Traballo Fin de Grado presentado na E.T.S. Arquitectura da Coruña (UDC)
Este traballo pretende facer unha lectura retrospectiva dun tema de Proxecto Fin de Carreira. Versará sobre as ordenacións dos campos da festa da Fraga (Gondomar), que serán revisadas e postas en común. Os proxectos a analizar sitúanse nun territorio coñecido, un anaco máis do territorio galego, pero igualmente complexo. Defínense como territorios híbridos ou transxénicos. Substrato rural, dinámicas urbanas e paisaxes en transformación: ese é o lugar. Un espazo para celebrar a festa anual: a demanda. Estúdanse 23 proxectos, que dende diferentes ópticas abordan o tema. Son análises independente que porén chegan a conclusións semellantes. Manifestándose en procesos de proxecto que converxen. A intención é analizar esas converxencias, chamadas mecanismos, e como se relacionan coa paisaxe.