Outubro2014

Page 1

outubro 201 4

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

““O acordo político sobre Recimil, permitirá solucionar os problemas que afectan ao barrio e poñer fin a máis de trinta anos de vaivéns na política municipal, abandonar a senda do derribo e iniciar o camiño da rehabilitación e rexeneración do barrio de Recimil, unha folla de ruta que os socialistas sempre defendemos".Natividad González, voceira do GMS.

30 ANOS PARA LOGRAR UN Páx.5 ACORDO SOBRE RECIMIL


outubro 201 4

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

DENUNCIAS E PROPOSTAS Insuficientes e decepcionantes investimentos do estado para Ferrol Apoio a Aspaneps e Cleanet Día Mundial da Erradicación da Pobreza Desaparición do Consello Sectorial de Apoio ás Entidades Ordenanzas fiscais 201 4 4 M€ de facturas sen contrato

PLENO OUTUBRO Posicións Socialistas

Plan de futuro para Recimil

Mocións

Accesibilidade Día Contra Violencia de Xénero

GALERÍA DE IMAXES

1 2 3 4 5 7 9


NOVAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

RAMÓN VELOSO CUALIFICA COMO INSUFICIENTES E DECEPCIONANTES OS INVESTIMENTOS DO ESTADO PARA A CIDADE

“Bótanse en falta en materia de infraestruturas os investimentos necesarios para o tren ao porto exterior, dado que á vista dos recursos recollidos no documento orzamentario non se van poder cumprir os propios prazos que estableceu a ministra de Fomento.” O edil socialista referiuse en primeiro lugar ao anuncio da actuación para levar a cabo a depresión de As Pías, saudando esta actuación que, por certo, estivo máis de tres anos nun caixón. Ramón Veloso lembra que o anterior alcalde, Vicente Irisarri e o ministro socialista, José Blanco, asinaron un protocolo para a realización desta obra en 2011 , que lamentablemente quedou postergado durante todo este tempo. Unha reclamación exposta polo GMS á actual ministra de Fomento xa a principios deste mandato na súa visita á cidade.

Decepcionantes

Decepcionantes, porque o tren ao porto exterior é un elemento clave e imprescindible para converter a nosa dársena exterior nun nodo loxístico estratéxico na fachada atlántica para o tráfico de contedores, aproveitando a inminente ampliación da canle de Panamá. Nesta infraestrutura temos depositadas boa parte das nosas oportunidades reindustrializadoras, polo que resulta de todo punto urxente por cuestións estratéxicas Ramón Veloso quixo denunciar tamén a paralización do polígono industrial de Leixa e a Zona de Almacenamento Loxístico de Mandiá que, co tren, virían dar un impulso definitivo á nosa dársena exterior como elemento dinamizador da industria da comarca e a base para nosa tan ansiada reindustrialización pendente. Denunciou tamén a ausencia de previsión en materia industrial da SEPI, que coñecendo do levantamento do veto o 1 de xaneiro de 201 5, segue sen presentar un plan industrial para o estaleiro de Fene e sen avanzar en asuntos prometidos e clave, como a sexta fragata, o dique flotante ou o BAM.

Así, cualifícaos como insuficientes e decepcionantes porque quedan pendentes actuacións que acumulan un inxustificado atraso, e que foron reclamadas ano tras ano por este grupo municipal, ante a inaceptable pasividade e compracencia do alcalde da cidade. Insuficientes Veloso lamenta que asuntos prioritarios como o retranqueo da estación de tren non aparezan no documento de orzamentos, cuestión que tamén quedou reflectida no protocolo con ADIF, Ministerio de Fomento, FEVE e o concello de Ferrol do ano 2011 . Retranqueo que, ademais de camiñar na liña dunha nova configuración do transporte ferroviario e de mercadorías da cidade, configuraría, xunto co convenio de Defensa estancado desde principios de mandato, unha nova fisionomía urbanística para a cidade, cun novo barrio nos terreos do Sánchez Aguilera.

1


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

NOVAS

APOIO DO GMS Á ENTIDADE ASPANEPS E O PERSOAL DA EMPRESA CLEANET

Rexeitamos o recorte dun 50% das achegas municipais á entidade social Aspaneps, e reclamamos a recuperación das axudas do Concello. O Grupo Municipal Socialista, a través da súa concelleira María López, manifestou o seu apoio á entidade Aspaneps, que se concentrou na Casa do Concello, reclamando o apoio institucional necesario para o desenvolvemento da súa labor, demandando a recuperación das axudas necesarias para levar a cabo os seus programas sociais na cidade. Neste senso, os socialistas fanse eco das denuncias da devandita entidade, que ten visto como se van reducindo, progresivamente dende o 201 0, as achegas da Xunta de Galicia, nun 1 5, 1 0 e 1 5 por cento en partidas xerais, e nun 25 por cento no programa de saúde mental dirixido á infancia e á mocidade da Área Sanitaria de Ferrol. A este respecto, a concelleira socialista María López declara que “a preocupación é máxima, dado que trátase dun servizo público moi importante e, que en Ferrol ven prestando exclusivamente Aspaneps, dado que o SERGAS non ten este programa na cidade naval.” A isto hai que engadirlle o recorte nun 50% das aportacións realizadas polo Concello de Ferrol, para o desenvolvemento de programas de benestar social na cidade os cales, a pesar da dedicación e traballo desta entidade, non se poden desenvolver con toda a amplitude que sería desexable, e que obrigou á entidade a pasar por un ERE, e reducido o salario do persoal nun 25%.

Cleanet

O GMS asistiu á concentración, que tivo lugar fronte ao Arsenal, para apoiar ás traballadoras da empresa de limpeza Cleanet, que prestan os seus servizos nas instalacións de Defensa. O Grupo Socialista quixo salientar a xusta reivindicación destas traballadoras, privadas dun salario digno dende setembro, e que realizan o seu traballo nunhas condicións que non son as desexables.

Denunciamos a desaparición do consello sectorial de apoio a entidades

A edil socialista María López denuncia a política de foto que se está a levar a cabo dende a área de Benestar Social do Concello, con promesas incumpridas e anuncios de servizos que nunca comezaron a funcionar, como é o caso do Banco de Alimentos, para o que piden unha consignación orzamentaria no documento económico de 201 5.

2

Sinalou que en febreiro de 201 2 se constituíu o chamando Consello Sectorial de Apoio a Entidades Sociais, que tiña entre outras tarefas, a elaboración dun mapa de recursos sociais de Ferrol co obxectivo de prestar servizo á cidadanía e mellorar a coordinación das políticas sociais entre o Concello e as asociacións . A este foro de debate foron convidados grupos políticos e representantes de nove entidades sociais. A vocación de permanencia non tempo da que falou entón o rexedor, José Manuel Rei, quedou no esquecemento, xa que, como denuncia o PSOE, non se volveu a convocar.


DENUNCIAS VELOSO CRITICA LOCAL PARA 2015

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

AS ORDENANZAS FISCAIS DO GOBERNO

O concelleiro socialista resta valor ás rebaixas fiscais para terrazas e obras. O socialista Ramón Veloso criticou as ordenanzas fiscais presentadas a pasada semana polo concelleiro de Economía e Facenda, Alejandro Langtry. Non ve maior transcendencia nas taxas en materia de obras e de instalación de terrazas. É máis, Veloso indicou que «non van supoñer unha recadación importante para o Concello». Si é importante, dixo, o relativo á taxa de Sogama, e reclamou a baixada desta taxa. Mención á parte merece o tema do servizo de bombeiros -o Concello modificará esta ordenanza para que se cobre o custo real do mesmo aos concellos que carecen de convenio con Ferrol-, do que Veloso fixo unha lectura política: «No canto de ir cara a unha comarcalización definitiva do servizo refórmase unha taxa para os municipios veciños pensando en Narón, non que reflexa unha clara ruptura do goberno de Rei Varela co municipio con esta ordenanza fiscal de desencontro». O edil denunciou a modificación desta taxa, pero ao mesmo tempo asegurou que lle preocupa que non haxa modificacións con respecto á recollida de lixos. E é que esgrime que o contrato finaliza o día 31 de decembro «e aínda non hai outro para ou 1 de xaneiro por deixadez do goberno local», engadindo que «quedarán sen contrato os tres servizos básicos do Concello de Ferrol: a recollida do lixo, ou alumeado publico e o mantemento de alumeado». Tamén criticou a taxa da depuración de augas residuais. «Acordouse que ós veciños non se lles ía a cobrar, e agora resulta que o próximo 1 de decembro teñen que pagar sen estar conectados á depuradora, porque os ferroláns non van estar conectados», reiterou. «Todos sabemos que o saneamento ten que facerse, pero non co lío que acaba de montar ou goberno de Ferrol». Canon de Sogama Precisamente os cambios introducidos non convencen aos socialistas. O concelleiro socialista Jaime Pena criticou onte a rebaixa do 1 0% no canon de Sogama con respecto á tarifa introducida en marzo deste ano, que supuxo un aumento do 34% e que según a Xunta obedecía as perdas da empresa. O edil explicou que unha vez que se introduciron uns mínimos cambios na xestión, as contas de Sogama amosaron unhas perdas despreciables, polo que pediu que se anule a totalidade do incremento aprobado en marzo e se devolvan as cantidades que se cobraron indebidamente. Pena sinalou así mesmo que debe ser o alcalde de Ferrol como presidente da FEGAMP o que lidere esta reivindicación en toda Galicia, porque as contas demostran que a subida era innecesaria.

