RECETAS DA RÍA

Page 1

AS NOSAS RECEITAS



INDICE Mexillóns á vinagreta............6 Centola rechea...................7 Arroz con camaróns..............9 Vieiras á grella.................11 Rapantes á grella...............13 Ameixas á mariñeira...........14 Nécoras cocidas.................16 Navallas en salsa mariñeira.....17 Sargo ao forno.................18 1


Xoubas guisadas................20 Congro guisado con chícharos....22 Sardiñas asadas................24 Polbo á prancha.................25 Xurelos ao forno................26 Dourada en salsa de gambas....28 Chocos con arroz................30 Xurelo con tomate e piñóns......32

2


Este libro de cociña foi elaborado polos nenos e as nenas de 1º CICLO coa axuda das súas familias como parte do proxecto “A nosa ría”.

Moitas grazas familias.

Campañó curso 2011-2012

3


Mexillóns á vinagreta Ingredientes -cebola - aceite -ovos cocidos -vinagre -pemento vermello Preparación Cócense os mexillóns ao vapor. Picamos a cebola, o pemento, os ovos cocidos e mesturamos todo. Cubrimos os mexillóns coa mestura e engadimos o aceite e o vinagre.

UXÍA 4


Centola rechea Ingredientes -1 centola -1 pemento vermello -pementa de Cayena -menta fresca

-2 ovos -aceite -1 lim贸n

Preparaci贸n Cocer a centola en auga con sal durante 20 minutos . Despois sacarlle toda a carne. Aparte mesturamos 2 xemas de ovo e cunha cullerada e media de mostaza e batemos como se fose unha maionesa engadindo un f铆o de aceite, follas de menta picadas,a pementa e o pemento vermello picado. Regar con zume de lim贸n 5


Mesturar a carne de centola coa salsa e encher a cuncha. Decorar coa menta . Servir fresco da neveira.

6


Arroz con camaróns

Ingredientes -camaróns -arroz -4 allos -1 cebola - manteiga -pirixel -2 tomates -1 pemento -sal -pementa -1 cunca de viño branco -2 culleradas de comiño Preparación Bótaselle o sal,a pementa,o comiño aos camaróns e métense na neveira. Botar en auga fervendo os camaróns e o arroz (durante 2 min.). Sacalos e botalos nunha tixola coa manteiga a cebola,os tomates,o 7


pemento,o pirixel ,o comiño,o sal pementa e o viño e déixase fritir 10 min. Servir nunha bandexa adornado co pirixel

8


Vieiras รก grella

Ingredientes -12 vieiras -2 porros -1 pataca -2 cebolas -1 vaso de caldo de ave -abelรกs para adornar Preparaciรณn Facer o caldo de ave cun anaco de polo, cebola, cenoria, porro,todo cuberto con auga. Cocer durante 30 minutos e colar. Pelar, lavar e cortar os porros, picar a cebola e a pataca fritir cun pouco de aceite. Cubrir co caldo, engadir o sal e cocer 25 min. e triturar ata obter unha crema fina.

9


Abrir e limpar as vieiras e pasalas pola grella durante 1 minuto por cada lado. Para servir, manchar o prato coa salsa do porro e poĂąer as vieiras no centro. Colocarlle as abelĂĄs para adornar o prato.

10


Rapantes á grella

Ingredientes -rapantes -pirixel -sal -2 allos -aceite Preparación Bótase nun morteiro 2 dentes de allo pelados, unha rama de pirixel, sal e machácanse. Engadimos o aceite. Ponse o rapante limpo nunha fonte e cúbrese co adobo. Cociñar o rapante na grella e servilo quente.

11


Ameixas á mariñeira Ingredientes -1 quilo de ameixas -aceite de oliva -1copa de viño branco -zume de limón -1 cullerada de pan relado Preparación 1º Lavar as ameixas coa auga e o sal 2º Pelar a cebola e os dentes de allo 3º Picar o pirixel 4º Nunha tixola cun vaso de auga abrir as ameixas ao lume lento, escurrilas e dispoñelas nun cazo plano. Reservar o zume 5º Nunha tixola con aceite quente sofritir a cebola e o allo.

12


6ºEspolvorear con pan relado e o loureiro e rociar co zume das ameixas,engadir o loureiro, o viño e o zume do limón. 7º Colocar nunha tixola ao lume e deixar uns 10 minutos. Rectificar o sal e decorar con pirixel picado.

13


Nécoras cocidas Ingredientes -6 nécoras frescas e vivas. -sal Preparación Ponse unha tarteira con auga a ferver (a auga xusta para cubrir as nécoras e bótaselle sal ao gusto). Introducir ás nécoras coas patas cara abaixo e déixanse cocer de 7 a 10 minutos (segundo o tamaño). Deixar que arrefríen e sérvense.

14


Navallas en salsa mariĂąeira Ingredientes -navallas -allo -cebola -loureiro -tomate solĂ­s -brandy PreparaciĂłn Rustrir a cebola, o allo, o tomate,o loureiro e o brandy. Engadir as navallas e deixar que se fagan. Servir quentes.

