Skip to main content

Mapoula 2003-04

Page 20

20

ACTIVIDADES MUSICAIS 2003­2004 Neste curso 2003­04 o alumnado de música do instuituto asistiu a diversos concertos realizados no Palacio de Congresos. Estes concertos foron de diversas clases: . Algúns para instrumento solista e orquestra, no que o protagonista é o solista e de cando en vez ten diálogos coa orquestra e noutros casos é el só o que enche de música a sala de concertos. Un exemplo foi o ​ Concerto para violín e orquestra de Beethoven. . Noutro dos concertos aos que fomos había unha ​ participación dunha cantante, era na ​ Novena Sinfonía de Beethoven. . ​ Dentro da participación da voz humana cabe destacar outra obra de gran importancia como é a ​ Sinfonía nº 4 en sol maior de Mahler​ , que a escribe para soprano solista (só no último movemento) e orquestra, coa seguinte configuración: catro frautas, tres oboes, tres clarinetes, tres fagotes, tres trompetas, catro trompas, percusión, timbais, glokenspiel, corda frotada e harpa. . Hai outras obras que sen ter instrumento ou cantantes solista, tamén teñen unha gran importancia no mundo da música, como é por exemkplo a ​ Sinfonía tres en mi bemol maior, Heroica, op. 55 de Beethoven​ , que aínda que non ten instrumento solista, certos instrumentos xogan un papel fundamental ao longo da obra. Estes concertos serven para enriquecer musicalmente os alumnos, e a isto axuda que nos proporcionan unhas guías didácticas sobre cada audición para así comprender mellor as obras que escoitamos. Finalmente, e como complemento da audición, comentamos e debatemos o concerto no espacio da aula. Isabel Diego, 2º B Bacharelato


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook