FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Nº1. Ano 2010

Page 50

Estudo comparativo de catro rochas «de pés» Marie-Claude Auffret

liña do horizonte, ocupado na súa totalidade polo castro de San Cibrán de Las. Este buraco establece unha curiosa relación visual, pretendida ou non, entre o petroglifo e un recinto extraordinario da Idade do Ferro.

Relación entre a rocha dos pés e o refuxio do Raposo «Finalmente, desde a rocha dos podomorfos prodúcese unha aprehensión do espazo en momentos irregularmente repartidos ao longo do tempo, definidos pola secuencia aleatoria das cerimonias de investidura. Mentres que desde a rocha do heliotropo detéctase a regularidade do tempo natural (diviño) que permite a vida humana no espazo. Os petroglifos da Ferradura representan unha reflexión simbólica sobre as nocións do tempo e do espazo. Isto é, sobre as condicións elementais que permiten o desenvolvemento da vida humana. Mais nós, cos dados dipoñíbeis, só podemos percibir esa realidade cunha extracción que sen dúbida nunca existiu como tal na Protohistoria».

Protección e acceso Este emprazamento atópase fóra de camiños e nunha zona moi pouco transitada.

••• Conclusión Poderíamos contentarnos coa afirmación de partida: as rochas «de pés» son unha sorte de trampolíns cara o vacío. Esta constatación de orde puramente visual

non bastaría por si mesma. Todos estes lugares foron visitados ao longo do verán de 2007 o que nos permite gardar unha memoria visual recente. Podemos tamén debruzar algunhas análises relativas aos podomorfos. O pé, símbolo do paso, é representado en moitas relixións antigas. Simboliza a idea do paso dunha divindade ou o paso entre o visíbel e o invisíbel. Outros autores interpretan os podomorfos como ritos de fecundidade para as mulleres. Os gravados de pés son representacións concretas, aínda que simbólicas, en relación directa co corpo do gravador e xa non co seu espírito só, coma no caso dos gravados esquemáticos. É difícil concluír que o gravador utilizou o seu propio pé como modelo. Por último temos que considerar estas rochas de pés por elas mesmas. É evidente que nos catro casos presentados trátase de emprazamentos maiores. As rochas foron escollidas en función das súas calidades (dimensións, posición na paisaxe...). Aínda que non podemos máis que enunciar hipóteses en canto á súa funcionalidade propia, é certo que estas rochas de pés eran lugares dunha grande importancia para as poboacións da protohistoria. Porén, non saberiamos afirmar que todas estas rochas coñeceran os mesmos ritos. Para aproximarnos o máis perto posíbel dunha interpretación plausible, temos que esquecer o noso cadro de referencia actual e tentar achegarnos ao dos gravadores. - 50 -

Fol de Veleno

Bibliografía «Roche aux pieds»: «Les gravures rupestres de Haute Maurienne», Extrait des Travaux scientifiques du parc de la Vanoise X, 1979. Aperçu de l’art rupestre de Haute Maurienne, GERSAR. Sui senteiri dell’arte rupestre, Gruppo Ricerche Cultura Montana, Edizioni CDA, Torino. «Pertuit»: Rupestres, Musée Savoisien, Françoise Ballet et Philippe Raffaelli, Imprimeries Nallet. «Roc de Baumes»: «Archéologie et histoire des Hauts Cantons», Bulletin de la Société Archéologique et Historique des Hauts Cantons de l’Hérault, L’art schématique préhistorique dans le Massif du Caroux, Robert Giraud, pp. 15 à 39. «A Ferradura»: «Alineación arqueoastronómica en A Ferradura, Amoeiro, Ourense», Complutum 2005, vol. 15, páxs. 5174, Marco V. García Q. e Manuel Santos Estévez. http://www.ucm.es/BUCM/revistas/g hi/11316993/articulos/CMPL040411 0051A.PDF Petroglifos de Ourense, Israel Barandela Riveiro e José Manuel Lorenzo Rodríguez, Deputación Provincial de Ourense, 2004.

nº 1 2010


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.