15


Sargo ao forno Ingredientes ● 3 patacas ● 1 cebola ● 2 dentes de allo ● 1 pemento verde e 1 amarelo ● aceite de oliva ● reladuras de limón e laranxa ● sal Preparación Despois de limpalos facémoslles dous cortes no lombo. Cortamos as patacas en rebandas e fritímolas. Colocamos as patacas na bandexa do forno, engadimos as cebolas e os pementos e poñemos os sargos. 16


Picamos os allos e xunto coas reladuras, o botamos por riba asĂ­ como o aceite. Por Ăşltimo o metemos no forno precalentado ata que este feito.

17


Xoubas guisadas Ingredientes ● 500gr de xoubas ● 1 cebola picada ● 1 dente de allo ● tomate triturado ● follas de loureiro ● viño branco ● pementón, pirixel, aceite e sal. Preparación Nunha tarteira quéntase un chorro de aceite, bótase a cebola ben picada e engádeselle o tomate. Poñemos as follas de loureiro, as xoubas, un pouco de viño branco e esporeamos cunha ou dúas culleradas de pementón. 18


Despois deixamos que se fagan movendo suavemente a tarteira ata que o vi単o se consuma e comece a espesar a salsa.

19


Congro guisado con chícharos Ingredientes ● 1 congro ● patacas ● chícharos ● cebola ● pemento verde ● aceite, sal e pementón doce Preparación Nunha tarteira botamos un bo chorro de aceite e facemos unha cama de cebola, enriba engadimos a pataca cortada en toros e deseguido engadimos os chícharos un pouco máis de cebola picada e o pemento vermello. 20


Nunha cunca grande facemos unha mestura de auga, aceite e pementĂłn doce e botĂĄmosllo por riba. PoĂąer ao lume ata que a pataca estea branda.

21


Sardiñas asadas Ingredientes ● sardiñas ● sal Preparación Lávanse as sardiñas e sálganse. Despois preparamos as brasas. Poñemos as sardiñas nunha grella enriba das brasas e cando estean feitas polos dous lados, sácanse e xa se poden servir.

22


Polbo á prancha

Ingredientes ● 1 polbo cocido ● 1 cebola ● 1 pemento verde ● 1 cogombro ● aceite, sal e limón Preparación Córtase o polbo e as verduras en láminas finas. Úntase a prancha coa mestura do aceite e o limón. Ponse na prancha o polbo e as verduras. Sálganse e fanse ao gusto.

23


Xurelos ao forno Ingredientes ● 3 ou 4 xurelos grandes ● 2 cebolas ● 1 pemento verde ● 1 pemento vermello ● 1 tomate ● aceite, sal ● patacas ● viño branco Preparación Nunha fonte de base de cebola, patacas co aceite ata que empecen

forno ponse unha pemento, tomate e e métense no forno a estar pochadas.

24


Logo póñense os xurelos enteiros enriba desta base e vólvense a meter no forno. Antes de que este feito de todo botáselle o viño e vólvese a meter no forno ata terminar de facerse.

25


Dourada en salsa de gambas

Ingredientes ● 1 dourada grande ● 1 vaso de caldo de peixe ● 1 cullerada de caldo de peixe ● coñac ● 8 gambas ● 1 vaso de viño branco ● 1 iogur natural Preparación Salpiméntase a dourada e ponse nunha bandexa de forno. Botáselle por riba o viño e o caldo e cócese 30 minutos a forno forte. Póñense as gambas na tixola coa margarina e despois flaméxanse coñac. 26


Pélanse e as cabezas pásanse polo chino xunto coa graxa da cocción. Despois incorpórase o iogur e salpiméntase. Servimos a dourada acompañada das gambas e a salsa.

27


Chocos con arroz Ingredientes ● 3 chocos medianos ● 600 gr de arroz ● 1 cebola ● 1 pemento ● chícharos ● allo, aceite e sal Preparación Unha vez limpos os chocos, cortámolos en pedazos. Poñemos aceite nunha tarteira xunto coa cebola ben picadiña e o allo machacado co sal, despois botámoslle os chocos e deixamos que se fagan ata que estean dourados. 28


Unha vez conseguido este punto botámoslle auga, a razón de catro partes por unha de arroz, e deixamos que abrande e despois lle engadimos a tinta e os chícharos e por último poñemos o arroz e deixamos cocer 20 minutos máis.

29


Xurelo con tomate e piñóns Ingredientes ● 4 xurelos ● 3 patacas ● 2 cebolas, pirixel, piñóns ● 100 gr de tomate tamizado ● 200 ml de caldo de peixe ● 100 ml de aceite Preparación Cortamos a cebola e as patacas en rebandas e refogámolas durante 15 minutos, sazonámolo con sal. Limpamos os xurelos e facemos filetes e botámoslle un pouco de sal. Poñemos as patacas e a cebola nunha fonte de forno. Por riba 30


poñemos o peixe e vertemos o tomate e o caldo de peixe e, por último engadimos os piñóns e o pirixel picado. Metémolo no forno uns 15 minutos.

31


32




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.