10 minute read

O Paleolítico: sociedades de cazadores e colleiteiros

A etapa inicial e a máis extensa de toda a prehistoria recibe o nome de Paleolítico ou Idade da Pedra Antiga. Neste período inclúense moitos dos complexos procesos de especiación que se produciron dentro da rama evolutiva dos homínidos (da que xurdiron os xéneros bípedes Australopithecus, Paranthropus e Homo), aparecida en África oriental hai entre sete e cinco millóns de anos. En chan africano é onde se documentan as primeiras especies fósiles que están incluídas dentro do xénero humano e a elaboración das primeiras ferramentas de pedra (hai 2 600 000 anos). Deste continente partiron as primeiras migracións dos nosos conxéneres fósiles cara a distintas rexións de Eurasia (a partir de hai 1 800 000 anos). E foi alí onde se xestou a nosa propia especie, Homo sapiens, hai uns 200 000 anos.

1.1. A Idade do Xeo e as súas consecuencias O Paleolítico coincide coa época xeolóxica do Plistoceno (desde 1 800 000 anos ata 12 000), caracterizada pola intensificación dos fenómenos ambientais propios da Idade do Xeo. En Europa e noutras rexións do hemis- ferio norte, o réxime climático caracterizouse pola constante sucesión de fases frías e cálidas.

Durante os períodos glaciares as temperaturas medias do planeta experimentaron un acusado descenso e formáronse extensas masas de xeo. Ademais, os niveis do mar descenderon abruptamente, abrindo pontes terrestres insospeitadas hoxe en día. Estes cambios ambientais influíron de forma radical na distribución da fauna, co predominio de especies adaptadas ao frío, como o mamut, o rinoceronte laúdo, o bisonte ou o reno; e a flora, coa extensión das paisaxes esteparias.

Durante os períodos interglaciares as condicións ambientais tenderon a ser moito máis benignas, pois as masas de xeo diminuíron sensiblemente, predominando os ecosistemas forestais con faunas cálidas.

1.2. A economía depredadora e o nomadismo

Os grupos paleolíticos practicaban unha economía depredadora, dedicada á caza e á busca de prea, a recolección de froitos, raíces e plantas ou, máis adiante, a pesca e o marisqueo. A súa adaptación á Idade do Xeo

Evolutivo Dos Hom Nidos

Millóns de anos

Homo antecessor Homo rudolfensis

Homo neanderthalensis

Homo sapiens

Homo heidelbergensis

Homo ergaster

Homo habilis

Homo erectus

Paranthropus boisei

Xénero Homo

Caracterízanse por seren bípedes e por teren pés non prénsiles coas dedas aliñadas. Ademais, tiñan unha verticalización completa do cranio e era máis grande. Distínguense pola súa capacidade de crear ferramentas, a linguaxe e as primeiras mostras de arte

Australopithecus africanus

?

? ?

Australopithecus garhi

Paranthropus robustus

Kenyanthropus platyops

Ardipithecus ramidus

Ardipithecus kadabba

?

? ?

Orrorin tugenensis ?

Paranthropus aethiopicus

Australopithecus afarensis

Australopithecus anamensis

Xénero Australopithecus

Eran claramente bípedes. Nalgunhas especies existía un gran dimor smo sexual, pois os machos podían chegar a ser ata un 50 % máis grandes que as femias.

Xénero Ardipithecus

Tiveron o mesmo tamaño que os chimpancés actuais, pero as dedas dos pés e a estrutura pélvica indican que ás veces camiñaban ergueitos.

Sahelanthrupus tchadensis

A liña cronolóxica situada á esquerda indica o momento en que xurdiu cada unha das especies que mostra o grá co. As interrogantes indican que as relacións de ancestro-descendente non están totalmente veri cadas.

Máis información na web recursos de anayaeducacion.es sociedades de cazadores e colleiteiros

Calidade de vida no Paleolítico inferior

«Malia que, polo xeral, os individuos da Sima dos Ósos presentan unha saúde razoablemente boa e unha calidade alimenticia suficiente, as feridas e enfermidades que se recoñeceron nesta poboación dan conta da dureza da vida destes veteranos europeos: infeccións dentais moi severas, violentos traumatismos en ósos e dentes ou minusvalías auditivas deixaron as súas marcas en moitos fósiles.

O caso do individuo ao que pertencía a pelve (...) é particularmente interesante. Trátase dun ancián de avanzada idade (sobre uns 45 anos) que, non obstante, sobrevivira durante certo tempo con graves deformacións na súa columna vertebral (...). e á acusada estacionalidade de Europa esixía unha gran dependencia da carne animal, dado que era o recurso alimenticio máis estable. Por esta razón eran nómades, cuxa permanencia nun mesmo sitio dependía da dispoñibilidade estacional dos recursos locais. Conformaban grupos pequenos e relativamente illados, sociedades igualitarias, cohesionadas, sen signos aparentes de división das súas actividades económicas en función do sexo ou a idade (salvo, quizais, desde o Paleolítico Superior) e, polo xeral, pouco innovadoras culturalmente.

A dura vida nómade dos cazadores e colleiteiros prehistóricos (...) faría necesario que un individuo con semellantes limitacións físicas recibise o apoio da súa comunidade para sobrevivir».

1.3. O Paleolítico inferior: primeiros poboadores

No marco das temperás migracións fóra de África, os primeiros humanos chegaron a Europa hai 1 200 000 anos. As evidencias máis antigas desa expansión sitúanse na Península Ibérica, na Sima do Elefante (Serra de Atapuerca, Burgos) e a rexión de Orce (Granada).

En Gran Dolina (Atapuerca), identificouse un nivel arqueolóxico moi rico datado hai uns 900 000 anos. Alí, xunto a ferramentas de pedra, principalmente cantos tallados e lascas con fíos cortantes, e ósos de distintas especies animais, rexistrouse unha significativa colección de restos adscritos á especie Homo antecessor. Estes humanos, que puideron estenderse tamén por outras rexións europeas, foron protagonistas dun dos episodios migratorios iniciais, probablemente falidos.

1.3.1. A expansión inicial por Europa

Froito dunha segunda vaga migratoria procedente de África, a especie Homo heidelbergensis expandiuse por Europa a partir de hai 600 000 anos. Os seus fósiles atópanse por todo o continente, aínda que o xacemento máis importante para o seu estudo é a Sima dos Ósos (Serra de Atapuerca). Nesta cavidade recuperouse unha acumulación de restos óseos pertencente a vinte e oito persoas e datada hai uns 400 000 anos.

Os grupos heidelbergensis chegaron a Europa levando consigo unha innovación técnica inventada tempo atrás polos seus antecesores africanos, o complexo acheulense, caracterizado pola elaboración de utensilios en pedra de grandes dimensións con formas moi definidas, tales como picos triédricos, fendedores e bifaces. Estes artefactos, xunto a outras ferramentas cortantes de pequenas dimensións, servían en múltiples tarefas, incluídas actividades de carnicería ou o traballo da madeira. A produción sistemática de bifaces, que en moitas ocasións presentan unha factura elaborada, denota habilidades cognitivas avanzadas.

1.3.2. O complexo acheulense na Península

A maior parte dos xacementos arqueolóxicos acheulenses sitúanse ao aire libre, en vales fluviais e ámbitos lacustres. Os vestixios deste período son moi abundantes nas terrazas dos principais ríos e os seus afluentes, como nas concas dos ríos Douro, Texo ou Guadalquivir, dado que eran entón as principais vías de comunicación na Península. A maioría destas eviden cias poden datarse entre hai 350 000 e 200 000 anos. Algúns sitios singu lares son Torralba e Ambrona (Soria) ou Áridos de Jarama (Madrid). Estes humanos eran bos cazadores e non eludían a confrontación directa coas súas presas.

Chegaron ata nós algunhas lanzas de madeira de grandes dimensións que servían para a caza de elefantes, cervos ou cabalos. Aínda que coñecemos moi poucas estruturas de habitación correspondentes a esta etapa, algunhas están asociadas a fogares que apuntan cara ao coñecemento das técnicas de conservación e produción do lume.

1.4. O Paleolítico medio: os neandertais

Hai uns 200 000 anos, grazas a un proceso de illamento na Europa da Idade do Xeo, as poboacións locais derivaron en Homo neanderthalensis. Esta é a primeira especie humana fósil identificada nos albores da ciencia prehistórica, no século xix

Os neandertais son un exemplo excepcional de adaptación ás condicións ambientais deste período. Cun corpo robusto, estatura media, extremidades curtas e un cerebro maior que o noso, ocuparon un amplísimo territorio que vai desde o seu berce europeo, pasando polo Próximo Oriente e Asia Central, ata Siberia.

