
4 minute read
Raúl Gil Burés
from REVISTA GALEOSKA Nº2
by galeoska
Fai un ano, tiven o pracer de coñecer a Raúl Gil Burés, este rianxeiro que se non o coñeces, pasa desapercibido polo seu xeito de ser, pola súa humildade... pero en canto o ves coas súas ferramentas de traballo (lápiz, carboncillo, espátula, pincel...), é cando descubres a este gran mestre.
Berta Lima Milla: Cando surxiu a túa paixón pola pintura?
Advertisement
Raúl Gil Burés: Non teño conciencia de que eso fose nun momento concreto. Teño recordos de ser moi pequeno e estar cun boli na man debuxando nos brazos e espalda de meu pai. Esto era unha cousa que facía moi a miúdo. Naqueles anos non había material coma agora para debuxar. Despois, con pedaciños de tellas, enchía o patio da casa de garabatos. pasaba tardes enteiras a facer raias naquel cemento. Cando aparecían cartóns blancos tamén os aproveitaba (ter unha simple libreta era un luxo; os blocs de debuxo eran para a escola). Empezoume a interesar a figura humana cando tiña uns oito anos. Recordo que facía moitos esqueletos (enchía as libretas da escola). Dunha vez fixen unha procesión mortuoria de esqueletos que levaban un féretro polo monte arriba, a maestra estaba un pouco preocupada comigo pola proliferación destas escenas, pero nesa ocasión chamou a meus pais porque lle puxen o nombre dela na caixa que levaban a hombros e creo que me tiña algo de medo por agoreiro pero non había máis ca un interés pola ciencia. Co paso do tempo, fíxenme "merecedor" de facer tódolos traballos pictóricos na escola (decorar o encerado por nadal, carteis para todo tipo de cousas...etc). Cando estaba no instituto convenceume un profesor para que fixese Bellas Artes..

Berta: Onde fixéchela carreira?
Raúl: Empecei Bellas Artes na Universidad Politécnica de Valencia en 1985. Naqueles anos Valencia era un fervellón cultural. O ambiente era moi bonito e respirábase a inquietude artística por todas partes. Era a época do deseño. Todo invitaba a crear. Barcelona 92 estaba a tiro de pedra, A expo de Sevilla tamén. Uns tíos meus foron os propietarios da Cervexería Madrid (Constante Gil era pintor conocido ademais de inventar a Agua de Valencia, unha bebida que axiña se fixo moi popular e fixo que aquel local medrara moitísimo cunha decoración impresionante gracias ós amigos arquitectos de meu tío) que se convertiu nun antro de artistas e literatos dunha cidade inquieta. Alí coñecín a xente de primeira línea na pintura, cine, música e ciencia. As tertulias que había tódolos días eran de un nivel intelectual altísimo. Quedoume o recordo da emoción que envolvía aqueles diálogos onde se detiña o tempo. Eso sempre o botarei en falta.
Berta: Os teus pintores favoritos?
Raúl: Sorolla, Sargent, Bouguereau, Richard Schmid, Zbukvic. etc. de todos se aprende e todos sorprenden.
Berta: Poderíasme facer un percorrido de tódala túa obra?
Raúl: Son unha persona moi inquieta e levo feito de todo; do que máis retratos e paisaxes, pero tamén logotipos, ilustración, debuxo industrial, fotografía, cómic e deseño gráfico.
Berta: Vin que practicas moito a pintura ao "aire libre". Cando empezou a túa afición?....creo que gañaches uns douscentos premios e que este ano non participaches por mor do coronavirus, é así?
Raúl: Empecei na pintura rápida no 2007. No primeiro concurso que participei deime conta que era un campo onde tiña moito que aprender, e moitos maestros ós que mirar. É unha escola de pintura aparte de un modo de vida. Temos a sorte de vivir no país da pintura rápida. Non existe este fenómeno noutro lado. O nivel da pintura ao aire libre é moito máis alto ca en ningún outro país do mundo; non hai comparación. Movémonos por toda España e formamos casi unha gran familia, aparte dos amigos que vas tendo en tódalas cidades. lástima que este ano, por mor do coronavirus, todo esté prácticamente anulado. Unha pena.
Berta: Ademáis, e coma GRAN MESTRE, tamén te adicas ao ensino. Poderíasme decir algo desto?
Raúl: Empecei a dar clases porque estaba collendo unha dinámica nada boa de estar só todo o día no estudio. Gracias a elas coñezo xente marabillosa que teño como amigos e tamén aprendín moito, porque se tes que explicar, veste obrigado a meditar; moitas veces, cousas que non tocarías e que acaban formando un campo enorme cheo de portas que vas abrindo a sitios moi interesantes. ... E claro, desto dou fe porque son alumna de Raúl e podo decirvos tódalas facultades das que goza....Gran pintor, humilde, traballador, cercano, mestre e á vez AMIGO... Así é Raúl.

Texto Berta Lima



