Revista de Novedades Grupo Anaya 2015

Page 94

92

xerais

nov-dec

UNHA EXCEPCIONAL NOVELA NEGRA NA QUE SE REFLEXIONA SOBRE OS LÍMITES DO XÉNERO E DA SÚA MODERNIZACIÓN RADICAL

*HYYEZJ|149462]

12 nov

Diego Ameixeiras

A noite enriba NARRATIVA

14,50 x 22,00 cm 152 páxinas Rústica ISBN 978-84-9914-936-3 Código 1331382

€ 16,65 EBOOK 978-84-9914-948-6

Un escritor obsesionado con David Goodis, un dos grandes narradores esquecidos da época dourada do xénero negro nos EEUU, emprende a súa obra máis ambiciosa: a redacción dunha biografía novelada do autor norteamericano, reivindicado durante décadas polos filósofos existencialistas franceses. O apoio e os consellos do seu editor e de Vicente Malone, un vello mestre da literatura popular, outórganlle os azos suficientes para acometer un proxecto no que debe concentrar toda a súa potencia creativa, mais axiña comezan a xurdir as dificultades. Construída a través de múltiples elipses e saltos no tempo, A noite enriba preséntase como unha novela ateigada de homenaxes literarias que reflexiona sobre a propia actividade do escritor. Transita tamén, da man de policías corruptos ou traficantes de droga, por un orixinal itinerario narrativo que levará das rúas de Ourense á Filadelfia natal de David Goodis, cidade na que o atormentado protagonista desta historia tentará rematar a súa obra definitiva.

Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976). Xornalista, escritor e guionista. Cultivador do xénero negro, publicou as novelas Baixo mínimos (Xerais, 2004); O ciudadán do mes (Xerais, 2006); Tres segundos de memoria, Premio Xerais de Novela (2006); Dime algo sucio (Xerais, 2009), Premio Especial de Dirección da Semana Negra de Xixón; Asasinato no Consello Nacional (Xerais, 2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; Historias de Oregón (2011), Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia; Todo OK (Xerais, 2012); Matarte lentamente (Xerais, 2013); Conduce rápido (Xerais, 2014), Premio Losada Diéguez de Creación literaria 2015, e A noite enriba (Xerais 2015). Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, alemán e italiano.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.