Orientacion 4º ESO 2014/15

Page 1

CURSO 2014/2015. V3

Franciscanas

www.elorienta.com/juanluis

Colexio

ivina astora

COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA

GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL ALUMNADO DE 4º DA ESO

JUAN LUIS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2014/2015-Versión 2. xaneiro 2015

ER-1045/2006


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

© Imaxe moucho. David Ramos Valcárcel. © Imáxe brúxula. Sonia Fernández García. Texto. Juan Luis Rodríguez Rodríguez. Revisión. Belén Quintana Río.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

2


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

ÍNDICE: INTRODUCCIÓN: ........................................................................................... 4  CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN  INFÓRMATE E DECIDE BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. ........................................... 6 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. ................................................ 6 2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. ...................................................... 7

BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS. 3. ALTERNATIVAS NO SISTEMA EDUCATIVO. ........................................... 9 4. O BACHARELATO ...................................................................................... 10 5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO ............................................... 15  Acceso e datas de interese.  C.F.G.M. en Ourense e no resto de España. 6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL ............................................................ 19  Música, Danza e Arte Dramática.  Artes Plásticas e Deseño. 7. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS ............................................................. 20 8. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS ...................................................... 21 9. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL ................................................ 23 9.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS ...................... 23 9.2. RECOMENDACIÓNS .................................................................... 24 BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN. 10. AGORA DECIDO ....................................................................................... 25 ANEXO I. Titulacións universitarias en Galicia ANEXO II. Proxecto de Elección: mapa (entrégase na aula)

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

3


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

INTRODUCCIÓN. CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da tua familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos titores e do orientador. Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información, non obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O contido prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS. A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos, aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outros aspectos, confróntaos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso. Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres bloques: A. Coñecemento de si mesmo. Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria en cada unha das materias que estudaches no Colexio e sobre as características das diferentes actividades profesionais. B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais. É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos e profesións que tes ó teu alcance e as características daquelas que máis van ós teus intereses. ¿En qué consiste?, modalidades do bacharelato, optativas, ciclos formativos, centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte, direccións de interese... C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide!

INFÓRMATE E DECIDE. ¿E o curso que vén qué? Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti. Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade insuficiente se pode corrixir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa organización para o estudo e as técnicas adecuadas para aprender superarás a maior parte do que te propoñas. O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos caso é pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de esforzo, capacidade de sacrificio, unha baixa autoestima...

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

4


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre as seguintes cuestións: 1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen e ás que terías acceso. 2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada con eles. 3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos consultando as dúbidas que teñan ó titor ou o orientador. 4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti. 5. Estuda con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.

Para ter unha información adecuada, terás varias vías no noso Colexio: 1. Información xenérica que che facilitará o orientador nalgunhas clases do segundo e terceiro trimestre. 2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Colexio. 3. O taboleiro da túa clase, onde o/a titor/a ou o orientador porá información moi interesante e actualizada. 4. As sesións informáticas de búsqueda de información académica realizadas no Colexio en horas de titoría, entre elas o programa informático Orienta 2014/2015 (o podes descargar na túa casa dende o blog de orientación: www.elorienta.com/juanluis e así traballar con el comodamente e cos teus pais). A partir destas vías coñecerás toda a información que dispón o centro sobre Universidades, carreiras e estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos, residencias, direccións de interese... para ter claro qué modalidade de bacharelato che convén máis segundo a titulación universitaria ou CFGS que tes decidido; ou que outros estudos prefires. Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte de estudar moitísimo para sacar o título da E.S.O., terás que investigar todas as posibilidades que tes ó teu alcance para tomar a mellor decisión para a túa vida académico-profesional.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

5


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. Cuestionario sobre estudios Apelidos e nome.................................................................................................................. Idade:..............Curso:.....................................Data.............................................................. 2. ¿Que materias che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde. 1............................................................. 4................................................................. 2............................................................. 5................................................................. 3............................................................. 6.................................................................

3. As que che resultan máis difíciles son: 1............................................................. 2............................................................. 3.............................................................

4................................................................. 5................................................................. 6.................................................................

4. ¿En que materias sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas? 1(+)................................................ 1(-)................................................... 2(+)................................................ 2(-)................................................... 3(+)................................................ 3(-)...................................................

