EURIÑA 13

Page 1



Limiar O curso pasado tivestes ocasión de ver plasmados nas páxinas da nosa revista escolar parte dos traballos realizados sobre A Nosa Ría. Ese ano decidimos estudar o aspecto físico, a variedade de animais e plantas que forman parte da nosa paisaxe cotiá. Este ano, segundo e último curso que dedicamos a este Proxecto Integral de Centro, buscamos toda aquela información sobre o aspecto sociocultural que puidese interesar ao noso alumnado e tratamos de plasmala en diversos murais como o situado no vestíbulo do colexio ou nos de dentro e fóra das diferentes aulas. Aquí ides ver moita información sobre a contorna mariñeira de Campañó como cantigas e poesías relacionadas co mar, lendas da Ría, unha guía turística ou incluso receitas con produtos de primeirísima calidade e moi asequibles ao noso peto!! Por suposto, estes aires impregnaron tamén as nosas celebracións anuais: Magosto, Samaín, Nadal, Paz, Entroido, Ravachol e Semana das Letras Galegas. Pasámolo moi ben buscando os temas sen repetir os do curso pasado. Parabéns a todos! Por certo, este ano tivemos un cambio grande no Magosto: por primeira vez non nos asou as castañas Eduardo senón que tivemos uns castiñeiros guiando un tren que fixo as delicias de pequenos e grandes. Foi un día moi especial. Tamén nos quedou tempo para traballar sobre máis temas, aparte da Ría, e, por exemplo, en plástica, o grupo de 4º coñeceu parte da obra de Picasso, os grupos de educación infantil viron cadros do pintor Arcimboldo, autor que emprega imaxes de vexetais nas súas obras, e animáronse a imitalo, en 1º ciclo fixeron un par de proxectos de investigación sobre as formigas e os ourizos cachos e, como non, o alumnado de 6º curso viviu unha experiencia que seguramente lembrarán toda a súa vida: a primeira vez que saíron da súa casa eles soíños, sen papás, aínda que controlados moi de preto polo profesorado e monitores asignados ao proxecto do Ministerio de Educación Escuelas Viajeras. Compartimos con eles o feito de que tamén é a primeira vez que o colexio participaba neste proxecto e a experiencia non puido ser máis satisfactoria. E, falando de primeiras veces, no eido do teatro tivemos un par de actividades moi boas: os alumnos maiores asistiron a unha obra de teatro en inglés, O soño dunha noite de verán, xunto cos coles de Lérez e Xeve, e os nosos pequeniños, a clase de 3 anos, representou a peza Os sete cabritiños e o lobo para os seus compañeiros de infantil, advertíndolles dos perigos de desobedecer ás persoas que nos queren. Pero non todo foi tan positivo ao longo do curso. Como podedes ver, este ano non temos edición en papel da revista posto que os fondos destinados aos proxectos para o fomento do galego foron moi recortados e a asignación económica deste curso é a mesma cantidade que custaba editar a revista en papel, polo que nos vemos obrigados a agrupar varias das nosas publicacións en formato dixital. Coa chegada do fin de curso chega tamén a época dos adeuses: do alumnado de 6º á súa nenez para dar paso á adolescencia, etapa na que van seguir contando co apoio de todos vós, as súas familias, e a do profesorado que nos deixa. Despois de trece anos neste colexio, Mª Carmen Mene marcha deixando grandes amigos aquí e preparada para iniciar unha nova andaina noutro Centro, ao igual que Lupe, Sol e Fany. Ao igual que os pelouros dos ríos se pulen uns en contacto con outros, nós tamén aprendemos das experiencias que compartimos coas nosas compañeiras. Moitos cariños para todas!!! Cristina Barreiro



Enredos

Saídas

Traballo de aula

As nosas celebracións

Proxecto A NOSA RÍA

ÍNDICE Os mariñeiros puideron ver ...............................................................................................

3

Os pescadores de campañó ................................................................................................

4

Os cociñeiros .....................................................................................................................

5

Lendas ...............................................................................................................................

6

Miliarios.............................................................................................................................

7

A ruta do Marisqueo...........................................................................................................

8

Excursión fin de curso Infantil: O GROVE.......................................................................

9

Festas de Outono................................................................................................................

10

Nadal..................................................................................................................................

11

O día da Paz.......................................................................................................................

12

Entroido 2012.....................................................................................................................

14

Semana das Letras..............................................................................................................

16

Festival...............................................................................................................................

17

Homenaxe musical a Valentín Paz Andrade.......................................................................

19

Arcimboldo e a froita.........................................................................................................

20

Xa chegou a primavera.......................................................................................................

21

O meu pai...........................................................................................................................

22

Os sete cabritiños e o lobo.................................................................................................

