FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº 4. Ano 2014

Page 189

Fol de Veleno

As Máis Antigas Referencias sobre o Occidente

- Xoán Bernárdez Vilar

Con todo, tendo en conta as dúbidas razoables que, en relación co Promontorio Oestrymnio, existen, para non cometer ningunha clase de equívocos, imos facer, o mesmo que Teseo, cando no Labirinto de Creta, desenleou o fío que lle entregara a súa namorada Ariadna, para poder atopar a saída do mesmo, dándolle a volta ao poema.

dicir: uns 400 quilómetros. O que nos sitúa no bicudo Cabo Silleiro, na entrada da ría de Vigo, dirixido, coma nos mesmos se afirma, cara ao áspero setentrión. Así mesmo, fica tamén demostrado o contido dos versos 162-163 de que, dende esta Prominencia do Aryio, (o Cabo Silleiro), ata as Columnas do teimudo Hércules hai unha viaxe de cinco días para as naves20; ou sexa, mil quilómetros de navegación. Debemos de reparar tamén nos versos 146-157 da Ora Maritima, que indican tanto que a Prominencia do Aryio se atopaba na Ophiussa, territorio que, coma acabamos de ver, chegaba, polo sur, cando menos, aos arredores de Lisboa,

Cabo Silleiro

Actuando deste xeito, comprobaremos que, partindo de Pyrene, podíase chegar, en sete días —arredor duns 1400 quilómetros— á Columna Calpe, ou actual Xibraltar. A seguir, os versos 162-173, indican unha viaxe marítima de tres días —600 quilómetros—, entre Calpe e o Promontorio Ophiussa19, o que nos conduce exactamente ao conxunto formado polo cabo da Roca e a montaña de Sintra, nas inmediacións de Lisboa.

nº 4 2014

Solpor no cabo Fisterra, con 242 mts. de altitude, indefectiblemente dirixido ao sur, ou Noto, e fechando a ría de Corcubión

O seguinte tramo é o existente entre ese Promontorio Ophiussa e a Prominencia do Aryio, acerca da que os versos 158-162 afirman que, hai unha navegación de dous días. É

coma que, anteriormente, este chamárase Oestrymnia. Denominación que, loxicamente, non se podía atopar na Bretaña.

19 Co significado etimolóxico de rica en serpes. 20 Dende o Cabo Ortegal, o principal dos orientados ao norte que tamén se propuxo coma Prominencia do Aryio, é absolutamente imposible chegar, aínda cunha nave lixeira, tanto ás Columnas como á foz do Guadalquivir.

Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza

189


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.