Tecelingua: Lingua 3º Primaria (demo)

Page 1

T E CE L I NGUA

ED UC AC I Ó N P RIMARIA


T EC E L I NGUA

E D U C A C I Ó N P RI MARI A

Marta Añón Montes Sabela Fernández Trelles Sofía López Rey Ángeles Pacoret Rodríguez Noelia Vázquez Seoane


A SAÚDE PETA Á PORTA

COMENTAMOS A IMAXE Escoita o audio e despois responde as seguintes preguntas: • Pensas que esta situación ocorreu na actualidade ou no pasado? • Que fan os profesionais da medicina cando unha nena ou un neno ten febre? • Escoitaches algunha vez falar da varíola? Que outras enfermidades contaxiosas coñeces?


FALO 1. Investiga sobre diferentes especialistas relacionados coa saúde:

Enfermeira/o

Odontóloga/o

Fisioterapeuta

Farmacéutica/o

Alergóloga/o

Oftalmóloga/o

2. Investiga sobre estas enfermidades: sarampelo

varíola

varicela

artrose

bronquite

arrefriado

amigdalite

psoriase

• Que outros profesionais da saúde coñeces? • Gustaríache dedicarte a unha profesión relacionada coa saúde? • A cal?

RESPECTÁMONOS EN TODAS AS LINGUAS

SAN/SA

ENFERMO/A

DOUTOR/A

9


LEO

RECORDOS DO AMARGO QUE TORNAN DOCES

5

Por fin, despois dunha longa mañá remendando roupa, cumprimentando documentación e supervisando as nenas e nenos, agora tiña un momento para sentar. Exhausta, contemplou aquelas cativas e cativos que, a pesar de non ter pais, se converteran na súa familia. Observalos así, rindo e brincando, cheos de inocencia malia a dureza da vida naquela Casa de Expósitos, enchíalle o corazón de amor e tenrura.

10

15

20

10

Cun sorriso nos beizos, púxose a cavilar no moito que mudara a súa vida. Nun día chuvioso de 1773 nacera nunha aldea de Ordes. Se pechaba os ollos, aínda lembraba como cheiraban os camiños nos días de chuvia; ese era un dos bos recordos daquela época, que semellaba xa tan afastada. Había outras lembranzas, non tan boas, que lle facían encoller o corazón. Traballar arreo dende moi nova, a escaseza de alimento, o frío… Pero sen dúbida, o peor fora a enfermidade da súa nai. Como moita xente naquel momento, contraera a varíola, unha enfermidade fatal que acabou coa súa vida en pouco tempo. Foi despois disto cando o seu pai lle comunicou que tería que ir vivir á Coruña, para servir nunha casa. Agora recordaba con dozura aquel momento, pero que medo tiña cando baixou da dilixencia e se atopou nas rúas da Coruña!


25

Escapoulle unha gargallada, e o seu fillo Bieito, que xogaba preto dela, mirouna con curiosidade. Ela pasoulle a man pola cabeza e remexeulle un pouco o pelo. —Bieito, apetéceche ir hoxe á tarde dar un paseo ata o porto? —Si, mamá! A ver se vemos partir algún barco e nos deixa acompañalo na súa aventura!

30

35

Ai!, canta enerxía e ilusión tiñan sempre os pequenos! Era iso o que a animaba a facer o seu traballo con dedicación e constancia. Foi así como pasou de coidar os fillos dunha familia a converterse na reitora da Casa de Expósitos, que acollía nenos abandonados, cunha magnífica combinación de amor e traballo duro. De súpeto, un balbordo na porta chamou a súa atención. Levantouse apurada e achegouse a ver que pasaba. Viu unha comitiva na porta. Acaso algunha daquelas nenas ou nenos se metera nunha liorta? A dozura abandonou o seu rostro e foi decidida a recibir os visitantes.

40

—Que se lles ofrece? —É vostede Isabel Zendal Gómez? —Son. —Somos os doutores Francisco Xabier Balmis e Xosé Salvany. Precisamos a súa axuda para unha importante misión.

11


LEO O conto O conto é unha narración de feitos que se relatan de maneira oral ou por escrito para entreter. Partes do conto O conto ten tres partes: introdución, nó e desenlace. Fíxate como están organizadas no conto Brancaneves e os 77 ananiños, de David Cali.

Introdución

Desenlace

12

Preséntanse e descríbense os personaxes, os lugares e o tempo en que acontece a historia.

Aparece o conflito. Podería definirse como a parte máis significativa.

Resólvese o conflito. Este final pode ser feliz, triste, máxico…

Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada cando atopou unha casa onde vivían 77 ananos. Os ananiños foron moi amables. Dixéronlle a Brancaneves que podía quedar con eles se os axudaba coas tarefas da casa.

Brancaneves decatouse axiña de que a vida cos ananiños podería chegar a ser moi difícil. Por exemplo, como ía dar aprendido todos os seus nomes? E había unha chea de cousas que facer. Primeiro, lavar a roupa. Despois, amañar as barbas. Pola noite, todos querían un conto antes de durmir. O seu propio conto!

Aquilo era demasiado para Brancaneves… Así que decidiu liscar de alí e enfrontarse coa bruxa. —Apetéceche unha rica mazá envelenada, mociña? —Levarei dúas!


AGORA TI !

1. Fíxate na introdución e indica:

• Quen son os protagonistas da historia? • En que lugar acontece?

2. No nó aparecen algúns dos problemas aos que se ten que enfrontar Brancaneves nesta historia. • Cales son? • Imaxina outras posibles complicacións para o nó. Escríbeas e ponas en común cando rematedes de facer as actividades. 3. O texto do desenlace non está completo. Observa a seguinte ilustración e imaxina cal puido ser a resolución do conflito.

4. Volve á lectura inicial «Recordos do amargo que tornan doces» e identifica as partes do relato. • Introdución: identifica a protagonista, o lugar e o tempo. • Nó: localiza o conflito. • Desenlace: podes identificar un desenlace neste texto? Cal podería ser? 13


ESCRIBO retallos de lingua O abecedario

O abecedario é o conxunto ordenado de letras dunha lingua. O abecedario galego ten vinte e tres letras. Ademais, tamén contamos con seis dígrafos: dúas letras que representan un único son (ch, gu, ll, nh, qu, rr).

Algunhas palabras, que normalmente son préstamos doutras linguas, conteñen letras que non forman parte do noso abecedario.

14


O diccionario O dicionario é o conxunto de palabras que forman unha lingua. As palabras do dicionario están ordenadas alfabeticamente. Memorizar o abecedario pode facilitar enormemente a busca de palabras no dicionario. Unha entrada é cada unha das definicións que hai nun diccionario. En cada unha delas hai información sobre o significado, a orixe da palabra, o tipo e o xénero e as acepcións. Entrada

Orixe da palabra

Tipo de palabra e xénero

xarope (ár. sarab “poción”) s.m. 1. Forma de presentación de certos medicamentos que consiste nunha solución concentrada de azucre en auga mesturada con substancias medicianis (un xarope para a tose). 2. Mestura caseira qu ese toma como remedio para algunha doenza; xaropada (preparou un xarope con herbas) 3. Solución concentrada de azucre e auga fervidos e mesturados con substancias aromáticas (preparou unhas peras en xarope).

Acepcións

Exemplos

Podemos empregar dicionarios en papel e dicionarios dixitais, que resultan moi prácticos, rápidos e fáciles de usar, como o que ofrece a Real Academia Galega. AGORA TI !

1. Memoriza o abecedario. 2. Pensa unha palabra que comece con cada letra do abecedario e represéntaa nun alfabeto visual. 3. Busca no dicionario a palabra «receita». Que número ten a acepción que se refire ao ámbito sanitario? 4. Busca no dicionario a palabra «vacina». Que palabra vai antes e cal despois? 15


ESCRIBO retallos de lingua As palabras e as sílabas

Unha palabra é un conxunto de sons cun significado. As palabras poden dividirse en sílabas. As sílabas son o conxunto de sons que pronunciamos nun só golpe de voz. En función do número de sílabas, as palabras clasifícanse do seguinte xeito:

16

Monosílabas

Bisílabas

Trisílabas

Polisílabas

unha sílaba

dúas sílabas

tres sílabas

máis de tres sílabas

pel

febre

xarope

termómetro


AGORA TI !

1. Separa con golpes de voz estas palabras. vendaxe

asma

apósito

tose

pílula

pus

pel

inxección

pano

vacina

óso

recuperación

2. Conta o número de sílabas das palabras de cada columna. gasa

alcohol

esparadrapo

padiola

moco

anestesia

enfermeiro

algodón

auxiliar

inxección

crema

cartilla

3. Copia unha táboa coma esta no teu caderno e escribe catro palabras de cada grupo. Monosílabas

Bisílabas

Trisílabas

Polisílabas

4. Organiza os nomes das túas compañeiras e compañeiros en función do número de sílabas do seu nome. • Emprega unha táboa similar á da actividade 3. 5. Observa a imaxe e anota todas as palabras que che suxira. Logo, agrúpaas segundo o seu número de sílabas.

17


ESCRIBO retallos de lingua A sílaba tónica e as sílabas átonas

cirurxián

alergóloga

pediatra

anestesista

A sílaba tónica é aquela pronunciada con máis forza. Nalgunhas sílabas tónicas hai que escribir un til ou acento gráfico. As sílabas átonas son todas as demais.

Para partir unha palabra ao final de liña empregamos o guión. Unha palabra pode separarse de diferentes formas. Xan, para curar a gripe tes que tomar antibióticos cada oito horas Xan, para curar a gripe tes que tomar antibióticos cada oito horas antibiótico

Xan, para curar a gripe tes que tomar antibióticos cada oito horas Xan, para curar a gripe tes que tomar antibióticos cada oito horas

18


AGORA TI !

1. Cal é a sílaba tónica do teu nome?

• Elixe cinco compañeiros e compañeirras, escribe os seus nomes e sinala a sílaba tónica.

2. Observa a imaxe e escribe os nomes que che suxira.

• Escríbeos no teu caderno en dúas columnas e rodea a sílaba tónica.

3. Reflexiona: todas as palabras teñen a sílaba tónica no mesmo lugar? 4. Inventa unha oración de dúas liñas. Observa se separaches ben a palabra ao final da liña e se escribiches o guión. 5. Pensa en todas as formas posibles de escribir ao final dunha liña estas palabras: hospitalización

medicamento

enfermeira

vacinación

saudable

enfermidade

6. Poderías partir a palabra «san» ao final dunha liña? Por que? 19


ESCRIBO fiando palabras O punto e o parágrafo RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS, ARQUITECTA PIONEIRA DENTRO E FÓRA DE GALICIA Rita nace na Torre, municipio da Cañiza (Pontevedra), en 1911, filla de comerciantes e propietarios da mercería ourensá La Modernista . Entre 1928 e 1930, cursa dous anos de Ciencias Químicas e Ciencias Exactas na Universidade de Santiago de Compostela . Amais disto, asiste na Escola Elemental de Artes e Oficios á materia de Debuxo . Durante este tempo, reafírmase na decisión de realizar estudos de Arquitectura . http://culturagalega.gal/ (adaptación)

O punto (.) é un signo ortográfico que nos serve para facer pausas na lectura que facilitan a comprensión. Hai tres tipos de punto: • O punto e seguido serve para separar oracións. • O punto e á parte serve para separar parágrafos. • O punto final serve para rematar un texto. Un parágrafo é o conxunto de oracións separadas por un punto e seguido. Cada parágrafo remata sempre cun punto á parte ou cun punto final.

AGORA TI !

1. Busca os tres tipos de punto no texto inicial. 2. Volve á lectura inicial e conta os parágrafos da páxina 6.

• Cantos puntos e seguido hai nesta páxina? E puntos e á parte?

3. Dramatizamos. En grupos de catro, cada un representará o punto e seguido, o punto e á parte, o punto final e o parágrafo. Cando estes personaxes se xunten, presentaranse dicindo quen son e para que serven. 20


As maiúsculas Querido Ronaldinho: O meu nome é Lía Rouco Pazos e vivo en Galicia. Nestes días tiven a oportunidade de coñecer que a empresa para a que fas publicidade, e que che paga moitos cartos por facela, para confeccionar as súas zapatillas e roupa de deportes utiliza man de obra infantil e non paga un salario digno ás súas traballadoras e traballadores. Gustaríame que soubeses que para nenas e nenos coma min ás que nos gusta o deporte que practicas resulta triste e inadmisible que apoies empresas que funcionan así. (…) Grazas pola túa atención. María Reimóndez: Lía e as zapatillas de deporte (Xerais)

As maiúsculas serven para marcar a posición da palabra nun texto (inicio) ou para indicar a súa natureza (nome propio). • Ao comezar a escribir.

Querido Ronaldinho:

• Despois de punto.

(…) ás súas traballadoras e traballadores. Gustaríame que soubeses…

• Para escribir nomes de persoas, rúas, lugares e apelidos.

Lía Rouco Pazos, Ronaldinho, Galicia…

AGORA TI !

1. Vai á lectura inicial e busca as palabras escritas con maiúsculas. Explica por que deben levar letra maiúscula. 2. Pensa un nome de persoa, un apelido, un nome dunha rúa e un nome dun lugar. Compárteos coas compañeiras e compañeiros para elaborar unha listaxe de palabras que sempre se escriben con maiúsculas. 3. Le con atención o texto do ditado: O día que chegou a aquel lugar da Coruña soubo que aqueles nenos serían o centro da súa vida. Coidaría de Andrés, de Antonio, de Martiño e do resto coma se fosen a súa familia. 21


PENSO E POÑEMOS EN COMÚN XAN ESTÁ FATAL PERO SE LEVAS MÁIS ROUPA CA UN ESQUIMÓ!

XAN ATOPÁBASE FATAL. PASARA UNHA NOITE MALÍSIMA.

CON ESTE XAROPE AXIÑA TE ATOPARÁS MELLOR.

...TEÑO MOITO FRÍO...

CANTA FEBRE! VOU PEDIR CITA COA PEDIATRA.

XAN, XA CHEGOU A AVOA PARA IR Á PEDIATRA.

PERO... SE ME ATOPO XENIAL!

XAN, TES QUE TOMAR ANTIBIÓTICOS.

POR QUE NON MARCHAMOS PARA A CASA?

HAI UN ANDAZO DE GRIPE A. POR PRECAUCIÓN VOU POÑER A VACINA.

GRIPE A? EXISTE A GRIPE A, B E C. PERO TRANQUILO, AS VACINAS ESTÁN PARA EVITAR ISO. VACINAS, VACINAS, VACINAS...

22


1. Le o cómic e despois escoita o audio con atención. 2. Preguntade na casa pola vosa cartilla de vacinas e poñede en común: • Que enfermidades aparecen nela? • Para que serven as vacinas?

TRABALLAMOS EN GRUPO Coñecedes a páxina web do Servizo Galego de Saúde? • Visitádea: www.sergas.es. Dentro do apartado de temas, consultade a información sobre a Tarxeta Sanitaria. • Cantos modelos de tarxeta sanitaria hai? • Que datos recolle? Por último, debuxade a vosa tarxeta de saúde cos vosos datos.

23


© Do texto: Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2022. © Do conxunto desta edición: EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A., 2022 - Dr. Marañón, 12, baixo - 36211 Vigo Printed in Spain. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.