Operación mundo: Educación en Valores Cívicos e Éticos (demo)

Page 1

mostra

INCLÚE

C

EN

S

LI

PROXECTO DIXITAL ZA 12 MES

E

ESO EDUCACIÓN EN

VALORES

CÍVICOS E ÉTICOS Fernando Martínez Llorca, José Javier Fernández Pereira

n

ió c a

r e p

O u

o d n

m


Operación Mundo é un proxecto educativo de Anaya para Educación Secundaria. Na realización desta obra interviñeron: Equipo de edición: Manuel Andaluz. Deseño, gráficos e cartografía: Patricia G. Serrano, Miguel Á. Castillejos, Miguel Á. Díaz-Rullo, Míriam Arribas, José María Gil, Rosario Regaño. Maquetación: Discript, S.L. Corrección: Begoña Varela. Edición gráfica: Nuria González. Fotografía: Axencia EFE, Alamy / Cordon Press, Album, Arquivo Anaya (Candel, C.; Canto, M.; Cosando, P.; García, J. L.; Hernández Moya, B.; Liartes Sales, A.; Marín, J. A.; Martin, J.; Menéndez, D.; Moreno, C.; Padura, S.; Pastor, L. R.; Peñuela Py, E.; Pozo, M.; Ruiz, J. B.; Sánchez, J.; Steel, M.), Comité de Bioética de España, Cordon Press, Dreamstime / Quick Images, Getty Images, Istockphotos / Getty Images, 123RF e colaboradores.

Orientación Académica e Profesional: elaborada co asesoramento da Fundación Bertelsmann. Coordinación: Juan José Juárez Calvo. Colaboración como expertas: Sara Lozano Santiago, Belén Pérez Castro e Pilar Vázquez Hernández.

Importante: As actividades propostas neste libro deben ser realizadas en cadernos ou follas soltas; nunca no propio libro. Esta obra pode conter ligazóns a páxinas e sitios externos, que ANAYA non edita, controla, supervisa e/ou mantén, polo que ANAYA declina expresamente calquera responsabilidade respecto ás devanditas páxinas e sitios. Educación en Valores Cívicos y Éticos ESO - OPERACIÓN MUNDO - Código: 8420286 - ET044507


Índice Os saberes básicos do curso

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

Un mundo mellor.............................................................................................................................. 10

1 Autocoñecemento 1. 2. 3. 4. 5. 6.

. . .......................................................... 12

A natureza humana Que son? Quen son? A autoestima Emocións e sentimentos As redes Riscos dixitais

1. 2. 3. 4. 5. 6.

64

Os dereitos humanos A desigualdade económica Dereitos sociais Os dereitos da muller Inclusión social e política O dereito internacional

Portafolio.................................................................................................................................................... 80 DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA ............................................................ 28

1. 2. 3. 4. 5. 6.

Portafolio.................................................................................................................................................... 44

. . ..................................................................

Obradoiro de resolución de conflitos............................................................... 46 ...........................

A orixe e a natureza da sociedade Resolución pacífica dos conflitos Cidadanía responsable A política A democracia A paz

Noutras palabras Cal é o papel da xuventude na democracia? Avaliación

48

84

Habitantes do mundo Distintos puntos de vista sobre a realidade Un planeta finito A emerxencia climática Desenvolvemento sostible Buscar solucións sostibles

Noutras palabras Protección ambiental Avaliación

6 Ética ambiental

DESAFÍOS QUE DEIXAN PEGADA

3 C olaborando en sociedade

Dálle un respiro...................................................................................................................................82

5 Sostinibilidade

Pensar antes de actuar Tomar decisións As condutas aditivas Moral e valores Diferentes éticas Individuo e sociedade

Noutras palabras O noso proxecto de vida Avaliación

1. 2. 3. 4. 5. 6.

1. 2. 3. 4. 5. 6.

...................................................

Noutras palabras Análise da pobreza Avaliación

Noutras palabras Ficha individual Avaliación

2 Autonomía moral

4 Respecto e xustiza

1. 2. 3. 4. 5. 6.

. . ............................................................. 100

A ética ambiental Novas perspectivas éticas Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible A protección dos animais e do medio Novas posibilidades Investigación e natureza

Noutras palabras O noso medio Avaliación

Portafolio.................................................................................................................................................... 116 Como aprendín?.............................................................................................. 118

3

00_pre1T_val1_eso_GL.indd 3

23/5/22 13:15


3 Colaborando en sociedade

VIVIR CON OUTRAS PERSOAS Os individuos dalgunhas especies animais viven relativamente illados, como é o caso dos leopardos, por exemplo. Outros agrúpanse e especialízanse tanto que a súa existencia só ten sentido nun grupo. Isto é o que sucede, por exemplo, coas formigas ou coas abellas. No caso dos seres humanos, tendemos a agruparnos, na prehistoria, en grupos máis ou menos pequenos, pero na actualidade, en sociedades moi organizadas. Para os seres humanos, vivir é convivir. A diferenza do que ocorre nas sociedades autoritarias e pechadas, nas sociedades democráticas (abertas ao coñecemento e ás influencias doutras culturas e doutras civilizacións debido ás correntes migratorias, aos medios de comunicación e ás redes sociais) vivimos rodeados de persoas con distintos

valores e concepcións morais, diferentes modos de vida e crenzas relixiosas ou filosofías diversas. A nosa sociedade é unha sociedade pluralista. O pluralismo ocasiona dificultades e, ás veces, é fonte de prexuízos e provoca discriminacións, pero é tamén enriquecedor do dinamismo social e cultural. No seu aspecto político, a posibilidade de que existan e de que se respecten diferentes ideoloxías e partidos é un dereito fundamental que está recollido na Constitución española. Pretender que a sociedade sexa completamente homoxénea supón unha renuncia á liberdade que é contraproducente para a aparición de ideas e de achegas novas que poidan promover a posibilidade de mellorar.

40

03_u03_val1_eso_GL.indd 40

23/5/22 13:16


U 3

Democracia e liberdade Este discurso de Angela Merkel é un exemplo de como se toman as decisións nunha democracia. Explícao. Que importancia teñen a liberdade e o cumprimento das normas? Son compatibles?

«Queridas concidadás e queridos concidadáns: O coronavirus está modificando de forma dramática a vida no noso país. A nosa idea da normalidade, da vida pública, da convivencia social, está sendo posta a proba como nunca antes. Millóns de vostedes non poden ir ao traballo, os seus fillos non poden ir á escola ou ao xardín infantil; os teatros, os cines e os negocios están pechados e, o que quizais sexa o máis difícil, a todos nos faltan os encontros, que noutros tempos son obvios. Naturalmente, en semellante situación, todos estamos cheos de interrogantes e de preocupacións acerca do que virá. [...] Corresponde a unha democracia aberta clarificar e explicar as decisións políticas. Que fundamentemos o mellor posible o noso proceder e que o comuniquemos para que resulte comprensible. […] Quixera explicarlles onde estamos en canto á epidemia e que está facendo o goberno federal, o Estado, para protexer a todos os membros da nosa comunidade e para limitar os prexuízos económicos, sociais e culturais. Pero tamén quero comunicarlles por que se require de vostedes e do que cada un pode achegar. […] Nunha democracia, xamais deberían ditarse [restricións] por riba, e só poden ser aplicadas temporalmente. Pero neste momento son imprescindibles para salvar vidas. [...] Todas as medidas estatais non darán resultado se non utilizamos a ferramenta máis eficaz contra a propagación demasiado rápida do virus: trátase de nós mesmos. […] Somos unha democracia. Non vivimos de imposicións, senón de coñecementos compartidos e de participación. Esta é unha tarefa histórica e só podemos superala unidos. Estou absolutamente segura de que superaremos esta crise. Pero que alto será o número de vítimas? Cantas persoas queridas perderemos? En boa medida está nas nosas propias mans. Agora podemos reaccionar, todos xuntos, de forma decidida. Podemos aceptar as restricións actuais e apoiarnos mutuamente. Esta situación é seria e o desenlace está aberto. É dicir, dependerá —non só, pero tamén— de que disciplinadamente cadaquén cumpra e aplique as regras. Aínda cando nunca vivísemos algo así, debemos demostrar que actuamos co corazón e coa razón, e así salvaremos vidas. Depende, sen excepción, de cada un e, xa que logo, de todos nós. Cóidense moito, e tamén os seus seres queridos. […]». Angela Merkel: Discurso sobre as medidas ante a covid-19, marzo de 2020.

41

03_u03_val1_eso_GL.indd 41

23/5/22 13:16


1

1.1. Vivimos en sociedade

A orixe e a natureza da sociedade COMPROMISO ODS

Cidades e comunidades sostibles De aquí a 2030, proporcionar acceso a sistemas de transporte seguros, alcanzables, accesibles e sostibles para todos e mellorar a seguridade viaria, en particular mediante a ampliación do transporte público, prestándolles especial atención ás necesidades das persoas en situación de vulnerabilidade, ás mulleres, aos nenos, ás persoas con minusvalidez e ás persoas de idade. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, meta 11.2.

1 Argumenta por que a sociedade debe prestarlles atención especial ás persoas vulnerables.

Como os demais animais, pertencemos a unha especie, polo que compartimos moitas características e un parentesco biolóxico que facilitan as relacións entre os individuos e que formemos sociedades. No caso dos seres humanos, esas características comúns non só son biolóxicas e naturais, senón que tamén teñen un carácter social e cultural. O uso da linguaxe permítenos organizarnos mediante normas. Propoñemos e aceptamos normas, porque nos parece que non todas as condutas son correctas, mesmo algunhas son prexudiciais para cada individuo e para o grupo social do que forma parte. A vida en sociedade esixe coordinación, aclarar que podemos facer e que está prohibido ou mal visto. Non se trata de impedir que se poida aspirar a mellorar, senón, todo o contrario, de facer compatibles os intereses particulares dos individuos ou dos grupos, de evitar que alguén obteña privilexios a custa do sufrimento do resto. Así pois, as leis tratan de harmonizar intereses que en parte coinciden e que en parte se opoñen, e, dese modo, de distinguir cales dos nosos obxectivos son compatibles cos dos que nos rodean.

1.2. Competencia e cooperación Grazas ás calidades individuais —como a conciencia e a razón— e sociais —como a organización mediante leis— distinguimos entre o ben e o mal, condenamos os abusos e valoramos a axuda mutua. A convivencia implica que as persoas compitamos cando desexamos o mesmo. Por iso, nas sociedades créanse institucións e establécense leis que impiden que ese enfrontamento resulte violento e que fomentan que se resolva legalmente. Pero xunto a esas rivalidades, tamén se produce a cooperación. Desde a paleoantropoloxía achéganse probas de que xa se daba en épocas remotas, como demostra o feito de que nalgunhas investigacións se encontraron restos de individuos que non poderían sobrevivir sen a protección dos seus conxéneres, persoas enfermas e de avanzada idade, a pesar de que no seu estado perderían a súa capacidade de axudar fisicamente o grupo. Así pois, os seres humanos convivimos, competimos e colaboramos. Debido á competencia, esforzámonos en lograr o beneficio individual; grazas á colaboración, traballamos colectivamente.

1.3. Egoísmo e altruísmo Cando interactuamos con outras persoas, establecemos relacións interpersoais en función do egoísmo e do altruísmo. O comportamento que consideramos de boa educación (boas maneiras; cortesía; saber estar, falar e presentarse) nas nosas relacións sociais é unha mostra do trato digno que lles damos a outras persoas e de respecto altruísta á dignidade moral dos que nos rodean. Pero ao mesmo tempo desde un xusto e san egoísmo, queremos que se recoñeza a nosa dignidade e que nos respecten. 42

03_u03_val1_eso_GL.indd 42

23/5/22 13:16


U 3 O egoísmo e o altruísmo compleméntanse, como se reflicte na máxima segundo a cal debemos tratar as demais persoas como nos gustaría que nos tratasen; isto é, de xeito considerado e digno. A nosa conduta tende á reciprocidade; é dicir, se comprobamos que nos axudan, é moito máis probable que respondamos coa mesma actitude, mentres que as ofensas nos inclinan á vinganza. Por iso, mesmo por motivos egoístas, se debe preferir o altruísmo. O uso da razón fainos capaces de calcular o equilibrio necesario entre ambos os dous impulsos na nosa conduta social para manter unha convivencia satisfactoria.

VALORES DE PELÍCULA

Os beneficios do altruísmo Informádevos sobre o argumento da película Cadea de favores ou visionádea e expoñede o xuízo que vos merece a iniciativa tomada polo protagonista, Trevor McKinney. Durante a xuventude, teñen máis éxito e aceptación as actitudes negativas ca as propostas construtivas? Debatede sobre iso.

1.4. Estruturas sociais e grupos de pertenza As nosas formas de unirnos e de asociarnos son moi variadas. Al­gun­has son moi próximas aos individuos, xa que nos xuntamos con outras persoas por lazos afectivos, formando «comunidades». O mellor exemplo de relacións próximas é a familia. Nela recibimos os primeiros coidados, a protección e o cariño que nos permitirán desenvolvernos para converternos en membros valiosos do noso grupo. Grazas á familia aprendemos as habilidades básicas da vida social, como a linguaxe, as normas sociais, os costumes e o que está ben e o que está mal, e sentimos que formamos parte dunha comunidade. O mesmo sucede co grupo de amizades. Outras relacións son máis impersoais porque están motivadas por intereses máis xerais: unímonos con persoas que nin sequera coñecemos e formamos unha «sociedade». Por exemplo, vivimos nun país rexido por unhas leis que determinan a nosa vida individual, sobre as que seguramente non se nos consultou, e habitamos en cidades nas que vivimos anonimamente. Estas dúas maneiras de relacionarse, as comunidades e as sociedades, non se exclúen, senón que ambas as dúas son formas da sociabilidade humana. A medida que imos crecendo e desenvolvendo a nosa personalidade, revisamos o que aprendemos, conservando unhas cousas e rexeitando outras. Así, formamos grupos de pertenza nos que as persoas nos identificamos con determinadas características: afeccións, xénero, crenzas, etnia, ideas políticas, etc. ACTIVIDADES

1

Procuramos relacionarnos cos que estamos máis de acordo. Fixámonos en afinidades, como poden ser a idade, o modo de vestir ou as afeccións, pero tamén resultan decisivas as ideas. Que opinións considerades fundamentais para manter unha relación de amizade? Sinalade unha idea que non tolerariades nunca nas vosas amizades.

2 Descubride como poden axudar a mediación e os círculos de convivencia para resolver os conflitos

que ás veces se producen no centro escolar. Sabedes se se recorre a estes medios no voso centro? Credes que son ou que serían útiles? Argumentade a vosa postura.

3 Debatede acerca do seguinte argumento: se nos portamos ben con outras persoas esperando que nos devolvan os favores, estamos sendo altruístas ou egoístas? Poñede exemplos para apoiar as vosas opinións. 43

03_u03_val1_eso_GL.indd 43

23/5/22 13:16


2

2.1. O diálogo

Resolución pacífica dos conflitos SABÍAS QUE...

O debate democrático Nos países democráticos, o pobo encóntrase representado no Parlamento a través dos partidos políticos. Nas cortes inícianse os debates entre as distintas forzas políticas, especialmente entre o Goberno e a oposición, para aprobar as leis polas que se vai rexer o país.

Cando falamos e nos comunicamos con calquera persoa expoñendo unha opinión ou compartindo unha noticia ou unha información, non adoitamos dicir que estamos dialogando, senón simplemente que estamos falando. O diálogo prodúcese cando intercambiamos opinións acerca de asuntos problemáticos ou sobre temas nos que podemos estar de acordo ou discrepar. Se dialogamos, é con ánimo de chegar a acordos, de buscar puntos de encontro. Se estamos dispostos a manter un diálogo con alguén é porque, en principio, queremos convencer coas nosas razóns, pero tamén porque asumiriamos os puntos de vista alleos se nos convencesen. Por iso, un dos requisitos do diálogo é a apertura e a tolerancia, a posibilidade de aceptar que podemos estar equivocados e que somos capaces de rectificar. A necesidade de razoar e de argumentar as nosas posicións e as nosas opcións morais e ideolóxicas non só é unha cuestión entre individuos, senón que ten tamén un carácter social, político e histórico. Precisamente neste campo pódese apreciar un dos maiores éxitos da moral. Durante a Ilustración defendeuse o valor do debate racional como medio para superar os prexuízos e a intolerancia. Despois de séculos de confrontacións bélicas por discrepancias relixiosas, estendeuse a idea de que debía ser posible iniciar conversacións que axudasen a achar puntos de encontro e a resolver pacífica e proveitosamente os desacordos. No século xviii, en Europa occidental impúxose a idea da necesidade da tolerancia política e relixiosa. Como resultado desta coincidencia, empezáronse a recoñecer as liberdades de conciencia, de pensamento e de expresión.

2.2. Normas do diálogo   1 Que papel lle corresponde á oposición política nos debates? Pon algún exemplo.

Ao longo do século xx, na filosofía intentouse concretar en que debería consistir a tolerancia e como habería de aplicarse na argumentación: quen ten dereito a opinar?, que se considera unha falta de respecto?, cal debe ser o obxectivo do intercambio de pareceres? Se queremos que o diálogo sexa auténtico, debe producirse entre iguais; é dicir, os que interveñen han de ter dereito a opinar sempre que cumpran determinadas normas. Se impartimos ordes, é porque estamos supoñendo que temos autoridade e superioridade, pero ordenar non é dialogar. Ademais de recoñecer a igualdade, debemos asumir que todas as opinións poidan ser criticadas con sensatez e con liberdade, sen ameazas nin coaccións. Tamén é importante que os que interveñen no diálogo defendan o interese xeral, non o beneficio dalgún grupo fronte a outros. Neste sentido, un acordo satisfactorio non se entenderá como a derrota dunha das partes, senón como unha vitoria común.

44

03_u03_val1_eso_GL.indd 44

23/5/22 13:16


U 3

2.3. A empatía

SABÍAS QUE...

Así pois, a vida humana é convivencia e lévanos ao diálogo. Este feito implica unha apertura, unha capacidade de entender que os que nos rodean tamén son persoas que teñen emocións e intencións, desexos que anhelan satisfacer e unha sensibilidade que pode ser ferida ou sentirse satisfeita. Un aspecto fundamental da vida de calquera ser humano son as relacións sociais. É inevitable que nos encontremos e que interactuemos coas demais persoas. Precisamente por esta razón, ter habilidades neste terreo é moi importante.

Páthos O termo grego páthos, que significa ‘estado de ánimo’, ‘paixón’, ‘emoción’, ‘sufrimento’, xerou na nosa lingua palabras como «patético», «apatía», «simpatía», «antipatía» ou «empatía».

Igual ca algunhas persoas poden carecer de habilidades sociais, ofender sen intención e perder amizades sen decatarse, outras sempre saben como deben actuar, son unha compañía agradable e melloran o ambiente en calquera lugar, o que nos dá unha idea do valiosas que poden chegar a ser na nosa vida social. Saber escoitar é moi relevante para mellorar as nosas relacións con outras persoas. En moitas ocasións, temos que explicarnos, que aconsellar, que intervir. Ás veces, non nos decatamos de que outras persoas necesitan expresarse, contarnos as súas inquietudes, que lles manifestemos o noso apoio sen condenar as súas debilidades. A escoita activa é unha das habilidades que debemos fomentar para mellorar a nosa destreza social.

1 Explica que relación teñen as emocións co teatro e co cine. Por que asistimos a traxedias e a dramas? Que recursos se usan nestas artes para conmovernos?

Pero todas estas habilidades sociais teñen como fundamento a empatía; isto é, a capacidade de comprender as emocións dos que nos rodean, de tratar de captar como se encontran, de coñecer o seu estado de ánimo e de responder de forma que as acompañemos positivamente. A empatía non ten como finalidade xustificar unha conduta concreta de alguén, mostrar compaixón cara a unha persoa ou aceptar un estado de cousas; trátase, máis ben, dun acompañamento e da capacidade de simpatizar cunha situación emocional para compartila, ou ben para superala. Todas as destrezas empáticas que utilizamos (interesarse por unha persoa, escoitala, falar con ela, preguntarlle, mostrarlle o noso afecto...) forman parte destas calidades que nos poden converter nunha compañía agradable. ACTIVIDADES

1 Pensade nos seguintes comportamentos que resultan incorrectos nun debate e acordade que normas poderían establecerse para evitar que se produzan. Non deixar falar a outras persoas

Elevar a voz

Faltar ao respecto

Consumir todo o tempo

Interromper

Falar sen saber

2

Sumamos. Un debate non consiste só en que as persoas poidan dicir calquera cousa; ademais, esíxense algúns requisitos, entre os que destaca que se cumpran as normas do debate. Cales son esas normas? Anótaas de forma individual e, a continuación, poñédeas en común.

