O Tranvía. Número 10. Outubro/Decembro 1994

Page 30

O Porriño-Mos

TRANVIARIOS NO EXILIO

TRES PORRIÑESES EN BUENOS AIRES 'lformación recopilada por Xose Xiráldez no Boletín da Sociedade Residentes del Municipio de Porriño

Naceu no Porriño en 1895. Moi xove foi á Arxentina a traballar como obreiro pintor e ingresando no Partido Socialista de Argentina en 1912. Fundou en 1916 a Unión de Obreros Municipales de Buenos Aires e en 1919 foi designado secretario xeral da mesma. Participou na dirección da Confederación General del Trabajo dende 1935, concorrindo a varios Congresos internacionais de obreiros, entre eles o realizado en México en 1938, onde se constituiu a Confederación de Trabajadores Americanos, e en 1936 á primeira conferencia panamericana organizada pola Oficina Internacional do traballo. Participou como deputado no Congreso nacional polo periodo 192428 representando ao partido, elexido pola Capital Federal e reelecto en 1932. No desempeño da súa lexislatura proxectou anova-cións legais que foron aprobadas como o sábado inglés, a prohibición de fabricar pintura a base de chumbo, a lei de previsión social para gráficos e periodistas, etc. Das súas interpelacións foron famosas a que fixo con motivo da brutal matanza de 50 indíxenas no Chaco e a promovida ao ministro do Interior por incuprimento da lei que prohibe o traballo nocturno nas panaderías. Dirixiu os xornais "La Confederación", órgano da Confederación Obrera Argentina e "El Obrero Municipal",publicandoademaisun

libro sobre sindicalismo, que se considera como o mellor no seu xénero. JOAQUIN R. RODRIGUEZ Natural do Porriño, pobo polo que sentiu sempre un excepcional e fervoroso cariño, sendo o fundador, presidente e director da RevistaBoletín da Sociedad Residentes del Municipio de Porriño "que apareceu durante longo tempo bimestralmente e que ti vo destacados contornos en ámbitos internacionais merecendo significati vos eloxios de personalidades políticas, literarias e educacionais, precisamente durante o tempo que estivo a cargo deste destacado porriñés, polo certeiro criterio co que enfocaba os asuntos que trataba, pola desmesurada elegancia da súa pluma e polo sentimento liberal, democrático e republicano que fluía de todos os seus escritos". Ademais de colaborar nesa e noutras publicacións da colectividade galega, faciao tamén na revista arxentina "El Hogar" e na "Novela Semanal". Foi directivo do Centro Gallego e do seu labor nesta institución, di Iglesias Rivadulla o seguinte: "Joaquín R. Rodríguez deixa nos seus cargos a súa constancia de traballo e a súa defensa terca e famosa da honradez. Tiña o honor de non ser rico e gañaba a súa vida día a día co seu traballo, de modo que as súas horas dedicadas honorariamente ao Centro Gallego 30

a diario, son como o escudo do seu máis alto mérito". Joaquín R. Rodríguez, faleceu en Buenos Aires, o 6 de agosto de 1952. Ao cumprirse o décimo aniversario da súa morte foi descuberto na Federación de Sociedades Gallegas pola Sociedade de Porriño, un busto do seu inolvidable fundador. ANTONIO MACEIRA Naceu no Porriño en 1902. Aos 8 anos comeza a estudiar solfeo e entra a formar parte do coro infantil da catedral de Tui. Dous anos despois era executante de cornetín na Banda do seu pobo natal. En 1920 emigra a Cuba e forma parte do Coro do Centro Gallego de La Habana, gañando por oposición a praza de músico da Banda Municipal de Sagua la Grande, na provincia de Santa Clara. Regresa a Galicia e entra no reximento n° 54 de Isabel a Católica de guarnición na Coruña, indo a Melilla coas forzas expedicionarias a raíz do desastre de Anual en 1921. Foi discípulo do compositor galego Fernández Amor. En 1930 trasládase á Argentina e establécese en Buenos Aires onde dirixe primeiro o Coro Hispano-Argentino, e despois o Rosalía de Castro, o Pascual Veiga do Centro Gallego de Avellaneda en 1950, o de Curros Enríquez da Federación de S. G. en 1951, Airiños de Vigo en 1952 e seguidamente o de Arrieiros de Mos, da sociedade do mesmo nome.

www.faximil.com

FRANCISCO PÉREZ LEIRÓS


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.