23

Proba superada...................................................................................................................

24

Os ourizos cachos .............................................................................................................

25

As formigas........................................................................................................................

27

Picasso ...............................................................................................................................

28

Traballos e saídas de 6º......................................................................................................

29

Biblioteca ..........................................................................................................................

30

Excursión ao Xurés ...........................................................................................................

31

Visita ao Centro de Tecnificación......................................................................................

32

A midsummer night´s dream..............................................................................................

33

Escolas Viaxeiras: Burgos (6º P)........................................................................................

34

Billarda...............................................................................................................................

36

Letras Galegas....................................................................................................................

38

Sopa letras, laberinto, sudoku............................................................................................

39


Euri単a 13

3


Proxecto A NOSA RÍA

4


Euriña 13

PROXECTO A RÍA 1º CICLO

O ano pasado estudamos os peixes e mariscos da ría e este ano decidimos facer un libro de receitas, coa axuda das nosas familias. Os de primeiro buscamos receitas con sardiñas, sargos,xoubas, congro, xurelos, polbo,dourada, rapantes e chocos. Os de segundo encargámonos dos mariscos: centola, nécoras, mexillóns, camaróns, vieiras, navallas e ameixas. Como vedes estamos preparados para poñer en práctica as receitas.

5


Proxecto A NOSA RÍA

LENDAS

A Moureira Este ano no segundo ciclo fixemos unha recompilación de lendas arredor da nosa ría UNHA DE PIRATAS Conta a lenda que en Pontevedra no barrio da Moureira naceu un dos piratas máis famoso e sanguinario .Comezou embarcado nun bergantín que partiu de Río de Xaneiro, Benito Soto Aboal abandonou ao capitán da nave en terras africanas e adicouse a piratería,Ao final da súa vida foi executado por asaltar máis de 10 barcos e matar a 75 persoas.

4º de primaria Contoume meu pai que o seu tataravó era curmá da nai do famoso pirata Benito Soto Aboal, nacido como a familia da súa nai na Moureira que era dun barrio de mariñeiros/as. Meu pai chámase Xosé Antonio Casalderrey Aboal e el Benito Soto Aboal. (Nuria C.) 6


Euriña 13

MILIARIOS Con

motivo

atopáronse

das

obras

do

AVE

dous novos miliarios en

Pontevedra, que son unhas columnas de pedra con gravados, que empregaban os romanos para marcar as distancias nas calzadas. Os miliarios foron datados no século III despois de Cristo, miden case 3 metros de altura e teñen gravados en latín,

dedicados

aos

emperadores

Máximo e Maximinus . Estes novos miliarios súmanse aos atopados nos últimos anos na cidade e arredores. Dous preto da ponte do Burgo pertencentes a vía romana XIX ,datados no século II , e os atopado nas ruínas do mosteiro de Santo Domingo datados entre os séculos III e IV. Estes Miliarios pódense visitar no museo de Pontevedra e nas ruínas de Santo Domingo. Os miliarios son unhas columnas cilíndricas, xeralmente feitas de granito, que empregaban os romanos nas súas calzadas para sinalar as distancias. A maior parte dos miliarios levaban inscricións incluídas como o título completo do emperador que mandou construílo, a distancia a Roma ou a cidade máis importante da vía e o nome do gobernador ou unidade militar responsable das obras da calzada. En Pontevedra consérvanse varios miliarios atopados na cidade ou nas súas proximidades. Os primeiros foron encontrados preto da ponte do Burgo, datados entre os séculos II e IV despois de Cristo. Máis recentemente e con motivo das obras do AVE atopáronse dous novos miliarios, foron datados no século III despois de Cristo. Miden case 3 metros de altura e están dedicados aos emperadores Máximo e Maximinus. Estes Miliarios pódense visitar no museo de Pontevedra e nas ruínas de Santo Domingo. 5º Primaria

7


Proxecto A NOSA RÍA

A RUTA DO MARISQUEO (Cambados) O xoves, 10 de maio, fomos a Cambados para gozar da actividade complementaria "A RUTA DO MARISQUEO" relacionada co proxecto anual de centro A Nosa Ría. Formamos diversos grupos e, xunto coas monitoras (mariscadoras da zona), leváronnos visitar diferentes lugares do porto: 1º) AS REDEIRAS: onde vimos como é o oficio das redeiras, os utensilios que precisan para elaborar metros e metros de rede. 2º) A FÁBRICA DE XEO: no porto hai unha máquina de xeo de escamas que utilizan os barcos cando capturan ós peixes.

3º) LONXA: vimos onde pesan as caixas de peixes, vimos o panel que utilizan para puxar os compradores, a máquina de clasificación de ameixas...