Na cova de El Sidrón (Asturias) descubríronse os restos de ata trece persoas pertencentes a un mesmo grupo, cunha antigüidade de 49 000 anos. Os estudos xenéticos levados a cabo con restos de ADN conservados nestes fósiles permitiron identificar xenes relacionados coa pigmentación da pel (algúns neandertais eran roxos) ou a capacidade da linguaxe.

1.4.1. O complexo musteriense: unha técnica innovadora

Os neandertais dispoñían de notables habilidades tecnolóxicas. Dentro do Paleolítico medio (200 000-40 000 anos), desenvolveron o complexo arqueolóxico coñecido como musteriense, caracterizado pola produción dun diverso instrumental lítico a partir de lascas retocadas pequenas e medianas. Entre estes artefactos destacan as puntas, con mangos de hastís, de madeira para servir como armas arreboladizas e as raspadeiras. Para producir algunhas destas pezas, desenvolveron unha complexa técnica de talla denominado levallois. A súa artesanía da madeira, a pel, o óso ou as fibras vexetais, era sinxela.

Eran grandes cazadores que levaban a cabo estratexias cinexéticas organizadas. Moi comunmente resgardábanse en covas e abrigos, pero tamén chegaron ata nós algunhas construcións ou cabanas sinxelas que eran ocupadas brevemente. En Vilas Ruivas (Portugal) identificouse unha sinxela estrutura que, a xeito de paraventos, puido servir como un improvisado alto de caza, hai 60 000 anos. No Abric Romaní (Barcelona) é posible observar como compartimentaban as súas actividades cotiás arredor de fogueiras.

A sociedade neandertal e o seu mundo simbólico

A sociedade neandertal era cooperativa, coidaba dos individuos dependentes e estruturábase en grupos pequenos e illados. Atopáronse evidencias do seu sentido estético e comportamento simbólico, a través de ornamentos persoais, como contas de colar de cunchas ou dentes perforados e plumas ou poutas de rapaces; a utilización de pigmentos naturais, como o ocre; notacións incisas nalgúns ósos e, quizais, manifestacións de arte parietal. Unha mostra do seu sentido simbólico é o feito de que enterraban os seus mortos, polo menos desde hai 100 000 anos. Consérvanse sepulturas de mulleres e homes de todas as idades, incluíndo acabados de nacer e anciáns, aínda que non parece que acompañasen os defuntos con ofrendas rituais.

Despois de sobrevivir na Euro pa do xeo durante moitos mile nios, os neandertais extinguíronse paulatinamente nas distintas rexións do continente. Os seus últimos vestixios poden atoparse na Península Ibérica, arredor de hai uns 30 000 anos. Descoñécense as razóns da súa desaparición, aínda que a súa limitada poboación, decimada constantemente en función dos ciclos climáticos e, quizais, a chegada de Homo sapiens a Europa puideron influír fatalmente no delicado equilibrio da súa supervivencia.

Lasca de cuarcita, instrumento lítico musteriense tallado coa técnica levallois.

A reconstrución do xenoma neandertal puxo de manifesto que os humanos modernos non africanos compartimos entre 1 % e 4 % de xenes neandertais, o que permite supoñer certo proceso de hibridación entre ambas as dúas especies, probablemente producido no Próximo Oriente.

1.5. O Paleolítico superior: os humanos modernos

O Homo sapiens, xurdiu en África, case ao mesmo tempo que os neandertais en Europa, e iniciou unha espectacular expansión hai uns 70 000 anos, que o levou a conquistar todos os continentes e rexións da Terra. No seu proceso de colonización global, chegou a Europa hai uns 45 000 anos. Durante un período de tempo, estes novos visitantes puideron compartir o territorio cos últimos neandertais.

A complexidade de Homo sapiens vincúlase ao chamado comportamento humano moderno, caracterizado pola súa flexibilidade, adaptación e polo importante papel que xogan os aspectos simbólicos na esfera social e cultural. Estes trazos obsérvanse con claridade nos distintos complexos tecnolóxicos englobados dentro do Paleolítico superior que, desde o máis antigo ao máis recente (entre hai 40 000 e 12 000 anos), se denominan auriñaciano, gravetiano, solutreano e madaleniano.

1.5.1. Complexidade técnica e diversificación económica

Os xacementos destes períodos son abundantes na Península, aínda que se concentran nas rexións cantábrica, levantina e o foco atlántico portugués. Dentro da súa diversidade, estes complexos arqueolóxicos comparten avances técnicos tales como a tendencia á produción de artefactos de pedra cada vez máis pequenos, un fenómeno coñecido como leptolitización; a proliferación e perfeccionamento dun armamento composto moi especializado con elementos recambiables ou desmontables, que serve para mellorar as técnicas ofensivas. Os propulsores son un bo exemplo deste tipo de armas, aínda que é probable que o arco e a frecha fosen tamén unha invención do Paleolítico superior. Agora prolifera unha gran variedade de artefactos en óso e hasta, como puntas ou azagaias, agullas e arpóns. A elaboración de vestimentas e toucados faise máis complexa.

