Page 1

Â


¡¡ Xa o sabedes, a partires de agora paso lista !!

Ola a ​ tod@s​ :

-Chámome Jessica Lendoiro Longueira e a parte de ser unha alumna máis do Instituto son a ​ antena de información xuvenil.¿Non sabedes que é iso?. Pois é a persoa encargada de mantervos informados e de poñervos os eventos culturais que acontecen na semana no taboleiro que se atopa na planta baixa do noso centro, refírome ó que está na corredor da cafetería. Pois ben, cada martes dende o mes de decembro, acudo ó Forum Matropolitano no Parque Europa , para recoller a documentación correspondente ás actividades xuvenís que se van desenvolver na semana e que alí me facilitan. De seguido a miña responsabilidade é poñela ó voso alcance para que deste xeito esteades informados de toda a actualidade cultural da cidade referida a temas de concerpos, festas, concursos, teatro, becas, cursiños... Penso que a demanda de información pola vosa banda non está sendo todo o abundante que debería ser, xa que só algúns de vós acudides nalgunha ocasión a mirar o taboleiro. Na miña opinión hai moitos deses actos que merecen o voso interese e nos que teriades que pararvos un pouquiño máis, aínda que só fose un minutiño.¡Para sacarlle proveito! Así que xa o sabedes: ¡A partires de agora paso lista!


ÍNDICE ¡¡ Xa o sabedes, a partires de agora paso lista !!

mapoula02

Índice

mapoula03

HOMENAXE Á NOSA PROFESORA ​ Manuela Boullón

mapoula04

“EMIGRAR PARA TRIUNFAR”: Anxo Vigo

mapoula08

LENDAS GALEGAS:A Torre de Hércules

mapoula10

SÍMBOLOS CELTAS

mapoula11

TODOS A ESCEA

mapoula12

CONCURSO CALENDARIO DE PETO

mapoula13

AS RECEITAS DOS NOSOS ALUMNOS:Polbo á feira e caldo galego

mapoula14

ENTREVISTA A JAVIER REIGADA BRAOJOS

mapoula16

CARLOS NÚÑEZ ÍSPESE ANTE MAPOULA

mapoula18

O DIA DA MULLER TRABALLADORA, CANDO SE CELEBRA?

mapoula20

PING-PONG

mapoula22

HISTORIA DUNHA ESCULTURA

mapoula24

ESPECTÁCULO EN ESTADO PURO

mapoula25

OS NOSOS MOSAICOS

mapoula26

2º BACHARELATO, SORTE A TODOS!!!

mapoula28

HOROSCOPO

mapoula30

11M

mapoula34

¡ DURMIDEIRAS MÓVESE!

mapoula35

CHISTES

mapoula36

ACTIVIDADES 2004-05

mapoula37

PAPIROFLEXIA

mapoula38

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2005:​ XESÚS LORENZO VARELA

mapoula39

¿QUE É SER “FRIQUI”? COMPROBA O TEU NIVEL

mapoula42

Os nosos xornalistas

mapoula44


HOMENAXE Á NOSA PROFESORA

Manuela Boullón Iglesias, máis coñecida como MANOLA. Como todos saberedes dá clase no noso centro aos alumnos/as do primeiro ciclo da E.S.O., e a nós en particular deunos clase durante dous anos durante os cales foi tamén a nosa titora e AMIGA. O ano que vén xa non estará connosco dado que se prexubila despois de corenta anos na docencia dos que oito estivo no noso centro. Foi moi boa profesora e a nós axudounos moito, se facía falta quedarse nun recreo ou utilizar o seu tempo libre connosco, facíao desinteresadamente e sen dubidalo; nos anos que nos deu clase, demostrounos que podiamos contar con ela para todo o que quixésemos. Sempre nos contaba anécdotas e experiencias persoais para facilitarnos a aprendizaxe. Era moi participativa e sempre se “apuntaba” a todas as actividades extraescolares para acompañarnos, con ela pasabámolo moi ben. O primeiro ano que estivemos no centro, ela estaba decote pendente , aínda agora que non nos dá clase, preocúpase por nós; cando nos encontramos con ela polo corredor,pregúntanos como nos van as cousas…

En resumo, Manola é unha belísima persoa e moi querida por todos.

PROFE, SEMPRE TE RECORDAREMOS E ESPERAMOS QUE TI TAMÉN A NÓS. BIQUIÑOS.

Cecilia Conde Paula Hernández Nuria Varela


Entrevista á nosa profesora Manuela Boullón    Manola é a nosa profesora de matemáticas e titora. Este ano vaise xubilar e coma homenaxe fixémoslle esta homenaxe para a nosa revista escolar e así ter aínda un mellor recordo seu.

1.

Cantos anos leva no ensino? ​ Levo 40 anos.

2.

E cantos anos neste instituto?​ 8 anos.

3.

En que outros centros estivo?​ En Montel Touzet, Carral, Mazaricos e Ares.

4.

Cando chegou ao IES Durmideiras; Cal foi a súa primeira impresión? Moi forte por non

estar acostumada ao ambiente e ao trato cos alumnos mayores. 5.

Cales son as asignaturas que máis lle gusta ensinar? ​ Matemáticas e Naturais.

6.

De pequena, quería xa ser profesora?​ Non, quería ser químico.

7.

Pasou bos anos neste Centro? ​ Pasei moi bos anos neste centro.

8.

Cambiaría algo do ensino? ​ Pois que non cambien tanto os plans de estudio.

9.

Podería contarnos algunha anécdota graciosa dos seus anos de ensino? Un ano polo

entroido cando impartía clases en Carral, un neno quixo gastarme unha broma. Púxose detrás da porta cun “spray” de serpentina para botarma cando entrase. Cando abrín a porta para entrar (eu xa notara que había un silencio demasiado estraño) o rapaz pulsou o spray, pero tíñao mal colocado, puxérao para a súa cara sen darse conta e botouse el mesmo toda serpentina na súa e eu libreime. 10.

Tivo alumnos difíciles de controlar? ​ Si, neste instituto o primeiro ano que cheguei.

11.

A que se vai adicar agora que vai ter moito tempo libre? A pintar, ler, pasear, escoitar

música e levar a vida con máis tranquilidade. 12.

Ten algún “hobby” en especial?​ A pintura.

13.

Cal cre que será a sensación dos últimos días de clase triste, ...alegre,... nostálxico?

Nostálxico. 14.

Quere engadir algo máis en especial? ​ A satisfacción do deber cumprido e de ter axudado a

moita senté. Moitas grazas e esperámola de visita o próximo curso.

Enquisa realizada polos alumnos de 1º de ESO: Lucía Bravo,Leticia Ramos, Juan José Redondo e Sergio Vilar.


Â


AnXo ViGo

Naceu en A Coruña (12-10-1954) e, xa de moi novo sentiu inquedanza polo mundo da música, de feito, todo comezou ós nove anos cando lle mercaron a súa primeira guitarra, coa que recibiría clases do profesor Varela. Ós quince anos viaxa a Inglaterra onde residirá por espazo de catro anos vivindo da súa música, cun especial interese en tratar de que a súa música fose escoitada polos emigrantes, tocando deste xeito no Clube Español de Londres. Esta preocupación levaríao anos despois a tocar nos Centros Galegos de Caracas e México.

Ós dezanove anos volta a Galicia e centra os seus esforzos en seguir a loitar pola música que el mesmo compón e a tentar a gravación dun novo disco, esforzo este último que se fará realidade coa publicación do que sería o seu primeiro LP “​ Anxo Vigo​ ”. Con este traballo a súa carreira recibe un pulo importante e son abondosas as actuacións que lle seguirán por toda a comunidade galega así como no resto da xeografía española, tocando en festivais como o de Bergantiños, A Nosa Señora da Xunqueira, Festival da Canción Galega de A Coruña, teatro Rosalía de Castro, e un longo etcétera xunto con incontables aparicións na TVG.

Anos despois publica “​ Hasta hoy” co que acadaría unha boa aceptación cegando a vender preto de 30.000 copias.

A pesar de todo o conseguido segue á procura do que dende sempre foi o seu maior afán que é facer un disco integramente cantado en galego, algo polo que segue a traballar, e que en definitiva se converte no próximo reto deste solista con moitos anos de percorrido no mundo da música.