5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas) (+)Tes capacidade para estudalas ben. (-)Tes mala capacidade para estudalas. (+)Influíu a sorte. (-)Influíu a mala sorte. (+)Tes interese nesa materia. (-)Pouco interese pola túa parte (+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores (+)Outras: ........................................... (-)Outras: ........................................... 6. Respecto ós teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta) Moi favorable. Simplemente favorable. Móstranse indiferentes ante os meus estudos. A súa influencia é algo prexudicial. A súa influencia é moi prexudicial. 7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas) Os teus sistemas e formas de estudar. A túas actitude ante os exames. A túa forza de vontade e constancia. A túas postura ante as tarefas do Colexio. Os teus hábitos de lectura. ................................................................. Juan Luis Rodríguez Rodríguez

6


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. Co fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar un listado de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles diferentes test psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses. Esta sesión farémola na sala de informática do Colexio.

Entre os test que faremos estarán. -

“Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas modalidades do bacharelato e o alumno ten que pensar cál das opcións lle interesan máis. Pódelo atopar en: http://www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm

-

“Test de preferencias Orienta 2014/2015”. Dous test que pertencen ao programa Orienta 2014/2015 de Julián Sádaba (actualización xaneiro, 2015) que podes descárgalo dende: www.elorienta.com/juanluis.

ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.

A) TEST DE BACHARELATO:

B) TEST ORIENTA 2014/2015

Para descargar o programa entra na web do colexio: www.colexiodivinapastora.com no menú da dereita atoparás os botóns de cada un dos blogs do Colexio, un deles é o “Blog do Departamento de Orientación”. Ou ben accede directamente dende esta dirección: www.elorienta.com/juanluis Atoparás o blog con moita información sobre a área de Orientación Profesional, e no menú “Enlaces” na sección de “material” no primeiro apartado poderás descargar o programa co Juan Luis Rodríguez Rodríguez

7


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

que traballamos na aula de informática, fai un clic en: “Baixar o Orienta” ou ben en “Descarga o ORIENTA 2014-2015”. Tamén podes acceder directamente a través do OrietnaLine.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

8


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.

3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO As alternativas segundo a LOMCE (BOE, 10/12/13) están reflectidas no seguinte cadro, que comentaremos na titoría con exemplos.

Elaborado por APOCLAM. http://www.sistemaeducativo.apoclam.org/contents/esquema-sistema-educativo.html

( nesta web atoparás máis información)

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

9


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

4. O BACHARELATO O Bacharelato LOMCE, comprende 2 anos académicos e pódese optar por 3 modalidades diferentes:  Artes  Ciencias  Humanidades e Ciencias Sociais

En cada modalidade existen diferentes tipos de materias.  Materias troncais. Estas divídense en xerais, das cales hai tres comúns para as diferentes modalidades e unha propia da modalidade escollida, e de opción, das cales hai que escoller dúas das que ofertan especificamente os centros docentes dentro da modalidade.  Materias específicas, nas que atopamos a materia de Educación Física (en Primeiro de Bacharelato) máis un mínimo de dous e un máximo de tres materias a escoller das ofertadas polo centro.  Materias libre elección, nas que atopamos a lingua cooficial da Comunidade Autónoma (Lingua Galega e Literatura) máis unha materia a escoller da listaxe de materias específicas ou troncais non escollida anteriormente.

1º curso CIENCIAS

HUMANIDADES E ARTES CIENCIAS SOCIAIS Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira I  Humanidades: Latín  Ciencias Socias: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II Economía Grego I Historia do Mundo Contemporáneo Literatura Universal

TRONCAIS 

XERAIS

Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira I Matemáticas I

DE OPCIÓN

Bioloxía e Xeoloxía Debuxo Técnico I Física e Química

Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira I Fundamentos de Arte I

Cultura Audiovisual Historia do Contemporáneo Literatura Universal

Mundo

ESPECÍFICAS  

OBRIGATORIA: A ESCOLLER:

Educación Física Análise Musical I Relixión TIC I Anatomía Aplicada Linguaxe e Práctica Musical Volume Cultura científica Segunda Lingua Estranxeira I Debuxo Técnico I Debuxo Artístico Tecnoloxía Industrial *Unha materia do bloque das troncais non cursada

LIBRE ELECCIÓN  

OBRIGATORIA: A ESCOLLER:

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

Lingua Galega e Literatura I Análise Musical I Relixión TIC I Anatomía Aplicada Linguaxe e Práctica Musical Volume Cultura científica Segunda Lingua Estranxeira I Debuxo Técnico I Debuxo Artístico Tecnoloxía Industrial *Unha materia do bloque das troncais ou específicas non cursada

10


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

2º curso CIENCIAS

HUMANIDADES E ARTES CIENCIAS SOCIAIS Historia de España Lingua Castelá e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II  Humanidades: Latín II  Ciencias Socias: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II Economía da Empresa Grego II Historia da Filosofía Historia da Arte Xeografía

TRONCAIS 

XERAIS

Historia de España Lingua Castelá e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II Matemáticas II

DE OPCIÓN

Bioloxía Xeoloxía Debuxo Técnico II Física Química

ESPECÍFICAS

Historia de España Lingua Castelá e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II Fundamentos de Arte II

Cultura Audiovisual II Deseño Artes Escénicas

Análise Musical II Relixión Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Linguaxe e Práctica Musical Fundamentos da Administración e Xestión Segunda Lingua Estranxeira II Debuxo Técnico II TIC II Debuxo Artístico II Historia da Filosofía Historia da Música e da Danza Psicoloxía Imaxe e Son Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica Tecnoloxía Industrial II *Unha materia do bloque das troncais non cursada

LIBRE ELECCIÓN  

OBRIGATORIA: A ESCOLLER:

Lingua Galega e Literatura I Análise Musical II Relixión Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Linguaxe e Práctica Musical Fundamentos da Administración e Xestión Segunda Lingua Estranxeira II Debuxo Técnico II TIC II Debuxo Artístico II Historia da Filosofía Historia da Música e da Danza Psicoloxía Imaxe e Son Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica Tecnoloxía Industrial II Educación Física *Unha materia do bloque das troncais ou específicas non cursada

Cadro 3. As materias nos bacharelatos.

Nesta táboa vense graficamente a totalidade das materias oficiais que podes atopar nos Centros Educativos que impartan Bacharelato en Galicia. Dependendo do número do alumnado que ten un centro, este poderá ofertar máis optativas. Aínda está por concretarse na Comunidade Autónoma de Galicia.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

11


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

O BACHARELATO NO NOSO COLEXIO. Cadro 4. O bacharelato no Colexio Plurilingüe Divina Pastora. Ourense. 1º Curso: CIENCIAS

HUMANIDADES

E CIENCIAS SOCIAIS

Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira I Matemáticas I Bioloxía e Xeoloxía Física e Química

Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira I Latín

Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira I Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II

Grego I Historia do Contemporáneo

Economía Historia do Contemporáneo

TRONCAIS 

XERAIS

DE OPCIÓN

Mundo

Mundo

ESPECÍFICAS  

OBRIGATORIA: A ESCOLLER:

Educación Física Relixión TIC I Cultura científica Alemán Debuxo Artístico I *Unha materia do bloque das troncais non cursada

LIBRE ELECC.  

OBRIGATORIA: A ESCOLLER:

Lingua Galega e Literatura I Relixión TIC I Cultura científica Alemán Debuxo Artístico I *Unha materia do bloque das troncais ou específicas non cursada

2ºCurso: CIENCIAS

HUMANIDADES

E CIENCIAS SOCIAIS

Historia de España Lingua Castelá e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II Matemáticas II Bioloxía Xeoloxía Física Química

Historia de España Lingua Castelá e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II Latín II

Historia de España Lingua Castelá e Literatura II Primeira Lingua Estranxeira II Ciencias Socias: Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II

Grego II Historia da Filosofía Historia da Arte Xeografía

Economía da Empresa Historia da Filosofía Historia da Arte Xeografía

TRONCAIS 

XERAIS

DE OPCIÓN

ESPECÍFICAS

Relixión Ciencias da Terra e do Medio Ambiente Alemán Historia da Filosofía Psicoloxía *Unha materia do bloque das troncais non cursada

TIC II

LIBRE ELECC.  

OBRIGATORIA: A ESCOLLER:

Lingua Galega e Literatura I Relixión Ciencias da Terra e do Medio Ambiente TIC II Alemán Historia da Filosofía Psicoloxía Educación Física *Unha materia do bloque das troncais ou específicas non cursada

* Aínda está por concretarse na Comunidade Autónoma de Galicia. Currículos oficiais pendente de publicarse. Pode haber cambios. Juan Luis Rodríguez Rodríguez

12


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

Pregunta polas materias que descoñezas ó orientador ou ós profesores que as imparten no Colexio, tamén che poderán dar unha idea os compañeiros que teñas no bacharelato e que as estean a cursar.

Elección: - Tendo en conta que carreira/carreiras ou CFGS quero facer teño que seleccionar o bacharelato con maior vinculación para ese ou eses estudos: Ex. “quero estudar farmacia, o bacharelato con maior vinculación e o de Ciencias. - Se non é vinculante a ningún bacharelato, escolle o que che resulte máis fácil. Quero facer “Educación Social”, aínda que está relacionado con Ciencias Sociais, non é vinculante a ningún bacharelato, entón escollo o bacharelato X que me resulta máis fácil polo que é máis probable que obteña unha maior nota media.

AVALIACIÓN E PROMOCIÓN -A avaliación do alumno/a será continua e diferenciada segundo as distintas materias -Os alumnos/as poderán promocionarse de Primeiro curso a Segundo cun máximo de dúas materias suspensas, e deberán matricularse en Segundo curso das materias pendentes. -Haberá unha proba extraordinaria das materias non superadas. -Os alumnos/as poderán repetir como máximo unha vez cada curso. (Excepcionalmente poderán repetir por segunda vez un curso se o equipo docente así o contempla) -A superación das materias de Segundo Curso que impliquen continuidade estará condicionada pola superación das de Primeiro.

AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO -Os alumnos/as realizarán unha avaliación individualizada ao rematar Bacharelato na que se comprobará o logro dos obxetivos e grao de adquisición das competencias propias da etapa educativa. -As materias que compoñen dita avaliación serán:  Todas as materias troncais de carácter xeral  Dúas materias troncais de opción en calquera dos dous cursos. As materias que impliquen continuidade nos dous cursos só se terá en conta a correspondente ao Segundo curso.  Unha materia do bloque das específicas de calquera dos cursos, a excepción de Relixión e Educación Física. -Só poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos que aprobasen tódalas materias de Bacharelato. -A superación desta proba necesitará un resultado igual ou maior a cinco sobre dez. -Os alumnos/as que no superen esta avaliación poderán repetila en convocatorias sucesivas. -Os alumnos que desexen elevar a súa nota, poderán presentarse en convocatorias sucesivas tomándose en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias -Celebraranse dúas convocatorias anuais, unha ordinaria e outra extraordinaria. -Aqueles alumnos/as que non aproben dita avaliación no poderán obter o título de Bacharelato. -A superación de todas as materias de Bacharelato sen aprobar a avaliación final da dereito ao alumno/a a obter un certificado que surtirá efectos laborales. Juan Luis Rodríguez Rodríguez 13


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

TÍTULO DE BACHARELATO -Para obter o Título de Bacharelato será necesaria a superación da proba final de Bacharelato, así como, unha cualificación final de Bacharelato igual ou maior a cinco sobre dez. A cualificación final desta etapa deducirase da proporción de:  40% a media das cualificacións obtidas en cada unha das materias da avaliación final de Bacharelato.  60% a media das cualificacións obtidas en cada unha das materias cursadas en Bacharelato. -O título de Bacharelato facilitará o aceso ás ensinanzas superiores (ciclos formativos e Universidades).

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

14


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

5. CICLOS FORMATIVOS: ACESO E ADMISIÓN.  Ciclos de Formación Profesional Básica -Ter cumpridos 15 anos,ou cumprilos durante o ano natural en curso, e non superar os 17 anos de idade no momento de aceso ou durante o ano natural en curso. -Ter cursado o Primeiro Ciclo de ESO -Que o equipo docente propoña aos pais ou titores a incorporación do alumno/a ao ciclo.

 Ciclos formativos de Grao Medio O seu aceso requirirá al menos o cumprimento dunha das seguintes condicións: -Estar en posición dun destes títulos:  Título de Bacharelato  Título Profesional Básico  Título universitario  Título de Técnico ou de Técnico Superior de Formación Profesional -Estar en posesión do certificado que afirme que se superaron as materias de Bacharelato -Superar un curse de formación específico para o aceso a ciclos de grao medio e ter 17 anos cumpridos ao finalizar o curso. -Superar unha proba de aceso e ter 17 anos no momento da realización de dita proba.

 Ciclos formativos de Grao Superior O aceso requirirá o cumprimento das seguintes condicións: -Estar en posesión dun título de Bacharelato, título universitario, título de Técnico ou Técnico Superior de Formación Profesional ou un certificado de haber superado as materias de Bacharelato. -Superar unha proba de aceso e ter 19 anos no ano de realización de dita proba.

Se estás interesado nesta opción fala co orientador, proporcionarache material para a preparación da proba e tamén debes incorporarte as clases de preparación da proba que haberá no Colexio. Se queres máis información consulta asesórate no Departamento de Orientación e/ou consulta a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp. O calendario de matriculación nos CFGS especificase na seguinte táboa (na que aparecen as datas do curso pasado, aínda non se publicaron as do 2015, pero poden ser datas orientativas): Para a convocatoria do 2015 estar pendente na web ou preguntar ao orientador.

Probas de acceso Inscrición para á proba. Publicación da listaxe provisoria de inscritos Reclamación a listaxe provisoria de inscritos Publicación da listaxe definitiva de inscritos Juan Luis Rodríguez Rodríguez

Datas Grao superior

Datas Grao medio

10 ao 21 Marzo

31 de marzo ao 11 de Abril 28 de Abril 29 Abril- 5 Maio 15 Maio

4 de Abril 7-10 de Abril 24 Abril

15


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

Publicación dos centros públicos onde se realizarán as probas cos centros adscritos

24 Abril

20 de Maio

Celebración da proba

7 de Maio

4 de xuño

Publicación das cualificacións provisorias Reclamacións ás cualificacións provisorias

19 e Maio 20-22 de Maio

13 de Xuño 16-18de Xuño

2 de Xuño 3 de Xuño 3de Xuño-3 de Xullo 3 de Xuño- 30 de Setembro

27 de Xuño 30 de Xuño 30 deXuno-26 de Xullo 30 de Xuño - 30 de Setembro

Publicación das cualificacións definitivas Entrega de certificados nos centros Recursos ás cualificacións definitivas de probas do centro Resolución Administrativa

Táboa 1. Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria ordinaria pasada

(Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas )

CICLOS FORMATIVOS EN OURENSE E NO RESTO DE ESPAÑA.

En Ourense estanse a ofertar neste curso os seguintes ciclos formativos: (2014/2015) Consigna: CM Ciclo Formativo de Grao Medio. CPB Ciclo Formativo Básico CS Ciclo Formativo de Grao Superior. IES Instituto de Educación Secundaria. CPR Centro Privado Concertado CPR Centro Privado Non Concertado. (cursiva e subliñado) IES A CARBALLEIRA. (Tel. 988221312) - CM Coidados auxiliares de enfermaría - CM Laboratorio - CM Sistemas microinformáticos e redes - CPB Informática e Comunicacións - CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma - CS Administración de sistemas informáticos en rede - CS Desenvolvemento de aplicacións web - CS Saúde ambiental - CS Dietética - CS Hixiene Bucodental - CS Documentación sanitaria - CS Laboratorio de diagnóstico clínico - CS Laboratorio de análise e de control de calidade IES 12 DE OUTUBRO (Tel. 988213722) - CM Estética persoal decorativa - CM Peiteado e cosmética capilar - CM Instalacións eléctricas e automáticas - CM Mecanizado - CPB Fabricación e montaxe - CS Estética integral e benestar - CS Programación da produción en fabricación mecánica - CS Sistemas electrotécnicos e automatizados Juan Luis Rodríguez Rodríguez

16


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

IES A FARIXA (Tel. 988236552) - CM Instalación de telecomunicación. - CPB Electricidade e electrónica - CS Animación de actividades físicas e deportivas - CS Axencias de viaxes e xestión de eventos - CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica. - CS Guía, información e asistencia turísticas. - CS Mantemento electrónico - CS Produción de audiovisuais, radio e espectáculos. - CS Proxectos de obra civil - CS Sistemas de telecomunicación e informáticos. - CS Proxectos de edificación. IES PORTOVELLO (Tel. 988 232649) - CM Xestión administrativa - CM Comercio - CM Atención a persoas en situación de dependencia - CPB Servizos comerciais - CS Administración e finanzas - CS Secretariado - CS Xestión comercial e márketing - CS Integración social - CS Educación infantil IES UNIVERSIDADE LABORAL (Tel. 988226304) - CM Electromecánica de vehículos automóbiles - CM Instalacións frigoríficas e de climatización. - CM Carrozaría - CPB Mantemento de vehículos - CS Mecatrónica industrial - CS Automoción CPR GRUPO Academia Postal. (Tel. 988366063) - CM Xestión Administrativa. - CM Sistemas microinformáticos e redes. - CS Xestión e Organización dos recursos naturais e paisaxísticos. - CS Administración e Finanzas. - CS Administración de Sistemas informáticos en red - CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma. - CS Administración de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos. CPR RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN. (Tel. 988366214) - CM Xestión Administrativa. - CPB Reforma e mantemento de edificios - CPB Servizos administrativos CPR SAN MARCOS (Tel. 988248794/ 988243024) - CM Farmacia e Parafarmacia - CS Hixiene Bucodental - CS Prótese Dental CPR SAN MARTÍN (Tel. 988221990) - CM Xestión Administrativa. - CM Coidados Auxiliares de Enfermería - CPB Informática e comunicacións Juan Luis Rodríguez Rodríguez

