Tempus das letras 2014

Page 1

IES NOSA SEテ前RA DOS OLLOS GRANDES 2013/2014 - Nツコ 9


1

IN MEMORIAM JOSÉ LUIS NOVO CAZÓN ¡Home sabio! ¡Home xeneroso! Amigo e mestre. Neste curso 2013-14 perdemos un profesor mesurado no falar, un home de moita calma, un home dunha intelixencia sutil, un home traballador e sufrido. O doutor José Luis Novo Cazón (1949-2013), Catedrático de Xeografía e Historia no IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes” deixounos no outono grisallo de 2013. O historiador José Luis Novo Cazón desempeñou distintos cargos de responsabilidade na súa vida: Subdirector Xeral do Libro, Bibliotecas e Patrimonio Documental da Xunta de Galicia e Director Xeral de Educación Básica. Recibiu en 1984 o Premio de Investigación Histórica do Ministerio de Educación e Cultura. Foi tamén unha figura clave de dinamización cultural na súa querida Terra Cha, fundador e presidente do Iescha, Instituto de Estudos Chairegos. Autor de numerosas publicacións científicas e artigos de opinión. Os seus Itinerarios Histórico-Artísticos achegaron aos seus alumnos ás realidades da Historia e a beleza da Arte. Tivo tamén a xenerosidade de compartir con nós, os seus compañeiros, os seus coñecementos e o seu acceso privilexiado a singulares tesouros do noso patrimonio artístico, como o pouco coñecido Relicario barroco de Lourenzá. Viviu anos de feridora enfermidade, aliviados polo afecto da súa marabillosa familia e dos seus compañeiros deste Instituto. Chegou silandeira a cruel xeada á súa vida o 6 de novembro de 2013 sen poder despedirse dos seus alumnos, como era o seu desexo, e sen poder recibir a merecida e sentida homenaxe dos seus

compañeiros de claustro. Mais o vento das nosas voces e a lembranza sementada nas nosas memorias serán garantes de que José Luis permanecerá vivo mentres os seus amigos e compañeiros teñamos azos e alento. Descansa en paz, amigo e mestre. “Sen ti a Terra Cha é máis pequena. ¡E Vilalba quedou enmudecida, Traspasada de dor, morta de pena!” Manuel María

Juan Carlos García Lorenzo Coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega


2

EDITORIAL Un novo curso que remata en primavera e un novo exemplar da nosa revista Tempus das Letras que agroma nas túas mans. Non foi doada a tarefa: o magnífico traballo realizado por Áurea Penas Roibás á fronte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega deixaba moi alto o listón de calidade para un coordinador novato. Porén, a xenerosidade e a continua axuda da nosa benquerida profesora e bibliotecaria fixo posible apartar as silveiras do camiño e chegar, con máis ou menos fortuna, á nosa meta. É obrigado, e tamén un pracer, agradecer o traballo de moitas persoas que son as que fan posibles todas as actividades que un instituto tan activo coma o noso leva a cabo. Traballo gratuíto e xeneroso, non debemos esquecelo. Queda aquí constancia do noso agradecemento aos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto, aos autores e ás autoras dos artigos: profesorado, alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos, pais e nais, persoal non docente e ANPA, amigos e socios dende os Azores a Suecia; aos que xa non están entre nós pero aínda nos inspiran e alentan: a José Luis Novo Cazón, a quen está dedicado este novo número da revista. Temos este ano varias seccións que non sempre naceron cun plano na man, algunhas cobraron vida propia e pediron o seu sitio, outras foron froito da casualidade ou do azar, algunhas son xa clásicos que debemos respectar. Comezamos este curso unha serie de artigos sobre o

fascinante mundo da Lusofonía. O profesor Pedro Alvím Pinheiro, asesor educativo do goberno dos Azores abre a serie falándonos dese misterioso arquipélago de onde recibimos o bo tempo e o sol. Continuará a serie con Macau, Cabo Verde, e outras terras da fascinante epopea marítima portuguesa, “As armas e os barões assinalados / Que da Ocidental praia Lusitana / Por mares nunca de antes navegados / Passaram ainda além da Taprobana”. Como agasallo de benvida á serie, o primeiro artigo está escrito na fermosa lingua portuguesa. Varios temas de fondo achégannos a realidades e mundos varios: a anorexia, o síndrome de Asperger, a novela policiacasocial sueca contemporánea, os rápidos cambios sociais, a China emerxente e a súa lingua. Outros fálannos do máis próximo: Mercedes e Miguel xuntan forzas para partillar a súa experiencia diaria, rica para eles e para todos nós, que aspiramos a un instituto que sexa quen de xunguir excelencia e inclusión. As seccións bilingües de Filosofía e Economía, e a importancia do mercadillo de libros impulsado pola ANPA teñen tamén o seu espazo. Iniciamos este curso a colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES “Muralla Romana”e o IES “Sanxillao”. Comezaremos devagariño cun intercambio de artigos para as nosas revistas, pero isto é só o principio dunha colaboración que será sen dúbida frutífera nos vindeiros anos. O noso alumnado parte das súas lecturas en lingua inglesa para falarnos de temas universais: o rol que a sociedade asigna ás mulleres, o valor da educación, a relixiosidade en países lonxanos, a solidariedade. A Lusofonía: Os Açores – Ilhas Mágicas? 3 O Conflito Saharaui. Colaboración do IES “Muralla Romana” 5 O significado do deporte: os nosos Da Idade Media ao Século XXI 6 deportistas contan a súas experiencias e Que noxo! 7 Conversando con persoas Asperger 8 coinciden en salientar a importancia do deporte Who did it? 9 como forma de vida e motor de valores. Quen foi? 10 A dúas bandas 11 As actividades do curso, charlas, Si ó Mercadillo de Libros 13 conferencias, visitas, intercambios, O Chinés na EOI de Lugo 14 Sección Bilingüe de Filosofía 15 celebracións encherían varios volumes de 16 As seccións bilingües no IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes”: Unha viaxe de aprendizaxe revistas. O que aparece é tan só unha pequena 17 Proxecto OLE : “Opportunities for Learning Entrepreneurship” 18 Proxecto OLE : “Opportunities for Learning Entrepreneurship” mostra: actividades do Equipo de Dinamización 19 A natación como deporte e forma de vida da Lingua Galega, da Biblioteca, dos 21 O voleibol 22 O piragüismo: a miña paixón Departamentos didácticos. Non deben faltar os 24 Os futbolistas nosos parabéns para os autores do magnífico 25 Ten liberdade para conseguir teus soños 26 “Remember Atita” e a ONG “Cirujanos del Mundo” de Lugo belén que obtivo o primeiro premio da 27 A educación como forza transformadora en The Rainbow Troops Asociación de Belenistas de Lugo este ano. 29 Islam e animismo. As manifestacións relixiosas en The Rainbow Troops 30 Pasado e actualidade do western Finalmente, é dicir, nunha posición 31 Visita aos Xulgados lingüística e informativa moi relevante temos 32 Emprego do galego na Igrexia Católica 33 Visita á exposición “Terra e Papel” sobre Rosalía de Castro dous poemas: un de Manuel María dedicado a 34 Rutas literarias polo museo provincial de Lugo Xosé María Díaz Castro, homenaxeado este 35 Viaxe a Aquis Querquennis 37 The UK… not just England año 2014 na celebración das Letras Galegas; e 38 Samaín: unha semana de medo na Biblioteca 40 O Crime da Legua Dereita (Longametraxe de Beatriz Meilán) o poema de Flor Sánchez “Os meus alumnos”, 41 MAC. Mobilidade do Alumnado Comenius 2013-14. A miña experiencia en Suecia nostálxico como os do Machado que vía chover 43 O Belén do IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes. Primeiro premio da Asociación de Belenistas de Lugo 44 Visita dos alumnos de Bioloxía de 2º BAC ao C.A.C.T.U.S. en Soria desde a xanelas das aulas. 45 Itinerario belenístico Ao partillarmos este novo número de 46 Roteiro Xeolóxico pola Mariña Lucense 47 Viaxe de esquí a Jaca Tempus das Letras desexamos a todos un feliz 48 Viaxe a Italia do alumnado de 1º BAC remate de curso dun gozoso e longo, moi longo 49 Madrid: unha ollada a través da economía e da arte 51 A orella dereita de Antón de Leivas verán, cheo de liberdade e novas vivencias.

SUMARIO

Semana gastronómica GALEGO-LUSO-BRASELEIRA Letras Galegas 2014 A Chuvia Os meus alumnos

56 58 59 60

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega


3

A LUSOFONÍA: OS AÇORES Ilhas Mágicas?

Pedro Alvim Pinheiro Assessor do Conselho Executivo Direcção Regional da Educação Governo Regional dos Açores - Portugal

O arquipélago dos Açores localiza-se no oceano Atlântico, entre Lisboa (Portugal) e Nova Iorque (Estados Unidos da América), estando mais próximo, claro, de Portugal. Mais concretamente, está a cerca de 2.000 quilómetros de distância. Por se localizar no meio do Atlântico, o clima é ameno durante todo o ano, com temperaturas que oscilam entre os 10 graus celsius no inverno, e os 29 no verão, sempre acompanhadas, claro, de muita humidade no ar.

do arquipélago têm cerca de 100 mil habitantes, totalizando a população dos Açores em quase 250 mil habitantes.

Os Açores são constituídos por nove ilhas. As ilhas estão divididas em três grupos: grupo ocidental, central e oriental.

A maior ilha é São Miguel, localizada no grupo oriental. É a ilha que concentra maior população, cerca de 150 mil habitantes. As restantes ilhas

Os Açores são considerados, administrativamente, uma Região Autónoma. Isso significa que apesar de pertencerem a Portugal, têm também um governo próprio e uma legislação própria, que atendem às especificidades da região, à ultraperiferia e procuram zelar pela melhoria das condições de vida do povo açoriano.

Cada uma das nove ilhas dos Açores apresenta características próprias e uma beleza ímpar. Mas é na ilha de São Miguel – a maior do arquipélago – onde podemos ver a maiores belezas naturais destas ilhas. Com várias lagoas, caldeiras de água


4

com muitos monumentos para ver, e que satisfaz ao nível do comércio todas as necessidades da população, com grandes centros-comerciais e hipermercados.

quente (geysers), pastagens verdes e rodeada de um mar límpido e quente, qualquer local onde nos encontremos é verdadeiramente bonito e repleto de uma beleza virgem.

Os Açores são um destino turístico cada mais apetecido. De ano para ano, e apesar da crise económica e social que atinge toda a Europa, o número de visitantes às nossas ilhas tem vindo a aumentar. Apesar de ser encorajado pelo governo, pretende-se aqui um turismo amigo do ambiente, procurado por amantes da natureza que a venham observar sem danificar. Só assim poderemos manter estas ilhas naturalmente bonitas.

As Furnas são um dos pontos turísticos de maior interesse na ilha. Têm uma lagoa (Lagoa das Furnas), caldeiras de água quente (geysers), e dispõe de um local onde as pessoas podem cozer a vapor o famoso “Cozido à Portuguesa”, cozinhado durante 8 horas num buraco disponibilizado gratuitamente. A cidade principal da ilha de São Miguel, e a maior do arquipélago, chama-se Ponta Delgada. É uma cidade histórica,

Poderão encontrar mais informações sobre os Açores em: http://www.visitazores.com Ou na página web da única companhia aérea que voa para os Açores: http://www.sata.pt


5

O CONFLITO SAHARAUI A idea deste artigo xorde na aula a raíz de estudar xeografía de África e ler “Palabras de Caramelo”. Este libro conta a vida de Kori, un neno xordomudo de oito anos que vive en Smara, un campamento de refuxiados saharauis. O seu mellor amigo é un camelo porque pensa que lle fala cando está mastigando. Cos anos teñen que matar a Caramelo, o camelo, pola falta de carne e Kori convértese nun poeta moi recoñecido grazas ás palabras de Caramelo. Colaboración do IES “Muralla Romana” Malena Ceraño, Fouzia Ftouh, Mª. del Mar Núñez, Mª Jesús Silva, Alba Varela O Sahara Occidental é un territorio de África situado no extremo occidental do deserto do mesmo nome, na beira do Océano Atlántico. Limita con Marrocos, Alxeria e Mauritania. No ano 1885, Europa repartiu o territorio africano mediante o tratado de Berlín, polo que España quedou co Sahara Occidental. En 1961 Hassan II comezou a reclamar os territorios que foran gobernados por Marrocos. Durante esta mesma época descubriuse que alí había unha gran mina de fosfatos. Durante a década dos setenta ocorreu un movemento nacionalista en África, polo que os saharauís comezaron a reclamar o territorio como seu. Máis tarde, con Franco no seu leito de morte, debido á crise política en España e coa resolución das Nacións Unidas que ratificaba o dereito do Sahara á autodeterminación, Hassan II organizou a Marcha Verde, estratexia de Marrocos para invadir o Sahara, enviando 350.000 cidadáns e 25.000 soldados. O exército español minou e sinalou a zona fronteiriza á que se dirixía a marcha, despregándose a continuación inmediatamente detrás. Ficou estacionada a uns centos de metros dos campamentos de minas, controlada pola policía marroquí que se empregaba contundentemente cando movementos espontáneos de civís se dirixían cara ás tropas españolas. Pouco máis tarde, o 14 de novembro de 1975, ten lugar o Acordo Tripartito de Madrid ou os chamados Acordos de Madrid, un conxunto de textos subscritos entre España, Marrocos e Mauritania; outros, entre España e Marrocos, e un terceiro grupo, entre España e Mauritania. O primeiro texto trataba de que Marrocos e Mauritania lle dixeran a España que, se asinaban, procederían de inmediato a instituír unha Administración temporal no territorio, na que participarían Marrocos e Mauritania en colaboración coa Yemáa –representación do pobo saharaui- e á cal serían transmitidas as responsabilidades e poderes que ostentaba Madrid como potencia administradora. A terminación da presenza española no territorio levarase a efecto definitivamente antes do 28 de febreiro de 1976. España -representada polo actual rei Xoán CarlosMarrocos e Mauritania, asinan en Madrid un acordo polo que España se comprometía a poñer fin á súa presenza no Sahara o 28 de febreiro de 1976 e a compartir ata entonces a administración do territorio do Sahara Occidental con Mauritania e Marrocos. Pouco despois, as guerrillas do Frente Polisario ( movemento de liberación nacional do Sahara Occidental para conseguir

a autodeterminación do pobo saharaui), lanzan continuos ataques contra as tropas marroquís e mauritanas no Sahara Occidental. A consecuencia desta guerra, Mauritania renunciou ás súas pretensións territoriais no Sahara, e en 1979 firmou a paz co Frente Polisario ( Acordos de Arxel). Porén, o seu lugar é ocupado por Marrocos, que proclama a súa soberanía sobre a totalidade do Sahara Occidental. Debido a todos estes conflitos, Marrocos construíu un muro entre os anos 1980 e 1987, principalmente por tres motivos: para poder afianzarse en determinadas posicións e manter a ocupación, para impedir as incursións do Polisario, e para evitar a volta dos refuxiados saharauis. Foi construído en seis etapas e armado e defendido con armamento estadounidense, saudita e francés. O muro chega en 1987 á súa configuración actual, separando o Sahara Occidental e a súa poboación en dúas zonas: as ocupadas polo goberno marroquí e as defendidas polo Frente Polisario e a RASD (República Árabe Saharaui Democrática). Actualmente o muro mide máis de 2.700 km, está defendido por 160.000 soldados en postos de vixilancia cada 5 km, construído con cemento, paus e pedras, con 20.000 km de aramado de espiños, decenas de radares, bombas de acio e minado con preto de 5 millóns de minas antipersoa fabricadas por España e Italia. É o segundo muro máis longo do planeta, despois da muralla China. A existencia deste muro provocou a división de moitas familias, pois moitos dos seus membros ficaron en territorio marroquí, e outros en territorio saharaui ou en campos de refuxiados de Tinduf (Alxeria) Aos novos asentamentos déronlles os nomes das cidades do Sahara Occidental: O Aaiún, Auserd, Smara e Dajla. Cada campamento é unha wilaya que se estrutura en núcleos menores de poboación chamados dahiras. Alí as condicións de vida son duras. A maioría da poboación vive en haimas –tendas-, sen auga corrente e depende case totalmente da axuda internacional externa para subsistir, que foi decrecendo cos anos. Os mozos buscan traballo nas cidades veciñas ou emigran a outros países como España, e isto preocupa seriamente ao goberno. Arestora, o Sahara Occidental é a última colonia de África.