Xunto á caza selectiva, iníciase unha clara diversificación da subsistencia, coa incorporación de recursos litorais (moluscos) ou fluviais (pesca de salmóns) á dieta. Os humanos do Paleolítico superior dispoñían de asentamentos estacionais especializados, tanto en covas e abrigos como ao aire libre. Coñécense estruturas de habitación, tales como tendas con armazóns de madeira cubertas con peles ou estruturas circulares con armazóns óseas, que conteñen fogares.

1.5.2. Nacemento da arte e do simbolismo

Xorde unha abundante arte moble en materiais moi diversos (óso, hasta, marfil, pedra ou arxila cocida). Son célebres as figuriñas animais, como as aruiñanciano; figuras humanas, como as venus gravetianas; as plaquetas gravadas, como as da Cova del Parpalló en Valencia; a decoración gravada con motivos animais e xeométricos en propulsores, bastóns, varas; e os elementos ornamentais, como botóns ou colgantes. Aínda que tamén son comúns motivos antropomorfos, normalmente relacionados con aspectos da sexualidade, e ideomorfos ou signos abstractos. As representacións de animais, preferentemente de cabalos e bisontes, nas paredes das covas alcanzan unha mestría sobresaínte.

Propuxéronse distintas explicacións sobre as causas destas manifestacións artísticas primitivas, tales como unha forma simbólica ou máxica de propiciar a reprodución e a abundancia da caza, como unha representación do diálogo entre as forzas femininas e masculinas dominantes na natureza ou, finalmente, como elementos vinculados a prácticas e rituais xamánicos.

Na Península son moi abundantes as estacións de arte parietal, particularmente na rexión cantábrica: a Cova de

Propulsor do cervato con paxaros. Tallado en hasta de reno e atopado na cova de Mas D'Azil (Ariege, Francia). Período madaleniano medio. O propulsor supuxo un notable avance na actividade cazadora do Paleolítico Superior. Permitía lanzar elementos punzantes, de madeira ou óso, a unha gran distancia con forza e precisión.

Altamira, pintada durante o período madaleniano, supón un dos exemplos máis sobresaíntes do realismo alcanzado por estes artistas. Aínda que non son moi comúns, algunhas manifestacións de arte rupestre sitúanse ao aire libre, como mostran as estacións de Foz Côa (Portugal) e Siega Verde (Salamanca). Durante este período existen moitos exemplos de enterramentos individuais acompañados de ricos enxovais, como atavíos, obxectos de uso cotián e adorno persoal, arte moble e restos de ocre, que sinalan tanto o reforzo das identidades individuais coma o papel concedido ás crenzas no mundo de ultratumba.

1.6. Os últimos depredadores do Plistoceno

Entre o final da Idade do Xeo e a época xeolóxica cálida actual, o Holoceno, os grupos de cazadores e colleiteiros tiveron que adaptarse aos cambios ecolóxicos e ambientais que se ían sucedendo: a retirada das masas de xeo cara aos polos; a suba do nivel do mar; a extensión de lagos e pantanos, a extinción de especies animais adaptadas ao frío, como o mamut e o rinoceronte laúdo; a expansión dos ecosistemas forestais e das especies afíns (cervo, corzo e xabaril). Os grupos humanos que, a partir de hai 11 000 anos, manteñen os modos de vida e a cultura propia do final do Paleolítico sitúanse dentro do período de transición ou Epipaleolítico. As comunidades do Holoceno que se atopan nun proceso de transición cara á produción de alimentos sitúanse dentro do período coñecido como Mesolítico.

Tecnicamente, o proceso de miniaturización dos artefactos líticos continuou. Producíanse micrólitos con formas xeométricas, impulsados polo desenvolvemento de armamentos compostos moi especializados. Xunto a unha caza moi selectiva, intensificáronse as actividades pesqueiras en lagos e ríos, e en mar aberto, o que está testemuñado pola incorporación de redes, nasas, piraguas e remos. Tamén recollían moluscos, cuxos restos se acumulaban en recolledores de lixo denominados concheiros.

This article is from: