O Tranvía. Número 6. Xullo/Setembro 1993

Page 1

www.faximil.com


0 Porriño-Mos

O TranVía O TranVía NAS SEGUINTES

PARADAS NO PORRINO AUTOSERVICIO MILAGROS (Budiño-Cruz) BAR ALONSO (Chenlo) BAR ANTONIO (Pontellas) BAR BAIXO AS (Budiño-Cerquido) BAR FERNANDEZ (A Gufa, Atios) BAR MIRAFLOR (Noval, Torneiros) )CASA BUGARIN (Pontellas) GALERIAS SIMPLICIO (O Poniño) GASOLINEIRA DE A GUÍA (A Guía, Atios) LIBRERÍA MEIGA (Rúa Pío XII) MERCA PAZ (Rúa Pío XII) MESON MOSENDE (Mosende) QUIOSCO OLGA (Rúa Antonio Palacios) QUIOSCO LOURAMBAL (Torneiros) QUIOSCO MANUEL GONZÁLEZ (Praza de San Sebastián) QUIOSCO MUCHA (Praza do Concello) QUIOSCO PINTOS (Ríía Ramón González) QUIOSCO REGALIZ (Praza do Cristo)

ENMOS AA. VV. de PEREIRAS (Pereiras)

ALIMENTACION CELIA (Casal 149, Tameiga) BAR ATALLO (Mos) BAR ANICETO (A Florida) BAR CASA CAMBEIRO (Igrexa, Cela) BAR CASA CELSO (Pedraucha, Petelos) BAR CASA CHONI (Cotiño 49, Dornelas) BAR CASA ELISARDO (Igrexa, Petelos) BAR FERRADURA (A Florida) BAR CASA GALLARDO (Puxeiros 52, Tameiga) BAR CASA IGLESIAS (Torroso) BAR CASA PEDRARES (Sanguiñeda) BAR CASA REINA (Balteiro, Petelos) BAR CASA SÁNCHEZ (A Rans, Tameiga) BAR CASA TINO (Pedraucha, Petelos) BAR LLOGO (San Costne, Cela) BAR O XEITO (Igrexa, Pereiras) CAFETERIA FOKKER (Peinador) CASA BENIGNO (Bosende, Igrexa 145, Tameiga) CASADELFINAB. S. CRISTOBAL (Pombal 29-Louredo) CENTRO S. AS PEDRIÑAS (Monte do Rebullón, Tameiga) FERRETERÍA ROYMA (A Igrexa, Tameiga) PELUQUERIA ROUBLIN (AFlorida) QUIOSCO LIBRERÍA TRILLO (A Capela, Petelos) SUPERMERCADO VICTOR (Pereiras)

REDACCION Manuel Besada, Laureano Campos Leiras, Uxía Domínguez Senlle, Raúl Francés Rodríguez, Modesto Giráldez Teijeira, Aurora Gómez Leiras, F. Xabier Fontaiña Doval, Moncho Iglesias Veiga, Rubén Loureiro, Xosé M. Míguez Méndez, Miguel Montenegro, X. Paz Antón, Francisco Quintas Fortes, Pepe Vidal Pérez, Constante Vázquez Fernández ¡ í INFORMACION PARROQUIAL Lucho, Felín, Benito, Manolo da Quinta, Ricardo, Beni. j COLABORAN NESTE NUMERO: Alumnos de Oitavo do Colexio Público de Atios, Isabel Pereira, Rondalla de Atios, Antonio Fernández Valverde ASESORAMENTO LINGUISTICO: Paz Fernández, X. M. Míguez MAQUETACION, DESEÑO E INFORMATICA: Manuel Besada, X.Paz Antón FOTOGRAFIAS: Modesto Giraldez (coordinador), Manuel Sío, Chus Domínguez Senlle, Pepe Vidal Pérez. Portada: Antonio F. Valverde ADMINISTRACION: 1 Aurora Gómez, Francisco Quintas Depósito legal: VG-169-92 Impresión: Imprenta Paz

As opinións emitidas en O TranVía son da exclusiva responsabilidade dos asinantes

www.faximil.com

PODES ATOPAR

Revista tñmestral do Val da Louríña editada por Tranvía Colectivo. Apartado de Correos 136 I O Porriño


0 Porriño-Mos

SUMARIO

EDITORIAL

POLO CONSERVATORIO EA MUSICA Editorial O boticario Pepe Palacios .1. Varia: Adeus ao Ferradura 12. Iniciativas: Café Liceum Novo patrocinador para a Unión Deportiva Porriño 14. Parroquias: Novas parroquiais O Porriño 17. Política: A tira de cousas 18. Puxeiros: o lixo gobernativo 21. Comic: Os autos tolos 22. Ecoloxía: Cogumelos e landras 24. Entrevista a Antón Reixa 28. Os oleiros da Louriña 31. Hemeroteca 1886: Leandro Diz reorganiza a Banda de Música do Porriño ".. PédeFoto

Dende hai dous anos non é posible matricularse para facer estudios no Conservatorio de Vigo-Filial Porriño. Existe un plan daA.P.A. elaborado con modestia económica e funcional para resolver razonada e coherentemente a situación plantexada. Este plan ou calquera outro que se poña en práctica para garantizar que os nenos porriñeses poidan estudiar música, parece non despertar o interés dos concelleiros conservadores no Concello do Porriño. As pésimas condicións nas que se desenvolve a educación musical na nosa vila parece estar máis en consonancia cunha sociedade do terceiro mundo que coa postalfeliz de progreso e avance quefrecuentemente se nos pintaporparte dos administradores dos diñeiros públicos. Esta situación de abandono se contradice radicalmente con outro interesante proxecto, o da creación dunha Banda de Música. Dificilmente teremos unha agrupación que nos represente se non poñemos os medios para crear unha canteira de nenox músicos epolo tanto debemos rexeitar as propostas que contemplen os "fichaxes" de foráneosparapretender ter algo que non se ten. lsto non é Marbella nin o Atlético de Madrid, aínda que a veces, o pareza. A revista O TrariVía, como medio de información e de cultura, aposta claramente por unha ilusionante tarefa que dote á sociedade porriñesa dun moderno Conservatorio de Música e solidarízase coas personas que persiguen este mesmo obxetivo sen pretender inmiscuirse nas actividades doutros colectivos. A existencia deste Conservatorio sería un orgullo para os porriñeses quexa teñen traballado e cotizado dabondo comopara disfrutar deste servicio que inexplicablemente funciona noutras vilas de menor relevancia productiva, contributiva e económica.

AGRADECEMENTOS A redacción dO TranVía agradece o apoio prestado polo persoal e a dirección da Imprenta Paz na rapidez e dedicación profesional á hora de editar esta revista. Con especial énfase queremos destacar o labor de José Man'a Paz e de José Navarro que para nós representa unha instimable axuda. Esta redacción quere tamén ofrecer un recoñecemento público a Tito Vázquez Fernández que realiza ese traballo calado e pouco gratificante de encher sobres, empaquetar e pegar selos. Sen persoas desinteresadas como Tito non sería posible realizar este proxecto.

3

www.faximil.com

.


O Porriño-Mos

O

S

BOTICARIO PEPE PALACIO 'PorX.M. Iglesias Veiga

' n xuño de 1895 remataban o seus estudios na Universidade de Santiago dous mozos porriñeses: José Palacios Ramilo acadaba a licenciatura en Farmacia e Marcelino Blanco Peña en Dereito. Pepe Palacios afastábase, coa elección destes estudios, da tradición da súa familia cara ás profesións creativas relacionadas co mundo da construcción: o seu pai, axudante de obras públicas; Jesús, o irmán maior, enxeñeiro; Joaquín, topógrafo e pintor e Antonio, grande arquitecto. Sen embargo, as dotes creativas, propias de toda a familia, non lie ían faltar. Pronto amosaría o seu gusto pola literatura e unhas boas cualidades para o debuxo, como deixan ver algúns dos seus traballos atopados entre a documentación relativa ó seu irmán Antonio. Por outra banda, os boticarios non eran novos na familia. Ñas mesmas datas ñas que Pepe Palacios remata a súa carreira, o seu primo, o farmacéutico Xosé 4

Carrera Ramilo obten, con grande éxito, o grao de doutor en farmacia na Universidade Central. Pouco tempo despois substitúe á fronte da botica ó seu pai, Francisco Carrera Marino, que morrena vila do Louro en 1910. Tamén continuará o labor do seu pai á fronte do partido conservador na bisbarra, semprebaixo a tutela dos ponteareáns Gabino e Isidoro Bugallal, sendo por longo tempo alcalde da vila e despois gobernador civil de Tarragona, Ourense e Lugo. Outro membro da familia, Benito Vázquez Váz-quez, casado con Amelia Palacios, será tamén titular de farmacia na Guarda. De tódolos irmáns, será con Antonio co que Pepe mantera unha relación máis forte. Ademáis, Jesús. casado coa porriñesa Catalina Gianonati, morre en 1922 no Guadarrama (Madrid), onde se recuperaba da

www.faximil.com

E,


0 Porriño-Mos

súa enfermidade. Pouco tempo despois desaparece Joaquín que falece tamén en Madrid en marzo de 1923. 0 arquitecto fará con prontitude un proxecto de edificio para alberga-la botica do seu irmán. Os diversos estudios que recibiu a obra do arquitecto, sinalan unha data tardía para este proxecto, xa que o sitúan sobre o ano 1915. Sen embargo, segundo a información que subministran as actas municipais, a Botica Nova está en obras no ano 1909.

zona, como parte dun proxecto máis ambicioso que abarcaba a toda a zona de influencia de Vigo e que concretará, pouco tempo despois, no plano urbanístico desta cidade. Esta sinxela edificación, de planta baixa e pensada para construír en cachotería con grande austeridade na súa ornamentación, permanece en pé nas proximidades das instalacións deportivas actuais de Samil. Na actualidade está moi transformada polas sucesivas ocupacións das súas dependencias por salas de diversión, sendo moi famosa, nas décadas pasadas, a coñecida polo nome de «Riomar».

Antonio proxecta un edificio desprovisto da virtuosa ornamentación da que fai gala noutras obras e que, neste caso, contrasta poderosamente co veciño Pazo Municipal, amosando unhas sinxelas fachadas nas que limita a decoración a acusa-las liñas estructurais da construcción. Presenta a novidade de redondear totalmente o ángulo da edif icación, creando unha sensación de continuidade, de fachada corrida. A función do edificio destácase no seu remate cun mosaico elaborado con anacos de cerámica dourada e azulada, un dos materiais predilectos do arquitecto, no que se le: Botica Nova de Palacios. Este proxecto non será o único que o arquitecto fará para o seu irmán. En xuño de 1929, José Palacios presenta no Concello de Vigo unha instancia, acompañada dun plano asinado polo seu irmán, na que solicita permiso para levantar unha pequena edificación para dedicar a restaurante e casa de baños no lugar de Cabo da Vella, no ángulo que forma a praia de Samil co desembocadura do río Lagares. Estaconstrucción foi, segundo a prensa viguesa do momento, a primeira destas características instalada nesta praia. Esta faceta do boticario como industrial hostaleiro enmarcase dentro da intensa campaña de promoción que fai nestes anos Antonio Palacios das grandes posibilidades turísticas de Samil e das súas ideas en relación coa completa urbanización desta

A Botica Nova de Pepe Palacios era a segunda aberta na vila. Da outra era titular o seu primo. Sen embargo, as reboticas eran ben distintas, como describe Valentín Paz Andrade no seu libro Galiza lavra a súa imagen, no capitulo dedicado o seu amigo Antonio Palacios: «...unha sempre conservadora, a favor de Bugallal. A outra...semprecono...revirallo.Daprimeiraeratitular o licenciado Don Xosé Carrera Ramilo. Cabaleiro, senón de cabalos... de cabelos. De mestos cabelos de prata lucente. Na rebotica, ademais de xarabes e cataplasmas, o boticario adoaba nomeamentos de pedáneos, e concellaes. E cando rubían ao poleiro os de Don Gabino até saían diputados provinciais e gobernadores. A outra botica -primo contra primo- era máis intelectual. Alí o de menos era, para o boticario, despachar permanganato ou aspirina. Denantes das cousas da materia importaban as do espírito. Pepe Palacios, o boticario, tiña a cachola sin un cabelo. Todos voaron a recubri a do seu primo. Máis tiña a testa ben povoada por dentro. Non collía a espátula nan man. Collía a pluma. E non só para mandar billetiños aos choios que se daban, mentres vivíu solteirón. Para escribir contos do rueiro, e mandal-os a Coruña, para os publicar en « A Nosa Terra», resucitada pol-a Irmandade da Fala. Con

5

www.faximil.com

Detalle da Botica Nova deseñada por Antonio Palacios para o seu irmán Pepe, o boticario. Nafoto da dereita, a Fonte do Cristo e a Botica Nova son o contrapunto á desfeita urbanística porriñesa.


0 Porrifto-Mos _

de Antonio Palacios no balneario de Mondariz: Fonte da Gándara e planta de embotellado, edificio da «Baranda» e Hotel Sanatorio. Estas novas edificacións completaban a obra de engrandecemento da estación termal iniciada, tempo atrás, co encargo a Jenaro de la Fuente Domínguez do proxecto do Gran Hotel. Enrique Peinador Lines, un dos poucos industriais membros do Partido Galeguista, dará acollida nos veráns no balneario ós principais representantes da intelectualidade galega, que colaborarán habitualmente no xornal La Temporada e na revista Mondariz. Ramón Cabanillas incorpórase ós faladoiros da Botica Nova ó ser nomeado, no ano 1917, secretario do Concello de Mos. Durante este espacio de tempo que vive no Porriño reside na pensión Jerezana, mantendo un cordial relación con Pepe Palacios e co seu irmán Antonio. O arquitecto, amigo do bo palicar, participa destes faladoiros nas súas estadías de verán na vila. Boticario e arquitecto, xunto ó pintor Llorens, Vilar Ponte, Vicente Risco, Pérez Viondi e outros destacados representantes da cultura galega, acompañarán a Ramón Cabanillas no solemne acto da súa recepción no seo da Academia Galega, celebrado no Grande Hotel do balneario de Mondariz en agosto de 1920. Por outra banda, será Ramón Cabanillas, a través dun artigo publicado no xornal Faro de Vigo en agosto de 1918, o primeiro en dar noticia pública do proxecto de novo edificio do Concello, presentando a Antonio Palacios como o grande arquitecto poeta e ó proxecto como rexurdimento da arte galega. Quizais destes contactos no Porriño, derive a amizade do poeta da raza con Enrique Peinador Lines, quen promove, nestes anos a publicación de obras de Cabanillas, algunhas delas editadas en Mondariz. Anos máis tarde tamén serán visitantes da rebotica o pintor ponteareán Antón Medal e o avogado e escritor Valentín Paz Andrade. Pepe Palacios pronto amosará a súa afección polas letras, que se manifestará en diversas colaboracións na prensa galega do momento. Esta inclinación será compartida co seu irmán arquitecto. Antonio escribirá máis dunha trintena de artigos, publicados principalmente no Faro de Vigo, Galicia (Diario de Vigo), Vida Gallega, etc. incluso nalgunha revista editada en América como Céltiga. Estes artigos, que permanecen case na súa totalidade inéditos, a pesar de que explican en parte a súa posición como creador, relaciónanse principalmente con estudios do patri-

www.faximil.com

Proxecto de restaurante-Casa de Baños a realizar en Samil, para José Palacios. Posteriormente foi a sala Riomar e na actualidade é o Boe. Firmado por Antonio Palacios en l929.(Arqmvo Municipal de Vigo)

i 1 na botica o por fora, a rebotica era visitada por xentes de letras...» Nela era habituais os faladoiros nos que se daban cita os amantes das letras e das artes como Manuel Paz Varela, médico en Mos e grande afeccionado á literatura con numerosas colaboracións na prensa do momento. Tamén os médicos establecidos en Tui, Alexo Diz Xurado e Darío Alvarez Limeses, que despois dun intenso labor cultural e periodística nesta vila terían un tráxico final, sendo fusilados nos incios da Guerra Civil. Outro dos que visitaba a rebotica era o xornalista vigués Jaime Sola, director da revista Vida Gallega e grande amigo de José e Antonio Palacios. Este xornalista será un dos principais di vulgadores da obra e proxectos do arquitecto porriñés e un apai-xonado defensor do Plano de Ensanche e Reforma Interior de Vigo, dando ademais cabida na súa revista ós artigos escritos polo boticario. Para Jaime Solá Mestres fará Antonio Palacios un proxecto de edificio para levantar en Vigo (non construído) no que se daría a primeira acollida ós emigrantes, ademais de albergar unha ampla biblioteca e talleres de impresión para obras de temática galega, dentro dunha idea promocionada dende a propia revista. Tamén pasaron pola rebotica os membros da familia Peinador de Mondariz. A relación do boticario co fundador e engrandecedor do balneario, Enrique Peinador Vela, viría posiblemente dos primeiros estudios e reunións que se manteñen na vila, nos inicios do presente século, para levar a cabo o proxecto de tranvía de Mondariz a Vigo. A relación máis forte será co seu fillo, Enrique Peinador Lines e dela derivan os numerosos traballos


0 Porriño-Mos

Entrada do poeta Ramón Cabanillas na Academia Galega. Acto celebrado no i>ran Hotel de Mondariz en 1920 coa participación de José e Antonio Palacios quc aparecen no centro , na parte superior da foto. (Revista Galicia, n"32. Lu Habana)

Outra das afeccións comúns de Antonio e José foi o gusto polas excursións e as viaxes. José acompañou ó

Nafoto inferior, os protagonistas dun perconido pola "Ruta dos Penedos" con remate no Pazo da Picoña en Salceda. De esquerda u dereita: José Carrera, Ramón Cabanillas, Pepe Pülacios e Jainw Solá. (Revista Vida Gallega, rí! 105, 1918.)

arquitecto en moitas das súas viaxes polo estranxeiro, tamén por Galicia e polo Norte de Portugal visitando e estudiando os monumentos máis destacados do románico ou do barroco. A rebotica, o Liceo ou aJerezana eran lugares onde o boticario e o grupo de amigos mantiñan os seus faladoiros e onde organizaban unha serie de excursións e percorridos pola zona dos que participan tamén persoeiros da cultura. Un dos lugares favoritos de paseo e excursión era a «Ruta dos Penedos». Algunhas destas excursións aparecen comentadas na prensa viguesa do momento, como sucede no extenso artigo publicado por Jaime Solá Mestres na revista Vida Gallega co título de «El poeta Cabanillas a través del Valle de Salceda» no que entrevista a Ramón Cabanillas, describindo á vez a excursión que fan Pepe Palacios, Antonio Cabaleiro, José Carrera e o propio poeta dende o Monte Castelo ata Salceda de Caselas

www.faximil.com

monio arquitectónico galego, en especial cos monumentos románicos e co proxecto de Ensanche e Reforma Interior de Vigo, pero a serie tamén abarca á pintura, á arqueoloxía, á riqueza da paisaxe da súa terra eaoutros temas que chamaron poderosamente a atención do arquitecto. As colaboracións do boticario serán máis literarias, e van dende unha serie de contos publicados en A Nosa Terra, Faro de Vigo , GaIicia.(Diario de Vigo) e Vida Gallega, a un grupo de cartas dedicadas á poetisa Herminia Fariña e publicadas nesta última revista. Tamén escribe algunha crónicasobre pintura e artigos sobre O Porriño. A afección ómundo da pintura foi común a moitos dos membros dafamilia Palacios Ramilo. Joaquín faría un intento serio da dedicarse á pintura presentándose a unha Exposición Nacional de Pintura. Antonio cultivaríaa en segredo, tendo unhas especiais facultades para o debuxo e dominando a técnica do óleo e a acuarela como amosan os dous cadros depositados no Museo de Pontevedra, o recollido no Mosteiro de Poio e outros que se gardan en coleccións privadas, así corao moitas das ilustracións que acompañan os seus artigos. Ademais, como sinalan aqueles que o coñeceron, foi un crítico nada contentadizo, amigo de percorrer as exposicións que se celebraban en Madrid e de colaborar na organización de mostras de pintores galegos. José tamén daría mostras das súas boas facultades para odebuxo. O xove José Vázquez Palacios, sobriño do boticario, compartirá estas afeccións literarias, sendo colaborador habitual da revista Vida Gallega ata a súa morte prematura na Guarda no ano 1920.


lli-LLUin _J 0Porrifio-MoSL^

natural distinción. Tiene una preciosa casa. Está calvo ya, lo cual es, en los hombres cultos, un sello de sus afanes para llegar a serlo. Y para que al hombre todo espiritualidad -¡hasta es delgado!- no le falte una vigorosa nota de contraste, posee una hermosa botica, la Uama así y no «apoteka», y se honra con el odorante título de farmacéutico. ¿Cómo no habría de resultar deliciosa una excursión proy ectada por un hombre tan fructuosamente complicado? Pepe Palacios, que triunfó como artista, como escritor, como viajero y como boticario, triunfó también como aposentador de excursionistas...»

Ingreso na Real Academia Galega de Ramón Cabanillas. Rodeando a Eva Rodríguez de Llorens, de esquerda a dereita: Francisco Llorens, Eladio Rodríguez, Enrique Peinador, Antonio Palacios e Ramón Cabanillas. (Revista Abrente, n°- 6; 1974)

para percorre-la zona e visita-las mansións señoriais da Picoña, Aballe e Pegullal. O periodista e escritor vigués na introducción deste artigo destaca as cualidades do singular boticario do Porriño así como a reticencias do poeta a facer tan longo camiño e sobre todo a erguerse cedo despois dunha boa cea na fonda La Jerezana: «En una mesa del Fornos porriñés hemos trazado un esquema del viaje. Primero, coche hasta el alto del Confurco. Después, montaña a campo traviesa hasta el Castelo. Más tarde, descenso al valle de Salceda; visita a las casas seftoriales; comida opipara; una hora de solaz en una romería aldeana; y, antes de caer el sol, vuelta al carruaje, recuento de impresiones y retorno victorioso. Pero el esquema asustó a Cabanillas. Son muchas líneas aquellas que nos llevarán del llano al alto y del alto al valle (...) Pero Cabanillas no debe acobardarse. La intervención de Pepe Palacios es una garantía. Palacios no es uno de esos hombres unilaterales, que, después de considerados en un aspecto nada nuevo pueden dar de si. Es polifásico. Palacios, artista por temperamento, sabe de poetas y de prosistas tanto como el crítico mejor documentado. Escribe además. Lo hace delicadamente, con una unción que solo puedo comparar con el cariño con que una mano de mujer cuida de una planta. Es industrial también, y en Porriño montó unos molinos deliciosos. Con su hermano Antonio, el arquitecto ilustre, ha recorrido el mundo, lo cual le permite poseer ese espíritu de ponderación, de ecuanimidad, de exactitud en los juicios, que da el contacto con muchos aspectos de muchos países, con muchos estados de cultura, con muchas cosas de muchos pueblos y con muchos hijos de muchas madres. Posee 8

José participaría tamén na vida política da vila, aínda que dunha forma un tanto controvertida. Nos seus primeiros anos de boticario aparece como militante republicano. En abril de 1903, segundo informa o Faro de Vigo, é nomeado vicepresidente do Comité Republicano do Porriño, sendo presidente Juan de Haz. Nestes anos a súa actividade política debeu ser intensa, xa que participa como orador, en xuño dese mesmo ano, nun mitin republicano celebrado na praza da Princesa de Vigo, chegando incluso a publica-la prensa viguesa un pequeno resume da súa intervención. Asiste tamén, nos primeiros anos do século, ás reunións e celebracións das federacións de obreiros do Porriño e das sociedades agrarias da bisbarra, pronunciando discursos con Serafín da Cruz, Sabino Torres, José Francés, Elisardo Rodríguez, Francisco Laredo, etc. Na primeira década do século, dende 1903, forma parte da corporación municipal porriñesa como concelleiro, mantendo ás veces posicións enfrontadas co seu primo José Carrera. Participará activamente nas xestións levadas a cabo para a construcción (1904-1906) da Escola «Fernández Areal» trala aportación testamentaria deste filántropo, sendo por un longo período secretario da xunta do padroado da propia escola. No ano 1905, sendo concelleiro, presenta diante da corporación municipal un proxecto de bulevar feito polo seu pai, Isidro Palacios, que comunicaba a estrada de Villacastín coa Rúa do Cruceiro, non existindo cons-

www.faximil.com

No ano 1930 o seu irmán arquitecto escribe tamén un longo artigo no Faro de Vigo no que describe a riqueza da paisaxe de toda esta zona dominada polos fortes e caprichosos volumes do granito, tras facer ambos irmáns este percorrido. Neste artigo o arquitecto fai divulgación da riqueza das formas dos penedos graníticos ós que personifica atribuíndolles nomes fantásticos como se se tratase da «Cidade encantada de Montefaro do Louro», verdadeiro titular desta colaboración na prensa. Acompaña todas estas descricións de debuxos executados pola súa man de grande debuxante, comentado que nun hipotético concurso dos lugares mais fermosos de Galicia el presentaría como candidato ó galardón a «Montefaro do Louro».


0 Porriflo-Mos

tancia de que fose definitivamente executado. Despois amosará simpatías polo movemento galeguista, incorporándose ó partido, segundo afirma Paz Andrade, dende a Asemblea Nacionalista de Santiago. No ano 1927, cando comezan as obras da Rúa Nova (primeiro tramoda actual Domingo Bueno) fai xestións en Madrid na compaña de Fernando Alfaya para obter subvencións para a construcción do Grupo Escolar, proxecto que, segundo a prensa do momento, foi trazado polo arquitecto pontevedrés Antonio López Fernández. Polas xestións realizadas a corporación municipal acorda en abril de 1927 a colocación dunha placa no salón de sesións como símbolo de gratitude. Dos bos contactos en Madrid e da súa habilidade para moverse nos círculos do poder durante o período da dictadura de Primo de Rivera é proba a anécdota que narra Valentín Paz Andrade no seu libro Castelao, na lu: e na sombra. O avogado vigués trasladárase a Madrid no ano 1925 para tentar que se revocase a orde de suspensión do diario Galicia que dirixía. Nada máis chegar á capital, atopou a Pepe Palacios e Xosé Bermúdez Lapuente, Conde de Castelo. Os porriñeses levárono de inmediato ó Ministerio da Gobernación onde, sen ningún tipo de espera, pasaron ó despacho do ministro. Despois dunha breve intervención do boticario, o ministro, o xeneral Martínez Anido, anulou a

orde do gobernador civil de Pontevedra, permitindo a saída de novo a rúa do xornal. Pouco tempo despois as autoridades da dictadura pechaban definitivamente o xornal vigués. Será precisamente neste período, na última etapa de Primo de Rivera no poder, cando Pepe Palacios desempeñe o cargo de alcalde no Porriño, sendo elixido como tal o 4 de decembro de 1927. Durante o seu mandato inaugúrase no Porriño o primeiro matadoiro de MARUCOGA, nun acto oficial presidido polo propio Marqués de Estella, celebrado o 3 de abril de 1928. Nos últimos anos de permanenciado boticario no Porriño a súa actividade aparece un tanto escura e controvertida. Pepe Palacios foi tamén un activo dinamizador da vida cultural do Porriño e tamén dos aspectos lúdicos e festivos. No ano 1903 acondiciónase no Liceo Artístico da vila un espacio para a celebración de festas e representacións teatrais, no que actuará un grupo de afeccionados dirixidos polo boticario. Sen embargo, non se contenta soamente coa dirección, senón que escribe algunhas das obras representadas e gracias ós seus bos dotes de debuxante encárgase tamén da decoración dos escenarios. Nos números musicais compartía a dirección do espectáculo con Marcelino Giráldez,directordabandademúsica. Algunhasdestas

9

www.faximil.com

Na esqucrda Pepc Palacios e Antonio Palacios


0 Porriño-Mos

10

ganadora do ano 1929: «En mi villa de Porriño, en sus festejos anuales de septiembre, suele figurar entre los números mejores de programa la f iesta de la empanada. Consiste en unagran demostración empanadísticadela que súa primeira parte es una exposición con premios y medalla. Un jurado competente que ha de tocar, medir, oler y probar, adjudica el premio de honor al ejemplar que alcance a batir los tres «records» de mayor dimensión, mayor olor y forma más original. Este año ganó el premio una hermosísima empanada rematada en forma de navío de tres palos y dos metros de eslora y cuyos compartimentos estancos estaban llenos de las más ricas y variadas especies empanadibles. Este navío cuando hizo súa aparición y f'ondeó, «arrescendía» de tal modo que hubo necesidad de contener la justificada admiración de la multitud que a toda costa pretendió hecharlo a pique antes de la llegada del jurado...» Pepe Palacios, boticario nada común, amigo das letras e das artes e tamén da festae do bo xantar, deixou un singular recordo no Porriño nas primeiras décadas de século, a pesar de que nos últimos anos da súa vida amosara posturas máis conservadoras e un tanto controvertidas.

www.faximil.com

funcións obtiveron grande éxito, chegando a repetirse posta en escena en sucesi vas ocasións. En 1907 escribe unha obra de teatro titulada «Victor» que será representada pola Compañía Sepulveda, grupo teatral que percorría as pequenas vilas co seu espectáculo. Nas reseñas de prensa do médico Bernardo Carrera Ramilo, correspondente do Faro de VI\Í>O na vila ata o ano 1913, data da súa morte, atopamos unha relación dos afeccionados que participaban nas funcións do Liceo no ano 1911. Como actrices aparecen: María e Amelia Giráldez, Pura del Campo, Lola Pereiro, Elena Castro, Aurora Galloso, Carolinae Enriqueta Rodríguez, Consolación Pereira, Antonia Pazo... Dentro do grupo de xoves actores atopamos a Leirós, Manuel Cabaleiro, Ramón Pérez, Rafael Mosquera, Casimiro Vieito, Alfonso Coto... O boticario será tamén amigo da festa e do bo xantar. Ademais de organizar variados e peculiares actos de carácter lúdico, instaurará a festa das empanadas, que consistía nunha cea a base de empanadas con premio a máis grande, artística e de mellor cheiro. Antonio Palacios, no artigo citado con anterioridade sobre «Montefaro do Louro» menciona esta festa, comentando o aspecto que presentaba a


n

0 Porriño-Mos._ :

A GALICIA VELLA A Galicia vella sempre estará aqui nos corazóns onde debe estar. )s vellos contando vellas historias de dragóns e piratas con garrapatas. 1

Os bois e as vacas catniñando sen parar para sementar e volver ó seu fogar.

Nos ^ o$ nenos están, bailando e saltando sen querer parar. A Galicia vella sempre estará aqui nos corazóns onde debe estar. Lucía Vieito Pérez (12 anos)

ADEUSAO FERRADURA 0 Bar Ferradura pechou as súas portas ha¡ uns meses tras máis de trinta anos de servicio público. 'Por Redacción

A historia deste local comezou a principios dos anos sesenta da man do seu propietario Demetrio Otero. Nunha primeira etapa, o local era tenda e bar ao mesmo tempo e moitos dos seus clientes ollaron por primeira vez unha imaxe de televisión entre chiquito e chiquito. Eran as tardes de fútbol dos domingos, das películas de Paco Martínez Soria, do concurso "Reina por un día" e da aparición dos seat seiscentos. Durante anos, o local foi o punto de encontro, reunión e diversión dos

veciños da Florida e doutros lugares que alí acudían. O motivo do peche do Ferradura non é outro que a xubilación merecida que xa disfruta Demetrio Otero, ao que nós temos como colaborador da revista O TranVía. E como a ocasión o merece, nós queremos sumarnos, a pesar do retraso, a esa celebración que quedou retratada na fotografía. Os amigos e clientes de toda a vida levantan a taza e brindan xuntos, por última vez, no Ferradura.

Stíbete riOTránVía'

J

O Porrino-Mos

11

www.faximil.com

|Os homes galegos trabaüando van ipara levar a casa un pouco de pan.


0 Porriño-Mos

CAFE LICEUM Dende o mes de febreiro deste ano ata o mes de xullo, o Café Liceum desenvolveu unha intensa actividade cultural con máis de trinta actos nos que a pintura, o teatro, os bailes de salón, o cabaré e sobre todo a música, ocuparon os venres e os sábados da noite pomñesa.

O concerto do portugués Julio Pereira o día 11 de xullo, pechou o primeiro ciclo de actos no Café Liceum. Na pá.xina seguinte, os Korosidansas practicando o "rock de batea", o día 2 de abril.

A restauración do histórico salón de actos que ocupa a parte superior do Café Liceum, recupera para o patrimonio emotivo dos porriñeses un novo espacio para a diversión e a degustación artística. As remozadas paredes que noutros tempos foron testemuñas do teatro local e dos bailes, acollen agora unha nova proposta a medio camiño entre a hostelería e a animación cultural, na que presta o seu apoio a Asociación Cultural do Louro. Faremos, pois, un rápido reconto

das actividades realizadas. A pintura estivo representada por tres exposicións: Xosé Paz Antón inaugurou o local cos seus cadros étnicos en acrílico; "Seis pintores da escola de Oporto" foi un percorrido pola vangarda plástica desta cidade lusitana; Pilar Al varez Pablos e Carmen Hermo mostraron pinturas en grandes formatos, nunha exposición coordinada pola Galería Severo Pardo de Vigo. Tivemos ocasión de escoitar nunha "sesión brava" a música de Os Di-

12

plomáticos, a presentación de Tres, o "rock de batea" de Korosidansas, o recente disco dos Yellow Pixoliñas, e o pop de Los Ernestos. A música de blues estivo representada polos porriñeses Dr. Helloco seu eslogan "new blues&medicine show", o home orquestra francés Benjamín Tehoval e o increible concerto de blues'n boogie do dúo A. Giroux&J.L. Mahjun. A música folk de Galicia tivo a súa estrea con Uxía deixando paso a outros grupos como Muxicas e o seu facer tradicional, os porriñeses Na Lúa que non actuaban na nosa viladende 1986debidoaovetoque lles impón Barros, o grupo Dhais de Lalín e os Trisquel que presentaron o seu primeiro disco L.P.. Tamén convén recordar a participación de Matto Congrio na festa de inauguración do local. Llan de Cubel de Asturies mostraron a puxanza da música celta na súa terra, o dúo V. Kalzayin/S, Vaschenco fixeron do folk ruso un exercicio de mestría instrumental, os escoceses Rua trouxeron as antigas melodías das terras altast o portugués Julio Pereira puxo o punto final ao primeiro semestrede programación cun concerto que se recordará por moito tempo. Pordesgracia para nós, a actuación dacan-

www.faximil.com

*Por Redacción


0 Porriño-Mos

tante británica June Tabor non foi posible ao suspenderse a última hora axira española da artista. Dos inclasificables, estiveron as baladas de Javier Bergia, o ácido recital poético de J. Corcobado, a maxia flamenca de Xesús Pimentel recén chegado de Xapón, e o ritmo vacilón de Los Doré con aquilo de "micabesa me duele...". Ademais da pintura e das diferentes

NOVO PATROCINADOR PARA A UNION DEPORTIVA PORRIÑO 'Por Redacción/U. D, P.

Recentemente chegouse a un total acordo entre a Asociación de Canteiros do Porriño e a Unión Deportiva Porriño, polo que a citada asociación pasa a ser o espónsor oficial do Clube e os equipos levarán o nome de C.B. CANTEIRAS DE PORRIÑO, lucindo este logotipo na súa vestimenta. A Unión Deportiva Porriño destaca e aplaude a decisión tomada pola citada agrupación empresarial para volcarse decididamente en apoio do deporte local e de base,

Na esquerda, a nova vestimenta da Unión Deportiva Porriño co logotipo Canteiras Porriño. Na dereita, Javi Rodríguez Pérez coas cores do Tau Gres, equipo no que perfeccionará o seu xogo, é un exemplo dos resultados do deporte de base porriñés.

máxime nos tempos de crise que corren e nos que tan difícil resulta conseguir axudas desta caste tanto das institucións públicas como privadas. Con esta acción máis de 180 xoves da comarca porriñesa poderán practicar o seu deporte fa13

novo espónsor, máis as colaboracións dos socios protectores e de número, e do Concello porriñés, permitirá á Xunta Directiva facerlle frente sen grandes agobios ao presuposto para a vindeira temporada que sobrepasa os seis millóns de pesetas.

www.faximil.com

músicas, no Café Liceum tamén estiveron as xentes do teatro. O grupo Chévere montou o seu wenstern particular "Rio Bravo" e a Compañía Arte Livre do Brasil representou "Olhares de perfil (o mito de Greta Garbo)". Carlos Blanco puxo en escena as dúas partes do seu radio-teatro "Directamente Paco" e "Directamente Paco II", e o cabaré estivo da man da Compañía de María co seu espectáculo "Fisterra Broadway". Eoresto da programación atendeu ásFestas de Antroido, aos Bailes de Salón que impartiu o Taller Pasos ouaoutros actos como a presentación do número cinco de " O TranVía" cun festival de antigas orquestras do Porriño. Esta é a iniciativa que queremos destacar ao tempo que alentamos á familia Quintas, propietarios do Café Liceum a seguir con esta proposta.

vorito coas debidas garantías. Os equipos que tomarán parte nas competicións oficiais na vindeira temporada son un total de 13. Nas categorías femininas dende segunda di visión nac ional ata ale v ín e en masculinas dende segunda división autonómica ata alevín pasando por tódalas escalas. Os entrenamentos xa comezaron destacando a continuidade de todo o cadro técnico do ano pasado con Roberto Freiría á cabeza. O convenio establecido co


0 Porriño-Mos

NOVAS PARROQUIAIS DO PORRIÑO A problemática das Comisíóns de Montes deAtios e Budiño e as festas da Xuntanza en Chenlo e Torneiros son algunhas das ¡nformacións parroquiais que hoxe tratamos.

ATIOS Na Xunta Directiva da Comisión de Montes de Atios existe certo malestar co Grupo de Goberno do Concello, xa que este non está aplicando o acordo sobre o reparto dos ingresos relativo á explotación de canteiras. Ó parecer, o Sr. Alcalde discúlpase alegando que os canteiros se negan a realizar os ingresos que lles corresponden, e os canteiros din que están dispostos a facer os ingresos que lles asinen sempre que alguén se responsabilice dos mesmos. A actual directiva da Asociación de Veciños está a piques de terminar o seu mandato e conta no seu haber importantes traballos realizados, como foron a creación do grupo de teatro, a integración dos Penediños no seo da Asociación, que no veran pasado tiveron actuacións fóra do país, en León e Portugal, así como obras de creación de infraestructura cultural e deportiva nos distintos barrios da parroquia, utilizando man de obra en colaboración co INEM. Tamén tiveron unha actuación destacada na defensa do entorno ambiental e ecolóxico. A elección da nova Xunta Directiva vai realizarse o vindeiro 10 de outubro e, ata o momento, só se coñece a presentación dunha candidatura. BUDIÑO As clases do ensino xeral básico e

de párvulos, deberían comezar con normalidade o día 15 de setembro de cada ano. En Budiño isto non sucede así. O motivo é que caseque tódolos anos os colexios necesitan algún tipo de reparación de mantemento ou reforma, e os reponsables das mesmas, o grupo de goberno do Concello, sempre se lembran destas necesidades cando as clases están a piques de escomenzar. Este curso tocoulles ós nenos de parvulario, que teñen clase nas antiguas escolas unitarias e que están nunhas condicións nada adecuadas para impartir docencia a nenos destas idades. As aulas son

acometerse nos meses de xullo ou agosto. Naactualidadeo lixoé undosgrandes problemas presentes en tódolos lugares do noso país. Na parroquia de Budiño este quizás sexa máis grave. Hai aproximadamente dous anos, o concello colocou algúns colectores nalgúns lugares da parroquía e nos que realizaba a recollida, se cadraba, unha vez á semana. Poucos colectores, cunhas recollidas moi espaciadas crean o problema de almacenamento do lixo arredores dos mesmos, co conseguinte problema de malos cheiros e concentración de moscas

frías xa que non teñen ningún tipo de aillamento, os pisos son de madeira en tnalas condicións, os teitos a piques de caer e os servicios poucos adecuados para estes nenos. Ante esta situación, os responsables do concello tiveron a feliz idea de comezar as obras na primeira semana de setembro e os nenos e os seus pais sofren a falla de previsión nas obras a realizar nos colexios, labor que ó noso xuicio debería

e outros insectos. Isto levou consigo, en boa lóxica, que os veciños máis próximos fosen desprazando os colectores a outros lugares ata que ó final estes desapareceron. Por se o problema fose pequeno, asistimos de forma máis ou menos regular a situacións nas que algunhas persoas, que viven fundamentalmente en pobos e cidades con problemas de recollida de lixo, cando pasan polo rural van tirando

14

www.faximil.com

'Por ARedacción/Parroquias


0 Porriño-Mos

Porriño está formada por 80 comuneiros. etc. Estas actuacións teñen un único fin; que a comunidade non funcione, que o monte quede abandonado e que os poucos recursos que estes poden darós veciños se perdan. Isto parece absurdo, pero é así, e a demostración de que estas afirmacións son certas baséase no seguinte: a) O «grupo» destes señores xa fixeron o mesmo coa Asociación de Veciños, que funcionou durante

Desdeasúacreación,xuñode 1992, estas persoas, todas elas ligadas politicamente ao Partido Popular, levan interposto recursos contra a creación da mesma e denuncias polas distintas actua-cións, que en tódolos casos foron desestimados ou arquivadas polo Xuíz de turno. A última actuación destes individuos foi a presentación dunha «demanda de menor cuantía», baseada en falsedades como: A constitución ilegal da mesma (a comunidade foi constituiída ante o Sr. Xuíz de primeira instancia do Porriño). A tomade acordos pola asemblea xeral sen o quorum necesario (tódolos acordos foron tomados segundo o articulado dos estatutos). A venta ilegal dun lote de madeira (acordadopola Xunta Directiva e ratificadoporunanimidade pola Asamblea Xeral). Que non tódolos veciños da parroquia pertencen á Comunidade de tnontes. Isto último é unha verdade a medias, pois a calidade de membro da comunidade é opcional de cada veciño e esta Comunidade comezou con 90 membros e actualmente ten 125, despois da correspondente petición individual e aprobación de entrada da Asemblea Xeral. Como exemplo dicir que a comunidade do

varios anos, botaron man dela para ter o seu control e finalmente reventárona. b) A comisión provisional de montes anterior á clasif icación dos montes, intentou aproveitar a madeira existente nos lugares de explotacións das canteiras, que no caso contrario esta desaparece ou é enterrada cos escombros das mesmas. A actuación inmediata foi a denuncia xudicial deste acordo. c) Ti veron tempo dabondo para poder constituír a Comunidade de Montes e non foron capaces ou non quixeron. d) Estes señores son membros da comunidade e non presentaron candidatura para a elección da Xunta Directiva nin asisten as Asembleas Xerais da Comunidade desde a elección da actual Directiva. e) Sempre estiveron de acordo con que os montes non fosen clasificados para a parroquia, xa que sempre apoiaron os recursos que o Concello presentou en contra das decisións xudiciais de clasificación. Finalmente dicir que este tipo de actuacións redundan nunha perda de tempo e económica por parte da comunidade, xa que é necesario a contratación de abogados e procuradores. Tamén podemos pregun15

tarnos quen paga os gastos xudiciais que se lles orixinan aestes señores. Por exemplo, os do seu avogado D. Ricardo Martinez Barros que traballa con bastante regularidade para o Concello.

CHENLO A festa da Xuntanza de Chenlo que debía celebrarse o pasado 19 de setembro, aplazouse para o presente mes de outubro motivado polo mal estado do tempo. Esta festa celébrase no campo de futbol de chan da carreira cunha programación moi variada. Pola mañan actuará un grupo de gaitas e danza da terra, celebrandose unha serie de concursos para os rapaces, unhaJinkanaautomovilísticae para

rematar a mañá cun xantar campestre. As actividades da tarde comezarán cun encontro de futbol entre a escola infantil de Chenlo, dirixida por Juan e Alvarito, e un equipo foráneo, para seguir con outro encontro entre os solteiros e casados da parroquia e de rivalidade histórica, unha serie de concursos e actividades para persoas maiores para re-

www.faximil.com

lixo polas estradas ou camiños e que,afortunadamente para eles, non son pillados coas mans na masa. Entendemos que o concello ten a obrigade poñer as medidas oportunas para que este tipo de problemas sevaiansolucionandoen favordun aumento da calidade de vida dos veciños do rural. AComisión de Montes de Budiño está sufrindo un intento de acoso e derribo por parte dalgúns veciños, non nacidos na parroquia.


matar unha verbena tradicional. A programación é moi completa pero os veciños botan de menos as tradicionais festas de San Xoán e do Neno Xesús, a festa do patrón. Durante o pasado verán a biblioteca pública de Chenlo permaneceu aberta de luns a venres de 8 a 10 da noite. A Organización cultural Carisma espera que se realice a inauguración oficial en datas próximas, así como un horario máis amplio e flexible durante o período escolar e a elección dos cargos da mesma. No relativo á natureza, durante o pasado verán non houbo gran problema coa queima dos montes, só cabe destacar un incendio pero sen moitos danos para a riqueza forestal. PÜNTELLAS

O pasado mes de agosto, e aproveitando a chegada da volta ciclista a Galicia ó Porriño, foi inaugurado o velódromo poñendo así fin a unha longa espera dende que terminaron as obras. Agora somentes queda esperar que unhas instalacións únicas en Galicia sirvan para o uso e disfrute de tódolos afeccionados ó deporte da bicicleta. O pasado sábado 4 de setembro inaugurouse unha nova temporada

no bar de San Campio de Pontellas, cunha gran sardiñada gratis para tódolos asistentes. O bar permanecerá aberto tódolos venres, sábados e domingos ata o mes de xullo en que se celebrarán as festas na honra de San Campio, organizadas este ano polo barrio de Outeiro TORNEIROS A actividade cultural da AA.VV. San Salvador nos pasados meses estivo marcada principalmente pola tradición folclórica. No mes de xuño celebrouse unha edición máis da Festa da Xuntanza, coas xa tradicionais intervencións de grupos folclóricos da nosa terra, e no mes de xullo tivo lugar a I edición da MOSTRA FOLCLORICA NACIONAL, coa participación de agmpacións de Asturias, Baleares, Murcia, León e Galicia. Esta mostra foi organizada por esta A A. VV. e a agrupación cultural OS PENEDIÑOS de Atios, patrocinada polo Concello e celebrada no Pavillón Polideportivo Municipal. Tras esta Mostra, o grupo de baile Agarimo tivo a satisfación de poder viaxar a Asturias para actuar nesta comunidade correspondendo así á visita do grupo asturiano. Máis recentemente, o pasado domingo 19 de setembro, celebrouse a segunda edición da FESTA DOS MAIORES, que se iniciou cunha misa no Local Social, logo actuou o Grupo de Baile e, finalmente, as 70 persoas maiores de 60 anos alí presentes partic iparon nun xantar ofrecido pola Asociación e no baile amenizado polo grupo Luz de Luna. Cadaconvidado recibiu un agasallo, conmemorativo do día, por parte da Asociación. O comentario xeral entre os asistentes á festa era de alegría e parabéns ante esta actividade que, segundo comentaban, permitíalles ver a veciños cos que había moito tempo non se atopaban, e esperan que se siga celebrando tódolos anos. 16

Os veciños de Torneiros desexan formular unha protesta polo mal estado de varias estradas na parroquia. Empezaronse obras de ampliación polo mes de maio. Pasou todo o verán co seu bo tempo e ninguén se acordou dos montóns de terra á beira do asfalto nin dos buratos que se foron abrindo. Coas primeiras chuvias do mes de setembro as estradas enchéronse de lama e os buratos convertíronse en verdadeiras zanxas, perigosas trampas para os vehículos. Varias veces os veciños amosarona súa protesta ante os representantes do Concello que pasaron a bola ós encargados da empresa COVSA.e entretanto foron chegando as fortes chuvias do outono e a situación segue sen resolverse. Outro tema de actualidade é o da rede de sumidoiros. Nos barriosde Noval e Florida seguen sen colocar as tapas do mesmo a pesar da insistencia dos veciños para que as obras fosen finalizadas. Por outra banda os barrios da Relva e Ribeira, que xa pagaron os dereitos de conexión e que están sufrindo grandes problemas de contaminación de pozos de auga potable polo elevado número de vivendas que se concentran na zona, seguen sen recibireste servicio. Os responsables do Concello alegan a falta de depuradora, polo que non é posible facilitar estas conexións. Tamén están á espera da resposta do concello a unha solicitude de puntos de luz para o camiño do Celeiro. Finalmente, anunciarqueestáaberto o prazo de inscripción de novos alumnos para as escolas de baile e gaita, a próxima celebración da FESTA DO SAN MARTIÑO no Local Social, así como a a Asemblea que terá lugar en decembro e naque se procederá á elección dunha nova Xunta Directiva para esta Asociación de Veciños.

www.faximil.com

0 Porriño-Mos.


O Porriño-Mos

'PorFranciscoQuintas/Raúl

Francés

REALEZA Como o asunto da cola no Concello do Porriño non mellora nada, o Sr. Alcalde decidiu poñer un televisor para que os que esperan horas e horas alí, poidan ver ó Principe de Bel Air denantes de falar co Marqués de Mosende. VODA A nosa encargada de finanzas Aurora tivo a ousadía de casar no mesmo día que a Chabeli, demostrando que á xente do Tranvía non llepon freo nin Julito Iglesias.

BATERIA Foi tal o éxito acadado polo Sr. Chinchín tocando a batería coas vellas orquestras no Liceum que o que mais manda nomeouno presidente das Festas do Cristo. Din as malas linguas que Novás, o antigo encargado, está empezando a estudiar solfeo. DEPURADORA

PROFETAS Que tanta xente que non é do Porriño teña saído no Especial das Festas demostra que ninguén é profeta na súa terra. A sombra do Marqués é alongada. CHEIRO Preguntado polo cheiro que se percibe no Casco Urbano polas mañás, Barros contestou que non sabía de onde viña. Esqueceuse de preguntar en Frigolouro.

Ayuntamiento de Porriño

VALE por

fo 000188

fa

3

para

de 1.99</

lPELEGRIN Como non saíu concellal polo P.P. nas eleccións do Porriño, o Sr. Bugarín foi nomeado encargado a soldo do Xacobeo no noso Concello. Sonche as oposicións do Pelegrín: "Este cargo para ti, este chupe para min". NUDISMO 0 Concelleiro Sr. Novás ten, entre outras virtudes, a de atraca-lo seu iate na praia nudista de Barra.Por máis que o seguimos nunca conseguimos velo sen bañador. Se coñece que irá para recrea-la vista coa paisaxe.

Como a depuradora de augas residuais que prometeu Riego no especial das festas do Faro sexa tan eficaz como a da sua empresa, o Louro vai seguir podre por secula seculorum.

Ayuntamiento de Porriño

N? 001579

VALE por

para

Porriño, EL

GUEIVOTAS A parte das moitas gueivotas que 17

de

de19.

Á dereita, os vales que demostran o funcionamento do concello porriñés. Abaixo, vale en blanco coa sinatura do alcalde. Enriba, vale dun gasto nun mitin do Partido Popular que se paga cos cartos dos veciños porriñeses. Conclusión: Barros usa o Concello como se fora a súa empresa particular. Atrevéndose a deixar evidencias por tres centros deflores, ¿canto gasto particular do "honrado" Partido Popular se cargará au Concello de O Porriño sen deixar nin rastro?

www.faximil.com

A Tira d '* e Cousas

levaban na solapa os prebostes do P.P. na inaguración do Velódromo, tamén asistiron ó acto-as gueivotas do verquedeiro de lixo que O Porriño ten nas proximidades. Por certo que, unhas e outras, case collen unha insolación escoitando o interminable discurso do Sr. Barros.


0 Porriño-Mos

asistiu, tomaron a palabra varios veciños, para despois ser convocada unha segunda asemblea na que se daría máis información.

