Lingua e Literatura 1º Bacharelato (demo)

Page 1

1

BACHARELATO

LINGUA E LITERATURA


Ana Iglesias Álvarez Héctor Cajaraville Araújo Xosé Ramón Pena Sánchez Manuel Rosales Cereijo

1

BACHARELATO

LINGUA E LITERATURA


1

REFLEXIÓN SOBRE O TEXTO » • O texto publicitario

LINGUA E SOCIEDADE » • As linguas como sistemas de comunicación

ESTUDO DA LINGUA » • As disciplinas lingüísticas

LÉXICO E SEMÁNTICA » • Relacións de significado

PRÁCTICA DE LINGUA » • Actividades de ortografía e morfosintaxe


REFLEXIÓN SOBRE O TEXTO | 1

11


1 | REFLEXIÓN SOBRE O TEXTO Comprensión textual 1. Achega unha definición dos seguintes termos tirados dos anuncios. proxecto, móbil, lecer, lixo, dixital, hectárea 2. As expresións fixas (frases feitas, ditos, refráns...) son habituais nos textos publicitarios. Cal é a expresión que se agocha detrás destes slogans e que significa? –  Uns gañan e outros non. –  Non penses coa cabicha. –  En Galicia somos moi de monte.

Reflexión lingüística 3. «A xente de fóra». •  O acento gráfico diacrítico emprégase para distinguir palabras homógrafas. Marca os acentos gráficos que faltan nas seguintes frases. –  Aínda non e a unha e xa temos fame. –  Ven ti ata aquí, se non el non ven. –  Dalle de comer ao teu irmán pequeno. –  Eles non ven moi ben porque van sen lentes. –  Nos non o sabiamos, ninguén nos dixo nada. 4. «O leite». •  Indica o xénero das seguintes palabras.

Os morfemas flexivos son os sufixos que indican o xénero e o número dos substantivos, ou que achegan información sobre unha forma verbal. Os morfemas derivativos son os prefixos e sufixos que permiten a formación de novos termos a partir do lexema (raíz).

arte

costume

orde

dote

marxe

cume

cor

sinal

calor

viaxe

análise

culler

5. Que variantes lingüísticas aparecen nos termos ghasolina e faser? 6. Descompón morfoloxicamente as seguintes palabras tiradas dos anuncios da páxina anterior e indica se os morfemas son flexivos ou derivativos. queimen, comercial, descubre, superpoderes, teletransportar, caixeiro

Léxico 7. «Diñeiro» / «Oficina». •  Completa coa consoante adecuada (n / ñ) as seguintes palabras. desti divi

o o

cami

o

esqui

estra

ar

determi

a ante

asasi

o

entra

as

8. «Cash». •  O uso de estranxeirismos é habitual na linguaxe publicitaria. Cal sería o termo equivalente de cash en galego? Busca un equivalente galego para estoutros estranxeirismos.

link, hobbie, show, bullying, e-mail, ranking, pack, like

12


REFLEXIÓN SOBRE O TEXTO | 1 O TEXTO PUBLICITARIO Os textos publicitarios teñen o fin de persuadir a persoa destinataria para que adquira un produto, realice determinadas accións ou asuma ideas concretas. ELEMENTOS DA MENSAXE PUBLICITARIA Logotipo

Texto

Consiste nun símbolo, representado por palabras, letras ou imaxes, co que se identifica a marca comercial ou a institución que fai o anuncio. Está formado por enunciados encamiñados a obter do destinatario unha conduta determinada, tendo en conta o grupo social ao que se pertence, a idade, o sexo etc. O texto contén dúas partes: •O slogan, que é a frase máis destacada do anuncio. • O corpo, que contén os datos sobre o produto, servizo etc.

PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE PUBLICITARIA • Repeticións de palabras, de estruturas sintácticas, da mesma idea con diferentes palabras… • Uso de palabras derivadas. • Emprego de frases feitas. • Epítetos: adxectivos innecesarios para a exacta comprensión da mensaxe. • Estranxeirismos. • Chamadas ao destinatario mediante oracións interrogativas, vocativos, uso de posesivos… • Uso de oracións sen verbos, imperativos e infinitivos. • Utilización de termos científicos ou pseudocientíficos que suxiran a veracidade dos produtos. • Recursos literarios como a metáfora, a comparación, a enumeración, a hipérbole, o emprego da rima… • Emprego da ironía, do humor, da ambigüidade e do dobre sentido.

A publicidade fai uso das funcións da linguaxe, dependendo das súas intencións: • A función de persuadir ou convencer (apelativa). A esta función esencial subordínanse as demais. • A función de informar (referencial): a información que ofrece é pouco obxectiva e adoita estar manipulada. • A función poética: esta función reflíctese no carácter estético das mensaxes, especialmente coidadas.

13


1 | REFLEXIÓN SOBRE O TEXTO A publicidade é transmisora de múltiples estereotipos sociais que en moitas ocasións desembocan en discriminación (maiormente por cuestión de sexo, pero tamén de idade, de clase social…). É fundamental analizar de maneira crítica as mensaxes publicitarias e denunciar as posibles discriminacións que agochen. A estratexia das mensaxes publicitarias coñécese co acrónimo AIDA: • Atención: buscan conseguir a atención dos destinatarios. • Interese: o discurso debe ser atraente para xerar interese. • Desexo: na mensaxe intégranse elementos persuasivos que xeren desexo. • Acción: a estratexia debe levar á acción de obter o produto ou a idea que se publicita.

Análise e expresión textual 9. Identifica nos anuncios reproducidos na páxina 11 os elementos da mensaxe publicitaria que conteñan. •  Agora sinala as funcións da linguaxe presentes en cada un deles e as características da linguaxe publicitaria que detectes. 10. Localizade anuncios publicitarios en galego en diferentes medios de comunicación (prensa, Internet, televisión…). Analizádeos seguindo este esquema. PARA ANALIZAR UN ANUNCIO PUBLICITARIO •  Datos xerais: produto que se anuncia (nome e tipo). –  Medio(s) en que aparece. –  Público ao que se dirixe. –  Valores ou ideais da sociedade que se asocian ao produto. •  Imaxes: descrición da realidade representada (idade, sexo e actitude dos personaxes; obxectos, escenario, accións, cores…). –  Valores que asociamos a elas. Transmiten estereotipos? Son discriminatorias? –  Que relación teñen co produto anunciado? •  Textos: tipo de texto (descrición, diálogo, argumentativo…). –  Existe slogan? Se é así, cal é? –  Recursos lingüísticos que se empregan no slogan. –  Función que teñen os textos no conxunto do anuncio •  Música: é música só ou trátase dunha canción? –  Se é unha canción, que di a letra? –  Que emocións ou sentimentos nos suxire? 11. Dividídevos en grupos. Cada grupo debe deseñar unha campaña publicitaria.

14


LINGUA E SOCIEDADE | 1 AS LINGUAS COMO SISTEMAS DE COMUNICACIÓN A comunicación e a linguaxe Os seres humanos comunicámonos principalmente a través das linguas naturais. Aínda que existen moitos outros sistemas de comunicación (sinais de tráfico, linguaxes dos animais etc.), as linguas naturais presentan características que as fan únicas. Unha delas é o feito de estaren formadas por unha serie reducida de elementos que por si sós carecen de significado (os fonemas), pero que combinados dan lugar a unidades cada vez máis complexas (palabras, frases, oracións),que xa están provistas de significado e significante. /s//a//k//o/

saco, caso, asco

As unidades con significado e significante son de dous tipos: símbolos ou signos. • Símbolos: a forma (significante) garda relación de semellanza co contido que se quere transmitir (significado). É o caso das onomatopeas. • Signos: a relación entre a forma e o contido é arbitraria e convencional (non existe ningún tipo de semellanza formal).

Pois ben, as linguas naturais constitúen códigos ou sistemas formados principalmente por signos, de xeito que o significado que asociamos a unha combinación determinada de fonemas é froito dunha convención, pero non hai unha relación necesaria entre ambos. Esta arbitrariedade do signo lingüístico é o que permite que as diferentes linguas teñan expresións distintas para os mesmos significados. SIGNIFICANTE

As onomatopeas («guau, guau») constitúen o único exemplo de símbolos nas linguas naturais, e aínda así, atopamos importantes diferenzas dunhas linguas a outras, o que demostra, incluso nelas, unha certa arbitrariedade. Comparade os distintos xeitos de expresar a onomatopea do galo en distintas linguas: • galego − quiquiriquí • francés − coquerico • inglés − cocka-doodle-doo

SIGNIFICADO

casa = /k/ + /a/ + /s/ + /a/

Este mesmo significado noutras linguas exprésase con significantes distintos: house, maison, etxe, nyumba etc. 1. Clasifica os diferentes tipos de sinais como símbolos ou signos. Xustifica a resposta.