4º) DEPURADORA: fomos ver o lugar onde depuran e limpan de toxinas e area o marisco.

Despois de visitar todo o porto, de ver as diferentes instalacións

e

de

ver

os

distintos

oficios,...fomos

mariscar!!!!! Pasámolo xenial tratando de atopar ameixas, medíndoas e meténdonos nos charcos! Foi unha experiencia para non esquecer e aprendemos moitísimo do traballado nas aulas pero dunha maneira máis práctica.

8


Euriña 13

Proxecto A NOSA RÍA

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DO CICLO DE INFANTIL

O GROVE O venres, 08 de xuño, todo o ciclo de Educación Infantil puxémonos rumbo a O Grove a poñer o punto e final ao proxecto bianual de centro “A nosa ría”. Estabamos moi nerviosos xa que estabamos agardando este día como auga de maio. Pero, esta sensación, non é de estrañar porque todos sabiamos o que nos agardaba: 1º) Unha visita moi interesante ó acuario de O Grove. 2º) E, despois,...UNHA VIAXE EN BARCO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Ás 10.30 h chegamos ao Acuario onde vimos distintos tipo de seres vivos que habitan debaixo do mar (anémonas, algas, robalizas, centolas, estrelas de mar, morenas, polbos,...E UN

TIBURÓN

ENORRRRME!!!...menudo

susto! je,je.). Tamén nos explicaron que o lixo e as bolsas de plásticos son as ameazas maiores

dos

animais

mariños.

Vimos

o

esqueleto dun golfiño que apareceu morto preto de alí e, nun contedor, tiñan gardado todo o lixo (plásticos) que aparecera dentro do seu estómago e que lle causou a morte. Despois, ás 12.00 h, fomos embarcar no barco PEREGRÍN que estaba atracado no porto de O Grove. Sentámonos na parte superior

e

navegamos

pola

ría

e

amosáronnos as bateas que alí había. Puidemos degustar mexillóns ó vapor que foi a delicia de moitos. E, para rematar a viaxe, subimos a música ambiental e puxémonos a bailar para celebrar o marabilloso día que nos acompañou todo o día. O sol e a calor fixo que fora un día FORMIDABLE.

9


AS NOSAS CELEBRACIÓNS

AS FESTAS DE OUTONO Un

ano

máis

no

colexio

celebramos o Outono coas dúas festas

propias

da

época:

O

SAMAÍN e O MAGOSTO. Fixemos un

ano

máis

a

exposición

de

cabazas e os pequenos de infantil e primeiro ciclo disfrazáronse de cousas terroríficas.

No Magosto este contamos cun castañeiro para asar as castañas, e moi ben asadas por certo. Antes de comelas fixemos apetito xogando no patio cuberto. Os xogos deste ano foron: O pano, O Zapatiño quieto é, a Castaña por Detrás, a Levantar á Chapa, Pincha Aros, Carreiras de Chapas, A Corda para rematar cunha Carreira de Relevos carrexando castañas. Resultou moi divertido.

O Magosto deunos imaxes entrañables nas que vimos a Cooperación, o Traballo en Equipo e o Respecto. 10


Euriña 13

NADAL Este ano, continuando o proxecto: A nosa ría, confeccionamos o Belén con pelouros. Os nenos/as fixemos, na casa e na aula, as figuras do Belén, transformando as pedras nas distintas personaxes.

Os máis cativos, adornaron unha árbore de Nadal cos seus traballos e tamén percorreron toda as aulas do Centro para cantar unha panxoliña acompañados de pandeiretas.

Como

remate do primeiro trimestre, o día 21 de decembro fixemos unha festa onde todos trouxemos lambetadas de Nadal, o pasamos moi ben e recibimos a visita de Papá Noel, que veu cargado de caramelos. Había que ver a cara dos máis pequeniños!! 11


AS NOSAS CELEBRACIÓNS

O día da PAZ O luns, 30 de xaneiro, todo o colexio conmemoramos o DIA DA PAZ cantando a canción "O niño novo do vento" (baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro). Acompañamos esta canción cunha "performance" onde o alumnado de terceiro ciclo fixo voar unha pomba xigante da paz. O centro abriu as súas portas as familias que estiveron presentes na actuación musical dos seus fillos/as. Despois, cada curso expresou a súa mensaxe de Paz ó resto do alumnado, profesorado e familiares. Foi un acto cargado de emotividade, alegría e diversión para todos. O alumnado gozou moito neste día tan especial. A continuación anotaremos un anaco deste poema tan fermoso. No niño novo do vento hai unha pomba dourada; quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo. Canta o luar e o amencer en frauta de verde olivo; quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo. Ten ás de flor recente cousas de recén casada; quen puidera namorala,

quen puidera namorala, meu amigo. Tamén ten sombra de sombra e andar de primeiro río quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo.

12


Euriña 13

O día da Paz recitamos esta fermosa poesía:

A BRANCA POMBA A branca pomba quérenos ensinar que un pobo sen guerra habemos lograr. Tráenos ledicia, paz e amor e quere que todos vivamos mellor.

13


AS NOSAS CELEBRACIÓNS

ENTROIDO 2012 Para celebrar o Entroido fixemos unha pequena merenda con

produtos

típicos destas datas.

Os de 6º de E.I. disfrazados de mariñeiros.

Os do terceiro ciclo foron disfrazados de Santa Compaña.

O segundo venres de Entroido queimamos o noso querido loro Ravachol.

14

¡¡¡ Que medo!!!


Euriña 13

ENTROIDO NO COLEXIO Este curso para celebrar o Entroido disfrazámonos de faros.

Fixemos

os

clase,recortando

disfraces e

na

pintando

cartolinas.

O venres de Entroido bailamos a canción “Había unha vez un faro” todos co noso disfrace posto.

¡¡¡Estabamos todos moi guapos.!!!! 15


Euriña 13

Semana da Lingua e a Literatura Galega 2012

Este ano estivemos moi entretidos os tres días anteriores á celebración do Día das Letras Galegas. O luns 14 de maio recibimos a visita de Inmaculada Paz Andrade, sobriña do autor homenaxeado este ano no Día das Letras: o noso veciño da parroquia de Lérez, Valentín Paz Andrade. Inmaculada, ou Ada, como prefire ser chamada, é catedrática de física e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela e ten recibido numerosos premios pola súa labor. Falounos das súas vivencias co seu tío en Lérez, da casa familiar e anécdotas da carreira profesional do seu tío en Vigo. O martes 15, José Antón, veciño de Poio e avó dun dos nosos alumnos, veunos falar da vida no mar e das tarefas relacionadas coa pesca para enriquecer un pouco máis o proxecto no que levamos traballado estes dous cursos: A Nosa Ría. José tróuxonos a mandíbula dunha quenlla que fixo as delicias de nenas e nenos. Nós, en agradecemento, agasallámoslle un peixe dos que non viu nunca nas súas singraduras no mar.

O día 16 de maio apareceu pola biblioteca o atrapacontos Anxo Moure acompañado nesta ocasión polo seu cabaliño Caramulo para lembrarnos a todos que nós eramos poesía e as árbores sombra ata que rompemos este fráxil equilibrio e que debemos vivir en harmonía coa natureza, empezando por plantarnos.

16


Euriña 13

FESTIVAL Este ano despedimos o curso escolar cun festival cargado de risas e emocións. Gozamos de magníficas dramatizacións tanto teatrais como musicais e viuse reflectido o traballo previo coas mestras e mestres. Xa rematando co proxecto bianual sobre "A nosa ría" e varias das actuacións permítennos ver o traballado nas aulas. Neste curso, graduáronse os nenos e nenas de 6º de Ed.Infantil e 6º de Ed.Primaria e, xunto coa despedida de 4 mestras que se van para outro colexio, fixeron que as bágoas estiveran presentes durante todo o festival e que se mesturaran coas risas que a rapazada provocaba.

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos)

5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos)

Os nenos/as de 3 anos rematan o seu

Os nenos/as de 4 anos escenificaron unha

primeiro ano de colexio coa súa gracia

xornada de traballo dun mariñeiro que capturou

especial cun baile moi veraniego titulado

moitos polbos e cos que decidiu facer polbo á

“LA BALLENITA”

feira aínda que lle deu moito traballo!!!...houbo risas durante toda a actuación!!

6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos) Os nenos/as de 5 anos deleitáronnos cun baile moi veraniego “Verano, verano” que invadiu cun aire fresco o inicio do festival. E, despois, fomos testemuñas do seu acto de graduación xa que, este ano, rematan o Ciclo de Infantil. Moita sorte e as mestras de infantil botarémolos de menos!!! 17


AS NOSAS CELEBRACIÓNS

1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos/as do 1º CICLO de Primaria

Os nenos/as do 2º CICLO de Primaria

representaron a obra de teatro sobre a vida

representaron a obra de teatro titulada “As

de “As Formigas”, moi interesante!

Troitas”...moi divertida!

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos/as de 5º de Primaria interpretaron

Os neno/as de 4º de Primaria cantaron unha

unha adaptación musical dun poema de

canción en inglés titulada “How do you go to

Valentín Paz-Andrade “Na matricial Galicia”

school?” cunha pronuncia excelente.

6º EDUCACIÓN PRIMARIA O grupo de 6º de Primaria falounos da súa Pontevedra favorita (traballo feito en relación ás Escolas Viaxeiras). Asemade, este é o seu último curso escolar en Primaria. Vímolos medrar durante todos estes anos e, este ano, GRADÚANSE!! Comezarán unha nova etapa no instituto e agardamos que sexan moi felices. Botarémolos moito de menos! Sorte, rapaces e rapazas!

18


Euriña 13

HOMENAXE MUSICAL A

VALENTÍN PAZ ANDRADE

O día 1 de Xuño do 2012 celebramos no colexio o Festival do Día das Letras Galegas,adicado este ano ao ilustre galeguista VALENTÍN PAZ ANDRADE. Os alumnos e alumnas de 5º curso interpretaron un poema de Valentín Paz Andrade musicado na clase de Música.

O poema escollido foi: “ Cando ti volvas polo mare” precisamente pola temática directamente relacionada co Proxecto da Ría de Pontevedra que chega ao seu fin este ano. Fala o poema dun asunto amargo pero real como é o non retorno dos que marchan pero non volven. Fala tamén das luces,dos fachos,das fogueiras, das cachelas, candeas,farois e veliñas que cada un de nós acenderíamos para guiar coa luz o camiño de volta a casa, ao fogar...

Entendemos moi ben a mensaxe do poema e para representalo construímos farois cunha botella de plástico e unha lanterna no seu interior. Tamén fixemos unha fogueira con material de reciclaxe que imaxinamos situada á beira dunha praia. A Música axudounos a contextualizar este entorno co son dunhas ondas de fondo. Resultou emocionante e inesquecible. O poema é o seguinte: CANDO TÍ VOLVAS Na matricial Galicia,sempre túa, que dende a Torre d´Hércules ao Miño un facho acenderá por cada illa, cando tí volvas polo mare. De toxo unha fogueira en cada monte, dos castros na coroa unha candela. Unha loura candea en cada pino, cando ti volvas polo mare. Luces de ardora bramca en cada mastro, un farol mariñeiro en cada dorna, veliñas á chanela en cada casa, cando tí volvas polo mare, cando tí volvas polo mare, cando tí volvas polo mare...

19


Traballo de aula

O ALUMNADO DE INFANTIL COÑECE A ARCIMBOLDO A TRAVÉS DA FROITA.

No mes de abril levamos a cabo diferentes experiencias relacionadas coa alimentación saudable entre elas podemos destacar a elaboración da receita das brochetas de froitas ou o coñecemento do pintor Arcimboldo no uso que fai das froitas e verduras nas súas obras artísticas. O alumnado de infantil tamén se animou a recrear diferentes composicións artísticas tomando como base a idea do pintor creando rostros con imaxes de froitas. Lucia 5º curso de E.I

David 4º curso de E.I

Alumnado de 6º de E.I

Iris 6º curso de E.I 20


Euriña 13

¡XA CHEGOU A PRIMAVEIRA!

Xa chegou a primavera, xa reloce máis o Sol, as flores están crecendo, e éncheno todo de cor. Son de mil cores, E alegran o noso corazón, vermellas, amarelas e azuis, todas brillan co Sol.

Debuxos de nenos/as do aula de 6º de infantil.

21


Traballo de aula

O MEU PAI

22


Euriña 13

Os Sete Cabritiños e o Lobo Ese foi o conto que representamos os nenos e nenas de tres anos para os nosos compañeiros de infantil con motivo da Semana do Libro. Precisamos varias semanas de ensaio pero, ó final, o noso estreo como actores dentro do colexio saíu incrible!

23


Traballo de aula

PROBA SUPERADA!!! Os nenos e nenas de tres anos comezamos unha nova etapa no cole e, aínda que ó principio nos custou un pouco, xa somos todos uns expertos nesta nova aventura. O curso que vén...REPETIMOS!!!

24


Euriña 13

OS OURIZOS CACHOS Uns nenos de infantil trouxeron un ourizo ao colexio. Eduardo

contounos

que

os

ourizos

levaban as mazás coas pugas. Entón nos quixemos saber algo máis e fomos á biblioteca e buscamos entre os libros a información que queríamos. Así descubrimos todo isto: O ourizo cacho é un animal mamífero. Ten o corpo cuberto de pugas, catro patas curtas e fortes. Teñen dedos con unllas fortes e tamén que ten un rabiño pequeno. Non ten pescozo, os ollos son pequenos, as orellas redondeadas e o fociño aguzado. A súa cara é de cor negro e non ten pugas. As pugas sérvenlle para non lastimarse cando cae e para coller a froita e poder transportala. Pode chegar a pesar 1 kg e a medir 30 cm. Os ourizos aliméntanse de noite. Caza e come sobre todo insectos pero tamén pode comer caracois, ras, castañas, landras e outros froitos. Viven nos bosques con abundante vexetación.