'Por Xabier Fontaiña

"El argumento que está manejando esta gente es: si ahora nos ponen esto ¿qué vaapasardespués?. Es un argumento bastante DEMAGÓGICO, pero no exento de apoyos y, claro, vosotros TENÉIS QUE DECIRLE que la idoneidad no la da la proximidad a un centro urbano, sino que la da la autovía, porque si no hubiera una buena comunicación, ahí tampoco pintaba nada; pero bueno, esos son argumentos que le teneis que decir vosotros. Ahora que quede clara mi postura, todo lo que sea en Vigo a mi no me preocupa." Asi finalizaba Ballesta os sete minutos de comunicación telefónica mantida con Villarino, ao día seguinte de ter lugar a primeira asemblea veciñal para informar sobre a decisión do Concello de Vigo de mercar terreos que lindan co centro urbán de Portela-Puxeiros,

A planta que se pretende instalar afecta nun radio de catrocentos metros a varios centros de ensino, ao maior centro de saúde mental da provincia, a un centro de saúde local, a unha zona urbana habitada por días mil persoas e a un complexo sociocultural.

para instalar neles unha Planta de Empaquetamento de Lixo (P.E.L.). A esa primeira asemblea, ao igual que as celebradas despois foron convocados, ademais dos veciños e os seus representantes, os dezasete corporativos de Mos, incluído o alcalde, que non asistiu. Despois de ser exposta a situación polo portavoz da comisión de afectados, Manuel Rodríguez, abriuse un coloquio no que varios veciños solicitaron dos grupos políticos con

representación no Concello que se posicionasen sobre o tema. O primeiro en facelo foi Lucrecio Ál varez da Plataforma Veciñal por Mos, que asistía xunto co tamén concelleiro Marcelino Giráldez. Lucrecio dixo: "na última Comisión de Goberno o alcalde non abordou o tema das pretensións do Concello de Vigo respecto da ubicación da Planta de Lixo nos lindes con Mos", engadindo a continuación que "a Plataforma Veciñal por Mos posicionábase en contra da ubicación elexida, e ademais participaría en cantas accións levasen a cabo os veciños para evitar a súa posta en funcionamento" engadindo que "o noso grupo non teme ningún desgaste político, pois non participa nas vindeiras eleccións do 17 de outubro. De seguido falou Raúl Francés Valverde, único concelleiro do P.S.O.E. presente nesa asemblea. Dixo que "a exposición que se fixo do tema (por parte da Comisión de Afectados), se é asi, o noso grupo non a vai aceptar, pero deben ser oídas tódalas partes". Isto motivou a réplica dalgúns veciños ao entender "que estaba sendo pouco claro e intentaba navegar entre dúas augas", contestando Raúl que "se o que di Manolo (portavoz dos afectados) é certo, nós ímonos opoñer". O seguinte en toma-la palabra foi o único concelleiro do P.P. presente, que tamén reside na parroquia Alejandro Vila (Tuno). Este dixo: "entereime hoxe que queren construir aí a planta, fun ver o sitio e non estou de acordo que a traian para aí". Un veciño increpouno preguntándolle: "¿Vostede é concelleiro? ¿como pode dicir que se enterou hoxe do lu-gar onde están os terreos cando se coñece dende hai máis de quince días?". Tralas posturas dos distintos concelleirosdecadagrupopolítico, a excepción do C.D.S. que non 18

Na mañán seguinte de terse celebrado a primeira asemblea de veciños. o portavoz do P.S.O.E. en Mos, Raúl Francés Valverde, desprázase ata Vigo para informar á súa compañeira de partido e concelleira, Dolores Villarino. Esta despois de ser posta ao tanto da situación telefonea a Ballesta. Villarinoempezapreguntándolleao noso alcalde polos compromisos a que chegaran ámbolos dous en canto á ubicación e instalación da P.E.L e que non foran respetados porTuno, concelleiro do P.P., na asemblea veciñal, ao que Ballesta responde: "mis compromisos son mis compromisos, no los compromisos de mis concejales. Yo fuera del término municipal de Mos me callo. Yo no puedo decir nada, eso es término municipal de Vigo". Diante da posibilidade de buscar outros terreos, Ballesta desaconsella: "que quede claro que sea ahí o sea en otro sitio, porque a mi tampoco me resuelve que vosotros lo cambiárais de ahíy lopusiéraispues...adoscientosmetros y perjudicando a otro u otros terceros, en esta situación pudieramos estar eternamente ¿no?, cambiando de parcelas". Á hora de clarificarse Ballesta contesta: "en esta situación estamos desde hace dos años cuando hemos firmado un preacuerdo de asumirel Plan Integral de Residuos Sólidos Urbanos de la Mancomunidad. Ahí estamos todos y todos los que hemos firmado ese documento sabemos lo que hemos firmado". Máis adiante o alcalde de Mos califica o argumento dos veciños afectados como "demagógico" e aconsella á Villarino do que ten que dicirllea eses afectados para xustifica-la ubicación da Planta en Puxeiros. A PRESION VECIÑAL Nesa mesma tarde unha comisión de afectados entrevístase con Ballesta, adoptándose a convocatoria urxentedunhaSesión Plenariapara o día seguinte (mércores) cun único punto na orde do día: a Planta do lixo. Non sen antes ser advertidoo alcalde polo portavoz dos afecta-

www.faximil.com

PUXEIROS: 0 LIXO GOBERNATIVO

IN FRAGANTl


0 Porriño-Mos L

19

deración", manifestando a necesidade de radicalizar e endurecer as súas accións "xa que despois do de hoxe estamos dispostos a todo". Unha vez máis, esta xornada de actos, organizadapolos afectados contou coa ausencia de varios corporativos, entre os que destacaba a do máximo rexedor do noso Concello, incumprindo así os acordos propostos pola Plataforma Veciñal e aprobados por unanimidade plenaria.

Ao día seguinte fíxose a primeira rolda de prensa, ensinándonos aos medios de comunicación os terreos onde se pretende construír a planta, informándonos do traballo desenvolvido ata entón, de como nun radio de catrocentos metros afecta a varios centros de ensino, ao maior centro de saúde mental da provincia, a outro centro de saúde local á espera de ser inaugurado, a unha zona urbana habitada por unhas dúas mil persoas e ao maior complexo socio-cultural e deportivo existente no noso concello.

Os veciño.s afectados acudiron ao pleno do Concello de Vigo o día que se acordou a compra cle terreos para a súa cestón a Sogama.

COMICIOS A Comisión de Afectados celebrou unha nova asemblea de veciños o día un de outubro para aclarar unha información "sesgada" e que fora publicada días antes por un xornal vigués, no que se dicía que "se aprobara a validez dos terreos por parte da Xunta", cando un fax enviado por SOGAMA dicía que tecnicamente eses terreos eran válidos, causa que non resultaba novidosa, pois iso mesmo xa fora manifestado con anterioridade. Nesa asemblea fíxose un chamamento aos veciños paraque asistisen a todos os actos electorais que se celebraran en Mos ao longo da campaña electoral, baixo as siglas do "Partido do Lixo" e que lucisen unha pegatina na que se lese: "Planta

PLANTA DE LIXO

¡NON! EN PUXEIROS

www.faximil.com

dos, quen enerxicamente díxolle: antes de que dese comezo pois se"como se poña a funcionar aí a gundo dixo: "He quedado con Cuiña Planta, nesa mesma noite, fas as (outro que tal baila neste asunto) a maletas sen ruído ningún e vaste". las ocho en El Rosal". Se ben é certo A comisión de afectados pediulle que asistiron todos os corporativos encarecidamente aos veciños que da Plataforma Veciñal por Mos, do non asistisen ao pleno "para que se P.S.O.E. e un do C.D.S. coa ausenpuidese desenvol ver sen ningún tipo cia xustificada do outro, tamén é de presión". No pleno, Ballesta certo que por parte do P.P. houbo negou que existise algún acordo ausencias notables entre as que se entre el e a alcaldesa en funcións do contaban a do tenente alcalde. Con Concello de Vigo en relación á isto déixase por vez primeira en ubicación da Planta, e afirmou ter "boas intencións" os acordos que coñecemento desa ubicación a tra- aprobaron por unanimidade os vés dos medios de comunicación, dezasete corporativos de Mos á propoñendo "instar al ayuntamineto proposta da Plataforma Veciñal. y a cada uno de los grupos políticos de la corporación de Vigo a que RUMBO NOVO reconsideren la ubicación de la Planta de tratamiento de residuos Todos os pasos andados ata o venres sólidos en el alto de Puxeiros". Esta dez de setembro pola Comisión de proposta aprobouse por todos os Afectados, leváronse adiante coa corporativos de Mos. Tamén foron única participación de O TranVía aprobados unanimemente os se- como medio de comunicación. Foi guintes acordos propostos pola Pla- precisamente a partir da concentración pacífica e ordenada de varios taforma Veciñal por Mos: -"Oposición radical á instalación centos de veciños de Mos na lonxa do Concello de Vigo, cando outros da mencionada planta" -"Crear os mecanismos e apoios medios de comunicación se fixeron xurídicos, institucionais e veciñais eco da súa protesta, que ata entón só pretendía unha solución política ao para oporse á súa instalación" -"Procurar da empresa Sogama a tema de maneira que os responsasinatura dun documento no que bles das distintas administracións asegure a súa oposición á ubicación non se sentisen presionados pola opinión pública. da Planta en Puxeiros" -"Comprometerse coa Corporación a Os veciños agardaron na lonxa ata que lles abriron as portas a un pleno apoiartódas as medidas ao respecto". Como se verá máis adiante o alcal- que fora convocado para a unha da de xunto con concelleiros do seu tarde. Só se deixou entrar na sala de grupopolítico,asícomodoP.S.O.E. plenos, situada no primeiro andar, a e do C.D.S. non levarían adiante unha treintena de veciños, os demais todos estes puntos que no pleno ficaron ata o remate da sesión nas escaleiras e corredores do edificio. aprobaron por unanimidade. Nesta sesión plenaria tamén falou o Cando entraban os primeiros veciportavoz da Comisión de Afecta- ños na sala plenaria estábase a votar, dos expoñendo a situación na que non sabían o que, de seguido viñeron os se atopan os veciños/as e o futuro puntos sete e sucesivos. A adquisición ao que se vería abocado o maior de terreos en Puxeiros para a súa cesión núcleo de poboación de Mos se se a SOGAMA, nos que "poderá" construe a P.E.L. nas suas inme- construír a Planta fora aprobada no punto seis, coa abstención da oposición diacións. 0 xoves nove de setembro ao redor (un lavado de cara) que nin sequera dunscatrocentos veciños/as asisten solicitou debater o tema e conformouse a unha nova asemblea onde son con votar. Os votos a favor foron os do informados dos pasos andados goberno no Concello de Vigo. dende a anterior, a situación das A saída do pleno o portavoz dos cousas nese momento e da nece- afectados dirixiuse aos asistentes sidade de asistir ao día seguinte á que se sentían "burlados" despois unha da tarde ao pleno e no que de manter en todo momento un comfiguraba como un dos puntos a tra- portamento exemplar e correcto. tar"Merca-los terreos para a cons- Aos veciños concentrados na lonxa trucción da Planta de Tratamento do Concello de Vigo advertíuselles da necesidade de mudar a estratexia deResiduos Sólidos de Vigo". Neste pleno fixo acto de presencia "xa que non queren entender as Ballesta quen se ausentou da mesma cousas pola vía do diálogo e a mo-


_"! 0 Porriño-Mos

Terreos nos que se pretende instalar a planta, Alto de Puxeiros, parroquia de Tameiga, concello de Mos.

Protección Civil e o "servcicio de orde do P.P.". "¡Os do Partido do Lixo para arriba!". Foi o primeiro berro unha vez dentro da discoteca, abaixo quedaban os do P.P.. O portavoz dos afectados fíxolle chegar un escrito a Fraga. Abriu o acto Ballesta empezou falando do lixo, para desta vez pronunciarse en contra da instalación da Planta no lugar. Chegou o turno do concelleiro vigués Manuel Pérez a quen se lle pedíu desde arriba que dese a súa postura como concelleiro de Vigo en canto ao tema do lixo, non facendo caso, co que comezou a ser increpado. Subiron as Nuevas Generaciones do P.P. provocando un

enfrontamento cos veciños afectados, o que aumentou máis a tensión e fixo que mesmo destacados membros do P.P. subisen e mandaran aos seus "cachorros" para abaixo. Nesta situación Manuel Pérez limitouse a dicir que se el gobernara, en Vigo non existiría o problema do lixo. Aqui rematou todo. Fraga subiu, dixo que vira o sitio onde se pretende instalar a planta e que non se pronunciaría mentres non lese o escrito que lle entregaran os afectados. A súa negativa a pronunciarse sobre o lugar despois de telo visto fixo que un veciño cun megáfono pedise ao resto que abandonasen o local. Nisto Fraga limitouse a dicir que nin unha pancarta, nin catrocentos veciños o ían facer calar, co que foi respondido de tal maneira que non lle quedou máis que saír coa escolta tras el e desaparecer. Os medios de comunicación non informaron nadadisto, silenciárono, amosando unha vez máis que só están ao servicio de certos poderes políticos e non ao servicio democrático dos lectores. Ao día seguinte, sábado nove de outubro, celebrou o B.N.G. o seu acto na Casa Joaquín de Sanguiñeda. Empezou falando Paco Quintas, concelleiro porriñés e membro do ConselloComarcaldoB.N.G.,quen ofreceu o micrófono a un portavoz da Comisión de Afectados para que expresasen o que quixesen, pedíndolles os veciños que fosen os do Bloque os que se pronunciasen. Quintas comezou dicindo que o tema non fora debatido no Consello • Comarcal dos nacionalistas polo que calquera postura que tivese dado calquera membro desa organización non podería ser tomada como unha postura do B.N.G.. Dixo comprender a postura dos afectados e comparouna coa situación vivida no Porriño cando lles pretenderon poñer alí o verquedeiro mancomunado. Interviu tamén Olaia Fernández candidata polo B.N.G. quen dixo ser partidaria da anterior proposta de terreos nos montes de Bembrive por estar estes afastados de vivendas ou núcleos urbanos, acusando ao P.P. vigués de promover a desconfianza entre os veciños desa parroquia por un interés de votos. Tamén acusou a Ballesta de non ter dito nada en contra da ubicación en Puxeiros ata despois de que se formou unha oposición veciñal co que foi aplaudida cunha forte ova20

ción mesmo por parte dos afectados. Tras afirmarqueo B.N.G. unha vez máis daba a cara para que sc lles aplaudisen ou reprochasen as súas actuacións e non se agachaban ou suspendían actos como facían outros,non se voltou falar do tema ata que Francisco Trigo, deputado en funcións e candidato pontevedrés polo B.N.G., quixo finalizar a súa actuación acusando a Ballesta e a Cuiña de ser os responsables de que os veciños se atopasen nesa situación, por non ter adoptado o alcalde unha participación clara na defensa dos afectados dende un primeiro momento perante as demais institucións, a pesar de ser "o voso máximo representante no Concello'"; e ao conselleiro en funcións da COTOP por ter paralizado e ter medo a levar adiante un plan por parte da Xunta que de solución ao problema que supoñen os residuos sólidos de Galiza. No coloquio anunciouse que se viña de concertar unha visita aos terreos e entrevista entre a Comisión de Afectados e o concelleiro do B.N.G. en Vigo, Lois Castrillo, para o luns once de outubro. VALORACION O Tran Vía xa se facía eco nun anterior número das declaracións feitas entón polo conselleiro da COTOP Cuiña Crespo que nunha visita a Vigo, chegara a apuntar cara a Mos como ubicación adecuada para instalar unha macro-planta de empaquetamento de lixo. Por aquel entón o noso alcalde calou. Candoo concello de Vigo anunciou que se chegara a un acordo co alcalde de Mos para ubicar a planta de tratamento de lixo nas lindes co noso concello, Ballesta seguiu a calar. Cando os veciños ao ver que os seus representantes no concello non facían nada, convocaron unha asemblea, o alcalde de Mos, calificou a postura destes como "bastante demagógica". Cando comprobou que os afectados contaban con toda unha masa popular que os apoiaba. "aparentemente" uniuse a eles e quixo ser o seu "máximo defensor". Señor Ballesta non sei se será vostede o mostruo das dúas cabezas pero quen reflexione sobre o tema mesmo vai pensar que si ten dúas cara. ¡E que caras! 13.10.93, a movida continúa.