17


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

- CPB Servizos Administrativos CPR SANTO CRISTO. (Tel. 988220588) - CM Xestión Administrativa. - CM Comercio. - CM Coidados Auxiliares de Enfermería - CM Farmacia e Parafarmacia. - CPB Peiteado e estética CIFP SANTA MARÍA DE EUROPA(Tel.988 225 400) - CM Estética persoal e decorativa - CM Instalacións eléctricas e automáticas - CM Mecanizado - CM Peiteado e cosmética capilar - CPB Fabricación e montaxe - CS Estética Integral e Benestar - CS Programación da Produción en fabricación mecánica - CS Sistemas electrotécnicos e automatizados IES VILAMARÍN (Tel.988 286 013) - CM Cociña e gastronomía - CM Panadaría, repostaría e confeitaría - CM Servizos en restauración - CPB Agroxardinaría e composicións florais - CPB Cociña e restauración - CS Dirección de cociña - CS Dirección de servizos de restauración - CS Xestión de aloxamentos turísticos EPAPU de Ourense O centro EPAPU é o único en Ourense adicado plenamente á Educación de Adultos, ofrecendo un amplo abano de ensinanzas regradas e non regradas. Actualmente está autorizado para impartir ensinanzas básicas iniciais (nivel I e II, alfabetización, español para inmigrantes,etc) e mais ensinanzas en Educación Secundaria de Adultos tanto na modalidade presencial como na de distancia; igualmente está autorizado para impartir o bacharelato semipresencial ademais de cursos de informática, inglés e francés en diferentes niveis. O centro colabora ademais realizando titorías presencias en Proxecto Home Galicia e os centros de menores Montefiz e Monteledo. Máis información en: http://www.edu.xunta.es/centros/epaourense/ CEE MIÑO (C/ Juan Fernández de Gres, nº 13. Velle. Tel. 988 23 85 50 ) Centro de Ensinanzas Especiais

Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:

http://www.edu.xunta.es/fp/ http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/4411

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

18


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL  Ensinanzas de grao medio Música e Danza. Condicións de acceso:  Para inicia-los estudios de grao medio será preciso superar unha proba. Poderán matricularse nesta proba os alumnos de réxime regrado e os candidatos de réxime non regrado.  Poderá accederse, tamén mediante proba, a calquera outro curso de grao medio sen ter superados os anteriores.  Non hai límite de idade no acceso ó grao medio. Proba de acceso ó 1º curso. Realizarase nunha convocatoria anual no mes de xuño. O centro publicará con anterioridade á matrícula o número de vacantes por cada especialidade. A proba terá dúas partes: A. Especialidades instrumentais e B. Canto. En Ourense: Conservatorio de Música Profesional de Ourense. Grao Medio de: Frauta traveseira, Oboe, Clarinete, Fagot, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón, Tuba, Violín, Viola, Violoncelo, Contrabaixo, Piano, Acordeón, Guitarra, percusión, Canto, Instrumentos de Puga, Clave.  Artes Plásticas e Deseño. O Grado Medio das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño está estruturado en ciclos formativos, agrupados en familias profesionais,que ofrecen unha formación de calidade nos diversos campos das artes aplicadas e dos oficios artísticos.A súa superación da lugar a obtención dun título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño, o cal permite o aceso ao Bacharelato, así como o aceso mediante unha proba a un ciclo de Artes Plásticas e Deseño de grao superior sempre e cando se teñan os 18 anos. Accédese mediante o título de graduado en ESO ou equivalente e ademais superar a proba específica que consta de 3 exercicios: - Parte xeral que versará sobre as capacidades básicas da ESO - Parte específica sobre coñecementos e aptitudes artísticas. Máis información en: http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/sistemaeducativo/ensenanzas/ensenanzas-artisticas/artes-plasticas-diseno/ensenanzasprofesionales/cf-grado-medio.html En Ourense: Escola de Arte Antonio Failde. Av da Universidade s/n. 32005. Ourense. Ciclos Medios en Galicia: - C. M. Dourado e Policromía artística. (A Coruña). - C. M. Procedemento de Xoiería Artística (Santiago de Compostela). - C. M. Serigrafía Artística (Lugo).

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

19


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

7. OUTROS ESTUDOS E PROFESIÓNS Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade, e outros unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso. 

AZAFATAS AUXILIARES DE VUELO. Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2 anos e requírese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de idiomas.

ARQUITECTURA DE INTERIORES. Ten unha duración de tres cursos máis proxecto de fin de carreira. Trátase dun título propio da Universidade de A Coruña, “Graduado en Arquitectura de Interiores”. Máis información en http://www.arquitecturadeinterioresudc.com/plan-de-estudios

DISEÑO E MODA.. A) Graduado Universitario en Deseño Téxtil e Moda. Título propio da Universidade de Vigo. Máis información: Facultade de Belas artes, Rúa da Maestranza, nº2, 36002. Pontevedra. Tel: 986 801 800. E-mail: esdemga@uvigo.es Este profesional está preparado para a coordinación de todos os procesos tanto de creación, como de fabricación e elaboración dos produtos relacionados coa moda e a confección. Poderá, polo tanto, desenvolver a súa actividade profesional tanto na industria téxtil e da moda como executar libremente a súa profesión como:  Deseñador en estampación téxtil; Deseñador estilista; Deseñador técnico; Crítico de moda; Administrador de creación para a produción e a comercialización B) Escuela Superior de Diseño y Moda Felicidad Duce. “Titulo superior de deseño especialidade en Moda o Gráfico” Barcelona. (Tel. 932 372 740). (titulación Privada). Obtense o Título Superior de Deseño que equiválese a un título de grao universitrio. C) Grado Universitario en Diseño de Moda. Centro superior de Diseño y Moda de Madrid (Universidad Politécnica de Madrid) http://www.csdmm.upm.es/ Trátase dun novo grao que comezou no curso 2014/2015.

PILOTO CIVIL. Podes estudalo na Universidade de A Coruña. O obxectivo deste Título Propio é o de crear unha titulación universitaria que aporte aos futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de forma que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado laboral moderno. O Título Propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do seu plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado (avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A obtención de ditos títulos é posible grazas ao acordo de colaboración subscrito pola Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste, AFN, que conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O Juan Luis Rodríguez Rodríguez 20


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

título Propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos. 

MILITAR. Para ingresar en tropa e mariñeira requísese ter nacionalidade española*, ter entre 18 e 28 anos, medir máis de 1,55 e menos de 2,03, non ter máis de 6 dioptrías de miopía, hipermetropía ou 4 de astigmatismo, acreditar boa conduta cidadá, e posuír os estudos esixidos para cada especialidade. Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es

CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. Información en Dirección General de al Guardia Civil. Jefatura de la Enseñanza. (Tel. 91 514 64 70). Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter entre 18 e 30 anos, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, carecer de antecedentes penais, e ter o permiso de condución da clase B.

POLICÍA NACIONAL Para o ingreso na escala básica tes que cumprir algúns requisitos: ser español, ter entre 18 e 30 anos, ter unha estatura mínima de 1,70 homes e 1,60 mulleres, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, non cumprir condena por delito doloroso e ter o permiso de condución das clase A e B e da autorización (BTP). Máis información no ministerio do interior. www.mir.es

Unha páxina que mostra unha gran cantidade de información sobre cursos de formación é educaweb.com Por outro lado, outra páxina moi completa para obter información de outra formación diferente á universitaria e a formación profesional é a páxina web do Ministerio: http://www.isftic.educacion.es/w3/recursos2/orientacion/02orient/op04.htm Nesta páxina pódese atopar información sobre as seguintes profesións: Piloto de Líñas Aéreas, Ilustrador, Guionista de Cine, Radio y TV; Meteorólogo, Controlador Aéreo, Escaparatista; Modelo; Grafólogo; Árbitro deportivo; Director de Hotel; Decorador de interiores; Anticuario; Orfebre; Auxiliar de Vo; Bombeiro; Enquisador; Animador Turístico; Xemólogo; Profesor de Baile; Monitor de Aeróbic; Especialista de Cine...

8. BOLSAS E AXUDAS PARA ESTUDOS. Para axudar a sufragar os gastos derivados de estudios non universitarios, existen unha serie de bolsas e axudas da Consellería de Educación, Ministerio de Eduación e Ciencia, e tamén doutros ámbitos privados. Podes solicitar unha bolsa para cursar os seguintes estudos non universitarios:   

Bacharelato Ciclos de Formación Profesional Básica e Formativos de Grao Medio e Superior Cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos por centros públicos e privados/concertados

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

21


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

    

Ensinanzas Artísticas Profesionais Ensinanzas Deportivas Estudos de Idiomas en Escolas Superiores, incluída a modalidade de distancia. Ensinanzas Artísticas Superiores Estudos Relixiosos e Militares Superiores

Para máis información visitar a páxina: https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/paraestudiar.html nela poderás encontrar información relacionada con: forma de solicitala, prazos de presentación, tipos de becas e cuantías, requisitos, obrigas e incompatibilidades, etc.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

22


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

9. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL 9.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS Con 18 anos cumpridos e dependendo da túa titulación académica podes acceder a un posto de traballo como funcionario/a nas administracións públicas (ministerios, comunidades autónomas, deputacións, concellos...) O sistema de acceso é polo xeral mediante oposición ou concurso-oposición. Convócanse unha oferta de prazas para os diferentes postos (administrativo, profesor, carteiro, enfermeiro, bombeiro, conserxe, policía...) e se cumpres os requisitos mínimos podes presentarte aos exames da oposición unha vez que realices a matriculación nos prazos propostos pola administración. As oposicións son procesos de selección que poden constar de varias probas, dependendo do tipo de traballo. Podes atopar información nos diferentes diarios oficiais das administracións: Boletín Oficial do Estado (BOE), Diario Oficial de Galicia (DOG), Boletín Provincial de Ourense (BOP) e de outras Comunidades e Provincias. Na convocatoria indícase: - Sistema de selección: oposición, concurso ou concurso-oposición. - As probas a superar: dependendo da oposición pode constar de test psicotécnicos, temas a desenvolver, supostos prácticos, probas físicas... - Calendario das probas. - Requisitos dos candidatos. - Lugar e data de presentación das solicitudes. Na oferta de emprego público existen cinco tipos de corpos, que corresponden ás cinco escalas nas que se require titulación diferente. CORPO Grupo A1 Grupo A2 Grupo B Grupo C1 Grupo C2 Profesionais sen requisito

TITULACIÓN REQUERIDA Titulación Universitaria de Grao /Postgrao Licenciado, arquitecto o enxeñeiro Titulación Universitaria de Grao Diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico Título de Técnico Superior (CFGS) Título de Bacharelato ou Título de Técnico (CFGM) Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) Certificado de escolaridade.

Podes atopar máis información en: http://www.buscaoposiciones.com/

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

23


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

9.2. RECOMENDACIÓNS Para a búsqueda de emprego diferenciamos entre técnicas activas e técnicas pasivas: Técnicas activas: - Amigos e coñecidos. Esta vía é pola que se producen en España a maior parte de contactos entre demandantes e ofertantes de emprego. - Mailing. Consiste en enviar cartas de solicitude de emprego a unha gran multitude de sitios. Deben acompañarse do “curriculum vitae”. Hai que ter un listado de empresas amplio e enviar o máximo posible de cartas. - Candidatura espontánea. Visitando directamente a empresa na que nos gustaría traballar. - Teléfono, fax o E-Mail. Principalmente son medios que facilitan as anteriores xestións ou para investigar sobre as mesmas. Técnicas pasivas - Inscríbete na oficina do Servizo Galego de Colocación máis próxima ao teu domicilio: INEM e oficinas de emprego. - Comunidade e Concellos. - Centros informativos para a muller. - Centros de Información para a Xuventude. - Asociacións empresariais, Cámaras de Comercio, etc. - Anuncios en prensa. - Becas de traballo: sindicatos, colexios profesionais y universidades. - Empresas privadas de selección de persoal.

Tamén é recomendable que prepares un bo plan de búsqueda de emprego: -

Presta atención aos avisos do INEM, consultar a diario a prensa e revistas especializadas na oferta laboral. Elabora documentos sinxelos (carta de presentación, currículum vitae...) e coñece os procedementos de selección da empresa (entrevistas, test...) Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de colocación. Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou negocio, solo ou con outros nunha cooperativa... Asesórate na Dirección Provincial de Traballo, Cámaras de Comercio ou Sindicatos.

E mentres tanto, mantente ocupado/a en actividades de formación relacionadas co traballo ao que aspiras.

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

24


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2014/2015. v.2) COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA OURENSE

BLOQUE III. A TOMA DE DECISIÓN. 10. AGORA DECIDO Tomar unha decisión tan importante non é tan doado, tres de cada catro estudantes equivócanse de carreira, dous de cada tres perden alomenos un ano e un de cada dous non sabe que estudar. Pero non te preocupes, non é tan terrible. Para elixir ben tes que traballar os tres bloques xa comentados na introdución: a. Empeza por coñecerte. É imposible elixir ben un estudo superior sen saber: o Cómo somos. o Qué queremos facer na vida. Por tanto, analiza os seguintes aspectos: o Intereses. o Capacidades. o Notas. Para coñecer os intereses e as capacidades, serán moi útiles os test feitos co orientador co programa Orienta 2013/2014, e as probas do SAVVI.

b. Coñece tódalas alternativas. Tes que coñecer tódolos estudos aos que podes acceder e ir eliminando aqueles que non te interesen nada, pero é moi importante que coñezas tódalas opcións e de que se tratan. c. Busca a máxima información da cada carreira. Unha vez seleccionada unha ou varias carreiras, polo xeral entre tres e cinco carreiras, profundiza en cada unha delas. Tes que saber: o A finalidade dese estudio. o Dificultade dos estudos. o As materias que hai que estudar (o plano de estudos). o As materias máis difíciles. o O “tipo de estudante” que cursa esa carreira. ( pódelo atopar nos planos de estudos e nas páxinas web de cada universidade). o O mercado de traballo, saídas laborais: sectores e funcións. o Pasarelas a outras titulacións. o Universidades ou centros de formación onde se imparten. o Diferenzas entre as distintas Universidades. (materias optativas, especialidades, cursos complementarios, instalacións...) o Custos e becas. -

Ficha do Orientador. (Cubrirémola na sesión de titoría). Ficha de Toma de decisións (Cubrirémola na última titoría)

Juan Luis Rodríguez Rodríguez

25


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.