Agosto2014

Page 1

agosto 201 4

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

“A feble iniciativa política deste goberno, que languidece día a día, ten paralizado os asuntos clave do noso concello, sendo incapaces de impulsar a súa solución". Natividad González, voceira do GMS.

O ROMPECABEZAS DE REY VARELA

Páx.4- 5


agosto 201 4

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

DENUNCIAS

Demoras continuas Urbanización de O Bertón

na

Contratación irregular no servizo de socorrismo do ano 201 2

ALEGACIÓNS

Melloras da xestión Transporte Público

do

NOVAS

Rehabilitación do Castelo de San Felipe Convenio de Defensa do 2007 en vigor

PLENO AGOSTO

- Estensión do subsidio de desemprego - Melloras da seguridade vial en Covas, Esmelle e Doniños

OPINIÓN

Transporte Público Municipal Ramón Veloso

GALERÍA DE IMAXES

1 3 4 6 8 9


DENUNCIAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

RECLAMÁMOSLLE AO GOBERNO LOCAL QUE ESIXA Á XUNTA DE GALICIA, CELERIDADE NA URBANIZACIÓN DE O BERTÓN

Pedímoslle ao goberno local que actúe en interese da cidade e da veciñanza, e non sexa tan compracente cos deberes da Xunta de Galicia. O Grupo Municipal Socialista, a través da súa voceira Natividad González, reiterou ao goberno local a urxencia na adecuación do polígono de O Bertón, e a necesidade de esixir á Xunta de Galicia celeridade para rematar as actuacións pendentes. Pídelle ao goberno local que actúe en interese dá cidade e da veciñanza, e non sexa tan compracente cos deberes dá Xunta de Galicia. Neste senso, destacan que a moción presentada polo Grupo Socialista en xuño do 201 2, viño a impulsar a sinatura do Convenio para a urbanización coa Xunta de Galicia, e que o Grupo Municipal Socialista foi ou único grupo da oposición que apoiou e votou positivamente as propostas de convenio de O Bertón. Aínda así, insisten en que "foi un convenio que chegou tarde, e as demoras nas obras e ou estado actual de abandono no que se atopa Ou Bertón son inxustificables." Por tanto, conclúen que "rematadas as fases de planeamento e de xestión, urxe rematar un proceso que estivo paralizado case dous anos e que precisa ser ultimado de xeito definitivo, é dicir, co cumprimento do Convenio de urbanización coa Xunta de Galicia, e a recepción por parte do Concello do polígono de O Bertón."

A este respecto, a voceira socialista destacou a relevancia deste espazo para a cidade. Neste senso dixo "non podemos abandonar as actuacións nun polígono , que supón continuar co desenvolvemento do Plan Xeral, e que vai dispor dunha superficie de máis de 1 37.000 m2 con 26.400 m2 de zonas verdes e 7.000 de usos deportivos. Lembra que "non anterior mandato se deron bastantes pasos nestas actuacións e agora corresponde rematalo de xeito definitivo. Por elo, rexeitamos as demoras continuadas, non só na entrega de vivendas, se non tamén no remate das actuacións pendentes, que impiden a recepción por parte do concello, e que traen como consecuencia o total abandono do entorno, dado o nulo mantemento deste espazo, que esta deteriorándose a marchas forzadas. Así, reclaman do goberno local que lle esixa a Xunta de Galicia celeridade nas actuacións pendentes, e que actúe pensando máis nos intereses da cidade e da veciñanza, deixando de ser tan compracente e comprensivo, coas obrigas sen cumprir da Xunta de Galicia. Pé de foto: A nosa voceira Natividad González e o voceiro adxunto Jaime Pena.

1


DENUNCIAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

ESCÁNDALO POR DEIXACIÓN DA COMPETENCIA DE SEGURIDADE, ACTUACIÓN POUCO EDIFICANTE, E AFORRO PÍRRICO NO SERVIZO DE SOCORRISMO DE 2012

Denuncian a contratación irregular de traballadores, e o suposto aforro na prestación do servizo no 201 2, que non foi tal. O Grupo Municipal Socialista acusou ao goberno local de pretender distraer a atención da situación xerada, no ano 201 2, polo goberno local con Protección Civil, coa “nova” da firma dun convenio, que non é mais que un simple cambio administrativo, que modifica a fórmula coa que xa se viña colaborando economicamente coa Agrupación, ano tras ano . Intervindo na rolda de prensa o noso concelleiro Ramón Veloso, acompañado da nosa voceira, Natividad González, e o voceiro adxunto Jaime Pena. Foto:ferrol360 Lamentou, así mesmo, que o goberno non se acordase ata o mes de agosto de que había que poñer cartos para Protección Civil.