3 Tendo en conta as normas da argumentación, explicade por que os debates son característicos das democracias. 45

03_u03_val1_eso_GL.indd 45

23/5/22 13:16


3

3.1. Cidadanía

Cidadanía responsable

Hai países dirixidos por gobernantes que toman todas as decisións e que lles conceden caprichosamente dereitos aos seus habitantes, que son súbditos, pois carecen da condición de cidadanía. Pola contra, unha das características fundamentais que distingue as democracias doutras formas de goberno é o recoñecemento da igualdade política e legal. Establécese que todo o pobo participa no goberno e que nas leis non se poden facer distincións dependendo das persoas ás que se apliquen. Esas son as condicións da cidadanía nunha democracia, que se caracteriza polo recoñecemento social e mutuo de dereitos. Se queremos que unha sociedade democrática funcione correctamente, debemos comprometernos con ela. Temos que colaborar, xa sexa co noso traballo, mediante o diñeiro dos impostos ou cumprindo as leis, pola contra, os conflitos estenderanse e impoñeranse intereses particulares. Para incrementar a saúde da democracia, pódense realizar accións cívicas voluntarias e participativas, baseadas nas iniciativas persoal e colectiva. Neste sentido, a ética sérvenos de axuda, e as súas reflexións recóllense nos códigos deontolóxicos e nas éticas aplicadas.

3.2. Os códigos deontolóxicos SABÍAS QUE...

Fraudes científicas O investigador Hwang Woo-suk foi o primeiro en clonar un can, pero as súas afirmacións sobre a clonación de células nai humanas foron un engano.

A ética afecta a todos os ámbitos da vida e, por suposto, tamén as profesións. Chámaselle «deontoloxía» á aplicación da ética a unha profesión determinada. Un dos máis famosos códigos deontolóxicos coñecidos é o xuramento hipocrático, chamado así en honor a Hipócrates, quen o propuxo na antiga Grecia na escola médica da illa de Cos no século v a. C. Cal é a razón de que o primeiro código deontolóxico coñecido nacese no campo da medicina? Hai varios motivos. Por unha banda, na profesión médica establécese unha relación moi próxima, íntima e persoal cos que padecen doenzas e enfermidades, que, ademais, afectan a un aspecto especialmente delicado e relevante —a saúde e, mesmo, a vida humanas—. Pola outra, como pacientes, encontrámonos nunha situación de indefensión e de dependencia da que non deben aproveitarse profesionais do ámbito sanitario.

1 Elaborade unha táboa cos beneficios que reportan os códigos deontolóxicos nos profesionais que regulan e para a cidadanía en xeral.

Pero unhas circunstancias semellantes suceden en moitos outros ámbitos laborais: na avogacía, na que se debe coidar dos intereses da clientela e non desvelar os seus segredos; no xornalismo, que perde todo o seu valor cando se mente e no que se debe protexer a confidencialidade das fontes de información; na educación, cuxo obxectivo é a transmisión do coñecemento e o desenvolvemento persoal. Na actualidade, a maioría das profesións teñen o seu propio código deontolóxico, que serve de guía nas relacións coa clientela, cos seus provedores, para garantir os dereitos sociais e mesmo co medio.

46

03_u03_val1_eso_GL.indd 46

23/5/22 13:16


U 3

3.3. As éticas aplicadas

SABÍAS QUE...

Co desenvolvemento das ciencias empíricas sociais e humanas, como a psicoloxía, a socioloxía, a economía ou a política, a reflexión ética centrouse na clarificación moral e na regulación ética da problemática suscitada polas devanditas ciencias e pola súa aplicación nas situacións concretas. As éticas aplicadas consisten na reflexión ética sobre ámbitos específicos da actividade humana. Mediante elas, trátase de evitar que profesionais de calquera ámbito vulneren os principios morais propios da súa profesión para favorecer os seus intereses particulares ou que os incumpran por calquera outra razón provocando danos sociais.

Ética da comunicación No artigo 3 da Lei orgánica 2/1997, do 19 de xuño, reguladora da cláusula de conciencia dos profesionais da información, dise o seguinte: «Os profesionais da información poderán negarse, motivadamente, a participar na elaboración de informacións contrarias aos principios éticos da comunicación, sen que iso poida supoñer sanción ou prexuízo.»

Mediante estas propostas éticas, preténdese reflexionar desde un punto de vista filosófico sobre ámbitos concretos da actividade humana, como, por exemplo, os medios de comunicación, o deporte ou a docencia, pero tamén poden afectar a toda a humanidade, como no caso da ética ecolóxica ou ambiental, cuxo obxectivo é a preservación do medio natural. A filósofa Adela Cortina afirma que as éticas aplicadas naceron para responder as necesidades xeradas nas sociedades pluralistas, como resultado dunha realidade social. Para levar a cabo esta tarefa, é necesaria a cooperación de profesionais de distintas ramas ou actividades. Desde ese punto de vista, ante un problema médico do que se deriven consecuencias morais, como, por exemplo, a clonación ou os coidados paliativos a persoas enfermas terminais, resultará moi importante a opinión de profesionais das distintas disciplinas médicas, pero tamén será moi conveniente ter en conta a visión de especialistas doutros ámbitos do coñecemento humano que poidan argumentar sobre a súa integración cos demais intereses da sociedade e da humanidade.

1 Que consecuencias vos parece que ten que a lei recolla unha cláusula de conciencia no xornalismo?

As éticas aplicadas distínguense da ética xeral, pero tamén dos códigos deontolóxicos, pois, a diferenza destes, o seu obxectivo non é lexislar ou regular a correspondente práctica profesional, senón argumentar sobre os obxectivos desas prácticas e resolver os dilemas morais tendo en conta intereses xerais. ACTIVIDADES

1 Nunha sociedade democrática, debemos toleralo todo?, hai algo intolerable?, habemos de tolerar a intolerancia?, quen establece en que consiste a intolerancia? Se rexeitamos algo, temos que asumir que somos intolerantes?

2

1-2-4. Redactade un código deontolóxico para estudantes. Escribide individualmente tres normas que pensades que deberían ser obrigatorias e, despois, poñédeas en común. Tratade de chegar a un acordo acerca de cales son as máis importantes e que debería suceder se non se cumpren.

3

O xuramento hipocrático é un código ético que regula a profesión médica desde a antiga Grecia. Debatede sobre algunhas das súas prescricións, actualizadas no ano 2017. Pensades que hai profesións que están obrigadas a ter un compromiso maior coa humanidade ca outras? Por que?