25


Traballo de aula

Algunhas curiosidades Son moi lentos pero camiñan moito e saben nadar. Poden converterse nunha bóla para defenderse. Teñen moi bo olfacto. Dormen durante todo o día feitos unha bóla. Cando

chega

hibernan,

o

frío

despertando

ao chegar a calor na primavera. Despois fixemos debuxos de ourizos para decorar a información. Estes son algúns dos que fixemos.

E así foi como nos quedou o traballo rematado.

Os nenos e as nenas de 1º 26


Euriña 13

PROXECTO DO 1º CICLO “AS FORMIGAS” Das formigas aprendemos que traballan todo o ano a raíña pon os ovos coa axuda dos machos. As obreiras son as femias e fan todo o traballo constrúen e gardan o niño e recollen comida a esgallo. O corpo das formigas ten cabeza, tórax e abdome dúas antenas, seis patas e unha forza enorme. O formigueiro é a súa casa e o teñen apañado escavan galerías e limpan; vixían as formigas soldado. Que comen as formigas? Sementes,follas,insectos e froitas e o zume dos pulgóns chuchan moitas horas. Comunícanse polas antenas que perciben a feromona para saber se é amiga esa formiga tan lambona. Hai máis de doce mil especies marabuntas, tecedoras e vermellas, e as formigas tarro de mel sempre coas barrigas cheas.

27


Traballo de aula

PICASSO

Sobre o cadro de Picasso “Pobres a la orilla del mar” fixemos un proxecto . Primeiro buscamos información sobre o pintor en libros, contos, internet... Con esa información e mirando o cadro fixemos un conto, unha poesía e un diálogo. Despois pintamos ese mesmo cadro como o faría Picasso nas distintas etapas ( azul, rosa, cubista, expresionista...) Cada un fixemos un libro que recollía todo o material traballado no proxecto. Aprendemos moitas cousas sobre este xenial pintor e divertímonos moito. 4º de Primaria

28


Euriña 13

6º Traballos e saídas Este curso non fixemos tantas saídas como no pasado pero así está ben Saídas 1.

Debuxo do Castrove en outono

2.

Visita a casa de Pepe (veciño)

3.

Cogomelos en Cotorredondo

4.

Pontevedra con Fina e Culturgal

5.

XIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil

6.

Teatro en inglés en Principe Felipe

7.

Aquis Querquennis- Xurés

8.

Visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva

9.

Escolas Viaxeiras en Burgos (unha semana)

10. Visita ao Instituto da Xunqueira I 11. Visita as Xunqueiras do Alba 12. Debuxo do Castrove en primavera. As Xestas 13. Visita ao Salgueiral (Almofrei) 14. Xogo da Billarda 15. As pedras do Castrove Traballos 1.

Fichas da Exposición “oGalegotamennoutrosmundos “

2.

Fichas da Exposición “Lérez ao natural”

3.

Instalación do XIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil

4.

Ficha do teodolito

5.

Liñas do Tempo: A terra, o home, Atapuerca, a Historia

6.

Mural “A nosa Ría” Mapa da Calzada XIX

7.

Mural da primavera. Os paxaros

8.

Gravación en Onda Cero da presentación en Burgos

9.

Todos os que se fixeron nas celebracións co resto do cole

29


Traballo de aula

BIBLIOTECA Este curso 2011-12, o noso Rufiño estivo bastante máis contento que outros anos porque recibiu moitas visitas na súa casiña, que é a nosa biblioteca escolar, como ben sabedes. Non só ían os nenos e nenas cambiar os seus libros de aula para a Hora de Ler despois do recreo senón que tamén acudían nos recreos a explorar os andeis cheos de libros ou a xogar ao xadrez, á oca ou ao parchís. E, moi a miúdo, aparecían clases enteiras a facer as súas propias sesións de contacontos ou debates sobre un determinado libro ou tema que atopaban interesante. E tamén, por suposto, os nenos e nenas que tiveron alternativa á relixión católica e ían onde Rufiño facer os seus correspondentes traballos, sempre da man das súas titoras. Rufiño estaba tan contento polo interese dos nenos e nenas na Biblioteca que pensou que era unha mágoa que só puidesen ter na casa unha semana a Mochila Viaxeira que lles manda con libros, discos e vídeos, así que nos mandou aos profes que a deixásemos estar dúas semanas en cada casa para que toda a familia tivese tempo de gozar coas cousas que máis lle gustasen. Durante o mes de febreiro, el mesmo baixou ao vestíbulo do cole para vixiar de preto a realización do traballo que se ía levar á exposición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil e a ler os contos de Paco Martín, o autor homenaxeado este ano, que estaban ao seu carón na atalaia que lle fixo Eduardo ao lado do despacho de Dirección. Eduardo contounos aos profes que era un estante para libros, deses tan preciosos que el nos fai, pero a bibliotecaria sospeitaba que, en realidade, Rufiño quería ver desde tan privilexiado lugar todo o que se movía no cole e no patio. Todos os que nos achegamos ás bibliotecas deberíamos ser tan curiosos como o noso Rufiño e ter a mente sempre aberta ás novidades que nos chegan cada día!! Desde aí tamén podía ver o fabuloso mural da nosa Ría no que todos os cursos do cole colocaron os traballos que fixeron durante o curso pasado e este. Remata xa este curso 2011-12 con todas estas novidades e Rufiño xa non pode agardar a que chegue setembro posto que, de estar tan preto das aulas de infantil, comentoulle ás profes que quere pasar máis tempo cos seus nenos e nenas e baixar máis a miúdo a contarlles contos. Ata o curso que vén!! 30