15


1 | LINGUA E SOCIEDADE Relacións entre linguas A linguaxe maniféstase en miles de linguas distintas, que nos máis dos casos non son comprensibles entre si. Dado que a linguaxe é a base do pensamento, cada lingua diferente representa unha maneira específica de percibir ou comprender o mundo. As linguas que teñen unha orixe común pertencen á mesma familia lingüística, por exemplo todas as linguas procedentes do latín, coñecidas como linguas románicas, itálicas ou neolatinas. A orixe común das linguas apréciase nas semellanzas entre o seu vocabulario, como reflicte o seguinte cadro no caso dalgunhas linguas románicas: LATÍN

GALEGO

FRANCÉS

ITALIANO

ROMANÉS

ESPAÑOL

octo

oito

huit

otto

opt

ocho

nocte (m)

noite

nuit

notte

noapte

noche

factu (m)

feito

fait

fatto

fapt

hecho

Se seguimos profundando na «árbore xenealóxica» do galego, comprobamos que o latín pertence, á súa vez, á familia indoeuropea, na cal se inclúe tamén a gran maioría das linguas faladas en Europa (agás o éuscaro, o húngaro e o finés), así como moitas linguas de Asia. 2. Coa axuda de Internet completa o seguinte esquema: LINGUAS INDOEUROPEAS Linguas celtas

Linguas xermánicas

Linguas románicas

Linguas bálticas

Linguas eslavas

Linguas indoiranias

Linguas illadas

3. Considera as linguas que se presentan na seguinte táboa:

O feito de que os esquimós teñan nove maneiras de nomear a neve fainos pensar que a neve é algo tan coñecido para eles que poden diferenciar con precisión entre eses nove tipos. A nosa lingua non pode seleccionar tantos termos para designar variedades de neve e para traducilos teriamos que recorrer a circunloquios (neve dura, neve que cae, neve en po...); pero si dispomos de moitos termos referidos á chuvia. Cada lingua é un conxunto de elementos descritivos da súa propia realidade.

16

a

b

c

d

e

f

g

fem

pyat

cinco

piec

itsutsu

fünf

cinque

fire

chetyre

cuatro

cztery

yottsu

vier

quattro

•  Entre as anteriores, hai seis exemplos de linguas indoeuropeas. Cal dirías claramente que non o é? •  As seis linguas restantes poden dividirse en tres pares de linguas moi relacionadas entre si? Cales dirías que son? •  Que par asociarías á lingua inglesa? •  Con que par asociarías unha lingua que tivese as formas quinque e quattuor?


LINGUA E SOCIEDADE | 1 Elementos do proceso comunicativo Os tres elementos básicos de toda comunicación son o emisor, a mensaxe e o receptor. O proceso comunicativo desenvólvese da seguinte maneira: un emisor emite unha mensaxe dirixida a un receptor que a capta; o receptor ten que comprender o seu significado e para iso cómpre que coñeza o código con que está elaborada a mensaxe. Non serve de nada que alguén nos diga algo en chinés se non comprendemos este código. O proceso de comprensión por parte dun receptor chámase descodificación. O elemento central da comunicación é a mensaxe que se quere transmitir, xa que esta contén a información. Unha comunicación elaborada consiste no intercambio de moitas mensaxes. A mensaxe é unha escolla precisa de determinados elementos que forman parte dun código. O código é sempre o mesmo, mantense constante, mentres que a mensaxe pode ser distinta cada vez. Se o concepto de código se corresponde co de lingua, as diferentes mensaxes corresponden a cada acto específico de fala. Daquela o acto de fala é a elección de determinados elementos da lingua que escollemos nun momento dado para crear unha mensaxe. As mensaxes transmítense sempre a través dunha canle ou medio. Se nos referimos á lingua oral, a canle será o aire, que é por onde se desprazan as ondas sonoras da nosa voz. Outros elementos que interveñen no acto comunicativo, e que debemos ter presentes para unha correcta descodificación dos signos lingüísticos, son a situación en que se transmite a mensaxe e o contexto lingüístico en que se atopa cada signo emitido. Para que o proceso sexa completo, o emisor e o receptor deben compartir o mesmo coñecemento do mundo, isto é, coñecer os referentes que permiten comprender a mensaxe (realidade extralingüística). CÓDIGO función metalingüística

CANLE función fática ou de contacto EMISOR función emotiva

MENSAXE función poética

RECEPTOR función apelativa

Cada elemento do proceso comunicativo relaciónase cunha das funcións da linguaxe.

CANLE función fática ou de contacto

REFERENTE OU CONTEXTO función referencial

17


1 | LINGUA E SOCIEDADE Funcións da linguaxe As diversas finalidades con que empregamos a linguaxe poden resumirse nas seguintes funcións fundamentais: • Función denotativa, referencial ou representativa. Cando o emisor emprega a linguaxe para transmitirlle ao receptor unha información relativa a cousas, feitos, ideas etc.: O oleiro de Buño traballa o barro coas mans. • Función emotiva ou expresiva. Cando o emisor emprega a linguaxe coa intención de expresar sentimentos ou desexos: Gustaríame viaxar a Roma! • Función conativa ou apelativa. Cando a intención do emisor é chamar a atención do receptor ou facer que actúe dun ou doutro xeito: Agarda un intre, que agora mesmo vou. • Función fática ou de contacto. Cando o emisor emprega a linguaxe para iniciar ou concluír a comunicación, para manter o contacto ou comprobar se a comunicación se está levando a cabo correctamente: Oes, a que hora empezaba o concerto? • Función poética. Cando se coida especialmente a forma da mensaxe con intención estética: Que din os rumorosos na costa verdecente? • Función metalingüística. Cando se emprega a linguaxe para referirse á propia linguaxe: O verbo andar é regular. 4. Imaxina que che chega un whatsapp ao teu teléfono móbil: «Achégate ao varadoiro a todo filispín, estamos agardando por ti.». •  Coñeces o significado de todas as palabras? •  Comprendes a mensaxe na súa totalidade? •  Que información che falta para que a comunicación se produza correctamente? 5. Indica cal é a función ou funcións da linguaxe que predominan en cada un dos seguintes enunciados: –  Fai o que che digo, non cho repito máis veces! –  Tes algo máis que engadir? –  Disque pola tarde entra outra borrasca. –  Pode dicirme onde está a rúa Areal? –  As súas bágoas eran coitelos de xeo. –  O xerundio do verbo dicir é dicindo. –  Que día me dixo que imos ter a seguinte cita? –  Oxalá esta noite non rematase nunca. –  O elemento central da comunicación é a mensaxe. –  Que che vaia ben! –  Prende a luz.

18


ESTUDO DA LINGUA | 1 AS DISCIPLINAS LINGÜÍSTICAS Lingüística A lingüística é a ciencia que se encarga de estudar a linguaxe: a descrición do seu funcionamento, das súas manifestacións formais e do seu valor comunicativo. O obxecto de estudo da lingüística son as linguas naturais, empregadas polos seres humanos para se comunicaren entre si. Como xa vimos no apartado anterior, as linguas naturais están constituídas por signos lingüísticos, unidades que, á súa vez, están formadas por significante (a expresión, a forma do signo) e significado (contido do signo). Dentro da lingüística hai unha serie de disciplinas que se ocupan de aspectos concretos das linguas. As principais son as seguintes.

Fonética e fonoloxía A fonética e a fonoloxía encárganse de estudar os sons da linguaxe. • A fonética estuda os sons dende un punto de vista físico ou material, describindo as súas características para poder explicar como se articulan e como son producidos polos órganos fonadores. Xa que logo, a fonética céntrase no estudo dos sons dun idioma atendendo tanto á súa fisioloxía e acústica, como á súa evolución histórica. • A fonoloxía é a rama da lingüística que estuda os elementos fónicos atendendo ao seu valor distintivo e funcional; isto é, interésase polos trazos dos sons que permiten establecer diferenzas de significado.

Así, a fonética encargarase de estudar, por exemplo, as diferentes realizacións en distintos lugares de Galicia do fonema s de casa (o que non provoca diferenzas de significado). A fonética tamén se encarga de estudar as propiedades acústicas dos sons, isto é, o acento e a entoación. Pola súa banda, a fonoloxía ocuparase de analizar cales son os trazos que permiten distinguir o fonema /s/ de, por exemplo, /θ/ xa que isto suporá unha diferenza de significado entre casa e caza.

Gramática A gramática é a ciencia que estuda os elementos dunha lingua e as súas combinacións. Localízase no ámbito das unidades que posúen significante e significado e céntrase no estudo do significante. Divídese en: • Morfoloxía: estuda as palabras e os elementos de que están formadas (os morfemas). Encárgase de analizar a forma das palabras. • Sintaxe: ocúpase das funcións e as relacións que se establecen entre as palabras. Polo tanto, céntrase no estudo das frases, as cláusulas e as oracións.

19


1 | ESTUDO DA LINGUA Semántica A semántica tamén se localiza, como a gramática, no ámbito das unidades con significante e significado, pero esta disciplina encárgase de estudar o significado dos signos lingüísticos dende o punto de vista sincrónico (nun período de tempo dado) e diacrónico (ao longo do tempo). Existen dous tipos básicos de significado: • Significado denotativo: é o significado propio e específico que posúen as palabras. Por exemplo, o de casa é ‘construción para ser habitada’. • Significado connotativo: é o significado que adquiren as palabras ao combinárense con outras nun contexto determinado. Por exemplo, o significado connotativo é o que pode adquirir cando se fai referencia a unha casa concreta cunhas características determinadas. OUTRAS DISCIPLINAS •N eurolingüística: estuda o funcionamento da linguaxe nas rexións cerebrais que interveñen na facultade de falar e entender. • E tnolingüística: ocúpase de investigar as relacións entre a visión do mundo e as distincións lingüísticas. • L ingüística aplicada: concibe a lingua como unha ferramenta de comunicación e céntrase no proceso de ensino-aprendizaxe. Por exemplo, tenta determinar cal é a idade máis propicia para aprender unha lingua, cal é o mellor procedemento para adquirir unha segunda lingua... • L ingüística computacional: é unha rama da lingüística aplicada. A centrada na creación de linguaxes artificiais é das que ten maior importancia nos últimos tempos.

A semántica encárgase tamén das relacións de significado que se establecen entre as palabras: campos semánticos, familias léxicas, sinonimia, antonimia, hiperonimia etc.

Outras disciplinas lingüísticas Existen outras disciplinas lingüísticas que tamén teñen relevancia no estudo da linguaxe, aínda que, nalgúns casos, sexan menos coñecidas: • Pragmática: estuda a linguaxe na súa relación cos usuarios e as circunstancias da comunicación. Céntrase na concepción de que o significado dos enunciados lingüísticos depende de factores que non se atopan na propia mensaxe, senón que o contexto inflúe na interpretación do significado. • Sociolingüística: estuda a influencia que exercen os aspectos sociais (nivel cultural, nivel económico, hábitat...) na configuración dos distintos usos, variedades e rexistros lingüísticos. • Psicolingüística: céntrase na relación entre o comportamento verbal e os procesos psicolóxicos que subxacen a el. Estuda, por exemplo, o funcionamento dos mecanismos psicolóxicos que inflúen en cuestións como a adquisición, a aprendizaxe, o uso e a comprensión da linguaxe. 1. Indica que disciplina lingüística se encargaría dos seguintes temas de estudo: –  Situacións de uso das diferentes linguas en contacto en comunidades multilingües. –  Buscar as leis que rexen a combinación de fonemas na cadea falada. –  Estudar as relacións que se establecen entre os elementos dunha oración. –  Saber que áreas do cerebro participan no procesamento lingüístico. –  Estudar os significados dunha palabra ao longo do tempo. –  Establecer se o feito de en galego existir moitas palabras referidas ao fenómeno atmosférico da chuvia inflúe na maneira de percibir o mundo. –  Estudar a forma en que un bebé adquire a lingua materna para aplicalo ao ensino dunha segunda lingua.

20


LÉXICO E SEMÁNTICA | 1 RELACIÓNS DE SIGNIFICADO As relacións semánticas As relacións que se establecen entre unhas palabras e outras dende o punto de vista do significado poden ser de distintos tipos: • Sinonimia: relación que se dá entre palabras que teñen o mesmo significado. A sinonimia perfecta entre dúas palabras só se dá en contadas ocasións, porque algunha delas sempre achega matices ou connotacións diferentes ou porque palabras que teñen idéntico significado en determinados contextos poden non ser intercambiables noutros contextos distintos. Son sinónimos, por exemplo, bágoa e lágrima, pena e mágoa, comprar e mercar, tépedo e morno etc.

Pena ('rocha') e pena ('mágoa') son termos homónimos e homógrafos.

• Polisemia: unha palabra é polisémica cando ten varios significados que veñen condicionados polos diferentes contextos: así, acordar é unha palabra polisémica, pois pode significar ‘traer á memoria’, ‘espertar’ e ‘chegar a un acordo’. • Homonimia: dúas palabras son homónimas cando teñen o mesmo significante pero distintos significados. Trátase de palabras de orixe diferente que na evolución da lingua chegaron a unha mesma forma. Son homónimos, por exemplo, pena (mágoa) e pena (rocha), ou doce (de dozura) e doce (numeral). Ás veces non é doado distinguir entre a homonimia e a polisemia porque cómpre coñecer a orixe das palabras. • Antonimia: dous termos son antónimos cando entre os seus significados se establece unha relación de oposición: frío e quente, grande e pequeno, día e noite etc.

Dous termos homónimos poden ser tamén homógrafos cando coinciden na escrita (pena ‘mágoa’, pena ‘rocha’). Cando presentan diferenzas gráficas son homófonos (por exemplo: balor e valor; vago e bago).

1. Agrupa as seguintes palabras en parellas de sinónimos: abraio, afeccionado, alboio, alboroto, alpendre, antepasado, asombro, axóuxere, balbordo, bisbarra, brando, carraxe, cascabel, comarca, destemido, devanceiro, eloxiar, encoro, gabar, ira, lixo, mol, ousado, póla, presa, rama, seareiro, sucidade. 2. Substitúe unha das palabras que aparecen en cada unha das oracións que se dan a continuación por un sinónimo da seguinte lista: mergullador, agarimo, abeiro, adiar, gabeta, luva, lóstrego, amolar, apazugar. –  Tenlles moito cariño aos avós porque foron quen o criaron. –  Case se pelexan, menos mal que chegou un amigo común para calmar os ánimos. –  Cando se puxo a chover fomos buscar refuxio debaixo dun pendello. –  Alicia traballa como submarinista no peirao. –  Nunca vira unha treboada tal, deberon de caer un cento de relampos. –  Nese caixón vou gardando todo o que non utilizo. –  Houbo que aprazar a votación por falta de quórum. –  Esqueceu os guantes na casa e agora leva as mans tesas co frío. –  Saca de aí, que estás todo o día a molestar!

21


1 | LÉXICO E SEMÁNTICA 3. As palabras que veñen a continuación teñen máis dun significado. Razoa se se trata de casos de homonimia ou polisemia: –  casa (‘forma do verbo casar’ / ‘vivenda’) –  navegar (‘desprazarse nunha embarcación’ / ‘buscar información en Internet’) –  banco (‘entidade financeira’ / ‘conxunto de peixes’) –  ola (‘saúdo’ / ‘medida de capacidade’) –  manda (‘forma do verbo mandar’ / ‘grupo de animais da mesma especie’) 4. Nos seguintes pares, indica se os seus termos son sinónimos ou antónimos:

ESTRUTURA DO CAMPO SEMÁNTICO DE ‘MOBLES QUE SERVEN PARA SENTAR’ PATAS

BRAZOS

RESPALDO

ACOLCHADO

CADEIRA

+

+

+

BANCO

+

SOFÁ

+

+

+

+

TALLO

secasí / porén

quedar /ficar

feble / forte

pesada / liviá

curto / longo

xoia / alfaia

verán / estío

cheo / baleiro

desleixo / desidia

fraco / groso

rápido / amodo

primo / curmán

fiestra / xanela

estante / andel

amosar / agochar

chispa / faísca

desexo / degoiro

moderno / vedraño

doado / complexo

engalar / aterrar

O campo semántico Un campo semántico é o conxunto das palabras que comparten trazos semánticos ou semas, que son as unidades significativas mínimas. Por exemplo, o campo semántico «asento» estaría formado por todos os elementos que teñen o sema de ‘moble que serve para sentar’. A partir desa característica os diferentes elementos diferéncianse por outros trazos semánticos como ‘con patas’, ‘con brazos’, ‘con respaldo’, ‘sen respaldo’, ‘acolchado’ etc. Deste xeito, o campo semántico dos asentos estaría formado por cadeira, banco, sofá, tallo etc.

Relacións de xerarquía semántica Entre os campos semánticos establécense relacións de xerarquía que fan que un campo semántico sexa un subconxunto doutro máis extenso. Así, o campo específico dos ‘mobles que serven para sentar’ está incluído no campo xenérico dos «mobles». • Hiponimia e hiperonimia son as relacións de significado que se establecen entre os termos dun campo semántico e un termo máis xenérico. Por exemplo, margarida, pensamento, caravel, rosa... son hipónimos do termo xenérico flor, que é o seu hiperónimo. Do mesmo xeito, ao hiperónimo asento correspóndenlle os hipónimos cadeira, banco, tallo, sofá etc. Os hipónimos relativos a un mesmo hiperónimo son cohipónimos entre si. 5. Enumera hipónimos de flor, anfibio, bebida, xogo, sentimento. Dá agora varios cohipónimos de buque, electricista, xílgaro, decembro, pádel. 6. Indica cal é o hiperónimo das seguintes series de palabras: –  martelo, trade, tenaces, desaparafusador. –  rubí, esmeralda, diamante, zafiro.

22


PRÁCTICA DE LINGUA | 1 Ortografía 1. Acentúa correctamente as seguintes palabras e agrúpaas en agudas, graves e esdrúxulas.

–  Estámonos esforzando miño.

todo continúe polo bo ca-

–  Ata que non saibas o

non o vas entender.

dubida

vieiro

virus

–  tarse.

non tiña o exame preparado, decidiu non presen-

parasito

argon

ruin

non te fías de min?

colleu

tunel

ademais

–  O

funil

obsequio

fugaz

2. Indica se estas palabras conteñen ditongos ou hiatos mediante a colocación ou non de acento gráfico. saude

cauto

naturais

coiro

fluir

distraido

loei

minguante

diurno

acuifero

lingua

saiamos (copretérito de indicativo)

sangue

arguír

Nicaragua

roiamos (presente de subxuntivo)

pingue

pinguín

lingueta

egua

4. Completa as seguintes palabras coa vogal adecuada. cr

embud

lab

rinto

bat

agr

doce

r

engr

naxe

tr

cart

lina

r

staleiro

sta

t

moia baño

alc

trán

sab

ácido

cump

e

p

ir

anta igar

nano m

rmelada

sab

d

as

sino

l

ría

nterna

b

usa

p

ata

ig

exa aga

c

ase

ob

f

ota

g

oria

p

f

echa

b

ando

sop

ar

6. Completa con por que / porque / porqué. –

non me chamaches?

–  O motivo

7. Escribe o masculino ou o feminino correspondentes (pode haber máis dunha forma): can

galo

ovella

vaca

elefante

cabalo

leite

costume

ubre

nariz

fel

calor

sinal

cárcere

dor

sal

couce

estrataxema

cume

dote

marxe

sangue

labor

efe

mel

lume

arte

9. Escribe o plural dos seguintes termos:

món

5. Escribe l ou r segundo corresponda. p

Morfosintaxe

8. Indica o xénero das seguintes palabras:

3. Coloca a diérese segundo sexa preciso.

ábsid

só o coñecen os autores.

non viñeches é cousa túa.

parasol

animal

israelí

garda civil

fértil

coronavirus

caracol

dolmen

baúl

lapis

canón

martes

compás

cómic

sandez

10. Introduce as conxuncións comparativas que cumpra. Se houbese varias posibilidades, sinálao: –  Resultou ser máis eficaz –  Non é tan intelixente

pensabamos. supón.

–  Traballan máis

do que parecía nun principio.

–  A comida tailandesa é menos picante –  Xoán é máis rápido

a mexicana.

min.

–  Medrou máis o meu millo

do veciño.

–  Tan xenerosos como os compañeiros que tiven non os vou atopar xamais.

–  Fun de vacacións

tiña gana de desconectar.

–  O viño ten máis gradación alcólica

–  Non teño claro o

do seu comportamento.

–  Era tan alto

a cervexa.

o seu irmán.

23


© Do texto: Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2022. © Do conxunto desta edición: EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A., 2022 - Dr. Marañón, 12, baixo - 36211 Vigo Printed in Spain. Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que establece penas de prisión e/ou multas, amais das correspondentes indemnizacións por perdas e danos, para quen reproduza, plaxie, distribúa ou comunique publicamente, en todo ou en parte, unha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.