Frasquiño de esencia 2014

Page 10

FRASQUIÑO DE ESENCIA – CEIP Ponte dos Brozos - Arteixo

2013-2014

Dicía Castelao, no Sempre en Galiza, hai xa setenta anos: “Non esquezamos que se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”. E, Manuel María, no seu poema “A fala” de As rúas do vento ceibe, di: O idioma é o tempo, É a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo.

Comparto con Manuel María a convicción de que o idioma é un herdo, e como bos herdeiros debemos coidalo. É fermoso herdar algo , pero xenera responsabilidades. Responsabilidades cos que veñen detrás: cos nosos fillos e fillas, cos nosos alumnos e alumnas, coas familias coas que nos relacionamos a diario.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.