“EMIGRAR PARA TRIUNFAR” -ANXO VIGO:OUTRO ÉXITO FÓRA DE GALICIA-

¿COMO FORON OS TEUS COMEZOS? Logo de estudar catro anos de música e dous anos de harmonía, comecei a compoñer algúns temas a nivel persoal, por aquel entón a Xunta de Galicia tiña unhas subvencións para xente que quixese gravar temas en galego, chamábanas “bolsas para cantatautores”. Logo de solicitalas durante varios anos e virme sempre denegadas, xurdiu na miña vida a oportunidade de actuar nun programa da TVG, no programa “​ Sempre en domingo”​ (magazine), aí tiven a oportunidade de interpretar varias das miñas composicións en galego. O día da miña actuación tiven a sorte de coñecer, no hotel “Bahía de Vigo”, ó productor dunha discográfica, o productor vira a miña actuación na TVG. Posteriormente chamáronme para ofrecerme editar un disco. ¿POR QUE O DISCO NON ESTÁ EN GALEGO? Porque o productor era de Madrid e propúxeme facer a gravación en castelán. ¿GUSTARÍACHE SACAR UN DISCO EN GALEGO? Si, por suposto que me gustaría. As miñas composicións son pensadas para cantar en galego, pero esta oportunidade nunca a tiven na miña terra. Esta oportunidade chegoume dunha persoa de fóra de Galicia para me propór o que xa teño feito agora. ¿NA ACTUALIDADE SEGUE VIVINDO DA MÚSICA? Non, na actualidade isto é un ​ coto privado​ (pechado) só a uns cantos privilexiados. ¿A QUE TE ADICAS NA ACTUALIDADE? Son comercial dunha multinacional. ADEMAIS DE ACTUAR EN GALICIA E ESPAÑA, ​ ¿EN QUE OUTROS LUGARES ACTUACHES? Pois... tamén actuei en Londres e Venezuela. ¿QUE RECORDOS TES DA TÚA ÉPOCA DOURADA? Os mellores foron cando actuando nos centros galegos dos países ós que fun, deixaba ó grupo a un lado e interpretaba as miñas composicións en galego, e só coa miña guitarra todos os asistentes remataban emocionados e ata chorando porque a través das miñas composicións recordaban a súa terra. ¿COMO É O MUNDO DA MÚSICA? Con moitas trampas e cambadelas. ¿POR QUE? Porque hoxe en día moitas veces o que menos importa, quizais, é como cantes e só dependes case en exclusiva do márketing que te rodea. ¿COMO VES A MÚSICA GALEGA ACTUAL? Creo que hoxe en día se teñen moitas máis oportunidades. Na miña primeira etapa tiñamos como artistas principias a Andrés do Barro, Sil Ríos, Juan Pardo... Hoxe en día hai moitos máis grupos como poden ser Luar na Lubre, Cristina Pato, Carlos Núñez, entre outros. ¿QUE CONSELLO LLES DARÍAS ÓS MOZOS GALEGOS QUE SE QUEREN INICIAR NESTE “MUNDILLO”? Sobre todo constancia, que non se desanimen nunca e que fagan a música que realmente lles guste. E por suposto estar ben influenciados nos medios e con xente profesional ó seu carón que realmente queira apostar por eles.


¿CALES ERAN OS TEUS ÍDOLOS DE XUVENTUDE? Os daquela época: Sil Ríos, Juan Pardo e sobre todo Amancio Prada. ADEMAIS DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA​ , ¿QUE OUTROS XÉNEROS MUSICAIS CHE GUSTAN? En máis grande medida a música clásica e o jazz, especialmente o fantático Louis Amstrong. ¿CANDO SACARÁS UN NOVO DISCO? Teño a proposta da miña casa discográfica para sacar o terceiro traballo dende hai dous anos, pero négome rotundamente se non é en galego, e a miña compañía discográfica non está polo labor posto que os dous anteriores traballos meus foron editados a nivel nacional. Ademais a discográfica é en Madrid. ¡¿COMO É ANXO VIGO NA INTIMIDADE?! ¡¡Pregúntalle á miña muller!!... (ja, ja, ja). Ben, non, agora en serio; son romántico, sensible e amigo dos meus amigos, e por suposto non me deito nin unha soa noite sen antes coller unha guitarra e componer algunha “cousiña”. Ademais da música, as miñas outras paixóns son a familia, o fútbol a facer maratóns ¡POR CERTO!, ​ ¿DE QUE EQUIPO ES? Por suposto, do meu querido “Depor”. Á TÚA IDADE, ​ ¿SÉNTESTE REALIZADO NA TÚA VIDA? Como xa che comentei antes, nunca me sentirei realizado musicalmente falando ata que non logre editar un disco en galego. ¿GUSTARÍACHE IR A ALGÚN FESTIVAL (EUROVISIÓN, OTI, FESTIVAL DE BENIDORM...)? Creo que iso é un coto, está pechado para uns cantos e moitas veces ata dependes de que te elixan nalgún programa como Operación Triunfo para poder ir a algún deles. En definitiva, puro markéting. Sinceramente creo que se me tocase a lotería pasaría os tres meses seguintes no número un dos “40 Principales”, un puro exemplo de markéting no noso país. Serían personaxes como David Bisbal, Bustamante, Chenoa, (en definitiva, os de Operación Triunfo), Enrique Iglesias, U.P.A., entre outros. SEGUNDO ME COMENTARON, ES UNHA PERSOA CON GRAN SENTIDO DO HUMOR, ¿​ É CERTO ISO? Si, é certo e por iso aí vai un chiste: isto é no ceo, atópase Xesús a Pedro e pregúntalle:¿A onde vas Pedro?, e Pedro contestoulle: ¡Ó Calvarius pub!, ó cal lle respondeu Xesús: ¡Foder, non vaias, que alí te cravan! E PARA REMATAR,​ ¿QUERES MANDAR UN SAÚDO ÓS LECTORES? Darlle as grazas a toda a xente deste instituto, incluídos os seus mestres para que non sexan tan duros con eles, ó mesmo tempo teño que invitalos a que visiten a miña páxina wed: www. Anxovigo.com​ . Tamén poden deixar unha mensaxe no foro. E nada máis simplemente grazas.

Bárbara Martínez Varela, 1º Bach​ Zaira del Río Rabuñal, 1ª Bach ​


LENDAS GALEGAS Ó longo da cultura galega, creáronse varias lendas que aínda existen, pero hoxe en día son máis ben contos. Unha destas lendas, conta a creación da cidade da Coruña.

A Torre de Hércules Cóntase que houbo un xigante chamado Xerión que era moi poderoso e forte. Este , obrigaba ós seus súbditos a entregarlle a metade dos seus bens, mesmo ós seus fillos. Chegou a aquelas terras Hércúles e mandaron un enviado para pedirlle axuda. Hércules aceptou a demanda e retou a Xerión a loitar con el. Ó cabo dunha gran pelexa, Hércules matou a Xerión. Sobre o seu corpo levantouse un gran túmulo que coroou cun gran facho. Logo fixo poboar unha vila cerca e mandou que se escribisen os nomes de quen viñese habitala. A primeira persoa que chegou foi unha muller de nome Cruña e Hércules decidiu que así se chamaría a poboación.


OS NOSOS SÍMBOLOS CELTAS

Este é un traballo feito en escaiola polos alumnos de 1º B e ambientado nas civilizacións celtas, por iso empregamos os seus símbolos. Para facelo tivemos que fabricar uns moldes de cartón de 18 x18 cm e 6 de alto, que despois serían empregados para encher coa escaiola. Escaiola na que, unha vez seca, se tallaría o símbolo elixido por cada alumno. Para facer os símbolos só faltaba calcalo sobre a escaiola e tallalo ata que tivera un centímetro de profundidade. Foi unha actividade de clase moi amena realizada baixo a supervisión da nosa profesora Ana Pita. As obras podedelas observar máis detidamente entrando no instituto á man dereira. Noticia realizada Alejandro Rabuñal (1º Bach.B)


TODOS A ESCENA

No curso 2002-2003 nace no IES Durmideiras un grupo de teatro co obxectivo de desenrolar o gusto por esta actividade. Teatro feito por alumnos e para os alumnos. Ata o momento leváronse adiante dúas montaxes: “​ Pic-nic​ ” de F. Arrabal e o skecht “ ​ O mosquito” d ​e L. Matilla​ . Nestes intres estamos a representar a última obra preparada​ : “ Os vellos non deben de namorarse” ( 2º lance) de Castelao, levándose a varios institutos de A Coruña e por último á Mostra de Teatro Xuvenil no Colexio Calvo Sotelo.

O director teatral Angel Damil


CONCURSO CALENDARIO DE PETO

Como en anos anteriores no presente curso tamén se convocou un concurso para a elaboración dun calendario de peto que á vez se pudiese utilizar como marcador de libros. O deseño debía facer referencia á normalización lingüística da lingua galega. Presentáronse moitos traballos, e por certo, de moi boa calidade, polo que para o xurado foi moi difícil a elección. Este ano a gañadora foi ALICIA FERNÁNDEZ FRANCO de 1º de bacharelato. Moitas felicidades para todos os concursantes e moitas grazas por colaborar. García Yamin, Cristina Lilian (1ºBACH-C) Catrufo Ures, Jessica (1ºBACH-C) Fernandez Franco Alicia (1ºBACH-C) Alicia Fernandez (1ºBACH-C)


AS RECEITAS DOS NOSOS ALUMNOS

Polbo á feira Ingredientes (4 persoas) Polbo, 2 kg. (1 peza) Patacas, 800 grs. Cebola, 1 grande Aceite, para a allada, 250 ml. Allo, para a allada, 2 dentes Cebola, para a allada, ¼ Loureiro, para a alladañ, 1 folla Pemento doce, ½ culleirada Pementón picante, para a allada, un chisco Vinagre, para a allada, un chorriño

Preparación: Mázase o polbo (golpeándoo contra unha rocha. Uns 30 ou 33 golpes). Ponse unha cazola ó lume con auga e unha cebola. Ó comezar a ferve-la auga, métese o polbo, collido pola cabeza, tres veces na auga fervendo, introducíndoo despois definitivamente na auga e dixándoo ferver a pouco lume uns 15 minutos aproximadamente. Transcorrido ese tempo, engádense as patacas, preferentemente enteiras se son pequenas. Pínchase o polbo e as patacas e, cando estean cocidas, retíranse do lume e sácanse da auga. Córtase o polbo, colócase enriba das patacas e bótaselle unha allada*, sempre quente.

Allada: Póñense os allos picados, a cebola e o loureiro a dourar no aceite. Cando estea todo dourado retírase, déixase arrefríar un pouco e engádeselle media culleradiña de pemento doce, cun chisco de pemento picante e un chorriño de vinagre. Santiago Ros Pérez, 2º ESO.


Caldo galego

Ingredientes (6 persoas): Unha cunca de fabas brancas Un anaco de lacón Outro anaco de touciño vello 3 patacas grandes Unhas follas de berza (repolo ou grelos) Un anaco de manteiga de porco un pouco rancia Un allo Preparación: Póñense as fabas a remollo en auga fría, déixase o lacón en auga morna durante a noite. Nunha cazola grande, con bastante auga fría, póñense a coce-las fabas, o lacón e mailo touciño. Cando as fabas estean medio cocidas, engádeselle a berza medio picada. Unha vez cocido todo, engádense as patacas cortadas en anacos grandes. Nunha tixola derrétese a manteiga de porco. Cando estea ben quente, rústrese un allo e engádese ó caldo, sálgase e déixase cocer unha hora máis. Ten que estar caldoso.


ENTREVISTA a Javier Reigada Braojos Marta Reigada Fernández ( 1º Bacharelato C)


¿GUSTARÍACHE SER DIRECTOR ARTÍSTICO OU DE TEXTURAS NUNHA PELÍCULA? -No ano 2001 estreouse “O bosque animado”, unha película feita en A Coruña por Dygra Films. Falamos con Javier Reigada Braojos, un dos Directores Artísticos, xunto con Alberto Taracido, desta película. É tamén o Director de Texturas da nova película “O soño dunha noite de San Xoán”, que espera estrear o día de San Xoán deste mesmo ano 2005. ¿COMO É O TRABALLO DUN DIRECTOR ARTÍSTICO? -O labor dun director artístico básicamente resúmese en deseñar a película, deseñar todos os obxectos, todos os personaxes, o seu vestiario...Cando falamos de deseñar, falamos de todo tipo de deseño, desde as formas, as cores, os tons, os atardeceres, os amañeceres, as noites... En “O bosque animado” Alberto Taracido, o outro director, adicouse a facer os deseños a lapis das plantas das habitacións do pazo, de todo o pazo, o mapa da fraga, onde estaba cada árbore, o camiño, etc. Eu estiven adicándome máis ó que é cor e fotografía. ¿POR QUE FURI, PERSONAXE DE “O BOSQUE ANIMADO”, É AZUL? -Prácticamente Furi o único que ten de topo é o nome, que ten pelo e que se pode meter baixo terra. Os primeiros esbozos que fixera Alberto parecíanse moito máis a un topo, pero resultaba un personaxe un pouco desagradable, tiña garras, porque os topos teñen garras, e tiña a cor natural dun topo, un marrón escuro, e pouco a pouco fomos cambiándoo, ata que chegamos ó que en realiade é, un osiño de peluche. ¿Por que azul? Pois probamos moitos tons, isto xa en 3D, tiñamos que buscar algo que destacase sobre os marróns do chan xa que un topo pasa a súa maior parte do día baixo a terra, se o poñiamos marrón case non se ía ver, e como isto é unha película de debuxos, decidimos poñer o azul, que é un complementario ó marrón. ¿O PAZO D ABONDO EXISTE? -Non, en realidade non. Visitamos, antes de comezar, uns cinco pazos, no que máis tempo estivemos foi no Pazo de Oca, e no que nos fixabamos básicamente era en como estaban distribuídas as habitacións, que tipo de teitos tiñan, a súa altura, se as escaleiras eran de madeira, de pedra, hacia un lado, hacia dous, con forma de caracol, as cociñas con lareira, etc. Logo fixemos o noso propio pazo. ¿CAL É O NOVO PROXECTO? -O novo proxecto titúlase “O soño dunha noite de San Xoán”, é unha libre adaptación de “O soño dunha noite de verán” de Shakespeare, digo libre porque practicamente só os nomes dos personaxes teñen que ver coa obra deste autor. Non ten semellanza con “O bosque animado”, deuse un salto cualitativo moi grande , metémonos nunhas tecnoloxías que nunca imaxinaramos con “O bosque animado”, cuestión de roupa, pelo, e facer seres humanos incribles; ten tamén máis escenarios e personaxes, traballa moita máis xente. A dirección artística desta película levouna Alberto Taracido, eu adiqueime a dirixir o departamento de texturas. ¿CAL É O TRABALLO DUN DIRECTOR DE TEXTURAS? -Unha textura significa unha apariencia, non só unha cor. Son uns brillos, cores dos brillos, unha difusión da luz, relevos... Entón se texturiza cada obxecto que sae na película. O que fai o director de texturas é dirixir a un equipo de xente que realiza as texturas de todas as cousas na orde na que as require a produción e así ter uns personaxes cribles, que parezan debuxados, integrados os uns cos outros e nos entornos nos que se moven. Agora mesmo hai seis persoas traballando para texturas nesta produción. ¿CANTO SE TARDA EN FACER UNHA TEXTURA? -Como xa dixen antes unha textura non é soamente a cor dunha cousa, tamén a apariencia que ten. Se nos fixamos nunha parede pode ter unha serie de vultiños que lle dan unha apariencia especial, entón unha textura implica un volume ou uns brillos, xa sexan concentrados como os do cristal ou máis estendidos como o plástico. Unha textura require unha serie de atencións especiais en canto ó relevo, á cor e ó brillo, isto implica uns mapas que hai que pintar, entón algo sinxelo como unha bóla de aceiro, tárdase en facer cinco minutos, en cambio na cara dun humano, pódese tardar unhas semanas. Por exemplo, o carballo levou case un mes, Luci fíxose en dous días. ¿QUE IMPRESIÓN VOS CAUSA VER UNHA PELÍCULA DE PIXAR FEITA DA MESMA MANEIRA PERO CON MÁIS XENTE? -Máis que nada causa rabia. Rabia de pensar que se nós fósemos tanta xente como son eles, poderiamos realizar algo moito mellor do que en realidade facemos. Nós sempre traballamos baixo presión, temos moi pouco tempo para facer todo porque somos, máis ou menos, o que é só o equipo de iluminación de Pixar. Entón non é que dea rabia porque eles sexan mellores, sinxelamente teñen máis tempo e máis xente, pero, por outro lado, tamén nos marabilla e nos emboba cando vemos unha película deste tipo. Gustaríanos ter tempo para facer todo o que queremos, de feito, esta película non a acabamos como nós quixeramos. Entendemos tamén que o público obxectivo non se para a mirar na película montóns de cousas que nós vemos que se poderían mellorar. Pero o feito de ver un as cousas que fai e ver que as pode mellorar, por un lado molesta, pero por outro axuda sempre a perfeccionar o seguinte produto.


CARLOS NÚÑEZ ÍSPESE ANTE MAPOULA Fálanos dos seus amores, inquedanzas, proxectos e recoñece que habería que investir máis no ensino. Confesa: “cada vez que volto aquí é como escribir un diario secreto” Considerado internacionalmente coma un músico extraordinario, o noso gaiteiro máis internacional visitou a Coruña para presentarnos o seu novo traballo: “Carlos Núñez e amigos”dentro do terceiro ciclo de Música con Raíces. Hoxe témolo frente a frente nunca entrevista para a nosa revista Mapoula, no que pasou de ser unha monótona entrevista a un animado diálogo -​ Gracie mile​ - - di nada máis saludarnos e descúlpase pola rouquemia que padece, causa dunha gripe que case, case (segundo palabras textuais) está a punto de abandonalo. Leva todo o ano de xira por mundos lonxanos, EEUU desde xaneiro ata a metade de marzo, dúas semanas en Francia​ … Estou esgotado pero feliz. Foi durísimo pero moi interesante, fixemos as festas de San Patricio ( Irlanda) en New York cos nosos amigos os Chiftains De xira por todo o mundo e agora voltámonos a ver cinco anos despois do concerto de ​ xullo de 2000 na Praza de Mª Pita​ …¡​ Si! É verdade, lémbroo como se fose agora, un concerto de verán, marabilloso, estaba a praza a rebosar e foi para min unha noite máxica ​ (Risas) Pero, en que e como evolucionamos? Desde o primeiro concerto en Coruña…, no Palacio de Congresos no ano 1993, no que trouxemos aos Chieftains desde Irlanda e no que eu era aínda prácticamente un estudiante, lembro como se fose agora a ilusión que tiña a xente, as ganas e a fame que había de atoparse outra vez coa nosa propia música. Creo que desde entón vimos que A Coruña foi unha cidade moi xenerosa para a música, cun público moi fiel e que foi creando un grupo de xente que o vive con profundidade, e que cada concerto cada vez que volvo aquí é coma un diario secreto onde, de cada vez, escribes esas vivencias que vas pasando​ .(Mirámonos​ ) A última delas?... a que escribimos estes días onde nos imos facendo máis maiores todos ​ (Risas​ ) e cando a música galega vai facéndose cada vez máis universal; eu creo que este é un momento extraordinario. Comenta que a música galega vai facéndose cada vez máis universal e lembro que alguén…confesoume algunha vez… (risas) que lle encantaría realizar unha xira pola India, para cando ese proxecto? Teño moitísimos, moitísimos proxectos, cada vez os meus discos van sendo máis complexos, teño moitas ideas con respecto ao Mediterráneo, pero xa chegará… igual que dixen nalgunha ocasión respecto a Latino América, onde hai un gran proxecto agradando. Algún día chegará, pero quero facelo ben, con tempo, xa que cada disco deses, precisas moita adicación e leva moito tempo. Ao igual que ter mesturado a música galega coa flamenca que me levou máis de tres anos soamente gravar, e investigar… moitos máis. Outro dos meus soños sería tocar en directo algo que xa gravei, como cando gravei con Monserrat Caballé e que aínda non o tocamos en directo. Gaiteiro, flautista, pioneiro, investigador, productor, comunicador carismático e embaixador cultural, músico e compositor de éxito… que lle queda despois de ter, tamén, as costas cubertas, entre outras cousas, polas bandas sonoras de ​ A Illa do ​ Tesouro​ , con Charlton Heston e Oliver Reed e máis recentemente Mar Adentro​ de Alejandro Amenazar? (Risas)…​ É a primeira vez que tocamos en directo e en concerto a música de Mar Adentro. Por certo, os Oscars colléronnos de xira por EEUU; estabamos en California, preto de Os Ánxeles, cando oímos a noticia. Ninguén de nós podiamos imaxinar ata onde podía acadar esta aventura de Mar Adentro. Foi moi enriquecedor coñecer a Amenábar e poder traballar cunha persoa que se entrega tanto, polo menos profesionalmente, na súa sinxeleza e inclusive na adicación absoluta ós seus soños e a súa gran profesionalidade… e encantoume ademais que tivese a valentía de


gravar Mar Adentro en Galicia, que me abraiou, e que quixese ter ese respecto grande por tódolos profesionais e tódolos músicos….aos que respecta moitísimo. É un gran melómano, como sabes (Risas)… Vímonos nalgunha ocasión, sei como traballa, pero, como é o proceso desde dentro? Fixemos todo un proceso de casting de instrumentos detrás de cada melodía de Mar Adentro, ao igual que el fai no cine escollendo ós actores, nós escolliamos os instrumentos; diciamos: a ver Alejandro, como che gusta máis?... con esta ocarina, con esta gaita, cunha irlandesa, cunha escocesa, cunha galega?... aquí probamos unha zanfona?... Coméntase, que existe a posibilidade de que o propio Amenábar toque no escenario. Vexo que sempre estás moi ben informado… (Risas) Ben… iso é unha vella pelexa que sempre teño con Alejandro porque el di que ten pánico escénico e cando lle puxen unha zanfona encima das mans e lle empezou a gustar tanto aquilo,… dicía: Isto é como o Casiotone medieval…!. Eu dicíalle: imos a subila a un escenario para que a xente tamén dismitifique a música e as nosas escenas. Pero supoño que aínda non se lle sacou o medo. Vou intentalo outra vez dentro dunha ou dúas semanas cando toquemos en Madrid para os Premios da Música Premios para os que están nominados tanto por Mar Adentro como por “Carlos Núñez e amigos”, non? Efectivamente, ademais a música de Mar Adentro demostrou que é música con maiúsculas, música que funciona por si mesma, máis alá da película. É certo que a música é coma un mosquito, algo moi pequerrecho na película, pero penso que no caso especial de mar Adentro reflicte de forma axeitada como é Galicia… que é unha especie de ópera dos sentidos onde todo está moi relacionado: arquitectura, literatura, música, cociña… Desde os doce anos que foi invitado a tocar coma solista na Orquestra Sinfónica de Lorient unha composición do irlandés Shaun Davey, tocou cos Chieiftains, dos que falamos antes, Luz casal, Roger Hodgson ( Supertramp), Ry Cooder, La Vieja Trova Santiaguera, Vicente Amago, Noa… e incluso compartiu escenario con lendas vias coma Bob Dylan ou Sinead O´Coonor. Atreveríase coa Orquestra Sinfónica de Galicia ou un cara a cara gaita-piano? Marabilloso… Esa pregunta só xorde nunca cidade como A Coruña, que ten precisamente un público moi acostumado á orquetra. A Orquestra Sinfónica é un dos valores e un dos emblemas desta cidade e creo que é unha das miñas asignaturas pendentes: facer algún día algo con Gaita e Orquestra Sinfónica. Hei de confesar que xa fixen algo, pero sempre fóra de casa: agora en EEUU tocamos algo con Orquestras e en agosto deste ano imos tocar en Tokio coa Orquestra Sinfónica, pero a miña ilusión sería facelo aquí, na casa Poderiamos atopar algo disto no seu próximo traballo? Si, é posible que vaia bastante relacionado con ese mundo, con esas colaboracións, con algunha Orquestra Sinfónica e incluso coa secreta relación que existe coa música clásica. A música tradicional de Galicia desde xa hai moitos séculos ten unha secreta relación, xa desde o Barroco, o Renacemento ou a Idade Media coa música clásica. Cancións que todos coñecemos como Negra Sombra era unha música clásica e orquestral e estas cancións foron das pricipais vías para dar a coñecer a nosa música. En Galicia sempre houbo unha cultura musical clásica moi interesante.


O DIA DA MULLER TRABALLADORA

O día da muller traballadora celébrase en homenaxe a todas as mulleres que traballan tanto dentro como fóra da casa, ás que traballan no fogar porque a maioría das veces o seu traballo non é recoñecido nin valorado e ás que traballan fóra, moitas tamén o fan dentro, porque as diferencias de emprego fronte ós homes, tanto na importancia como nos salarios, son moi notables. En España o paro feminino dobra ó masculino, os salarios dos homes fronte ós das mulleres, estando no mesmo posto, son moito maiores na maioría dos casos. Por iso a finalidade deste día é recoñecer e axudar a valorar o traballo de todas as mulleres independentemente da tarefa que realicen e seguir loitando pola igualdade, de modo que tanto as ventaxas como os inconvenientes sexan iguais en ambos sexos.

Paula Hernández 3º E.S.O.


¿CANDO SE CELEBRA? ​

Este acontecemento conmemórase o 8 de marzo. Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York. A inicios do século XX, moitas mulleres comezaron a traballar en fábricas nunhas condicións moi duras: ● -Xornadas laborais longuísimas, de 12 horas ou máis. ● -Recibindo salarios inferiores ós homes. Pero, pouco a pouco, resultaba máis evidente que aquela situación non era xusta e comezaron a organizarse. O 8 de marzo de 1908 na fábrica textil “Cotton” de Nova York, as traballadoras encerráronse no interior desta para pedir que lles reducisen a súa xornada laboral. Os propietarios decidiron incendiar o edificio para que saisen, pero o que conseguiron foi 129 traballadoras mortas. Hoxe en día continúa a loita pola igualdade entre homes e mulleres. Sandra Blanco Rodríguez 3º E.S.O.


PING-PONG   Durante o curso 2004-2005 no IES Adormideras fixéronse varias reformas como, por exemplo, o peche do porche ou as novas reixas. No interior do novo local, que está en fronte da cafetería, púxose unha mesa de ping- pong. Agárdase que sigan ampliando a oferta de xogos: como un billar ou un futbolín. Nela tamén se poderán facer exposicións. Esta enquisa representa a totalidade do colectivo do instituto, só unha pequena mostra dalgunhas opinións.

1. 2.

Que opina vostede das reformas do instituto? Estás de acordo coa utilización que se fai deste novo local?

-​ Eva Martínez (​ profesora de lingua española) 1: Paréceme ben que se teña cuberto o porche. Así os alumnos pódense resgardar da choiva e créase un espazo de convivencia. 2: Tamén me parece ben que se empregue como sala de recreo, con xogos como o ping-pong e que tamén está ben como sala de exposicións.

-Maribel Martín​ ( profesora de xeografía e historia) 1: As reformas eran necesarias , xa que na miña opinión este instituto é un dos mellores equipados nas aulas e forra delas. O único que debía facer o instituto era salientar máis que é un instituto de artes. 2: Paréceme interesante e unha opción dos alumnos para desenrolar unha actividade lúdica. O único que non me gusta é a mala utilización (o refuxio dos alumnos que non queren ir a clase)


-Manuel Gey ​ ( profesor de latín)

1: As reformas, en xeral eran moi necesarias e convenientes. Tamén podemos adiantar que na parte de atrás do instituto poñerase un portalón novo onde estaba o vello.

2: Isto aínda está imcompleto, xa que se poñerán xogos de xadrez, damas e demais xogos recreativos. O uso do local non é completo xa que será utilizado tamén como local de exposicións. O único negativo que ten a construcción deste local é que co pouco tempo que leva pintado xa está cheo de manchas.

-Stefan Loureda​ ( alumno de 4º ESO)

1: Esta sala era necesaria para ter un lugar de exposicións de arte. Ademais o lugar antes de ser reformado estaba moi deteriorado.

2: A min gústame como quedou este local pero non me gusta que haxa só unha mesa de ping-pong , debería ter máis.

-Rubén Pérez​ ( alumno 4º ESO)

1: Non me gusta porque as reformas que se fixeron son inútiles. Ademais o local debería estar aberto tamén os días que non houbese clase, que puxeran un vixiante.

2: Non me parece ben que se puxese unha mesa de ping-pong xa que podía ser perfectamente unha sala de fumadores.

-Jorge Espasandín​ ( alumno 4º ESO)

1: Son necesarias, pero tamén teñen que deixalas disfrutar moito máis xa que a mesa de ping-pong só é ocupada por uns poucos.

2: Non me parece ben que se empregue como sala de exposicións , isto debería estar aberto toda a semana sen que houbese clase para poder aproveitala máis.


HISTORIA DUNHA ESCULTURA Como comezo, querería dicir que esta obra non podería existir sen a axuda dos meus compañeiros Adrián Prado e Alba Doldán, por suposto todo supervisado por Ana Pita. Ben, a idea era fabricar unha figura humana (ou algo semellante, tampouco moi semellante), para iso utilizariamos unha armazón de tea metálica e no seu interior moito papel, o cal sería vestido con roupa vella e posteriormente bañado con escaiola líquida. Nun principio pensouse en facer un home de mediana idade, pero debido á falta de axeitada e a falta de ganas de facer unha figura tan grande... A primeira parte do traballo creo que foi a máis dura, porque o de cortar e enganchar tea metálica dana seriamente a saúde, os dedos quedan bastante doloridos e os cortes e pinchazos son frecuentes, moi frecuentes. Unha vez feita a estrucrura de metal e enchida con papel, enrolámolo con “​ cinta de carrocero​ ”, para evitar que se enganchase no momento de poñer a roupa. Despois coa roupa posta na estructura, bañámolo na escaiola, que para min foi unha das partes máis divertidas. Manchámonos bastante en un principio tivemos que aguantar a figura para que se endurecese un pouco. Máis tarde vimos que faltaban cousas importantes por definir como a cara e as mans. Optamos por disimular a cara poñéndolle o pelo longo con anacos de ​ fregona empapados en escaiola, as mans tivéronse que facer en plastilina e logo darlles varios baños de escaiola para que se endurecesen. O traballo coa cadeira foi simple, pero á vez complicado porque tiñamos que recubrila con panos empapados en escaiola e á vez conservar a forma inicial da propia cadeira. Pero eu creo que ó final o conseguimos. Foi un traballo duro, pero tamén foi divertido e novo. E crédeme é difícil que che manden algo diferente e divertido. Levo moitos anos aquí.... E, moitas grazas ás rapazas da limpeza por non matarnos deixando todo feito un asco.

  Un saudo D-Jorge Rodriguez-GORKA


ESPECTÁCULO EN ESTADO PURO

Esta é unha moi pequerrecha homenaxe a David Rodríguez-Gigirey García por participar tan activamente na revista do centro (as súas entrevistas deixáronnos sempre abraiados !!!) e por estar sempre disposto a levar a cabo as organización dos festivais. Non nos esqueceremos das súas espléndidas actuacións nos festivais de Nadal, nos festivais do Entroido ou de fin de curso. O coordinador dos guións, dos bailes, dos decorados sempre foi obra túa. Agardamos a túa visita nos próximos cursos e ,a ser posible, tamén a túa colaboración. Moita sorte!!

   


OS NOSOS MOSAICOS O mosaico, unha arte que data da época clásica, volveuse poñer de moda no noso instituto. Para a súa realización, os rapaces e rapazas da clase de 1º de Bacharelato C, trouxeron toda clase de azulexos das súas casas. Eles mesmos foron os que os partiron en anacos pequenos traballando co martelo. Fixéronse diversos bosquexos dos deseños e ó final decidiuse un motivo natural e de aves. Despois sobre unha das paredes realizouse un pequeno esquema con xiz para ter unha idea de onde colocar os azulexos de diferentes cores. A clase dividíuse en grupos de maneira que todos colaborasen na elaboración do mosaico. Uns encargáronse de proporcionar silicona coa pistola mentres que os outros colocaban os anacos de azulexo nas respectivas partes do debuxo deixando unha separación entre eles. O truco para que quede ben está en non perder nunca a liña do contorno e para iso empézase a colocar os anacos dende fora hacia dentro. Finalmente aplícase unha capa de masa por riba para encher os ocos que quedaron entre os anacos. E xa temos o noso mosaico.

Texto e fotos: Alicia Fernández Franco 1º BACHARELATO C Laura Riera Díaz 1º BACHARELATO C


Como tódolos anos o instituto despide aos alumnos que rematan o bacharelato, xa sabedes que aquí tedes unha porta aberta para todo o que precisedes. Agardamos a vosa visita. SORTE A TODOS !!!!!


Â


ARIES O seu signo de lume:​ a chispa. O seu trazo máis evidente: ​ a impetuosidade. A súa frase favorita: ​ ¡PRIME!. O seu lema:​ a vida é breve ....¡hai que darse présa! Aries nunca pensa o que vai facer, non sexa que alguén se lle adiante. Por iso, cando anda, faino coa cabeza por diante do tronco e se alguén chega ó mesmo tempo ca el, polo menos lle saca a cabeza: ¡Prime...! Aries vai de corazón á acción, sen reflexión, tírase dende o trampolín, e cando vai pola metade, descobre que na piscina non hai auga...¿e que?. ​ A palabra derrota non existe no seu vocabulario​ , tras a labazada levántase con cinismo e dignidade e exclama: -¡Oe, mirade se cambiades a auga que está collendo corpo.

TAURO É un signo de terra:​ a casa. O seu trazo máis evidente:​ a inagotable paciencia. A súa frase favorita: ​ penso, logo insisto. O seu lema: ​ a vida é breve, goza, paseniño e así dúrache máis​ . Tauro, cando anda, non levanta un pé se o outro non o ten no chan, crea historia en cada paso. Aries tírase do trampolín sen mirar, e Tauro, antes de subrirse ó trampolín, sabe o nome do construtor, os materiais empregados, a capaciade de auga e os graos de temperatura, e despois se tira. Aries actúa na vida con determinación, e Tauro con obstinación. Aries quere que todo o mundo lle obedeza e Tauro ten unha infinita paciencia para que os demais cambien de opinión. Polo tanto a súa relación podería ser esta: Aries dille a Tauro que está a dez metros:”¡Ven aquí!”, iso é determinación. Ó que Tauro contesta:”¡Non!”, e iso xa é obstinación. O resto da relación podería ser a seguinte: Aries:​ ¡Ven aquí...! Tauro: (sen moverse) ¡Non! Aries:​ (avanza dous pasos) ¡Ven aquí! Tauro: (sen moverse) ¡Non! Aries: ​ (avanza dous pasos) ¡Ven aquí...! Tauro: (sen moverse) ¡Non! Aries:​ (avanza dous pasos e encóntrase fronte a Tauro)¡ Así me gusta, que veñas ata onde eu che digo!

XEMINI É un signo de aire: ​ a refolada. O seu rasgo máis evidente:​ ser varios nun só. A súa frase favorita:​ verdade que todo é mentira. O seu lema: ​ a vida é breve, pero como non fagas dúas cousas ó mesmo tempo, faiseche un pesadelo. Ë unha refolada de aire con corpo humano, á cal, non só non se lle ve vir, senón que tampouco se lle ve marchar. Todos temos un “eu” que manexa o noso carácter, pero Xémini ten dous “eu” ou sexa, EU-EU, ás veces ten máis. Un deles é doce e animador e o outro é crítico e revoltoso, por iso ​ Xémini non ten termo medio, ou ve as túas virtudes ou ve todos os teus defectos, depende do xemelgo que lle toque. Se lle toca o xemelgo doce, é posible que che diga: Estás máis mozo que nunca...Pero como o pilles co xemelgo revoltoso, poida que che diga: Ogallá chegues a idade que representas.


CANCER É un signo de agua: ​ o mar. O seu rasgo máis evidente: ​ a inseguridade sentimental. A súa frase favorita: ​ sinto, logo existo​ . O seu lema: ​ a vida é breve, polo menos que te quera alguén. De entrada non che dan un anaquiño de confianza; téñela que gañar a base de cariño e ternuras e de dicirlle mil veces que o queres, porque cáncer, m ​áis que un sentimental é vampiro do cariño​ , todo o amor é pouco. Ti dislle: -Quérote. E cáncer pregúntache: ¿Canto?

LEO É un signo de lume: ​ o sol. O seu rasgo máis evidente:​ ser o centro de atención. A súa frase favorita: ​ pero sigo sendo o rei (ou raíña). O seu lema:​ se a vida é breve, sácalle brillo. Leo é a estrela do zodíaco, a que máis brilla. É fácil distinguilos, é ese (ou esa) que se queda mirando a un foco ó tempo que exclama: -¡Meu Deus, que luz lle estou dando ó foco! Leo ten un alto concepto de si mesmo. A ti preséntanche a un Leo e dislle: -Encantado de coñecerte. Leo responde: -Enténdo

VIRGO É un signo de terra​ : a colleita. O seu rasgo máis evidente: ​ a preocupación. A súa frase favorita: ​ Permítame que lle corrixa. O seu lema: ​ A vida é breve e ademais nada está no seu sitio. Virgo é unha lupa con pernas que empeza a ver onde ti terminas. Chega á túa casa e o primeiro que fai é pasar o dedo polo televisor para ver se ten po; e como ten ese humor socarrón, dirache:-Oe, esta tele ten solera. O que a Virgo se lle escape! Por iso , ​ o seu estado natural é a preocupación. -Toi preocupao, toi preocupao... ​ Un dille: Pero se non pasa nada. E Virgo sentencia: -¡Iso é o que máis me preocupa!


