1 minute read

Ana Cancela

Next Article
Castrolara

Castrolara

Ana Cancela é unha pintora nacida en Santiago de Compostela. Reside en Sanxenxo. A súa obra trata da busqueda dunha linguaxe propia dentro da abstracción, a través da exploración da materialidade da pintura, a utilizacion da cor e a ordenación do espacio. A articulación e organización da súa obra está nunha tensión e un caos controlado a través de decisiones tomadas ao azar e outras formalmente, abrindo un camiño entre a abstracción e a representacion. Do efecto asociativo da aplicación de capas de pintura e de cor, sobre un fondo degradado, van surxindo de forma azarosa imaxes de paisaxes escondidos, formas que lembran recordos, arquitecturas imposibles e obxectos escultóricos.

De esta busqueda naceu a serie "Falsos algoritmos". A exposición que lembra como moi especial foi a realizada na Coruña no Museo de Arte Contemporáneo, chamada "From portrait to selfportrait " no ano 2014. Unha exposición colectiva na que participaron moitos artistas galegos. Na actualidade sigue investigado na mesma línea de traballo pero introducindo cambios nos fondos e nas capas, tratando de simplificar as formas e deixándose levar mais polo caos, o azar, a materialidade da pintura e buscando efectos mais simples.

Advertisement

Falsos algoritmos I" Óleo sobre taboa de DM. 190X180

Falsos algoritmos Il. Óleo sobre lenzo. 106X73

This article is from: