Page 1


ÍNDICE ACTIVIDADES NO CENTRO Traballos de Volume Os dereitos humanos Teatro: A rosa de cen follas Europa express O faro escuro Entroido Lobos suxos Samaín

SAÍDAS Patinaxe sobre xeo Museo Belas Artes Fisterra Lucus Augusti Aprendemos moito e tamén nos divertimos Bicos con lingua IMATXINA Viaxe a París Viaxe a Alemaña DÍA DAS LETRAS GALEGAS Conferencia Manuel María Exposición “ O meu cuarto” Manuel María

MAX MIX Calendarios e pictogramas Exposición Deshuellas de José Navas Anécdotas avós Queer avengers Xeroglifo


BIBLIOTECA

FESTA MAPOULA 2015

AGARIMOS PARA TODOS Carlos Pérez María Luisa García Loli Rey Angel Corral Estrella Pérez Mar García Adrián Río Promoción 15-16 EQUIPO DE MAQUETACIÓN


Cristina Barral Villasenín

ÁRBORE ALMA

1º BAC E

Escultura feita con materiais reutilizados

Ésta non é unha árbore calquera , senón unha árbore feita de materiais reutilizados,

como

tubos

de

cartón,

plástico… e composta por un montón de cousas que me gustan e coas que me sinto identificada: velas, lá, veludo,…

Nesta obra nada está porque si (ao menos, non todo).

O centro, o queimador, simboliza a alma e as boliñas a esencia da alma. É por iso que nas polas hai un botiño coas mesmas bólas. As polas simbolizan o corpo e a personalidade, por iso ten cousas que nos relacionan co exterior, así que teño velas (algo que me gusta moito), abelorios cos signos do zodíaco (algo que determina a personalidade), algo que me relaciona con outra persoa (a rama Fabiola), pedras do mar e moitos máis elementos coa mesma función.


Cristina Barral Villasenín

1º BAC E

LABIRINTO

Outro traballo consistía en deseñar un labirinto co que nos identificásemos que nos representase. Eu, que

levaba xa moito tempo querendo probar o “body art”, fixen así o meu labirinto. Está inspirado nun mandala, que son debuxos moi complexos que os monxes tibetanos crean na area e que terminan borrando para

crear outros novos, non permanecen. Así é como vexo eu a vida, como unha sucesión de momentos que simplemente pasan, e por iso elexín esa forma. Ademais, tamén escribín un texto sobre o que para min é o labirinto e graveime léndoo e debuxando sobre o corpo, para presentalo en forma de video.

Fai ti un laberinto sobre ti, sobre a túa pel, sobre as túas cicatrices e feridas, sobre os teus recordos. Un labirinto que semelle doado, e no que en realidade o doado sexa perderse. Sen dobres saídas. Quizais, nin sequera teña saída, quizais nin sequera teña entrada. O meu é un labirinto de recordos. De recordos laberínticos sí, porque podo perder minutos e horas de área (lembrándoos/lembrándome deles). Eses recordos que me fixeron ser quen son, eses que conformaron as miñas manías, os culpables de que odie o queixo ou de que adore o son do mar. Eses amores e odios son as liñas do meu labirinto, eses amores e odios son os que pintan e despintan o laberinto que levo tratando de construír toda a vida e que, curiosamente, é a mesma vida.”


Sheila Buyo 1° BAC C

ESCULTURA FEITA CON MATERIAIS REUTILIZADOS

Hai uns días coñecemos a noticia de que outra muller, de tan só 19 anos, foi asasinada a mans da súa parella. En só tres meses, catorce mulleres morreron por causa da violencia de xénero. Debemos

seguir crendo que o machismo non existe? Cantas máis deberán sufrir o tormento deste sistema que non só non azuda ás vítimas, senón que protexe ao agresor? Vitoria foi unha das tantas que gritou pero que ninguén quixo oir, xunto a ela está Ana, Ascensión, Lisa, María, Lucinda, Silvia, Mariana, Teresa, Susana, Rosemary, Hanane, Francisca, María Isabel e

todas as que este patriarcado enterrou baixo os seus " é unha raposa", "cala, e asume", "non vales para nada"," maquíllate, ponte guapa","vistes como unha puta", " tes que ser unha señorita", " depílate, non sexas porca", "adelgaza". A miña escultura pretende mostrar apoio e lembrar a todas as mulleres rotas, desfeitas, ás que

ninguén parece ver, ás que sufriron acoso, violencia e ás que só puidemos ver nunha necrolóxica do xornal Debemos loitar polas que xa non poden e reivindicar o feito de que non somos escravas, non somos bonecas, somos persoas e somos MULLERES.

NIN UNHA MENOS.


Ángela Camiños Grela

1º BAC D

OUR PERSONAL LABYRINTH For this work we should make a piece similar to a labyrinth, which had to mean something for us. I decided to work with thread because I think it's an amazing material. I have also used a photo frame. After designing the maze, I did the calculations to turn the design from paper scale to real scale. It took me time. Then I started the artwork. I started removing all the accessories from the photo frame to obtain just the wooden rectangle. After that, I marked in pencil the

grid measures and the points where I should make the holes. The next step was to pierce the frame with a drill. I decided to cover the holes with adhesive tape because they weren't too perfect and the teacher wanted a “neat finish”. When I wanted to pass the needle through the hole I just had to press to punch the tape. I “sewed” the frame, first horizontally and then vertically, doing the grid. Finally, I painted the labyrinth with black paint. I decided to do the labyrinth as a grid because I think it represents me. I'm very gridded, organized and strict with myself, but also waste time, because I want everything to be perfect, so it takes me a lot of time to do little things.


REUSING AND RECYCLING TO CREATE SCULPTURE We had to make a sculpture with recycled materials. I decided to create a

tree with birds on it. I used newspaper to make the tree, colored paper for the birds, cardboard and a toilet paper roll for the base, and glue.

The first thing I did were the birds, because I wasn't sure how I wanted to make the tree, and the birds were easy and less messy to make in class. I made them differents colors.

Then, I decided how I wanted to make the tree, I started

to twist the newspaper sheets to make coils. When I had all the coils that I needed, I glued them to a toilet paper roll because I wanted to have a more stable base. Next, I glued a cardboard base to make the sculpture even more stable and I covered it with pieces of newspaper. After that, I twisted more the paper and I gave it the form that I wanted. For this, I helped myself with the glue, so it would stay in the position better. Then I left the tree to dry during the night. Once the coils were dry the next day, I glued the birds onto the branches of the tree. And this is the final result, I like how the bright colors of the birds contrast with the grey of the newspaper. I hope you like too :)

Clara Canzobre Castelo 1ยบ BAC C


Ángela Díaz Fernández

FIGURAS FANTÁSTICAS

Nas fotos podedes ver ao PIROPLASTER, un antrópodo de exoesqueleto negro e de metal, que vive na

lava candente. E ao SEGADOR ESMERALDA, insecto parecido a un mosquito, de cor verde brillante, que come vexetais, destrozando as colleitas por onde pasa. Tamén á BABOSA TRICOLOR, especie moi esquiva, de cores brillantes que vive oculta nas selvas tropicais e ten un veleno modal. URSUREX é unha feroz criatura con forma de oso, con catro ollos e unha fila de púas no lombo. A única especie das que vos amoso aquí que é inofensiva é a MEDUSA BLANQUECINA.

Estas figuras de creativas fantásticas están modeladas en pasta flexible (pódese atopar en varias marcas, como Jumpling Clay ou Funny Gummy). Empecei a facelas no taller de cosplay ao que asisto e continuei nas clases de Volume do instituto.


O LABIRINTO

Fabiola Quintela Barba 1º Bach C

-tentas coñecerme? -...

-Ben, é doado, mais depende do camiño que tomes. -... -pero non tentes chegar ao fondo do meu ser, porque che aseguro, que non quererás coñecerme...


OsDer ei t osHumanos

4ยบ ESO


Alumnos 4º ESO

Rosalía, a rosa de cen follas

A compañía Galeatro veu ao noso centro para representar Rosalía, a rosa de cen follas. “Rosalía, a rosa de cen follas” é unha montaxe teatral que que achega a vida e obra desta autora aos espectadores a traveś das súas obras tanto poéticas como narrativas : “Cantares Gallegos”, “Follas novas”, “La hija del mar”, “El caballero de las botas azules”... A obra cóntanos os momentos máis importantes e transcendentais da súa vida desde o nacemento en Santiago ata a súa morte en Padrón. Do seu nacemento como escritora, o seu casamento con Manuel Murguía, ata a súa consagración como poetisa chegando a ser a principal figura do Rexurdimento e da poesía do século XIX. Charlamos con TONE MARTÍNEZ director da compañía de teatro GALEATRO sobre as obras representadas no centro.

Como xurdiu a idea de realizar unha obra de teatro sobre Rosalía? Despois de levar a escena a vida de Castelao propuxémonos como reto repetir a fórmula coa figura máis representativa da cultura galega: Rosalía de Castro. Dende un primeiro momento a nosa intención é dar a coñecer aspectos relacionados coa cultura e a tradición galega. Nacemos con esa vontade. De aí que o paso natural despois de representar a Castelao fora intentar achegarnos á figura de Rosalía.

Xa vos achegarades a unha obra sobre Castelao. Como foi o proceso de adaptación ao escenario da vida e obra destes dous escritores? Mantendo as dúas un obxectivo similar (que os alumnos e alumnas coñezan a vida e obra de cada autor/a) os procesos foron radicalmente opostos. Segundo o noso parecer, a obra de Castelao favorece ó acto dramático en sí mesmo. O humor crítico dos seus textos e das súas viñetas fixeron que atoparamos máis puntos de “enganche” co espectador.


No caso de Rosalía, enfrentámonos á pregunta: “Que queremos contar?” Nun primeiro momento apareceron ideas mais contemporáneas: dende unir poesía e danza ata facer un traballo totalmente de recitado. Tendo en conta os espazos no que solemos representar as montaxes (salón de actos de centros educativos con moi poucos recursos), decidimos afrontar a montaxe dun xeito similar ó de Castelao.

Cal foi o máis complexo? Sen dúbida a montaxe de Rosalía. O tratarse dunha peza didáctica para adolescentes sempre tratamos de buscar puntos de fuga (alivios cómicos) para que non se lle faga moi pesado o espectador. No caso de Castelao, os puntos de fuga eran os contos que se dramatizaban mentres que no de Rosalía foinos máis complicado de atopalos.

Como foi o proceso da escenografía e en concreto do vestiario de Rosalía? A nivel escenográfico e dada a precaria situación das artes escénicas en Galicia sempre traballamos baixo dúas premisas: que a escenografía colla nun coche e que sexa adaptable a calquer espazo. Tendo en conta isto, decidimos intentar recrear, baseándonos en material fotográfico, como sería o faiado da casa de Rosalía de Castro en Padrón. En canto o vestiario, traballamos co concepto de loito, tan común na moral cristiá, tendo en conta tamén o material fotográfico que atopamos de Alejandra.

En “Rosalía a rosa de cen follas” gustaríanos saber se o proceso de colgar e recoller a roupa ten algún significado ou se simboliza algo. Durante a montaxe intentamos traballar baixo o concepto do recordo. O recordo dos libros que atopa Alejandra no faiado e o recordo das prendas que pertenceron á súa nai e a súa avoa. Queríamos que as voces en off definiran o que lle producía a nivel emocional á personaxe.


Blanca Orro Toral

4º ESO

UN BONITO E ENTRETIDO

PASEO POR EUROPA

O pasado martes 3 de maio, Andrea Maceiras, escritora de obras xuvenís como “Nubes de evolución“ ou “Europa express“ (ambas lidas por nós), sorprendeunos coa súa visita. Ao comezar a charla leu un fragmento dun spin off dun personaxe non moi importante do libro e a continuación comezou a ronda de preguntas:

Por qué escolliches o interrail para a túa obra ? Con cal dos personaxes te gustaría ir tomar un café ? O final xa o pensaras ou apareceu polo camino ? Estes son uns poucos exemplos das preguntas que se fixeron.


Ao principio pouco a pouco as mans se foron alzando, e ao final da sesión case non dábamos feito, todo o mundo quería preguntar algo; por desgraza acabouse moi pronto, e moitas preguntas quedaron sen resposta. Andrea asinou todos os libros que os alumnos lle presentaron cunhas bonitas palabras:

“ Toda a liberdade das aves migratorias. Apertas viaxeiras “ Andrea

O único que podo dicir é que me gustou moito e agardo que volva aparecer por aquí con alguna obra nova.


Julián Nova Hervada

2º E.S.O

O libro ``O faro escuro ´´ paréceme bo porque a min soen gustarme as

O FARO ESCURO

Na reunión coa autora María Lopéz Sández díxonos que sacou a idea porque

novelas negras ou policíacas.

estivo uns días nun faro, sóame ben pero

Ao principio o libro e moi lioso, fala

aínda así é ameno.

do avión , do pozo, cando secuestran á protagonista e da investigación e

eu cambiaría o do principio que é lioso,

A parte do libro que máis me gusta é

líaste moito pero logo, entretente e

cando Catalina Moscoso, a protagonista,

O final paréceme moi irreal que o fareiro

dende onde estaba presa no pozo.

engánchate.

se caia e se mate.

ata a Coco, o can, ao lombo para saír


María Suárez Añón

O FARO ESCURO

4ºESO

Este trimestre tivemos a sorte de contar cunha charla de María López Sández, autora do libro O

faro escuro entre outros. Neste evento xuntámonos os alumnos dalgúns cursos da ESO no salón de actos e tras unha presentación de María Orro e Marina Dans comezounos a falar a escritora. Contounos diversas curiosidades sobre o libro, como por exemplo, que comezara a imaxinalo todo a través dunha acuarela que encontrara, e que máis tarde descubriría que era obra da fareira de Sálvora. Esta muller prestoulle gran axuda a medida que escribía o libro, pois era ela quen lle resolvía as dúbidas a María, que non entendía moito de faros. Tamén nos comentou que o primeiro capítulo escríbirao de regreso á súa casa no avión, ela tiña tantas ideas que necesitaba plasmalas no papel para que non fuxisen da súa cabeza antes de chegar. Este libro escribiuno en moi pouco tempo porque ía a contrarreloxo, segundo dixo en catro semanas aproximadamente xa o tiña acabado, sen embargo, foi un dos que máis disfrutou coa súa escritura. María pretendía centrarse na maneira na que os personaxes tomaban decisións nas situacións extremas, reflexando que na realidade tampouco sabes como vas reaccionar ata que te ves implicado nunha delas. Tras esta presentación deu paso a que lle preguntásemos sobre os aspectos que nos intrigaban ou sobre algo que non entendiamos. E quén mellor para resolver as nosas dúbidas que a propia autora do libro!


OUTRO ENTROIDO TEMPO DE RUADA

Outro ano máis celebramos no insti o entroido. Quen máis quen menos foi apañando no último momento algún disfraz para non faltar a este

día que xa se está convertendo nunha tradición. Este ano como novidade en colaboración coa Biblioteca expuxéronse fotos e pequenos traballos sobre as distintas celebracións do entroido nos diferentes lugares de Galicia.


Milagros Álvarez

Profesora de Historia e Arte

LOBOS SUXOS

O pasado mércores, 25 de Maio, tivemos no centro a novidade da proxección dunha das últimas películas de realización española , Lobos Suxos, por xentileza da súa distribuidora Syldavia cinema. E,

puidemos contar, ademais, coa presenza tanto do seu director, Simón Casal de Miguel, un director moi novo, como do seu produtor Pancho Casal. O Film prendeu pronto na atención dos alumnos (todos eles de 1º Bac, con historia do mundo contemporáneo), nela nárrase unha historia real na posguerra española. É a historia de dúas irmás e a súa relación coa explotación das minas de wolfram, mineral que en Galicia e o norte de Portugal abundaba e que era de vital importancia para a industria de armamentos nazi. Aínda que cara a opinión internacional o goberno de Franco se

mantivo neutral na contenda, axudaba ao seu modo ao goberno nazi, en gran medida presionado por


dito goberno pola axuda que este lle prestou ao bando gañador durante a nosa Nela podemos ver

dúas constantes da 2ª Guerra Mundial: a prepotencia nazi e a súa obsesión por atopar unha base que xustificase o que estaban a facer, e pola outra o tratamento dado aos xudeus que buscaban, como fose unha vía de saída, aínda que fose tan afastado de Alemaña como Galicia e Portugal.

Pero

nela

pode

tamén

verse

a

situación de pobreza na

que

se

encontraba España despois de tres anos de loita fratricida, e especialmente

Galiza, moi afastada ,e incomunicada do resto da península. O

seu

retraso

aparece non só nas vestimentas,

senón

no descoñecemento de elementais

medidas de

hixiene, o do gran descubrimento médico da época a penicilina, que a Manuela parecíalle algo descoñecido e perigoso. O coloquio que houbo despois despexou as dúbidas que o visión da película deixou no alumnado, a meirande parte sobre a base real dos feitos narrados, ou sobre o porqué do nome do film Lobos Suxos cando se trataba da explotación clara do volframio. Simón aclarou as dúbidas, era un xogo de palabras pois wolf, é lobo e fram significa suxo. Creo que coa explicación sobre o proxecto e realización da película deixaron moi claro o longo e complexo proceso que se atopa detrás da pantalla, así como o custo real que leva aparellado. Pero non só nos informaron da loxística que acompaña a estas producións , senón que nos transmitiron a paixón que os dous amosaron con toda claridade sobre o seu papel na mesma. Cando ao final , xa fóra do salón, seguiron a falar cun grupo de alumnos, mostraron tamén a súa satisfacción pola acollida recibida, máxime por ser en Adormideras, centro no que ás veces o mesmo Simón de máis mozo xogou ao fútbol, pois os dous son veciños desta zona da cidade xa que viviron anos na rúa de Orillamar.

Esperemos que a peli teña toda a sorte do mundo, e esperamos volver a vernos nas mesmas circunstancias, eles falando sobre a realización doutro novo film e novos alumnos de Adormideiras atendendo as súas explicacións.


AS CABACIÑAS DO SAMAÍN

Como outros anos o ENDL celebamos o Samaín en cooperación coa biblioteca. Podedes ver as extraordinarias cabazas realizadas polos alumnos. Algunhas moi, moi terroríficas, outra pola contra, belamente decoradas. Os gañadores do 1º premio na categoría da ESO son, moi merecidamente: Alba Morán de 1º ESO B e Elena González de 2º ESO. Recibiron un accésit igualmente: Susana Felpeto e Ariadna Pérez de 1º ESO B e Tatiana Villa de 2º ESO. Na categoría de Bacharelato a cabaciña gañadora foi o de Joao Víctor Santos de 1º D de BACH.

Así celebramos a semana do terror!!!!


Alicia Albuerne Pardo

3º ESO

PATINAXE SOBRE XEO

Esta segunda avaliación os nenos e nenas de 3º ESO fixemos unha saída á pista de xeo situada no Dique de Abrigo. Fomos ata alí andando xa que non chovía e de paso demos un paseo. Ao chegar e

ver esa preciosa

pista, púxenme case tola porque nunca patinara sobre xeo e en certo modo tiña algo de medo. Puxemos os patíns e rapidamente entramos na pista, alí había uns bonecos para suxeitarse e patinar ao mesmo tempo e uns conos que indicaban a dirección que tiñamos que seguir para non chocar uns con outros. Eu caín moitísimas veces, de feito queimei un pouco o xeonllo porque o meu pantalón estaba roto pero dada a ledicia non me doeu nada. Pasámolo xenial, rimos moito uns dos outros polas veces que caemos ao xeo, menos da pobre Iria que nunha caída con mala sorte rompeu o brazo esquerdo e xa non puido seguir patinando. Fixemos moitas fotos e gardo moi bo recordo dese día.


Departamento de Latín

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES dos alumnos de Cultura Clásica

Os alumnos de Cultura Clásica de 3º ESO realizaron no segundo trimestre unha visita ao Museo de Belas Artes de Coruña. A actividade chamada “En busca do Enigma”, dividiuse en dúas etapas, na primeira parte os

alumnos en grupos de dous ou tres recolleron as pistas necesarias para descifrar un enigma. As pistas levábaos a diferentes cuadros repartidos polas distintas salas. Xa na segunda parte realizábase unha posta en común, na que os alumnos amosaban a resposta ao enigma e a guía facía unha breve exposición cadro por cadro.

Resultou unha experiencia moi interesante, na que os alumnos participaron activamente podendo aplicar os contidos aprendidos na aula.

Intentaremos repetir esta actividade nos anos vindeiros


Pablo Gestal 4º ESO

Viaxe a Fisterra

Cidade de Borneiro A primeira parada na ruta cara a Fisterra, dende onde se pode ver a ría de Corme e Laxe. Este castro foi habitado entre os séculos VI a.C. e I d.C. Están escavados 36 edificios aproximadamente. É un exemplo da cultura castreña e da era do ferro. Aquí dedicámonos a pasear admirando os edificios circulares.