6

DA IDADE MEDIA AO SÉCULO XXI Xosé Ramón Cando Vázquez Profesor de Filosofía Esta noite de febreiro de 1960 é a primeira dunha nova era sen santa compaña e outras pantasmas alimentadas pola escuridade. Esta noite escóitanse músicas vidas de lonxe, mozas e mozos bailan arredor da lareira mentres nenos e nenas entran e saen metendo un resío que a xente de mais idade sente nos ósos, esta noite inesquecible a festa é para celebrar a chegada da luz eléctrica. Mesmo unha muller nova ten que marchar porque está a piques de dar a luz a un fillo que xa non vivirá nas tebras. Amence cedo, de súpeto séntese un ruxido que vai a mais ata que case non deixa falar, é a máquina que está chamando a xente para a malla. A escena vese a medias pola poeira que se ergue a eito, especialmente no pano da aira. A imaxe que mais impresiona a esta hora é a meda impoñente que semella chegar ao ceo e que mostra no pico uns rapaces que desfán os vencellos dos viortos cos que as atadoras teñen atados os mollos. A palla, ceibe, vai parar ao taboleiro onde se estende e onde o maquinista, co pano atado ao pescozo e cos ollos aneboados, vaina achegando ao bombo que a envolve e a fai desaparecer aínda que ás veces atragóase é daquela séntese por enriba de todo o petar do motor que, non lonxe da malladora, loita por manter en marcha a correa que os une. As espalladoras apertan agarimosamente os brazados de palla que depositan na marca, alí unha ringleira de mozos agardan, a ver quen carga mais, enchendo as colmeiras e manténdoas dereitas ata chegar ao palleiro no que, por entre a palla, se ven dous homes, xa de idade, responsables da simetría e da impermeabilidade daquela obra en colaboración cos outros palleireiros que, dende abaixo, informan da súa evolución e coidan da estética exterior. Nunha zona mais tranquila séntese o lento “teque teque” da máquina de limpar, rodeada de xente, xa non moza, que atende á limpeza da gra e a

encher os sacos, brancos, que dous rapaces carretan para a casa e envorcan na tulla ou na paneira que das dúas maneiras lle chaman. Aínda é noite nesta noite de inverno, os parentes van chegando cos coitelos envoltos en fundas de palla, a auga no caldeiro está a ferver, todo está disposto… O almorzo tómase sen moita gaña, case de pé, alguén di “imos aló que fai falla o tempo” cando o que quere dicir é “imos aló para rematar axiña o primeiro acto”. Os cinco porcos son grandes, se cadra cento oitenta quilos en canal, compren cinco persoas para deitalos no banco de sangrar onde un a un van deixando a vida de maneira tan rápida como grande é a pericia do matachín. O baño de madeira fumea, as linguas, antes remisas, agora sóltanse a falar e os porcos van quedando pelados e limpos para poñerlles os chambricos e colgalos no celeiro. No río a auga ven fría, cada quen busca unha pedra onde poder rascar as tripas que se van cortando e baleirando (para enchente das troitas), hai que deixalas ben limpas, maña os crespos han estar saborosos. Porque mañá é o día das frebas, dos callos e da carne asada, se cadra as filloas quedan para a noiteboa pero a festa está anunciada e a friaxe do tempo faina prever gorentosa. Nesta noite de febreiro de 2014 a Santa Compaña ten desaparecido definitivamente, xa hai ben tempo que as faíscas que alumaban alá polo 1960, se teñen transformado en lámpadas de diversos deseños e a potencia viu multiplicarse os seus vatios, pero o que sacou a procesión dos mortos, dos camiños, foi o alumado de rúas e corredoiras. O meniño que estaba a piques de nacer destinado a non coñecer a escuridade, remataría combatendo contra as tebras da ignorancia e da alienación que, en 2014, lonxe de teren desaparecido semellan estenderse con renovada enerxía. En 2014 non se sentirá a maquina de mallar, non se precisa pero tampouco non sería efectiva porque na aldea non quedan mozos nin mozas que fagan o traballo que aquela esixe. Pola mesma razón os porcos adoitan ir ao matadoiro onde, polo demais, abondan as condicións de hixiene. Ah, esquecía contar que a electricidade matou á estrela da vida nocturna da aldea, a ruada.


7

QUE NOXO! Esta frase comezou a bulir pola miña cabeza ata que se converteu no meu único pensamento. Teño que facer desaparecer estas “chichas”, que noxo de brazos, de pernas, non digamos a barriga,…¡Véxome tan gorda! Non podo saír a ningures con este corpo, non me gusta. ¡Que noxo! Todas as miñas amigas e amigos están máis delgados, toda a xente está máis delgada. Eu, en cambio, cada día estou máis gorda. Teño que comer menos, non podo engordar ni un mísero gramo, teño que cambiar este corpo. Parezo unha foca. Teño que deixar de comer. ¡Xa está decidido!... A miña decisión converteuse nunha auténtica obsesión, tiña que vencer á fame, tiña que ir ó ximnasio, facer moito deporte (7-8 horas diarias polo menos), non probar bocado. Nin así, lograba cambiar o meu corpo. Estaba enriba da báscula tropecentas veces ó día, tiña que seguir adelgazando. Que pesadelo. Os paxaros da tristeza non só sobrevoaban sobre a miña cabeza, senón que aniñaron nela… Os feitos que se acaban de narrar poderían ser o reflexo dun suposto conto, pero, como din por aí, a realidade supera á ficción, e máis ben, poderían tratarse duns feitos demasiados cotiás no noso contorno. Quen non coñece a alguén que lle pase algo parecido, pero quen sabe o motivo de que lle pase tal calvario?. Ninguén, nin sequera os máis preparados profesionalmente aventúranse a falar dunha única causa. Están, por unha banda, os Factores Culturais, na nosa sociedade os corpos máis bonitos asócianse ós corpos ultradelgados, polo que tamén se asume que ser delgado ou delgada é parte do noso éxito coma persoas. Por outra banda, os Factores da Familia, cando somos adolescentes temos esa forza de vontade firme que utilizamos dun xeito destrutivo, pois é a nosa postura desafiante para tratar de lograr a independencia, así coma a nosa propia identidade. É unha etapa, na que os nosos pais seguen sobreprotexéndonos e sentímonos

Carmen Núñez Paños Profesora de Matemáticas agobiados pola falta de privacidade. E non digamos cando non se abordan os conflitos familiares, non se sabe como chamar a atención. ¡Eh!!!!! Eu desexaría que a miña opinión se tivera en conta,… Están, tamén, os Factores Psicolóxicos, o medo a engordar; o medo a non ser aceptados no grupo; a baixa autoestima; a dificultade para relacionarse cos demais; o non saber comunicar as emocións por ser demasiado pechados emocionalmente e sexualmente; o ser perfeccionistas e autoexixentes, polo que non se soportan os fracasos nin as críticas; ter un profundo sentimento de inseguridade;… Poden existir, a maiores, outras diversas causas como ser vítimas de abuso sexual, ter unha perdida familiar, sufrir a separación dos pais, ter certa predisposición a ser unha persoa obsesivo-compulsiva ou pode haber un factor endocrinolóxico ou bioquímico. Está conduta aditiva da perdida de peso acaba converténdose nunha enfermidade moi longa que pode causar múltiples danos por todo o organismo, na que teñen que participar familia, amigos e profesionais, para vencela. As persoas afectadas tardan bastante tempo en “amigarse” co seu corpo; outro tanto, en recoñecer e aceptar que o seu corpo está enfermo e que teñen que coidalo e mimalo; non digamos o tempo que leva acostumar ó estómago a dixerir alimentos outra vez; outro tempo en entender o dano que se fixeron a si mesmas; máis tempo para entender que o autocastigo non conduce a nada bo, senón todo o contrario; máis tempo para ver desaparecer a depresión (deixar que os paxaros da tristeza sobrevoen sobre a cabeza pero non deixar que aniñen nela). Segue facendo falta tempo para verse a si mesmas todo o boas persoas que son, polo que fai falta moito tempo para que poidan, por fin, sentirse moi contentas e moi felices por vivir rodeadas de xente que lles quere e que elas tamén queren. Cada un de nós somos os únicos patróns do barco da nosa vida, é unha viaxe marabillosa, excitante, chea de regalos por abrir, polo que debemos estar pendentes do timón para que ninguén, nin nada, nos leve a calquera outro lugar non desexado.


8

CONVERSANDO CON PERSOAS ASPERGER Elisa Díaz Santalla Orientadora Para quen non o saiba, Asperger foi un psiquiatra e pediatra vienés que aló polo ano1944 publicou un traballo derivado da observación clínica dun grupo de nenos e nenas que presentaban grandes dificultades nas relacións sociais e problemas na comunicación, a pesar de ter unha boa capacidade cognitiva. Lorna Wing, en 1981 retomou as investigacións do doutor vienés e, afondando nas características deste grupo de persoas, foi a primeira en bautizar este diagnóstico coñecido como “Síndrome de Asperger” en honor ao mencionado psiquiatra. Gustaríame aproveitar este espazo para dar a coñecer cales son algunhas das principais características do alumnado que entra neste diagnóstico, a través das súas propias vivencias neste centro, despois de compartir con eles algunhas experiencias moi enriquecedoras dende o punto de vista profesional e persoal e que nos permitiron a min e a outros profesores e profesoras aprender a comprendelos un pouco mellor e a entender a súa forma particular de percibir o mundo. Incido especialmente na parte das relacións sociais por ser unha das súas grandes teimas e frustracións e tamén no seu desexo de seren comprendidos, respectados e incluídos. Os “ Aspy”: así se refire “S” ás persoas con este diagnóstico para quitarlle ferro e que a xente non pense que son seres tan estraños ou raros. Ela insiste, son persoas que teñen algunhas dificultades características pero que, sobre todo, procesan de forma diferente a información que lles chega do entorno. “Nos centros o que máis me prexudica é que a xente non saiba o que me pasa en realidade. Que non saiban o que me ocorre e que, polo tanto, dean por feito que son rara” “A min gustaríame que me respecten como son, que me saúden e que non me miren como a “rariña” que non pinta nada aí. Nalgunhas clases é común que non haxa alguén tolerante e ese “un” pódese converter en varios, se os demais non me defenden e deixan que me fagan dano” S. As principais dificultades están relacionadas coa capacidade de relación social, a flexibilidade mental e comportamental e tamén as competencias de comunicación, pero tendo en conta que cada persoa é diferente. Os graos de afectación son moi débiles ou a penas percibidos nalgúns casos. “Tamén me molesta moito que se esquezan de moitos detalles que se proclaman nos eventos, por exemplo, que se fagan obras de teatro nas que a mensaxe sexa que “todo o mundo precisa amigos” que podes falar con alguén e facer ¡maxia! e xa tes un amigo e todos os problemas están resoltos. Coma se fose tan fácil. Moitos nenos e nenas, non só os que teñen SA, teñen algún tipo de dificultade e os demais esquécense deles coma se fosen inútiles” S. Comunmente o funcionamento do seu cerebro define un estilo cognitivo propio que é de gran importancia coñecer para o traballo diario nas aulas e para poder ofrecer un ambiente de aprendizaxe acorde coas necesidades deste alumnado. De feito, numerosas investigacións dan conta da implicación que estes aspectos teñen na evolución posterior da persoa Asperger, así como as relacións establecidas cos iguais.

“Recordo mellor as cousas que me dan medo, asco ou inspiran un sentimento moi forte, pero sobre todo as que me fan graza. Tamén o sentido do humor e paradoxos” R. Como características específicas do seu perfil cognitivo destacamos o seu “ pensamento visual”: comprenden, asimilan e reteñen mellor a información que lles chega por esta vía. Así, os materiais visuais como esquemas, carteis, fotos …, etc. son de gran axuda na súa aprendizaxe. Outra das características deste perfil é a capacidade de centrarse nos detalles ou partes da información que, sendo a orixe de certas dificultades, como a perda do significado contextualizado, tamén é a base das súas habilidades específicas ou extraordinarias en moitos campos como o cálculo, debuxo, música, memoria … explica tamén a comprensión literal da linguaxe en moitas situacións cotiás. “Hai materias nas que me perdo no seu gozo e non necesito facer nada especial para aprendelas. Noutros casos necesito facer moitos esquemas e moi complexos para poder aprendelos, teño que decoralos ao meu gusto “ ReS As funcións executivas son outra debilidade dos Asperger e, tendo en conta que son as responsables de supervisar o proceso que dirixe as accións para lograr determinados propósitos, pódese entender que teñan a atención dividida, que lles custe organizarse, anticipar, planificar, autorregularse e, así, verse na tesitura de ter que elixir, tomar decisións que lles poden provocar ansiedade. A motivación, memoria e atención adoitan ser moi selectivas, sempre relacionadas cos seus intereses. Poden mostrar sorprendentes niveis de capacidade pero é necesario canalizalos para aproveitar un maior rendemento. “Unha clase xenial sería aquela na que o “profe” fixera chistes, que fora divertido porque iso axudaríame a recordar mellor e comprender o que di. Pero iso tamén ten a contrapartida de que se puxeran a celebrar a diversión e comezaran a facer ruído, que odio” R. Como dicía ao comezo, o desenvolvemento social é unha das principais dificultades dos Asperger, motivadas pola falta de sensibilidade diante de sinais sociais e comprensión de intencións alleas, dobres intencións e por unha expresión non verbal con certo nivel de afectación. “O que máis odio e facer algo que faga dano aos demais, pero eu non me dou de conta” S. É necesario coñecer as persoas e ofrecerlles situacións de relación interpersoal de calidade xa que, sabendo que estas son a base sobre a que se desenvolven outras capacidades, teremos a responsabilidade deste crecemento “Gustaríame ter amigos pero a maior dificultade é a timidez e dáme medo empezar a falar cunha estupidez; empezas a enlearte coas túas leas científicas e … así, por medo non pasa e parece que nos gusta a soidade e non é certo” R “ A peor época da miña vida foi o ano pasado, cando a miña mellor amiga deixou de apreciarme. Eu non sei que fixen pero ela deixou de ser a miña amiga e os compañeiros insultábanme constantemente e a miña profesora non facía nada con iso; por iso decidín non ir ao mesmo instituto que eses compañeiros.” Comprendelos, ser conscientes de que en moitos dos casos non existe intencionalidade na súa conduta. É preciso modelalos, ofrecerlles estratexias para a resolución dos problemas que se lles presentan, cooperar e apoialos para reconducir comportamentos pouco estruturados, ofrecerlles experiencias de inclusión que lles dean a oportunidade de avaliar o seu comportamento de acordo coas reaccións dos outros e mellorar así a capacidade de autorregulación da súa conduta. É a verdadeira forma de incluílos.


9

WHO DID IT? Katarina Fjelkner Tibble Gymnasium, Täby, Sweden Over the past decade, Swedish crime writers have met with great success all over the world. Stieg Larsson's Millenium trilogy was a best-seller and Larsson paved the way for many a Swedish crime writer, whose novels have attracted much attention and won international acclaim. In the 1940s, the detective novel becomes popular in Sweden but at that time it is mostly a national affair. Two decades later, however, Maj Sjöwall and Per Wahlöö introduce police inspector Martin Beck and his colleagues and the Swedish detective story becomes famous. Sjöwall/Wahlöö are considered innovators within the genre because they intentionally integrated social criticism in their novels. They wanted to show the downside of the welfare state and create an opinion about social injustices. They wanted to show that Sweden was becoming a capitalist and inhumane society. After Sjöwall/Wahlöö, the realistic detective story becomes the predominant genre in Sweden. Characteristic of the Swedish police inspector is his melancholy and stoicism and Martin Beck and Henning Mankell's Kurt Wallander of the Ystad police in Skåne, in the south of Sweden, are both affected by their work and the social injustice they are confronted with, something which manifests itself as various ailments. Wallander has difficulties fitting into a society where the role of the man drastically has changed and his cases force him to confront a society filled with racism and xenophobia. Stieg Larssons's Millenium trilogy (2005-2007) has had an enormous impact and it has strengthened the position of Sweden as a land of crime writers. Larsson's popularity has also helped other Swedish writers to sell abroad, the socalled Stieg Larsson effect. The trilogy follows the Swedish tradition of social criticism but at the same time Larsson plays with the genre and includes elements of the whodunit and books for young people. The protagonist Lisbeth Salmander is a new type of detective: a tattooed, young, tough and highly intelligent computer hacker, whose social skills leave much to be desired. Arne Dahl is another of the Swedish writers whose protagonists are police officers. His A-team is a special unit of elite investigators in Stockholm, which specializes in international crime and which takes on cases involving, for example, terrorism, paedophilia, trafficking, illegal immigration and police brutality. Although realistic and critical of society, the novels are at the same time filled with literary themes and allusions as well as almost supernatural coincidences and intuitive deduction. One of the trends of the beginning of the 21st century is that more and more women writers have entered the literary scene, such as Camilla Läckberg and Åsa Larsson, to mention just two.

Läckberg writes whodunits, which take place in Fjällbacka, an idyllic west coast locality. Recurrent subjects of the novels are family and the danger of climbing the social ladder and in the majority of her novels there it at least one character who has grown up in a foster family or with an absent father. The protagonists are a happily married couple who represents the middle-class nuclear family, which is the ideal. The setting of Åsa Larsson's novels is the mining town of Kiruna, which is situated north of the polar circle. The desolate surroundings and the harsh climate create a striking contrast to the spectacular homicides that tax lawyer Martinsson investigates in company of police inspector Anna-Maria Mella. So far, Åsa Larsson has published five novels, which deal with subjects as diverse as the church, the patriarch hunting society, mining and the shame of having made concessions to the Germans during World War II. Since the 1960s, both the domestic and the international literary scene have all in all seen a great many Swedish writers of crime fiction rise to fame and with an assortment of police inspectors and police officers as well as amateur detectives, there is a great chance that at least one of them will strike your fancy. They say that crime doesn't pay, but I think it is safe to say that at least for the Swedish writers, crime does pay.


10

QUEN FOI? Katarina Fjelkner Tibble Gymnasium, Täby, Sweden Na última década, os escritores de novela policiaca suecos obtiveron un grande éxito en todo o mundo. A triloxía de Stieg Larsson, Millenium foi un éxito mundial de vendas e Larsson abriu camiño a moitos escritores suecos de novela policiaca, cuxas novelas teñen atraído a atención mundial e acadado recoñecemento internacional. Nos anos 1940, a novela de detectives faise popular en Suecia, mais naquela época é fundamentalmente un asunto nacional. Dúas décadas despois, non obstante, Maj Sjöwall e Per Wahlöö introducen o inspector de policía Martin Beck e os seus colegas, e a novela de detectives sueca faise famosa. Sjöwall/Wahlöö son considerados innovadores dentro do xénero porque integraron dun xeito consciente a crítica social nas súas novelas. Querían amosar o lado escuro da sociedade do benestar e chamar a atención sobre a inxustiza social. Querían mostrar que Suecia estaba a converterse nunha sociedade capitalista e inhumana. Despois de Sjöwall/Wahlöö, a novela policiaca realista convértese no xénero predominante en Suecia. Característicos do inspector de policía sueco son a melancolía e o estoicismo, e Martin Beck e Kurt Wallander, o protagonista das novelas de Henning Mankell, inspector da policía de Ystad en Skåne, no sur de Suecia, vense afectados polo seu traballo e pola inxustiza social que teñen que afrontar, incluso con manifestacións físicas na súa saúde. Wallander ten dificultades para encaixar nunha sociedade na que o rol masculino ten mudado drasticamente e os seus casos obrígano a facer fronte a unha sociedade chea de racismo e xenofobia. Millenium (2005-2007) a triloxía de Stieg Larsson, tivo un enorme impacto e reforzou a posición de Suecia como terra de escritores de novela policiaca. A popularidade de Larsson axudou tamén a outros escritores suecos a vender no estranxeiro, o chamado efecto Stieg Larsson. A triloxía segue a tradición sueca de crítica social pero ao mesmo tempo Larsson xoga co xénero e inclúe elementos do whodunit e da literatura xuvenil. Lisbeth Salander, a protagonista, é un novo tipo de detective, unha hacker tatuada, xove, dura e moi intelixente, cuxas habilidades sociais deixan moito que desexar. Arne Dahl é outro dos escritores suecos cuxos protagonistas son policías. O seu Equipo A é unha unidade especial de investigadores de elite de Estocolmo que se especializa en crime internacional e que se encarga de casos relacionados, por exemplo, con

terrorismo, pedofilia, tráfico de droga, inmigración ilegal e abuso policial. Aínda que realistas e críticas coa sociedade, as novelas están ao mesmo tempo inzadas de referencias e alusións literarias, ademais de coincidencias case sobrenaturais e dedución intuitiva. Unha das tendencias do comezo do século XXI é que cada vez hai máis mulleres na escea literaria, Camilla Läckberg e Åsa Larsson son só dous exemplos. Läckberg escribe whodunits que se desenvolven en Fjällbacka, unha idílica vila na costa oeste. Temas recorrentes das súas novelas son a familia e os perigos de ascender na escaleira social e na meirande parte das súas novelas atopamos cando menos un protagonista que se criou nunha familia de acollida ou cun pai ausente. Os protagonistas son unha parella felizmente casada que representa a familia nuclear de clase media vista como o ideal. O escenario das novelas de Åsa Larsson é a cidade mineira de Kiruna, ao norte do círculo polar. Os espazos desolados e a dureza do clima supoñen un marcado contraste cos espectaculares homicidios que o avogado especialista en impostos Martinsson investiga xunto coa inspectora de policía Anna-Maria Mella. Ata agora, Åsa Larsson ten publicadas cinco novelas, que tratan temas tan diversos como a Igrexa, a sociedade cazadora patriarcal, a minería e a vergonza polas concesións feitas aos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Dende os anos 60 do século pasado, tanto a escena literaria nacional como a internacional teñen sido en conxunto testemuñas do salto á fama dun bo número de escritores suecos de novela policiaca, e con tal variedade de inspectores e axentes de policía suecos hai unha probabilidade moi alta de que algún deles sexa do teu agrado. Din que o crime sempre se paga, pero eu penso que o que si se pode afirmar con seguridade é que cando menos para os escritores suecos o crime paga e paga moi ben.


11

A DÚAS BANDAS Miguel Álvarez Pérez (4º ESO-D) Mercedes Bodenlle López (Coidadora) tempo o permite), ou escoitamos música ou calquera outra alternativa que se presente de xeito apetecible. Ao remate do recreo, volvemos a clase. Ao redor das 13:15 h. volve o transporte da Cruz Vermella para recollelo e levalo para a súa casa. ¡É unha ledicia velo chegar e marchar case sempre con ese sorriso tan auténtico! … ¿Lembras, Miguel? Foi en setembro do ano 2009, a comezos de curso, cando chegamos ti e mais eu ao IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes”… xa é o quinto ano deste periplo e parece que foi onte … ¡Meu Deus, o tempo non pasa en balde! A verdade é que son moitas as anécdotas que temos de todo este tempo, moitas vivencias que quedarán para sempre nas nosas retinas e nos nosos corazóns …

Son as 10:15 h. da mañá e chega Miguel ao instituto no transporte da Cruz Vermella, como cada día lectivo. Miguel ten parálise cerebral e vén na súa cadeira de rodas manexada por unha persoa. Eu son a súa coidadora no ámbito escolar e recíboo na entrada do centro. É hora de ir a clase, así que, despois de botarlle unha ollada ao horario, imos á aula correspondente para empezar a xornada. Esta está combinada con clases en aulas ordinarias, cos seus compañeiros de grupo e con clases impartidas por profesoras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, cunha atención máis individualizada e adaptada a el. Ás 11:15 h. toca o timbre para ir ó recreo. Neste tempo de descanso, ou ben estamos na cafetería do centro, ou damos un paseo por fóra (se o


12

Fai dous anos; no Nadal, fomos ver o belén vivinte de Folgoso de la Ribera, en León. Pasámolo moi ben, tanto na visita como no traxecto en autobús, no que cantamos e rimos un montón. E ti, Miguel, co que che gusta a música e a “juerga”, estabas encantado da vida. Falando de música, ¿lembras cando iamos ver ensaiar ao coro do instituto nalgún recreo? Pasamos ratos moi agradables e por certo, eramos espectadores de excepción. E ¿ que me dis da presentación da película “Vilamor” no insti? Un dos actores principias era Rubén Riós que traballaba tamén na serie “Libro de Familia” da TVG. Ti xa o coñecías pero eu era a primeira vez que o vía. Fixemos varias fotos cos actores na cafetería e no Salón de Actos despois da presentación. Estivemos encantados con eles pola súa boa disposición para dedicarnos un pedaciño do teu tempo. Por suposto, non podemos esquecernos desa persoa tan íntegra como é Iago Santalla, ese gran amigo teu que tiven a sorte de coñecer neste centro cando veu a presentar o seu libro “O ilímite de pensarte libre”. Iago ten parálise cerebral e explicounos nesa presentación que “non hai ninguén que non teña algunha discapacidade, que o importante é que cada un busque a súa e que potencie a súa mellor vertente pensando que alí está o seu futuro …”. Dicía que lle “preocupan máis os bordos das conciencias que os das beirarrúas” e demostrounos que, a pesar das dificultades é unha persoa intelixente, forte e moi loitadora. Deunos unha gran lección de vida.

¡Ai amigo meu! Tamén temos que lembrar esa retranca que ti tes cando estás nalgunha clase que che resulta un pouco aburrida e mostras xestos de incomodidade, de xeito que preocupas aos compañeiros e ao profesor porque non saben que che pasa. Entón avísanme e cando chego a xunto de ti, párteste de risa e pos cara de pillo, como dicindo “sácame de aquí que me aburro soberanamente”… Tamén temos un recordo triste cando a comezos de curso non te puideches incorporar porque estabas no hospital cun problema de saúde. Foron uns días un pouco estraños pero xa pasaron e agora estás totalmente recuperado e cunha vitalidade incrible. Miguel é moi expresivo e os seus ollos tan vivarachos son o espello da súa alma e transmítennos moitas cousas. Esa expresividade na súa mirada axúdanos a entendernos na maioría das situacións aínda que ás veces non é doado. Mírote, riste e nótoche unha face relaxada e tranquila. Sei que estás cómodo e que che encanta vir cada día ao instituto, ir a clase, estar nos recreos, saír a pasear, escoitar música, cotillear (que sei que es un pouco “marujón”), mirar ás rapazas guapas e sobre todo, transmitirnos alegría cada día. É unha experiencia estupenda terte con nós e saber que é recíproco porque ti tamén o sentes dese xeito. Mirámonos e sorrimos con complicidade, lembrando todas estas vivencias que forman parte desta etapa das nosas vidas no Instituto.


13

SI AO MERCADILLO DE LIBROS Matías Carnero López ANPA do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes O mercado, o troco, o cambio, o intercambio, etc. é unha actividade tan ligada á nosa cultura como pode ser a gastronomía, a relixión, o folclore … Pódese dicir que é unha herdanza cultural, de tantos pobos (gregos, romanos ,fenicios, xudeus, árabes ...) que pasaron polas nosas terras e que nos deixaron a súa pegada. Antes de que comecen as clases, en setembro, e despois de que acaben, en xuño, propoñémosvos esta actividade extraescolar. Achegádevos a vender, comprar, cambiar, ofrecer, regatear, buscar, regalar, atoparnos, falar, volver a vernos, tomar algo, quedar. Toda unha experiencia. Se todo isto non che resulta dabondo interesante, podo darche unhas cantas razóns máis para que te achegues ó mercadillo: Séntete solidario e compañeiro. Fai que o material que che axudou a superar o curso pasado poida seguir axudando a outros e a outros e a outros ... Saca uns euriños para ti, para a túa familia, para a compra de material do seguinte curso. Para sentir que estes cartos non chos tiveron que dar …

Para “vivir e deixar vivir”, isto é, “usar e deixar usar”. A mesa da aula, as banquetas do laboratorio, a árbore do patio, as canastras do ximnasio, o ascensor, o proxector da clase, as vitrinas do corredor ... e os libros de texto. Para que o Ensino non sexa todo negocio e os prezos se axusten máis ás necesidades e posibilidades das nosas familias. Para ter un motivo máis para coidar o teu material de estudo, os teus libros. O próximo ano en vez de aparcalos na trasteira ou botalos ó contedor, podes darlles outro ano máis de “vidilla” ós teus libros. E “sen sufrilos por exames”. Para aportar o meu grao de area contra o despilfarro social dos recursos reutilizables. Pensa nunha árbore, só nunha; da túa aldea, do teu parque, daquelas vacacións, da túa infancia, das ameixas daquel verán, de debaixo da casa … Cando te achegues ó mercadillo quizais esteas axudando a que aquela árbore siga alí.

Mercadillo do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Xuño 2013


14

O CHINÉS NA EOI DE LUGO Pino Alonso García. Profesora de Chinés da EOI de Lugo Alumnado de 1º básico de chinés da EOI de Lugo


15

SECCIÓN BILINGÜE DE FILOSOFÍA Yolanda Espiñeira Martínez Profesora AICLE / CLIL de Filosofía en inglés Din que do mirar nace o cobizar, e parte de razón hai neste dito. O Departamento de Economía iniciou unha sección bilingüe, e foille ben, así que os de Filosofía tamén nos quixemos apuntar. Puxémonos a iso, coa colaboración de Juan Carlos García Lorenzo, pola banda do Departamento de Inglés. O obxectivo de abrir outra sección bilingüe pretendía reforzar o pulo que se lle leva dando á formación en linguas estranxeiras por parte do Centro. Exemplos disto son os intercambios que dende hai máis de dez anos se veñen desenvolvendo con centros de Suecia, Francia e Alemaña, ademais do Programa MAC (Mobilidade do alumnado Comenius) iniciado o curso pasado co instituto Tibble Gymnasium de Suecia, e, dende o ano pasado, na apertura de Seccións Bilingües na materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras. Detrás das Seccións Bilingües áchase a idea fundamental de que o dominio de distintas linguas enriquece a nosa visión da realidade, axuda ao desenvolvemento de actitudes de tolerancia e respecto fronte a outras culturas e, por ende, facilita ao alumno o desenvolvemento en entornas multilingües. Todos estes obxectivos son clave na formación de cidadáns responsables, críticos e que saben vivir nos contextos multiculturais que nos toca vivir hoxe. A aprendizaxe dun idioma non consiste só na adquisición duns coñecementos léxicos ou gramaticais, -aprendizaxe á que está máis orientada a clase de idioma- senón tamén no coñecemento dunha forma de vida e unha sensibilidade distinta á nosa. Nesta liña, as Seccións Bilingües non buscan tanto que o alumno aprenda inglés como que aprenda en inglés. Antes de empezar o curso, non todo parecía fácil e os alumnos que se apuntaron tiñan dúbidas. Por exemplo, se os seus coñecementos da lingua estranxeira serían suficientes, se terían que traballar moito máis que os outros compañeiros, se lles custaría entender a materia que xa de seu non ten sona de ser fácil, etc. Non obstante, tamén eran conscientes de que os beneficios, a costa dun pequeno esforzo extra, serían abondosos. Pero unha vez que levamos máis da metade do ano, as súas impresións son positivas: “Cando en 4º de ESO che dan a opción (establecida recentemente e que poucos tivemos a oportunidade de probar) de estudar unha materia bilingüe, pensas só na dificultade, xa que se unha materia é complicada será o dobre de complicada, non pensas no útil que pode ser. Diso dáste de conta máis tarde, de que o tipo de inglés que se aprende, non é o gramatical que nos ensinan na materia de inglés, senón a capacidade comprensiva e expresiva que se mellora nun ano, que pode ser comparable ao que aprenderiamos en tres anos na materia mesma. E a dificultade sen dúbida non é un obstáculo unha vez que o comprobas ti mesma.”

Acerca das dificultades co idioma, recoñecen que non hai que pensar que sexa en inglés, xa que o obxectivo é que o 50% sexa nese idioma: “En filosofía bilingüe realizamos todo o que fan os que cursan a materia en galego e ademais aprendemos inglés e practicamos o idioma. Na miña opinión, esta materia debería ser obrigatoria, xa que se algo non entendemos explícannolo en galego. Así que non é un inconveniente, senón unha vantaxe”. Pero esta vantaxe non a ven todos, hai algún alumno que pensa que: “O malo que ten é que filosofía é unha materia difícil de estudar e, en inglés, faise aínda máis difícil”. Outra das alumnas estima o intercambio cultural e o afianzamento da confianza neles mesmos que lles dá o estudar nesta modalidade: “Creo que é unha forma de conectar dúas culturas e de mellorar o noso inglés sen decatármonos. Pouco a pouco imos aumentando o noso vocabulario con cada clase, con cada exercicio, con cada comentario. Penso que se somos capaces de elaborar un comentario ou traballo en inglés sobre Kant, Aristóteles ou o Racionalismo, que son cousas que a moita xente lle resultan difíciles, vemos que podemos manexarnos en inglés en calquera ámbito”. Tamén valoran o feito de enfrontarse a un reto importante e o traballo autónomo: “A parte que máis me gusta destas clases é cando nós facemos presentacións dos temas, porque ao superar unha dificultade (de vocabulario ou de calquera cousa) por nós mesmos, ese contido xa non se che esquece máis”. Dende o punto de vista da profesora, aínda que con dificultades, está sendo unha experiencia moi positiva. É certo que supón un traballo extra tanto para o profesor como para os alumnos, pero iso vese recompensado por varios factores. En primeiro lugar, o interese e a boa disposición que amosan os estudantes, dispostos a traballar naquilo que se lles propón. En segundo termo polo “luxo” nestes tempos que corren de traballar cun grupo reducido (o máximo son 15 alumnos por aula) o cal nos permite utilizar unha metodoloxía onde o traballo persoal e cooperativo dos alumnos é o que contribúe a mellorar, por enriba da adquisición de conceptos básicos propios e imprescindibles da materia de Filosofía e Cidadanía de 1º de BAC, algunhas competencias clave na súa formación como son especialmente a competencia lingüística, claro, pero non menos importante a súa competencia para aprender a aprender, e a súa autonomía e iniciativa persoal. É certo que neste primeiro curso faltan algunhas melloras das que nos gustaría dispoñer en cursos vindeiros, especialmente un auxiliar de conversa de inglés, así como a mellora dos materiais didácticos dos que dispoñemos. Esperamos que o interese da comunidade educativa non decaia e que poidamos seguir progresando.


16

AS SECCIÓNS BILINGÜES NO IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES UNHA VIAXE DE APRENDIZAXE

Francisco Javier Núñez Aguado Profesor AICLE/CLIL de Economía e Obradoiro de Iniciativas Emprendedores en Inglés

O profesor de Economía do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Paco Núñez, viaxou en xaneiro deste curso a Exeter, Inglaterra, para recibir un curso específico de actualización de coñecementos lingüísticos e aprofondamento na metodoloxía a empregar nas clases da Sección Bilingüe que imparte no centro. A viaxe, que se enmarca dentro do Programa Europeo Formación Continua Comenius para profesores en activo, celebrouse no IPC - International Projects Center de Exeter, institución con máis de 30 anos de experiencia na formación de profesores de linguas.

cida pola cantidade de fósiles que deste período se atopan nela. Esta actividade formativa vén reforzar a oferta de Seccións Bilingües no centro que, dende o curso pasado, volven outra vez a formar parte das opcións académicas do IES “Nosa Señora dos Ollos Grandes”, tanto na ESO como no Bacharelato. Este curso incorporáronse dúas novas materias en primeiro de Bacharelato a esta modalidade de aprendizaxe, coñecido en termos técnicos como AICLE, nas súas siglas en galego, (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Lingua Estranxeira) ou CLIL, nas súas siglas en inglés, (Content and Language Integrated Learning). Isto unido á materia que xa se viña impartindo dende o curso anterior en 4º da ESO fai que a oferta de Seccións Bilingües no centro quede como segue: - Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras - 4º ESO - Filosofía - 1º Bacharelato - Economía- 1º Bacharelato

O curso supuxo para o profesor participante unha importante experiencia formativa no só polos contidos adquiridos, senón tamén pola posta ao día das habilidades lingüísticas que implica o feito de terse que desenvolver a diario na lingua inglesa. Por outra banda, o contacto cotián con docentes doutros países de Europa en circunstancias profesionais similares propiciou un enriquecedor intercambio de experiencias e o establecemento de estreitos lazos de traballo e amizade. Dende o punto de vista cultural a visita resultou tamén enormemente proveitosa: Exeter é unha das vilas máis antigas do país, capital do famoso condado de Devon, situado no suroeste de Inglaterra. Algunhas das visitas feitas durante a súa estancia foron: o Parque Nacional de Dartmoor, en cuxos páramos ambientara Sir Arthur Conan Doyle a súa famosa novela O Can dos Baskerville; o castelo de Tintagel, situado nun dramático promontorio sobre o Oceano Atlántico, no condado veciño de Cornualles; e a Costa do Xurásico, nome co que se coñece ao litoral que, con capital na vila de Lyme Regis, se estende polo extremo sur dos condados de Dorset e Devon, declarada Patrimonio da Humanidade e así coñe-

Para poder ofertar Seccións Bilingües requírese que o profesor dunha materia non lingüística conte cunha acreditación de nivel B2 no idioma obxecto da mesma, neste caso o inglés. Tamén é preciso que o profesorado se forme convenientemente, pois a metodoloxía esixida para este tipo de ensinanzas é totalmente diferente da que se segue na aprendizaxe separada de lingua estranxeira ou doutras materias. De feito, na normativa reguladora das mesmas unha das obrigas establecidas para os profesores é a de formarse adecuadamente e adaptar material para a aula.

Projecto financiado com o apoio da Comissão Europeia. A informação contida nesta publicação (comunicação) vincula exclusivamente o autor, não sendo a Comissão responsável pela utilização que dela possa ser feita


17

PROXECTO OLE OPPORTUNITIES FOR LEARNING ENTREPRENEURSHIP Amanda Liz Paredes - 4ºESO - C Participante no proxecto “OLE - Opportunities for Learning Entrepreneurship” Alumna titora da súa homóloga rumana, Laura Mindruta.

ambiente de tensión difuminouse co fume do autobús que acabara de marchar para non volver ata pasados uns días, que tanto para os alumnos do noso instituto como para os convidados rumanos foron inesquecibles. Ainda que tiveron que axudar nun proxecto de venda na transitada praza de abastos remataron por gañarse un oco na nosa axenda de ocio e no noso corazón. Algúns dos alumnos españois acompañaron aos rumanos a diversos lugares de Galicia, algúns tan coñecidos como Coruña e Santiago; e outros tan rústicos e íntimos como a granxa Arqueixal, en Palas de Rei, onde o grupo internacional aprendeu a facer queixo e a dureza dunha vida na granxa. Aínda que sentíndose do máis orgulloso de ser de campo, como ten que ser.

Día 29 de marzo, pouco antes das sete da tarde: alumnos do noso instituto comezaron a chegar pouco a pouco, como gotas nun contagotas. A parte da súa nacionalidade, estes alumnos tiñan outra característica en común: todos eles acabaran de convertirse nun manoxo de nervios, ainda que a ilusión e a intriga reflexábase nas súas caras e disimulada o nerviosismo.

Os días pasaron demasiado rápido, e sen darnos de conta… Os alumnos rumanos marcharon das nosas casas e das nosas vidas, aínda que coa solemne promesa de volver a vernos.

Sete e media: ao lonxe, os nosos alumnos xa divisaban o autobús. Nada máis ver a figura lonxana dese enorme aparello, algúns querían volver atrás: non sabían nin que dicirlles aos seus futuros convidados rumanos, quen vivirían con eles durante unha semana e tres días. Cando os alumnos rumanos baixaron, tan despacio como os españois foran chegando, o

Projecto financiado com o apoio da Comissão Europeia. A informação contida nesta publicação (comunicação) vincula exclusivamente o autor, não sendo a Comissão responsável pela utilização que dela possa ser feita


18

PROXECTO OLE OPPORTUNITIES FOR LEARNING ENTREPRENEURSHIP Francisco Javier Núñez Aguado Profesor AICLE/CLILde Economía e Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de Inglés O volume de vendas confirmou esta boa acollida, fenómeno que logo se volveu repetir no mercadillo organizado no centro uns días máis tarde. A venda de produtos rumanos complementouse cunha degustación de embutidos e queixos tradicionais da rexión rumana de procedencia dos alumnos, que se ofreceu tanto a profesores como alumnos do centro, e que tivo, en xeral, moi boa acollida, aínda que os sabores eran un pouco fortes para o que estamos acostumados por aquí.

Entre o 29 de marzo e o 9 de abril de 2014 visitaron a nosa vila un grupo de estudantes rumanos no marco do proxecto Comenius “OLE - Opportunities for Learning Entrepreneurship”. Os alumnos, 11 rapazas e 3 rapaces, foron acollidos por familias españolas e colaboraron cos alumnos de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras - Bilingüe de 4ºESO na organización e preparación dun mercado de produtos de Romanía no mercado de Abastos de Lugo. Este mercado completouse cunha degustación de produtos típicos e a visita aos principais lugares de interese dos arredores.

A visita completouse coas habituais visitas ás vilas de Santiago de Compostela e Coruña, así como a recepción no Concello polo alcalde. E a nota diferencial veu por parte da visita a unha granxa ecolóxica en Palas de Rei, Arqueixal, especializada na produción de queixo e na difusión do patrimonio tradicional do rural galego. O final da visita foi moi emocionante, pois entre os rapaces rumanos e galegos establecéronse uns lazos de amizade moi fortes, que trataremos de reeditar na nosa próxima visita a Romanía o vindeiro curso. Mentras esperamos ese momento, quédannos as lembranzas, as fotos e o Whatsapp.

Os alumnos proceden da vila rumana de Buzau e estudan no Colegiul Economic da mesma localidade. Trátase dun centro especializado en estudos de carácter económico e empresarial e os seus alumnos finalizan os seus estudos cun período de prácticas en empresas da localidade. O mercado celebrado na praza de Abastos dedicouse á venda fundamentalmente de produtos envasados e etiquetados conforme á normativa europea: chocolatinas, galletas, produtos de artesanía, etc. Resultou moi interesante para o público pola novidade de poder atopar, xunto aos produtos galegos tradicionais, outros procedentes dun país tan pouco coñecido por estes lares coma Rumanía.

