O rio gafos

Page 1

O RĂ?O DOS GAFOS Ainhoa e Gabriel Ameal Villaverde


O río chámase de distintas maneiras segundo os lugares por onde pasa: As súas fontes están no Mato da Xestiña, en Figueirido (concello de Vilaboa). Despois de percorrer máis de 10 km. verte as súas augas na Ría de Pontevedra, á altura das Corbaceiras. O curso principal do río pode cruzarse por medio dun total de 16 pontes. Ademais diso, no barrio de Campolongo, o río flúe a través dun treito de canalización soterrada de 525 metros de lonxitude.

COCHO REGHEIRO DAS VEIGHAS DA PORTA DA ESTACIÓN

TOXAL TOMEZA

Figueirido

Bértola Tomeza e Salcedo

MENEXO ESTACIÓN PALAMIOS DA GOLETA DA TABOADA DOS GAFOS

Núcleo urbán de Pontevedra


O CAUDAL

O aumento e descendo do nivel das súas augas ven marcado polas chuvias variables segundo as estacións do ano. Ademáis hai que considerar o uso que se fai das súas augas para o rego das leiras que se dispoñen nas súas beiras.

O LEITO

Este río discorre case sempre á beira de asentamentos humanos máis ou menos densos; o seu máximo expoñente na cidade de Pontevedra. As súas marxes vense constantemente alteradas por las actividades humanas do territorio: agricultura, obras e infraestructuras entre outras.

A CANALIZACIÓN

No barrio de Campolongo, xa no tramo urbano, o río é canalizado durante uns 525 m. Por riba del, paseos e edificios conforman un polígono urbano moi poboado, froito da expansión urbana que experimentou Pontevedra nos últimos anos.

Como curiosidade é un dos poucos ríos de Galicia que ten un trazado case lineal. De feito, só nos últimos 600 m do seu percorrido ten unha curva para á esquerda que o encamiña xa cara a ría de Pontevedra.


Definición biótopo “o medio físico ocupado por unha comunidade ou poboación determinada de seres vivos”. Partindo desa definición e facendo unha simple análise durante o percorrido do río deu como resultado a seguinte calsificación, atendendo á relación existente entre eses lugares e a presenza humana. Áreas mixtas Representan un 40 % do territorio polo que discorre o río, desde o seu nacemento ata os límites da cidade de Pontevedra. Caracterízanse por un grao medio-baixo de alteración e son zonas onde a actividade principal está vinculada á explotación agroforestal da terra. O río presenta un bo estado de conservación, agás certos puntos negros nos que aínda é posible descubrir vertidos contaminantes ou a destrucción masiva de vexetación.

Áreas naturais Ocupan un 40 % da superficie do río. A vexetación de ribeira chega a ser en certos lugares dunha densidade sorprendente, cómpre destacar a variedade de especies atopadas. Podendo atopar neses bosques, brañas, fragas e soutos.

BIÓTOPOS PRESENTES NO NOSO RÍO

Áreas urbanas ou semiurbanas Representan o 20 %,da superficie total que rodea o río e principalmente atopanse no seu treito final, é dicir, o percorrido de Pontevedra. O río aparece moi alterado xa que recibe numerosas canles de desaugue e sumidoiros que o enturbian.


HISTORIA EN FOTOS 1 9 0 5

2 0 1 3

* A Moureira ata ben entrado o século XX. Nas súas beiras se dispoñian diversos lavadoiros nos que as mulleres acudían a lavar a roupa.


HISTORIA O río aparece nun mapa por primeira vez no 1845, na "Carta xeométrica de Galicia" de Domingo Fontán, aínda que sen ningún tipo de nomenclatura. Pero xa no 1745 o Padre Sarmiento na súa "Viaxe a Galicia"xa fai referencia a él. No 1751 nun estudo de Josefina Fernández podemos afirmar que no seu leito había instalados cinco muíños fariñeiros, un propiedade do mosteiro de Poio e outro de Vicente Conde, ambos sen situar, e os tres restantes en "As Figueiras", nos "Pelambres" (que puidera ser o actual "Pelamios") e no "Puente Nuevo".

O termo "Río de los Gafos" é moi antigo e en galego pode significar sarnoso, leproso, infeccioso en xeral. Xa que consta a existencia en Pontevedra dun hospital de leprosos, unha pequena "vila-hospital". Nos últimos anos da década dos 60 canalizouse e cubriuse o río na zona de Campolongo (actualmente unha alameda).

Naquela época se atopaba onde está a actual Praza de Galicia a estación do ferrocarril e sen edificacións nas súas beiras e preto da súa desembocadura o lavadoiro cos seus tendáis. Ata a avenida Raíña Victoria, había o poboado "Vergel" (hoxe ocupado instituto "Sánchez Cantón"), e tamén o Comedor de Auxilio Social, a Delegación do Ministerio de Obras Públicas, a capela de San Roque e a praza de touros. Limitando co final da "Moureira de abaixo" ou de "San Roque", sobre a desembocadura do río levantábase unha ponte denominada segundo as fontes "Ponte Nova" ou "Ponte Vella" e que xunto coa outra ponte, a do Burgo ou "Ponte da Vila, deu orixe á denominación de "Ad Dúos Pontes" coa que se coñeceu a Pontevedra. Está confirmado o paso dunha calzada romana pola cidade. Entraba polo val do río Gafos e saía pola beira esquerda da marisma do Bao en dirección a Caldas de Reis, despois de cruzar o río Lérez, moi preto de onde se alza a ponte do Burgo.


HISTORIA EN FOTOS 1 9 0 5

2 0 1 3

* Desembocadura do río Gafos


HISTORIA A comezos de século a maioría das casas da cidade non contaba con auga corrente (a primeira que dispuxo dela foi no 1897). A necesidade de roupa nas casas obriga a lavala nos lavadoiros públicos; son moi concorridos en Pontevedra, o do Gafos, e o da Tablada, ambos no curso do río Tomeza (ou río Gafos), xa que estaba prohibido lavar ó longo de todo o curso do Lérez.

Posteriormente a eses lavadoiros ían as mulleres de clase artesá e as lavandeiras que recollían e lavaban roupa da burguesía; polo xeral os luns percorrían as casas para as que traballaban e recollían en grandes cestos a roupa sucia, e con eles na cabeza dirixíanse ó río, onde comezaba o proceso de lavado. Outro núcleo de Pontevedra era o arrabalde marítimo pesqueiro da Moureira. Estendíase ó longo da ribeira esquerda do río Lérez, dende a ponte do Burgo ata a enseada que formaba na súa desembocadura o río dos Gafos. A necesidade dos mariñeiros, de asentarse nas inmediacións do mar (fonte de traballo e riqueza), determinou a súa configuración alongada e costeira e a súa

división en tres tramos: A Moureira de Arriba, a da Barca, e a de Abaixo ou das Corbaceiras. Existiron na idade media outros dous hospitais na Vila: un de lázaros xunto a Nosa Señora do Camiño e outro de gafos xunto á desembocadura do río. Como restos deste último considérase unha edificación, da que sobresae con Patín Gerardo sobre altas pilastras cuadrangulares, inmediata a ribeira do río. A Ponte Nova, sobre o río dos Gafos, comunicaba a vila co porto de Marín. En 1956 procédese a reparala e a dotala de portas (o que pode indicar a existencia dun punto de pagamento para a pasaxe da ponte). Na Moureira, non obstante, o enorme crecemento da poboación mareante obriga a amplia-lo trazado medieval con algunhas rúas novas, como a das Corbaceiras.

As Corbaceiras, coñecida tamén como "A Moureira de Abaixo" ou de "los pescadores" ten hoxe un aspecto totalmente diferente , grandes edificios sustituíron as brancas casas de pescadores.


