao século futuro

1968, Barriga Verde

1992, Panxoliñas

1968, Noticia da vida e da poesía de Xosé 1993, Os lonxes do solpor Crecente Vega

1993, Antoloxía poética

1969, Versos pra un país de minifundios

1993, A primavera de Venus

1969, Versos pra cantar en feiras e romaxes

1993, Poemas a Compostela

1970, Remol

1994, Cantigas e cantos de Pantón

1970, Canciós do lusco ao fusco

1994, Poemas para dicirlle a dúas lagoas

1971, A Rosalía

1996, O Miño, canle de luz e néboa

1971, 99 poemas de Manuel María

1997, Sonetos á casa de Hortas

1971, O Xornaleiro a sete testimuñas máis. 2000, Brétemas de muiñeiro Odas nun tempo de paz e de Ledicia.

2000, Camiños de luz e sombra

1973, Aldraxe contra a xistra. Informe pra axudar a alcender unha cerilla.

Teatro

1973, Laio e clamor pola Bretaña'

1957, Auto do taberneiro

1973, Cantos rodados para alleados e coloni- 1961, Auto do mariñeiro zados

1970, Barriga verde

1976, Poemas para construír unha patria

1976, Unha vez foi o trebón

1977, O libro das badaladas

1979, Aventuras e desventuras dunha espiña

1977, Poemas ó outono

de toxo chamada Berenguela

1978, Catavento de neutrós domesticados

1979, Auto trascendental do ensino tradicional

1979, As rúas do vento ceibe

1979, Farsa de Bululú

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

5


CAMIÑANTES 2015-2016

DE ANIVERSARIO Gregory Peck ESTE ANO CELÉBRASE O CENTENARIO DO NACEMENTO DO ACTOR ESTADOUNIDENSE Por: María Porto.

Sabes quen é o máis grande heroe dunha película en todos os tempos? Nin Supermán, nin Batman, nin o Capitán América. Segundo o Instituto Américano do Cine é Atticus Finch, o avogado que aceptou defender a un home negro inxustamente acusado de violar a unha muller branca na racista Alabama dos anos 30. É o protagonista de “Matar a un ruiseñor”, película de 1963 que lle valeu a Gregory Peck o seu único Óscar. O 5 de abril cumpriuse o centenario do nacemento deste actor, un dos grandes mitos do cine clásico, que xuntou talento e traballo para conseguir algunhas das interpretacións máis célebres da historia do cine. Foi a súa avoa materna quen lle meteu o gusto polas películas pois , cando os seus pais se separaron, viviu un tempo con ela e ían ao cine todas as semanas. Tiña Gregory seis anos.

Logo dos estudos secundarios nunha ríxida academia militar católica, foi á Universidade estudar Filoloxía inglesa. No último ano de carreira, participa nunha obra de teatro e descubre os seus dotes como actor. Tras a súa graduación, estuda arte dramático, pagando as clases con traballos de lavapratos ou camareiro. Ao rematar os estudos, con 25 anos consegue un contrato para unha obra teatral en Broadway.

Pouco despois decide probar sorte no cine. No ano 1944 fai un papel nunha película de guerra, “Días de gloria”, que o dá a coñecer no mundo do celuloide (e xa non parará en tres décadas). O seu segundo filme, “As chaves do reino”, tamén de 1944, vaille valer unha nominación aos Óscar. Ao ano seguinte, traballa co famosísimo director Alfred DE ANIVERSARIO

6


CAMIÑANTES 2015-2016 Hitchcock en “Recuerda”. Nesta obra, na que aparece xunto á actriz Ingrid Bergman, dá vida a un director dun centro psiquiátrico con traumas ocultos. A súa carreira consta de máis de 50 películas, nas que traballou ás ordes de grandes directores coma King Vidor (en “Duelo al sol”), William Wyler (en “Vacaciones en Roma”), John Huston ( en “Moby Dick”)....

xornalista, avogado... Pódense destacar varias das súas interpretacións: o seu papel de fillo rebelde dun rico vaqueiro en Duelo al sol; o rudo capitán Ahab, obsesionado na procura da gran balea branca; o xornalista que atopa unha gran exclusiva en Roma (por certo, en Roma aínda o podemos ver en centos de souvenirs, montado na vespa con Audrey Hepburn). E, por suposto, a xa mencionada de Atticus Finch.

Nas súas películas foi soldado, vaqueiro, capitán de barco, aventureiro,

DE ANIVERSARIO

7


CAMIÑANTES 2015-2016

PROTAGONISTAS: ENTREVISTA Zalo Val e Migui González {PILOTO E COPILOTO DE RALLYE }

«Martín, este primeiro rallye vai por ti» OS EXALUMNOS DO IES VAL DO ASMA, ZALO VAL E MIGUI GONZÁLEZ, FÁLANNOS DA SÚA ILUSIÓN CUMPLIDA. Por: Ana Jorge

Como foi a experiencia? Zalo Val: A experiencia é difícil de explicar. É algo que afrontas con ilusión desde o primeiro momento, desde que ves o teu nome na lista de inscritos e aí é cando dis: “si, ese son eu…, o que tanto agardaba xa chegou“. Despois, o día do rallye xa todo é diferente. Pensei que por ser a miña primeira competición podería estar nervioso pero foi todo o contrario, estaba moi concentrado pensando en facelo o mellor posible e que o coche non tivese fallos. Cando chega o momento de arrincar estás centrado no reloxo que che marca a saída, intercambias algunha palabra co copi, metes primeira e faise o silencio. Os últimos cinco segundos son eternos, só escoitas o ruído do coche e a respiración do compañeiro. É aí cando pensas: “imos facelo o mellor posible, imos demostrar o que valemos”. O reloxo ponse a cero e arrincamos. Migui González: Como experiencia, inesquecible. Desde o día que mercamos o vehículo ata a primeira carreira afrontámolo con moita ilusión. Intentamos deixar o coche perfecto para o noso debut. Despois, o día do rallye é cando empezan os nervios, que se acaban convertendo en tensión por culpa nosa, xa que deixamos todo para o derradeiro momento. Cando fas o primeiro tramo, parece que todo vai collendo forma. Daquela só intentas gozar e facelo o mellor posible.

PROTAGONISTAS: ENTREVISTA

Que sensación vos queda ao cumprir unha ilusión coma esta? Z.V.: A sensación que che queda despois de cumprir un soño que tes desde pequeno é de querer correr mais rallyes, pero é unha paixón bastante custosa. M.G.: A sensación que che queda, a min polo menos, é a de querer correr máis rallyes. Despois de ver todo o apoio que recibimos dende as gabias por parte de familiares, amigos e coñecidos, e comprobar como sufrían e se emocionaban máis ca nós mesmos en cada tramo, só che fai quedar con ganas de máis e de seguir gozando e facendo gozar a xente.

8


CAMIÑANTES 2015-2016 Como se afronta todo uns días antes? Z.V.: Os días anteriores estás moito mais nervioso que o propio día do rallye: revisas o coche unha, dúas, tres ou as veces que faga falta para asegurarte de que todo está a punto, que non pasamos nada por alto; pero ao final sempre hai contratempos de última hora que che dan ese toque de nervios. M.G.: Os días antes do rallye son o peor, sen dúbida! Noites sen durmir, sen comer, collendo notas de última hora, pasando todo a limpo, revisando o coche, organizando a longa fin de semana que nos vén enriba… Todo isto fai que vivamos unha situación de tensión extrema que só podemos superar coa ilusión que temos en que todo saia ben.

dos. O percorrido do venres en Lalín foi bonito porque se celebrou de noite e, ademais, déusenos bastante ben. Hai que salientar tamén o treito de Rodeiro, alí tivemos a moitos veciños apoiándonos dende as gabias. A pena foi que neste último traxecto só puidemos facer unha pasada, que foi acompañada por algúns contratempos. Pero, se hai que elixir, quedo co tramo do Couto, o derradeiro do sábado, porque se nos deu moi ben, malia que o coche tivo problemas na primeira pasada. M.G.: Difícil decisión, pero quedaríame co tramo do Couto. Déusenos bastante ben e acabamos facendo un bo tempo, o que nos permitiu subir algún posto na clasificación. Tamén salientaría o tramo de Rodeiro. Foi no que mellor o pasei, tanto polo que se refire ao espectáculo que se deu, Que tal o coche? Como respondeu? como polo apoio que recibimos por parte Z.V.: Co coche estamos moi contentos. A dos amigos e coñecidos. verdade é que respondeu máis ou menos Zalo Val: “Co coche estamos como tiñamos pensado, con algunhas dificontentos, respondeu máis ou cultades na caixa de cambios porque non menos como tiñamos pensado” se adaptaba a nós, pero a mecánica funcionou moi ben. M.G.: O coche cumpriu o seu obxectivo: A cantas pasadas anotades? rematar o rallye. Estamos moi contentos Z.V.: Anotamos a segunda pasada, xa que con el e cos resultados, pero parece que nos dan tres por tramo o día do adestraxa se nos queda algo pequeno, por iso xa mento. Na primeira ímonos quedando coa estamos pensando en modificacións para contorna e coa estrada, observando as o vindeiro ano. curvas máis difíciles; na segunda realizamos as anotacións; e na terceira, o copi vaime cantando por se nos quedou algo sen anotar. M.G.:As anotacións realizámolas na segunda das tres pasadas que temos por tramo. Na primeira imos recoñecendo o traxecto; na segunda vaime dicindo Zalo as notas e todas as referencias que lle poidan axudar o día do rallye e eu vouno apuntando; na terceira pasada, que é un pouco máis rápida, voulle cantando igual que o faría o día do rallye. Con que tramo do Rally do Cocido vos Contentos cos resultados? Esperabaquedades? Z.V.: Está complicado elixir un tramo do des máis? “rallye da casa”, xa que me gustaron to- Z.V.: Si, bastante contentos cos resultaPROTAGONISTAS: ENTREVISTA

9


CAMIÑANTES 2015-2016 dos, xa que non temos un vehículo competitivo e aproveitamos o mellor posible os 70 CV que nos brinda o noso Renault 5. O venres á noite marcamos un bo tempo, pero despois tivemos unha penalización de 10 segundos. O sábado arrincamos ben pola mañá, marcando un bo tempo na primeira pasada de Saborida, pero logo perdemos algúns segundos por mor duns trompos sufridos nos tramos de Rodeiro e Xirón. Durante a tarde tivemos un comezo positivo, pero empezounos a fallar o motor do coche na primeira pasada do Couto; arranxámolo na ultima asistencia vespertina, pero continuaron os problemas, o que nos fixo perder tempo nas tres últimas pasadas da tarde. Con todo, a mecánica do coche deixounos rematar o rallye, que era o noso propósito. M.G.: A verdade é que estamos bastante contentos. Eramos conscientes de que non era un rallye fácil. Botou toda a semana chovendo, polo que os tramos estaban bastante sucios e complicados. Nos treitos da tarde baixamos algo o ritmo porque o coche empezounos a fallar, pero quedou todo nun susto e puidemos concluír a competición, que era o noso obxectivo.

nos deixou hai pouco e seguro que nos apoiaría nisto: Martín, este primeiro rallye vai por ti. Cando volvedes vestir o traxe e os botíns? Z.V.: Espero volver vestir o traxe é os botíns na Subida a Chantada, xa que é unha proba que teño ganas de correr desde que era pequeno. M.G.: Espero poder estar con Zalo no Rallye da Ulloa, que é o derradeiro do ano. Z.V. e M.G.: Por último, queremos darlles as grazas a todos os patrocinadores que nos apoiaron e que confiaron en nós; a toda a xente que mercou rascas ou camisetas; ao equipo Os Kambotes Rácing (Ramón, Ana, David, Andrés, Leti), porque sen eles non sería posible este proxecto; ás nosas familias, que ao principio non estaban moi conformes pero que nos apoiaron ata o último minuto; ao padriño, por todo o que nos axudou co coche; á Escudaría O Convento Motorsport, por toda a axuda que nos brindou; e, para rematar, a todo o IES Val do Asma, por facernos esta entrevista e por todo o apoio amosado. Grazas a todos!!!

Migui González: “Espero poder estar con Zalo no Rallye da Ulloa, que é o derradeiro do ano” A quen lle dedicades este primeiro Rally do Cocido? Zalo Val e Migui González: Este primeiro rallye gustaríanos dedicarllo a moita xente: aos amigos que nos axudaron con este proxecto, ao equipo Os Kambotes Rácing, ás nosas familias; pero sobre todo dedicámosllo a unha persoa, a un amigo que

PROTAGONISTAS: ENTREVISTA

10


CAMIÑANTES 2015-2016

CERRANDO ETAPA Lola López

Ana Jorge

{DIRECTORA E PROFESORA DE PLÁSTICA}

{VICEDIRECTORA E PROFESORA DE FRANCÉS}

María Argiz

Pili García

{XEFA DE ESTUDOS E PROFESORA DE A.D.E.}

{SECRETARIA E PROFESORA DE A.D.E.}

ENTREVISTA CO EQUIPO DIRECTIVO QUE CESA O 30 DE XUÑO DE 2016. Por: Rubén González, Estefanía López, Yolanda López, Diego Novoa e Elena Vázquez de 1º BAC.

Preguntas colectivas A experiencia de dirixir o centro foi como vós esperabades? Lola: Eu non tiña ningunha espectativa, non pensara nada a priori. Pero considéroo unha experiencia positiva e non me arrepinto. Ana: Asusta máis do que despois realmente é. Non sabes como vas facer, pero logo, a base de meter a pata, vas aprendendo. O que si pensamos as catro é que todos os profesores deberían pasar por este lado e ver o traballo que supón.