«[...] DEDICAR a miña vida ao servizo da humanidade; VELAR ante todo pola saúde e polo benestar dos meus pacientes; RESPECTAR a autonomía e a dignidade dos meus pacientes; VELAR co máximo respecto pola vida humana [...]». 47

03_u03_val1_eso_GL.indd 47

23/5/22 13:17


4

4.1. A xustiza, a lei, o poder, a soberanía

A política COMPROMISO ODS

Paz, xustiza e institucións sólidas Promover o Estado de dereito nos planos nacional e internacional e garantir a igualdade de acceso á xustiza para todos. Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, meta 16.3.

1 Debería intervir a ONU nos países nos que se considere que non se respectan as garantías legais da cidadanía? Por que? E no caso de que consideremos que a ONU debería actuar, como tería que facelo?

O concepto de xustiza aplícase en moitos campos diferentes; por exemplo, na política, no dereito, na economía, nos deportes, nos estudos, nas relacións persoais... En todos eses ámbitos, as persoas aspiramos a recibir un trato xusto, que, evidentemente, debe ser recíproco. A xustiza asociouse tradicionalmente co equilibrio, no que o que se dá e o que se recibe resulten equiparables, de aí que se identifique coa deusa grega Diké, á que se representa cos ollos vendados e sostendo unha balanza na man. Nada é xusto se permite ou se esixe demasiado. Vivir en sociedade supón unha orde, unha repartición das tarefas, que alguén dea instrucións e que outras persoas as acaten. Esta orde está amparada pola lei. As leis xurídicas son normas escritas e obrigatorias que impón o Estado. Deben servir para procurar o ben común, buscando o equilibrio xusto e garantindo os dereitos e as liberdades de toda a cidadanía, para evitar calquera abuso, mesmo por parte do propio Estado. O ideal é que o xusto e o legal coincidan, é dicir, que todas as leis sexan xustas e que todo o xusto estea amparado pola lei, así como que o inxusto quede prohibido e que poida sancionarse dun modo adecuado. Aínda que a realidade non coincide co ideal, está nas nosas mans procurar achegarnos cada vez máis ao obxectivo. Para logralo, nos sistemas democráticos a cidadanía participa no goberno e inflúe na lexislación. Cando nun país o pobo ten a capacidade de gobernarse e de ditar as leis, dicimos que é soberano. Isto non quere dicir que ese país non poida formar parte de asociacións internacionais e cumprir as súas normas, pero si que ten a autonomía necesaria para facelo voluntariamente.

4.2. Formas de Estado e tipos de goberno Hai moitas maneiras de organizar un país, moitos sistemas de goberno diferentes. En xeral, cada opción ten vantaxes e inconvenientes. Por exemplo, uns tipos de goberno poden favorecer a estabilidade, pero tamén poden provocar permanencias prolongadas no poder que favorezan a corrupción. Unha das distincións máis relevantes en canto aos sistemas políticos actuais é a que se establece entre a república e a monarquía. Na monarquía, a xefatura do Estado recae nun rei ou nunha raíña. Cando goberna un pequeno grupo de persoas, o sistema denomínase oligarquía, tipo de goberno no que adoitan mandar as persoas máis ricas. Nunha tiranía, unha soa persoa controla todo o poder, e nun réxime militar domina o exército. 48

03_u03_val1_eso_GL.indd 48

23/5/22 13:17


U 3 A democracia é o réxime político no que o poder reside no pobo. Este é o tipo de goberno dos países de Europa occidental, e apóiase na celebración de eleccións libres e periódicas nas que a cidadanía expresa a súa vontade exercendo o seu dereito ao voto. A forma política de España, que é un Estado social e democrático de dereito, é a monarquía parlamentaria. Ademais das formas de Estado, cada país pode ter a súa propia organización territorial. En España, optouse por un sistema descentralizado no que se distribúe o poder entre as comunidades autónomas, ás que o Estado transfire certas competencias; é dicir, as comunidades autónomas son as encargadas de xestionar determinados servizos, como a sanidade ou a educación.

SABÍAS QUE...

A monarquía absoluta Luís XIV de Francia, coñecido como o «Rei Sol», foi o modelo de monarca absoluto. Controlaba todos os poderes do Estado nos territorios baixo o seu dominio. «O Estado son eu», dicía.

4.3. O Estado de dereito

e os valores constitucionais Nun Estado de dereito é absolutamente obrigatorio cumprir a lei e, ao mesmo tempo, non se lle pode esixir a ningunha persoa nada que non se recolla nas leis. Así pois, ninguén está por enriba da lei, nin sequera o Goberno. Nas leis non se fan distincións e obrigan a toda a cidadanía por igual. Pero tampouco se pode castigar a ninguén se non fixo algo ilegal. Esta esixencia implica que as leis deben publicarse, para que o pobo teña a posibilidade de coñecelas e para que ninguén poida argumentar ignorancia se non as cumpre. Establécese, polo tanto, un equilibrio entre dereitos e deberes: non se pode sancionar a ninguén por un acto que non estea prohibido. Os Estados de dereito adoitan rexerse mediante unha constitución, que é a lei fundamental na que se basean todas as demais leis, que han de axustarse a ela. Nunha Carta Magna establécense os principios fundamentais nos que se basea a organización da nosa sociedade.

Hyacinthe Rigaud, Luís XIV.

1 Argumentade sobre as vantaxes da democracia fronte ao absolutismo.

Na lexislación dos Estados democráticos modernos recoñécense unhas liberdades que se inspiran na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. En constitucións como a española de 1978, que foi avalada democraticamente pola maioría da cidadanía nun referendo, recóllense eses dereitos e esas liberdades.

ACTIVIDADES

1 Algo pode parecernos xusto, pero ser ilegal, ou ben

3

ser legal e inxusto. Pensade en exemplos posibles de ambas as dúas situacións, na nosa sociedade ou noutras. Como sabemos se algo é xusto? E se é legal? Que deberiamos facer se cremos que unha lei é inxusta?

CeR. Nos Estados de dereito, «a ignorancia da lei non exime do seu cumprimento». Explica que significa esta expresión. Sinala que obrigas supón tanto para o Goberno coma para a cidadanía esta forma de interpretar o cumprimento da lei nas democracias.

2 Pensade nun goberno ditatorial, sexa real ou de fic-

4 Cales vos parece que son as principais vantaxes da

ción. Como viven as persoas nestes sistemas políticos?

democracia? Credes que tamén ten inconvenientes? Sinaládeos. 49

03_u03_val1_eso_GL.indd 49

23/5/22 13:17


5

5.1. Orixes da democracia Nalgunhas cidades gregas establecéronse sistemas democráticos no século v a. C. En Grecia, naquela época déronse as circunstancias que facilitaron que unha parte importante do pobo puidese debater e participar na toma de decisións políticas. Estas cidades-estado tiñan a vantaxe de que eran pequenas, polo que resultaba relativamente doado reunirse para argumentar co obxectivo de adoptar conxuntamente a mellor decisión.