HISTORIA EN FOTOS 1 9 0 2

2 0 1 3

* Canalizaci贸n del cauce y la construcci贸n de grandes edificios de viviendas junto al margen fluvial.


HISTORIA Xunto co encanto mariñeiro de "As Corbaceiras", tamén cómpre mencionar a prostitución que se exercía con tolerancia neste barrio durante o franquismo.

Alí disputáronse os campionatos de España de aeromodelismo e voo sen motor, e a celebración da primeira "Copa del Jefe del Estado" de Balonmán.

Existia un pazo, propiedade dos Marqueses de Leis (familia moi importante da época) que se estendía ó longo de todo o que hoxe en día é o polígono de Campolongo, bordeando o río dos Gafos.

Foi a mediados dos anos setenta cando se iniciou a expropiación dos terreos que pertencían ó pazo e ós da antiga estación da Praza de Galicia, para comeza-la construción do polígono de Campolongo.

A historia do edificio cambiou e estivo marcada polos eventos deportivos. O pazo foi trasladado pedra a pedra a Madrid, para servir como sede da provincia de Pontevedra. Nos terreos do pazo plantouse un eucaliptal, e construíronse unhas amplas pistas polideportivas, que serviron de lugar de adestramento.

Esta obra incluía, a cubrición do río dos Gafos ó seu paso pola alameda de Campolongo, posteriormente foise urbanizando a zona coa construción da piscina municipal, os colexios, a desaparición do eucaliptal, ata chegar ó seu estado actual.

As instalacións completábanse cunha cancha de baloncesto, unha pista de atletismo e outra de balonmán de terra batida e serviron de escenario a importantes eventos deportivos nos anos cincuenta e sesenta.

Xa nos anos noventa a construción dun tramo do colector de augas residuais que está situado na beira dereita do río dos Gafos.


HISTORIA EN FOTOS 1 9 1 0

2 0 1 3

*Tramo final do Gafos


TO P O N I M I A I Detallase unha serie de toponimia existente no percorrido do rio dos Gafos - A Ansuíña, microtopónimo ribeirán da freguesía de Bértola (Vilaboa). Ponte da Ansuíña, pasadoiro do río dos Gafos - Os Cochos, Fincas dos Cochos; microtopónimos ribeirán da freguesía de Figueirido (Vilaboa). Río do Cocho é unha das denominacións do río dos Gafos.

- As Corvaceiras, microtopónimo ribeirán da freguesía de Santa María (Pontevedra). Nas Corvaceiras, o río dos Gafos desemboca na ría de Pontevedra. - A fonte do Salgueiriño, microtopónimo ribeirán da freguesía de Figueirido (Vilaboa). A Fonte do Salgheiriño, manancial do Mato da Xestiña, localizado no lugar da Boullosa, é o olleiro do río dos Gafos. - Ghorghullón, microtopónimo ribeirán da freguesía da Virxe do Camiño (Pontevedra). Río do Ghorghullón é una das denominacións do río dos Gafos. Pasais do Ghorghullón, pasadoiro sobre o río dos Gafos. - O mato da Xestiña, microtopónimo ribeirán da freguesía de Figueirido (Vilaboa No Mato da Xestiña localízase a fonte do Salgueiriño, nacedoiro do río dos Gafos. - A moureira, microtopónimo ribeirán da freguesía de Santa María (Pontevedra). - A Poza (ou pozo) da Moura, microtopónimo ribeirán da freguesía de Salcedo (Pontevedra).


TO P O N I M I A I I Detallase unha serie de toponimia existente no percorrido do rio dos Gafos -A Ponte do Couto, na toponímia maior, lugar da freguesía de Salcedo (Pontevedra). Ponte de perpiaño de bela feitura (séc. XVI), quizais de orixe medieval, sobre o río dos Gafos: dous vans, bóvedas de medio punto e tallamar central. Probablemente, no antigo, foi vao da vía romana XIX e mais do camiño xacobeo portugués. - (O) Rebón, microtopónimo ribeirán da freguesía de Tomeza (Pontevedra) Ponte (de/do) Rebón, pasadeiro sobre o río dos Gafos. - Tomeza, parroquia do concello de Pontevedra. Río (de) Tomeza, é unha das denominacións do río dos Gafos.

-San Cibrán ou San Sibrán é haxiotopónimo da freguesía de Tomeza. No coto do monte de San Cibrán, érguese unha ermida na honra do santo. - O Toxal, Matos do Toxal, microtopónimos ribeiráns da freguesía de Bértola (Vilaboa). Río do Toxal é unha das denominacións do río dos Gafos. - Muíño do Toxal, na beira esquerda do río dos Gafos: muíño de cubo, unha moa, muros de cachotería e cuberta a unha auga. Pontella do muíño do Toxal, pasadoiro sobre o río dos Gafos.

- Río dos Ghafos. Aínda que, na actualidade, a denominación río dos Ghafos –xunto con río de Tomeza- nomea a corrente fluvial na súa totalidade, no antigo, foi chamadeiro do seu treito final.


PONTES NO RIO As pontes ou pasadoiros do río van crecendo en tamaño e interese arquitectónico, río abaixo. Todas estas construcións teñen, nuns casos, relevancia arquitectónica na súa construción e, noutros, interese patrimonial e histórico-arqueolóxico. -Pontella do muíño do Toxal (Vilaboa): Construción de pedra dunha soa peza de algo máis de tres metros, con estribos ben asentados. -Pontillón de Ansuíña (Vilaboa): Tres pedras de dous metros e pico de longo e xuntas entre si; permitiron secularmente a pasaxe dos carros. - Ponte Rebón (Casal do Río): Ponte de grandes lousas de pedra pola que pasan os tractores.

- Ponte da Condesa (Tomeza-Salcedo): Algo máis longa que a ponte Rebón, con idénticos peitorís. Soporta tráfico pesado. - Ponte Valentín (Tomeza): Trátase dunha das pontes singulares do río. Podemos describila como unha ponte dun só ollo definido por un arco escarzano. Foi construída entre os século XVII e XVIII. - Ponte do Couto (rúa Otero Pedrayo): Ponte de notable interese histórico e arquitectónico. Fachada de cantería. E dous arcos de medio punto. Consérvase en mal estado. Permite a pasaxe de persoas, pero asentouse nas proximidades un campamento xitano.


PASEO DOS GAFOS I Este parque é un paseo lineal ó longo da maior parte do treito urbán do Río dos Gafos, unha canle que procede dende Vilaboa, ata o casco urbán de Pontevedra penetrando pola zona da Estación de Autobuses.

No treito rural o río vai acompañado dunha agradable senda en todo o seu percorrido. Na zona urbán, o espazo libre que deixou a intensa actividad edificatoria foi convertido nun parque lineal que parte da ponte da Avda. da Estación, atravesa baixo Ponte Bolera (Av. de Vigo) e vai dar ó parque de Campolongo.


PASEO DOS GAFOS II Todo ese percorrido é unha senda frondosa que descorre a ambas beiras do río, apoiado en pasarelas de madeira para facer posible o paso.

A partir de ahí, o Gafos discorre por debaixo da urbanización de Campolongo, para volver a renacer á altura da Avenida de Rosalía Castro, dende onde existe un último treito paseable antes do seu fin, nas Corbaceiras. Neste treito do percorrido, duas pontes e varios edificios tradicionais nos dan unha idea de cómo era este río antaño, cando constituía unha das máis famosas fotos da cidade, coas mulleres lavando nas súas aguas cristalinas.


FOTOS I


FOTOS II


FOTOS III


FOTOS IV


FOTOS V


Bibliografia: entre outras das pรกxinas webs de vaipolorio.org; follasverdesconpontevedra.blogspot.com.es e pontevedra.eu.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.