Euriña 13

EXCURSIÓN AO XURÉS

No mes de marzo fomos cos de 6º de excursión ao Xurés. Gustounos moito a viaxe e pasámolo moi ben. Ao chegar fomos a un museo e alí vimos un vídeo que falaba sobre as construcións romanas de Galicia. Tamén visitamos un campamento romano e os restos das termas dunha mansión. Despois de xantar fixemos unha ruta de senderismo pola calzada romana. Por último estivemos nas piscinas do río Caldo onde nos bañamos e merendamos.

5º de Primaria 31


SAÍDAS

CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA Finalizando o segundo trimestre o alumnado de 2º e 3º Ciclo acercámonos ao CGTD (Centro Galego

de

Tecnificación

Deportiva) para coñecer as instalacións onde adestran os mellores deportistas da elite nacional. O obxectivo deste centro é impulsar aos deportistas a conseguir os seus obxectivos de alto nivel,. As modalidades deportivas que temos aquí en Galicia, son: ATLETISMO, JUDO, LOITA, NATACIÓN, PIRAGÜISMO, TAEKWONDO ,REMO,TENIS,TRIATLON. Ademais de coñecer as instalacións tomamos contacto co Atletismo grazas a colaboración do adestrador nacional de Atletismo Santi Ferrer e o atleta do mesmo nome que nos axudou a probar o Salto con Pértiga. Durante a nosa visita tropezámonos con grandes deportistas como o piragüista olímpico David Cal, os triatlétas Javi Gómez Noia e Saleta Castro

32


Euriña 13

A MIDSUMMER NIGHT´S DREAM (O soño dunha noite de verán) This

morning,

30th

March,

we

watched

“A

midsummer night´s dream” by William Shakespeare. The play is a love story with a happy end. The story was a musical, with magical tricks. Some children performed some parts of the theatre play. In my opinion, I liked it very much, I loved the magical tricks. William Shakespeare William Shakespeare was born in Stratford-uponAvon, England, in 1564. His parentswere quite rich and he studied Greek and Latin. He married Anne Hathaway in 1582. Shakespeare wrote 37 plays in total and 154 sonnets (lyrical poems of 14 lines). His plays are categorised into three genres: comedy, tragedy, and history plays. “A Midsummer Night’s Dream”, written between 1594 and 1596, is his most popular comedy and is widely performed around the world. Samuel Pepys, the famous writer, saw “A Midsummer Night's Dream” in 1662 and thought it was “the most ridiculous play” he ever saw. Shakespeare wrote his last play “The Tempest” in 1611 after which he retired to Stratford where he died in 1616, at the age of 52.

Debuxos: Nuria Buceta, Luis Miguel Pazos Textos:David Pérez e Víctor Corredoira

33


SAÍDAS ESCOLAS VIAXEIRAS BURGOS maio 2012 6º Se queredes saber máis sobre esta inolvidable viaxe consultade o noso blog http://orecanto.blogaliza.org/

Maio 2012 Luns 7.- Viaxe en tren ata Burgos Martes 8.- Museo da Evolución Humana (MEH), Campofrío e Atapuerca. Mércores 9.-La Yecla, Lerma e Covarrubias. Xoves 10.- Briviesca, Frías (pedras no Ebro), Oña e Poza de la Sal. Venres 11.- Sala de los Infantes e Peñaranda. Sábado 12.- Burgos: Camiño de Santiago, castelo, aves, catedral, compras, maleta e “fiestuqui”. Domingo 13.-Viaxe de volta en tren.

34


Euriña 13

SAÍDAS ESCOLAS VIAXEIRAS BURGOS Maio 2012 6º

Estas cousas non saen nas fotos PREPARACIÓN: Antes de viaxar a Burgos estivemos facendo na clase unha preparación porque así iamos alí sabendo algo máis: liñas do tempo, onde pegamos fotografías da evolución humana, Atapuerca, etc. visitamos páxinas web de Burgos, o tempo que ía facer, etc. Marcamos o percorrido no tren e a altura na que estabamos en cada estación no Google Earth e con OpenOffice.Calc. Unimos con la, nun mapa, os puntos: Pontevedra, Cinca, Córdoba e Burgos. Esta idea convertiuse en camiseta. Cubrimos un caderniño na viaxe. CONVIVENCIA: A min o da convivencia pareceume xenial. Os primeiros amigos que fixen foron os da habitación e despois fun facendo máis , pouco a pouco. Compartimos segredos, risas e algunha mofa. Houbo moi boa convivencia. Os de Huesca falaban catalán entre eles.

MONITORES: Gustounos, sobor de todo, o ter tan bos profesores e monitores. Os monitores, chamados Eva e Juanfran, eran moi simpáticos. Explicábannos as cousas moi ben Os prefesores foron: Esther, Paco e Moncho. Pensabamos que ían ser aburridos, pero foron divertidos e simpáticos..., mais á hora de poñerse duros, poñíanse (comida, comportamento, aseo).

A RESIDENCIA: Era bastante grande e acolledora. Estaba pensada para todo. Ademais de habitacións había moitas salas diferentes: unha sala de xogos, unha biblioteca, unha sala con televisor e ordenador..., e tres aulas para cada colexio onde todos os días faciamos uns exercicios nun caderno. Ana, Nuria, Javier, Alex, Yago

1000 500

Columna C Columna D

0 Pontevedra

GUILLAREI O BARCO DE VALDEORRAS MONFORTE DE LEMOS BEMBIBRE

35

LEON PALENCIA


ENREDOS

A BILLARDA - LIPE A billarda, estornela, lipilape (Marín), pincha (O Porriño) é un xogo popular de Galicia, recuperado e posto en valor nos últimos anos. Nas nosas investigacións soubemos que aquí en Campañó este xogo é coñecido como o LIPE. Este ano, veu Xan ata o colexio a ensinarnos a xogar, e ao máis puro estilo “cabaleiros da mesa redonda” prestamos xuramento de coidar e protexer a nosa ferramenta para o xogo nesta vida e mais na outra que ha de vir. E como non, todos e todas,

alumnado

XURAMOS.

e

Desta

profesorado, forma

unhas das persas que fixemos o xuramento que damos cun xogo de billarda para sempre. As regras deste xogo son zonais, polo que é difícil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau (marro ou palán), a outro máis pequeno (billarda, propiamente dita), para que salte e se tire ó máis lonxe posible.

36

cada


Euriña 13 Durante o mes de maio dedicámonos a practicar nas clases de Educación Física coa profe Lupe, quen quixo puido facelo no recreo co profe Moncho, os do primeiro ciclo coa profe Cris, o noso Eduardo tamén fixo as súas probas. A verdade é que o enredo tivo éxito. Propoñemos a billarda como enredo familiar para o verán, probade seguro que vos gusta. O 30 de maio tivemos un campionato escolar e os do terceiro ciclo foron representando ao noso cole. Os resultados non foron moi motivadores xa que quedamos de últimos pero non por ser malos senón por ser poucos. O que está claro e que: ¡¡¡PASÁMOLO EN GRANDE !!! que iso é o realmente importante.

37


ENREDOS

ENREDOS DAS LETRAS GALEGAS 2012

MARCAPテ々INAS. Colorea ao teu gusto e recorta

38


Euriña 13

Busca nesta sopa de letras nomes de animais acuáticos A

N

I

M

A

I

S

A

F

I

A

R

A

C

U

A

T

I

C

O

S

S

U

A

P

S

C

D

E

M

L

E

T

A

G

S

E

H

O

W

B

E

Q

U

J

K

I

D

P

I

N

G

Ü

I

N

H

O

W

X

T

O

J

S

C

L

M

L

O

A

P

M

A

L

A

Q

U

E

N

L

L

A

M

A

R

B

S

A

U

G

A

M

A

R

X

O

T

O

T

O

V

T

R

I

B

A

L

E

A

B

Q

U

I

E

K

U

J

O

P

A

R

E

D

H

X

F

L

M

A

R

I

N

U

N

A

I

S

N

C

J

O

P

I

F

G

T

E

S

T

R

E

L

A

E

S

D

A

P

Z

E

K

R

I

S

T

U

Y

E

S

SUDOKU

Segue o camiño

39




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.