Ramón Veloso sinalou que a novidade consiste en trasladar recursos, que xa existían no orzamento municipal destinadas a Protección Civil , para incorporalas ao capitulo 4, e librar os fondos en forma de convenio, que se rexerá polos requisitos da Lei de subvencións, e que vai dirixido a sufragar os custes de vestiario, subministros e outros, por un importe de 21 .000€.

"Contratación irregular de traballadores e aforro pírrico" O concelleiro, acompañado de Natividad González e Jaime Pena, sinalou que está sen resolver a grave situación na que se atopa Protección Civil de Ferrol, por ter prestado no ano 201 2 o servizo de socorrismo, cunha fórmula proposta polo goberno, que desgraciadamente lle resultou moi cara aos voluntarios, a Agrupación de Protección Civil, e mesmo as arcas municipais, nun exemplo de economía sumerxida e sen cotizar a SS.

2

O concelleiro, ademais da crítica política, fixo a lectura económica que cualificou de aforro pírrico. Sinalou que o que inicialmente foron 200.000 € de gasto, convertéronse en 400.000 por mor das irregularidades, multas, recargos e intereses de demora que reclama a SS.

Así, lembrou que co goberno socialista se investiron 300.000€, profesionalizando o servizo de socorrismo, con máis efectivos e durante máis tempo, do 1 5 de xuño ao 1 5 de setembro. Pola contra co PP, houbo precariedade, irregularidades, menos efectivos e menos tempo, só xullo e agosto. O análise dos custes dúas formas de xestión, reflicten que cos socialistas resultou un custe de 54 € por socorrista e día, e maior seguridade, mentres que co PP supuxo 21 0€ e peor servizo. Finalmente o GMS denunciou a ausencia de convocatorias da Xunta Local de Seguridade, que leva un ano e medio sen reunirse, e que o Plan de Emerxencia Municipal, segue a espera.


ALEGACIÓNS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PRESENTAMOS ALEGACIÓNS PARA PARALIZAR A MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE XESTIÓN DO TRANSPORTE PÚBLICO

Solicitamos da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas a paralización do expediente sinalado, e a que non autorice ningunha modificación do contrato de xestión, ata que exista unha proposta axeitada ás demandas dos usuarios e usuarias dos barrios e concellos afectados, en consonancia coas súas necesidades de mobilidade, con garantías de calidade. Comparecencia pública do concelleiro socialista Ramón Veloso, e da voceira do GMS, Natividad González.

RETOMAR A CONCESIÓN DO SERVIZO

A solución a curto prazo non pode ser que desaparezan buses, asegurou Veloso, que denunciou, novamente, a redución de servizos exposta pola empresa. “A proposta de Tranvías de Ferrol completa o desmantelamento do transporte público na zona do rural, e nós o que queremos é que se recupere”, asegurou o edil socialista. Dado que o acordo en vigor coa adxudicataria, expira a finais de 201 9, o GMS aludiu á necesidade de retomar a medio prazo, a concesión do servizo para o Concello, " e deberiamos estudar si nos solos ou con outros municipios", dixo o concelleiro Ramón Veloso.

Consideramos necesario que se retome o diálogo cos grupos municipais da cidade, coa veciñanza e os representantes dos concellos afectados polo servizo de transporte. O establecemento de liñas regulares, de horarios e frecuencias, que posibiliten a comunicación dos usuarios, nun tempo razoable e con garantías de calidade, forma parte das obrigas do servizo público de transporte, que debe esforzarse por ofrecer melloras continuas, para captar o maior número de usuarios e facelo cada día máis sostible, non só por causas medioambientais, se non tamén para recuperar o espazo público perdido dos peóns, a favor do automóbil. Estas razóns de interese público, que requiren mellorar o transporte público urbano de Ferrol, motivaron que o GMS presentase, no Pleno de novembro de 201 3, unha moción sobre a implantación dunha nova rede de transporte público, que foi aprobada por unanimidade cos votos favorables do grupo de goberno.