Poñer en valor o espazo público O grupo socialista rexeita tamén a baixada da taxa por instalación de terrazas. A este respecto, Jaime pena sinalou que reducila nun 25% non é aceptable nin rigoroso. Coa nova ordenanza, o prezo pasaría a ser de 8,83 euros por metro cadrado ao ano, o que representaría para un espazo de 20 metros cadrados,menos de 50 céntimos diarios. Sinalou que co primeiro café do día xa se amortiza, para engadir que aínda que as terrazas son algo positivo e que contribúe a dinamizar a cidade, hai que pór o valor o espazo público. Indicou, así mesmo, que esta política aumentaría os agravios comparativos con respecto a hostaleiros que non poden instalar terrazas, aumentando a vantaxe competitiva dos que si teñen esta posibilidade. Pena fixo constar, así mesmo, que non existe unha demanda no sector para rebaixar estas taxas.

3


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PROPOSTAS

DENUNCIAMOS QUE O GOBERNO LOCAL XA SOBREPASOU OS 4 MILLÓNS DE EUROS DE PAGO DE SERVIZOS QUE SEGUEN SEN CONTRATO

Esta práctica supón ter que convalidar extraxudicialmente facturas correspondentes aos devanditos servizos, que carecen de respaldo dun contrato público. O Grupo Municipal Socialista ven a denunciar que o goberno local sobrepasou xa os 4 millóns de euros de facturas convalidadas no que vai de ano, mediante un procedemento extraordinario para pagar servizos que carecen do respaldo de contratos públicos. Os socialistas destacan que esta é unha práctica que están a levar a cabo os populares dende o inicio do mandato, lembrando ademais que no 201 3 se convalidaron máis de 3 millóns de euros mediante este procedemento. Os socialistas, neste senso, veñen a denunciar que na comisión de contas que tivo lugar o día de onte, foron convalidados case medio millón de euros mediante esta fórmula. Así, critican unha vez máis o proceso de convalidación de facturas que está a levar a cabo o goberno popular, debido a gran cantidade de servizos que está a prestar a administración local sen contrato, e por elo, teñen que ser pagadas mediante este procedemento, cos continuos reparos da intervención do Concello, nos que se deixa patente que esta forma irregular de proceder. Neste senso critican que en todo o mandato o goberno local non fose quen de dispor dos contratos para a prestación dos servizos de asesoría xurídica, mantemento da rede de alumeado público, aparcamento de A Madalena e Centro Comercial de Porta Nova, ou a Aula de Ecoloxía, incumprindo sistemáticamente a lei de contratos, por elo insistiron en apercibir ao goberno local para que saquen a contratación pública estes servizos.

Votamos desfavorablemente a esta proposta do goberno local, tanto nas comisións como nos plenos municipais, porque entenden que debería ser unha figura excepcional que so debe empregarse para atender a ituacións extraordinarias, e que en ningún caso pode supoñer o pago habitual de facturas relativas a servizos que teñen que estar contratados.

4


POSICIÓNS SOCIALISTAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

AS NOSAS PROPOSTAS CONSIGUEN SUMAR AO GOBERNO DO PP Á SENDA DA REHABILITACIÓN E REXENERACIÓN DO BARRIO DE RECIMIL Este acordo permitirá empezar a solucionar os problemas que afectan ao barrio e poñer fin a máis de trinta anos de vaivéns na política municipal, en relación con este barrio. Grazas ao traballo feito polo Grupo Municipal Socialista, os populares abandonan a senda do derribo que defendían, e aceptan iniciar o camiño da rehabilitación e rexeneración do barrio de Recimil, unha folla de ruta que os socialistas defenderon durante moitos mandatos. “O PP empezaba o mandato co obxectivo de derrubar o barrio e presentaba un plan que só pretendía actualizar as rendas, dixo Jaime Pena, mentres que agora asume a rehabilitación e rexeneración” . O feito de que se facilite o acceso á propiedade das vivendas por parte dos inquilinos servirá ademais como garantía de que non se producirá un novo intento de derribo de Recimil. González Laso explicou que o seu grupo expuxo dende o principio a necesidade de traballar para lograr un consenso sobre Recimil e darlle continuidade ao traballo que se vai iniciar sen provocar máis frustación nos habitantes do barrio. A nosa petición de acordo político,dixo, non era unha impostura, nin unha frase valeira para logo non asistir ás reunións, ou dicir que non a todo, insistiu, lamentando que outros grupos non apoien un documento base que, ao seu xuízo, todos poderíamos compartir. Pois a proposta inicial do goberno foi evolucionado coas achegas socialistas, dende unha simple norma de regularización a unha folla de ruta que ten como piares a rexeneración e rehabilitación do barrio, a posta en marcha dun plan de intervención sociocomunitario, o mantemento da propiedade municipal do solo e dos espazos verdes, e un horizonte clarificador do número de vivendas sociais e de acceso á propiedade do inquilinos.

Contidos do plan

O Grupo Socialista, no pleno do mes de outubro, votou favorablemente a proposta de actuación sobre o barrio de Recimil. A portavoz foi a encargada de defender a nosa posición política, lembrando que a situación das vivendas e do barrio de Recimil, foron unha constante para o GMS. Así, presentamos emendas aos orzamentos para a rehabilitación do mercado e das vivendas do barrio, que é, como se sabe de titularidade municipal. E mesmo en dúas ocasión, en agosto do 201 3 e do 201 4, pedímoslle ao goberno que concorrera ás axudas da Deputación e da Xunta para poñer en marcha un Plan de Intervención Sociocomunitaria en Recimil e outro en S. Xoan, convencidos de que a folla de ruta da rehabilitación e rexeneración do Barrio, é a que necesitan e piden as familias que residen nel, ademais de ser o camiño para saír da marxinalidade e do abandono, que soporta o barrio. Por ilo, presentámoslle ao goberno local unha Proposta Marco, para amosar, con total lealdade coa cidadanía, qué considerabamos necesario introducir, os socialistas. O dixemos na Xunta de voceiros convocada polo Alcalde ao efecto, e o remitimos posteriormente por rexistro. Eran as seguintes: 1 . Que houbera vontade de acordo político 2. Que se apostase pola rehabilitación e rexeneración do barrio 3. Que se implantase un plan de intervención sociocomunitario 4. Que se definira a finalidade das vivendas e dos locais 5. Que se definiran as condicións de regularización dos inquilinos e inquilinas do barrio 5 6. Que se impulsara a dinamización do barrio


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

POSICIÓNS SOCIALISTAS

"En suma, non é o 1 00% do que queríamos no GMS, nin o 1 00% do que quería o goberno, por iso é un acordo non unha imposición, por elo nos congratularnos do esforzo realizado por ambas partes, en interese do barrio de Recimil."

Cabe sinalar as principais novidades que incorpora o documento, entre elas a aceptación por parte do goberno local, de incrementar o número de vivendas sociais, pasando das 30 que contemplaban a un 1 5% do total, é dicir 1 38 pisos para atender este tipo de necesidades, ademais de evitar que desaparecera a lista de espera existente, das persoas que xa cumpren os requisitos para contar cunha vivenda social e conseguir que poidan ir accedendo ás mesmas, a medida que se arranxen. Por outra parte os inquilinos históricos, uns 475, poderán acceder á propiedade das vivendas que habitan, é dicir á propiedade en superficie, xa que tamén conseguimos incorporar que a propiedade sobre o chan e os espazos verdes, sexa pública, permanecendo en mans do Concello. O resto das vivendas incluiranse no réxime ordinario de aluguer, coa existencia de bonificcións, e non se descarta a venda dos mesmos, en función do interese que suscite o barrio unha vez realizadas as intervencións previstas. A voceira socialista insistiu en recalcar que para o GMS a vontade de acordo non é unha pose, é unha filosofía de traballo cargada de futuro. Pois só así poderemos construír cidade e avanzar na nosa propia rexeneración económica e social. Lembrou uns versos de Gabriel Celaya “ maldigo la poesía de quien no toma partido hasta manchanse, quienes lavándose las manos, se desentienden y evaden” cos que argumentou a posición do GMS, entendendo que non debemos evadirnos, máxime nun asunto deste calado, porque esa é a nosa obriga moral, ética e política, tanto si estamos no goberno, como si estamos na oposición Por iso, rematou afirmando que estamos satisfeitos do traballo feito, que permitiu mellorar substancialmente o documento primixenio, de tal maneira que o documento actual, recolle unha folla de ruta que camiña na dirección da: 1 . Rehabilitación e rexeneración do barrio de Recimil, que compromete orzamentos anuais. 2. A posta en marcha dun Plan de intervención sociocomunitario, que levará aparellado orzamentos anuais. 3. Disporase de dous tipos de regulamentos, o Regulamento de adxudicación de vivendas sociais aprobado por unanimidade no pleno do Concello de Ferrol do 28 de outubro de 201 0, e o regulamento do réxime ordinario de arrendamento. 4. Clarifícase e increméntase o número de vivendas sociais pasando das 33 existentes a 1 38, entre as que existen algunhas para atender, como piso ponte, a casos de mulleres que sofren violencia de xénero. 5. Garántese a propiedade pública do solo e dos espazos verdes e contemplase a adquisición da propiedade en superficie dos inquilinos. 6. Establécense requisitos para a regulación, con criterios obxectivos e transparentes 7. Noméase unha comisión técnica de valoración, para garantir esa transparencia. 8. Crease unha comisión de seguimento integrada por tódolos grupos políticos para o seguimento das actuacións.

6

"Nós decidimos poñernos do lado das necesidades da cidade e das persoas do barrio. Ser útiles as persoas que, son, a razón de ser da nosa acción e traballo político. O contrario sería trilerismo político, pois non se pode clamar polo acordo, e logo actuar buscando a escusas para levantarse da mesa de traballo. "


MOCIÓNS DETECTADOS MÁIS ACCESIBILIDADE

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

DE

200

PASOS

DE

PEÓNS

SEN

O grupo Diversidade Funcional, PSOE, EU e BNG piden ao Concello que destine 208.000 euros no 201 5 para corrixilos

Os edís María López (PSOE), Javier Galán (EU) e Iván Rivas (BNG) desprazáronse onte á confluencia das rúas Venezuela e Españoleto xunto con Mari Morado e José Díaz para mostrar unha das zonas en que se localizan eses problemas de accesibilidade. Cun paso de peóns sinalizado no cruzamento, as persoas que utilizan cadeiras de rodas non poden acceder ás beirarrúas debido á diferenza de altura coa rúa. A solución neste punto concreto da cidade pasaría, segundo apuntou Díaz, por levantar ou cruzamento para que a rúa quedase á altura dás beirarrúas. Lonxe de ser leste o único problema, os afectados aluden ademais a aqueles casos nos que os portais e locais comerciais non están ao nivel da beirarrúa, imposibilitándolles ou dificultando o acceso con cadeiras de rodas. Debería cumprirse a machada porque senón non podemos ir visitar familiares ou entrar nalgúns establecementos, denunciou Díaz. Representantes da entidade reuníronse co edil de Urbanismo, Guillermo Evia, para analizar a situación e aseguran que o encontro foi positivo pero, insisten, queremos que en 201 5 consígnese unha partida para esta obra.

Cruzar moitos pasos de peóns de Ferrol convértese a diario nunha proba de obstáculos para as persoas con problemas de mobilidade. Onte demostrárono membros da asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas no cruzamento entre as rúas Españoleto e Velázquez, en Esteiro. As súas beirarrúas non están adaptadas e os usuarios en cadeira de rodas quedan a expensas da boa vontade de quen queira axudalos. A situación non é excepcional: o colectivo detectou 208 pasos na cidade que non dispoñen das medidas adecuadas para a mobilidade. Son os puntos negros máis urxentes para os que demandan unha solución. E por iso, os grupos municipais do PSOE, EU e BNG canalizarán unha moción que recolle as súas demandas e que se debaterá no pleno do xoves. Nela, demandan que o goberno local reserve unha partida de 208.000 euros nos orzamentos para o próximo ano a liquidar a situación nos puntos detectados, rebaixando as beirarrúas ou, como no caso que onte visitaron in situ, elevando o firme da calzada até lograr que quede a nivel coas beirarrúas. A presidenta da Asociación Diversidade Funcional, Mari Morado, lembrou que existen tres normativas oficiais que avalan as súas peticións, e que mesmo a entidade elaborou unha ordenanza municipal de accesibilidade sobre a que o goberno local non se chegou a pronunciar. «Temos leis dabondo para que isto non ocorra, pero está a ocorrer todos vos días», sinalou. O tesoureiro, José Díaz, sinalou que a corrección dos puntos da listaxe garantirían polo menos o acceso a centros neurálxicos como a estación de autobuses, o porto, colexios ou a chegada a Catabois ou Caranza. «Agora non hai acceso», afirmou. O colectivo recoñeceu a eliminación de barreiras acometida no anterior mandato, pero «ou presuposto se acabou» e considera que é necesario continuar as medidas.

7


MOCIÓNS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MOCIÓN SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO MOCIÓN SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO A moción rexeitada polo goberno e respaldada por BNG e IU, foi defendida pola voceira Natividad González, que lembrou que a violencia contra as mulleres, pola súa magnitude, está identificada como unha lacra social, e resulta un dos principais obstáculos, para o exercicio pleno dos dereitos fundamentais de moitas mulleres, que é preciso resolver cunha abordaxe colectiva da sociedade, que precisa do total compromiso dos poderes públicos. Por elo, xa na década dos anos oitenta, gobernos socialistas, puxeron en marcha políticas de acción positiva coa creación de organismos de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, Plans de Igualdade, e Leis que supuxeron un avance histórico na busca da igualdade efectiva, actuando como instrumentos para eliminar a discriminación salarial e de pensións de viudedade, o desemprego feminino, ou a corresponsabilidade e conciliación entre a vida persoal, laboral e familiar.

8

Destacou o lugar que merece a Lei Orgánica 1 /2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, que posicionou a España na vangarda das actuacións para erradicar a violencia machista, a prevención de condutas e prácticas que fomentan o sexismo causante da violencia, e o apoio e PRIMEIRA.Esixir aos atencións as mulleres vítimas desta violencia. Gobernos Central e Autonómico do Partido Popular que repoña TERCEIRA.Pedir ao as partidas recortadas ata o Goberno Central que se retire momento, para o a LOMCE, e se recupere a QUINTA.Esixir ao desenvolvemento da Lei materia de Educación para a Goberno Central a Orgánica contra a Violencia de Cidadanía, e que se retiren inmediata retirada da Xénero de 2004 e a Lei galega as subvención aos centros de Reforma Local, que 11 /2007, do 27 de xullo, para a ensino que segregan por suporá un pau sen prevención e o tratamento sexo. precedentes na loita integral da violencia de xénero. contra a violencia de CUARTA.- Reclamar ao xénero, ao acabar cos SEGUNDA.- Instar aos Gobernos Goberno Central que servizos sociais dos Central e Autonómico a asumir a manteña o Instituto da Muller Concellos, primeira unificación dos casos de como organismo autónomo institución de atención e violencia de xénero de todos os especializado na Igualdade protección ás vítimas. servizos no Sistema de de Oportunidades entre Seguimento Integral, incluír aos homes e mulleres, SEXTA.- Demandar da orfos de violencia nos programas devolvéndolle a capacidade Xunta de Galicia que se de axudas, e garantir a atención de acción que antes tiña para repoña o Plan de Atención psicolóxica precoz para todas as coordinar as políticas de Integral á Saúde da Muller vítimas. igualdade co resto de de Galicia.

7


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Concentración do persoal de Aspaneps. En contra dos recortes que está a sofrer a entidade.

Reunión comarcal, coa coordinadora comarcal de Ferrolterra, o Secretario de Política Municipal do PSdG-PSOE, secretario de organización da Agrupación Provincial de A Coruña, e o voceiro da Agrupación Socialista de Fene.

GALERÍA DE IMAXES

Reunión da Corporación co comité de empresa de Poligal.

Acto de repulsa e loita contra a violencia de xénero.

Acto San Froilán coa corporación de Lugo. Na presentación do libro Estudio sobre Pablo Iglesias y su tiempo, coordinado por Carmen Fernández Casanova. Na mesa a coordinadora, Siro López (Presidente do Clube de Prensa), Vicente Irisarri (ex-alcalde de Ferrol e concelleiro do noso grupo) e Jose Mª Cardesín (Profesor titular de los movimientos sociales de la UDC). Dereita: reunidos coa Asociación Arraigo, gañadora este ano do Premio Solidario do Concello de Ferrol.

9


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.