www.faximil.com

de Lixo NON en Puxeiros". Ademais anunciouse que o primeiro punto a tratar polos partidos políticos nos seus actos sería "a súa postura en canto a este tema" e no caso de asistir políticos relevantes (candidatos á presidencia da Xunta, Conselleiros, Ministros, etc.) terían que posicionarse persoalmente en canto ao tema. A primeira nova chegou do P.S.O.E., quen suspendía un acto que programara celebrar na Casa Joaquín de Sanguiñedaque prevía a presencia dun ministro español. O seguinte acto foi o do P.P. nunha discoteca (na que os veciños puxeron "a música") o venres oito de outubro. Ademais dos do P.P., agardaban por Fraga, alumnos e os seus familiares do Conservatorio de Música porriñés, e os do "Partido do Lixo" con megafonía e pancarta. Chegou Fraga todo contento ata oír a grande pitada con que a asistencia o recibiu á entrada do local. Pese a que pedían invitación aos que pretendiamos acceder ao acto, a unión e tenacidade dos que pretendían entrar meteu a todos para dentro. Mobilizáronse forzas da Garda Civil, da Policía Local de Mos, de


www.faximil.com


0 Porriño-Mos

COGUMELOS E LANDRAS Chegan as prímeiras chuvias de outono e o bosque cambia as amoras polas landras e as castañas; o chan tapízase cunha nova capa de follas e outros restos; gran cantidade de fungos, enterrados nela, desenvolveno seu aparato repmductor, o cogumelo ou "pan de cobra". "Por Miguel Montenegro e Rubén Loureiro

- Ademais, deste xeito, tanto maiores coma pequenos poderán observar como medran as plantiñas día a día.

Os cogumelos están asociados dunha maneira mui especial ás árbores, pois uns dependen dos outros, necesitándose mutuamente. En consecuencia, se estamos interesados nos cogumelos, haberá que coidar, por unha banda, de non esquilmalos e, por outra, de protexer o bosque e colaborar no posible no seu espallamento. Esta é a relación entre as dúas actividades que presentamos neste artigo: a sementeira de landras, castañas, froitos de acivro,etc.,earecollidadecogumelos. SEMENTAR FROITAS NO BOSQUE No outono é muita a xente que sae ó bosque na busca de cogumelos. Aproveitando que moitas árbores dan o seu froito nestas datas, pódense apañar landras, castañas, sementes de acivro, etc, para despois plantalas. Deste xeito estamos a contribuír co espallamento e repoboación dos bosques autóctonos, así como dos cogumelos, xa que ámbolos dous necesítanse para sobrevivir. Para que a nosa pequena colaboración teña máis éxito, temos que planta-las sementes, podendo facelo de dúas formas diferentes: l- METODO: A semente plántase nun lugar un pouco afastado do sitio onde se apañou o froito, para que se siga estendendo

o bosque. Faise un burato pouco fondo e entérrase, deixando que a natureza faga o seu traballo. 2°METODO: Levamos as sementes para casa e plantámolas nunha maceta ou nun bote de "tetrabrik" cheo de terra negra ou turba; máis adiante, na primavera, cando as plantiñas xa teñan varias follas, plántanse definitivamente no bosque. Dos dous métodos anteriores, recomendamos o segundo, polas seguintes razóns: - Con este método, non nos arriscamos a que as sementes plantadas sexan comidas polos animais que viven no bosque. 22

Nun breve artigo coma este. non pode ser a nosa intención a de enumerar e describir detalladamente as diferentes especies de cogumelos comestibles e tóxicos, posto que existen excelentes libros no mercado, e todo o mundo coñece a alguén que o poida orientar. O noso propósito é, máis ben, expoñer algunhas ideas sobre como recoller cogumelos respetando o medio ambiente ó tempo que se disfruta del. Hai muita, demasiada xente na nosa terra que a primeira reacción que ten ó mirar un cogumeloé pisalo, destruilo sen máis consideracións. Hainos incluso que recollen alguns cogumelos comestibles, e escachan os que non lle valen para a cea. Non son conscientes de que todos os cogumelos son importantes, sexan saborosos ou non, e necesarios para os ciclos biolóxicos do bosque. Os fungos enriquecene abonan o solo, amais de colaborar nos procesos de descomposición da materia orgánica (son os "recolledores do lixo" da natureza). Nunca deberemos destruír unha seta, pois as que son tóxicas -as máis rarastamén levan a cabo esas funcións.

www.faximil.com

RECOLLER COGUMELOS


0 Porriño-Mos _

PRECAUCIÓNS Todo o mundo coñece a existencia de cogumelos velenosos, e muita xente pregúntase se paga a pena arriscar a vida por un alimento, por mui sabroso que sexa. Pero, desde a confianza que dá o coñecemento, podemos afirmarque só arrisca a vida quen come cogumelos sen coñecelos ben. A precaución fundamental será, pois, estar completamente seguro da especie que se consume. Para iso, o mel lor é facer as primeiras

saídas xunto con alguén con experiencia que nos poda indicar "in situ" que e como apañar. Outra axuda necesaria son as guías ou libros especializados, dos que hai variedade abonda nas librerías. Hai que dicir, sen embargo, que é mellor consultar varias guías, non fiarse só de unha. aconsellamos isto, entre outras razóns, porque as fotos de muitos libros proveñen de hábitats mui distintos ó noso, nos cales as especies presentan ás veces pequenas variacións nos matices de color, tamaño, etc. Por iso é conveniente confrontar as ilustracións e descripcións de 2 ou 3 guías, para ter unha completa seguridade. Algúns expertos aconsellan que o buscador principiante debería centrarse no coñecimento perfecto de 3 ou 4 especies que sexan fáciles de identificar sen perigo de confusión con outras tóxicas. E unha práctica acertada, sempre que tamén se coñezan ben todas as velenosas. Os cogumelos altéranse axiña, e cando empezan a podrecer poden conter toxinas mui perigosas. Por conseguinte, non se deben consumir os exemplares vellos, non

gardalos máis de 24 horas, nin conservalos en bolsas, onde a humidade pode estragalos pronto. Tendo en conta estas precaucións, poderemos disfrutar dos cogumelos, inundando o padal co variadísimo repertorio de sabores que nos ofrecen, e sen correr riscos innecesarios e perigosos. O GRUPO DE MICOLOXIA DO PORRIÑO Ata hai dous anos, víñanse celebrando no Porriño unhas Xornadas de Micoloxía organizadas polo Grupo de Micoloxía do Círculo Recreativo e Cultural, xornadas que o público lembra con admiración pola boa organización e presentación da principal actividade, unha exposición de cogumelos recollidos pola zona, que ía seguida dunha degustación de pratos nos que os cogumelos eran os ingredientes principais. Despois dunha época en que non se organizaron as Xornadas, parece ser que este ano o Grupo de Micoloxía planea reiniciar actividades de divulgación, feito que se-

OS OUTROS HABITANTES

*PorRUbénLoureiro

TARTARUGA EUROPEA' (Emys orbicularis) DISTRIBUCION: Paises mediterráneos, leste de Europa, parte de Europa OccidentaleCentral(aíndaque ca-se extinguida). A tartaruga europea sufriu importantes restriccións do seu habitat debido ós avances '"" da civilización como no caso das tartarugas galápagos que viven nunha das charcas do Cerquido e que agora van aterrar debido ó paso da nova autovía Vigo-Tui. Tamén as mesmas tartarugas teñen problemas noutras charcas das Ribeiras do Louro, como poden ser a pesca e captura delas. BIOTOPO: Augas estancadas e de corrente lenta. Vexetación dabondo. COMPORTAMENTO: Gosta de tomalo sol xunto á beira da charca ou ben sobreun tronco ou sobresaínte da auga, sumerxíndose ante a mínima molestia. Na noiíe alónxase da auga, sendo moi raro que ofagapolo día. A maiorparte delas hiverna no lodo dofondo ou das beiras da charca. CARACTERISTICAS: Cuncha achatada. Dedos con membranas natatorias. Parte superior negra con pontos e liñas amarelas en dirección radial. Cola longa. ALIMENTACION: Peixes, anfibios, caracois, insectos, caranguexos, carroña. REPRODUCCION: Os ovos son enterrados en terrafirme pero húmida. 23

www.faximil.com

Outra conducta, típica nos principiantes que recollen setas, é a de apañar todas as que atopen, ata que o cesto (ou a bolsa de plástico, que é peor) non poida máis. Logo, na casa, co libro na man, tiran as que non valen, cociñan unhas cantas, e gardan as restantes no frigorífico varios días, co cal se expoñen a comerlogo productos insípidos, e a intoxicarse cos exemplares que se vandescompoñendo. Non é conveniente, pois, nin para o bosque nin paraorecadadordecogumelos, apañarmáis dos que necesita para o día. 0 esgotamento dos cogumelos vese acelerado principalmente pola desaparición das árbores e a conseguinte regresión do bosque. Pero tamén increméntase polo xeito inadecuado de apañalos, arrincándoos coa man e levando parte do micelio (a "raíz", o verdadeiro fungo), ou apartando a cobertura vexetal do solo sin reemplazala onde estaba. O desenvolvemento do cogumelo depende do resto da vexetación e da humidade. Por iso, prexudícao muito que a xente os destape, levantando as follas secas para atopar uns cogumelos minúsculos, e sen molestarse e deixalo todo como estaba; esas follas conservaban a humidade imprescindible. No momento en que o solo quedaen contacto co aire, o micelio xanon dará cogumelos, ou, caso de dalos, secarán.


0 Porriño-Mos

Mantiven con Antón Reixa unha conversa moi cordiial e extensa nas dependencias de Antena-3 en Vigo. El está inmerso nestes momentos na realización dun programa de radio que el titulou "Bule Bule"e quese emite tódolos sábados de 9a 2da tarde. 'Por Uxía Senlle

Non sei se son un tío moi observador. O que si sei é que o meu traballo se basea na observación. É estar sempre moi atento a tódalas cousas, a moitos ruídos, a moitas sensibilidades, a moitas imaxes. Eu non creo que fóra do que é propiamente a vida, ningunha creación artística teña sentido. Normalmente os artistas temos o problema de que facemos libros sobre outros libros que xa limos, cancións sobre outras cancións que xa escoitamos e imaxes sobre outras imaxes que xa vimos. Pero como iso é inevitable debemos estar moi receptivos ó máis inmediato. Unha forma de constatar iso é que o meu traballo é fundamentalmente anotar en calquera momento o que se me poida ocorrer e logo, xa con máis calma, tratalo de asignar a algunha das cousas que estou facendo. Supoño que estarás tamén moi informado. ¿Cantos xornais les normalmente? Non creas que estou moi informado, para min a información é máis unha especie de presión que de pracer. Leo máis xornais na fin de semana. Agora leo moitos porque estou facendo un programa de radio. Aínda así, trato de buscar as cousas máis estrañas O que sempre hai nas túas canción, vídeos, etc, son referencias á situación política internacional ou a acontecementos importantes da vida socio-política nacional ou defora. Iso está tan presente que é inevitable non facerse eco desas movidas. O que pasa é que hai un exceso de protagonismo por parte dos políticos profesionais na información en deter24

minados temas. Agora, por exemplo, no programa de radio temos unha tertulia no que cada vez é máis difícil cambiar de tema. Parece que nos meteron o diskette na cabeza e se non falamos da crise interna do PSOE cara ás vindeiras eleccións ou da cesión do IRPF. Non hai rollo, temos que buscar no noso subconsciente para atopar novos discursos. ¿Que opinas dos profesionais das tertulias? O público que recibe estas tertulias sabe discernir a opinión da información. Eu prefiro ás que son máis arbitrarias, as máis paixonais. Nas que notas que se polemiza, que se crea opinión, nas que se nota que un tipo é de dereitas ou non o é. O que pasa que creo que todos estamos escapando un pouco do que son as cuestións máis reílexivas. Charlar é algo que todos facemos. Pero, vaia, ese tipo de espacios non deixan de ser un certo espacio de liberdade, de cousas que non aparecen nos informativos puros. ¿Cres que a información local responde a unha carencia de información nos xornais de ámbito nacional ou incluso nos da zona? Creo que se fai pouca información local aínda que está comprobado que é do que máis interesa. Posiblemente é do que máis necesitamos, sobre todo de información ben feita. Hai un discurso viciado que, por un lado é a información internacional e un exceso de información política española. Calquera congreso de calquera partido onde apareza Aznar, Guerra ou Felipe González prevalece. Das cousas máis próximas estamos desinformados: das roldas de prensa dos políticos locais, os plenos municipais, etc. Fagamos historia agora, se cheparece. ¿Que é o que que-

www.faximil.com

¿Tódalas actividades que realizas teñen que ver cofeito de que sexas un tío moi observador, incluso cando non traballas ?