LIBRA É un signo de auga: ​ a brisa. O seu rasgo máis evidente: ​ a dúbida. A súa frase favorita: ​ Ás veces si, ás veces non... O seu lema: ​ Non teño a máis mínima dúbida; a vida é breve...¿ou non?. É mentalmente rápido, o seu único inconveniente é que ó tempo que se lle ocorre unha idea, ocórreselle unha dúbida: -Si, si , téñoo claro, este ano caso...e se non é este ano, o que vén....,ou dentro de tres, que tampouco teño que precipitarme. As cancións de Libra, Julio Iglesias, son un tratado sobre a indecisión: nin te teño, nin te esquezo, ás veces si, ás veces non, nin o teu gato gris, nin o teu can fiel. Nunca están seguros de todo, e iso ​ converte a un Libra nun discutidor case profesional, pero non cho recoñecerá nunca, tes que poñerlle trampas, como ós osos. Ti dislle: -¡A ti gústache moito discutir! E Libra dirache: -Iso non é certo..., e discútocho cando queiras.

ESCORPION É un signo de auga:​ os lagos misteriosos. O seu rasgo máis evidente:​ a paixón. A súa frase favorita:​ Deséxote. O seu lema:​ A vida é breve, gózaa arreo. Recoñéceselles facilmente polos seus misteriosos ollos. ​ Escorpio non mira, reta directamente​ . Os ollos de Escorpio son como finísimas agullas que te cruzan cando impoñen a súa ollada. Suxírote que, cando vexas a Escorpio de fronte, lle digas: -Oe, por favor, baixa ou larga que non vexo nada. Se non o fas, hipnotizarate, é moi pasional, esaxeradamente pasional. ​ Se te ama, ámate máis cós demais e se te odia, o mesmo. ​ Ti a Escorpio regálaslle un libro polo seu cumpreanos e el regálache unha enciclopedia polo teu. Amando é igual, ti dáslle un bico e Escorpio faiche o amor tres veces seguidas. Odiando tampouco ten medida, ti rómpeslle a ventá do coche e el quéimache a casa. Claro, que é o que Escorpio di: -Eu non empecei.

SAXITARIO É un signo de lume: ​ a brasa​ . O seu rasgo máis evidente: ​ a verdade por diante. A súa frase favorita: ​ vouche ser sincero​ . O seu lema: ​ a vida é breve, galopa e corta o vento. O seu vitalismo é agotador e o seu sorriso vai sempre por diante deles. ​ Teñen un espírito delicado e unhas patazas que non lle caben en ningures. Recoñécense no autobús ou no metro: é esa persoa que leva máis de dez minutos pisándoche o pé e aínda non se deu conta porque te mira e sorrí: -¡Ola, ola...! E claro, a alguén que che sorrí así, ¿que lle vas dicire te está pisando?. ¡Nin se che ocorra!, porque Saxitario o sentirá moitísimo, levantará o pé e darache unha patada na canela. Saxitario é sincero, pero non é sutil ​ e se se empeña en dicirche a verdade ,antes ou despois, diracha. Por iso, suxíroche que se alguén deste signo se che acerca e di : -Vouche dicir a verdade... Dígaslle: E eu que che fixen...?


CAPRICORNIO É un signo de terra: ​ a montaña. O seu rasgo máis evidente:​ cre que é imprescindible. A súa frase favorita:​ que sería de ti sen min. O seu lema: ​ a vida é breve, menos mal que é empinada. É unha cabra e a cabra sempre tira ó monte. Se ves que un Capricornio se tira dende un décimo piso, ¡sígueo!, que vai cara enriba. ​ Máis que na sorte, cre no esforzo,​ e iso fai que como pai sexa un pouco “pesao”. Capricornio para ser feliz ten que controlalo todo, do contrario, ponse dos nervios. Como ese crego Capricornio, que se estaba morrendo e na agonía lles dicía ás monxas que o coidaban: -¡Ai, que será de vosoutras cando eu morra, quen vos coidará, quen guiará os vosos pasos. E unha das monxas, que creo que era Leo, exclamou: -Non se preocupe, súa Santidade, que tamén morreu Xesucristo e saímos adiante.

ACUARIO É un signo de aire: ​ o bulideiro de cores. O seu rasgo máis evidente: ​ sorprender ós demais. A súa frase favorita: ​ ¿Hoxe que é...? ¿Onte ou mañá? O seu lema: ​ A vida é breve, breve é a vida, a vida é unha breve vida. Por certo, ¿ti que breves vida? É un ser do futuro que vive no presente como se fose xa pasado. Por iso, saúdannos coma se fósemos prototipos prehistóricos: -¡Ola Xurásico! ¿Cómo levas a túa primitiva existencia? Encántalles sorprender coas palabras: -Á noite , que non estabas, botábate de menos, e agora que estás, bótote de máis. Non te lies, estache dicindo que te quere, pero é que ​ disfrutan sendo orixinais. Teñen unha idea por segundo, o único inconveniente é que cando teñen unha idea e cando a van facer, ocórreselles outra e outra...Pero como non se lle estimule o corpo, Acuario vai moverse menos que un árbitro de tenis. Como ese Acuario que dicía: -Ocórresenme tantas cousas esta mañá, que non só non as fixen e que ademais estou agotado

PISCE É un signo de auga: ​ o río. O seu rasgo máis evidente: ​ soñar desperto. A súa frase favorita: ¿​ A que non sabes que me pasou? O seu lema: ​ A vida é breve, se non soñas, faiseche longuísima. É o máis sensible que hai no Zodíaco e ten solto o resorte do riso e do choro, de tal maneira que c​ ambia cunha facilidade única​ . Pisce chora porque morreu a súa tía, e ó rato móndase de risa porque está moi gorda e non colle na caixa. Pisce, máis que vivir, existe. Ese Pisce que mira entusiasmado un atardecer, acércaselle un e dille: -¿Que fas? E di Pisce sen deixar de mirar o atardecer: -Nada E dille o outro: -¿E non te aburres? E remata Pisce: -Se non me interrompen, non.


Desde o 11 M ata hoxe moito se escribiu e pouco quedou claro sobre a autoría, implicacións, derivacións, probas..., e que sei eu dos horrorosos atentados. O único que no meu ánimo, e creo no que de toda Europa, permanece imborrable é o recordo das víctimas e o desexo de saber quen son os asasinos. Xa pasou un ano, que non pase outro sen saber quen foi.

Miguel Legazpi Aller 3º E.S.O.

DE COMO O AZAR PODE SALVAR UNHA VIDA

Meu irmán Andrés vivía en Madrid cando ocorreu o atentado do 11 de marzo do 2004. A noite anterior ó atentado, el chegou a casa de vacacións, se non viñese, tería collido, como facía todos os días, un deses trens que estouparon, morreron tres amigos e dous estiveron desaparecidos. Cando oíu a noticia do atentado na televisión , quedoulle a cabeza en branco, o único que pensaba era que non podía ser real, que o que estaba oíndo e vendo, non estaba sucedendo. A súa primeira reacción foi voltar a Madrid, cousa que non puido facer ata que pasaron tres días, non foi capaz de obter un billete en ningún medio de transporte. Cando chegou, colleu un tren que facía a mesma liña, mentres ía nese tren sentiu moitas cousas, o que estaba vendo, facíalle encoller o corazón e en tristeza en rabia.Ó chegar á estación e ver todos os cirios, notou un baleiro no corazón, quedou bloqueado sen poder facer nada. Desaparecéranlle dous amigos que foron atopados dous días despois, un deles tiña un golpe na cabeza e feridas en todo o corpo, o outro tamén apareceu dous días despois,morto. Desde ese día meu irmán non é o mesmo, é certo que é algo que forma parte das nosas vidas, pero meu irmán nunca o esquecerá e sempre levará consigo esa rabia que queda dentro, nunca desaparecerá.

Leticia Rois Mañana 1º BACHARELATO C


11-M Pasou un ano. Un ano xa desde aquel amencer no que de repente, quebrouse a vida, incapaz de soportar a dimensión dunha barbarie tan desusada. As bombas do 11-M leváronse consigo os sonos de 191 persoas. Un ano despois a normalidade volve ás estacións. Na estación do Pozo ou a de Atocha poucas cousas permiten recordar a traxedia que se produciu hai agora un ano. Na estación de Santa Eugenia hai unha placa na que se le : “Plantamos vida polas vosas vidas”, 11 de Marzo de 2004. O 11-M houbo moita morte e dor, moita traxedia persoal, moitas vidas rotas. Pero aínda que a ferida segue aberta, as vidas recompóñense e chegan, tamén, os novos proxectos profesionais e persoais para algunhas familias, a luz ao final do túnel. En teoría, Madrid non estaba preparada para unha catástrofe coma a do 11-M; na práctica, a dedicación, con frecuencia heroica, de miles e miles de profesionais da sanidade e dos servicios de emerxencia fixo posible unha boa atención ás víctimas. Da traxedia sacáronse importantes leccións para o futuro. Foi o peor atentado da historia de Europa: 191 mortos e máis de 2000 feridos. O trauma causado polos salvaxes atentados do 11-M segue aberto un ano despois. O 11-M e os días posteriores viviuse unha mobilización sen precedentes que puxo a proba, cun resultado espectacular, o funcionamento dos servicios de emerxencia e a solidariedade cidadá.

Cecilia Conde 3º E.S.O

.


CHISTES Un neno moi feo vai a unha peixaría e dille ó peixeiro: ● Póñame un quilo de bonito. E o peixeiro contesta: ● ¡Rapaz, aquí non se fan milagres!.

Estaban dous morcegos e dille un ó outro: ● ¿De onde sacaches todo ese sangue? E contéstalle: ● ¿Ves ese muro? ● Si. ● Pois eu non o vin. Despois dun exame, un profesor dille a un alumno que non soubo contestar a ningunha pregunta: ● Fareille unha última pregunta, se sabe contestala, aprobareino.¿Cantos pelos ten a cola dun cabalo? ● Trinta mil cincocentos oitenta e tres. ● ¿E como o sabe? ● Perdoe profesor, pero esa xa é outra pregunta. Dille o fillo de Ben Laden a Ben Laden: ● Papá, suspendín o exame. ● ¿Por qué suspendiches fillo? ● Porque me preguntaron cal era o edificio máis alto do mundo e eu respondín “O Empire State”. ● ¡Polos meus narices que en setembro aprobas! Nunha partida de xadrez xogan Estados Unidos e Rusia: ● ¿Quen gaña? ● Rusia, porque Estados Unidos xoga sen torres. Vai un home ó médico e dille: ● Doutor, teño dobre personalidade. O médico respóndelle: ● Pois sente alí e falaremos os catro.

● ● ● ● ●

¿Sabes de que morreu Antón? Non me contes, ¿de que? De cataratas. ¿Operárono? Non. Empuxárono.

Un pescador dille a un paisano perto do lago: ● ¿Pódese pescar aquí? ● ¡Claro que si!​ – contestou este. ● ¿Non será delito? ● ¿Delito?, ¡que va!, ¡será un milagre!.

Raquel Vizcaíno


ACTIVIDADES 2004-05 Ao longo do curso realizáronse diversas actividade complementarias e extraescolares, conscientes da importancia que estas teñen para o desenvolvemento cutural e educacional do alumnado. Procúrase que tódolos alumnos realicen algunha saída complementaria na súa formación académica e, ao mesmo tempo, no centro poténcianse actividades, charlas, exposicións de sumo interese para o alumnado. Da man do seminario de música acudiron ós ​ ensaios xerais da O.S.G. (“ Concerto para piano nº 2 “de Rachmaninov, “ Sinfonía nº 7 de Dvorak, “ Cuadros para unha exposición de Mussorski...) e a diferentes concertos didácticos ( Hércules e Crunia, El Buey sobre el tejado...). As ​ representacións teatrais tamén estiveron moi presentes na oferta dos departamentos: ​ Libertad ​ de compañía Achiperre& Guimbarde, ​ La lengua de lasmariposas da compañía La Baracca, ​ La mano del emigrante de Tantaka Teatroa, ​ Don Quijote de la Mancha ​ do Teatro del Repartidor, ​ Le Médecin Malgré lui… Ao ser un instituto de bacharelato artístico a asistencia a exposicións pictóricas son moi frecuentes: exposicións de Cristóbal Toral, exposición fotográfica deEastman, Pedro Ávila, arquitecturas ausentes do século XX... , ou conferencias no centro como a impartida por X. Antón García González:” A historia da arte na publicidade”. As ​ saídas culturais e informativas tamén tiveron grande éxito e aproveitamento: percorridos históricos- culturais pola cidade vella de Coruña, Visita a Santiago de Compostela, á Facultade de Belas Artés en Pontevedra, á galería de arte ADHOC en Vigo, Museo Pardo Bazán, Fundación Luis Seoane… Entre outros, a profesora Flor Blanco, preocupouse especialmente polos programas de ​ educación en valores​ : programas de Educación Ambiental en Nostian, programas de Educación Vial, programas de unidade asistencial de drogodependencias , cinensino para os máis pequenos, , educación contra a violencia de xénero (para conmemorar o 28 de novembro), charlas para a doazón de órganos… Non nos esquecemos, por suposto, de que as matemáticas son para disfrutar, nin de que a patinaxe foi sobre a pista de xeo do Coliseum, nin de que non se puido faltar ó correlingua 2005, nin de que o paseo en barco polo mar de Muros foi estupendo, ni de que abalamos a pedra de Muxía... e tantas e tantas cousas!!! Ahh festivais lúdicos do insti tampouco faltaron.


PAPIROFLEXIA O mundo da papiroflexia é unha arte que permite facer infinidade de figuras con papel. A súa intención vai máis alá, pois foi creada tamén para a contemplación, para adquirir quietude e tranquilidade​ . Susténtase nas figuras e na intención, na literatura e na filosofía de Oriente. Dise que esta arte foi introducida no Xapón por China e que este país só a perfeccionou. Outros indican que os xaponeses foron os creadores e que son tamén eles os que máis acontecementos culturais realizan coas figuras de papel. As primeiras elaboracións de papiroflexia foron entre os anos 794 e 1183, utilizándoa na escritura de cartas de amor e poemas. Para facela é necesario un papel adecuado cortado correctamente, realizar dobreces e pregos con exactitude​ , traballar nunha superficie lisa e sólida, seguir a orde indicada sen omitir pasos e comezar facendo as figuras bases, que son aquelas máis sinxelas de realizar. Antía e Alba (2º D Bacharelato)


Â

O GRAVADO


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2005 Este ano 2005 adícaselle o Día das Letras Galegas a​ XESÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ​ , autor que viviu nun permanente exilio, entre Hispanoamérica e España (Galicia).

1.- O primeiro exilio Os pais de Xesús Lorenzo Varela Vázquez emigraron da súa vila de Monterroso (Lugo) cara á Habana (Cuba) como facían moitos galegos vítimas da fama. Nace entrando na baía do porto da Habana a nave “La Navarre” o 10 de agosto de 1916, pero como Cuba está a pasar unha crise económica, a familia retorna aos tres meses de estancia. En Monterroso viviu os seus sete primeiros anos, e como bo galego o pai de Lorenzo insiste coa emigración, esta vez a Bos Aires (Arxentina) no ano 1923. O rapaz pasa a súa infancia en Bos Aires e a finais de 1930 retorna novamente a Lugo, a onde chega co acento porteño, feito que lle fai gañar o alcume de ​ Arxentino​ . En 1931 cursa o Bacharelato no Instituto de Ensino Secundario. Comeza a ter a súa primeira actividade política participando en tertulias literarias. Nun acto do Partido Galeguista en 1932 no Teatro Principal de Lugo, coñece a Castelao, achegándose ao nacionalismo e participando con Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero e Ramón Piñeiro na Federación de Mocidades Galeguistas, fundada o 11 de xaneiro de 1933. Os mozos galeguistas van máis alá que os seus maiores, a Lorenzo Varela gustábanlle as ideas do galeguismo, pero cría que no social se debía ir máis lonxe. Produto das súas convicións xa en 1934 participa nos sucesos revolucionarios e é perseguido pola policía funxindo a Madrid. Sucesos coma este perseguirano como un sinmo ata a súa morte. 2.- A guerra civil A penas chegado a Madrid amosa a súa precocidade participando nos círculos culturais, intelectuais e literarios, e tamén os estudios na Facultade de Filosoía e Letras, ingresa coma colaborador no xornal liberal republicano ​ El Sol​ , participa nas Misións Pedagóxicas e incorpórase á revista ​ PAN ​ (Poetas Andantes e Navegantes), comparte debates nos cafés de tradicións republicana cos artistas novos, é cofundador de ​ El Mono Azul,​miliciando do “V Regimiento” e colabora en moitas publicacións a favor da República. É un dos fundadores da ​ Alianza de Intelectuais Antifascistas para a defensa da cultura​ , e no 36 séntese obrigado a enrolarse no exército e loitar pola República, polo que, con tan só 21 anos ocupa o posto de máxima responsabilidade política dunha división do Exérico Popular. Durante a guerra percorre os fronte xunto con Alberti, Miguel Hernández e Altolaguirre, dando folgos aos soldados co seu espírito revolucionario e as súas publicacións xornalísticas. No 37 forma parte do Segundo Congreso Internacional de Intelectuais Antifascistas, no que escritores de todo o mundo se solidarizan coas tropas legais da República. 3.- O segundo exilio: México Sendo derrotado o exército da República, dende Figueres é levado ao campo de concentración francés de Argelès/Saint-Cyprien (onde morre Antonio Machado) o día 10 de febreiro de 1939. É liberado por intelectuais e artistas franceses e marcha novamente, esta vez a México, embarcando o 23 de maio de 1939 no vapor francés ​ Sinaia. ​ No porto de Veracruz os case 1800 exiliados son recibidos por 20.000 persoas, entre elas os seus amigos León Felipe, José Bergamín, Miguel Prieto e outros.