Nela dábase resposta as directrices marcadas no plan de mobilidade do Concello de Ferrol, elaborado pola Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona, que recollía a necesidade de garantir a comunicación entre barrios e a mobilidade da veciñanza de xeito seguro e fiable, cara os diferentes servizos situados no noso ámbito territorial. Dito Plan propón unha mellora do servizo público de transporte co aumento de rutas e frecuencias, o tempo que ordena e integra as existentes, en función da densidade da poboación de cada barrio, e os distintos equipamentos públicos e comerciais que condicionan os fluxos de poboación na cidade. Pero, lamentablemente, a proposta de modificación do contrato de xestión, publicada no DOG lonxe de camiñar na dirección do acordo plenario, define a supresión indiscriminada de rutas e frecuencias, deteriorando a calidade do transporte público, deixando sen servizo barrios 3 enteiros, suprimindo liñas e frecuencias noutros, en detrimento de toda a cidadanía.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

NOVAS

ESIXIMOS AO GOBERNO LOCAL QUE XESTIONE CONSECUCIÓN DE FONDOS PARA O CASTELO DE SAN FELIPE

A

"É necesario atraer fondos para continuar coa rehabilitación dunha das maiores xoias do noso patrimonio.". Ningún investimento, desde que, en 2011 , se rehabilitou a Casa do Gobernador

Ramón Veloso lembraba a historia recente do castelo de San Felipe desde que foi adquirido por o Concello, no ano 2000, por algo menos de un millón de euros, no mandato do BNG-PSOE, que permitiu pasar a mans municipais unha edificación desafectada de usos militares, que parecía condenada ao abandono. O seguinte mandato municipal, o do popular Juan Juncal, unicamente trouxo a San Felipe, un investimento de 40.000 euros para un proxecto de iluminación, que “tirou para atrás Patrimonio porque era unha auténtica chapuza”.

Denunciamos nunha rolda de prensa no castelo de San Felipe o estado de abandono desta fortificación, onde a maleza campa ás súas anchas e non hai ningunha previsión para continuar coa restauración e mantemento deste patrimonio, que é propiedade municipal. O concelleiro Ramón Veloso criticou que en pleno mes de agosto, cando se incrementa a afluencia de visitantes, o patrimonio histórico de Ferrol permaneza en malas condicións e chamou a atención sobre a falta de coidados e posta en valor dun dos principais recursos turísticos da cidade, como é o castelo da entrada da ría. O edil lembrou que durante o mandato socialista elaborouse un plan director de usos para a fortaleza co obxecto da súa conversión nun hotel monumento. Asegurou que mesmo se tiveran conversas con Paradores, para que trasladase o de Ferrol a estas instalacións, un proxecto que o PSOE continúa mantendo como referente a medio ou longo prazo.

Dirixiu as críticas ao goberno local, especialmente, polo nulo mantemento do castelo, e por ter abandonado o camiño iniciado polo goberno socialista de Irisarri, para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio municipal, e Foi, no ultimo mandato, cun goberno evitar que as humidades e a falta de uso deterioren a socialista, cando se levaron a cabo estudos sobre a conservación da pedra, se elaborou fortaleza. o Plan Director e se levou a cabo a rehabilitación da Casa do Gobernador. Así, o Mentres se celebraba a rolda de prensa do grupo concelleiro Veloso, lembrou, os “600.000 socialista eran moitas as persoas que visitaban a euros conseguidos do Ministerio de Cultura” fortaleza, pero xa non hai garda de seguridade nin control para recuperar un dos principais edificios do recinto, a Casa do Gobernador, investindo de acceso “co consecuente risco de que se cometan actos na súa conservación, que permaneceu vandálicos”. pechada ao longo deste tres últimos anos, co goberno de Rey Varela, sen continuidade Veloso sinalou que “no canto de vacacionar, ou señor Rei de investimentos de modo que as debería ir a Madrid e reclamar a continuidade dás construcións van languidecendo pola falla inversións do Ministerio de Cultura”,e tamén a Xunta de de mantemento e de actividade. Galicia para establecer convenios de cooperación , para Ramón Veloso preguntábase como se pode avanzar no traballo iniciado no seu día en San Felipe. “O aspirar á conseguir a declaración de castelo leva 457 anos vixiando a entrada dá ría de Ferrol e Patrimonio da Humanidade para a cidade, ou alcalde é capaz de derrubar, só nuns poucos este cando o castelo de San Felipe, se atopa vixiante”, sentenciou. neste estado.

4

Lamentamos o actual estado de abandono patrimonial e cultural, que ademais de provocar o seu deterioro, desperdicia as oportunidades para xerar riqueza e emprego, que ten esta xoia patrimonial.


NOVAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

REITERAMOS QUE O CONVENIO CON DEFENSA DO ANO 2007, ESTÁ EN VIGOR

"O Sr. Rey Varela, leva tres anos mareando a perdiz co convenio de Defensa e mesmo incumpre a obriga de manter en condicións as propiedades, tal como lle notifica o propio Ministerio”. Isto ratifica que o convenio esta vixente e acordado e que levamos perdido un tempo precioso, tres anos nos que non quixeron facer a única xestión pendente, que era inscribir o parcelario ante notario.

O GMS diante do Sánchez Aguilera.

Defensa alerta do grave deterioración e as ocupacións ilegais nas propiedades do convenio de 2007. “Rey Varela ten que modernizar a cidade e darlle outra vida. Estiveron parados porque non queren asinar nada que estivera feito polo goberno socialista, pero o peor é que este convenio foi consensuado por tódolos grupos municipais nos anos 90”, indicou Veloso. O edil socialista lamentou a falta de explicacións por parte do goberno local a unha pregunta formulada na Comisión de Urbanismo sobre o estado en que se atopan as negociacións co Ministerio de Defensa. O edil Ramón Veloso instou o alcalde a que “mire todo isto con seriedade e resolva dunha vez por todas o convenio con defensa e que non siga atrasando uns trámites que, impiden que se poidan aproveitar estes inmobles”.

“O conxunto das propiedades que formaron parte do convenio de 2007 sufriron un grave deterioro, incompatible co exercicio da función de mantemento e custodia das mesmas que o acordo asigna de maneira precisa ao Concello de Ferrol.” Así de tallante é un informe remitido polo Ministerio de Defensa ao Concello a mediados do pasado mes de xullo, e que deu a coñecer o grupo municipal socialista. No documento especifícase que o convenio de 2007 non se perfeccionou por diferentes circunstancias, e explícase que, no novo borrador do acordo, deberán contemplarse as condicións definitivas da concesión ao Concello das propiedades de Defensa na cidade, dadas as anomalías que detectou un técnico do Ministerio. Así recrimina ao goberno local, a constante falla de mantemento nas construcións, as ocupacións ilegais, a execución de tarefas ou cambio de usos sen o pertinente permiso do Ministerio. O concelleiro socialista Ramón Veloso incidiu en que o acordo do ano 2007 entre Defensa e o Concello está en vigor e subliñou a obriga da administración local de manter en condicións, as propiedades do Ministerio. A falta diso, dixo o edil, “levamos tres anos mareando a perdiz, por parte do alcalde, Rey Varela, dado que o convenio quedou asinado e tan só falta perfeccionalo”. O concelleiro socialista lembrou que, no ano 2011 , ao termo do mandato do PSOE na cidade, quedaron finalizados os traballos do parcelario, polo que instou a Rey Varela a “deixarse de bobadas, ir ao notario a rexistrar o parcelario”. Veloso acusou o rexedor local de “atrasar aínda máis que podamos dispoñer no concello destas propiedades, que son para uso e disfrute público”. Asegurou que era a actitude do goberno local a que estaba a atrasar actuacións e desenvolver novas infraestruturas e recursos para a cidade, que poderían executarse en propiedades de 5 Defensa, como a Cidade da Xustiza, novas zonas verdes, a residencia universitaria, entre outras.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MOCIÓNS

INSTAMOS AO GOBERNO A ESTENDER O SUBSIDIO DESEMPREGO A PARADOS DE LONGA DURACIÓN

DE

O Grupo Municipal Socialista debateu, no pleno do mes de agosto, unha moción defendida polo conselleiro Ramón Veloso, instando ao Goberno central a estender o subsidio por desemprego a parados de longa duración que carezan de ingresos e teñan responsabilidades familiares, así como a outros colectivos con dificultades específicas de inserción.

Os edís socialistas, Jaime Pena, Ramón Veloso e María López, presentaron unha das mocións do GMS que se debateron no pleno de agosto.

"Pradeiras de margaridas"

O edil Ramón Veloso rexeitou o discurso triunfalista de Rajoy, que xa non ve brotes verdes, senón pradeiras de margaridas, porque a percepción das familias é outra. É certo que medra o PIB, dixo, pero empeora a situación da xente. Para Veloso, Ferrol é unha paradigma da crise, cun sector industrial en declive, como proba o peche e os problemas polos que están a atravesar tantas empresas de Ferrol e comarca. Por outra parte desmentiu que o Concello non teña fondos para políticas activas de emprego. “Fondos hai, o que non hai son ganas”, apuntou Veloso. Lamentablemente, a pesar de contar co apoio dos grupos de Eu e BNG, esta moción foi rexeitada polo goberno.

6

Previamente, foi presentada en rolda de prensa, polos concelleiros Ramón Veloso, María López e Jaime Pena, que destacaron que a protección dos máis desfavorecidos é un mandato constitucional e, por tanto, tamén de calquera goberno, sexa da cor que sexa. Veloso explicou que o sistema actual non está pensado para ciclos de crise desta duración e que só 58 de cada 1 00 inscritos nas listas do SEPE cobran unha prestación, polo que reclama estendela ás novas situacións de necesidade que creou esta prolongada recesión. Así, os socialistas piden que o subsidio chegue a todas as persoas que leven máis dun ano inscritas nas listas do paro sempre que teñan responsabilidades familiares e carezan de ingresos, así como ás vítimas da violencia machista, aos minusválidos e aos maiores de 45 anos que esgotasen a Renda Activa de Inserción. A iniciativa socialista contempla que a prestación se conceda por un período de seis meses prorrogables, mentres o beneficiario continúe en situación de desemprego, así como o seu mantemento ata que a taxa de paro estea por baixo do 1 5%. A contía será do 80% do Iprem vixente, 426 euros mensuais, e percibirase que se trate da perda dun traballo a tempo parcial. Esta cantidade incrementarase en 1 00 euros, se o perceptor ten fillos ao seu cargo.


MOCIÓNS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

CONSEGUIMOS QUE SE APROBASEN MELLORAS SEGURIDADE VIARIA EN COVAS, ESMELLE E DONIÑOS

DE

A moción foi aprobada e votada por unanimidade de tódolos grupos políticos. O edil socialista Ramón Veloso, acompañado da voceira do Grupo Municipal, Natividad González e do concelleiro Manuel Santiago, presentou en rolda de prensa unha das mocións que se levaba á sesión plenaria de Agosto. Trátase dun documento que pretende garantir unha mobilidade segura e sustentable nas estradas municipais e provinciais, das parroquias de Esmelle, Covas e Doniños. Unha «proposta en positivo» de plena actualidade e necesidade, ao multiplicarse os desprazamentos ás praias nesta época de De esquerda a dereita: os concelleiros verán. Para Veloso é obvio que durante o verán Manuel Santiago, Ramón Veloso e a o tráfico intensifícase ao redor dos areais e que voceira socialista Natividad González. é moi común que haxa máis deportistas e mesmo nenos xogando preto das estradas, polo que estiman necesario dotalas de ACORDOS ACADADOS infraestruturas que garantan a seguridade dos peóns.

1 .- Acordar que o Concello de Ferrol mellore a seguridade vial na parroquia de en Esmelle, adecuando a estrada de titularidade municipal, que vai dende o Río de Aneiro, local social da AA.VV, ata “A Cochera”, cunha senda peonil e ciclista.

Poñendo como exemplo a senda peonil e de carril bici que discorre en paralelo ao viario que comunica Covas e San Xurxo, o GMS ferrolán pediu que construísen sendas peonís de pavimento slurry que garante a seguridade vial de peóns e ciclistas, contribuíndo a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e 2.- Instar á Deputación Provincial de A Coruña a permitindo o disfrute do noso contorno natural e mellorar a seguridade vial na C.P. 3603 Ferrol a paisaxístico. Covas, dotándoa dunha senda peonil e ciclista A moción foi defendida pola nosa voceira, Natividad González Laso, que lembrou que a necesidade de sendas peonís, foi unha demanda compartida e votada maioritariamente polos veciños de Covas e de Esmelle, aprobada nos orzamentos participativos para o ano 2011 . Xustificou as actuacións nas estradas municipais e na C.P. 3603 Ferrol-Covas para darlle continuidade as beirarrúas existentes, mediante novas sendas mais axeitadas ao entorno rural, de xeito que comuniquen a AVV de Esmelle co cruce da Cocheira e chegue ata as palmeiras. Continuando, logo dende a Igrexia de Covas ata o cruce da praia do Vilar, e dende alí ata o Prior. Tamén chamou a atención sobre a perigosidade da estrada que conduce a Penencia.

entre “A Cocheira” e “As Palmeiras.

3.- Instar á Deputación Provincial de A Coruña a mellorar a seguridade vial na C.P. 3603 Ferrol a Covas, dotándoa dunha beirarrúa ou senda peonil entre a Igrexa e o cruce da praia do Vilar. 4.- Acordar que o Concello de Ferrol mellore a seguridade vial na parroquia de Covas, dotando a estrada de titularidade municipal, que vai dende o cruce da praia de O Vilar ata o Prior, cunha senda peonil e ciclista. 5.- Acordar que o Concello de Ferrol mellore a seguridade vial na parroquia de Doniños, ancheando a calzada que vai a Penencia, nos tramos onde sexa posible.

7


OPINIÓN

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

"TRANSPORTE PÚBLICO MUNICIPAL" O artigo 26 da lei 7/1 985 de Bases de Rexime Local (modificada pola lei 27/201 3) dí que os concellos de máis de 50.000 habitantes teñen a obriga de prestar o servizo público de transporte colectivo urbano de viaxeiros. De todos é coñecido que no Concello de Ferrol este servizo préstase en base a dúas concesións administrativas da Xunta de Galicia xa que o Concello non asume a xestión do servizo. Hai uns meses soupemos que o Goberno de Rey consensuo coa concesionaria de A Graña-Neda a modificación das liñas e frecuencias de autobuses, que de entrar en vigor supoñen a pérdida de calidade neste servizo público. Consenso feito ás costas dos usuarios, os veciños; ás costas dos outros concellos do ámbito da concesión, Narón e Neda; e ás costas dos grupos municipais da oposición en Ferrol. Comprendemos que a empresa concesionaria ten que buscar o equilibrio económico pero os veciños queremos disfrutar dun servizo público de calidade. Sábese que o transporte público é deficitario económicamente a máis das veces, por iso se establecen legalmente medidas para solventalo mediante un sistema de achegas económicas e outras figuras tributarias. Mesmo o Concello de Ferrol, conxuntamente cos outros concello da comarca e a Xunta de Galicia, fai achegas económicas para paliar o déficit. Pero non vemos melloras na calidade. Todo o contrario, Rey e a concesionaria tentan reducir a calidade do servizo obrigando aos cidadáns a depender duns medios individuais e caros e insostenibles que reducen o atractivo para vivir en Ferrol, especialmente importante cando o peso demográfico continúa a caer perigosamente. A decisión política é reducilo porque ten déficit.

8

Publicado no Diario de Ferrol o 7 de setembro.

Ante esta situación, chegou o momento que o Concello de Ferrol asuma a xestión das Concesións Administrativas de Transporte Público Urbano, ben en solitario ou ben consorciado con outros Concellos. Todos os municipios que asumiron a súa xestión melloraron o servizo público. Temos exemplos próximos, Santiago ou Lugo. Nós non temos porque ser distintos. É o único xeito de ter un servizo público vertebrador do municipio que garantice a mobilidade das persoas mediante unha rede de liñas que comuniquen adecuadamente as distintas zonas da cidade entre si e cos centros neurálxicos sexan sanitarios, administrativos, comerciais, de servizos ou industriais cunhas frecuencias adaptadas ás necesidades dos usuarios, que ten en conta a diversidade funcional das persoas e sostible medioambientalmente. Economicamente é posible, coma noutras ciudades. Só queda a decisión política.

O noso concelleiro Ramón Veloso.


GALERÍA DE IMAXES

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

O noso concelleiro Manuel Santiago nas ceremonias de saída e entrega de trofeos do Rali de Ferrol.

A nosa voceira na recepción ao pregoeiro das festas de Ferrol, Santi Santos, de Los Limones.

No acto institucional de San Ramón, e entrega do título de Alcaldesa Honorífica á Presidenta da Cámara Municipal de Vila do Conde. Natividad González, Jaime Pena e María López, estiveron na inauguración do novo almacén da Cocina Económica. Fonte da imaxe: Diario de Ferrol.

Asistimos á concentración de repulsa polo asasinato, por violencia machista, dunha veciña da provincia de Pontevedra. Convocada pola Marcha Mundial das Mulleres.

A nosa voceira na homenaxe a Ramón Souto, alcalde fenés asasinado en 1 936, organizada pola Agrupación Socialista de Fene.

9


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.