0 Porriño-Mos

Posiblemente. Aínda que eu non era consciente da transcendencia que ía ter. Unicamente tiñamos un sentido da impertinencia, dc darnos conte de que o que faciamos era moi distinto da literatura galega daquel momento. No meu caso ten bastante que ver co interés que logo tiven pola música, ou co que fixcn en vídeo (os meus vídeos de creación teñen moito daquelas cxperiencias). Dcspois de Rompente hai un fracaso histórico dos que eramos os impertinentes, dos que se nos enchía a boca dicindo que eramo-la vangarda

e que iamos romper con todo. E agora se repasámo-la situación dos tres que eramos Rompente e estamos todos metidos no mundo da comunicación e nunha estructura moi diferente. Manolo Romón é o presentador dun concurso sobre o Camiño de Santiago. Eu estou preparando para a TVG un novo concurso que teño que dirixir. Avendaño fai un programa de verán para amas de casa na Radio Galega... Tipediches a excedencia no mundo do ensino. ¿Seráis capaz de imaxinarte outra vez dando clases de galego? Eu deixei de dar clases fundamentalmente porque o meu traballo require desprazarse moi a miúdo e iso obrigábame a faltar a clasc. Se todo o que eu teño que facer ocurrira nun

"O Porriño ten ese encanto de vila fronteiriza. Non é Galicia nin Portugal. É un territorio aparte. E unha vila cunha vida moi intensa que non ten nada que ver con Vigo. Sempre é parodiada polo seu nome. Deben pensar que son catro canastros e catro vacas e iso está moi lonxe da realidade. " Antón Reixa nunha foto de F. Javier Rnhio.

25

www.faximil.com

dou daquela época de Rompente, esa experiencia poética rompedora, como o seu nome indica?. ¿Eras consciente daquela da trascendencia desa historia? ¿Propiciou Rompente a aparición de OS RESENTIDOS?


0 Porriño-Mos

Na temática dos teus discos sempre aparece Galicia como un Sitio Distinto ou galegos como extraterrestres. ¿Cres realmente nesa Galicia surrealista e diferente ou é so unha cues-tión estética?. Estas apreciacións ¿son froito dun achegamento paixonal á terra ou responden a unha visión distante efría? Son totalmente paixonais. Eu pelexo sempre por apropiarme do meu país aínda que ó mesmo tempo non son un tipo que crea nas grandes idcntidadcs e entón trato de ir sempre a por esas pequenas identidades marxinais ou a por eses discursos

Os Resentiilos: Alberto Torrado, Anlón Reixa e Devesa.

contradictorios da Galicia Caníval, da Galicia Sitio Distinto, da Galicia extraterrestre. Tamén porque no mundo do pop creo que se deben dar mensaxes efecti vas, moi rápidas e moi claras e moitas veces o máis claro é o máis diverxente e o que aparentemente pode scr o máis excéntrico, pero fundamentalmente por unha motivación que obedece a apropiarme do tcrritorio no que vivo. Os Resentidos tedes moitos concertos en Euskadi, inciuso o último disco voso "Xa están aquí" foi gravado alí con colaboracións de músicos bascos. ¿Sínteste identificado co que alí ocorre, co nacionalismo máis radical? Eu síntome identificado co País Vasco. Eu sempre o digo alí, 26

e iso agradéceno moito, que me sinto moi íeliz de estar alíno estranxeiro. É un país que, con tódalas contradiccións e a crecente crispación, é un sitio diferente no que pelexan polo seu, pola súa historia. A pesares do que pasa, é un lugaronde a xente vive, bebe e canta e para min alí é máis fácil atopar cómplices, grupos que cantan en euskera e con propostan relativamente próximas ás de Os Resentidos. Por iso o último disco foi gravado enteiramente alí, en parte pola amizade que teño con Kaki Arkaraz dos Negu Gorriak. ¿ Que pasa aquí cos grupos de rock en galego? ¿Hai variedade e calidade na oferta? O que pasa é que resulta difícil. A estructura da industria musical non facilita para nada que existan grupos de aquí cantando en galego. As compañías importantes non son de aquí e non están para entender que aquí cantamos en galego. Practican unha certa xenofobia lingüística e non asimila música que non sexa en español ou inglés. Entón aquí un grupo de chavales cando se xuntan para facer un grupo non terían problema para facelo en galego, pero é máis fácil que editen a súa música en español, atopar managers que os leven. Cando fixen o Sitio Distinto na tele.abrimos unha sección de grupos en galego e en tres meses e cun repertorio digno, entraron nun estudio a gravar e saíron no programa cinco grupos. Foi unha das primeiras aparicións de "Os Diplomáticos" e quedaron outros catro grupos sen disco. Cando eu quixen buscar o outro día para o meu programa un disco de Yellow Pixoliñas que dependen dunha compañía galega que os grava pero que logo non quere ou non sabe distribuilos e promocionalos, dinme conta de como están as cousas. Ese é o problema, depender de fóra. Creo que dentro de Galicia o feito de cantar en galego non é ningún obstáculo, ó revés. A xente está sensibilizada e o agradece. Nos somos tolerados en Madrid pero aínda asíhai problemas nas radio-fórmulas. Ata en Radio 3. Só podemos entrar nos programas especializados, pero non nas listas. 0 mesmo director da emisora díxome isto. Con respecto ó vídeo, ti tes unha dohre f'aceta. Fixechesun montón de video-clips de encargo e outros de creación. E evidente que preferirás os de creación. ¿Que foi de Vídeo Esquimal (empresa especializada de producción musical)? ¿Quefcts agora mesmo neste mundo do vídeo? Agora sigo facendo video-clips para grupos pero de maneira máis dosificada. Eu son responsable, entre producir e dirixir, de case 60 video-clips en poucos anos. Son demasiados.

www.faximil.com

ámbito de trinta quilómetros, podería dar clase tódolos días. Non me importaría volvcr e nalgún momento daranse as circunstancias para que así sexa. O que pasa é que eu son un tipo ambicioso, raiano no narcisismo, pero tamén teño unha certa ambición pola sobrevivencia fácil e pola tranquilidade. Cada ano sempre me replantexo esa posibilidadc. Penso que debería volver a dar clases e escribir tranquiio na casa, levar unha vida máis sosegada.


' 0 Porriño-Mos:

Agora xa non estou traballando para Vídeo-esquimal, vou por libre e fago dous ou tres clips ó ano moi xustificados e, sobre todo, busco músicas coas que poida estar eu máis identificado, coas que non teña que travestirme. Estou traballando agora cos Celtas Cortos e vou dirixir un clip para un grupo da Coruña que se chama La Penumbra e que pagaron o seu disco. É fundamentalmente por unha cuestión de simpatía, por conexión ou identificación. Logo dos clips pasei a televisión e iso si que é máis de encargo. ¿Foi Sitio Disdnto a túa experiencia máis gratificante na TVG? Eu xa antes de facer Sitio Distinto estaba moi fascinado polo mundo da televisión e despois de probalo quedei xa definitivamente enganchado. Quixen ter oficio, e antes de facer ' Vostede decide', vinme convertido nun productor executivo de CTV e traballei en programas que, de entrada, serían inauditos dentro da miña propia poética persoal, como o 'Supermartes' ou 'Nacasa'.Taméncoamiñapropiaempresa movín moitos proxectos polas televisións de toda España aínda que ningún chegou a realizarse. Cando xa estaba por libre recibín un encargo que era adaptar un fonnato brasileiro: 'Vostede decide'. Eu non confiaba moito no proxecto, pero había unhas contrapartidas importantes: a de facer televisión endirecto e a outra era entraren temas de información xeral. Semirase máis pola miña traxectoria televisiva non o faría non o debería facer (pero todo o mundo ten dereito a equivocarse).

proxecto empresarial da emisora que consiste en facer unha radio máis galega e con máis programación propia. Eu creo que a radio agora é un espacio máis creativo que outros medios de comunicación e dirixido á xente máis normal. Todos podemos ser máis normais. Os que facemos radio e os que nos escoitan. Non é esa sofisticación á que chegou a televisión. Na tele fanse probas inauditas, reality-show, todo está hipertrofiado e hiperbolizado. Na radio falo como son e a xente fala con máis naturalidade. E logo teño a sorte (é a clave do meu traballo) de contar cos mellores colaboradores do mundo. Neste caso teño a Carlos Blanco que ten moita rodaxe en radio e resúltame moi fácil. Antón, ¿que cheparece todo este líodoXacobeo?. ¿Pensas que foi útil para proxectar Galicia no exterior? Eu creo que o Xacobeo é unha campaña de atracción do turismo que non deixa de ser unha industria coma outra calquera. Tamén é certo que nos países onde non crece propiamente unha industria productiva se sobredimensiona Antón Reixa na escea fotografiado por Francesc Fábregas.

¿Eque estás preparando agora para televisión?

tPara que tipo de espacios está pensado?

Pode funcionar en museos que teñan salas adecuadas, para discotecas con escenario, con cámaras e todo o necesario para simular o do concurso.

o sector servicios. Os países que son un pouco pobres sempre buscan a súa saída polo turismo. Sobre todo países que sempre gardan un certo exotismo. Ou sexa, na medida en que poida ser unha industria non está mal. Estas campañas de imaxe no exterior serven para que por fóra se fale de Galicia como tal. De todas maneiras dáme a impresión de que detrás disto pouco vai quedar, ademais de que Santiago este ano estea moi bonito. E falando de capitais, ¿cal é a túa relación co Porrtño?. Todos recordamos un texto que escribiches no teu libro 'Transportes de Superficie'. Nela describías ó Porriño como un lugar fronteirizo 'Tex-mex'.

O Porriño ten ese encanto da vila fronteiriza. Non é Galicia nin Portugal. É un territorio aparte. Iso tan certo é que é unha Comezaches agora a dirixir e presentar un programa de vila cunha vida moi intensa que non ten nada que ver con Vigo. Eso foi o que máis me chamou a atención do Porriño. radio en Antena-3- Galicia . ¿De que vai o programa? Sempre é parodiada polo seu nome. Deben pensar que son catro canastros e catro vacas e iso está moi lonxe da realidade. En Bule-bule recobrei un pouco a liberdade. Cando fixen Sitio Distinto na televisión, dixéronme que fixese un progra- De pequeno, cando falaban do Porriño, o único que dicían ma á miña maneira. E agora o mesmo. Chamoume o conse- era que facían pan. Iso non é así. Hai moita actividade, Ueiro-delegado de Antena-3, Emilio Rei, e contoume o ademais de pan. 27

www.faximil.com

Estou preparando un concurso. Cos anos acabas supoñendo que tes un oficio para montar as cousas de televisión de entretenimento sempre que teñan unha certa complexidade. Acepto o encargo porque unicamente o teño que dirixir e non presentar. Supoño que se o tivese que presentar custaríame máis traballo. Pero con respecto a isto da tele vou cobrar unha vinganza importante e que me motiva nos últimos meses. Estou preparando unha vídeo-performance que se vaichamar 'Ecus de amor' con Antúnez, membro fundador de La Fura dels Baus. Xa conseguimos por fin algún diñeiro para facelo e poderemos estrealo en Xaneiro ou Febreiro. Será unha simulación dun programa-concurso con moita participación do público.


0 Porriño-Mos

Os OLEIROS

D

A

LOURIN

A

Se queremos falar de alfarería no sur de Pontevedra temos unha rcferencia obrigada, un punto de parlida, unha orixe: os oleiros da Guarita. \ alfarería da Guarda remóntiise. a hi monos, a mediados do sc''ciiloXIX,peiononseráatafinais clese período cando nazan as primeiras industrias: «La Santa Cruz» e a «Telleira». Nos inicios do século XX xorde afábrica «El Progreso» como ampliación da antiga «Telleira» e vinculada igualmente coa familia Lomba, que vai reunir ós mestres oleiros da Guarda e tamén aos emigrados de Portugal (sobre todo da zona de Bai'celos). As industrias guardesas, que aplican os métodos ceramistas tradicionais e algunhas novidades traídas polos portugueses, amais de fabricar tellas e ladrillo, producen útiles en «barro ordinario» (barro sen filtrar) como olas, tarteiras, besugueiras, cántaros, fontes, ta/ JS, pratos, etc, que se comerciali/;tn pola zona do sur de Pontevedra, i' tamén obxectos de «barro fino» 1 icrracota) como vasillas, xarróns, macetas, tazas, pratos, etc.cun ex-

tenso mercado en Galicia, Castela, Andalucía, Levante e América. A partir do ano 1940 e debido fundamentalmente á interrupción da fabricación de útiles de barro nos talleres de «El Progreso» (por certo hai outra empresa alfareira co mesmo nome en Buño) que se orientan agora a producir material refractario, aparece a emigración dos mestres louceiros daGuarda. A consecuencia que vai traer o fenómeno será o nacemento de moitos talleres e fábricas distribuídas ó longo de toda Galicia. As rutas da emigración dos oleiros da Guarda son tres. 1-Exterior á Galicia: América. 2-Resto de Galicia: Ares, Buño,Monforte, Narón, Niñodaguia, Vi veiro, etc. 3-Sur de Pontevedra: establécense varios núcleos. Na Guarda queda o mestre «O Portanexo» con actividade ata os anos 60. En Salvaterra instálanse dous talleres («Alfarería del Miño» e «Santa Eulalia») que desaparecerán a finais dos anos 60. En Pías (O Rosal) monta un taller o mestre Álvarez cunha dura28

ción similar aos anteriores centros. No Cerquido, o oleiro «0 Miúdo» levanta a empresa «San Lorenzo» que nos 60 reorientase á fabricación de material refractario. En Atios, no 1940 créase a empresa «Gómez e Giráldez» baixo a dirección de Isidoro Martínez Oliveira, mestre louceiro da Guarda. No ano 47 deixa de funcionarxa que o accionista Giráldez (irmán dos propietarios de «Talleres Giráldez») traslada o taller a Sanguiñeda, xuntamente con Oliveira. Esta industria estará dirixida e rexentada dende 1966 por Xan Barciela, discípulo aventaxado de Oliveira. Hoxendía quedan na Louriña outros dous centros alfareiros ubicados en Budiño e Tameiga. O taller de San Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) nace no 1973 por iniciativa de Florindo Cortiñas, que na actualidade comparte o traballo co seu fillo Xosé Manuel. « AICA» (Artesanía Industrial de Cerámica Alfareira) instalouse en Tameiga no ano 1968 da man de Arxelio Fernández, retornado da emigración cubana no 66.

www.faximil.com

'Por Pepe Vidal


0 Porriño-Mos

OS PERSONAXES Florindo Cortiñas rexenta o taller de Budiño dende os inicios. Naceu neste mesmo lugar no 1945 • e sempre estivo relacionado co mundo da artesanía xa que seu pai é un experto no torneado da madeira. Xan Barcielaé natural de SantaMarta (Mos), fillo dun aserrador, conta con 55 anos. Dirixe o empresa de Sanguiñeda. Arxelio Fernández, orixinario de Niñodaguia (Ourense) nace no 1925 dentro dunha familia de tradición alfareira. Ten ao seu cargo o obradoiro de Tameiga ¿ Onde e con quen aprenderon ooficio?

de os 9 anos. ¿Como recordan os anos de aprendizaxe? Cortiñas: eu xa era maior e o interés que poñía era grande, aspecto que non sucede nos rapaces. Barciela: recordo que o taller estaba nas mesmas condicións que agora, a única innovación que lle fixen foi a electrificación dun torno. Cando eu era aprendiz funcionaban os tres tornos. Eramos 15 obreiros ao cargo de Oliveira, home duro, seco, de mala uva e peor mestre, ... só se ablandaba diante dunha botella de viño. Con 18 anos paso a dirixir o taller xa que Oliveira marchou para A Guarda debido ás diverxencias codono. No 1966adquiroapropie-

a facenda están arruinando o sector. Necesitamos facer xornadas de sol a sol e movernos moito dentro do mercado. Nos últimos tempos imparto cursiños de ceramista alfareiro no INEM, isto conleva pouca dedicación ao taller pero, pola contra, pode ser o camiño para acometer, financeiramente, unhas reformas imprescindibles na empresa. Barciela: ata os anos 80 era unha profesión rentable, había vendas e os impostos eran módicos (sector de cacharros ordinarios). Neste momento, aínda que hai demanda, a nova tarifa imposi-tiva que nos aplican (sector porcelana) é ruinosa xa que nos equiparan coas grandes industrias. Para obter uns rendementos normalísimos preciso de xornadas de 60 horas semanais,... Nafoto da esquerda, Florindo Cortiñas que rexenta o taller de Budiño. Na dereita, Xan Barciela traballando no seu obradoiro de Sanguiñeda.

dade da empresa cun plantel de 5 asalariados. Actualmente teño un axudante. Fernández: a miña escola estivo rodeada dos mestres de Niñodaguia, falar dese lugarédicilo todo na alfarería galega. ¿ Calesforon os mellores anos da profesión?. ¿Cal é a situación actual? Cortiñas: os custos sociais e 29

e nada de sábado inglés! Fernández: os mellores anos foron os 40-50 xa que había moita poboación rural en Galicia (a emigración estaba cerrada). Non era un traballo para enriquecer pero era máis rentable cá agricultura. A situación nesta hora é catastrófica. O barro desapareceu dos fogares, adquírese tan só por motivos culturais ou decorativos e en reducidos ambientes. Quen acabou por matar este oficio foi o IVE.

www.faximil.com

Cortiñas: o meu contacto co barro nace nos anos 70 escapando do oficio do meu pai. No 75 asisto acursos en Barcelos e no 80 traballo con Caamaño (Buño), a miña aprendizaxe ten esas orixes. Barciela: a idade de 15 a-nos entro a traballar no taller actual baixo a dirección do mestre Oliveira e apadriñado por un veciño. Fernández: aprendo na empresa familiar dun xeito autodidacta xa que son orfo de pai den-

...creo firmemente que a alfarería galega non pode extinguirse, pero ben seguro que a maioría de nós desapareceremos a curto prazo, dun xeito ou doutro."


0 Porriño-Mos

Arxelio Fernández, orixinario de Niñodaguia, ten 6 seu cargo o obradoiro de Tameiga

Cortiñas e Barciela: o barro procede de Bóveda (Lugo) e o caolín usado na mistura, co fin de darlle plasticidade, das Gándaras de Budiño. Os vernices tradicionais do tipo «alcohol de hoja» traídos de Linares (Jaén) están a ser sustituídos polos da clase «miel» procedentes de Manises (Valencia) debido a que posúen menos cantidade de chumbo. Os fornos son ámbolo^ dous de leña, un deles de tipo cilíndrico (SanguiíVda) e o outro, de túnel. Fernández: o meu fnnio é de gasoil. Os vernices son do grupo «miel» e o barro tráese de Niñodaguia c das Gándaras. Todos eles traballan co torno cicctrico pcro ncia é excepcional velos no manual. ¿Incorporan imnovacións ou seguen a fabricar os útiles tradicionais?

•„*•

Cortiñas: fabrico as pezas de sempre (olas, tarteiras, queimadas, sellas, etc) e algunha novidade como pratos de colgar, ánforas ou vasillas con finalidade decorativa. Barciela: nos tempos de Oliveira faciamos olas, tarteiras, pucheiros e algunha maceta. Sobre o ano 65 iniciamos a elaboración de "besugueiras", chocolateiras, asadores de chourizo, xogos de qucimada c variados modelos de niaccta. Nos tempos que corren produciinos. sobre todo, macetas, con uns quincc modelos (de ondas, de caracol, de ánfora, de copa, etc). Apareccn mesmamente pedidos de maceteiros para xardín e incluso os

interioristas me encargan algún traballo. Fernández: das pezas de Niñodaguia queda a tarteira, o resto baséase na tradición galega (olas, besugueiras, queimadas, etc) e na

polos intermediarios que distribúen a mercancía por feiras, mercadose pequenos comercios. Fernández: os artigos de regalo como macetas, queimadas e xarróns teñen saída, non así os útiles tradicionais. ¿Seguirá funcionando o taller nofuturo? Cortiñas: a supervivencia do oficio está asegurada polo meu fillo, espéralle un futuro prometedor pero de momento está obrigado a traballar nunha actividade allea. Barciela: a empresa

universal (ánfora, maceta, xarrón...) Arribei a Cuba no 1951 emigrando da alfarería; buscaba algo diferente pero... o destino quixo que os meus éxitos estiveran no mundo do barro. Na illa naceron e consolidáronse as miñas formas, enriquecidas polo contacto coa cerámica insular, de tradición canaria (tinalla, cazola e porrón son os exemplos peculiares) e a decoración indíxena. ¿Como está o mercado? Cortiñas: a demanda de obxectos decorativos mantense. As miñas vendas fágoas directamente no taller ou nas feiras de artesanía ás que asisto (Ofeitoaman, Coruña, Viveiro, etc) aínda que a nosa presencia nas grandes concentracións estase reducindo debido aos altos precios dos stands. Barciela: macetas, xogos de queimada e tarteiras monopolizan a demanda, feita directamente pola xente que se achega ao taller ou 30

seguirá mentras o fagaeu. Non hai xente que queira aprender o oficio, é moi escravo e pouco rentable. Fernández: o meu xenro continua co oficio xa que eu estou xubilado. Os netos saben traballar o barro pero non creo que sigan a tradición familiar; teño a esperanza nun delesque está a facer Belas Artes aínda que, imaxino, o seu camiño neste sector será a investigación e a renovación. Finalmente ¿como ven ofuturo do alfarería galega? Cortiñas: a situación presente, en permanente impasse e abandono institucional, agoira un final próximo para estes pequenos obradoiros. Barciela: a morte do sectoré inminente, só reformas estructurais (denominación de orixe, garantía de calidade, reforma impositiva, modernización tecnolóxica, etc) poderán alongar a agonía que padece. Fernández: creo firmemente que a alfarería galega non pode extinguirse, pero ben seguro que a maioría de nós desapareceremos a curto prazo, dun xeito ou doutro.

www.faximil.com

¿Seguen utilizando a materia prima e os métodos tradicionais?


0 Porriño-Mos L

LEANDRO DIZ REORGANIZA A BANDA DE MUSICA DE 0 PORRIÑO 'Por X.M. Iglesias Veiga

«Con motivo de haberse celebrado en esta villa el domingo pasado lafiesta de San Benito, hemos tenido la ocasión de poder apreciar los adelantos de la música, nuevamente organizada y acertada-mente dirigida por el inteligente profesorD. Leandro Diz. Mucho esperábamos de las dotes especiales del Sr. 31

rección deljoven maestro D. Leandro Diz, ha contratado entre otras muchas, las siguientesfuncionespara el verano próximo: San Campio de Figueiró, el Rosario en Lavadoresy en el ValMiñor las renombradas de San Benito, La Salud y San Campio de la Ramallosa. Los rápidos progresos que su activo e inteligente director está realizando en dicha banda, parece con justicia que ésta ocupe un lugar preferente entre las populares de Galicia.» Todo parece indicar que a banda de música que dirixiu Marcelino Giráldez comezou a súas actuacións na última década do século pasado. O 5 de decembro de 1894 o citado xornal anuncia que, o día 8 do mesmo mes, con motivo das festas que na vila se celebran na honra da «Purísima Concepción» fará a súa primeira saída a nova banda que dirixe Marcelino Giráldez. O ano seguinte esta banda participa no concurso de bandas organizado pola sociedade «Gimnasio» de Vigo. Neste certame soamente participará a de Pontevedra e a do Porriño. A gañadora será a da capital da provincia, obtendo ade Marcelino Giráldez as 100 pesetas correspondentes ó segundo premio. As referencias de prensa confirman a continuidade da presencia desta banda no Porriño nos anos seguintes. Tamén sempre aparece a reseña da festa que, con motivo da festividade de San Xosé, patrocinaba esta banda tódolos anos na vila.

www.faximil.com

historia das bandas de música no Diz y de su carácter propio para tal Porriño parece iniciarse nun período empresa,pero nunca creímos que conanterior ó que se ten sinalado, segundo siguiera el triunfo que consiguió, porse desprende da valiosa información que triunfo puede llamarse el que reaque aporta a prensa do momento. Na lizara disciplinar y organizar a los kmeroteca do xornal Faro de Vigo treinta músicos de que se compone la aiopamos referencias sobre a actividade banda y a los que si reconocemos disdas que, posiblemente, foron as posiciones suficientes para el desemprimeiras bandas de música organiza- peño de sus papeles. Confesamos con das na vila do Louro. Tamén a informa- franqueza que estaban sumamente ción hemerográfica confirma como a abandonadospor carecer, haceya tiem«musica» do Porriño gozou do certo po de director y falta de organización. renome na bisbarra dende a última Nuestro amigo consiguió lo que seprodécada do século XIX. Fama e prestixio puso y hoy ve coronados su esfuerzos y que compartiría con outra actividade recompensadas susfatigas.... A los individuos de la banda, en lamén festiva: a pirotecnia. Breves referencias do citado xornal parecen in- cuyasfiestas estrenaron un bonito unidicar que con anterioridade a banda de forme también les felicitamos y sincemúsica dirixida por Leandro Diz Fortes ramente les recomendamos, tengan muexistiu outra. Esta banda que aparece cha aplicación y disciplina....» como «música del Porriño» actuaría no ano 1877 na festa que anualmente or- O ano seguinte a banda está perfectaganizaban os Condes de Priegue na mente organizada e recibe as primeiras honra da «Divina Pastora». A informa- contratacións para actuar nas festas e ción é máis clara e numerosa en rela- romarías da bisbarra. No número de 14 ción coa banda de Leandro Diz Fortes. de abril de 1887, atopamos esta nota: En 1886, este porriñés reorganiza unha anteriorbanda, creando unha nova agru- «La hoy notable banda de música que pación composta por trinta músicos. O en abril del año pasado se organizó en 22 de xullo de 1886 o correspondente este pueblo bajo la dina vila do Faro de Vigo escribe:


www.faximil.com

Estas postales forman parte dunha colección editada co nome de "Vistas dc Porriño" por Fototipia Thomas de Barcelona por encargo do comercio Servando Diz. Ferretería y Drogas. NA PORTADA: Paseo da Alameda, máis coñecido como antigo Campo da Feira. NA CONTRAPORTADA: enriba, Rúa Antonio Palacios coa Fonte dos Aloques e enfrente o edificio do vello Corrcos (postal n'J 14). Abaixo, Paseo Enrique Rodríguez, no barrio de San Benito, destacando no centro a casa blasonada de Pereira de Castro.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.