Alí tamén leva unha activa vida intelectual: incorpórase ao consello de redacción de ​ Taller​ , dirixida por Octavio Paz e en 1940 é cofundador da revista cultural ​ Romance​ ,da que é destituído ao pouco tempo, polo que opta de novo por marchar, chegando a Bos Aires no ano 1941. 4.- O terceiro exilio: Bos Aires Nesta cidade reencóntrase co seu pai e con amigos intelectuais galegos como Luís Seoane, Rafael Dieste e Carme Muñoz, e Arturo Cuadrado, aos que se sumarán Blanco Amor, Colmeiro, Antonio Baltar, Otero Espasandín e outros. Esta etapa vai ser a máis fructífera para a súa producción literaria, pero non se dará a coñecer en España, quizais pola censura Como fixo en México, codirixe e funda a revista ​ De mar a mar​ , desaparecida durante a primeira presidencia de Perón, publicando nela ​ Duelo en tres cantos por la muerte de Miguel Hernández ​ e sete poemas que Luís Seoane incluiría postumamente en ​ Homaxes. En 1942 publica Torres de amor, en 1944 Catro poemas para catro gravados, a súa primeira obra poética, que foi coñecida tamén como María Pita e tres retratos medievais, formando parte dunha obra de ilustracións de Seoane. No tema da arte plástica, pola que sente paixón, publica en 1945 El Renacimiento, e en 1946 Murillo, mantendo contacto con numerosos artistas. No xornal La Razón é crítico de arte varios anos, pasando despois a El Mundo, e colabora nas máis importantes publicacións arxentinas como nos xornais Clarín, La Nación e diversas revistas. É fundador e director do exitoso programa radiofónico Hora once. En 1943 publica o seu poema Cita con música do compositor arxentino Carlos Guastavino, e nese mesmo ano fai a antoloxía Actualidad de la obra crítica de Beaudelaire, baseada na súa tradución dos ensaios beaudelerianos sobre a arte. En 1954 publica o seu estudo Seoane e o libro de poesía Lonxe, considerado por algúns o de maior calidade literaria coa temática da guerra civil e o exilio. É a súa unha poesía de denuncia ao estilo do que será C.E. Ferreiro, na que non faltan os temas sociais, do pobo, revolucionarios, das guerrillas galegas, dos maquis dos anos 40, da revolución irmandiña do século XV, do asoballamento do traballador galego, e da propia emigración galega. Adivíñanse na súa obra os tres piares da súa paixón: a súa lealdade á República española e o profundo amor por Galicia, combinándose con poemas adicados a artistas e á arte en xeral. Na súa obra a muller é obxecto de admiraciónm e tenrura, nun mesmo plano que o home, concordando coa súa ideoloxía esquerdista. É membro do Partido Comunista Español e tamén no arxentino, feito polo que é censurado polos Estados Unidos, xa que tendo un contrato cunha universidade dese país denéganlle a entrada. 5.- O derradeiro exilio: Madrid De novo ten que exiliarse porque en Arxentina a ultradereita mata a moitos escritores de esquerdas, amigos seus, e el foxe pola fronteira de Brasil, estando alí unha tempada, para voltar a Madrid en maio do ano 1976. Descoñecido aquí, fai traduccións e colaboracións xornalísticas e sobrevive grazas a algúns amigos dos vellos tempos, como Isaac Díaz Pardo ou Ramón de Valenzuela. Posiblemente o illamento e a non concreción dos seus proxectos o foron conducindo a unha resignación que, segundo algúns amigos, o levou a unha morte case buscada, xa que en novembro de 1978 esvaece na rúa e morre na ambulancia, camiño do hospital, pobre como moitos xenios. En abril de 1979 fáiselle unha homenaxe e en anos posteriores edítase a súa obra, polo que vai sendo cada vez máis coñecido polo publico. Finalmente a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas 2005 Texto realizado por :Paula Bujía, Jacobo López, Alejandro Ruíz e Gaspar Vázquez (Alumnos de 3º de Diversificación)


¿QUE É SER “FRIQUI”? COMPROBA O TEU NIVEL O termo “FRIQUI” provén do inglés “freak” (monstro) e utilizábase para denominar ó rapaz rariño da clase xa polos seus gustos ou pola súa maneira de pensar. Estes rapaces nunca atopaban o seu lugar entre os demais e por iso fuxían ós seus mundos de fantasía onde tiñan verdadeiras aventuras. Hoxe en día utilízase o termo para todo tipo de xente que ten unha afección ou obsesión sobre diferentes campos. Tamén se utiliza no contexto televisivo para nomear ós falsos famosos que tan de moda están últimamente. Pero nós remontaremos ó seu antigo significado e comprobaremos se tes gustos “friquis” ou canto sabes deles. Se queres saber o teu grao ou coeficiente “friqui”, responde ás preguntas que facemos a acontinuación e comproba as túas respostas na táboa de resultados: 1.- ¿Como se chamaba o cadelo que compartía as aventuras do gran Inspector Gadchet? A.- Sultán B.- Milú C.- Rafiki 2.- ¿Que animal era o fiel compañeiro de Marco na busca da súa querida nai? A.- Can B.- Mono C.- Coello 3.- ¿Cal é a cor do antefaz da famosa tartaruga “ninja” que ten por nome Donatello? A.- Azul B.- Vermella C.- Violeta 4.- ¿Como se chamaba o malvado vilán de cor rosa na serie “Dragón Ball”? A.- Célula B.- Vegeta C.- Bu 5.- En “O retorno do Jedi”¿Cal era a personaxe que adoraban os diminutos seres chamados Ewoks? A.- C3PO B.- R2D2 C.- Luck Skywalker 6.- ¿Cal destes tres elfos é o máis vello de toda a Terra Media? A.- Elrond B.- Galadriel C.- Celebom 7.- ¿De que raza era o cabalo que montaba Xena, a princesa guerreira, na primeira tempada? A.- Nórdico B.- Árabe C.- Pigmeo 8.- ¿Cantos ragmentos do Cristal había na película do “Cristal Escuro”? A.- Un B.- Dous C.- Moitos 9.- ¿De entre estas técnicas, cal non é utilizada polo famoso “ninja” que protagoniza a serie “Naruto”? A.- Kage Bunshin B.- Chidori C.- Rasengan 10.- ¿Cal é o nome do famoso elfo drow portador de dúas cimitarras máxicas en “Tódolos Reinos Olvidados”? A.- Artemis Entreri


B.- Drizzt Do Urden C.- Elminster

Comproba as túas respostas:

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

3 puntos

5 puntos

0 puntos

C C A A B C A B C A

A B C C A B B C B B

B A B B C A C A A C

0-15.- ​ Es unha persoa moi sensata​ . Probablemente non tiveses infancia ou non tes imaxinación​ . Non tes que preocuparte máis que da túa realidade xa que o mundo de soños é para os nenos. 15-35​ .- Mantés unha certa responsabilidade co mundo real pero s​ abes cando utilizar a imaxinación para fuxir dos atafegos da sociedade. 35-49.-​ Es “friki”​ ​ . Diga o que diga a xente ti non o podes remediar. Pero non te alarmes non é nada malo, todo o contrario, segue así e chegarás lonxe. 50.-​ Es completamente un “friki”, xa non hai volta atrás... Se sabes todo isto probablemente xa cho dixeron e se non é así​ FIXECHES TRAMPA MIRANDO AS RESPOSTAS!

Alicia Fernández Franco 1º BACHARELATO C Laura Riera Díaz 1º BACHARELATO C


Os nosos xornalistas

DIRECCIÓN Mª Xosé González COORDINACIÓN

Estes son algúns dos nosos intrépidos reporteiros. Grazas ao seu esforzo e interese a revista puidose levar a cabo. Temos colaboracións de tódolos cursos e sobre temas moi variados. Esperamos que o proximo curso sigades participando activamente na elaboración da revista. Sen o voso traballo Mapoula non sería posible .

¡Grazas a todo o equipo de redactores e aos diversos colaboradores!

Copyright IES Durmideiras 2005 C/ Juan Sebastián Elcano nº 24 15002 A Coruña Teléfono 981-220512 fax: 981-223439 E-Mail: iesadormideras@edu.aytolacoruna.es www.edu.aytolacoruna.es/centros/iesadormideras

● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ●

Mª Xosé Mato Carmen Vecino MONTAXE David Añón Manuel Castiñeira Pablo Manuel Conde Barbé Jorge Espasandín Fernández Adrián Freire Mato Alfonso Souto Miguez Iago Taibo Queijeiro COLABORAN Santiago Ros Pérez Sandra Blanco Rodríguez Tamara Prieto López Antía Barreiro Fachal Alba Rey Fernández David Gigirey Juan Varela Ana Jabarés Pita Patricia López Montero Eva Martínez Manuel Gey Maribel Martín Stefan Loureda Rubén Pérez David Añón Alicia Fernández Franco Laura Riera Díaz Anxo Vigo Zaira del Río Bárbara Martínez Raquel Vizcaíno Alicia Fernández Laura Riera Lilian García Lucía Bravo Leticia Ramos Juan José Redondo Sergio Vilar Alicia Fernández Jorge de Rodríguez (Gorca) Marta Reigada Ana Jabares Alejandro Rabuñal Juan Varela Flor Blanco

Mapoula 2004-05  

Revista Mapoula

Mapoula 2004-05  

Revista Mapoula

Advertisement