
1 minute read
María José Puente
from REVISTA GALEOSKA Nº2
by galeoska
Pronto volverás ao camiño. 31x41 Acuarela sobre papel.
María José Puente Vázquez é unha pintora nacida na Coruña, que reside en Rosadelas, Boiro. A súa pintura é figurativa-realista. Nas súas obras aparece de forma constante a natureza, o mar; que pode ser o tema principal ou o que envolve e move á persoaxe central do cadro. Tamén imparte talleres de pintura, tanto para nenos como para adultos. Tarefa que lle resulta moi gratificante. Mantén a súa actividade artística en constante formación, asistindo a múltiples movementos de enriquecemento artístico.
Advertisement

Ten participado en diversos concursos de pintura ao aire libre, acadando varios premios, así como numerosas exposicións por toda a xeografía galega. Algunhas das máis recentes son as que tiveron lugar en Sanxenxo na Sala Nauta, no Museo de Artes de Ribeira, en Carril na Galería Sergio Ribeiro, ou en Camariñas no Faro Vilán.
María José está a traballar en varias series, unha en acuarela e outra en óleo, as dúas técnicas máis habituais dentro da súa producción artística. A temática da primeira son os camiñantes e os camiños, e a segunda está formada por óleos de pequeno formato que amosan escenas da natureza. Nelas a artista transporta ó observador a lugares, recendos e sensacións. Estes proxectos comezaron no 2019 e vainos intercalando con outros traballos que lle van xurdindo.

Baixamar 80x40 Óleo sobre lenzo.
SANDRA 81x65 Óleo sobre lenzo
