Fanzine Fol de Veleno 2006

Page 1

FOL DE VELENO

Fanzine cultural e de opinión para dar luz ás historias, xentes, terras e cousas dun país clandestino

NÚM. 1

Verán 2006


Ideario Fol de Veleno nace coa idea de se-la praza da vila, o patio de veciños, o carón da lareira onde se coce o que realmente importa na vida, o que fai que a xente e as sociedades estean vivas. Un boletín que fale de nós, das cousas de Pontevedra e das súas parroquias. Un fanzine modesto libre e independente que aspira a ser un pequeno escaparate para todos aqueles músicos, artistas ou escritores do noso contorno òs que o sistema lles dificulta a posibilidade de dar a coñece---lo seu traballo e a súa obra. Unha fiestra para amosar aquelas asociacións e persoas que traballan arreo na defensa da natureza e o contorno, na divulgación da cultura tradicional, na acción social e veciñal, en definitiva, na loita por unha sociedade máis culta, xusta, igualitaria e libre. Fol de Veleno pretende ser un pequeno e efímero mosaico das nosas tradicións e saberes, dos vellos oficios, da nosa lingua, dos contos e lendas. Da nosa cultura e historia. Un taboleiro onde a xente de espírito inquedo colgue as suás preocupacións, dúbidas e críticas á sociedade na que vivimos. Un espazo tamén para o debate e o intercambio de ideas. Por último, una modesta guía para o lecer e para gozar cada vez máis da nosa terra, das nosas xentes e das insólitas cousas que fan que este país aínda siga a ser un país clandestino. - Música

- Acción social

- Arte

- Lecer

- Literatura

- Retranca

- Etnografía

- Opinión e debate

- Historia

- Denuncia Debuxo da portada de F. Sutil


“Galiza, o país clandestino” O bo de vivir nun país clandestino é que aínda podes gozar de certas vantaxes ou liberdades que xa non existen noutros países máis “civilizados”, onde toda actividade humana está regulada por unha norma ou lei. É sorprendente como a picaresca e sabiduría popular se mofa e esquiva aquelas normas, xeralmente impostas dende fóra, que non se adaptan á nosa realidade cultural ou ó xeito de ve-la vida. Só temos que facer un pequeno exercicio de memoria ou observación para detectar estas sutilezas da nosa clandestinidade. Por exemplo, se un quere facer unha comida ou unha festa na casa e celebralo como se ten que facer aquí, a ritmo de fogheteiro, non lle será moi difícil atopar algún veciño que “seica din que ten alghún foghete que che poida vender”. Así, bordeando sen problema a lei que regula a posesión de explosivos, segundo te coñeza o individuo en si ou segundo as referencias que leves, poderás acceder ó seu alpendre, garaxe ou polvorín improvisado e escolle-las bombas ou os fogetes que fosen menester para a ocasión a celebrar. Outro exemplo desta clandestinidade tolerada e compartida é o tema dos aguardenteiros. Figuras míticas e patrimonio a conservar da nosa cultura e agora sometidas á regulación aséptica da Unión Europea, coma se eles

soubesen o significado místico da augardente neste país. Pese a todo, a xente segue a gozar e a face-los seus destilados caseiros neses alambiques de cobre que se poden atopar a bo prezo no veciño Portugal. Por algo se di; menos mal que nos queda Portugal. E que me din dese viño do país que sen a acidez que lle dá a uva catalana non sería tal viño. Que máis ten que xa non se poida comercializar ou planta-lo catalán. Que máis ten que nos chore o fígado cada vez que ve a beberaxe que hai na cunca. Non será unha boa uva pero non se vai face-lo viño coa auga que estraga os camiños, digo eu. E que mellor sitio para catar estes caldos ca un bo furancho. Esa especie de laureada taberna autóctona e clandestina, de apertura e servizos limitados, pero que case nunca se cumpren, maldicida polo gremio de hosteleiros e bendicida pola confradía da enxebreza, a troula, o viño e o saber vivir. Poderiamos seguir dando moitos exemplos da clandestinidade deste país. O tabaco de batea, denominación inequivocamente galega, fillo pródigo do estraperlo ata que as sucias mans do narcotráfico quixeron facer das rías baixas a súa pequena Colombia ou Sicilia. Os mercados e as feiras non regulados, versión galaica e precursora do

2


Fol de Veleno Carrefour. Os menciñeiros, meigas, bruxos, compoñedores, pastiqueiros e sandadores, medicina paralela, libre e clandestina que segue a gozar de plena vida. A relixión antiga e prohibida do culto á auga e ás fontes (ó carón dunha capela), ás pedras (cun cruceiro enriba), ós bosques e montes (onde se apareceu a virxe), ós cruzamentos de camiños (cun peto de ánimas). O culto á relixión propia, pagá e clandestina, latente baixo o verniz da imaxinería cristiá. Pero vivir nun país clandestino tamén ten as súas desvantaxes. A incoherencia de que o teu himno cante á Nación de Breogan, pero non nos recoñezamos esa condición, a desvantaxe de que se siga a considera--la túa lingua como unha lingua clandestina, de pobres, incultos e paletos. O problema de que non poidas exercelo teu dereito a usala en tódolos ámbitos da túa vida. A desvantaxe de que te discriminen e menosprecen polo feito de falar na túa terra na túa lingua nai ou no mellor dos casos que te etiqueten como nacionalista e non como Galego. O inconveniente da falla de respecto ó noso patrimonio histórico-artístico ou á nosa paisaxe e crenzas.

Música, Arte e Literatura A desvantaxe da falta de respecto a nós mesmos e ó que fomos e somos. A desvantaxe, en definitiva, da nosa autoxenreira endémica. Pero pese a todos eses aspectos negativos merece a pena loitar por este país clandestino e por un futuro mellor. Merece a pena achega-lo o noso pequeno gran de area en forma deste Boletín divulgativo, libre e anárquico , para que coñezamos mellor as nosas cousas, para que saibamos de onde vimos e o que somos, para que nos valoremos como pobo, e porque como dicía o poeta Pondal no noso himno “os tempos son chegados…” e aquí estamos nós, os Galegos, a tribo aturuxo, para berrarlle a este mundo da globalización, da estupidez, da inxustiza e da explotación que existe un pobo no cabo do mundo que non está disposto a perecer. Que aínda temos forza para loitar, que Castelao é noso e que denantes mortos que escravos.

O Sr. Pereira

4


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

- Galería de Sons Inventario dos grupos de música tradicional e folk do noso contorno. OS CHICHISOS, Formación tradicional de gaiteiros do país nacida no 1992 cando un grupo de amigos con inquedanzas musicais se xuntan para profundizar no coñecemento e na aprendizaxe da música popular galega, movidos polo seu interese na conservación e difusión da nosa tradición musical. No ano 2000 constitúese a formación actual do grupo e dende ese ano son múltiples as súas colaboracións en diferentes ámbitos da vida cultural de Pontevedra, así como innumerables son as actuacións que os Chichisos veñen realizando por todo o territorio galego e incluso en Irlanda, onde participaron no “NYAH County Cavan Arts Festival 2005”. Caracterizados polo seu espírito festivo e lúdico (de aí o seu alcume de Gaiteiros de Furancho) e polo seu compromiso coa realidade social e cultural da súa cidade e do seu país, gostan de colaborar desinteresadamente con diferentes asociacións culturais, veciñais, ecoloxistas e deportivas do seu contorno. Como exemplos da súa teima por manteren vivo o acerbo musical galego veñen traballando os últimos seis anos na recuperación dos “Cantos de Reis” cos nenos das parroquias de Tomeza, Bértola, Figueirido e Salcedo, tradición esta tan propia antano do Nadal en Galiza. Así mesmo, dende hai uns tres anos, traballan coa Asociación. Veciñal A Landra de Marcón na celebración dos “Seráns” ou “Xunta de Espigas” na parroquia de Marcón. Actualmente están inmersos nunha campaña reinvindicativa pola dignidade e o respeto dos gaiteiros, e na organización dunha merecida homenaxe ó inigualable John Balan, o home orquestra de Seixo.

COMPOÑENTES: XOSÉ FEIJOO: Bombo, pandeiro, pandeireta e charrasco. TOÑO VÁZQUEZ: Tamboril, pandeiro e pandeireta ROSALÍA RODRÍGUEZ: Gaita, pandeireta e tamboril ANA LLEVOT: Pandeireta CÉSAR MARTÍNEZ: Gaita, acordeón. PACO SUTIL: Gaita, frauta traveseira e pito galego. RAFA QUINTíA: Gaita, guitarra JOÃO BIEITES: Gaita, frauta traveseira, cavaquinho e tarrañolas. Contactos: Tlf: 649 123 037 676 842 942

chichisos@yahoo.es

4


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

OS LERENSES O grupo de gaitas Os Lerenses nace na Boa Vila de Pontevedra coa ilusión de botar unhas pezas de música do país, tratando de recuperar o gusto polo toque pechado que caracterizou os seus gaiteiros de máis sona: Xan de Campañó, os de Soutelo de Montes e Ricardo Portela. Alumnos, alá polo ano 1995, da Foto: Os Lerenses en plena actuación. Escola de Gaitas de Toque Pechado “Marmurios de Leucoíña”, comezamos as nosas andanzas no 2000. César, José Luis, José Martínez, Maqui, Quique e Rafa, Sito, Álex Farto (principal colaborador actual ao tambor), todos eles amigos e membros. No camiño topámonos cos mestres José Álvaro Novegil Dopazo, Eduardo Estéban (do grupo pontevedrés “Marmurios de Leucoíña”), José J. Presedo, Astrid Filgueira, Fermín e Sonsoles Martínez (dos “Trazantes de Tenorio”), Juan de Combarro, Iván Costa Blanco. Con todos eles sentímonos en débeda, e o recoñecemento é sentido e sincero; así como coa familia Seivane, Os Chichisos, Óscar de Viascón, Xan o palleteiro e Alberto do Hío. Paga a pena embarcarse con xente coma esta de compañeira de viaxe. Pero é a don José Gutiérrez Piñeiro, “José da Chamiseira” (1919-2005), membro dos “Airiños do Mar de Hío”, a quen máis ligados estamos e por quen máis saudade sentimos. Se compensa este mundo da gaita é por persoas da bondade do señor José. Carecemos del, nas dúas acepcións da palabra. A súa devoción por Os Morenos converteuse no noso emblema. Hai unanimidade nas influencias: Portela, Os Campaneiros, Os Soutelo, Os Morenos. Para nós, se temos que escoller entre as cachopezas e as melodías con unto, a escolla é doada: Melodías con unto. Aí está o repertorio que o testemuña: A Volta dos Ramalliños, A Farruquiña (Polca), A Rianxeira (Foliada das Rías Baixas), Jota dos Peruchos, Fandango de Pontevedra, Farruquiña chaman á porta (Muiñeira), A Pontebora (Muiñeira), etc. O pasado non alembra, esta é a desgraza, a enfermidade crónica da nosa cultura e polo tanto da nosa música. Ante o esquecemento e morte dunha visión do mundo tan rica coma a galega, só nos resta facer unha cousa: (re)interpretar con sentimento e paixón. E ledicia. COMPOÑENTES / FUNDADORES: José Ángel Rosales González, gaiteiro (Vilaboa do Morrazo, 9-III-1972) Xaquín García Santiago, bombeiro (Estribela, 18-VI-1963) Ramón Rubianes Viqueira, gaiteiro (Trabanca Badiña - Vilagarcía de Arousa, 18-I-1970) Contactos: Tlf: 647 636 401 607 834 106.

5


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

- Dando a nota A opinión dos nosos músicos: Os Chichisos:

CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS,

POLA DIGNIDADE DOS GAITEIROS,: “NON Este é un chamamento a tódolos gaiteiros do país, ós bardos da Tribo Aturuxo, á confradía do bombo, do tamboril e da gaita, á voz do pobo e da nosa alma. Un chamamento para que calen tódalas gaitas da Nazón de Breogán namentres os gaiteiros da nosa terra non reciban o trato digno que merecen. Un berro ós nosos irmáns do fol para que se neguen a tocar en toda festa, romaría ou foliada onde non apareza dignamente recollido no cartel da festa o seu nobre nome de gaiteiros. Rematemos co anonimato no país das gaitas. Xa o dicía o mestre don Ricardo Portela, igual que figuran o nome das orquestras ou dos patrocinadores ten que aparece-lo dos gaiteiros; e se non, non tocamos tocamos. Estamos fartos de escoitar nos medios, de ler nos xornais ou de ver nos carteis de festas frases de menosprezo como “actuará

SEN O NOSO NOME” un grupo de gaitas”, “haberá animación musical”, “tocarán uns gaiteiros” ou “haberá música de gaitas”. Non admitamos este degradante xeito de referirse á respectable actuación dun grupo de músicos tradicionais cun nome propio e un traballo, esforzo e ilusión detrás dese nome. Como di o noso himno; os tempos son chegados e agora que chega o verán e o país estoupa en milleiros de festas é o momento de que digamos NON. NON sen o respecto que merece todo músico tradicional, NON sen o trato digno que se lle debe á nosa música, NON mentres o traballo do gaiteiro non sexa recoñecido como merece selo a figura máis representativa da nosa cultura e da nosa Terra. NON tocaremos se non figuramos no cartel. Irmáns da gaita, compañeiros da foula e a brincadeira, fillos da noite no muíño, pola dignidade da nosa música berremos sen medo: NON SEN O NOSO NOME!!!

Os Lerense: “Exabruptos” “Os gaiteiros somos coma eses arados que se poñen de ornamento nos xardíns: afastados do seu contexto, da súa función, son recordos dun tempo que xa se foi. Sen alboradas, sen procesións, sen fiadeiros, acabaremos como reclamos de turistas”. “Dos gaiteiros de hoxe dicir que todos sofren de laxitude creadora. Demasiada constipación (en sens français) cromática, demasiadas cachopezas e pouca melodía. En conclusión: estamos como queremos e así nos van as cousas”.

“É inevitable mencionar as bandas marciais. Delas só esperamos que sexan consecuentes coa súa marcialidade e no caso dun conflito armado entre España e..., poñamos por caso, Gran Bretaña, no campo de batalla avancen en primeira fila tocando unha marcha (composta para a ocasión polo sr. Foxo, claro). Xa vexo a escena: na vangarda, avanzando coas súas gaitas tricornias e caíndo, un por un, ante o fogo inimigo, o seu insigne director o primeiro. Deus, que marabillosa visión! Que épico! Que alivio para as arcas da Deputación!” Que teñan un bo día.

6


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

-

Dó Brillante -

Para dar a coñececoñece-las túas composicións. “A GALGARETA” (polca) por Joao Bieites

“A CARQUEIXA” (muiñeira) por Paco Sutil

-PRA CANTAR VEÑO EUEUPara aprendeaprende-las cantigas de sempre e botarlle unha canta coma Dios manda, criaturiñas. “ALALÁ DAS MARIÑAS” Teño unha casiña branca na Mariña entre loureiros, teño paz e teño amor e estou vivindo no ceo. Ailalala, ailalala..

E adiós á miña casiña, portelo do meu quinteiro, auga da miña fontiña, sombra do meu laranxeiro Ailalala, ailalala..

5


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

Aqueles vellos Músicos-

-

Unha lembranza para os músicos que antano percorreron as nosas parroquias. Manuel Rey Durán (1894-1975), popularmente coñecido como Manuco, natural do lugar do Albeiro, parroquia de Marcón. Canteiro de profesión e músico de corazón. Un dos máis virtuosos acordeonistas do seu tempo. Formouse en solfexo co ilustre mestre Refojo de Pontevedra. No ano 1918 gaña o concurso das Festas da Virxe do Camiño ó mellor acordeonista da provincia. Coa súa bicicleta e o seu acordeón ó lombo percorreu durante anos as parroquias e vilas de Pontevedra levando a súa música polos bailes, festas e romerías. Ós 27 anos, tras casar, vai vivir a Salcedo onde montará no ano 1929 o seu propio Baile no lugar do Cruceiro. Co estalido da Guerra Civil e a cruel postguerra, como tristemente ocorreu con tantos bos músicos de Galiza, trúncase a súa carreira musical e Manuco deixa definitivamente de tocar para xa non volver actuar co seu acordeón nunca máis. Sempre viviu coa pena de que o seu fillo non tivese dotes para a música e de que non puidese segui-lo seu legado, e soía dicir da súa filla, que si tiña esas cualidades musicais, “Que pena que non fose rapaz porque sería un bo acordeonista”, pero corrían outros tempos e era impensable que unha muller andase a toca-lo acordeón polos bailes. Finalmente falece no ano 1973 sen deixar un herdeiro directo da su técnica ou repertorio, e con el vaise tamén un xeito de vivi-la música e os bailes no noso país. Por Rafa Quintía

José Peres Ucha

(17-06-1902/

30-05-1979).Nasceu

em

Leborei-Cerponções (Ponte Vedra). Foi trabalhador da RENFE, Começa por tocar de forma autodidacta uma flauta mais pequena da que se pode observar na fotografia, com uma ou duas chaves (possivelmente uma requinta). Fazia dueto com Faustino Calvo que tocava a concertina (acordeão diatónico) e há notícias de os dois terem tocado no “Baile de Verduzido”por várias ocasiões. Mais tarde, já casado e com filhos, consegue armar uma outra flauta (a que aparece na fotografia), maior do que a anterior, com peças de flautas diferentes adquiridas em segunda mão. Esta flauta, que ainda se conserva quase na sua totalidade, consta de quatro partes (inclui “barrilete” para a afinação) e oito chaves. È de fabrico alemão ou francês nas que as chaves se inserem por meio de peças metálicas, em contraposição às de fabrico britânico nas que as chaves se inserem directamente na madeira da flauta. A partir desta altura as suas actuações com Faustino são muito raras, limitando-se a alguma participação no citado “Baile de Verduzido”, a percorrer as casas da sua aldeia pela véspera do Natal ou nalguma celebração familiar, como é o caso que ilustra a fotografia, pois trata-se duma actuação que deu, junto com Faustino, na boda dum vizinho. Por Joâo Bieites

7


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

- Da paleta do pintor, ó cicel do canteiro Vestiario de artistas sen modas nin etiquetas. Francisco Juan Sutil Barbosa (Pontevedra 1971),

. Pintor e restaurador de arte

Trazo groso, pulso firme, tres cores básicas na súa paleta e catro elementos máxicos ós que entregarse nunha comunión atábica para plasmar dende o máis fondo da alma, cos ollos puros dun artista ceibe de complexos e modas a paisaxe e a natureza desta nosa terra nai. A obra de Sutil retrotáenos ás oríxes, somérxenos no seo materno da terra, fainos flotar no líquido amiótico da choiva, do mar e dos ríos. Cóspenos sen adornos a beleza que nos rodea e que tantas veces nos negamos. Afúndenos na cromática da súa obra lémbrandonos de onde vimos e a onde pertencemos. Fiel á técnica e á máis nobre tradición paisaxística, Sutil convértese nun radical provocador fronte a un enfermo mundo artístico no que toda creación que carece do obrigado tufo a “ falsa innovación”, vangarda ou pretendida orixinalidade, non é valorada nin merecedora de espazo, divulgación ou recoñecemento. En definitiva, un verdadeiro pintor nun estúpido mundo sobrante de falsos artístas. Por Rafa Quintía

ACTIVIDADE ARTÍSTICA 1992:1992:- Inicia estudos na facultade de Belas Artes de Pontevedra. -Mostra no Certame de Artes Plásticas “NOVOS VALORES 92” na modalidade de pintura e fotografía. 1993: -Exposición colectiva 2º Curso de Belas Artes da facultade de Pontevedra titulada “POSICIÓN 93” . -Accesit na modalidade de pintura pola fundación “Rutas del románico”. -Exposición na Sala de Arte do Casino da Toxa. Pontevedra. 1994: -Mostra no Certame de Artes Plásticas “NOVOS VALORES 94”, especialidade de Gravura. -Exposición na Sala de Arte do Ateneo Santa Cecilia de Marín. Pontevedra. 19951995-1997:1997:- Realiza a especialidade de Restauración de obras pictóricas na Facultade de Belas Artes de Granada. 1998: -Obra subhastada na galería de arte “ANSORENA”. Madrid. 1999: 1999 -Exposición no Liceo Marítimo de Bouzas. Vigo.

8


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

2000: -Exposición no Museo Manuel Torres. Marín. -Exposición na galería “ARCANA”. Vilagarcía. -Exposición no Museo Diocesano da Catedral de Tui. -Exposición poético-pictórica titulada “TERRAS RARAS” xunto ó poeta Carlos Solla no Club Náutico de Vigo. -Exposición no centro de arte-tapería o “Masón”. 2001: -Mención da exposición “TERRAS RARAS” e mostra da pintura “ A pedra do equilibrio” no libro-homenaxe a Inés Canosa “ MULLER DE DOCE SAL”. -Obra no poemario de Carlos Solla “TERRAS RARAS”. Fundación cultural Arte Tripharia. Colección Roibén. 2002: 2002 -CERDEDO, DÚAS VISIÓNS. Presentación do libro "Cerdedo. Inventario Xeral exposición poético-pictórica -LUZ E PAISAXE. Exposición no Hotel Justo. Sanxenxo. Pontevedra -Exposición na cervexería FEIRA VELLA Pontevedra 2003:2003:-Exposición Hotel Justo. Sanxenxo. Pontevedra -Exposición na cervexería Feira Vella de Pontevedra 20042004- Luz e paisaxe. Castelo de Soutomaior. Deputación de Pontevedra - NADIR. Camiño de Compostela. Xunta de Galicia.

Expoñer en Pontevedra “As dificultades que un artista tivo para expoñer nunha cidade como Pontevedra sempre foron grandes, tendo en conta que a cidade só contaba cunha sala de exposicións, a que tiña a Caixa de Pontevedra, agora Caixa Nova, na praza de San. Xosé, sempre e cando o devandito artista contase cunhas cunhas doses de paciencia bastante importantes xa que tiña que esperar como mínimo un ano para poder presentapresenta-la súa obra ó público. Na actualidade a situación semella sese-la mesma a pesar de contar cunha facultade de belas artes. Resulta complicado de entender como entender contando cunha suposta canteira de artistas no seu interior non existe o menor contacto coa cidadania, contacto que resultaría sumamente enriquecedor para ambos. A sala de exposicións de Caixa Nova apostou polas grandes exposicións de artistas consagradísimos consagradísimos (Sorolla, Lugrís, etc.) que enriquecen notablemente a vida cultural da cidade pero que deixa os artistas non consagrados á marxe desta e impídese deste xeito a súa divulgación e o

intercambio de ideas. Ante esta situación as autoridades pertinentes pertinentes deberian concienciarse da necesidade de crear espazos públicos onde a actividade cultural desta cidade puidese manifestarse sen ter que acadar grandes cotas de éxito. Os espazos de divulgación cultural públicos servirian para dotadota-los artistas de total total liberdade (ideolóxica e estética) á hora de exponeexpone-la súa obra, e evitaría a selección de artistas por modas e ideoloxías, de xeito que fose só a orde de petición a que prevalecese á hora da concesión da sala, só o público e os críticos serian os encargados encargados de comentar e dada-las súas opinións. Todo artista precisa de lugares onde amosaamosa-lo seu traballo con total liberdade, sen que o xulguen con falsos esnobismos e modas e libre de prexuizos; á fin e ó cabo a arte é unha prolongación das nosas vidas, das nosas ideas e emocións: deixemos que flúan con naturalidade ante os nosos ollos”.

por Francisco Sutil

9


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

SONIA ABOLLO CUÉLLAR (Pontevedra 1972) Ceramista

e actriz

“A cerámica camiña da man do home dende a prehistoria, e continúa a súa evolución evolución a pesar de seguir camiños a maioría das veces descoñecidos. O teatro non pode ser pusilánime, ten que provocar auténticas revolucións” Sonia Abollo EXPOSICIÓNS

* Terra, Auga, Lume... Cerámicas. Alumnos Taller da Delegación Provincial de Cultura de Pontevedra, Sala Teucro 1998.

* Exposición Cerámica. Alumnos curso Ceramista- Modeladora- Escultora, Museo Manuel Torres de Marín, Pontevedra 1998.

* Exposición Cerámica. Colectivo Asociación Cultural de Cerámica ARXILARTE, Museo Manuel Torres de Marín, Pontevedra 2000.

* Exposición Cerámica. Colectivo Asociación Cultural de Cerámica ARXILARTE, hotel Covelmar de Poio, Pontevedra 2000.

* Exposición Cerámica-Pintura. Colectivo Asociación Cultural de Cerámica ARXILARTE Pintor Xaquín Soneira. Museo Manuel Torre, Marín, Pontevedra 2001.

* Exposición Cerámica-Pintura. Colectivo Centro de Arte MA-TE, Sala de Exposiçóes Municipal de Valença do Minho, Portugal 2002.

* Exposición Cerámica-Pintura. Colectivo Centro de Arte MA-TE, Museo Manuel Torres de Marín, Pontevedra 2002.

* Exposición Cerámica-Pintura. Colectivo Asociación Cultural de Cerámica ARXILARTE - Pintor Xaquín Soneira. Ateneo Santa Cecilia, Marín, Pontevedra 2002. *Exposición cerámica. Colectivo Asociación Cultural de Cerámica ARXILARTE, sala de exposicións Nelson Mandela, Factoría do Sur, Pontevedra 2002. *I Mostra de Artes Plásticas e Fotografía de Pontevedra. Sala de Exposicións do Teatro Principal, Pontevedra 2002.

* Exposición Cerámica-Pintura. Colectivo Centro de Arte MA-TE, Sala de Exposiçóes Municipal de Valença do Minho, Portugal 2003. CERTAMES E PREMIOS:

* 2º Premio Modalidade Cerámica. XII Certame Galego de Artes Plásticas, Xunta de Galicia 1999. * 2 Obras Seleccionadas en Catálogo. XIV Certame Galego Artes Plásticas, Xunta de Galicia 2000.

* 3º Premio Modalidade Cerámica. XV Certame Galego de Artes Plásticas, Xunta de Galicia 2001.

9


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

* 7ª Mostra Artxove. Modalidade Escultura. Concello de Pontedeume, 2002. *2º Premio Modalidade Outras Manifestascións Artísticas. XVI Certame galego de Artes Plásticas, Xunta de Galicia 2002.

ACTIVIDADE TEATRAL:

* Membro da AULA DE TEATRO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA dende a súa creación no ano 2000. * Premio á Mellor Actriz de Reparto na VII Edición do Certame Nacional de Teatro de Reinosa, 2002. * Nominada Mellor Actriz no Certame Cabana de Bergantiños, 2002. * Premio á Mellor Interpretación Feminina na II Mostra de Teatro Afeccionado de Laxe, 2002. * Nominada Mellor Actriz Principal na IX Edición do Certame Nacional de Teatro de Reinosa, 2004.

- PaPalabras nun mundo sen palabras Un poema, unha bala contra o funcionalismo e o estúpido sentido práctico que nos está a invadir porque eu era unha nena e chorei tanto coma o día que asfaltaron o camiño e xa non se podían enterrar as catiuscas no xabre lamacento e cubriron con piche a casa do grilo que cantaba sempre á tarde para escarnio de toda a caste principesca dos ortópteros e foi un ano que houbo superávit de serradela e desconsolo Por ELVIRA RIVEIRO TOBÍO I Brotáronme pra navegar na carruaxe da miña pel mentres viñan ó meu recordo os meus-teus ollos as palabras “infinita saraiba” dun poema que me deixaron e que vou lembrando. de chegar a ferir as maos de dentro. erguidas polos sons das árbores da casa. Pensando en que tiña unha montaña enriba de pó dun laranxa que me protexe, que fabriquei. Brotáronme non sigo querendo parar á morte. agora teño tempo un ambiente propicio para voar. Por Sevas Anxo10


Fol de Veleno

Música, Arte e Literatura

- Cantar de cego Crisol de relatos curtos “Un mal día lo tiene cualquiera” Estaba hasta los huevos de su cara de cerdo. De sus aires de chulo de putas, de malote del barrio, de capo carcelario, de gallito de corral y de nuevo rico que medra, como siempre se medra, a base de machacar a los de siempre. Era el amo, como tantos otros, el que decidía si seguía contratado o se iba a la puta calle, el que decía si tenía vacaciones o no, el dueño de su trabajo, de su tiempo, de su futuro y su vida. Un cacique que vendía como favores los derechos que correspondían por ley, aunque la ley en este país de ladrones no la cumpla ni Dios, o mejor dicho, ni Dios que tenga dinero. Eso, si eras sumiso y no protestabas por que sino ni favores te vendía. Ya no aguantaba más. Llevaba 10 años de trabajo de mierda en mierda de trabajo. Desde que empezó de becario con su título de licenciado reluciente y sus ganas de comerse el mundo, trabajando 10 horas al día sin cobrar un duro, hasta hoy en día que trabajaba 10 horas al día cobrando 800 € y con un mísero contrato de esclavo por ETT. Se acabaron los buenos tiempos en los que estaba igual de explotado y puteado pero por lo menos tenía un contrato de obra y servicio por la empresa. Por obra que nunca finalizaba y en la que nunca había trabajado, pero al menos era un trabajador en plantilla. Ya se sabe que hasta entre los galeotes hay clases. Había finalizado su contrato hacía una semana, después de cinco años en la empresa, los tres últimos de ETT. Prometiéndole que pronto se estabilizaría su situación y vendiéndole la moto de “contamos contigo” y “aquí hay muchas

posibilidades de futuro para un joven con ganas de trabajar”. Le ofrecieron continuar un mes más como ETT, hasta que se estabilizara la coyuntura económica, ya sabes, “está la cosa difícil, la competencia china, el precio de petróleo,..pero contamos contigo”. Él le respondió que la coyuntura económica se la pasaba por el forro y que se metiera el contrato de un mes y el precio del petróleo por el culo. Al jefe no le sentó muy bien el comentario sarcástico e interpretó que no quería seguir vinculado a la empresa. Y así estaban las cosas, él de nuevo en el paro y la escopeta de posta de su padre colgada en la pared del comedor. Sabía que con un poco de valor podría mejorar este mundo de mierda. Aportar su granito de plomo. Era hora de que hiciese algo por los demás y por él mismo, y no estaba pensaba en meterse en una ONG precisamente. Lo criticarían, sería un incomprendido, la vergüenza de la familia. Dirían que en democracia eso es inadmisible, que hay otra forma de arreglar los problemas y hasta es posible que acabase en la cárcel. Eso si lo llegaban a pillar, claro. Lo había pensado muchas veces. Cada vez que iba a trabajar, cada vez que abría un periódico, escuchaba la radio o veía el telediario. Lo había pensado cada vez que un amigo le contaba sus condiciones de trabajo, cada vez que algún político demagogo y ávido de poder escupía su discurso nauseabundo de promesas, mentiras y engaños. Cada vez que oía hablar de conciliación laboral, de las 35 horas y del Estado del Bienestar, donde

11


Fol de Veleno no está bien ni Dios. Cada vez que sentía esa acidez en el estómago que la bilis, la impotencia, la rabia y la mala ostia le producía. Esta vez lo tenía decidido y lo haría. Cogió la vieja escopeta del viejo, la limpió y la engrasó. Después, con la delicadeza de un artesano metió dos cartuchos de posta para jabalí en cada uno de los cañones superpuestos del fusco. Abrió el arma y la metió en una bolsa de deporte. Después bajó al garaje, cogió en el trastero el traje de aguas que le habían dado cuando fue a limpiar el chapapote de un Gobierno de caza y se montó en el coche. Condujo dos km hasta el barrio donde vivía su jefe. Aparcó en la calle trasera del edificio. Caminó tranquilo hacia el portal, cerciorándose de que nadie se fijaba en él. Llamó al telefonillo y haciéndose pasar por repartidor de pizza se coló en el portal. Solía regresar a casa a las 9. Era de esos jefes que le gustaba salir el último para que el personal lameculos se sintiese obligado a hacer más horas y “arrimar el hombro”, aunque la pasta siempre se la arriman los mismos. Se puso el traje de aguas y lo esperó oculto en la oscuridad de la escalera. Vio su oronda silueta acercarse al portal y abrir la puerta. Cuando el infeliz se giró para encender la luz se topó con una sonrisa gélida que le vigilaba desde la oscuridad. -¿Qué haces aquí? Preguntó el hombre sorprendido. -Vengo a devolverle el finiquito, jefe. Ambos se miraron fijamente a los ojos y sin palabras le dijo lo que tantas veces le habría dicho. La siguiente en hablar fue la escopeta del 12 que tenía entre sus manos.

Música, Arte e Literatura Bum, bum!!. Una cruz en el pecho y otro en la frente. Y como un saco de patatas inerte cayó al suelo, dejando un reguero de sangre y un graffiti rojo en la pared. Al verlo así tirado en el suelo, con el cuerpo extrañamente desconjuntado le recordó a aquellos llaveros de esqueletos que conseguía de niño en el puesto de tiro de las fiestas del barrio. Es curioso, todos nacemos igual pero a la hora de morir no todos morimos igual. Unos mueren con dignidad, otros rogando y suplicando. Algunos mueren resignados, como esperándola, normalmente los que ya no tienen nada que perder ni ganar en esta vida. Otros, en cambio, mueren con cara de imbéciles, sin llegar a entender como les puede estar pasando esto a ellos, tan ricos, tan poderosos. Ellos que se creían por encima de todo. Pero a veces las cosas se tuercen y no salen como lo has planeado. A veces quedan cabos sueltos o das con alguien que no es tan flexible como quiere el mercado, o que simplemente tiene un mal día y entonces ocurre que te puedes encontrar en el suelo sangrando como un cerdo con las tripas fuera, cuando tu mayor preocupación era elegir que modelo de BMW ibas a comprar. Se quitó el traje de aguas salpicado de sangre, y lo guardó en un saco de plástico, después metió la escopeta y el traje en la bolsa de deportes y salió a la calle. Detrás se oían voces que bajaban por la escalera. Miró hacia el cielo gris que amenazaba lluvia, sintió el brillo de la luna que se colaba entre las nubes. Echó un vistazo al reloj, las 9.15h, 11 de noviembre. -Coño, 11 de noviembre, San Martiño… Fin

Por Pompeo Harriman

13


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- Ó carón da lareira Contos, lendas e historias dun país cadabre O SEGREDO DO RABELO (1ª parte) Orixes míticas da freguesía de Cerdedo I ARÉN A aldea de Arén (Cerdedo-Terra de Montes) fundouse en idade castrexa á beira do río do mesmo nome –antiga denominación do río do Castro–. A citania do coto acolleu a tribo dos arencos, esforzados labregos que enxalzaban a auga como principio vital. Quizabes, hai máis de 2000 anos, a mesopotamia derregada polos ríos Castro, Seixo e Cervas, o que hoxe nomeamos Cerdedo, o val de Cerdedo –terra de cerdeiras–, fose daquela coñecido por Arén, chamadeiro prerromano respectado polos conqueredores latinos. Arén é topónimo relacionado coa auga en movemento, e por extensión co terreo beneficiado pola súa proximidade: río, veiga, valgada... A xínea arenca inzou de norte a sur o val dos ríos Castro e Seixo. O devir pacífico dos arencos foi alterado pola chegada á valiña da caste moura, adoradores de serpes. Cómpre determinar, atendendo ao recolleito na zona verbo da concomitancia de mouros e réptiles, se a peripecia da Idade dos Mouros pode ser glosada coma trasunto mítico do pobo saefe que no principiar do noso tempo e tras someter polas armas o pobo oestrimnio, fíxose dono do territorio noroeste. O referido episodio histórico foi fixado por Avieno na súa Ora marítima (escrita no séc. IV d. C. mais asumindo descricións das costas noroccidentais da península feitas no século VI a. C.). Lemos en Avieno: É tanta a extensión de Ophiusa/canto oíches que era a illa de Pélope/en terras dos gregos; esta primeiro chamouse Oestrymniam, habitando os Oestrymnios os seus lugares e campos;/logo moita serpe obrigou a fuxir os seus habitantes;/e deulle o seu nome á terra baleira. Os mouros irromperon no val, venceron os aldeáns en desigual contenda e obrigáronos a abandonar as súas herdades. A mouraxe habitou o sochán do castro, cavando fondas galerías co aquel de extraer a riqueza mineira da montaña. Co ouro e a prata arrincados do subsolo, os mouros, habelenciosos ourives, confeccionaron fermosas alfaias até acumular un tesouro de incalculábel valor. Os indíxenas arencos aceptaron con resignación a súa fada instalándose nas lombas do nacente, mais, andado o tempo e mercé a secreta mediación, aos montañeses foilles revelada a fórmula esconxuradora que os liberaría da presenza da mouramia. Velaquí o máxico recitado: Mouro, polo poder do teu ouro, fai ida de corvo. A derradeira representante da estirpe mouresca, cando vítima de desencantamento se viu na obriga de abandonar o lar arenco, pronunciou aquilo de: Aí vos quedades, castriño de Arén que tres minas ten: unha de ouro, outra de prata e outra de lume de alcatrén que é a que gharda as outras tamén, certificando deste xeito a riqueza acochada nas entrañas do outeiro. O acceso ás galerías castrexas interrómpeo un penedo, a Laxa do Castro, onde os mouros deixaron inscrito un estraño signo que, ou ben responde ao dito pola moura na súa sentenciosa despedida, ou ben é mapa que guiaría o pescudador de riquezas no labirinto soterrado. Moitos foron os que ansiaron internarse na canfurna, mesmo houbo quen decidiu violentar o rochedo, desesperado por non achar xeito de ultrapasar a soleira, de aí que presente signos de crebantamento, infrutuosos, xa que a pena é indestrutíbel.

15


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

A aldea de Arén padeceu xacando o acoso dunha monstruosa cóbrega, horrífico dragón de sete cabezas. Os aldeáns demandaron a intervención dos adaís da nova fe e o Arcanxo San Miguel acudiu lixeiro no auxilio. O anxo guerreiro venceu o arrepiante ser e pechouno tras cadeado de sete chaves nun alxube baixo terra. San Miguel esparexeu as chaves co aquel de garantir a reclusión perdurábel da besta. Unha delas foi pendurada da carranca dun can, nomeado Turco, cuxa lonxevidade e afouteza foron prodixiosas. Os arencos, arredor do século XII, en agradecemento, construíron encol do alxube a capela na honra do santo liberador. A capela de Arén refaríase no século XVII por mandado de Antón de Arén, tío de Pedro de Arén, egrexio canteiro, artífice da construción da torre da catedral de Ourense. No interior do templo pódese observar a imaxe do Arcanxo sometendo so os seus pés a un demo desafiante, cornudo e de forte ollada. Ao seu carón e recado a Virxe do Libramento pousa reconfortada. A parede leste da capela loce dúas cruces, quizais templarias. A parede norte, un calvario, e á esquerda deste, un minguante. A media lúa puidera ser críptica representación, simboloxía sinóptica de Lucifer “o deus da luz”, tamén denominado Baphomet, controvertida divindade diabólica a quen os templarios rendían culto en segredo. É dende logo rechamante que unha das etimoloxías que barallan os estudosos para Baphomet achegue o significado de “Aquel que abre a porta”. É a enxeñaría templaria artífice da fábrica do templo de Arén? Cobizaron ou custodiaron os templarios o tesouro dos mouros?... O camiño de Santiago discorre preto do lugar de Arén. A ponte de Parada, sobre o río Lérez, conduce o peregrino cara á Compostela. Nada novo se engade cando afirmamos que a Orde dos Cabaleiros do Temple, fundada en 1118 co obxectivo de protexer os peregrinos, adoitaba fincar o seu pendón á beira dos camiños que levaban a Santiago. Os arencos rezan con devoción a San Miguel, mais entenden como necesaria a representación do seu contrario para perpetuar o equilibrio das forzas cósmicas. Cando nunha das miñas visitas ao lugar cualifiquei o demo de terrorífico, unha aldeá arenca, ao tempo que acariñaba os pés do maligno, corrixiume dicindo: este petelo non lle fai mal a ninguén. A comezos do século XIX, a avanzada francesa foi detida en Arén grazas á fereza do sobredito can Turco e grazas así mesmo á efectiva intervención de San Miguel ao que os aldeáns amezaron con chimpar lomba abaixo senón actuaba con contundencia fronte ao inimigo. Os gavachos tencionaban cruzar o río do Castro á altura dos Carrascos, mais a Pilara, labrega arenca que alindaba as touras na ribeira, acirrou o seu can de palleiro. O Turco regañou o dente, ladrou rexo e o alarde foi abondo para acadar a retirada do invasor. Na década dos setenta do século XX, Xosé da Reloxa, veciño de Barro, coidaba o gando nun pradelo ao pé da estradiña de Arén cando viu achegarse un refolguexante coche negro. No interior do impoñente “haigha” viaxaban tres homes, traxeados a xogo co vehículo. Os estraños visitantes preguntáronlle pola localización do castro. Xosé indicoulles amablemente que a aterrada citania estaba diante deles, a unha carreiriña de can. Os homes de negro fonearon nas leiras castrexas aínda un bo anaco. Á volta non dubidaron en parar diante do noso labrego para se despediren. Xosé preguntoulles se tiraran proveito da visita, e eles, amosando unha saca ateigada de coios e outros obxectos dixeron: connosco levamos aquilo que buscar viñamos. Os veciños de Arén din que nas leiras chamadas Castros, boas pataqueiras, escóitanse ruídos estraños, e que non é raro, durante os labores de labra, sentir como, baixo o chan, as pedras rolan a tombos precipitándose cara ao insondábel. Moitas son as lápidas que ten levantado o arado. Os arencos din que o templo de Arén foi sé parroquial e que á súa roda estendíase un camposanto.

16


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

II CAVENCA Os caviancos construiron e habitaron o Castro Seghón e dende o seu asentamento orixinal poboaron de sur a norte o val do río das Cervas e o val do río do Seixo. A aldea de Cavenca –vaganta, cavorco– foi fundada pola tribo dos caviancos ao pé da Verea Vella, vieiro antiquísimo. As lendas vencelladas co ouro somerxido no pozo Sangoento do río do Seixo, e co tesouro soterrado ao pé do outeiro do Cuarto de Aseo, no monte de Cavenca, dan testemuño da Idade dos Mouros e da súa angueira. O Cuarto de Aseo resolvía, segundo os labregos, a hixiene íntima da mouramia. A auga do regueiro que discorre por entre as fírgoas da peneda posúe calidades salutíferas e esconxuradoras. A fórmula Coa auga do cu lavémos a cara para que Deus nos libre dunha mala fada, recollida na aldea, e coa que se ensalma o lavatorio, confirma esta antiga práctica. Os caviancos viviron dende o alborexar da súa historia atormentados pola presenza dunhas criaturas de xorne diabólico, quizais diabos burleiros, causantes dos mil e un atrancos padecidos polos viaxeiros de a pé. Quizais sexa esta a razón pola que os indíxenas rendían culto a Rapenlo, lar vial, divindade dos camiños, a quen dedicaron unha ara votiva. O culto a Rapenlo escenificábase, así mesmo, con ablucións rituais realizadas nunha pía de pedra de gran, da cal se conserva un fragmento, arrecunchado ao pé dun valo no rueiro de Cavenca. Segundo o pobo, a capela de Cavenca data do século VII. Descoñécese cal foi a advocación primeira mais abofé que veu substituir o culto pagán ao deus Rapenlo. A ara foi reutilizada como material de construción na edificación do templo. Conforme testemuños de creto, a ara é hoxe tranqueiro ou mocheta da xanela da parede leste. O cunco ritual foi, tamén segundo o pobo, empregado como pía bautismal do templo cristián. Xa nó século XVI, unha póla dos Gosende das Raposeiras, fidalgos rurais ascendentes de Rosalía de Castro, aveciñou en Cavenca e favoreceu a reconstrución da capela, que anexaron ao pazo familiar, supeditándoa á protección de San Salvador. En recompensa, o santo cativou os diabos, aínda rebuldeiros, nunha campaíña de man, obra de Xoán o Sineiro, hoxe custodiada en fogar cavianco. O Divino Salvador, é dicir Xesús Cristo, foi quen de pór couto á ameaza infernal. Conforme os aldeáns, o templo de Cavenca foi cabeza de parroquia e ao seu arredor dispúñase un cemiterio. A capela reconstruíuse no século XVIII grazas ao enxeño do canteiro Xoán de Arén, como se le na inscrición da parede de levante. O camiño que dende a aldea de Cavenca baixa á ponte dos Portamuíños, vao do río do Seixo, denomínase camiño do Rapenlo, e foi, dende que a xente acorda, marco elixido pola Pantalla, ou Santa Compaña para celebrar as súas procesións nocturnais. No cabo do camiño, preto do pozo Fumeghas, áchanse as Veighas das Almas. Río abaixo, no terrón de Meilide, moe o muíño das Raposeiras que loce na porta tres riscos de Salomón e agacha baixo tella a chave do cerrollo por se urxe acubillo. Continuará...

Por Calros Solla

17


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- Galiza, terra de pagáns. A Deus grazas Crenzas, mitos, ritos, obxectos de poder e lugares máxicos soterrados baixo a cruz, o asfalto e o cemento. O Alicornio: Nome que se lle da ó corno do mitolóxico Unicornio. Tamén recibe os nomes de Alicor, Alicorno, Alicorne, Alicornia, Licorno, Licornia e Licornio. O Unicornio amosa unha especial resistencia á maxia, é inmune ós feitizos, ós conxuros de morte e ó veleno. De aí os poderes curativos que se lle atribúen ó seu corno, o alicornio. O poder deste corno (Alicornio) ou das suás raspaduras era excepcional, e existían unha chea de aplicacións dentro da farmacopea popular. Así, segundo a nosa tradición menciñeira este corno tiña a virtude de combate-lo mal de ollo, o meigallo, o tangaraño, as dores de parto, doenzas estomacais, a epilepesia e, sobre todo, neutralizaba tódolos velenos. Emprégase tamén contra as cobras para que non mamen o leite das vacas nin o das mulleres. Contra o coxo aplícase o corno de Alicornio bendicido pasándoo pola parte dorida, facendo cruces e sacudindo. Mesturado con leite e facéndolle tres cruces por riba dáselle a beber ó enfermo. A serpe que bebe este preparado morre instantánea. Hai tradicións que afirman que se se fai unha liña cun alicornio ningún animal velenoso poderá traspasala e, ademais, ten o poder de facer morrer calquera planta ou animal nocivo que estivese preto del. Outra das virtudes que se lle atribúen ó Alicornio son os seus efectos case milagreiros sobre os alimentos cos que interactúa. Deste xeito a auga, ou a comida, onde se meta un anel, amuleto ou colgante feito co dito corno ou co seu po ten a virtude de curar mordeduras, o cuchizo dos porcos e ata fai leveda-lo pan máis rápido do normal. Estas propiedades terapéuticas do Alicornio son ben coñecidas dende moi antigo, e non se limitan á tradición galega, senón que o seu uso e coñecemento espállanse por toda Europa, África ou Asia. Así, por exemplo, ata o século XVIII non era raro atopar estes supostos remedios nalgunhas farmacias londinenses. Os árabes empregábano nas empuñaduras dos coitelos usados para comer porque pensaban que de estar envelenada a comida, unha sospeitosa hunidade cubriría a folla do coitelo, decatándose deste xeito do perigo que asexaba. A mesma virtude lle outorgaban os príncipes renacentistas que facían copas co Alicornio na crenza de que ó toca-lo veleno a copa cambiaría de

18


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

cor e destilaría o antídoto. Na China o alicornio considerábase afrodisíaco.

un poderoso

Existían distintos xeitos de leva-lo alicornio. O máis común era en forma de po no engaste dun anel de prata posto no dedo anular, que se empregaba para prepara-la chamada "auga de Alicornio". Lévase tamén en estoxos de prata ou latón pendurados do pescozo, e incluso en forma de bastón. Hoxe en día, aínda que cada vez menos, persiste na nosa terra a antiga crenza nas virtudes deste máxico talismán, e séguese a usa-lo Alicornio polos seus supostos poderes curativos. Malia que coa imparable urbanización, abandono e esmorecemento do mundo rural se están a perder moitas destas prácticas e destes cultos e obxectos de poder, aínda é posible atopar nas nosas parroquias os derradeiros Alicornios que, como sobreviventes dos cultos e dos ritos, foron pasando de xeración en xeración resistíndose a perecer ante este inexorable mundo global onde a maxia e o sobrenatural non ten cabida.

Amosamos nas fotos adxuntas algúns deses derradeiros cornos do mítico Unicornio que perviven entre nós. Por Rafa Quintía

Outros amuletos e obxectos valedores de orixe orixe animal: Por Calros Solla

Camisa de cobra: Obxecto valedor. A muda da serpe refracta a ollada maligna.

Corna de vacaloura: Obxecto valedor. As tenaces dos escornabois gardan o fogar das artes do demo, do aghinido, do ollado e da antaruxada.

Cairo de xabaril: Obxecto valedor. Os cabeiros do porco bravo gardan os desvalidos da ameaza do intanxible.

19


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- APócemas e viandas do país de Nunca Máis Druidismo etílico, alquimia enxebre, beberaxes e receitas sen sen certificado CE. “RECEITA DO LICOR CAFÉ” A receita provén de Rosalía Castro Pérez, natural de Castro Caldelas, Ourense (1902-1981). INGREDIENTES:

• • •

3 Litros de augardente branca 2,5 Kg de azucre 12 culleradas cheas de café moído (mestura 50% natural e 50% torrefacto)

MANEIRA TRADICIONAL:

Bótanse tódolos ingredientes nun garrafón grande e axítase tódolos días durante tres meses como mínimo. MANEIRA RÁPIDA:

1.

Bótanse tres vasos de auga nunha perola, e cando ferve vaise engadindo o azucre, pouco a pouco, ata facer un almíbar. 2. Unha vez que está todo o azucre disolto na auga, sácase do lume, e vaise engadindo, moi pouquiño a pouco, a augardente, sen parar de remexer. Neste paso hai que ter moito coidado, xa que ó engadi-la augardente esta fai ferve-lo almibar e os vapores que se xeran son fortes. 3. Collemos un garrafón grande e botamos nel o café, posteriormente engadímoslle a mestura da augardente co azucre, e tapámo-la boca do garrafón cun pano pequeno (un pano de mesa). Ó día seguinte xa se pode tapar co corcho, e dánselle uns “meneos” tódolos días durante un mes. Unha vez feito o licor café hai que coalo cunha manga de café ou similar. Nota: canto máis tempo boten os ingredientes no garrafón máis rico sae.

Por Ana Rosalía Rodríguez Lorenzo, neta da transmisora da receita.

“TORTA DE MILLO” INGREDIENTES

• • • •

5 ovos 10 culleradas de azucre reladura de limón ou laranxa levedo

• • •

10 culleradas de fariña de millo (algunha sen peneirar) 1 vaso de leite ½ vaso de aceite ou manteiga

• PREPARACIÓN

Sepáranse as xemas das claras e bátense a punto de neve (resérvanse) Mestúranse os outros ingredientes e bátense. Unha vez batidos, mestúranselle-las claras. Úntase un molde con aceite e un pouco de fariña. Bótase a mestura e cócese sobre corenta e cinco minutos a 180º. Compróbase que está cocido e desmóldase en quente.

Por Loli

20


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- O Tangaraño Remedios da medicina popular galega. Cousas de menciñeiros, meigas e vellos Remedios contra as espullas: Contan os vellos de Salcedo que o mellor que hai para elimina-las espullas, co permiso do San Benitiño de Lérez, é o leite de figo ou a seiva da figueira. A mellor forma de collela é ó separar da súa póla unha folla ou un figo. Ese leite que se solta polo pedúnculo cortado é o que se debe aplicar directamente sobre a espulla. Outro dos remedios que contan é aplicar a seiva amarela da caledonia. Para obtela só hai que cortar un dos sus finos talos ou follas e, ó igual que co leite de figo, aplícase directamente sobre a espulla. Tamén hai quen deixaba durante un tempo unha moeda de cobre metida nun tarro con aceite e despois aplicaba coa moeda este aceite sobre a espulla.

Contra as picaduras de avespa: Cando non había nin cremas, nin ampolas, ni bolígrafos antipicaduras, o remedio ó que se recorría ante tales ataques pezoñentos era aplicar sobre a picadura unha moeda de cobre vello. Con iso conseguíase que o proído fose remitindo. Noutros lugares en vez da moeda de cobre empregábase un coitelo de ferro ou aceiro, que se aplicaba do mesmo xeito cá moeda.

- Vellos Trevellos Obxectos, ferramentas e artiluxios de cando non existía internet “A Esfolladora” Ferramenta que se emprega para quitárlle-las follas ás canas, utilizadas fundamentalemente para aquela-las viñas. Como se aprecia na foto o utensilio ten forma cilíndrica e dispón dunha bisagra para abrilo e introduci-la cana no seu interior. Depois deslízase a esfolladora todo ó longo da cana para deixala limpa de follas e lista para usar.

26


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- De brincadeira Os xogos de sempre para brincar no rueiro “A Chave” É un xogo propio da nosa terra. Pra xogar abonda cunha chave (hai diferentes tipos dependendo de cada zona) e os pellos, que son lanzados contra a chave a unha distancia de entre 20 e 30 pasos. A chave de pas horizontais consiste nun aparello de ferro duns 75 centímetros de longo, que ten na parte superior unha, dúas ou tres asas, tamén chamadas aspas, de diferentes tamaños, a máis pequena por riba, que xiran en sentido horizontal sobre un eixo que está espichado no chan. Pódese xogar tanto individualmente, por parellas ou por equipos. O desenvolvemento do xogo consiste en que cada persoa ten que lanza-los pellos cara á chave, e dependendo de se bate nunha ou noutra aspa leva diferente puntuación. A partida xógase a un número de xogos acordados con anterioridade. O sistema de puntuación é diferente dependendo da zona, mais por norma xeral cada vez que se lle atina á chave súmanse oito puntos na aspa grande, dez puntos na aspa pequena e un punto no eixo. De tódolos xeitos cada zona, comarca ou parroquia ten o seu propio sistema de puntuación, polo que se recomenda informarse a través dos veciños da zona.

Chave de pas horizontais, común na comarca de Pontevedra.

Por Roxo

27


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- Dende o Medulio Os oficios de sempre que resisten no mundo mundo de agora O Zarralleiro: É o latoeiro ambulante, o que arranxaba as cousa vellas ou estragadas, as potas, as tixolas,tarteiras, etc. Percorría as vilas e aldeas co seu caixón de madeira cheo de ferramentas e a súa zafra. No caixón de madeira levaba tódalas ferramentas necesarias para os seus arranxos: martelo, tenaces, alicates, tesoiras, soldador, estano, remaches, anacos de aramio, recortes de folla de lata e máis ferrallada que lle poida ser útil no seu traballo. A zafra consiste nunha barra de ferro duns 0,76 m de longo que anchea nun extremo formando unha cabeza e remata en punta no outro para poder espichala no chan. Para que non se enterre demasiado leva un tope a 10 cm da punta. Sentado no seu caixón de madeira empregaba a zafra a xeito de soporte e molde para darlle forma coa axuda do martelo ós materías que ten que empregar para as reparacións. Rematado o traballo cobraba, recollía no seu caixón, as súas ferramentas e proseguía o seu camiñar ambulante polos camiños do país ofrecendo os seus servizos ó berro “Quen ten potas que arranxar !!”

- As Razas do País SalvémoSalvémo-las razas autóctonas en perigo de extinción “A GALIÑA DE MOS” A principios do século XX observouse pola comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo, unhas galiñas máis grandes que as comúns, moi apreciadas pola calidade da súa carne. Nos anos 40, na antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia someteuse a raza a un proceso de selección e uniformidade. Tomaría o seu nome da parroquia de San Xulián de Mos, no Concello de Castro de Rei, provincia de Lugo. A partir deses anos vivirá os seus momentos de esplendor e localizarase por moitos das vilas de Galicia usándose para produci-los afamados Capóns de Vilalba. Será a partir da segunda metade dese século cando co afianzamento da avicultura industrial e a conseguinte entrada de estirpes creadas a partir de cruzamentos, para

28


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

incrementa-los rendementos produtivos, vai diminuíndo o seu censo ata situarse ó bordo da extinción. É una raza eminentemente cárnica, ó que se lle une unha aceptable produción oveira. Os seus produtos contan cunhas características organolépticas (cor, olor, sabor e textura) moi apreciadas polo consumidor. Sumado a estes rendementos de alta calidade, destaca a súa gran capacidade de adaptación a condicións extremas; é unha raza ideal para o uso nas explotacións rurais así como explotacións avícolas de cría ó aire libre.

Para saber máis: -Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia Pazo de Fontefiz - Coles - 32152 Ourense. Tfno.: 988205402 -Orde do 26 de abril de 2001, DOG Nº 91, do 11 de maio de 2001 -Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos Tfno.: 988205402

“O CAN DE PALLEIRO” O Can de Palleiro forma parte da cultura de Galicia. Os propietarios destes cans salientan as súas características de intelixencia e a súa rápida comprensión intuitiva das situacións do acontecer diario, sen pararse a pensar ou observa-lo aspecto exterior do can, preocupándose só de sacarlles fillos ós exemplares máis listos, “algúns deles máis que moitas persoas”, seleccionándoos polas súas calidades psíquicas máis que por outra cousa. Por todo isto podemos dicir que é un can noso, porque de palleiro hainos en tódolos sitios. A pesar da introdución de razas foráneas que se mestizaron cos cans do noso país, aínda aparece, a día de hoxe e por toda a nosa xeografía, un tipo de can que tanto vai coas vacas como coida da casa, que a xente chama de palleiro e que responde ás seguintes características: Can de tronco indoeuropeo, o seu agriotipo foi o principal antepasado dos cans de campesiño do Centro Europa, que acompañou os pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos nas sucesivas ondas de invasións que poboaron a vertente atlántica noroccidental da Península Ibérica. Can pastor e tamén de garda. Gardián de proverbial intelixencia, presenta un carácter forte e reservado cos estraños. Cabe destaca-la estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propio dun can pastor.

Para saber máis: -Club de Raza Can de Palleiro Cabanas Salcedo s/n - 36143 Pontevedra Tfno.: 986860890 -Orde do 26 de abril de 2001, DOG Nº 91, do 11 de maio de 2001 A Galiña de Mos e o Can de Palleiro forman parte do patrimonio históricohistórico-cultural de Galicia e non podemos deixar que se perda.

Por Roxo

29


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- A medida importa Para tomaren medidas á galega. Dende moi antigo e coma en tódalas sociedades, as nosas xentes empregaron e seguen a empregar moitas unidades para medi-las distintas magnitudes. Deste xeito foise desenvolvendo o noso propio sistema tradicional de medida. Estas variacións locais e impresicións destes sistemas, unido á implantación en Europa do uso do Sistema Métrico Decimal, está a orixina-lo desuso de moitas destas unidades. Neste apartado iremos facendo unha pequena exposición das unidades de medida tradicionáis máis utilizadas na Galiza. UNIDADES DE SUPERFICIE:

Vara: Equivalía a 2 metros cadrados. Cuartillo: Era a vintecatroava parte do ferrado. A equivalencia co sistema métrico é variable, posto que era un divisor do ferrado, que é unha medida distinta en cada zona, parroquia ou concello. Existe unha medida de capacidade co mesmo nome. Ferrado: Usada fundamentalmente na agricultura. Varía moito segundo as diferentes zonas do país. Como medida de superficie anda ó redor dos 500 metros cadrados. Como exemplos destas variación podemos mencionar que en salcedo equivale a uns 625 m2, , en Poio a 629 m2, en Forcarei a 500 m2, en Cangas 472 m2, en Carballedo 629 m2, en Marín entre 472 e 504 m2 segundo as zonas e na Lama a 217 m2. Tamén existe unha medida de capacidade co mesmo nome. Conca: Usada fundamentalmente nas Rías Baixas. Equivale aproximademante a uns 52 m2. Un ferrado equivalería a unhas 12 concas. Fanega: Emprégase para medir grandes extensións de terreo. Equivale a 2.103 m 2. Na "HIstoria de Galicia" cítase unha fanega formada por 12 copelos (usada en terras de regadío). As fanegas agrupábanse de 24 en 24, e cada grupo recibe un día de auga. Copelo: Utilizábase na provincia de Ourense. Equivale a 21 m2.

30


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- Lingua de probes Pequeno dicionario para recuperarecupera-las palabras de vello Anicarse: Agacharse dobrando os xeonllos e apoiando o peso do corpo sobre as pernas. Por esta zona tamén se emprega aniñarse ou encrequenarse. Rubir: Subir agatuñando por unha superficie vertical (gabear) Esfurricarse: Estar descomposto (de aí que figuradamente se empregue co significado de ter moito medo, ata o punto de irse por si) Espullas: Excrecencia benigna, pequena, arredondada e escura, que se forma na pel

Maniotas: Dor muscular que se sente nalgunha parte do corpo, especialmente nas pernas, a causa do exercicio físico prolongado

Cambras: Contracción espasmódica e dolorosa dun músculo Carapola: Cobertura seca e dura das feridas no periodo de curación Freganzo: Anaco de esparto ou doutro material áspero que se usa para frega-la louza.

Rolla: Este substantivo serve para designar varias realidades. Así, podemos empregalo tanto para referírmonos ó tapón dunha botella, pipote, etc. como, por exemplo, ó mulido en forma de roda que se pon na cabeza para levar un peso Cortiza: Aínda que con este substantivo nos podemos referir á capa exteiror que cobre o tronco e as ponlas das árbores, tamén fai referencia á casca da sobreira, substancia coa que poden facerse as rollas

Lampantín: Dise de quen é pouco amigo de traballar ou de quen como moito. Tamén se emprega para referírmonos á persoa que fala ou actúa con desvergonza óu que é pícara e astuta.

Fostró:Termo empregado nalgunhas zonas para referirse a unha persoa que camiña ou se move de forma torpe, sen ritmo, pero tamén designa persoas cun aspecto desgairado debido á roupa que visten.

31


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- A máquina do tempo A historia esquecida para saber de onde vimos “Castelao en Pontevedra” No ano 1916 Castelao tarsládase a Pontevedra para ocupa-la súa praza como funcionario de estatística. Aquí viviu durante 20 anos e á parte da súa vida cultural e política, soubo descubrir e gozar coma ninguén da beleza e calma deses máxicos recunchos agochados nas nosas parroquias, moitos dos cales por desgraza hoxe degradados. Xa estando no exilio en Bos Aires, lembrando os seus anos pontevedreses, escribiu os emotivos e fermosos textos sobre esta cidade e os seus arredores, recollidos no seu libro As Cruces de Pedra na Galiza. A continuación reproducimos ese fragmento do libro.

Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado á fermosura dos seus arredores, coma quen non pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. Eu débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades da súa paisaxe, tristuras de non vela i espranzas de retornar a ela. Empezo a ser vello e a vivir de recordos. Algunhas veces acode á miña memoria un cantar de requintada morriña. Vai tan lonxe a mocedade, está tan perto o meu fin, que ás veces sinto vontade de poñer loito por min

eu rubo ao pinal de Matalobos, que está enriba da eirexa de Salcedo. Séntome nas pedras do valado, e chanto os ollos na ría que durme antre veigas e florestas.

Pero non é que eu enloite o meu esprito porque a mocedade fuxise de min. Eu apénome de non poder ir a Pontevedra, que é unha fonte de xuventude, onde se curan os alifaces da vellez. Volver a Pontevedra sería mesmo que recobrara a mocedade perdida. E así como anteo revivía ao caer ao chan e soio morreu por non poder tocar terra, así eu me libraría da vellez con soio pisar terra pontevedresa. Penso que si morrese no desterro, os meus osos non se deixarían consumir até que algún anaquiño d-eles chegase a Pontevedra. Entón a miña alma cantaría gozosa este cantar. Xa morrín, xa me enterrei, e agora xa estou eiquí. Nin a terra me comía sen despedirme de ti

Todo, todo, pode acabarse en min, menos o amor que sinto por Pontevedra. Vivo ou morto, alá irei como se di que van os romeiros a San Andrés de Teixido, que "alá van de mortos se non van de vivos". Pero eu espero chegar vivo parra curarme das inxurias do tempo. E non entanto vou coa imaxinación ...

Para ensoñar mundos de absoluta felicidade, Libre de carne mortal que afoga a vida dos Vellos, eu séntome á beira do Lérez. Pouso os meus pensamentos nas beiras das augas, como as ponlas caidas dos albres que dan sombra. Estou alí horas e horas, ensumido en min mesmo. Deste xeito participo da ledicia de San Amaro, cando estivo trescentos anos asexando o paradiso a través dun buratiño dunha porta. Ou como Don Ero, o fundador de Armenteira, que tamén estivo trescentos anos escoitando a

un paxariño.Para sentir o orgullo de ser fillo da terra máis fermosa do mundo, eu rubo ao pinal de Matalobos, que está enriba da eirexa de Salcedo. Séntome nas pedras do valado, e chanto os ollos na ría que durme antre veigas e florestas. Asisto a d--un día de sol en noite de transformación d luar. Alí sinto como en ningures a cósmica necesidade cósmi ca da patria e sei que son un anaquiño de eternidade galega. ¡Meu Pontevedra!. As Cruces de pedra na Galiza

26


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

“Os heroes do Campo da Porta” Corría o último cuarto do século XIX e con el estábase a produci-la articulación dun novo marco político e o asentamento dunha nova orde social e económica en España. Vivíase o chamado periodo da Restauración. Os custos destes cambios e o despegamento eonómico recaían sobre as clases sociais máis desfavorecidas, carentes de representación política. Isto estaba a provocar un aumento do asociacionismo e da conflitividade social. No rural as sociedades de agricultores e gandeiros movilizábanse contra as células e o aumento dos arbitrios. Nas parroquias as protestas veciñais contra a suba dos impostos municipais incrementábanse e alcanzáronse os incidentes de maior gravidade no ano 1894 na parroquia de Salcedo. Aquel ano, para maior desgraza do pobo, á carga dos impostos uníranselle as grandes perdas na gandeiría e na colleita do millo ocasionadas polo desbordamento do río Batán. Iso unido ós estragos que na comunidade estaba a facer o cólera e a varíola provocaron que os veciños adoitaran a decisión de non pagaren as células. Na mañá do 19 de xuño do 1894 os axentes recadadores presentáronse no lugar do Campo da Porta para executa-lo embargo e proceder contra os vecinos desta parroquia que se negaban a realiza-lo pagamento das devanditas cédulas. As protestas foron tan multitudinarias e enérxicas que impediron a actuación da Garda Civil que acompañaba os axentes e acabaron expulsando os axentes recadadores xunto cos seus acompañantes. Os recadadores foron pedirlle axuda ó Goberno civil e esa mesma tarde enviáronse reforzos para aplaca-la protesta. Segundo contan os vellos da parroquia, os gardas civís subían andando cara a Salcedo e ó chegaren á taberna da Meneca pararon a botarlle unhas xerras de viño. Ó remataren, escacharon as xerras contra a parede e xa ben quentes e “motivados” proseguiron o seu camiño cara ó Campo da Porta. Contan que nada máis chegaren ó lugar enfrontáronse cuns mozos que por alí andaban. O certo é que a súa brutal actuación causoulles feridas a un rapaz e unha rapaza. Este feito provocou aínda máis a irritación e a raiba dos vecinos que acosaron as forzas públicas ata tal punto que a Garda civil disparou contra a multitude, feriu numerosas persoas e causóulle-la morte a dous homes e unha muller. Os seus nomes eran: Francisco Piñeiro, José Rodríguez Rial e Manuela Couso. Dende entón estas vítimas da represión e da loita pola xustiza e o dereito a unha vida digna son coñecidas como Os Heróes do Campo da Porta. Uns cantos vecinos foron denuncia-los feitos ó Goberno Civil e ficaron alí detidos por alborotadores e incitadores. Os mortos foron levados ó hospital nun carro do país tras botaren toda a tarde tirados no chan. O posterior enterro foi unha grande mostra de dor á que se sumaron veciños doutras parroquias. Hoxe en día existe neste lugar de Salcedo un monumento conmemorativo a estes heroes e mesmo a asociación de veciños de Salcedo leva o seu nome en homenaxe a tales xentes. No cemiterio parroquial existe unha tumba onde din que descansan os restos das tres vítimas, cuxa lápida di: “En memoria de Manuela Couso, José Rodríguez, Francisco Piñeiro, víctimas en defensa de la agricultura”

27


Fol de Veleno

Etnografía e Historia

- Anecdotario popular “O Manso e o ladrón do barco” Unha das moitas anécdotas que se contan do Manso, famoso pastequeiro de Tomeza, é a que relata como foi quen de resolve-lo misterio do ladrón que actuaba nun barco pesqueiro da Coruña. Contan que os armadores do barco o foron buscar para levalo á Coruña coa esperanza de que descubrise o ladrón que lle andaba a roubalo peixe e os apeiros no barco.

O Manso presentouse no barco e pediu unha tixola emborrallada, aceite e unha galiña branca. Coa tixola manchada de aceite embadurnou a galiña de negro e fixo formar a toda a tripulación na cuberta do barco. Cando os tivo alí formados díxolles: - Irédeslle pasando

un a un a man polo lombo á galiña, no intre en que o ladrón a toque, a galiña vai cacarexar. E así foron pasando un a un tódolos mariñeiros e a galiña non cacarexou. Unha vez rematado o procedemento e ante a perplexidade do patrón e dos mariñeiros dixo o Manso con voz segura: -Agora que poña todo o mundo as mans cara a arriba. Tódolos mariñeiros tiñan as mans manchadas do borro da galiña menos un, e mirando cara ó patrón espetoulle o Manso: -Aí te-lo teu ladrón.

“As árbores do Sr. Marqués” Corían os primeiros anos do 1900 e as familias nobres e aristócratas de Pontevedra seguían a gozar de tódolos beneficios e prevendas de se-la clase social dominante. Resulta que as árbores do terreo do Marqués de Montero Ríos entrábanlle na horta dun labrego lindante, cos sabidos perxuízos que a sombra orixina nos cultivos. Por varias veces foi o veciño falar co capataz do predio para ver se lle podían derrama-las pólas que lle invadían a horta. Pero todo intento era inútil. Farto de que o capataz non lle fixese caso pediu audiencia co propio Marqués de Montero Ríos. E así foi como un día que o Marqués veu de Madrid accedeu a recibi-lo campesiño. O labrego, coa listura que dá a fame e a necesidade, expúsolle ó Marques o litixio que tiña un suposto amigo del cun veciño, cuxas árbores invadían a súa propiedade e non accedía a cortalas. O Marqués, docto en leis como avogado que era, díxolle: O caso está moi claro, o veciño ten que corta-las pólas que entran na

propiedade do seu amigo. Iso é o que claramente di a lei. -Pero, claro, é que o veciño non lle fai caso e non quere corta-las pólas. -Nese caso o seu amigo ten dereito a podarlle as árbores a rente do seu linde. -Sr. Marqués para vostede iso é facil de dicir por que é quen é, pero o meu amigo é un pobre labrego e ninguén lle vai facer caso. ¿Vostede faríame o favor de asinarme un escrito dicindo que ten dereito a corta-las pólas que lle entren na súa propiedade? -Claro que si, home, claro que si. Ó día seguinte o labrego cortou a rente tódalas pólas das árbores do Marqués que lle invadían o seu terreo. Inmediatamente achegouse o capataz para recriminalo polo que estaba a facer, momento ese no que o pícaro labrego sacou o papel asinado polo Marqués e espetoullo na cara ó servil capataz. Cando o capataz lle foi co conto ó Marqués disque este ferveu de rabia ante a idea de que el, o Marqués de Monetro Ríos, fose enganado por quen chamaba un simple paleto.

28


Fol de Veneno

Etnografía e Historia

- Pegadas do tempo Ollando o noso patrimonio artístico, monumental e natural. Muíños do Batán (Salcedo) Conxunto de muíños de grande interese etnográfico, aínda que en total abandono e deterioración. Enmárcanse no fermoso e degradado treito do río Batán ou Outeiro que vai dende a A9 ata a ponte do Batán. Formado por 5 muíños de rodicio horizontal, 4 deles de planta rectangular e teito a unha auga, e un máis grande, dotado de vivenda, cunha interesante canle de condución de auga e dous infernos. Pódese ve-la moa deste muíño tirada no río entre o lixo esperando a ser expoliada. Ata hai ben pouco o segundo deles aínda estaba en funcionamento e en perfecto estado de conservación, antes da visita dos terroristas do patrimonio, e pódese observa-los restos ciscados polo chan da moxega que ía enriba da moa. É unha pena e unha vergoña para todos nós que este conxunto de muíños, exemplo da tecnoloxía preindustrial, estea en total abandono e non corran a mesma sorte cós muíños da Barosa ou os famosos muíños do Folón e do Picón restaurados polo Concello do Rosal e declarados Ben de interese Cultural pola Xunta .

O Alcouce e os seus cabazos (Figueirido): Existe na parroquia de Figueirido un lugar de gran interese etnográfico. Trátase do lugar do Alcouce, e o seu pequeno núcleo de casas coas súas corredoiras estreitas que desembocan na femosa praza que oculta de miradas indiscretas fai as veces de patio de veciños onde bota-la tarde falando, rueiro de nenos e auditorio improvisado de festas e concertos. Pero se por algo destaca o Alcouce é polo grande número de hórreos que alí se atopan e polo seu bo estado de conservación. A meirande parte deles son canastros rectangulares de pedra, da tipoloxía propia das Rias Baixas. Alegra saber que nun recuncho das nosas parroquias aínda se valora e conserva a pezas máis fermosas e emblemáticas da nosa arquitectura tradicional.

Eucalipto

de

Matalobos

(Salcedo):

Un dos eucaliptos máis grandes, vellos e impresionantes de Galiza. Posiblemente dos primeiros que se plantaron no noso país e quizais dos poucos que mereza ser conservado. Este eucalipto situado no lugar de Matalobos, na parroquia de Salcedo, constitúe pola súa magnitude un prodixio natural que debe ser conservado e protexido.

29


Fol de Veleno

Acción Social

- O anano verde O traballo da conciencia verde do país. Os grupos, asociacións e veciños que fan polo noso medio o que as administracións non queren facer. “Asociación de Defensa Ambiental Vaipolorío” Vaipolorío nace da necesidade de recuperar o río dos Gafos, ante a deterioración medioambiental que estaba a sufrir e a falta de preocupación das distintas institucións que se supón que teñen que velar pola súa saúde. Vendo que a resposta institucional non chegaba, un grupo de veciños e veciñas dos concellos de Vilaboa e Pontevedra decidiron poñerse “mans á obra” e levar adiante a tarefa de recuperar o dito río. Nun principio as asociacións Asociación Cultural Chan do Vilar de Figueirido, Asociación de Veciños San Andrés de Figueirido, Asociación Cultural O Toxal de Bértola, Asociación Cultural San Cibrán de Tomeza, Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta de Salcedo e Asociación de Veciños Río Gafos levaron a cabo as primeiras actuacións no río, se ben despois por cuestións de operatividade e funcionamento creouse Vaipolorío. Vaipolorío é un colectivo legalmente constituído en novembro do 2001 e o seu ámbito territorial de actuación son os concellos de Vilaboa e Pontevedra. Ten o seu domicilio social en Preescolar de Cabanas, Salcedo, Pontevedra. A existencia deste colectivo ten como fins: A promoción, o coidado, a defensa, a limpeza e o mantemento do río dos Gafos, así como todas aquelas actividades e accións que vaian en beneficio do dito río e do seu ctorno,

contorno en todo o seu percorrido, dende o seu nacemento en Figueirido (Vilaboa) ata a súa desembocadura na ría de Pontevedra. Para o cumprimento destes fins realizan as seguintes actividades:

Limpeza periódica do río e das súas marxes.

• •

Camiñadas.

Catalogación fauna.

Recuperación da toponimia e da memoria fotográfica.

E outras actividades complementarias.

Obradoiros ambientais.

medio de

flora

e

Vaipolorío constituíuse con 35 socios fundadores e non existe cota ningunha. Vaipolorío considera que cada persoa que participa nas actividades, pasa a formar parte deste colectivo. Teñen a honra de ser “Premio Cidade de Pontevedra 2001”, outorgado polo Concello de Pontevedra, no apartado de institucións pola defensa do medio ambiente natural, e “Premio Amigos de Pontevedra 2004”, outorgado pola Asociación Amigos de Pontevedra, no apartado de institucións polo traballo de recuperación do río dos Gafos.

Máis información: www.vaipolorio.com Tfno:67684294

30


Fol de Veleno

Acción Social

- - Pensa globalmente, - actúa localmente Consellos sinxelos para a autosuficiencia e para facermos un mundo mellor “Fabricación de xabrón con aceite usado” O aceite que se tira polo vertedeiro vai ós nosos ríos. Unha vez alí forma unha película que non permite a osixenación e acaba destruíndo os peixes e as plantas acuáticas. Un litro de aceite contamina 50.000 litros de auga. Só por isto xa merece a pena a reutilización do aceite de cociñar usado. Un dos xeitos de reutilizar este aceite é a fabricación artesanal de xabrón. Non obstante, cómpre saber que en cada vez máis concellos hai Puntos Verdes que recollen o aceite usado para a súa reciclaxe a nivel industrial. Para preparar xabrón a partir dun litro de aceite usado necesitamos 1,25 litros de auga e 100 gramos de sosa. Pódese engadir glicerina ou alcohol para darlle transparencia e esencias naturais para darlle aroma. En primeiro lugar filtrase o aceite usado cun coador para sacarlle as partículas que poida conter das frituras e déixase nun recipente. Noutro cazo disolvémo-la sosa con auga e quentámola ata levala a ebulición. Para esta operación é aconsellable usar gafas protectoras, guantes e unha máscara. De feito o que obtemos con esta disolución é lixivia. Despois tan só hai que verte-lo aceite usado nun cazo coa lixivia e remexer cunha espátula ata formar unha pasta espesa e homoxénea. Neste intre podemos engadi-las esencias e a glicerina. A pasta así obtida, e aínda quente, traspásase a un molde (por exemplo, unha caixa de madeira) e déixase arrefriar. Aconséllase deixar este molde dentro doutro recipiente, xa que, mentres arrefría, desprende algo de lixivia. Unha vez ben frío, obtenemos unha pastilla de xabrón que só falta cortar ó gusto. Pódese usar como xabrón de mans ou emplegalo na lavadora desfeito cun relador en escamas

“Consellos para diminuí diminuíuí-lo consumo de auga”

Evita as perdas de auga e pecha ben as billas. Utiliza economizadores de auga. Pecha a billa ó cepilláre-los dentes, ó afeitársete, ó enxabronáreste na ducha ou ó enxabroáre-los pratos. Dúchate no canto de bañáreste. Cisternas: non tires da cadea innecesariamente e mete en tódalas cisternas, cando menos, dúas botellas cheas. Instala cisternas de baixo consumo. Cerra lixeiramente a chave de paso da agua da túa casa: Baixará a presión e aforrarás máis do que parece. Non úse-lo lavalouza ou a lavadora a non ser que estean cheos. En xeral, os pantanos e os trasvases de agua danan moito os ecosistemas: é máis necesario o aforro de agua que dispor de máis agua para mal gastala. En moitas zonas, encher completamente unha piscina particular ou rega-lo céspede é un luxo innecesario.

31


Fol de Veleno

Acción Social

- Maruxía A xente que se está a mover nas parroquias Asociación xuvenil “A Landra” Landra Comezou a súa andadura no verán de 2001, cando recén construída a casa da cultura de Marcón se lle quixo dar un bo fin. O promotor da idea foi Xosé Cuñarro, presidente da comunidade de montes, quen un bo día reuniu uns trinta mozos para levar adiante tal proxecto. Dende aquela a Asociación Xuvenil A Landra tentou ampliar as actividades culturais e de lecer de todos os nos@s veciñ@s. Houbo diversos cursos na casa: aeróbic, bailes de salón, manualidades e corte e confección, bailes latinos, gaita e pandeireta…Tamén A Landra organizou excursións que tiveron moito éxito como a de Santo Andrés de Teixido, Allariz, Canón do Sil, Santa Tegra, Asturias….e un sinfín de recantos cheos de encanto e beleza. Dende A Landra intentamos achegarlles ós nosos rapaces e á xente nova as nosas tradicións, e recuperamos o maio. Ó principio foi idea da Landra e agora participan os pais e nais da APA do colexio de Marcón. Participamos cos nenos na Ferreiría e en Combarro. Para nós é un orgullo retomar unha tradición tan antiga, que une cativos, mozo e maiores. E ás veces, ademais da rosca,

gañamos un premio, como o ano pasado; que acadamos o 2º premio ás coplas. No 2004 e no 2005 fixemos un serán a proposta do grupo de gaiteiros “Os Chichisos”, que nos deron a idea, contáronnos como se facía, e conseguiron as pandereteiras e gaiteiros que viñeron actuar. Inda que ós maiores de Marcón lles custou implicarse e poñerse a bailar e tocar, foi unha experiencia inesquecible. Grazas á colaboración do Concello de Pontevedra e da Comunidade de Montes que nos subvencionou, empezamos, xa hai 3 anos, cun ciclo de teatro. Esta actividade, o III ciclo de teatro, que facemos a principios de ano, entre Reis e Entroido, todos os domingos, ten gran aceptación e cada día sorpréndenos máis a alta participación xa que hai domingos que non temos cadeiras para toda a xente que vén ver as obras. O que nos gustaría como directiva é que cada ano se incorporase xente emprendedora, membros novos de cada lugar da parroquia, para seguirmos con aire renovado, novas actividades e novas ideas, para que os nosos veciños non teñan que saír da parroquia para pasalo ben.

32


Fol de Veleno

Lecer

-Na Galiza, montunismomontunismoRotas e roteiros para perderse polas parroquias

Roteiro “Entre Rías” Lonxitude: 22 km Punto de partida / chegada: Ponte Sampaio / Pontevedra. Percorrido:Ponte Sampaio, Rañadoiro, Percorrido: A Fracha, A Ermida, Cardosa, Corval, Condesa, Pontevedra. Dificultade: Media.

Duración:5,5 h. Duración: Material:Calzado cómodo e comida Material: para unha xornada. Servizos: Posible fornecemento en varias vilas ó longo do itinerario. Cartografía I.X.N. (1:25.000) : Nº185-II Pontevedra e 185-IV Soutomaior

Dende a ponte de Ponte Sampaio, onde as tropas francesas foron derrotadas e expulsadas de Galicia, a rota segue algúns tramos do Camiño Portugués a Compostela. Na marxe do río Ullo sucédense máis de vinte muíños que compoñen unha fermosa estampa. Pasado Rañadoiro e O Paredón, muro--acueduto de case 30 m de lonxitude, a pista ascende cara ó cume da Fracha (540 m). Este miradoiro, un dos máis fermosos da provincia, proporciona unha visión magnífica das rías de Pontevedra e de Vigo. A partir de aquí sucédense unha baixada de forte pendente e unha subida cara ó alto de Mourente, para baixar de novo cara ó cruceiro de Mourente. Un brusco xiro á dereita, cruzando a N-541, conduce ás ribeiras do río Lérez que, en dirección oeste, vai pasar polo vello Balneario de Monteporreiro e o Mosteiro de Lérez. Ó final do percorrido é aconsellable penetrar na cidade de Pontevedra, que atesoura un dos conxuntos urbanos máis interesantes e mellor conservados de Galicia.

Máis información: información Casa do Concello de Pontevedra, Praza de España, 1. 36071 Pontevedra Tel.: 986 804 300. Fax: 986 860 102 e-mail: pontevedra@fegamp.es Instituto Municipal de Deportes, rúa J.M. Pintos, s/n. 36005 Pontevedra Tel./Fax: 986 872 013 Club Montañeiros de Pontevedra | Tel.: 689 009 513

34


Fol de Veleno

Retranca,opinión e denuncia

- Ó Rebusco Guía das vilas e lugares que non atopas nas guías. O río Lérez en Bora e Xeve:

Existen ó longo do río

Lérez innumerables lugares fermosos onde gozar do noso río en plena natureza. Quizais un dos máis fermosos, accesibles e idóneos para o baño sexa o treito que discorre por Bora e Xeve. Xunto á ponte colgante de madeira que une ámbalas beiras existe unha pequena “cala” de cantos rodados entre a espesura do monte e as ruínas de dous vellos muíños. Aquí a corrente da auga e rápida e limpa, mais a pouca profundidade no verán (apenas 2m no máis fundo) e o leito empedrado, limpo de lama e sen remuíños fan deste treito un lugar seguro para o baño. A forza da auga ó baixar polas pedras e as burbullas que forma converten estes pequenos saltos nun enxebre yakuzzi natural. Indo cara a arriba hai un par de meandros no río onde os depósitos de area formaron unhas pequenas praias fluviais, ideais para tumbarse ó sol ou merendar. Aquí o río baixa máis embalsado e o fondo presenta maior acumulación de limo e materia orgánica, polo que cómpre ter máis tino ó se bañar. En definitiva un lugar marabillosos e tranquilo a 10 minutos de Pontevedra onde darse un refrescante baño sen os agobios estivais das nosas praias máis próximas.

- Fondeadoiro -

Furanchos, bares, tascas e outros lugares auténticos de parada, fonda e festa.. Furancho de Paco (Igrexa-Salcedo) Furancho situado no lugar da Igrexa (Salcedo). Local limpo, decoración coidada e ambiente agradable. Os donos son xente amable e amiga do cante e da festa. Lugar idóneo para gozar dunha agradable velada de bo viño, boas tapas e, cun pouco de sorte, boa música do país.

Furancho de Angelito (Marcón) Aínda que situado nun alpendre de construción autóctona (uralita e bloque) ó carón da casa, non desmerece o título de se-lo furancho ideal para acompaña-lo trasego do viño cunhas boas sardiñas asadas preparadas pola man docta do seu rexente, Angelito. Ás veces a noite acaba nunha boa foula, segundo o credo dos parroquianos.

Pub “Entre Lusco e Fusco” (Pontevedra) Rúa Barón. Os maís “variopintos” especimes da noite conviven neste templo libertario e anárquico en perfecta harmonía. Xogos de mesa, libros, boa música e fume sen prohibicións. Un dos poucos garitos de Pontevedra onde se pode gozar de actuacións musicais, tanto programadas como espontáneas.

36


Fol de Veleno

Retranca,opinión e denuncia

- O Quirico Retranca e humor galego. As cousas de Uxío -Oes papá, ¿Que é un rei? -Pois mira fillo, un rei é un funcionario que non ten que facer unha oposición porque xa lle dan a praza fixa uns señores que mandan moito. Ademais pode promocionar de príncipe a rei sen ter que facer exames, nin méritos propios, tan só por antigûidade e compadreo. -Logo é como na Deputación, ¿Non si, papá?.... - Mira papá, e iso da Constitución que é? - Carallo Uxío, hoxe tes teima coa política. A ver…a Constitución é unha cousa que votou unha xente hai moito tempo disque para garanti-los nosos dereitos, liberdades e obrigas, pero que ó final non serve para moito porque as liberdades e dereitos son só para algúns, as obrigas para o resto e ademais se hai algo mal e queres cambiala pódeche levar toda a vida. - Papá coido que iso que dis chámase goberno. - Tamén Uxío, tamén….

O humor de Quibi -Sinto dicirlle señora que o seu fillo ten fimose. Hai que facerlle unha circuncisión. -Si oh!!, non me chega con que me leven a casa en Alba que agora quereme estraga-lo fillo con outra circunvalación. Din que o progreso é o mellor para esta terra, pero a verdade é que eu, o que é terra, cada vez vexo menos.

37


Fol de Veleno

Retranca,opinión e denuncia

- CHINTOFOMANÍA Manual enxebre da contribución galega á construción e arquitectura rural. SOMIER –CANCELA: aplicación práctica dun somier ou metálico para o seu uso a xeito de cancela ou portal. Como alternativa ó somier pódese emprega-lo cabeceiro dunha cama ou mesmo a estrutura dun berce. O somier é un dos obxectos de reutilización máis versátiles na nosa arquitectura rural. Así podemos atopalos formando parte da estrutura de peches de leiras, alpendres e galiñeiros.

-Expedientes“G”Expedientes“G”“O Misterio dos xigantes de vento”: Nos últimos anos veñen sendo múltiples os casos de avistamentos, e mesmo encontros, cuns enormes seres brancos, sen pernas e con tres brazos xiratorios que, cando un menos o espera, aparéncense impunemente nos nosos montes, ruxindo, zumbando e movendo os brazos ó vento. Seres, que, como unha interminable estadea, provocan o pavor e o medo a canta persoa de ben se topa con eles. Xeralmente as aparicións teñen lugar no monte, especialmente en lugares de grande intererese paisaxístico, natural, histórico ou etnográfico-cultural. O que denota un certo indicio de intelixencia e bo gusto no seu comportamento. Se ben hai constancia deste tipo de fenómeno noutros países, e mesmo cun resultado positivo e beneficioso para as comunidades que sofren a súa aparición, no caso de Galicia as aparicións documentadas até agora amosan por parte destes xigantes que nos están a invadir case sempre un comportamento negativo e destrutivo cara á poboación autóctona. Os máis prestixiosos e recentes estudos ufolóxicos póñennos sobre aviso ante a sospeita da posible existencia dunha oculta colaboración entre algunhas empresas, políticos ou individuos con posición de poder na sociedade galega e estes seres eólicos. De non existir esta posible trama colaboracionista non sería posible que en tan pouco tempo se puidese establecer na nosa terra a grande comunidade destes seres estraños que agora habitan entre nós. Por último, subliñar que non se trata dun fenómeno novo e as mencións literarias a estes misteriosos seres veñen de lonxe. Así, no Quixote de Cervantes xa se menciona un

38


Fol de Veleno

Retranca,opinión e denuncia

enfrontamento do entrañable figalgo co que semellan ser uns seres de parecidas características ós xa mencionados. Cómpre, xa que logo, estar alerta a esta crecente invasión e evitar que máis vilas e paraxes do noso país sexan abducidas por estas enormes criaturas do vento namentres non se demostre que veñen en son de paz e que as súas intencións son boas e beneficiosas para a humanidade galega. Datos subministrados polo RECORDA (Rede de estudos de cousas raras de aquí)

Amosamos no artigo algunha das últimas fotos recibidas destes destes terribles avistamentos.

- Reflexións de patacón Artesa das citas, dos refráns e dos ditos populares “Non chego a comprender por qué sendo os nenos tan intelixentes, os adultos son tan parvos. Debe ser froito da educación”

“O machado do leñador pediulle á arbore o seu mango. E a árbore deulla”

Alexandre Dumas, fillo

Rabindranach Tagore

“Ás veces penso que Deus creando o home sobreestimou un pouco a súa habilidade”..............Oscar Wilde

“Un hombre pobre y sin dinero es un bulto sospechoso”...........John Balan

“O futuro é dos desilusionados”

Aramos dixo a mosca e estaba no corpo do boi..........Refrán español

Georges Sorel

O teu amigo ten un amigo, e o amigo do teu amigo ten outro amigo; por conseguinte sé discreto. Talmud

Hai quen pasea polo bosque e só ve leña para o lume. Proverbio ruso

Refráns galegos Rei é quen rei non ve Vale máis codia dura ca pedra mol O que non fuma nin bebe viño lévao o demo por outro camiño O que queira ter fillos larpeiros gaiteiro os destíneos a cregos ou a gaiteir Vaca de moitos, ben muxida e mal mantida

Casara eu por andar regalada e traza lle vexo de andar comandada

O que come cabrito e cabra non ten de algures lle vén. Onde canta un crego, moe un muíño e ornea un burro nunca falta un peso

39


-O AltofalanteAltofalanteTaboleiro de opinión libre e denuncia sobre a realidade ou irrealidade social do teu lugar, parroquia, concello, país ou mundo. “Mellor fico na casa” Ás veces é mellor ficar na casa, e se pode ser sen acender a TV, nin a radio e por suposto nada de ler xornais. Sobre todo se un aspira a ser feliz. Por algo se di que a ignorancia fai a felicidade. O malo é que ás veces neste país da néboa e da choiva sae un bo día e un, irresponsable, séntese con ganas de dar un paseo. E aí é onde comeza o problema ou “tour-tura”. O outro domingo, día fresco pero soleado, fun dar un paseo polo Lago de Castiñeiras, lugar de lecer de sobra coñecido como para que as Administracións, Concellos, Deputación ou demais familia lle presten o coidado requirido. O caso é que me decidín por visita-la última mámoa descuberta e escavada non hai moito. A idea era sacarlle unhas fotos antes de que lle pase unha estrada ou pista por riba, e gozar dun monumento funerario de máis de 5000 anos de antigûidade, que se di axiña, e que polas súas dimensión e estado de conservación é un dos máis impresionantes que temos na nosa provincia. O dolmen, como é habitual neste país de suicidas culturais e paletos da modernidade, non ten ningún tipo de panel informativo ou explicativo da súa orixe, utilidade e importancia histórica. Tampouco ten ningún tipo de protección (será para achega-la cultura ó pobo e de paso ós vándalos e terroristas do patrimonio que tan ben medran nesta terra). Dende logo, ningún sinal indica a existencia de tan importante monumento, e para facilitar aínda máis o seu coñecemento atópase cheo de xestas e todo apunta a que oposita ó total abandono, como ten que ser. Un pouco máis adiante, ó carón dun camiño que vai cara á entrada do lago, atópase outro dolmen. Este si aparecía mencionado nun folleto turístico editado hai tempo, pero nin iso lle serviu para gozar dunha especial atención e conservación. Hoxe podemos gozar de catro pedras medio caídas, cubertas polos toxos e maleza e reutilizado como colector de lixo para que algúns domingueiros irresponsables e analfabetos deixen alí os restos das súas merendas... así rebenten por porcos, con perdón do santo cocho. Pero iso non é todo, para que vexan o especial coidado que se lle presta a un dos complexos megalíticos máis interesantes do noso contorno e poidan seguir gozando do noso patrimonio histórico-artístico, recoméndolles que baixen pola estrada que vai cara a Domaio, e a un par de quilómetros de Castiñeiras á man esquerda, fronte ó cruzamento que vai ó picadeiro, poden atopa-los restos doutro dolmen cada vez máis degradado e profanado. Se miran dentro, poderán ver outro exemplo de colector megalítico de lixo. Imaxinan vostedes utiliza-lo sarcófago do Apóstolo como colector de lixo ou WC campestre, ou ir merendar á Catedral de Santiago e deixa-lo lixo tirado nun curruncho. Sería impensable. Pero neste país unha persoa non pode entrar en determinados monumentos cristiáns en pantalón curto pero si pode cagar dentro doutros monumentos, ou non se pode por unha pancarta nun edificio do século pasado pero si se pode por unha torreta ou unha estrada enriba dun de 5.000 anos. É que ata no patrimonio hai clases. Pero se despois deste interesante paseo cultural, e de non poder atopar ningún dos gravados rupestres que hai ciscados, quen sabe onde, polas inmediación de Castiñeiras, se aínda así segue con ganas de coñece-lo noso patrimonio, convídoos a facer unha parada no monte das Croas, en Salcedo, baixando de Castiñeiras cara a Pontevedra. Aparquen o coche ó carón do cruceiro sen cruz e suban polo camiño da dereita ata o alto do monte. Gocen, se a atopan, dun posible miliario ou pedra fita de 2 m tirada no chan entre as xestas, gocen dun castro semi escavado, e da esterqueira e recheos de terra que a modo de miradoiro nos permiten gozar da vista dalgún dos moitos muíños abandonados e en


Fol de Veneno

Fanzine cultural e de opinión

ruínas que entre a maleza e o lixo existen ó carón do río cloaca no curto treito que vai dende a ponte do Batán ata a pequena fervenza que existía antes da trincheira e a canalización do río por baixo da autoestrada. Da ponte do Batán cara a arriba aínda hai máis muíños, que forman un complexo etnográfico digno de conservar e coñecer, aínda que só sexa polo simbolismo e a importancia que tiveron os muíños como lugares de creación e divulgación da nosa cultura musical na nosa historia. Como poden ver, todo un mundo de posibilidades para coñecer e gozar coa nosa historia, cultura e patrimonio en apenas 5 km. O triste deste asunto é que non se trata dun caso illado nas parroquias de Salcedo ou Figueirido, senón que este abandono, esta deterioación, todo este terrorismo patrimonial e esta desidia institucional é algo común a todo o territorio de Galiza e ,como unha praga bíblica ou como un xenocidio cultural, espállase por todo o país ata que esmoreza todo ese patrimonio, tanxible e intanxible. Por iso penso que a pena é que todo este tesouro cultural non estea na Franza ou na Alemaña. Así poderiamos pagar unha entrada para velos, visitar un museo sobre a cultura megalítica e castrexa, ou sobre o vello oficio de muiñeiro; poderiamos mercar unha camiseta de 10 € co debuxo dun rodicio e que puxese “Die muiños von Mûnchen” e facernos fotos diante destes monumentos, con cara de interesante e roupa de Coronel Tapiocca para despois amosárllelas ós nosos amigos á volta das vacacións mentres lles contabamos o incrible do visto. É que definitivamente, é unha pena que todo ese tesouro cultural se atope nun país ó que chaman Galiza.

- Denuncia “Mirando ó futuro” Sempre queda moi ben iso de dicir que miramos ó futuro. Dá unha imaxe de modernidade e progreso, moi vendible no noso tempo. O problema é cando de tanto mirar ó futuro descoidámo-lo presente, que é o que nos toca vivir e o que garantirá o noso futuro. Pero para construírmos un futuro digno debemos saber de onde vimos e o que somos, e para iso hai que mirar ó pasado e polo pasado, para conservar ese patrimonio material e inmaterial que fai que sexámo-lo que somos. Sen saber quen somos e se non solucionámo-los problemas do presente, dificilmente poderemos crear un futuro digno que mereza a pena, por iso coido que sería máis axeitado que a nosa Deputación e Administración en xeral mirasen polo noso presente e coidasen do noso pasado.

“Refuxios para non esquecer” Ás veces é bo lembra-la importancia que ten para un pobo que aspire a un futuro mellor o manter viva a súa memoria histórica. Este ano cúmprense 70 anos da Guerra civil española, coas tráxicas consecuencias que esta contenda tivo para o noso país e as nosas xentes. Por iso é importante conservar e dar a coñece-los poucos vestixios ou restos que aínda perduran desta guerra. É imprescindible a urxente restauración, conservación e protección dos dous carteis indicativos de “REFUGIO PARA ATAQUES AEREOS” que aínda se poden atopar na nosa cidade, en concreto na rúa Andrés Mellado e na rúa Xeneral Martitegui. É de suma importancia que a xente nova saiba que no ano 36 houbo neste país un

37


Fol de Veneno

Fanzine cultural e de opinión

levantamento militar contra a constitucionalidade vixente que causou unha guerra cruel na que a xente se matou entre irmás. É vital que a xente saiba que igual que ocorreu na Ex – Iugoslavia, igual que ocorre hoxe en Iraque e en tantos sitios e guerras que agora podemos ver en directo todolos días pola TV á hora de comer, aquí na nosa cidade a xente matouse entre ela , foi asasinada ou represaliada e moitos dos nosos pais ou avos tiveron que refuxiarse aterrorizados polo horror da guerra e o son das bombas nun deses refuxios polos que agora pasamos sen sabe-lo que foron, para que foron e o que significaron eses lugares anónimos na vida e na historia deste país.

“Carril Bici ?, en Pontevedra non” É unha pena que Pontevedra estea a perde-la posibilidade de se converter na cidade pioneira en Galicia no uso da bicicleta, que tamén é indicador de calidade de vida e aposta pola sostibilidade. Non chego a entender como despois de realiza-lo grande investimento que supón o logro da peonilización da cidade non se tiveron as miras de futuro e a sensibilidade ecolóxica necesaria para dotar a Pontevedra dun carril bici en tódalas rúas transformadas e a súa extensión cara ó exterior da vila para facilita-lo acceso en bicicleta das xentes das parroquias, que tamén existe e votan. Temos unha capital sen apenas costas e cun tamaño idóneo para percorrela en bicicleta. Cun gran número de centros de ensino ós que a nosa mocidade podería desprazarse en bicicleta, ó igual que fan na maioría das cidades civilizadas do norte de Europa, e ademais temos un grave problema de tráfico que cómpre solucionar. A bicicleta é unha boa alternativa. Só hai que pó-los medios necesarios para que moverse nela non supoña un deporte de alto risco, facilitar lugares seguros onde aparcalas e facer unha campaña de concienciación cidadá para fomenta-lo uso do medio de transporte máis económico, silencioso, saudable e limpo que existe. Agora, unha vez feito o gasto danse de conta, e queren fomenta-lo seu uso pondo 100 bicis a disposición da cidadanía e dos turistas para que percorran a nosa cidade. Espero que poñan tamén 100 médicos máis no ambulatorio para atende-las múltiples feridas dos accidentados kamikazes que se atrevan a lanzarse en bicicleta no caos circulatorio de Pontevedra. Iso se atopan unha das 100 bicicletas, porque por descraza carecemos da cultura cívica de Suíza, e se algo abunda nestes lares son os amigos do alleo. A isto chámaselle empeza-la casa polo tellado, pó-lo carro diante dos bois ou simplemente tomarnos por parvos. Se noutras vilas europeas e mesmo de España, véxase o exemplo de San Sebastián, existe carril bici porque aquí non. Quizais é unha simple cuestión de educación…e cultura.

-ANUNCIOS ANUNCIOS BREVASBREVAS DANSE CLASES DE SODOMÍA A DOMICILIO Profesor titulado no INEM. Tódolos niveis. Formación en negociación de convenios colectivos, Clases prácticas de traballador ETT, trato con xefes de persoal e introdución ás condicións de emprego estable e conciliación laboral.

VÉNDESE CEREBRO Sen apenas uso. Ideal para pasar longas horas mirando a televisión.

BÚSCASE CAPADOR DE POLÍTICOS.

Necesaria experiencia contrastada en capa de políticos corruptos, ineptos e especuladores. Razón: hai unha chea delas

38

ES MOZO E QUERES INDEPENDIZARTE? NON AGARDES MÁIS. GRAN OPORTUNIDADE!!

VÉNDESE PRAZA DE GARAXE 7m2. Ideal para reformar en apartamento. 48.000 € (12.000 € en negro)


Fol de Veneno

Fanzine cultural e de opinión

Fol de Veleno é un fanzine elaborado coa colaboración do colectivo “Amigos do Sr. Pereira” baixo a idea e coordinación do Sr. Pereira. Os ingresos que se acaden coa distribución deste boletín irán destinados a financiar e mellora-las próximas edicións, que agardamos que sexan moitas e frutíferas. Fol de Veleno non acepta nin quere financiación ou subvención de ningún tipo. Fol de Veleno finánciase exclusivamente cos ingresos xerados pola propia distribución do fanzine e coas achegas voluntarias do colectivo “Amigo do Sr. Pereira”.

Como colaborar con Fol de Veleno: Este fanzine pretende ser un instrumento vivo e aberto ás túas achegas, de xeito que se converta, á vez que en voceiro, nunha rica fonte de material para futuras edicións. Se queres colaborar nalgunha das seccións de Fol de Veleno pódelo facer enviando os teus comentarios ou artigos ó enderezo de e-mail:

foldeveleno@yahoo.es Tamén podes colaborar coas túas achegas ou cometarios na edición dixital en formato blog que estará dispoñible no enderezo:

http://fol--de de--veleno.blogspot.com http://fol O material achegado á edición dixital tamén poderá ser utilizado para as próximas edicións en papel do noso fanzine.

Obviamente, Fol de Veleno resérvase o dereito de publica-las ditas achegas segundo se enmarquen ou non na filosofía e finalidade divulgativa e revulsiva do fanzine. Así mesmo, marcado polo “exemplo ético” dos nosos políticos, Fol de Veleno non se fai responsable das opinión persoais aquí verquidas. Faltaría máis.

39


Fol de Veneno

Fanzine cultural e de opinión

Fol de Veleno

Núm. 1, Verán 2006

Este boletín non ten copyright nin falta que fai.

40


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.