CERRANDO ETAPA

Como vos sentides ao ser todas mulleres? L.: Levámolo ben, non sentimos ningún tipo de discriminación. Sentímonos igual tanto entre homes coma entre mulleres. A.: Eu empecei sendo a única muller entre tres homes, logo seguín con tan só un home, e agora somos catro mulleres, e con calquera dos tres equipos funcionamos da mesma maneira. Pili: Eu síntome moi agusto tanto traballando con homes coma con mulleres. María: Eu son a máis novata, pero opino o mesmo.

11


CAMIÑANTES 2015-2016 Resúltavos fácil compaxinar o traballo de docente co cargo directivo? A: Eu é o que peor levo, prexudícanse as clases moito, aínda que non queiras. É inevitable. O traballo do cargo directivo non entende de horarios. L: É o máis complicado, porque o traballo desde o equipo directivo non ten nada que ver co traballo docente.

dun ano para outro, sen nos formar nin ter a suficiente información sobre ela.

Agora que deixades o cargo, que balance fariades? A: A nivel de promoción do centro estamos as catro moi contentas posto que collimos o cargo cando o centro tiña ameaza de peche e estaba o rumor estendido por todo o pobo. Movímonos e empregamos na causa moitas horas e Lola López: “Sempre se tivo a esforzo, conseguindo un número de idea de que eramos un centro matrículas moito máis elevado. E, en de segunda, pero pouco a poucanto á calidade do ensino, eu penso que co esa idea vai cambiando” nos mantemos. Seguimos a manter uns grupos decentes para dar clase, e non hai M: Na experiencia que teño, si é certo que ameaza de peche. ao ter clase ás primeiras horas logo xa te Ana Jorge: “O que si pensapodes encargar do cargo directivo, pero cando che cadra ao revés é máis mos as catro é que todos os complicado, porque os temas do cargo profesores deberían pasar por directivo sempre se alongan. este lado e ver o traballo que P: Eu son moi organizada e non me supón” resulta difícil, ademais o horario docente deste ano adáptaseme ben. Ao mellor si L: O máis importante foi manter o centro e que é certo que a secretaría é máis doada cambiar a súa imaxe, aínda que iso non é en canto a organización do que pode ser a doado. Sempre se tivo a idea de que xefatura de estudos ou a dirección. O que eramos un centro de segunda, pero pouco peor levo é ter que ocuparme de cousas a pouco esa idea vai cambiando. De todos alleas ao cargo. os xeitos, séguese a traballar e non só Que opinades do sistema educativo (LOMCE)? P: Ten moi mala fama, pero algunha cousa boa ten, e é que dos ciclos medios aos superiores se pasa directamente. L: Do que hai escrito non todo é malo, como que apareza a FP básica e que teñan un título oficial para poder seguir estudando. Por outro lado, paréceme fatal o das reválidas e, sobre todo, o que peor me parece é a desinformación que temos nos centros. Temos que prepararvos nun bacharelato onde sabemos os contidos pero non a forma en que se vos avaliará. A: O que menos me gusta é a forma que tiveron de implantala e a rapidez con que o fixeron. Non poden introducir unha lei CERRANDO ETAPA

niso, tamén nos volcamos, por exemplo, no tema da oferta, conseguindo a FP básica, aínda que de momento só unha vía. Á parte, sempre hai pequenas batallas, ademais de todos os proxectos que pedimos e as excursións que organizamos.

Preguntas individuais Lola Cambiou moito a túa relación cos compañeiros ao pasar de ser compañeira a directora? Nótase cambio no sentido de que non tes tanto tempo para relacionarte con eles, co cal a relación humana cambia; pero no 12


CAMIÑANTES 2015-2016 que é o trato profesional, eu non notei nada. Como che afectou a nivel persoal o pasar de ser só profesora a directora? A nivel de saúde peor, é un estrés moito maior. A outros niveis non, considero que todo é traballo, aínda que distintas partes deste.

Ana Que sistema educativo che agrada máis, o español ou o francés? Hai moitas diferenzas entre os dous sistemas. En Francia o equipo directivo non é docente, co cal podes adicarte plenamente a xestionar o funcionamento do centro e os profesores a dar clase. Nese sentido gústame máis o sistema francés. Que foi o primeiro que pensaches cando che propuxeron formar parte do equipo directivo? O antigo director díxome que ía ser xefa de estudos e, trala miña negativa, propúxome ser vicedirectora. Pese a non querer nun principio, optei pola vicedirección. Iso foi só o primeiro ano, na seguinte formación de equipo directivo ofrecinme voluntariamente, porque alguén tiña que ser e eu xa sabía como era o cargo.

Pili García: “A LOMCE ten unha cousa, que dos ciclos medios aos superiores se pasa directamente.

chegar a cada compañeiro a información que lle corresponda, así como controlar a normativa que nos afecta. Logo tamén ten outra parte de administrador (levar todo o tema cartos) e xefe de persoal de administración e servizos.

María Despois destes dous anos, estarías disposta a continuar no cargo? Si. Ademais faime ilusión, porque agora xa vou controlando máis e creo que se poden chegar a facer moitas cousas.

María Argiz: “Eu penso que os partes son o último recurso cando xa se esgotaron todas as outras vías” Resúltache duro ter a responsabilidade de ser quen tramita os partes e castigos? Si, e non me gusta. Eu penso que os partes son o último recurso cando xa se esgotaron todas as outras vías. Ademais iso suponme ter que ir ás N.O.F. e ver que tipo de parte é, e que castigo lle corresponde. Este curso puxéronse moitos partes e tiven que sentarme cos demais profesores para estudar caso por caso e ver o que se podía facer. Logo tamén está o tema de que moitos dos castigos que se puxeron non dispuñan de ninguén que supervisase o seu cumprimento, co cal non me parece un método efectivo.

Pili Cantos anos levas no cargo de secretaria? Neste período 4 anos e, anteriormente, outros 10. Cal é a función dun secretario? Ten unha parte máis de papeleo, de enterarse de todo o correo que chega, tanto electrónico como manual e facerlle CERRANDO ETAPA

13


CAMIÑANTES 2015-2016

FALANDO DE ... As nosas árbores: O Abeto branco (Abies alba)

masculinos son vermellos e nacen ao final das pólas; os femininos son verdes, pequenos e nacen nas pólas da parte de arriba.

Por: María Vázquez de 1º BAC

É facil recoñecelo: -O porte cónico é moi regular. O abeto é unha árbore de folla -O porte cónico é moi regular. perenne de talle medio ou grande, que -As follas liñais, erguidas e cilíndricas, pode acadar até os trinta metros de altura. duns quince centímetros. É unha conífera que pertence á familia das pináceas (Pinaceae). A copa ten forma cónica e é moi espesa, con pólas case horizontais. As follas son planas, estreitas e flexibles, duns 3 cm, coa punta redondeada e dúas raias abrancazadas no envés.

É orixinario das montañas de Europa central e do sur. No noso centro É monoico, con flores masculinas e atopámolo xusto no pequeno xardín da femininas na mesma planta. Os conos entrada. FALANDO DE ...

14


CAMIÑANTES 2015-2016

Xadrez Por: Alfonso Cabaleiro

Como ben sabedes, o ancestral xogo chamado xadrez pasa a ser materia de ensino en primaria e en secundaria. No Val do Asma, para adiantármonos, adicámonos neste curso tanto a ensinar a xogar como a perfeccionar a todo o alumnado e tamén docentes que así o desexen na biblioteca. Os martes no recreo danse clases de Iniciación ao Xadrez e os xoves de Perfeccionamento. Para intentar acadar máis afeccionados ao entrevistamos a algúns alumnos:

Cristian: É un xogo de estratexia e de pensar. - Por que cres que é bo na secundaria? Iaqui: Porque séguese exercendo a mente. Iosif: Polas matemáticas e as reflexións. Enmanuel: Porque é un xogo que é de pensar. Cristian: Porque é un bo pasatempo. - Gustaríache que houbese xadrez o ano que vén? Iaqui: Si. Iosif: Siii. Enmanuel:Si, gústame xogar para pasalo ben Cristian: Claro, para poder xogar máis.

- Estariades dispostos a ensinar a xogar ao xadrez aos compañeiros? - Que che gusta do Xadrez? Iaqui: Si. Iaqui: Que é un xogo de pensar. Iosif:Siii. Iosif: As tácticas que se poden facer. Enmanuel: Que é un xogo de pensar e Enmanuel: Si, claro, así xogamos máis. Cristian: Si, cantos máis mellor. serve para pasar o tempo cos amigos.

FALANDO DE ...

15


CAMIÑANTES 2015-2016

ANDAINAS DOS CAMIÑANTES París Por: Giuliana Zelarayán, Uxía Vázquez, Guillermo Conde, Xavier Fernándes, Nerea Vázquez, Rocío Mosquera, Aroa Grande, Natalia Expósito, Montserrat Xu, Óscar Bugueiro, Érica Blanco e Pablo Fernández de 4ºESO

Os alumnos e alumnas de 4º ESO estamos organizando unha viaxe de fin de curso a París. A viaxe será dende o 13 de xuño ao 19 do mesmo mes. Para poder pagar os gastos (billetes de avión, hotel e actividades) estamos recadando diñeiro mediante a venda de tortas e rifas e a organización de torneos deportivos durante os recreos. Só tivemos que pagar 250€, pois o resto da viaxe (o custo total por persoa aproxímase a 800€) xa se paga co diñeiro recadado coas actividades xa mencionadas. Moitos de nós nunca collemos un avión e algúns están bastante nerviosos; pero ao mesmo tempo, todos estamos moi emocionados e con moitas ganas de que chegue o día de partir.

As actividades que faremos son moi diversas: dende unha visita a un museo, ata un día nun parque de atraccións. Nesa semana, tentaremos ver todo o posible, aínda que somos conscientes de que hai moi pouco tempo e moitas cousas por ver. Torre Eiffel Creada por Gustave Eiffel é, posiblemente, o monumento máis emblemático de ANDAINAS DOS CAMIÑANTES

París, ademais de ser o máis visitado do mundo, con máis de 7 millóns de visitantes anuais. Cunhas impresionantes medidas de 324 metros de altura, foi creada para a exposición universal de París de 1889, co fin de usala a principios do século XX como antena de radiodifusión, para logo servir como destino turístico.

Arco do Triunfo Construído entre 1806 e 1836 por orde de Napoleón Bonaparte, presenta unha altura de 50 metros e un ancho de 45 metros e está situado na praza de Charles de Gaulle, funcionando de rotonda. Unha curiosidade é que están gravados nos seus catro pilares os nomes das batallas polos exércitos napoleónicos e os 558 xenerais franceses. Tamén é un dos monumentos máis importantes de París.

16


CAMIÑANTES 2015-2016 Montmarte – Sacré Coeur Este é outro dos monumentos máis emblemáticos de todo París, situado en Montmartre, seguramente o barrio máis pintoresco e chamativo da cidade. A basílica de Sacré Coeur está no alto dunha colina deste barrio, a 130 metros de altura. As súas dimensións tamén son dignas de comentar: 83 metros de largo e 35 metros de ancho, ademais dunha torre de 83 metros de altura tamén. Foi deseñado por Paul Abadie e comezou a construírse en 1875, completándose en 1914. O 16 de outubro de 1919 foi consagrado como basílica.

Centre Pompidou Tamén coñecido como Beaubourg, ten unha das mellores coleccións de arte moderna e contemporánea do mundo. Inaugurado en 1977, o centro foi unha obra pioneira da arquitectura contemporánea. Ademais, tamén alberga un centro de investigación musical e acústica e unha biblioteca pública.

Ópera Garnier Situada no Palacio Garnier, é un impoñente edificio neobarroco que inspirou a obra “A pantasma da Ópera”. Foi construído por mandato de Napoleón III. Organizou un certame de 170 arquitectos de onde saíu elixido Charles Garnier. Os traballos de construción iniciáronse en 1860 pero non remataron ata 1875, despois dun duro traballo realizado por 14 pintores e artesáns e 73 escultores.

Panthéon de París Encóntrase situado no Barrio Latino, moi cerca dos Xardíns de Luxemburgo. A súa construción levouse a cabo entre 1764 e 1790, ao mando de Jacques-Germain Soufflot. Foi deseñado coa intención de combinar o gótico coa arquitectura grega. No século XIX foi usado tanto para fins relixiosos como patrióticos.

Gran palacio de París Está situado nos campos Elíseos e comezou a construírse en 1897 para albergar a Exposición Universal de 1900. Nel destaca o seu estilo ecléctico. Ao ano recibe máis de dous millóns de visitas, sendo un ANDAINAS DOS CAMIÑANTES

17


CAMIÑANTES 2015-2016 dos principais atractivos turísticos da cidade. Unha curiosidade que podemos mencionar é que, para a súa construción, usouse máis aceiro que para a Torre Eiffel, e máis de 200 000 toneladas de pedra o constitúen.

Conciergerie Foi construída como residencia para a familia real entre os séculos X e XIV no embarcadoiro do Reloxo , na Isla da Cité, e en 1392 foi convertido nunha das prisións máis duras da época, da que poucos saían con vida. Neste lugar tamén estivo recluída María Antonieta, e pódese ver a cela na que estivo tras un intento de fuga.

Notre Dame Construida entre 1163 e 1245 a catedral de Notre Dame é a catedral gótica máis antiga do mundo. En Notre Dame celebraronse importantes acontecimentos nos que se debería destacar a coronción de Napoleón. Ten dúas torres de 69 metros de alto. Para visitar as torres accédese a través da entrada do lateral esquerdo da catedral e súbense 387 empinados escaANDAINAS DOS CAMIÑANTES

lóns a pe.

Os inválidos O Palacio Nacional dos Inválidos é un complexo arquitectónico francés do século XVII situado no sétimo distrito de París, que contén museos e monumentos, todos relacionados coa historia militar de Francia. Destaca pola dourada cúpula da capela de San Luís. Institucións: -Cúpula dos Inválidos. -Catedral de San Luís dos Inválidos. -Museo do Exército. -Museo dos planos en relevo. -Museo da Orde da Liberación. -Institución nacional dos Inválidos. -Gobernador dos Inválidos. -Gobernador militar de París. -Oficina nacional de antigos combatentes e vítimas de guerra. O Palacio Real de París O Palacio Real de París encóntrase situado ao norte do museo de Louvre e ten a característica de que non se construíu como residencia para os reis, senón para o Cardeal Richelieu. O seu arquitecto foi Jacques Lemercier. Os xardíns do palacio na actualidade seguen sendo de carácter 18


CAMIÑANTES 2015-2016 público. Os xardíns de Luxemburgo É un parque público parisino onde se encontra o Senado Francés.Os xardíns inclúen varias zonas de xogo cercadas, moi populares entre os máis pequenos e os seus pais, e preto deles hai un popular teatro de guiñol e un carrusel.Os nenos poden dar paseos en poni e en burro. Ademais, fanse actuacións musicais gratuitas nun quiosco. Hai tamén un restaurante cerca, debaixo das árbores, con mesas tanto no interior como ao aire libre, para poder escoitar a música mentres se disfruta dun vaso de viño. O xardín é agradable pola súa tranquilidade e conta con moitas actividades lúdicas e educativas . Danse clases de iniciación á apicultura e hai unha escola gratuita de horticultura. O xardín conta con canchas de tenis, baloncesto, de xogo de palma e practícanse artes marciais en zonas habilitadas. A Escuoa Nacional Superior de Minas de París e O Teatro de Odeón están ao lado dos Xardíns de Luxemburgo. O Xardín das Tullerías O Xardín das Tullerías non é só un lugar agradable para pasear e mirar as plantas e paxaros, tamén é un lugar cuxa paz e tranquilidade contrasta co barullo da cidade. Neste paraíso verde hai un pequeno museo que é unha mostra das esculturas que se atopan nas proximidades e no coñecido Museo do Louvre. O Xardín das Tullerías é chamado así por mor da planta de azulexos que existía no lugar onde a raíña Catarina de Médicis construíu o Pazo das Tullerías en 1564, hoxe desaparecido. O xardín, que separa o Museo do Louvre da Plaza da Concordia, é un paseo para os parisienses e turistas. Os visitantes poden admirar as obras do Monet que se instala na parte suroeste das Tullerías.

ANDAINAS DOS CAMIÑANTES

A Torre Montparnasse É un rañaceos situado na avenida de Maine 33 e construído polo arquitecto Roger Sabout. Construíuse entre 1969 e 1972 e foi inaugurada en 1973. A Tour Montaparnasse mide 209 metros de altura e conta con 59 andaress. As rellas da terraza pódense desmontar en moi pouco tempo para transformala nunha plataforma de aterrizaxe de helicópteros. Les Halles Este barrio, situado no corazón da capital francesa, leva o seu nome grazas ao mercado central. Aquí pasou ata os anos 70 e agora foi substituído por un gran espazo verde: O Xardín de Les Halles. Tamén nesta zona hai un centro comercial subterráneo e varios locais adicados ao deporte e lecer, como piscinas e cines no “ Forum Les Halles”. A orixe desta área de París remonta a 1137, cando Louis VII decidiu crear un mercado nos arredores da cidade, nun lugar chamado Champeaux.

A Plaza da Concordia Imos visitar a Praza da Concordia, que está situada na entrada da Avenida dos Campos Elíseos. É a segunda praza máis grande de Francia. Nesta praza fíxose o primeiro concerto de música francesa por Jean Michel Jarre. No centro hai un enorme obelisco provinte de Lúxor, este ten máis de 3000 anos de 19


CAMIÑANTES 2015-2016 antigüidade doado polo rei de Exipto. Ao seu lado encóntranse dúas fontes de orixe romana. A praza está cerrada por un dos seus lados, onde se encontran os impoñentes edificios da sé do Ministerio de la Marina e o Hotel de Crillón.

O Museo d’Orsay Imos visitar o museo de Orsay, que está adicado ás artes plásticas do século XIX. Encontrarémonos con obras de arte como “Almorzo sobre a herba” e “Olympia” de Édouard Manet, unha proba da estatua “A pequena bailarina de catorce anos” de Degas, “A Igrexa de Auvers-sur-Oise” de Vicent Van Gogh, “O feito” de ToulouseLautrec. Este museo cobre a historia da arte entre os mestres antigos e a arte moderna e contemporánea. Acolle pintura realista, impresionista e postimpresionista.

ANDAINAS DOS CAMIÑANTES

Le Louvre Imos visitar varios museos, pero para nós os máis importante é o museo do Louvre. Este museo abriuse por primeira vez no ano 1793 e atópase no centro de París. Contén a arte anterior ao impresionismo. Entre os seus cadros destacan “A Gioconda” de Leonardo da Vinci e “A liberdad eguiando o pobo” de Delacroix. Dentro deste museo, ademais de cadros tamén hai esculturas, obras arqueolóxicas, etc. Unha das esculturas máis importantes é a “Venus de Milo”. Temos moitas ganas de ir visitar estas obras e, por suposto, a pirámide que está en fronte do museo.

Versalles Versalles foi a capital do reino de Francia. Actualmente é un suburbio de París e está situado a 17,1 Km do centro de París. Encóntrase na municipalidade de Versalles e a súa construción foi ordenada polo rei Luís XIV no ano 1623. O seu estilo é o barroco. O pazo de Versalles está formado por 3 pazos, un xardín e un parque. Tamén contén 55 estanques, entre os que destacan “Gran Canal” e “O estanque de Suíza”. Os museos do pazo de Versalles foron creados no ano 1837 e son coñecidos como Museo da historia de Francia. Constitúen o museo máis grande do mundo. A conservación de Versalles é cara, pero o seu turismo é a clave para o seu mantemento. 20


CAMIÑANTES 2015-2016

DÍA DO LIBRO Por: Susana Guerra Imaxes: Sergio González, Jeyli Guzmán e Sofía Zelarayán,

O Día Internacional do Libro é un súas obras e mercamos outras para poder acontecemento anual que se celebra o 23 ofrecerlle ao alumnado e profesorado do de abril. A festa celebrouse por primeira centro unha exposición con todas elas. vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

Coma todos os anos, dende a Biblioteca do IES Val do Asma quixemos celebrar tamén esta data. Pensamos que, aínda que nos tempos de hoxe calquera persoa, de calquera idade, ten recursos de sobra para localizar información de todo tipo a través de Internet, estaría ben que a comunidade educativa puidese ver e palpar en primeira persoa os numerosos e marabillosos manuais de consulta de que está dotada a nosa biblioteca escolar: enciclopedias, manuais de pintura, arquitectura, biloxía, psicología, dicionarios e vocabularios específicos, etc. E moitos deles dotados de ilustracións a cor que nos permiten imaxinarnos ou observar con precisión esas paisaxes, edificacións, cadros e pinturas… Por outra banda, non podiamos esquecer que este ano 2016 se celebra o V centenario do falecemento de Cervantes e Shakespeare, dous dos escritores máis relevantes da literatura universal. Así que baleiramos os andeis onde se gardan as DÍA DO LIBRO

Fixemos tamén un panel coas figuras de Quixote e Sancho para poder fotografarnos por parellas no corredor da entrada e un divertido “Caxoto”, con bigotes quixotescos, ofreceu unha amena charla-conferencia ao alumnado de ESO, onde se contextualizaba a ambos autores e as súas obras. Grazas a el soubemos que en realidade non faleceron o mesmo día Cervantes e Shakespeare, ou que nin sequera se coñeceron, entre outras anécdotas. Esperamos que vos gustase o que preparamos para vós.

21


CAMIÑANTES 2015-2016

O CURSO ESCOLAR EN IMAXES Magosto

Voz Natura

O CURSO ESCOLAR EN IMAXES

22


CAMIÑANTES 2015-2016

Entroido

O CURSO ESCOLAR EN IMAXES

23


CAMIÑANTES 2015-2016

Día do libro

Rocódromo

O CURSO ESCOLAR EN IMAXES

24


CAMIÑANTES 2015-2016

Torneo de volley

Letras galegas

ntroido 20-O CURSO ESCOLAR EN IMAXES

25


CAMIÑANTES 2015-2016

Teatro en galego en Santiago

Día da ciencia en galego co CEIP Eloísa Rivadulla

Xornada de autoemprego en Lugo

O CURSO ESCOLAR EN IMAXES

26


CAMIÑANTES 2015-2016

Exhibición dos Bombeiros de Chantada

Día de Rosalía

Visitas á Cidade da Cultura e ós Museos científicos

O CURSO ESCOLAR EN IMAXES

27


ESO Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais Ciencias

Ciclos Forma vos CB Mantemento de Vehículos CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles CS Administración e Finanzas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.