Semana da froita febreiro 2015

Page 1

V XORNADAS DE PORTAS ABERTAS O centro abre as súas portas para todas as familias interesadas en coñecer a nosa institución con vistas á matriculación para o vindeiro curso 2015/2016. Sesións: Incorporacións a Ed. Infantil e Primaria o día 3 de Febreiro de 2015 ás 19:30 h e a ESO e Bacharelatos o 4 de Febreiro de 2015 ás 19:30 h. XI XORNADAS DE ESTUDOS SUPERIORES Trátase dun conxunto de actividades e conferencias de profesionais de diferentes universidades e centros superiores para o alumnado de 2º de Bacharelato. Os pais que desexen acudir deben realizar petición previa ao Dpto. de Orientación. Sesións: días 26 e 27 de Marzo de 2015 das 11:30 ás 14:00 h. XLVII XOGOS FLORAIS: MAR DE NÉBOA Espectáculo teatral sobre a minusvalía que clausura MOTECES o 15 de Maio. Sesión estrea: 8 de maio ás 19:30 h con aforo pechado á Comunidade Educativa. Sesión en aberto: 11 de Maio ás 19:30 h con aforo limitado con solicitude de entrada en secretaría. ABRIMOS EN SEMANA SANTA-VERÁN-NADAL Actividades lúdicas e recreativas para a conciliación da vida laboral e a vida familiar.

ORGANIZA: Franciscanas

Outras actividades organizadas polo Colexio Plurilingüe Divina Pastora abertas ao público en

Colexio

ivina astora

Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense

Semana de Froita nos recreos Febreiro 2015

LUGAR: Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense Rúa Cardenal Quevedo nº27 Tfno.: 988 232 232 Fax: 988 249 842

www.colexiodivinapastora.com

COLABORAN:

ALIMENTA-T BEN Colexio Plurilingüe Divina Pastora -Franciscanas Rúa Cardenal Quevedo, 27 32004 Ourense Tfno: 988 232 232 Fax: 988 249 842


VIDA SAUDABLE Un ano máis o Colexio Plurilingüe Divina Pastora-Franciscanas Ourense desenvolve o seu programa de vida saudable que pretende mellorar os hábitos e o estilo de vida. Unha alimentación variada e equilibrada acompañada dunha actividade física axeitada a cada idade, son dous puntos importantes para conseguir unha vida sa e activa. Este programa englóbanse dentro do Plan de Acción Titorial na área de Prevención e Desenvolvemento que o Centro traballará ao longo dos meses de Febreiro e Marzo co seu alumnado a través das seguintes actividades: - Reparto de froita fresca nos recreos

do 2 ao 6 de Febreiro e do 2 ao 6 de Marzo. Plan de consumo de froitas nas escolas do Fondo Galego de Garantía Agraria, FOGGA. - Unidades didácticas nas materias de Educación Física, Coñecemento do Medio, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Ciencias para o Mundo Contemporáneo e/ou titorías.

ALIMENTACIÓN SA Nos diferentes recreos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, ao longo da semana do 2 ao 6 de Febreiro repartiranse entre os alumnos/as diversas froitas ca finalidade de introducir este alimento na súa dieta e potenciar unha alimentación equilibrada. As cantidades a repartir serán: - 200 kg de plátano - 150 Kg de mazá - 150 Kg de pera - 150Kg de mandarina - 100 Kg de uva Por recomendación da Organización Mundial da Saúde, unha dieta sa e equilibrada, debe conter un consumo de 5 froitas e/ou hortalizas ao día e entre 2 ou 3 Litros de auga, ademais de realización de exercicio físico de forma regular e acorde á idade.

RECOMENDACIÓNS PARA LEVAR UNHA VIDA SA E ACTIVA Come cinco veces ao día, a ser posible cada tres horas. Non se saltar comidas. 

Come sentado/a, a devagar e mastigando ben para favorecer a dixestión. 

O almorzo é a comida principal, e debe estar composto de algo de froita ou zume, proteínas, lácteos e cereais. 

A froita é unha boa opción para levar á hora do recreo. 

Hidratarse a miúdo. Bebe con regularidade mesmo aínda que non teñas sede entre 2 ou tres Litros/día. 

Para beber, sempre é recomendable a auga. Os zumes, mellor que sexan naturais. Evitar o consumo de refrescos excesivamente acucaraos. 

Práctica de actividade física de forma regular, sobre 3 días á semana. 

Durmir entre 8 e 10 horas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.