Macaón

Page 1

A cría de bolboretas

MACAÓN Papilio machaon L.

Sabela Alonso Freire – 6ºB


A cría de lepidópteros, máis coñecidos coma bolboretas, é unha actividade gratificante ao alcance de todos, que serviranos para observar o seu ciclo vital, ter unha experiencia nova e acercarnos a natureza.

A macaón ou bolboreta cola de andoriña (Papilio machaon) e unha das máis grandes, vistosas e coloradas das nosas bolboretas diúrnas.

As eirugas de esta especie son relativamente doadas de atopar e criar, polo que será un bo exemplo para comprender e levar a cabo nosa particular cría de bolboretas.


O máis frecuente na cría de bolboretas e atopar as eirugas na natureza e alimentalas ata que transfórmanse a crisálida. Unha vez finalizado o proceso de cría, o recomendable e liberar a bolboreta na natureza, a poder ser no mesmo lugar onde recollemos o ovo, eiruga ou crisálida. Deste xeito poderemos observar gran parte do ciclo biolóxico sen alteralo nin prexudicar a especie. Se non estamos completamente seguros da especie que imos recoller, quizais sería mellor deixalo na natureza ou volver uns días despois cando nos informemos correctamente.


CRÍA E MANTENEMENTO DE PAPILIO MACHAON Criar e manter eirugas de Papilio machaon é moi doado, cun porcentaxe de éxito moi alto segundo a miña experiencia. Tan só hai que ter un pouco de dedicación e uns coñecementos fundamentais:


Como acadar eirugas Para obter eirugas o habitual e buscalas sobre as plantas das que se alimentan. Se atopamos moitas eirugas é mellor non quedar con todas, deixando parte delas na natureza para que segan o seu desenrolo. Para trasladalas dende a súa planta, nunca as colleremos directamente, senón que cortaremo-los talos onde se atopen e os levaremos a casa o antes posible, onde os introduciremos en auga para evitar que se sequen. Tamén cortaremos varios talos máis que manteremos frescos e servirán para a alimentación das eirugas os días seguintes, aínda que coidaremos de non coller en exceso para non ‘expoliar’ a planta. Eu recomendo coller alimento fresco, se se pode, tódolos días.


Condicións xeráis de mantenemento Trátase de recrear ao máximo as condicións que se dan na natureza, polo que deberemos coidalos seguintes puntos:

• Temperatura: e un factor moi importante. En xeral debemos evitar manter as eirugas dentro de casa, onde a temperatura e sempre similar tanto de día coma de noite, e poderían “sentirse enganadas” por estas condicións. O ideal e manter as eirugas no exterior para que exista a correspondente oscilación térmica.

• Iluminación: e o outro gran factor. Debemos evitar as luces artificiais, e se as utilizamos, procurar que o fotoperíodo non cambie. O máis recomendable e situar o terrario onde reciba luz natural e teña boa ventilación (para evitar que suba moito a temperatura dentro do terrario).


Terrario Pode ser un taper que teña un tamaño e dimensións adecuado o número de eirugas que imos manter nel. Por exemplo nun taper de 30 x 20 x 15 (largo-ancho-alto) podemos manter perfectamente varias eirugas. É importante que non teñamos superpoboación, xa que as eirugas de Papilio machaon se molestan cando están preto o se rozan entre sí, por tanto é mellor evitar isto. • Que teña unha boa ventilación, colocando unha media ou unha rede pequena na parte superior, deixando desta forma o terrario aberto por enriba. • Que nos permita un bo acceso o seu interior e que sexa doado de limpar.

• Que sexa transparente ou translúcido, para que chegue a luz o seu interior de modo que no alteremos o fotoperíodo das eirugas.

Este e o meu terrario


• Outra forma máis recomendable de manter nosas eirugas consiste en poñer varios talos da súa planta nutricia nun vaso o bote con auga para que se conserven mellor. Unha vez colocados os talos con as eirugas enriba protéxese a entrada ó vaso con papel ou algún outro material que se poida moldear para adaptalo ben; así evitaremos que as eirugas poidan caer á auga.


Alimentación Hai descritas un gran número de plantas que serven de alimento ás eirugas de Papilio machaon. Entre elas destacan claramente varias especies de plantas pertencentes á familia Umbelliferae, como as do xénero Foeniculum, Daucus o Ferula, así como especies doutras familias (por exemplo as do xénero Ruta). O máis habitual é atopalas sobre foeniculum vulgare “fiuncho”. Polo que observei o que mais lle gusta son as flores xusto antes de abrir.


Fases do ciclo O desenrolo complétase aproximadamente ós 22 días (pode variar dependendo da eiruga, da abundancia de comida, das condicións ambientais …); neste intre, a eiruga mide en torno ós 5 cm. de lonxitude (o cal tamén pode variar na función do sexo) e presenta cores vivos: a cor de fondo vai dende amarelo pálido ata verde, decorado con aneles negros e puntos laranxas sobre eles.

1 día de vida

7 días de vida

15 días de vida

22 días de vida


Etapa da crisálida A etapa de crisálida en catividade dura en torno ós 12 días, aínda que pode variar dependendo de determinados factores como a temperatura, a cantidade de luz, etc. Ademais, se a etapa de crisálida coincide co final de temporada, e posible que entre nun período de letargo ou hibernación e permaneza neste estado ata a temporada seguinte.

Preparada para facer a crisálida

Dia 1

Dia 5

Dia 12


A bolboreta A bolboreta recen nada presenta unhas pequenas e enrugas nas ás e un abdome grande e avultado; o primeiro que fai tras a eclosión é buscar un sitio estable onde suxeitarse e deixar que o seu “sangue” vaia enchendo as veas das ás. Desta xeito as ás van despregándose, collendo tamaño e forma, e ó mesmo tempo, vai expulsando polo abdome un líquido lixeiramente denso de cor crema-vermello, de maneira que vai baleirándose e adquirindo pouco a pouco a forma derradeira.

Crisálida recen eclosionada

Bolboreta recen nacida


É importante que non teña obstáculos que poidan impedir a adecuada dilatación das ás, pois do contrario poderían quedar enrugadas ou dobradas. Tamén poderemos aproveitar para facer unhas fotos que doutro xeito nos sería case imposible.


A bolboreta permanecerá queda durante unha hora e media ou dous horas aproximadamente, ata que está máis ou menos “seca” e as súas ás están despregadas.

Deica o final desta fase inmediatamente despois é para trasladar a bolboreta ó lugar onde a liberaremos, xa que si a deixamos varias horas coas ás completamente dilatadas, comezará a bater as ás no recipiente e danarase.


A bolboreta posúe unha coloración moi vistosa e ten unha envergadura de aproximadamente 85 mm. A cor de fondo das ás vai dende o branco amarelento ata o amarelo, con diversos debuxos negros. Ademais, nas ás posteriores aparecen varias manchas azuladas e unha de color vermello (denominada ocelo); así mesmo, na parte caudal de ditas ás aparecen unhas prolongacións negras que miden arredor dun centímetro, chamadas ‘colas’.


Espero que podades gozar desta marabillosa experiencia como eu a gozo tódolos veráns. Sempre respectando o medio ambiente e liberando a bolboreta.

Sabela Alonso Freire– 6ºB


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.