A democracia SABÍAS QUE...

A democracia no mundo A revista The Economist publica un Índice de Democracia anual no que, por medio dunha serie de indicadores, se avalía o estado da democracia no mundo. Podedes consultar un mapa da democracia na páxina web www.economist.com. Países máis democráticos Posición

País

Puntuación

1

Noruega

9,81

2

Islandia

9,37

3

Suecia

9,26

4

Nova Zelandia

9,25

5

Canadá

9,24

Países menos democráticos

En cambio, a democracia grega presentaba unhas limitacións moi importantes se a xulgamos desde o punto de vista actual: a maior parte da poboación non era tida en conta. Estaba permitida a escravitude e non se aceptaba a intervención pública das mulleres en asuntos políticos. Tras moitos anos de réximes autoritarios, houbo que esperar ata o século xviii para que os ideais democráticos renacesen, cando se estendeu o pensamento ilustrado. A independencia dos Estados Unidos e a Revolución francesa reflectiron algúns dos principios ilustrados: a igualdade de todos os seres humanos ante a lei e o dereito inalienable á liberdade convertéronse no freo das ambicións absolutistas. O pobo adquiriu conciencia da súa importancia e comprendeu que se tiñan que cumprir as leis, tamén lle correspondía aprobalas.

5.2. Procedementos democráticos Se nalgunhas cidades gregas o pobo podía exercer a democracia de xeito directo na asemblea da cidade, nos Estados modernos xa non é posible; por iso, realízanse eleccións para que o pobo elixa os seus representantes.

Posición

País

Puntuación

163

República de Chad

1,55

164

República Árabe Siria

1,43

165

República Centroafricana

Calquera persoa ten dereito a presentar a súa candidatura a un cargo público e a votar os que desexe. Na maior parte dos casos, a participación política organízase en partidos políticos.

1,32

166

República Democrática do Congo

1,13

Estes partidos acoden ás eleccións propoñendo un programa de goberno que deben cumprir se chegan ao poder. É unha responsabilidade da persoa que vota pensar ben en que representantes confía, os que, pola súa banda, non deben defraudar as expectativas que xeraron.

167

República Popular Democrática de Corea

1,08

1 En grupos, tratade de encontrar similitudes entre os países máis democráticos, por un lado, e entre os países menos democráticos, por outro.

Como as eleccións se repiten periodicamente, o pobo pode decidir que prefire manter o mesmo goberno ou cambiar de opinión e elixir outro. Neste sentido, o cumprimento do programa, a ausencia de corrupción e a xestión responsable son argumentos que poden servir para convencer o electorado. É moi importante non confundir a democracia coa ditadura da maioría. En ningún caso se trata de someter un grupo en beneficio doutro, por moi grande que sexa este. O Goberno ten a obriga de procurar o ben común, non só o dos seus votantes. En canto ao pobo, a súa responsabilidade non remata no momento de introducir a papeleta na urna, senón que debe permanecer atento para evitar abusos de poder.

50

03_u03_val1_eso_GL.indd 50

23/5/22 13:17


U 3 As democracias adoitan dispoñer de mecanismos para reaccionar ante as inxustizas, entre outros, a división de poderes, que fai que mesmo o Goberno estea obrigado a cumprir a lei. Constitúe unha característica fundamental deste sistema de goberno a liberdade de discrepar, alcanzando mesmo á posibilidade de opoñerse á mesma democracia. Ineludiblemente, correspóndelle á cidadanía converter este trazo nunha fortaleza, en lugar de nunha debilidade.

5.3. Institucións democráticas Nas democracias occidentais recoñécense tres poderes independentes: o poder lexislativo, o poder executivo e o poder xudicial. • O poder lexislativo ten a función de aprobar as leis. En España, recae en dúas cámaras: o Congreso dos Deputados e o Senado. Dado que as Cortes Xerais están formadas por representantes que se elixen democraticamente, enténdese que, neste caso e en último termo, a lexislación ten o seu fundamento no pobo. • O poder executivo exérceo o Goberno, e a súa misión é aplicar as leis. O Goberno non pode facer o que queira, posto que debe cumprir e facer cumprir as leis. Ademais, o seu labor está sometido ao control parlamentario, polo que estes dous poderes (o executivo e o lexislativo) se limitan e se controlan mutuamente. • O poder xudicial, que debe de ser completamente independente dos dous anteriores, vela na práctica polo cumprimento das leis, sancionando os que as incumpren. Esta tarefa realízana a fiscalía e a xudicatura. Como as leis tamén se aplican a representantes políticos, o poder xudicial garante que ninguén estea por enriba da lei. O traballo destes tres poderes de xeito independente fai que poidan controlarse entre si, evitando a posibilidade da imposición dun poder absoluto que resulte tiránico. Ademais, os membros de todas estas institucións renóvanse periodicamente, polo que unha democracia sa sempre ten a posibilidade de corrixir os seus erros.

SABÍAS QUE...

A Lei de memoria democrática No noso sistema político, o Goberno propón leis que logo se debaten no Parlamento. No verán do ano 2021, o Goberno decidiu propoñer unha Lei de memoria democrática dedicada «ao protagonismo e á reparación integral das vítimas da Guerra Civil e da Ditadura, así como ás políticas de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición». Con ela pretendía «pechar unha débeda da democracia española co seu pasado e fomentar un discurso común baseado na defensa da paz, no pluralismo e [...] nos dereitos humanos e nas liberdades constitucionais». Imaxinade que ides debater sobre esta cuestión e que tedes que buscar argumentos tanto a favor coma en contra, así como rebater as posibles respostas que dará a outra parte. Valorade aspectos como os seguintes:

1 Cales foron as causas da Guerra Civil e que sucedeu antes, durante e despois deste enfrontamento armado?

2 Pódese reparar o dano ás vítimas da Guerra Civil e da ditadura? Quen debería facelo?

3 Por que se di que a democracia española ten unha débeda co seu pasado se se refire a vítimas doutro réxime político?

ACTIVIDADES

1 Por que se considera que a democracia comezou

4 Explica a diferenza entre a democracia directa e

nalgunhas cidades-estado da antiga Grecia? En que se diferenciaba esta forma de goberno dos estados aristocráticos ou monárquicos da mesma época?

a democracia indirecta. Debatede sobre se grazas aos avances nas tecnoloxías da información e da comunicación sería posible implantar unha democracia directa na sociedade actual.

2 Cales eran as limitacións da democracia na Grecia

5 En grupos, elaborade un «programa de goberno»

clásica que nos impiden equiparala cos réximes democráticos actuais?

para representar a clase no que se recollan as dez medidas que consideredes máis importantes para mellorar o rendemento académico e o ambiente de traballo na aula.

3 Que reivindicacións popularizadas durante a Ilustración, no século xviii, son condicións básicas nas democracias actuais? Que consecuencias políticas trouxeron consigo?

6 Distinguide os tres poderes das democracias occidentais e explicade por que se divide o poder. 51

03_u03_val1_eso_GL.indd 51

23/5/22 13:17


6

6.1. Accións individuais

e colectivas en favor da paz

A paz

A paz é un obxectivo da humanidade; non obstante, a nosa historia está chea de conflitos que, nalgúns casos, desembocaron en guerras terribles. A que se debe isto? Como é que non fomos capaces de calmar a nosa agresividade e de levarnos ben? O certo é que non resulta tan doado manter a paz. Xa vimos que o egoísmo forma parte da nosa natureza e que, ás veces, as persoas desexamos o mesmo e discutimos ou pelexamos.

SABÍAS QUE...

Acollida a persoas refuxiadas Un grave problema actual é conseguir acoller adecuadamente as persoas que foxen dos seus países de orixe a causa da persecución política ou de conflitos armados, que nalgunhas situacións provocan un éxodo masivo cara aos países máis desenvolvidos do mundo, especialmente aos de Europa occidental. Porcentaxe da cidadanía a favor de acoller persoas refuxiadas % (Unidades)

Se adoptamos unha actitude pasiva nos conflitos, deixaremos que as persoas máis ambiciosas se aproveiten das demais. Por esta razón, a convivencia pacífica é un obxectivo que esixe que actuemos tanto individual coma colectivamente. Nese sentido, a resposta debe ser asertiva, mantendo con firmeza aqueles principios que nos unen arredor dos dereitos humanos. O primeiro «Considerando» da Declaración Universal dos Dereitos Humanos di así: «O recoñecemento da dignidade intrínseca e dos dereitos universais e inalienables de todos os membros da familia humana é o fundamento da liberdade, da xustiza e da paz no mundo». Exemplos desta actitude moral témolos na vida e na acción de grandes mulleres e homes como Mahatma Gandhi, Nelson Mandela, Jane Adams ou Rigoberta Menchú.

100 90

6.2. A paz, a seguridade

80

e a cooperación internacionais

70 60

Durante a primeira metade do século xx, no mundo producíronse dúas guerras mundiais que causaron tanto dano que a comunidade internacional se viu na necesidade de buscar mecanismos para evitar que se repetiran conflitos similares.

50 40 30 20 10 0

Suecia

Países Baixos

España

Chile

Reino Unido

Fonte: Ipsos.

1 Segundo a información da ONU, diminuíron os conflitos armados no planeta; non obstante, creceu o número de persoas refuxiadas. A que credes que se debe este aumento?

2 Segundo o gráfico, en España, a maior parte da poboación está a favor de acoller as persoas refuxiadas. Ti que pensas? Argumenta a túa opinión.

Con este obxectivo creáronse organismos internacionais como o Consello de Seguridade da ONU, encargado de manter a paz e a seguridade internacionais. Está formado por cinco membros permanentes e outros dez que van cambiando. Os membros permanentes son: China, Estados Unidos, Francia, Rusia e Reino Unido. A ONU conta con «cascos azuis», un corpo de mediación militar creado polas Nacións Unidas para intervir nos conflitos que se orixinen en calquera parte do mundo mantendo a neutralidade política. Aínda que se trate dun exército, a misión desta forza armada non é combater, senón evitar os conflitos e manter a paz, protexer a poboación civil e evitar mortes. Cento dez países contribúen a este corpo militar achegando persoal dos seus exércitos para manter a seguridade internacional. Entre as súas misións fundamentais destacan: vixiar as fronteiras, supervisar acordos de paz e procurar a seguridade e a protección da poboación civil.

52

03_u03_val1_eso_GL.indd 52

23/5/22 13:17


U 3 Ademais da ONU, existe unha multitude de organizacións cuxo obxectivo principal é a cooperación internacional en distintos aspectos. Mesmo as grandes alianzas militares están máis preocupadas por evitar que xurdan conflitos que por participar neles. As forzas armadas da maioría dos países occidentais transformaron a súa estrutura e o seu funcionamento para coordinarse e para participar en misións humanitarias co fin de manter a paz en todo o mundo.

6.3. O papel das ONG e ONGD Unha ONG é unha organización independente, sen ánimo de lucro, que non pertence ao sector público nin ao privado. Son organizacións que se sitúan no que coñecemos como «terceiro sector».

SABÍAS QUE...

Unidade Militar de Emerxencias En España creouse no ano 2005 a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que ten como misión a intervención en calquera lugar do país e no exterior para contribuír á seguridade e ao benestar das persoas nos supostos de grave risco, de catástrofe, de calamidade ou no caso doutras necesidades públicas.

As súas áreas de actuación son moi diversas: medio, dereitos humanos, xénero, atender as persoas excluídas, axuda humanitaria, educación ou infancia, entre outras moitas. As ONG atenden a necesidades básicas das poboacións do mundo en vías de desenvolvemento, como a subministración de auga potable, o cultivo de alimentos, a construción de vivendas, etc. Outras asisten a persoas necesitadas e organizan atención sanitaria, así como ocuparse dos que buscan refuxio, de mulleres desprotexidas, etc. Tamén hai moitas ONG que se centran nas necesidades da poboación local. Recentemente, ademais destas organizacións, diferenciáronse al­gun­has que teñen un carácter especial, pois ocúpanse de fomentar o desenvolvemento local; por iso, distínguense como ONGD. Estas organizacións favorecen un desenvolvemento económico, social e cultural que respecte o planeta e que garanta que as persoas teñan os mesmos dereitos, independentemente do seu xénero, da súa identidade sexual, da súa etnia, da súa idade ou do lugar no que nazan ou no que vivan. Estas ONG procuran que o protagonismo o asuman aqueles grupos humanos aos que van afectar as medidas, evitando, dese modo, unha actitude condescendente.

1 Descubride

en que situacións de emerxencia interveu a Unidade Militar de Emerxencias nos últimos anos e expoñede cal foi o seu papel.

ACTIVIDADES

1

Rastreador de problemas. Pensade nun problema que estea ocorrendo na vosa localidade ou nos seus arredores e que considerades que podería resolverse. Propoñede as medidas que considerades que sería necesario adoptar para solucionalo.

2 Investigade sobre algunha ONG que actúe no voso medio e invitade representantes desta organización para que vos expliquen como actúan.

3 Don Quixote e Sancho Panza representan a contraposición entre idealismo e realismo. Como credes que verían os problemas mundiais actuais? Debemos combinar ambas as dúas actitudes ou elixir unha? 53

03_u03_val1_eso_GL.indd 53

23/5/22 13:17


COMPRENDE Noutras palabras 1 Lede o preámbulo da Constitución española, buscade o significado dos termos que non entendades e explicade coas vosas palabras que significa. «A Nación española, desexando establecer a xustiza, a liberdade e a seguridade e promover o ben de cantos a integran, no uso da súa soberanía, proclama a súa vontade de: Garantir a convivencia democrática dentro da Constitución e das leis conforme a unha orde económica e social xusta. Consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresión da vontade popular. Protexer a todos os españois e pobos de España no exercicio dos dereitos humanos, das súas culturas e tradicións, linguas e institucións. Promover o progreso da cultura e da economía para asegurarlles a todos unha digna calidade de vida. Establecer unha sociedade democrática avanzada, e colaborar no fortalecemento dunhas relacións pacíficas e de eficaz cooperación entre todos os pobos da Terra».

2 Lede o seguinte fragmento do Diario de sesións das Cortes Constituíntes do 1 de outubro de 1931 e respondede coa vosa opinión. «O Sr. PRESIDENTE: Entón pregaríalle que esperase a que a Srta. Kent explicase o seu voto. Señorita Kent, se quere explicar o seu voto pode facelo neste momento.

3 Le, agora, a resposta de Clara Campoamor á intervención de Victoria Kent sobre o dereito ao voto da muller, enumera os seus argumentos e explícaos coas túas palabras. «A Srta. CAMPOAMOR: Sres. deputados, lonxe eu de censurar nin de atacar as manifestacións da miña colega, Srta. Kent; comprendo, pola contra, a tortura do seu espírito ao verse hoxe no transo de negar a capacidade inicial da muller. (Rumores.) […] Respecto á serie de afirmacións que se fixeron esta tarde contra o voto da muller, hei de dicir, con toda a cordialidade necesaria, con toda a consideración necesaria, que non están apoiadas na realidade. […] Ademais, ao falar das mulleres obreiras e universitarias, vanse ignorar todas as que non pertencen a unha clase nin á outra? […] Non pagan os impostos para soster o Estado na mesma forma ca as outras e que os homes? Non reflúe sobre elas toda a consecuencia da lexislación que se elabora aquí para os dous sexos, pero soamente dirixida e matizada por un? [...] Non; tedes o dereito que vos deu a lei, a lei que fixestes vós, pero non tedes o dereito natural, o dereito fundamental, que se basea no respecto a todo ser humano, e o que facedes é deter un Poder; deixade que a muller se manifeste e veredes como ese poder non o podedes seguir detendo. [...] é un problema de ética, de pura ética recoñecer a muller, ser humano, todos os seus dereitos. […] A muller, hoxe en día, é menos analfabeta ca o home. Non é, pois, desde o punto de vista da ignorancia desde o que se lle pode negar á muller entrada na obtención dese dereito. (Moi ben.)».

A Srta. KENT: Señores deputados, pídolle neste momento á Cámara atención respectuosa para o problema que aquí se debate, porque considero que non é problema nimio, nin problema que debemos pasar por riba; discútese, neste momento, o voto feminino e é significativo que unha muller coma min, que non fago máis que renderlle un culto fervoroso ao traballo, se erga na tarde de hoxe a dicirlle á Cámara, sinxelamente, que creo que o voto feminino debe aprazarse. (Moi ben. - Aplausos.) […] Se as mulleres españolas fosen todas obreiras, se as mulleres españolas atravesasen xa un período universitario e estivesen liberadas na súa conciencia, eu ergueríame hoxe fronte a toda a Cámara para pedir o voto feminino. (Moi ben. - Aplausos.) Pero arestora eu érgome xustamente para dicir o contrario e dicilo con toda a valentía do meu espírito [...]».

Victoria

Kent

mor

ampoa

Clara C

54

03_u03_val1_eso_GL.indd 54

23/5/22 13:17


U3

Cal é o papel da xuventude na democracia? A xuventude forma parte da poboación española e tamén ten a obriga de cumprir as leis; non obstante, non se permite votar ata os dezaoito anos. Naturalmente, hai argumentos a favor e en contra desa limitación dos dereitos políticos. Valorade que tedes que achegarlle á sociedade e de que outras maneiras poderiades contribuír. É xusto obrigar a cumprir as leis os que non toman decisións sobre elas? Aplícase ese argumento tamén a outras persoas? Escóitanse igual os que poden votar e os que non poden exercer ese dereito? É posible que se estea descoidando a xuventude porque non vota? Pensade, buscade información, elixide unha postura e debatede sobre estas cuestións. Propoñémosvos un exemplo do tipo de problemas que se poden considerar: imaxinade que nunha vila vivisen catro persoas anciás e unha parella con tres menores de idade. Supoñede que houbese que decidir se se instalan no parque uns bancos para sentarse ou uns bambáns. Podería resolverse mediante unha votación? Quen tería dereito a votar? Que pensades que sucedería? Parécevos xusto? Ocórrensevos alternativas para resolver situacións similares? Para levar a cabo o debate, tede en conta as seguintes propostas:

1 Acordade as normas do debate, cos tempos de in-

Avaliación

1 Explica como se caracterizan as sociedades humanas.

2 Que é un grupo de pertenza e que riscos leva consigo?

3 Por que a argumentación debe ter normas e cales son fundamentais?

4 Sinala as diferenzas entre a cidadanía e a servidume.

5 Define «códigos deontolóxicos», «ética aplicada», «soberanía» e «Estado de dereito».

6 Enumera catro tipos de réximes políticos e explica en que consisten.

7 Cales son os poderes que se distinguen na democracia?

8 Por que non podemos esperar conseguir a paz cunha actitude pasiva?

9 Que é unha ONGD? 10 Estades de acordo coas razóns que propón o personaxe que fala neste fragmento sobre a igualdade? Segundo di, somos iguais ou non somos iguais? Argumentade a vosa opinión sobre a igualdade dos seres humanos.

tervención e sobre o modo de realizalo.

2 Elixide os que se encargarán das seguintes funcións: moderar, expoñer as posturas, rebater as opinións contrarias, contestar e concluír.

3 Formade equipos. 4 Tras o debate, avaliaremos o traballo realizado, tanto individualmente coma en grupo.

«—Unha cousa máis, cabaleiros, antes de que remate. Thomas Jefferson dixo unha vez que todos os homes son creados iguais [...]. Neste ano de graza de 1935, certas persoas tenden a utilizar esa frase nun sentido literal, aplicándoa a todas as situacións. [...] Sabemos que non todos os homes son creados iguais no sentido que algunhas persoas quererían facernos crer: uns son máis listos ca outros, uns teñen maiores oportunidades porque lles veñen de nacemento, uns homes gañan máis diñeiro ca outros, unhas mulleres guisan mellor ca outras, algunhas persoas nacen moito mellor dotadas ca o termo medio dos seres humanos. Pero hai unha cousa neste país ante a cal todos os homes son creados iguais; hai unha institución humana que fai a un pobre o igual dun Rockefeller, a un estúpido o igual dun Einstein, e o home ignorante o igual dun director de colexio. Esta institución, cabaleiros, é un tribunal». Harper Lee: Matar un reiseñor.

55

03_u03_val1_eso_GL.indd 55

23/5/22 13:17



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.