Dolmen de Dombate Pénsase que este dolmen foi construído arredor do ano 3900a.C. (a anta máis antiga) e no 3500 a.C. (a máis moderna). No interior do dolmen hai gravados de díficil interpretación. Nas escavacións

atopáronse numerosos obxectos

como cerámicas, ídolos,machados... que "gardaban" a entrada. O dolmen ten unos 24 metros de diámetro e 1,80 de altura e a pedra que cubre o dolmen pesa entre 6 e 7 toneladas. Aquí entramos en dous grupos diferentes porque eramos moitos.

Cabo Vilán Está situado no concello de Camariñas, foi inaugurado en 1986 e foi o primero en incorporar luz eléctrica. Foi construído polos múltiples naufraxios que tiveron lugar nesa zona. Como detalle curioso en castelán estaba traducido coma "Cabo villano". Aquí subimos ao punto máis alto para ter mellores vistas da paisaxe.


Fisterra Este lugar ten o nome de Fisterra porque os antigos non coñecían a existencia doutras terras máis alá, entón era a fin da terra. Neste lugar paramos un bo anaco para contemplar as súas fermosas vistas onde podes ver só mar ata o infinito.

A fervenza do Xallas Esta é a última parada importante. É a única desembocadura dun río europeo nunha fervenza, nun salto de 120 m, aínda que antes era máis espectacular xa que agora só cae un caudal mínimo. É aquí aproveitamos pra facer fotos.


Lucus Augusti Excursión a Lugo

Salve amici et amicae! O día 29 de febreiro os alumnos de humanidades e alg úns de Ciencias Sociais de 1º Bacharelato realizamos unha excursión a Lucus Augusti, acompañados dos profesores Ángel, Milagros e Inés. Saímos ás 8.45 h do instituto e dirixímonos a un bat án que se atopa na vila de Mezonzo. Un se ñor explicounos como funcionaba o batán antigamente (mediante o movemento da m áquina grazas ao río que pasaba o batán prensaba a lá para que abrigase máis), e p úxoo a funcionar; foi moi interesante.


Despois desta parada dirixímonos ao mosteiro cisterciense de Sobrado dos Monxes onde, grazas as explicacións da profesora Milagros, soubemos como era a vida, os costumes, etc dos monxes que al í vivían; vimos a cociña, o claustro, a igrexa, etc. Volvemos ao autobús e dirixímonos cara Lucus Augusti, onde nos deixaron tempo libre para comer e visitar a cidade: a muralla, o casco antigo, etc. Despois de comer collemos rumbo ao Auditorio Gustavo Freire para ver unha adaptación da obra “Os Xemelgos” de Plauto, a cargo do grupo de teatro “Noite Bohemia”. Nesta comedia nárrase a historia de Menechmo e Sosicles dous irm áns xemelgos que foron separados ao nacer. Como Menechmo desaparecera, o avó dos irmáns decidiu adoptar a Sosicles, pero cambioulle o nome e púxolle; Menechmo. Os dous irmáns xemelgos crecen separados, sen saber un do outro, pero todo cambia cando Menechmo (Sosicles) decide buscar a seu irm án. Ent ón comezan a suceder diversos malentidos que vos far án pasar un bo rato e botar algunha gargallada. Tanto alumnos como profesores disfrutamos moito. As 18.30 h partimos cara A Coruña no bus e sobre ás 20.00 h chegamos á parada de autobuses de Adormideras. Se tedes a oportunidade apuntádevos que é una excursi ón na que aprenderedes e pasaredes un bo día, ides disfrutar moito, seguro!

Este artígo fixérono as alumnas de 1º de Bach, e eu, a s úa profesora Inés, quero manifestar o meu agradecimento aos alumnos que, un ano máis participan nesta actividade, e mesmo que aposten por esta modalidade de bacharelato, nestes tempos nos que as Humanidades est án tan desprestixiadas. PAUCI SUMUS SED NOBILES! Asimesmo, quero aproveitar para despedir aos meus queridos e inesquecibles alumnos de 2º de bacharelato A, cos que levo tantos anos compartindo alegr ías e tristuras, luces e sombras. Moita sorte neste inicio de etapa, e xa sabedes que estarei aquí para o que precisedes.

¡ FORZA E HONOR! Fotos realizadas por Faia Bermello Corominas e artigo realizado por María Fernández López e Inés Trigás Pereira, alumnas de 1º Bacharelato B. Coa colaboración de Inés Sánchez Pereiro, profesora de latín e grego.


Pedro Fernández Azofra

3º B ESO

APRENDEMOS MOITO E TAMÉN NOS DIVERTIMOS!!!!

Visitamos ao PORTO DA CORUÑA durante toda una mañá. Esta saída didáctica estivo organizada pola profesora de sociais Silvia Collazo. O primeiro que nos explicaron foi os tipos de embarcadoiro e os barcos que atracan en cada un.

A o entrar na lonxa vimos as cámaras de seguridade e explicáronnos que había moita xente que intentaba roubar pero que case ninguén o conseguía. Tamén controlaban se a xente pescaba en propiedade privada.

Outra visita que resultou moi interesante foi ao ARQUIVO DO REINO DE GALICIA coa profesora de lingua e literatura galega María Xosé González. Nesta saída o que aprendemos principalmente foi o proceso de restauración de libros e textos moi antigos, que á primeira vista parecía que non se podían ler.

Tamén nos explicaron que nese lugar hai moitísimas textos que conteñen información e que se se puxesen en fila chegarían a vinte e tres quilómetros, coma de aquí a Betanzos.


BICOS CON LINGUA

Recomendámoslles a todos os que non puideron ir ver o espectáculo de BICOS CON

LINGUA que cando teñan á oportunidade non deixen de facelo. O alumnado de 1º de Bacharelato e 4º de ESO fomos o luns 11 de abril ao teatro Colón a esta representación da compañía Talía teatro. É un espectáculo en clave de comedia no que a través de

diversas situacións da vida diaria nos fai reflexionar sobre os usos e abusos da lingua galega.

Comedia e parodia que fan rir e ao mesmo tempo pensar sobre a situación da lingua e a responsabilidade que temos todos, especialmente as xeracións máis novas no futuro do galego.


Dpto. de Matemáticas

IMATXINA

A Fundación Barrié e a Fundación Escola Rosalía de Castro, co asesoramento da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA), organizaron por primeira vez con sede en Coruña a XII Edición de IMATXINA, un programa de actividades didácticas e concursos….e alá fomos nós!!

Participamos nos diferentes obradoiros: pentacubos, hologramas, ilusións ópticas, simetrías, xogos de lóxica, tangram...e gustounos tanto que ata se nos chegou a pouco a mañá que botamos alí... Así sí que molan as Matemáticas!

"Sempre crin que o mellor camiño para facer as Matemáticas interesantes aos alumnos e profanos é achegarse a eles en son de xogos"

Martin Gardner


Ademais, un grupo de cada curso da ESO participou no LIGAMATS, enmarcado dentro do

IMATXINA, unha liga entre equipos de Centros para resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams…). Os participantes foron: 1º ESO

2º ESO

Guillerme Alves de Melo Martíns

Victor Chamorro Rodríguez

Levi Barros García

Julián Noya Hervada

Paula Baz Bueno

Lucas Núñez González

Lucía Sesar Ares

Lúa Pérez Garrido

3º ESO

4º ESO

Luis Manrique Domínguez Cibeira

María Suárez Añón

Raúl Mendoza Cristóbal

Violeta Moldes Rivas

Jacobo González Rodríguez Carlos Rodríguez Castro

Clara Rey Iglesias

Pablo Gestal Fernández

A MALETA VIAXEIRA O novo alumnado de 1º de ESO tamén se interesou na lectura matemática. Sí, sí, lestes ben, libros relacionados coas matemáticas....


Alba Morán Martínez Susana Felpeto Pita

1º ESO B DIARIO DA NOSA VISITA A FRANCIA

Día 1: Saída do aeroporto e chegada a París. Collemos o avión no aeroporto de Santiago e tivemos a coincidencia de que nos tocou xuntas con Cristina. Eu, Susi, era o primeira vez que montaba en avión e púxenme tan nerviosa que ao despegar agarrei a man de Alba e case acaba sen ella. Ao chegar a París chovía e leváronnos en bus para recoller as maletas. Logo collemos outro bus para ir ata o hotel Ibis Porte d´Orleans. Unha vez instalados baixamos dar un paseo pola zona e coller as entradas para o metro. Na taquilla do metro, sen querer, pulsamos un botón vermello e saíu un garda de seguridade berrando en francés. A pobre profe Lucía quedou abraiada do carácter do home. Despois fomos a un supermercado e ao ser un grupo tan numeroso o dependente non viu a profesora e pensou que eramos uns vándalos. Como era o aniversario de Lúa compramos lambetadas e ceamos xuntas.

Día 2: compramos macaróns, visita ao Sacre Coeur, pianista na parada do metro. Pola mañá quedamos ás 7,45 para almorzar todos xuntos no hotel, era un bouffet. Saímos do hotel cara ao metro, en dirección ao Sacre Coeur. De camiño, paramos nunha tenda e compramos macaróns. Os nenos de segundo montáronse nun carrusel e logo entramos no Sacre Coeur. Comemos crêpes e fomos a unha muralla que poñía “quérote” en todos os idiomas, tiramos fotos polo camiño,pasamos a carón do Moulin Rouge, que é un gran muíño onde actuaban as cabareteiras. A continuación paramos nunha gran estación de tren que parecía un centro comercial porque había tendas e postos de comidas omo MacDonal´s ou o Burgerking. Había un mozo que tocaba moi ben o piano e mentres moitos nenos comían unha hamburguesa , nós escoitamos un cacho o pianista. De camiño ao metro paramos nas galerías Lafayette onde había un montón de bonecos Disney. Vimos tamén a ópera Garnier por fóra e enriba de todo había tres esculturas que parecían de ouro. Viaxamos no metro para o hotel e ceamos.


Día 3: Versalles e Torre Eiffel. Pola mañá fomos a Versalles. É un palacio enorme e moi bonito. Todas as habitacións estaban moi decoradas.Xantamos nunha pizzería e pola tarde fomos á Torre Eiffel.Unha vez arriba, subimos aínda máis por unhas escaleiras. Cando estabamos arriba de todo.... comezou a nevar! Parecía algo máxico. Paseamos polos campos Elíseos e collemos un tranvía exterior. Cando chegamos á última parada as portas pecharonse e eu, Alba, non puiden saír do tranvía. Todos quedaron abaixo e eu quedei soa. Unha rapaza consoloume e baixou comigo na seguinte parada. De súpeto chegaron Lupe, a profe, e outros nenos correndo. Que susto ! Coma sempre, hotel e cea. Día 4: Louvre, ponte dos candados e Notre- Dame. O Louvre é un museo precioso e vimos a Mona Lisa e outros cadros e esculturas importantes. Logo subimos a unha nora moi grande, comemos nun restaurante carne crúa!!!. Máis tarde fomos a NotreDame e polo camiño atopamos unha ponte con moitos candados e todo por alí con moita policía porque sospeitábase que estaba algunha persoa que puxera as bombas nos atentados de París. Chegamos a NotreDame e sacamos fotos xunto á famosa catedral e fomos a un parque onde xogamos nunha estrutura e a xente comezou a sacarnos fotos … porque eramos vinte persoas xirando nun cinchón. Cansadiños marchamos durmir.


Día 5: Disneyland. Ben!!!! Tocou ir a Disneyland. Pasamos alí todo o día comemos nun restaurante de Pinocho e todo foi incrible. Había cabalgatas... todas moi bonitas. Sen dúbida, a mellor atracción foi a Space Mountain. Susi non quixo subir a primeira vez pero logo xa se animou. Tratábase dunha lanzadeira espacial e ías viaxando polo espazo con xiros de 360º e tirabuzóns. A profe Lucía subiu nunha de Indiana Jones sen saber que había tamén un xiro de 360º. Jaja.Foi incrible. Día estupendo. Día 6 : Volta . Que pena! Almorzamos e fomos pasear polos arredores pois non podiamos ir ao paseo polo Sena debido ás manifestacións. Mercamos baguettes para facer os bocatas que comeriamos no avión e vimos un monumento adicado ás nais francesas. O bus levounos cara ao aeroporto e xantamos alí. O avión saíu tarde pero chegamos sobre as nove da noite. Todas as familias estaban alí agrdándonos e todos os pais aplaudiron ás profes. E así rematou a nosa extraordinaria semana parisina!

MOITAS GRAZAS A LUPE E A LUCÍA POR ESTA VIAXE TAN MARABILLOSA!!!! SODES AS MELLORES PROFES DO MUNDO.

Marta González 1º ESO A | PARÍS.......

O que máis me gustou de París foi Montmatre, o barrio dos pintores que é a parte máis bohemia da cidade. Gustoume porque puiden ver moitos estilos de arte que non coñecía. Vin como os

pintores plasmaban a súa visión dos distintos lugares desta gran cidade. Vin tamén como representaban as persoas nos seus debuxos. Deime conta de que cada detalle que había era esencial para que o cadro tivese harmonía. Pero o que máis me gustou foi que o máis pequeno podía ser o máis fermoso.


DORTMUND:

María Fernández

O NOSO GRAN DESCUBRIMENTO

1º Bach. B

Que soe pasar cando viaxas a un país estranxeiro? Que un séntese sorprendido por moitas cousas que chaman a atención, xa que a sociedade, os costumes e as culturas varían notablemente. No primeiro que nos fixamos na nosa viaxe a Alemaña foi

na comida e na bebida. Usan manteiga practicamente para todo, e a auga con gas e o zume de mazá non pode faltar na súa despensa. E os pementos e pepinillos como aperitivos? Sorprendeunos que para a festa que houbo no colexio os trouxeran. O de que os alemáns son moi estrictos á hora de xantar é un mito, tanto podiamos comer ás doce como ás seis da tarde.

Qué teñen que ver os rinocerontes con Dortmund? Hai rinocerontes nesa parte de Alemaña? Qué perigo! Abraiounos a cantidade de esculturas de rinocerontes con ás que había pola cidade, xa que este animal é o emblema de Dortmund. E qué dicir do fútbol! Para os habitantes de esta localidade é moi siginificativo o seu equipo de fútbol, o

Borussia Dortmund, que compite na Bundesliga. Toda a cidade está chea de obxectos co escudo de este equipo, ata banderas nos campos de cultivo. Así é o seu anatismo que a chica que nos mostrou o estadio, contounos que hai xente que pode estar esperando 10 anos para facerse socio. Quizais o que máis impresión nos causou foi o comportamento dos alumnos alemáns no Europa Schule. É verdade que tratan de ustede aos profesores, e se teñen que levantar cando entran na clase, pero despois pásanse a hora falando e xogando na clase, un auténtico descontrol. As aulas as teñen moi sucias e desordenadas, e case non teñen tecnoloxías. Que afortunados somos e que sorte teñen os profesores de Adormideras connosco! Despois de todo, o que máis nos gustou foi a hospitalidade dos nosos estudantes de intercambio e o ben que nos trataron. Fixéronnos pasar unha semana estupenda. Tanto os alumnos como as profesoras dámoslles as grazas e esperamos velos pronto!


Faia Bermello Corominas

Cunca do Ruhr

1ºB-Bach

A cunca do Ruhr é unha rexión situada

parques. Nós, na nosa viaxe a Dortmund

Renania, a cal tivemos a sorte de visitar este ano

unha fábrica de carbón que quedou en desuso

no oeste de Alemaña, no estado federado de

puidemos visitar o Skywalk (en Phoenix West),

co instituto. Comezou a desenvolverse a finais

e que agora pode visitarse e pode tamén verse a

principal zona de industrialización, non só

de visitar o museo da minería de Bochum, que

do século XIX chegando a converterse na alemana, senón tamén europea.

No século XX sen embargo, a perda das

dúas Guerras Mundiais por parte de Alemaña xunto ca competencia industrial doutras zonas

europeas, vai provocar que a zona do Ruhr

súa estructura interior. Tamén tivemos o pracer recrea unha mina con moito realismo (e ten unha superficie de 2km!), e que podes recorrer para ver de cerca como era a extracción do carbón.

En resumo a Cunca do Ruhr é unha

sufra unha gran decadencia que vai levar ao

gran e recomendable zona turística, non só

tiña (maioritariamente de carbón).

porque podes visitar as antigas fábricas de

peche de moitos dos complexos industrias que Mais todas estas industrias que tiveron

que pechar e que quedaron en desuso supoñen agora unha gran atracción turística e cultural xa que foron convertidas en museos ou en

polas grandes paisaxes que ten senón tamén carbón ou as minasque fixeron desta zona o gran centro industrial que chegou a ser.


CHARLA-CONFERENCIA SOBRE MANUEL MARÍA

Dentro das actividades adicadas á Semana das letras Galegas tamén visionamos na biblioteca un documental de Gonzalo Veloso sobre este autor.

A partir do documental realizamos a actividade na que cubriamos unha ficha sobre a vida e a obra de Manuel María e comentamos os aspectos máis importantes dos seus libros e a relevancia que tivo para a cultura galega.


Carmen Tembrás Alonso Directora

CARIÑOSOS ADEUS A MÁIS COMPAÑEIROS QUE REMATAN O SEU LABOR PROFESIONAL Un ano máis temos que despedir a dous profesores que, malia súa vitalidade e seu ben facer, decidiron que chegara a hora de por fin a súa carreira profesional. Trátase de María Luísa, profesora de debuxo e vicedirectora os sete últimos anos e de Carlos Pérez, profesor de bioloxía e ex-director do instituto. Despedimos a dous grandes profesionais, pero sobre todo a dúas grandes persoas que fixeron moito polo instituto e que deixarán unha fonda pegada difícil de borrar.

M

aría Luísa xubilouse axiña de máis. Os alumnos perderon a unha grande profesora e o instituto perdeu unha excelente vicedirectora. Os que tivemos a sorte de disfrutar das súas graduacións con “performances” incluídas nom as imos esquecer en moitos anos. Disfrutamos tamén das súas exposicións de fin de curso e disfrutamos moito da súa alegría contaxiosa, escoitala falar galego co seu acento andaluz era como un sinal de identidade do nos instituto plurilingüe. Pero para min foise tamén unha amiga con maiúsculas. A nosa amizade foise xestando no traballo, as horas dedicadas á dirección dan moito de si. Traballar con ela foi coma un agasallo.

C

arlos non sabe aínda que vai botar moito de menos as aulas, pero o seu entusiasmo á hora de inculcarlle ós alumnos o gusto pola investigación non pode desaparecer dun día para outro. Ninguén coma el para dar respostas ao mundo que nos rodea a partir do estudo do máis pequeno. As horas de laboratorio e o uso do microscopio como ferramenta clave no estudo da bioloxía defíneno á perfección. Carlos foi tamén director e temos que agradecerlle moito. Durante catro anos sentou as bases do que serían logo as sinais de identidade do noso instituto, sinais que eu herdei e que fixeron a miña tarefa como directora máis doada. Teño que agradecerlle que puxera no meu camiño a dirección porque eu non podía imaxinar que esta nova función, malia algúns sinsabores ía facerme medrar como profesional e como persoa. Como dixen máis arriba despedimos a dous grandes pilares do instituto desexándolles todo o mellor na nova etapa que van comezar.

AGARDAMOS AS VOSAS VISITAS


LOLI E ÁNGEL

Dous profesores máis decidiron xubilarse: Loli Rei e Ángel Corral. Se non o fixeron antes é porque para eles é unha decisión moi difícil alonxarse da docencia, á que estaban entregados dende hai máis de trinta anos. A súa paixón polo ensino levounos a demorar ata o último momento esa decisión que meditaron moito. Dende logo, deixan un burato difícil de encher no noso Instituto. Loli leva con nós case tantos anos como ten o Centro, e constitúe un piar deste Instituto, pola súa profesionalidade e entrega total ao labor do ensino da lingua, botando todas as horas do mundo neste traballo. Cómo lembramos todos eses ensaios teatrais para pór en pé “ La Zapatera Prodigiosa ” ! , unha experiencia tan enriquecedora para os rapaces. Ángel non leva tanto con nós, pero fíxose querer por todos os

que o coñeciamos,

profesores e alumnado; sempre dispoñible, pero sempre discreto. Botaremos de menos tamén a túa cordial ironía. Que o voso labor impagable e as lembranzas agarimosas que deixades atrás os alenten neste retiro merecido e gozoso.

Ata pronto!


Unha ferrolá

Manuel

do barrio da Madalena

Mallo Losada

Quen nos ía dicir que logo de vinte e tres anos

sen dúbida, “alegría”; porque iso é Estrella ,

a traballar con nós, a Estrella , ou “a risada de

un rir acotío para lle sacar un chisquiño de

Adormideras”, que vén a ser o mesmo,

seriedade á vida, que boa falta fai.

tocaríalle seguir a súa vida administrativa

A administración considera, por fin,

noutro centro educativo. Esta ferrolá do barrio

que cómpre atender unha vella demanda dos

da Madalena chegou ao instituto alá polo ano

colexios de primaria: dotalos de persoal

mil novecentos noventa e tres, case que coa

administrativo. Disque parte delas deben

primeira promoción do Bacharelato Artístico e

cubrirse con persoal de institutos de baixa

a implantación anticipada da LOXSE. Daquela

matriculación, seica a ratio pesa máis que as

recibiamos rapaces de Cantabria, Asturias e

características especiais que poida ter cada

León,

centro. Ela vaise.

e

compartiamos

co

secretario

un

ordenador e unha impresora matricial “último

Como din os Celtas Cortos, “nos vemos

modelo” que nos evitaba facer as actas a man.

en los bares”, ferrolá, compartindo cafés, viños,

O que choveu, ¿non si?. Pero imos ao conto, se

risas e alegrías.

tivésemos que buscar unha palabra para definila, os que a coñecemos e traballamos ao seu carón durante tantos anos, escolleríamos,

Bicos e apertas, porque para nós es moito máis que un numéro de rexistro persoal.


SEMPRE NO NOSO CORAZÓN

Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ó mar deixando unha chorima en cada pedra, e unha bágoa de Deus en cada herba. “ Como un río” de Nimbos X. M. Díaz Castro


Un antigo alumno, Adrián río AbelleirA que rematou o bacharelato de artes no IES Adormideras no 2007-2008

voltou xa licenciado en Belas Artes ao centro e neste fermoso poema

cóntanos

a súa experiencia, as súas

impresións... antes e agora do insti.

Dende o outro lado do espello,

Porque non hai nada mellor

parece que foi onte,

que encaixar tódalas pezas pola forza.

que o tempo parou.

Uns marchamos, outros chegan,

“Pensaba que eras un alumno”

algúns voltamos.

E fun,

pero a esencia se mantén.

Supoño que terá algo que ver,

Mudan as caras, mudan as voces;

Este é o búnker ó que chegamos, refuxiados. O crebacabezas da nosa existencia comeza a ter sentido, que non orde.

fai anos.

aínda que non xustifica esta incongruencia métrica. O instituto non son os mellores anos da vida de ninguén.

Non vos deixedes enganar. Pero marcan cómo seredes, e pode que de aquí a uns anos

tamén pensen que vós sodes alumnos. “Pensaba que eras un alumno” E fun,

pero uns marchamos, outros chegan, algúns voltamos e volvemos marchar. Mudarán as caras, mudarán as voces; pero a esencia…

Adrián Río Abelleira


Discurso de Carlos Pérez Valcárcel profesor de Bioloxía para a despedida da promoción 2015-2016

Vou comezar polo final expresando unha serie de desexos, que creo poderían ser subscritos por todos os meus compañeiros, ante esta nova etapa que se vos presenta. En primeiro lugar desexaría que pensedes moi ben os estudos que vaiades iniciar , xa que estes condicionarán gran parte da vosa vida e , tédelo que facer coa cabeza e tamén co corazón. pensade que a vida está chea de desgraciados con traballos socialmente recoñecidos.

Desexo que vivades intensamente a vosa nova etapa de estudos,universitarios ou nos. Que permeabilicedes o ambiente académico e cultural, pero tamén disfrutesdes das pequenas cousas, aquelas que resultan sempre ser as mellores.Divertídevos, pero sen perder de vista que o estudo, é o voso traballo e a obrigación principal. Cultivade o voso potencial, a vosa intelixencia, pero aínda máis a intelixencia emocional, aquela que vos fai sentir ben relacionándovos cos demais. Desexo que nun recunchiño do voso ser teñades na estima que se merece este

instituto , definido por moitos como un sitio diferente, que o é, construída a súa personalidade polas sucesivas xeracións que deixaron o seu sinal de singularidade. Desexo, por último, que vos acordedes de nós , seres anónimos baixo a categoría taxanómica de " profes", xa que dificilmente conseguistes aprender os nosos nomes de pila. Cando os meus alumnos de Bioloxía me invitaron a dar esta pequena charla, amablemente dixéronme que querían un profesor de ciencias que os representase, eu creo que a auténtica razón é que me xubilo este ano e este dinosaurio tiña que ter o seu


Non minuto de gloria.

son moi dado a mirar cara a atrás, xeralmente vivo o presente e se acaso o futuro, pero estes días fixen un pouquiño de retrospectiva. Trinta e dous anos de profesión e, como cambiaron

as cousas, polo menos, no seu aspecto formal. Cando comecei como profesor de Bioloxía, alá por 1984, non había teléfonos móbiles nin ordenadores, podedes imaxinar que anodino podía ser o mundo sen "WhatsApp"?. A xente falaba de forma presencial e quedaba dun día para outro e se tiña moza ou mozo falaban polo teléfono familiar común sen moita intimidade. Tiñamos nos institutos, polo menos nos grandes, e isto si que é a "caña", varios grupos de corenta alumnos de ciencias por curso. Hoxe en día, no mellor dos casos pasamos da decena e, ás veces, non chegamos. Polo tanto supostamente represento a seres en perigo de extinción, que optaron por uns estudos tan apaixoados coma sacrificados. Os libros de ciencias eran monocolores, iso é, con algunhas láminas coloreadas, e por suposto sen esas fotografías de microscopía de barrido, con cores falseadas por ordenador que tanto dano fan aos alumnos en formación. Por que digo isto? O alumno hoxe en día pretende atopar no laboratorio, esas imaxes imposibles de obter aínda polos equipos universitarios e menos, que dúbida cabe, nun laboratorio de ensino medio. Pérdese polo tanto algo que tiñan eses alumnos cos que eu empecei, que poderían ser os vosos pais, que era a capacidade de sorpresa. Cando estes entraban nun laboratorio e se lles decubría, por dar un exemplo, a fascinante vida microscópica nunha pingueira de auga proferían todo tipo de exclamacións. Rematado este repaso retrospectivo, non o ides crer, fumabamos nas aulas, tanto profesores coma alumnos. Tíñase que abanicar o aire de diante do encerado para disipar o fume e poder ver o que alí había. A ciencia a través da néboa! Ben, a ciencia sempre tivo algo de misterioso. Pero os cambios como dixen, son desde o punto de vista formal, xa que no fondo, en todas as xeracións mantense o mesmo, unha enorme ilusión persoal e colectiva, coa esperanza de mudar o que no mundo non funciona. Avatares do destino, estes anos deuse a circunstancia de que impartín clase a un gran número


de alumnos dos que hoxe se gradúan.

Cos

alumnos de arte leveime unha agradble sorpresa, se cadra,

porque o

descoñecemento leva ao prexuízo. Traballei con eles os rudimentos da macro e

microfotografía, aplicada en principio á natureza. Estou firmemente convencido de que o mundo natural en miniatura pode resultar unha extraordinaria fonte de inspiración. O certo é que aprenderon axiña e fixeron traballos dunha gran imaxinación e con gran sentido artístico. Algún traballo sería para enmarcalo, se iso fose posible cun PowerPoint. Creo que moitos destes alumnos tedes un gran futuro artístico e aínda que non son quen, pediríavos que vos deixedes ensinar, xa que coa imaxinación non tedes problemas. Permitídeme, xa que é o meu último ano en activo, que fale dos meus alumnos de ciencias de forma nominal.

Os ter uns

meus representados, como diría un letrado, non son posiblemente os alumnos coas mellores notas académicas que poidamos atopar, pero dificilmente poderemos

alumnos máis completos. Son intelixentes, bastante estudosos a pesar de todo,

agradables aínda que algo bulebules, máis ben moi bulebules e aparentemente felices. Estou absolutamente convencido e así llelo fixen saber aos meus compañeiros, que oiremos falar deles nun futuro e non mal, por certo. Teñen madeira para iso. Son perspicaces, cun agudo sentido do humor e críticos ata extremos, e isto hoxe, cunha sociedade altamente durmida pola cultura da festa, e por unha mestura de tecnoloxía e medios de comunicación, mellor ou peor intencionados, e unha calidade difícil de atopar. Algún de vós, se non me equivoco, adicarase á investigación e ante esa idea tan xeneralizada como abxecta de que todo está descuberto, adícolles esta frase de Ramón y Cajal "todo lo que un genio haya descubierto es casi nada

en parangón con lo que deja por descubrir". Como norma xeral para estes, dúas palabras: traballo e humildade. Gustaríame que non esquezades que as fontes do coñecemento están na observación, a experimentación e o razoamento inductivo e deductivo.

Quero dicirvos, aínda que xa o sabedes, que foi un auténtico pracer darvos clase. Despídome, polo tanto, desta profesión, con bo sabor de boca.


E agora para todos, agardo, agardamos, que cando cheguedes a ser eses profesionais tan grandes como caiban nos vosos soños, pensedes algunha vez en nós, os vosos profesores, como aquela xente que non só foi guía para adquirir coñecementos, senón tamén eses valores que fai que a xente adquira a categoría de persoa. E claro, que vos desexo que sexades magníficos profesionais, pero máis que nada vos desexo, vos desexamos, que sexades felices co que fagades e fagades felices aos demais, saibades disfrutar do voso tempo e conservedes esa frescura que vos fai tan especiais.


Discurso de Carmen Orro Titora de 2º A bacharelato para a despedida da promoción 2015-2016 Hoxe por fin chegou o día. Despois de tantos exames, nervios e tensións abandonades o coñecido para iniciar novas experiencias e retos.

Aínda que as miñas palabras van dirixidas a vós, meus xa ex-alumnos, que sodes os protagonistas desta festa, querería centrar a miña uns breves momentos na vosa familia que tamén é responsable deste éxito. Aínda me lembro cando coma nai vivín a graduación do meu fillo e o sentimento de orgullo que experimentei. Os vosos pais son partícipes das vosas alegrías e das vosas penas e sempre están aí para animar e axudar se fai falta. Por iso pediríavos un apaluso de cariño e agradecemento para eles...

Cando comecei a preparar o que vos ía dicir hoxe, pensei en desexarvos que forades felices na etapa que agora empezades e entón pregunteime, que significa realmente ser feliz? Non estaría mal que entre vós xurdira algún artista famoso, algún científico, algún litarato ou político de renome. Mais, é ese o éxito persoal que sinceramente vos desexo? Xa o vello Aristóteles nos avisaba que a felicidade non estaba só nas riquezas nin no recoñecemento social.

Non vos vou dicir que a adolescencia é a mellor etapa da vida e que non hai nada máis fácil que vivir coma estudante. Sei que este tópico non se cumpriu sempre entre vós. Moitos pasastes aquí uns anos felices pero outros non disfrutastes demasiado desta época. Adormideras é un lugar diferente e a súa filosofía de tolerancia e respecto agardo que vos impregnase un pouco, axudándovos a madurar.


Ás veces, ao longo do curso, centrámonos demasiado en adquirir coñecementos e esquecémonos de xestionar

as emocións e os sentimentos. Ás veces preparámonos para ser bos profesionais e

esquecémonos como ser mellores persoas. Se cadra chegou xa o momento de incluír no penso, logo existo cartesiano, un “sinto, emociónome, logo existo”. Chegou o momento en que tamén o corazón nos axude a atopar a onde queremos chegar.

A partir de agora iníciase unha nova etapa nas nosas vidas, nas vosas mans está construír un bo futuro. Vivide, emocionádevos, sentir.... ese é o segredo da felicidade. Disfrutade do que fagades. Poucas veces tiven promocións como esta, que adican o seu tempo a preparar debates e fano con tanta seriedade e entusiasmo. Poucos alumnos e alumnas tan valentes que son quen de recoñecer en público os seus traumas e dificultades. Poucos cursos cunha mirada tan crítica e persoal sobre todo o que lles rodea. Deixade saír este lado da vosa personalidade. Non vos afoguedes baixo a presión das rutinas e obrigacións. Crede en vós e nas vosas posibilidades, que non vos contaxie o clima de pesimismo que invade a nosa sociedade. Valorade o moito que podedes aportar, o moito que valedes.

O camiño é longo, como dicía Kavafis, cheo de aventuras e coñecementos. Mirar cara a diante, máis lonxe, sempre un pouco máis lonxe, escapando de todo aquilo que vos encadee.

E cando chegue o momento, máis ca nunca necesitamos xeracións coma a vosa. Creativos, loitadores, idealistas, buscadores dun mundo mellor e máis xusto. En vós están postas as nosas esperanzas. Propoñervos como meta facer do mundo algo mellor. Non tedes bos modelos ao voso arredor: a insolidariedade, a corrupción, o engano e, sen embargo, posuídes un potencial enorme para facer que todo mude. Loitade por iso.


Desde o instituto, intentamos proporcionarvos ferramentas para axudarvos a vivir en tempos de crise. Algún día darédesvos conta que a bagaxe cultural que recibistes vos pode axudar a afrontar mellor este camiño. Tocouvos unha época difícil pero tedes que soñar igualmente e loitar polos vosos soños. Nós procuramos transmitirvos coñecementos e valores, a educación é o mellor agasallo que vos podemos facer. Ao chegar á final do camiño podemos dicir que nos sentimos orgullosos por tervos axudado nesa difícil tarefa que é medrar. O noso traballo remata hoxe pero o voso continúa. Estou segura que faredes grandes cousas e desexo sinceramente que sexades moi felices.


Equipo de maquetación

Alvarado Rodriguez, Noemi

Mato, María Xosé

Amaya Prado, Juan Alberto Rubén

Novo Haz , Natalia

Antunes Marín, Juan José

Olveira Simón, Marcos

Benavides Concha, Jhonattan Gabriel

Otero Lema, Martín

Bermello Corminas, Faia

Parente Morales, Guadalupe

Casal Costoya, Lucía

Pascual Pérez, Milka

Cortés Ulloa, Marta

Peréz Pepín, Alejandro

Do Porto Frade, Enriquez

Rivas Pose, Marín

González Quintela, María Xosé

Roibás Veiga, Diego

Facal Rojo, Elba

Saavedra Mejuto, Alejandro

Férnandez Andrade, Jorge

Santos Guillán, Sergio

Férnandez López, María

Santiso Rodriguéz, Matina

Gomez Segade, Belaynesh

Shkliaruk, Olena

Gutiérrez Sestayo, Alejandra

SoneiraSoneira, Andrea

Iñiguez Arias, Thomas Roberto

Vecino Varela, Carmen

Lara Gónzalez, Fernando

Yllanes González, Guillermo

EQUIIPO DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA IES ADORMIDERAS 2016


Ilustracións Portada | Pablo López Contraportada | Magalí Contreras En Anécdotas do meu avó | Leyre León e Manuel Rodríguez Resposta ao xeroglifo: Fala Galego


Mapoula 2015-16  

Revista Mapoula

Mapoula 2015-16  

Revista Mapoula

Advertisement