Projecto financiado com o apoio da Comissão Europeia. A informação contida nesta publicação (comunicação) vincula exclusivamente o autor, não sendo a Comissão responsável pela utilização que dela possa ser feita


19

A NATACIÓN COMO DEPORTE E FORMA DE VIDA Borja Álvarez Fernández - 2º BAC-A A natación é para min unha parte esencial na miña vida, sen ela, non sería eu mesmo. Dende que eu me lembro sempre estiven unido ó mundo da natación, ben cando comecei nos cursos para nenos ou cando cambiei a un equipo de competición, o sentimento sempre foi o mesmo, a felicidade á hora de estar na auga e olvidarse de todos os problemas que hai fóra, que ás veces son moitos. Neses momentos tirarse a nadar é a mellor sensación porque consegues estar calmado e feliz aínda nos peores momentos. A fatiga física non é comparable moitas veces á fatiga mental, e é a última a que moitas veces fai os propios adestramentos máis complicados do que son en realidade. rende e na seguinte proba loita ata o último momento. E é que podes adestrar todo o que queiras, pero se ó final non pensas que podes facelo e tes a determinación para chegar á cámara de saídas coa convicción de que tes as mesmas posibilidades que o resto dos teus adversarios e que todo ese adestramento ten que recibir os seus froitos, nada do que se sofre ten ningún sentido se logo deixas que outros poidan moralmente contigo antes de sequera intentalo. Esa é a parte máis importante da natación, sacando o adestramento por suposto.

Ó final todo se reduce a iso, á disposición que ti mesmo tes á hora de adestrar e de saber que neste deporte ti nadas só, soamente ti contra o tempo e un despiste pódelo pagar moi caro. Ó final todo é cuestión de décimas de segundo e nese momento final o que realmente é forte psicoloxicamente é o que leva a proba, o que cada día dá todo o que ten dentro adestrando, o que nunca falta, o que aínda que nalgunhas probas non rebaixe a súa marca ou quede decepcionado coa súa actuación, non se

Adestrar non é doado tampouco, a ningún rapaz de 17 anos faille ilusión espertar ás seis e media da mañá dúas veces por semana para ir a adestrar, ademais isto quita moito tempo para outras cousas é ás veces a vida dun nadador resúmese niso, estudar e adestrar. Normalmente fago entre oito e nove sesións de auga (dúas horas cada sesión aprox.) á semana, comprendidas entre luns e sábado, deixando unicamente o domingo para facer cousas que os outros días da semana non teño tempo a facer. A maiores destas sesións de auga, ó longo da semana fago entre tres e catro sesións no ximnasio (entre media e unha hora cada unha) e á maiores outros traballos a nivel de exercicios complementa-


20

Esta figura é a máis importante para un nadador. O adestrador é un mestre, o que che ensina o que tes que facer e como tes que facer, por iso requísese unha total confianza nel e, por suposto, un total agradecemento por todo o que fai por nós. Sen el ningún nadador pode chegar a ser un bo nadador, el é a primeira persoa en alegrarse por ti e a primeira en corrixir algunhas cousas que están mal. Grazas a el fanse as marcas que se fan e, se non é así, a maior parte das veces trátase dun problema do nadador non do adestrador. Por todo isto, e aínda que a natación é, por suposto un deporte individual, o apoio doutras persoas é fundamental para poder saír adiante. rios como pode ser correr ou saír en bici, pero que son necesarios para adquirir a forza necesaria á hora de nadar. Todas estas horas e traballo serían impensables de facer de non ser polos meus compañeiros, eles fan que ata os adestramentos máis complicados teñan os seus momentos divertidos e conseguen que se afronten doutra maneira. Esta é outra cousa indispensable neste deporte, o apoio doutras persoas, neste caso os compañeiros de adestramentos fan que poida seguir cara adiante. A natación é un deporte que une moito e permite facer equipo con moita facilidade, posto que pasamos moitas horas adestrando e competindo xuntos e mesmo ós grandes campionatos de varios días imos e durmimos xuntos, o que fai que sexan persoas moi importantes na actualidade e un apoio moi forte para o día a día, tanto os que adestran comigo coma os que por motivos de estudos atópanse fóra de Lugo cursando diversos estudos superiores. Tanto tempo xuntos pode ocasionar que ás veces aparezan algúns roces entre as persoas pero ó fin e ó cabo, nada que non se solucione rapidamente, en parte pola nosa amizade e polo tempo que pasamos xuntos e en parte pola acción do adestrador que fai que teñamos un ambiente distendido o que permite que a cantidade e duración dos mesmos sexa moito menor.

Detrás das aparencias a simple vista, a natación esconde un mundo moi complexo no que todo é importante e que, ademais de formar deportistas, forma persoas. Os valores, vivencias e experiencia que adquirín en todos estes anos son inmensos, e fan ver o mundo dende outra perspectiva na que o sacrificio e a dedicación sempre teñen unha recompensa por insignificante que pareza. Este é o meu mundo e, despois de todos estes anos, non o cambio por nada.


21

O VOLEIBOL

Eu, María Rodríguez Villadóniga, xogadora no club voleibol EMEVE e estudante de 1º de BACHARELATO no IES Ollos Grandes, vouvos contar a miña experiencia neste deporte. Con 9 anos, comecei nas categorías inferiores deste club. O primeiro día sentinme bastante rara e incómoda porque non coñecía a ninguén, xa que eu comecei a xogar grazas ó meu irmán, o cal segue xogando actualmente. Custoume moito adaptarme, xa que teño bastante vergoña. Mais os adestradores axudáronme en todo. Ata os 12 anos xoguei na liga zonal, é dicir, na lucense. Mais chegou o meu momento, chamáronme para adestrar coas da liga galega!! Outra vez, volta a empezar … novas compañeiras, maior nivel, e o que é peor, a mesma vergoña! Aínda que, a dicir verdade, esta vez custoume menos. Unha gran sorte! Cando cheguei á categoría cadete, é dicir, coa idade de 14 anos xa tiñamos un equipo formado, case coma se fora unha familia. Eses dous anos, pasáronseme voando … Con 15 anos, chamáronme para ir xogar coas maiores, na liga nacional, eu non daba creto! Mais ese momento chegou, fomos xogar a Almería e meteume uns puntos, aínda que estaba moi nerviosa o adestrador dixera que o fixera ben. Para finalizar, actualmente estou xogando na miña categoría, na xuvenil e tamén coas maiores na liga nacional.

María Rodríguez Villadóniga - 1º BAC-C

Que é para min o voleibol? Pois é o único momento no que podo desconectar de todo,dos amigos, da familia, dos estudos … do mundo en xeral. Moita xente non valora este deporte, de feito tes que ter moita sorte se un día prendes o televisor e tes a posibilidade de ver un partido. Poderíase dicir que está moi desvalorizado. Quizais agora estea no meu mellor momento, campiona da Copa Princesa coas maiores, quintas no Campionato de España e fai dúas semanas tomamos parte na Superliga Junior coa miña categoría en A Coruña, onde tiven a posibilidade de xogar contra grandes equipos como son o Barcelona e Canarias. Por outra banda e para finalizar, está o tema dos estudios e dos exames, o que fai que practicar algún deporte sexa aínda máis difícil, xa que eu persoalmente adestro tódolos días dúas horas e teño que sacar tempo de onde sexa para estudar e facer as miñas tarefas. Mais se algo queres facer, sacas tempo de onde sexa.


22

O PIRAGÜISMO, A MIÑA PAIXÓN Alejandro Cuadros Otero - 1º BAC B

Tiña nove cando me subín por primeira vez nun kayak. Eu non coñecía a ninguén que practicase piragüismo e na miña familia non había afección a este deporte. Nese tempo eu xogaba a volei, pero xa rematara a tempada e os meus pais querían terme entretido no verán antes de marchar de vacacións, así que no mes de xullo apunteime aos cursiños de piragüismo do Club Fluvial, do que a miña familia é socia. Deseguida decateime de que iso era o meu; sempre me sentín moi a gusto na auga e as clases eran moi divertidas, con moitos xogos e continuos chapuzóns, porque os primeiros días non facía máis que envorcar. A pesares de empezar a remar nun piragüín, sen asento, o difícil é manter o equilibrio. Aprender a padexar tamén me levou o seu tempo, pero cando acabaron as catro semanas do cursiño xa tiña claro que eu quería continuar. E así me convertín en membro do equipo do Fluvial. Outro feito que fixo medrar a miña afección por este deporte é que adoito pasar parte das miñas vacacións nun pobo de Cangas chamado Aldán. Alí naceron e se formaron, campións olímpicos como Teresa Portela, Carlos Rial “Perucho” ou David Cal. Coñecelos persoalmente e ter a oportunidade de remar coa xente do seu club no verán é unha grande

motivación. A miña primeira regata, apenas un par de meses despois de comezar a remar, non foi moi brillante. Envorquei na saída e rematei entre os últimos. Afortunadamente, e grazas aos duros adestramentos, o meu rendemento mellorou. Non me lembro xa do número de regatas nas que participei, pero síntome especialmente orgulloso dalgúns resultados como o 7º posto no Campionato de España (cadete B), 2º no Campionato Galego de Maratón (cadete B) . Na tempada pasada como cadete A fun 2º no Campionato Galego de Maratón, 8º na distancia de 5000 m no Campionato de España e 10º na distancia de 2000 m, e xa competindo en K2 1º na distancia de 200 m co meu compañeiro Noé Vila e 2º nas distancias de 5000 e 1000 m. Na actualidade adestro a diario, agás os luns, durante dúas horas e media, e só descansamos durante o mes de outubro. O noso adestramento diario consiste en exercicios no ximnasio (pesas, circuítos, exercicios de autocarga e kayakhergómetro) natación, atletismo e remo. Pero non sempre se pode saír a remar, especialmente en Lugo porque o inverno e moi longo e duro. Ás veces non podemos porque o río leva demasiada auga e é perigoso, así que temos que ir adestrar ao encoro de Portomarín.


23

Outro motivo que está facendo complicado remar en Lugo é a desfeita que a construción da nova ponte sobre o río deixou en Lugo; a rotura dun caneiro á altura do balneario (que nin Deputación, nin Concello, nin Ministerio de Obras Públicas parecen ter interese en arranxar) fai que o caudal de auga diminúa no verán e vemos sensiblemente reducida a nosa zona de adestramento. Por último, outro dos nosos inimigos son as algas, que no verán, co caudal máis baixo, se enredan nos temóns e impiden o remo. As probas nas que participamos comprenden tanto fondo (maratón, 2000 m e 5000 m) coma velocidade (1000, 500 e 200 m), e as competicións son tanto a nivel provincial (Copa Deputación), galego (Campionatos galegos de verán e inverno) coma nacionais (Campionato de España de inverno e Copa de España). Especialmente divertidas son as probas de descensos de ríos como o Eume, o Miño (en Lugo, Tui) e no Barco Valdeorras, o Sil. Os dous últimos anos gañei o descenso do Miño en Lugo na categoría de K2 cos meus compañeiros Omar Rouco e Noé Vila. Aínda que o piragüismo non é un deporte de masas somos moitos os que o practicamos, especialmente na provincia de Pontevedra, onde en todos os pobos costeiros adoitan ter clubs deste deporte. As

regatas convértense nunha festa na que nos reunimos centos de persoas, así que malia que este é un deporte individual (agás as competición de k2 e k4) temos a sensación de sermos un gran equipo, e as competicións son unha grande oportunidade para coñecer xente, para relacionarte e compartir a ilusión que esperta este deporte. Por último, gustaríame animarvos a que probedes este deporte. Non fai falta ser especialmente forte, nin un equipamento custoso, só saber nadar e ter ganas de gozar na auga. En especial este chamamento vai dirixido ás mozas porque en Lugo son poucas as que practican este deporte, e non é certo que sexa un deporte para rapaces. No resto de Galicia son moitas as mozas que o practican e con grande éxito; así que xa sabedes, animádevos.


24

OS FUTBOLISTAS Javier Raposo Gómez - Manuel Vila Porto 2º BAC C O fútbol é un deporte nado orixinariamente en Inglaterra e transmitido progresivamente ao resto dos países do mundo. Todos sabemos en que consiste e cales son as súas regras principais, facilmente observables a través de determinados libros ou na rede, e das cales non imos falar neste artigo. Nós queremos centrarnos fundamentalmente en dous temas: o fútbol base e os valores que este deporte intenta transmitir. Existen diversas opinións sobre o concepto fútbol entre as persoas ás que non lles gusta dito deporte. Recordo que unha vez oín a alguén dicir: “¿pero como vos pode gustar iso, se son 22 ti@s correndo coma polos sen cabeza detrás dun balón?” Non hai nada que moleste máis a un futbolista que dita opinión. O fútbol non é iso en absoluto, é unha forma de educación, de superación, de loita e constancia nun traballo diario, adestramento tras adestramento. É un conxunto de valores que un vai adquirindo e que son aplicables á vida real. Ademais, ten unha función moi importante como forma de distracción á hora de desconectar dos problemas en épocas de estrés, converténdose así nunha forma

saudable de manter a forma física e mental, realizando deporte e previndo enfermidades de tipo cardiovascular. Pois ben, todo isto cobra maior importancia se cabe cando somos nenos, no que denominamos fútbol base. Obviando o tema educativo e saudable tratados anteriormente, e centrándonos única e exclusivamente no ámbito deportivo debemos dicir que no noso país, España, o fútbol base foi un dos principais factores do éxito nos últimos anos. Todos os grandes xogadores que actualmente forman parte da nosa selección, foron na súa época nenos que, grazas ao labor exercido por un gran número de profesionais, (adestradores, preparadores físicos, fisioterapeutas …) chegaron a converterse nos futbolistas que hoxe en día coñecemos. Dende fai un tempo, tanto no resto de España coma aquí, en Lugo, déuselle cada vez maior importancia ao fútbol base, pois os clubs decatáronse de que é a forma máis económica de conseguir un bo xogador. Deste modo, e sen esquecernos de que a práctica deportiva debe ir sempre acompañada dunha formación académica, estanse creando grandes escolas e complexos deportivos nos cales os nen@s poden compaxinar a práctica deste deporte cos seus estudos. Na nosa provincia xa se formaron grandes xogadores que actualmente militan en equipos de certa entidade. Algúns exemplos poden ser Iago Díaz, na segunda división A, no club Deportivo Lugo, equipo da nosa cidade, ou incluso a maior nivel, o actual gardameta do Real Madrid club de fútbol, Diego López, nado en Paradela. Quen sabe, se ao igual ca eles, algúns dos moz@s que se atopan a xogar nos campos lucenses se converterán en futbolistas profesionais.


25

TEN LIBERDADE PARA CUMPRIR OS TEUS SONOS Ekaterina, Jack Cope Breaking Loose, M.G. Vassanji West, C. (ed) (2008) Dancing with Strangers. Stories from Africa, rev. edn. with CD. The Oxford Bookworms Library Stage 3. Oxford: OUP María Castro Real- 1º BAC - C Como Ekaterina e Yasmin, moitas mulleres vense obrigadas a decidir como será o seu futuro cando só son adolescentes. A súa posición na sociedade foi distinta á dos homes, debido ao rol social que se lles asignou ao longo da historia. As mulleres tiveron que loitar durante séculos contra os prexuízos establecidos pola sociedade, o mundo político, a educación represora da familia e sobre todo a relixión, para chegar á posición que ocupan na sociedade de hoxe en día. Aínda que se avanzou moito, a carencia de acceder a un nivel educativo e, polo tanto, a imposibilidade de acceso á cultura fan que nos países do terceiro mundo estas diferenzas sigan existindo en maior medida. A xente con menos recursos carece de formación, o que fai que moitas veces as familias se vexan obrigadas a “vender” a súa filla a un home para remediar unha situación económica sendo unha insignificante moeda de cambio e un comercio afectivo para ser mantida por outro, e salvala así dun futuro vinculado ao mundo doméstico. Os pais suponse que procuran buscar o mellor para os seus fillos, e en casos como o de Ekaterina un matrimonio por conveniencia parece o máis indicado. Pode que funcione, pero tamén pode que non. Sente tristeza, non é libre, pero cando ten que escoller entre a proposta de Neil Gordon e o seu futuro home, escolle a segunda opción, xa que é o seu ”deber” e case obriga

para favorecer a súa familia. Non debería ter este sentimento, ela deberíase sentir libre, e non verse condicionada pola súa cultura ou sociedade e, non obstante, o está. No caso de Yasmin, escolle afastarse das súas orixes, familia e amigos para facer o que ela realmente quere. É unha decisión difícil para ela, ten que ser forte para romper cos costumes do seu país. Na India as mulleres non poden bailar con estranos, e ela faino; non poden ter unha relación cun home que sexa maior ca elas e que non sexa indio, e faino. Poucas mulleres son o suficientemente valentes como para dar a cara é reclamar o que lles pertence, a liberdade de ter decisión propia. Son educadas con estereotipos de beleza e vinculadas ao mundo doméstico, como se estiveran feitas só para iso, como obxectos. Os medios de comunicación aportan contidos que están dando forma á nosa sociedade. As mulleres reciben a mensaxe de que o máis importante é o aspecto, que dependen del, e os homes reciben esa mensaxe delas. Isto fai medrar as diferenzas entre ambos os xéneros, o sexismo e tamén os prexuízos. Non é criticado da mesma forma un erro dun home que o de unha muller. Tampouco é recoñecida da mesma forma a achega dunha muller á ciencia, que a dun home, aínda que o descubrimento da muller teña a mesma ou máis importancia que o do home. Rara vez foron recollidas achegas do xénero feminino nos libros. Canto tempo ten que pasar para que desaparezan os prexuízos establecidos ao longo da historia? É esencial que todas as mulleres medren nun mundo onde a súa voz se teña en conta, onde a nosa cultura acepte por igual e onde teñan as mesmas oportunidades que os demais para cumprir os seus soños.


26

REMEMBER ATITA

Jackee Budesta Batanda

West, C. (ed) (2008) Dancing with Strangers. Stories from Africa, rev. edn. with CD. The Oxford Bookworms Library Stage 3. Oxford: OUP Alejandro Regueiro Rodríguez - 1º BAC - C

CIRUJANOS DEL MUNDO. ONG. LUGO. www.cirujanosdelmundo.com Fai arredor de seis ou sete anos, cando eu aínda era un rapaz de sexto de primaria, a miña nai sempre que había algunha noticia no xornal relacionada cos nenos africanos, cos seus dereitos infantís quebrantados, líama e recordábame o afortunado que era de vivir no meu país, no meu continente. Sobre todo, dicíame que estaba a queixarme moitas veces cando tiña de todo e non como aqueles nenos. Sempre mo recordaba. Naqueles xornais algunha vez que outra, non coa importancia coa que se debería tratar este tema, poñían algunha noticia dos acontecementos da ONG Cirujanos del mundo. Ata que un día no meu vello colexio unha profesora díxonos que viría dar unha charla ao día seguinte o pai dun dos meus compañeiros. Ao día seguinte eu cheguei pensando que iría ser unha charla máis daquelas aburridas á que xente vai só pensando que vai perder clase e demais pero, íame equivocar. Cando empezou a falar pensei que ía falar do seu traballo, mais cando a profesora nos dixo que pertencía a unha ONG e que viña para narrar as súas experiencias souben que esa non ía ser outra charla coma as outras, esta ía ser diferente. Antes de nada introduciunos un pouco no tema, falounos de que era unha ONG lucense que se chamaba cirurxiáns do mundo, que traballa principalmente en África concretamente na zona de Uganda.Tamén explicou que o seu principal traballo era o de operar alí e axudar a xente que o necesitaba. Cando rematou a introdución empezou a explicarnos polo que realmente estaba alí, que non era máis que explicarnos a súa experiencia e labor na súa ultima viaxe. Mentres ía explicando eu fixábame, como un rapaz curioso que era, nas fotos que estaba metendo no ordenador para proxectalas. Como estaba cerca escoitei como a profesora dixo que non puxera todas as fotos, que as máis “fortes” as retirara. Eu quedei pensando o porqué pero en seguida o souben. Ao principio eran imaxes normais, mais coláraselle algunha foto que outra das chamadas “fortes.” De repente xurdiu na pantalla unha imaxe dun neno coa cara desfigurada, sen os ollos e en medio da operación. Cando saíu, a maior parte da clase á vez, como se estivesen todos sincronizados dixeron cousas, puxeron caras ... Mais eu permanecín inmóbil, deixando os ollos na pantalla coma parvo, impresionado co que estaba vendo. Ese xusto momento foi un punto e aparte, un punto de inflexión na miña forma de ver estas cousas. Digamos que me deu outra perspectiva respecto a este tema. Cambiei de ser un “pasota” neste tema a interesarme. Ano tras ano vía no xornal algunha noticia desta organización que antes pasaba por alto. Tamén cando aparecían na

televisión local quedábame coa súa cara na miña retina. Case sempre eran tres ou catro nenos que viñan ser operados por esta organización a Lugo, por falta de recursos alí e porque necesitaban da súa axuda. Un día, cando ía coa miña nai pola rúa fixeime na cara dun rapaz de color, estaba desfigurada. De contado miña nai dirixíndose a min díxome que aqueles rapaces que ían das mans das monxas, as cales se ocupaban da súa hospedaxe e coidado mentres permanecesen na cidade amurallada, eran aqueles nenos que saían no xornal e que a ONG trouxera aquel ano para operar. Dende aquel día seguín a súa andadura por terras lucenses ata a súa partida cara a súa terra natal. Conto este relato da miña vida porque me parece importante de cara ao tema que vou falar, xa que aqueles rostros daqueles rapaces tan novos levaban escrito a vida tan dura que tiñan. Isto paréceme importante de cara a comprender a miña forma de pensar e como descubrín sobre o tema que vou falar. Sen dúbida ningunha o tema do cal fala a terceira historia do libro de Inglés non é imaxinario nin ciencia ficción, senón que é a realidade que viven moitos seres humanos neste mundo. Moita xente como Atita que inxustamente vive nunhas condicións de vida moi malas por non dicir nefastas. Mais esta historia é moi real e sucédelle a milleiros e milleiros de persoas en todo o mundo. No caso de Atita, ela é unha refuxiada dunha guerra na cal quedou sen nada: familia... e na cal hai moitos feridos e mortos como lle sucedeu ás amigas de Atita e Laker. Esta non e ningunha historia inventada senón que é unha historia real que afecta a milleiros de persoas en todo o mundo. Destes sucesos oímos falar tantas e tantas veces, pero facemos oídos xordos. Á hora de dicir que lles dan penan e desexar cousas e dicir o terrible que é, hai moitos. E iso é moi fácil dicilo mais dos que actúan e axudan, disos, hai poucos. Neste mundo, en pleno século XXI hai moitos conflitos e historias coma a de Atita mais mentres os organismos non actúen e non se solucionen seguirá habéndoos . Moita xente morre diariamente en todos estes conflitos que principalmente se atopan nos países subdesenvolvidos. Diariamente morren persoas nas guerras, sofren lesións, perden membros, son refuxiados. Ti, ao nacer non escolles o lugar, por iso temos que axudar porque se fósemos nós os que tivésemos nado nese lugar, porque se te pos en lugar deles e ves como é estar nun campamento de refuxiados , ver como te arrebatan a túa familia... En canto ao labor que realiza esta ONG que nomeamos, ten que ver moito con este tema e o relacionado con Atita, porque cando Atita ao final consegue que Laker se recorde dela é un gran momento para ela despois do sufrido. Aí é onde axuda a ONG, en recuperar o sorriso daqueles que sufriron, os operados aos que os médicos lles salvaron e cambiaron a vida. Porque consiste en que cada día os problemas se arranxen. Porque todas as persoas temos os mesmos dereitos, sexamos de onde sexamos ou como sexamos. Por iso quero cerrar a redacción recordando o principio cando cambiei a miña forma de ver as cousas. O pasado venres 15 de novembro cando nos entregaron o artigo de El Progreso para lelo, algúns non coñecían isto e iso é o que hai que cambiar para que non haxa máis guerras coma a de Atita que rematan coa vida dun seres humanos. Se Atita fose real seguro que estaría de acordo comigo e con esta frase que dixo Gandhi “Deus non creou fronteiras. O obxectivo é a amizade no mundo.”


27

A EDUCACIÓN COMO FORZA TRANSFORMADORA. THE RAINBOW TROOPS Hirata, Andrea (2013) The Rainbow Troops. New York: Sarah Crichton Books. Farrar, Straus ans Giroux. Alicia Casanova Aldán- 2º BAC - A

O DEREITO Á EDUCACIÓN EN INDONESIA Segundo a Declaración dos Dereitos dos Nenos (1959, Asemblea Xeral das Nacións Unidas): “Todo neno ten dereito a recibir unha educación, gratuíta e obrigatoria, polo menos nas etapas fundamentais. Aportaráselle unha educación que favoreza a súa cultura xeral e que lle permita, en condicións de igualdade de oportunidades, desenvolver as súas aptitudes e o seu xuízo individual, o sentido de responsabilidade moral e social e así chegar a ser un membro útil da sociedade.” Pero isto é teoría, non se cumpre en todos os lugares do mundo, en todas as sociedades e con todos os nenos por igual, senón que se produce un desequilibrio entre o que de verdade se debería de cumprir e o que en realidade acontece.

O dereito á educación aplícase de xeito distinto nos diferentes países do mundo, mentres que nuns ir á escola ou estudar unha carreira vese como o máis normal do mundo, noutros é case un desafío. Polo tanto a educación non é un dereito que se cumpra, temos o exemplo de moitos países africanos e asiáticos, nos que non todos os nenos poden acudir á escola ou ao instituto para exercer un dereito, estudar. Pero ben, tamén atopamos desequilibrios dentro dun mesmo país, causados polas diferenzas de clases sociais, razas, relixión ... e, sobre todo, polo poder adquisitivo de cada familia. Incluso dentro dos países do primeiro mundo podemos ver estes contrastes, pensemos nas escolas públicas e privadas, escollidas por grupos sociais diferentes, nelas os métodos de ensino que se


28

aplican son diferentes: materias, número de alumnos por aula … Se isto ocorre nos países máis desenvolvidos, dos que formamos parte, ¿como imaxinamos a educación noutras zonas máis pobres cá nosa? No libro de lectura The Rainbow Troops, ofrécensenos visións completamente distintas dun mesmo lugar, a illa de Belitong, en Indonesia, na que a súa sociedade non ten nada que ver coa nosa. Por unha banda preséntasenos unha zona, chamada “A Facenda”na que vive a xente máis próspera da illa, empresarios enriquecidos polo manexo dos bens da illa, as súas familias, e demais xente adiñeirada, que souberon aproveitarse da pobreza dos habitantes da outra zona, o “Non Facenda”. Por outro lado, atopamos a zona que está fóra da “Facenda”, carente das vantaxes que os anteriores tiñan, aglutinando así moitas das necesidades básicas de toda persoa. Aparecen personaxes do ambiente máis rural e marxinal da illa de Belitong, nos que incluímos aos protagonistas da historia deste libro. O tema no que se fai máis fincapé en The Rainbow Troops é a educación que reciben os nenos das distintas zonas. Mentres que na zona da “Facenda” aparece unha educación privada moi desenvolvida e avanzada, na que os nenos teñen escolas, aulas modernas, transporte, uniforme, material ... e na que tamén son subvencionadas actividades extraescolares coma concertos, excursións, etc.; na zona fóra da “Facenda” atopamos unha educación moi distinta á anterior, baseada na caridade da xente e na que todos os nenos interesados poden acudir. Aparecen diferentes escolas: pequenas, humildes, con escaso ou ningún material ás que van os nenos das familias máis pobres, como fillos de pescadores, e de pais sen medios para poder pagar a escola dos seus fillos. Vemos como en Indonesia o acceso aos estudos de calidade convértese nunha posibilidade limitada ás clases máis acomodadas, como hai grandes disparidades rexionais en canto á educación, non só entre provincias senón tamén entre distritos dunha mesma cidade. Os nenos e nenas procedentes de familias con baixos ingresos nas zonas rurais, remotas, e polo tanto as máis pobres do país, teñen máis posibilidades de abandonar a escola cós nenos procedentes dos distritos máis ricos. Ante esta situación cómpre reflexionar: ¿estamos nós na actualidade moi lonxe deste tipo de educación? ¿Onde están os dereitos dos que menos poden? ¿Que futuro pode ter un país que recorta educación, un dereito para todos os nenos? Mais, así e todo é sorprendente como ante as adversidades impera a motivación, o desexo de descubrir cousas novas, a ansia por coñecer, aínda que con moitos atrancos no camiño. Un perfecto exemplo son os protagonistas de The Rainbow Troops. Neste contexto desenvólvese a vida de dez nenos que van a unha das máis precarias escolas da illa, escola

que por certo, eles consideran un privilexio, e tamén a dos seus dous mestres Bu Mus e Pak Harfan, as súas familias e a xente máis próxima a eles. A historia comeza co primeiro día de escola e a ansia de que chegue o décimo neno, que é necesario para poder ter clase e que a escola non peche. Bu Mus, a mestra dos dez alumnos ten tan só 15 anos, non ten un salario, senón que ensina por pracer, é capaz de ensinarlles moitos dos aspectos básicos para a súa vida, tanto no ámbito matemático, artístico, literario, coma en aspectos éticos e persoais, que axudarán os nenos a medrar como boas persoas e aprezar o que teñen. Neste proceso de aprendizaxe coñecemos os talentos ocultos dalgúns dos nenos que nunca serían descubertos se non puideran ir a esta humilde escola. Outros dos personaxes principais son: Pak Harfan, o director, que ensina aos seus alumnos dunha maneira distinta, para que así eles se atopen máis satisfeitos, cóntalles historias, mitos, etc.; Lintang, alumno da Muhammadiyah Elementary School, con grandes capacidades destacando nas matemáticas e na física, tiña que ir en bici á escola xa que vivía a 40 km dela, atravesando pantanos con crocodilos; Mahar, tamén alumno da escola pero este con grandes dotes artísticos e imaxinativos. Kiong, Sahara, Kukai, Trapani, Sanson, Borek, e o narrador da historia, son tamén alumnos desta pequena escola. E por último, pero non menos importante, Harun, o neno con síndrome de Down , que salvou a escola de ser pechada. Podemos ver a diversidade que hai de nenos, cada un coas súas, maiores ou menores, capacidades, pero que son quen de aprender moitas cousas novas con entusiasmo, grazas á axuda de Bu Mus e Pak, os seus agarimosos mestres. Con estes alumnos a escola empeza a mellorar e a destacar. Estes alumnos non vían a escola como algo negativo, coma unha rutina e unha obriga, senón que a valoraban coma un privilexio, unha desconexión e, por enriba de todo, un lugar no que son capaces de aprender cousas novas, diferentes. Dáballes igual se estaba lonxe, se chovía, ou ía moita calor, os nenos querían á escola e aos seus mestres, xa que vían a educación como medio de cambiar as cousas e quizais poder saír do ciclo de pobreza no que moitos estaban inmersos. ¿Como pode ser posible que os nosos dirixentes non perciban estes valores? ¿Como se poden atrever a coartar tantas ilusións? ¿Como poden truncar tanto futuro? O porvir dun país depende da formación dos seus cidadáns, da súa educación. ¿Como poden ter a ousadía de non respectar un dereito fundamental de todo ser humano e impedir “membros útiles para a sociedade”?


29

ISLAM E ANIMISMO. AS MANIFESTACIÓNS RELIXIOSAS EN THE RAINBOW TROOPS Hirata, Andrea (2013) The Rainbow Troops. New York: Sarah Crichton Books. Farrar, Straus ans Giroux. Andrea Revuelta López- 2º BAC - C Pode resultar moi difícil escribir un comentario literario deste libro titulado The Rainbow Troops, debido a que o tema desta novela é tan actual que non é posible ler o libro sen facer comentarios que van máis alá da literatura, que entran tamén no ámbito político e relixioso. O autor fálanos dun país moi distante, dunha cultura moi diferente á nosa, dun mundo rural fronte ao noso urbano, pero sobre todo deixa ver as incribles diferenzas entre o Islam e a nosa relixión, o Cristianismo. Pero tamén podemos engadir que en Indonesia, onde transcorre a maior parte da historia, superar a educación primaria supón unha inmensa proeza persoal e supón o maior orgullo de múltiples familias, nas que nin o pai nin a nai saben ler, escribir, poñer a súa data de nacemento ou nas que non poden asegurar que ao día seguinte poderán comer. Sobre eles hai constantemente unha ameaza: o peche definitivo da escola e as pésimas condicións nas que son educados estes nenos, que aínda así loitan con todas as súas forzas para ter un futuro mellor. Ademais Belitong, esta illa de Indonesia, é unha fonte de culturas moi diferentes como son a chinesa e a hindú, ás que fai referencia no libro, e onde se profesa a relixión musulmá. Alí converxen e coexisten en harmonía costumes moi dispares. É certo que o libro está rodeado dun certo espírito relixioso. A fin de contas a escola na que se desenvolve a acción é unha escola sufragada pola comunidade musulmá, na que a educación relixiosa é unha das pedras angulares de dita escola. Non obstante todo o que nos conta o libro, ben podía estar firmado por calquera cristián. Fala de facer o ben, de non mentir … Son principios básicos de calquera relixión. Ademais, esta escola está moi lonxe do integrismo

musulmán, pois de feito, xunto ao vello profesor Park Harfan, encóntrase unha rapaza, apenas adolescente de quince anos chamada Bu Mus, que será tamén a encargada da educación dos protagonistas. Algo que posiblemente naquela época, xunto coa relixión musulmá, sería un feito un tanto diferente con respectos ao resto de escolas. Trátase dunha educación gratuíta para todo o que queira ir, fronte á poderosa escola á que só teñen acceso os ricos. Porén, as pésimas condicións nas que son educados os nenos nesta escola gratuíta deixan ver as grandes diferenzas entre os máis ricos e os máis pobres dentro dunha mesa relixión. Aínda así, os dez estudantes protagonistas loitan contra todos os problemas para poder recibir unha boa educación e cumprir cada un dos seus soños. Por outro lado hai que facer una clara intromisión noutro tipo de relixión á que se lle fai referencia na novela, e que é claramente moi diferente á relixión musulmá. Trátase da adoración a un animal, pensando que é un deus. Neste caso o nomeado animal é un crocodilo. Antigamente a maioría destas culturas vinculaban aos animais con forzas sobrenaturais que, segundo crían, non só controlaban o mundo natural, senón tamén o destino dos humanos. Pero co paso do tempo e co desenvolvemento do mundo, estas relixións foron recluídas e deixáronse de ver como algo común e tradicional na vida das persoas. Por este mesmo motivo, cando se lle fai referencia na novela a esta animalización, preséntase como unha relixión única dun personaxe chamado Bodenga, que está totalmente apartado do resto da sociedade, pero sobre todo da relixión musulmá. En definitiva, The Rainbow Troops é unha novela que reflicte a diversidade relixiosa dun mesmo país, así como as diferenzas que poden existir por ter máis ou menos recursos. Así mesmo é unha historia que, ademais ser comprensible en calquera sitio do mundo, pode chegar ao corazón de calquera lector con sensibilidade que poida simpatizar coas distintas partes da narración e que comprenda a realidade dos sucesos, poñendo por un lado o idealismo dos profesores e a ilusión dos nenos, e por outro o materialismo que finalmente todo o termina contaminando e de cuxa influencia é difícil que un grupo de nenos consiga escapar.


30

PASADO E ACTUALIDADE DO WESTERN Anxo Lage Soilán - 4º PDC O Western é o xénero cinematográfico centrado no oeste americano e nos cow-boys, tamén coñecidos como vaqueiros. No pasado, comezaron a facerse moitas películas e series centradas neste xénero, nas que o seu principal público estaba en América pero que, pouco a pouco, foise estendendo por Europa e demais continentes. Unha das películas que realmente marcou o éxito deste xénero a nivel mundial foi A dilixencia, dirixida por John Ford, director que, ao longo da súa vida, fixo máis de 170 películas, todas elas de western. Algunhas das súas películas máis famosas foron Ford Apache e Río Bravo. Houbo actores que se dedicaron case exclusivamente a este xénero. Un dos máis famosos que participaron nas primeiras películas do western foi John Wayne, coñecido protagonista de A dilixencia. Máis tarde, outros moitos actores déronse a coñecer grazas a este xénero, un dos mellores exemplos foi o caso de Clint Eastwood, protagonista de películas tan famosas como Por un puñado de dólares e A morte tiña un prezo, dirixidas por Sergio Leone, quen ten unha lenda negra que di que sometía a tanta presión ós seus actores que, incluso, algúns actores secundarios chegaron a dimitir ou a suicidarse. Tamén foi o que fixo que o seu protagonista (Clint Eastwood) comezara a súa adicción ó tabaco, xa que era obrigado a fumar de verdade en todas as películas. Outras moitas películas famosas do western americano foron Sen perdón (gañadora de un Óscar), O Dourado (John Wayne como protagonista), O home que matou a Liverty Valance, O bo o feo e o malo, Centauros do deserto …

Na época actual o western xa non é algo que se vexa tanto nos cines; continúanse a facer adaptacións de antigos éxitos como, por exemplo, Valor de Lei. Tamén se continúan reinventando películas de western, moi galardoadas como no caso de Django, do famoso director Tarantino. Incluso se chegaron a facer westerns infantís de animación dixital moi logrados como Rango. O estilo western tamén se levou, cunha alta calidade e realismo, ó mundo do videoxogo, con títulos tan influíntes como Red Dead Redeption. Series de televisión tan coñecidas e famosas como Bonanza foron remasterizadas en alta definición nos últimos anos. España foi un moi importante plató de gravación de western nos anos 70 e 80 debido ás paisaxes desérticas de Almería, de xeito que se deu a coñecer no chamado “spaguetti western”, con películas con Clint Eastwood, como protagonista.


31

VISITA AOS XULGADOS María Freire Daporta - 1º BAC B O pasado martes día 11 de febreiro parte dos alumnos de 1ºB e os alumnos de segundo que cursan a materia de Ética e Filosofía do Dereito fomos aos Xulgados a asistir a un xuízo. Primeiro dirixímonos a unha sala para asistir a un xuízo que non se produciu debido a que os denunciantes non quixeron entrar e isto provoca a suspensión do acto, tal e como nos explicou a xuíza Sandra Piñeiro coa que estivemos á espera do seguinte xuízo, o cal tampouco se levou a cabo. A pesar disto non perdemos o tempo xa que a maxistrada estívonos explicando un montón de cousas interesantes sobre o funcionamento do xulgado, a organización xudicial e tamén algunhas leis que poden afectarnos como adolescentes, como sentenzas relacionadas coas drogas que poden imposibilitarte para ocupar calquera cargo público no futuro ou algunhas características do xulgado de menores ou de familia. A continuación, baixamos a ver outro xuízo, pero non foi posible debido a que xa estaba empezado. Xa pensabamos que non ía haber máis oportunidades cando volvemos á primeira sala, pero finalmente presentáronse un acusado e un denunciante. O xuízo que presenciamos involucraba a unha familia, o que o fixo un xuízo algo duro. O denunciante acusaba ao seu sogro dun delito de agresión e levaba como proba unhas gafas raiadas das que xa arranxara a montura, e un parte de lesións. Despois da súa declaración apareceu a súa muller, coa que tiña unha orde de afastamento. Isto fixo que a xuíza ordenáralle sentar ao fondo da sala para que non houbese contacto visual entre eles. A esposa declarou que non vira moito, pero non desmentiu a versión do seu marido. A continuación, o acusado pasou a contar a súa versión dos feitos, que non concordaba coa do denunciante, nin coa que el mesmo dera o día no que a narrou na policía, tal e como o fiscal demostrou lendo a súa declaración policial. Posteriormente, chamaron como testemuña á compañeira sentimental do acusado, que defendeu a versión deste. Cada unha das persoas que falou contou como vira a situación e foi sometida a preguntas do fiscal e da avogada defensora. Ao final, a xuíza declarou que o xuízo estaba visto para sentenza e, minutos despois, a muller do denunciante dixo que quería aportar outro dato importante, pero non lle foi permitido debido a que xa estaba rematado o xuízo. Despois disto, a maxistrada fíxonos saber que a sentenza saberíase o martes seguinte e explicounos algúns datos do acto que acaba-

bamos de presenciar, co que concluíu a nosa visita ao Xulgado. Na miña opinión, foi unha actividade moi enriquecedora para os dous cursos que tivemos a oportunidade de participar. Por unha banda, puido axudar aos alumnos de 2º de BAC a decidir se lles gusta ou non a carreira de dereito e, en caso afirmativo, se prefiren ser xuíces, avogados, fiscais … xa que unha cousa é o que aparece nos libros de texto e outra moi diferente a aplicación destes coñecementos. Ademais, outra cousa que eu descoñecía e que pode ser importante para estes alumnos é todos os exames e estudos que hai que facer ata chegar a ser xuíz, fiscal ou secretario xudicial. Por outro lado, a nós, os alumnos de 1º BAC que escollemos materias relacionadas coas ciencias e que, polo tanto, suponse que case ningún, por non dicir ningún, pensamos facer Dereito, tamén aprendemos moito. Para empezar, como dixo a xuíza “calquera pode verse inmiscido nun asunto xudicial en calquera momento” e hai que estar preparados e, polo menos, ter unha idea dos teus dereitos e do que pasa en cada caso, como por exemplo saber que nalgúns tipos de procesos se ti es o denunciante e non te presentas dáse a entender o teu perdón e péchase o caso. Ademais, temos unha idea dos xuízos moi influenciada polas películas, que na súa maioría son americanas e teñen un Dereito diferente ao impartido non noso país. Polo tanto, tamén é cultura saber como funciona o sistema xudicial nacional, e para coñecelo nada mellor que vivilo e observalo en primeira persoa. En resumo, creo que é unha actividade moi interesante e que todos os alumnos deberían ter a oportunidade de participar nela, tanto os de “ciencias” como os de “letras”, xa que se aprenden cousas importantes non só para o ámbito académico, senón tamén, e o máis importante, para a vida.


32

EMPREGO DO GALEGO NA IGREXIA CATÓLICA Enrique Vázquez Pereira - 1 BAC - C O pasado venres día 24 de xaneiro de 2014, o alumnado de primeiro de bacharelato recibiu unha charla de carácter informativo sobre o emprego do galego en ámbitos onde non é frecuente o seu uso, como por exemplo a administración de xustiza ou a Igrexa. Aínda que a charla comenzou cun carácter xenérico, foise centrando pouco a pocuo nun ámbito exclusivamente relixioso, o cal incomodou a maioría dos presentes, pois debía ser de carácter lingüístico. O relator foi Xabier Blanco, director do Colexio “Divina Pastora”, o cal falounos sobre o Concilio

Vaticano II de 1959, onde a xerarquía eclesiástica tratou de poñer en marcha diferentes medidas para modernizar a Igrexa. Entre as numerosas medidas que nos explicou Xabier, levaron a cabo algunha sobre a lingua, destacando en 1963 a decisión de realizar as liturxias nas linguas propias de cada país en vez de en latín (lingua oficial da Igrexa). Lamentablemente, a maioría das medidas e decisións tomadas no Concilio Vaticano II non se levaron á práctica ou abandoaronse. Xabier tamén nos relatou anécdotas persoais relativas ó emprego da lingua galega no seu ámbito, destacando que a maioría dos cregos non empregan o galego, nin dentro nin fóra da Igrexa, cousa que el si que fai. Finalmente a charla rematou cunha breve rolda de preguntas e respostas nas que os alumnos de bacharelato expresaron as diferentes opinións que tiñan respecto da situación do galego, centrándose na Igrexa.


33

EXPOSICIÓN TERRA E PAPEL Alumnado de 1º A-B de ESO

Exposición “Terra e Papel” de Alfonso Castro dedicada ao libro “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro con motivo do 150 aniversario da súa publicación. Moitas árbores con poemas … “Arboriñas que prantei” Unha flor con poemas … unha flor”

“Depenicando

Un busto de muller e saíndo do sitio dos brazos, poemas … “Os que son nela nacidos” Unha maleta, representando a emigración da que tanto nos fala Rosalía …“Quen poidera non deixar” Os rapaces e rapazas de 1º A-B de ESO visitamos a exposición TERRA e PAPEL do artista Fonso Castro. É unha homenaxe a Rosalía de Castro, baseada na obra Cantares Gallegos

Un busto de Rosalía saíndo poemas do seu peito … “Que o seu peitiño traspasa”

Fomos camiñando polo centro da cidade até a Capela de Sta. María, acompañáronnos o profesor de Inglés, Juan Carlos García e a nosa titora, Teresa. Na sala da exposición recibiunos unha señora que nos dixo: “Mirádeo todo e interpretádeo á vosa maneira”. Había moitas obras realizadas en barro, papel, madeira...; debaixo de cada unha delas unha frase dun poema de Cantares Gallegos. Algunhas delas: Un baúl con varios apartados e neles poemas... “Cousiñas tan estrañas”

Ao final un gran mural con pegadas de pés percorrendo un camiño que conduce a un gran libro “Paseniño, paseniño”

Para rematar recitamos o poema “Un repoludo gaiteiro” TERRA e PAPEL simbolizan o amor de Rosalía á súa Terra e o material no que o expresou. Son tamén os materiais que empregou Fonso Castro nestas obras tan creativas. Gustounos moitísimo a todos.


34

ROTAS LITERARIAS NO MUSEO Alumnado de 2º ESO As alumnas e alumnos de 2º curso de ESO fixemos a actividade Rotas Literarias no Museo. Previamente lemos o libro Contos de Medo no Museo. Contén catro relatos: “O botón encarnado”, de Marilar Alexandre; “Sangue de gato negro”, de Fina de Casalderrey; “O anel dos destinos cruzados”, de Xosé A. Neira Cruz e “O Pozo dos desexos” de Antonio Reigosa. As ilustracións, moi significativas, son de Javier Huerga García. As historias que narran ocorren no propio Museo e vannos levando polas distintas salas, cadros, obxectos. Xa no Museo, Mendoza, encargado desta actividade, explicounos o que iamos facer; dividímonos en catro grupos e a cada un asignounos un relato, deunos un formulario con trinta cuestións e un plano. Trátase de resolvelas “in situ” e co apoio do relato.

Transcorrido o tempo fixado reunímonos na sala dedicada a Xulia Minguillón para unha posta en común do traballo realizado. Esta actividade é unha forma divertida e activa de descubrir por nós mesmos a riqueza que alberga un museo e comprobar a importancia do traballo en equipo, a colaboración e a necesidade de ter en conta a opinión de todos. Foi unha actividade moi interesante.


35

VIAXE A AQUIS QUERQUENNIS, SANTA COMBA DE BANDE, CELANOVA E SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS. ITINERARIOS HISTÓRICO-ARTÍSTICOS Paz López Macía, Profesora de Latín O día 9 de outubro de 2013, un grupo de 31 alumnos de 2º de BAC das materias de historia da arte e de latín, acompañados polos seus profesores, Javier Gómez

ción, causándolle maior impresión ao alumnado as termas xa que lle entraban ganas de bañarse, pero como esqueceran o bañador en Lugo tiveron que conformarse con contemplar aos turistas que alí estaban e facer plans para futuras excursións ás termas cos amigos. Despois volvemos ao Centro de Interpretación de Aquis Querquennis e, con disciplina marcial todos desfilaron ao baño para despois asistir ao visionado dun vídeo divulgativo da conquista romana da Gallaecia e da vida cotiá no campamento. Despois de velo, a guía do centro ensinounos o museo da Vía Nova, cuns ilustrativos paneis informativos, pezas orixinais e unha interesante maqueta do campamento, que nos permitiron facer unha idea do que foi este rico xacemento e do que representaron as vías romanas.

Vila e Paz López Macía, puxémonos rumbo á provincia de Ourense coa intención de redescubrir o pasado. Ese día todos fomos puntuais e ás 8:45 todos estabamos diante do instituto, con mochilas e moitas gañas de saír, así que ás 9 subimos ao autobús, no que durante dúas horas de viaxe fomos mudando de paisaxe e pasamos da néboa que deixaramos en Lugo ao sol radiante de Ourense, que iluminaría toda a nosa viaxe. A nosa primeira parada foi Porto Quintela de Bande, onde se atopa o Conxunto Arqueolóxico de Aquis Querquennis. Visitamos en primeiro lugar o campamento romano e Javier, o profesor de arte, serviunos de guía, explicándonos a función das distintas dependencias. Este campamento foi creado en tempos do emperador Vespasiano (69-79dC) e albergaba unha cohorte da legio Septima Gemina. Fora construído para activar e traballar na construción da Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario de Antonino, que comunicaba as cidades de Bracara Augusta e Asturica Augusta. Ligada á construción desta vía xurdiran tamén a mansión viaria e as termas , que visitamos a continua-

Neste punto da viaxe únese a nós un novo membro, trátase de Rubén Borrajo Santos, un exprofesor do centro que nos vai servir de guía na 2ª parte da viaxe

para levarnos a Allariz, a terra dos seus devanceiros, non sen antes visitar Santa Comba de Bande. Unha igrexa de estilo visigótico que formou parte dun antigo cenobio da regra de San Fructuoso, que fora ergueito no S. VII apro-


36

veitando antigos materiais da época romana. E despois de deixar a súa pegada no libro de visitas ao templo, o alumnado movido pola fame sobe contento ao autobús e pouco despois desembarca en Celanova con ganas de comer e descansar, pero aínda hai unha alumna á que move máis a fame intelectual e está empeñada en atopar a casa de Curros Enríquez, mais como a esas horas non é horario de visitas ten que conformarse con ver a súa estatua xunto coa de Celso Emilio engalanando a vila e nós animámola a que volva a ver a casa de Curros, a Virxe do Cristal e Vila Nova dos Infantes. Pero a viaxe continúa, subimos outra vez ao autobús rumbo a Santa Mariña de Augas Santas, unha aldea a 6 quilómetros de Allariz que contén un atractivo conxunto histórico, artístico e paisaxístico no que se mesturan historia, tradición e lenda. Chegamos a Santa Mariña en plena vendima, chimpíns e carriños de burros transportan as uvas a cen por hora, mentres nós iniciamos a terceira e derradeira parte do noso periplo. A aldea de Santa Mariña conta cun núcleo histórico moi rico e coidado: dispoñen de enterramento de cableado de luz e teléfono, canalizacións e empedrado de rúas. As casas e os hórreos conservan a arquitectura popular, o que lle dá un atractivo engadido ao conxunto histórico-artístico. En Santa Mariña a tradición nace vinculada á existencia e martirio de Mariña, unha cristiá que se resistiu aos desexos dun prefecto chamado Olibrio, que utilizou todo tipo de estratexias para vencer a súa resistencia, porén nada deu resultado ante a férrea vontade da rapaza. Finalmente Mariña foi condenada a morrer abrasada nun forno próximo do que sairá viva grazas á intervención de San Pedro que a levou a un estanque para arrefriar. Pero Olibrio insistente ordenou que lle cortasen a cabeza e esta botou 3 veces, manando unha fonte de

cada bote e no lugar no que foi enterrada xurdiu un templo. Mentres oímos esta lenda da boca de Rubén, visitamos a famosa fonte de Santa Mariña que ten 3 saídas de auga que a lenda achaca a cada bote que a cabeza da santa deu unha vez que foi decapitada. As súas augas, dise que teñen propiedades milagreiras. Ao carón da fonte atópase a igrexa do mesmo nome, igrexa románica do S.XIII, que se conta que se levantou no lugar onde foi decapitada a santa. Mentres que visitamos a fonte e a igrexa únense á nosa expedición os últimos membros: un can e un gato, que fan as grazas do alumnado e que nos volven á realidade. O can queda gardando as casas pero o gato, co seu espírito libre e aventureiro, acompáñanos no resto da viaxe ao Forno da Santa, ao carballo e ás Piúcas da Santa e ao Castro da Armea. Dirixímonos, acompañados polo gato, ao Forno da Santa, que está a 2 quilómetros da aldea. Este forno atópase nos baixos da inconclusa basílica da Asunción, que quedou a medio facer ao irse da zona os templarios, que iniciaran a súa edificación. Por un par de portas paralelas a ambos lados da súa muralla accédese ao coñecido forno da santa, ubicado nos sotos da basílica.Trátase dun dos poucos fornos crematorios castrexos que se coñecen en Galicia. Este conta coa súa correspondente Pedra Formosa. O forno atópase construído por 3 estancias. A primeira e a segunda cubertas por unha bóveda de canón apuntado. Ao fondo atópase a terceira, o forno propiamente dito. Nela podemos ver unha abertura a modo de cheminea por onde din que sacou San Pedro á santa, para salvala de morrer queimada. Dise que dentro do forno se oíron psicofonías, cousa que impresionou moito aos rapaces e que querían oílas. Deixámonos de psicofonías e poñémonos ao camiño, visitamos o carballo da santa e as Piúcas e por último o Castro da Armea. Pero o sol vai baixando e hai que desandar o camiño, volvemos ao pobo de Santa Mariña e cunha vista panorámica despedímonos do pobo, da lenda e do gato. Agradecémoslle a Rubén que nos ensinase a súa terra e subimos ao autobús, poñemos rumbo a Lucus Augusti pero a nosa mochila xa vai máis cargada de experiencias. O fardo do pasado vai connosco.


37

THE UK … NOT JUST ENGLAND Charla do profesor Luke Roberts. Actividade do Departamento de Inglés e a Editorial Burlington 11 de outubro de 2013 O pasado venres día 11 de outubro tivemos no salón de actos unha conferencia na cal un profesor de inglés de Liverpool, ao que a partir de agora chamaremos Peter polo seu parecido co personaxe de debuxos animados, compartiu con nós unha serie de curiosidades e tradicións sobre a súa terra. O acto, que transcorreu en todo momento nun ton irónico e bromista, en nada se pareceu ao que estamos acostumados neste tipo de charlas. Para a nosa sorpresa, Peter resultou ser un home do máis divertido que conseguiu captar a nosa completa atención e que estiveramos interactuando con el continuamente durante os cincuenta minutos que durou a actividade. Contounos algunhas curiosidades sobre o Reino Unido, unha serie de detalles de cultura xeral que nunca está mal ter. Por exemplo, falounos sobre a historia da bandeira británica, “The Union Jack”, e de como se formou; falounos tamén sobre o porqué en Gran Bretaña conducen pola esquerda; e contounos que nas oficinas de obxectos perdidos do metro londinense podíanse atopar todo tipo de artigos, incluíndo algúns inesperados para todos nós como por exemplo uns ataúdes que se “esqueceran”. Peter fixo un traballo moi dinámico, facendo intervir constantemente aos alumnos de 2º de BAC

Carlos Álvarez Vázquez Javier Piedracoba Castro Daniel Serrano López (2º A BAC)

que asistiamos á conferencia, e que non parabamos de rir co seu característico humor inglés; e incluso nos obsequiaba con algún tipo de premio significativo (bolígrafos, cadernos …) se conseguiamos responder correctamente algunha das preguntas que formulaba. Pero non se conformou con contar contos e que pasaramos un bo rato, senón que tamén nos indicaba a pronunciación dunha serie de palabras facéndonolas repetir en voz alta. El corrixíanos cada vez que o faciamos mal. Opinamos que este tipo de clases, tendo un conferenciante nativo e con esta metodoloxía tan entretida, aínda que é diferente para nós pode resultar moi interesante xa que dificilmente algún dos que estabamos alí presentes imos esquecer toda estas curiosidades e a pronunciación de todas esas palabras que aprendemos o venres. E por suposto, ningún de nós imos olvidar tampouco a ese profesor, a ese home tan divertido que ao mesmo tempo que nos ensinaba tamén nos entretiña e co que todos, alumnos e profesores alí presentes, botamos unhas risas. Para rematar agradecer e darlle a noraboa a Luke Roberts pola boa sintonía e ensinanzas que nos ofreceu. E animar ao equipo directivo para que siga realizando este tipo de eventos tan enriquecedores.


38

SAMAÍN UNHA SEMANA DE MEDO NA BIBLIOTECA Semana do 28 ao 30 de outubro de 2013

Unha semana para a celebración de tradicións moi antigas, unha semana de actividades na Biblioteca do Instituto, unha semana de traballo e diversión para os máis novos de 1º ESO e os maiores do Ciclo, unha semana de medo … Este curso o equipo da Biblioteca, coordinado por Áurea Penas Roibás, contou coa colaboración do Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas dirixido pola profesora Carmela Mendo. A Biblioteca organizou, como vén facendo dende hai cinco anos, un concurso de cabazas adornadas (o jack-o'lantern da tradición anglosaxona), pósters alusivos á festividade, pasteis e doces feitos con castaña, cabaza ou produtos de época, e tamén poemas, cantigas, e microrrelatos de Samaín. O xurado visitou á primeira hora do mércores 30 de outubro as aulas e durante o recreo tivo lugar na Biblioteca a entrega de premios e certificados e a sorpresa da piñata chea de doces. Foi unha mañá de celebración, de castañas asadas e de alegría grazas á terrorí-

Equipo da Biblioteca Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas fica organización do equipo da Biblioteca e ao arrepiante traballo dos alumnos do ciclo. Mais, que estamos a celebrar? Hoxe en día, a festividade norteamericana de Hallowe'en ten unha estética de cabazas iluminadas e de rapaces que piden doces ou lambetadas aos veciños coa ameaza dalgunha brincadeira de non obter o seu premio (trick or treat?) Todos recoñecemos esta celebración a partir de moitas películas e series de televisión. O poder cultural dos EE UU é moi forte, mais a celebración neste país non ten moito máis de 150 anos e temos que buscar a orixe da celebración de Hallowe'en moitos séculos atrás nesta beira do Atlántico, en Irlanda e Escocia de onde saíron centos de miles de emigrantes na segunda metade do século XIX. En Irlanda, as colleitas de patacas, base da alimentación, estragáronse unha e outra vez e a fame empurrou a millóns de persoas á emigración ao novo mundo. Con eles levaron as súas tradicións. O nome Hallowe'en é a forma abreviada de All Hallows' Eve, é dicir e véspera do Día de Todos os


39

o ano, estreitábase o veo que separaba o mundo dos vivos do alén, facendo posible o contacto. Era unha noite máxica de trasnos, de espíritos da néboa, de procesións de fadas maléficas, unha noite para quedar na casa ou para non viaxar sos.

Santos, o 31 de outubro. A festividade de Todos os Santos vén, á súa vez, a cristianizar unha celebración máis antiga: o Samhain dos pobos celtas. Para uns pobos que vivían da gandería, o primeiro de novembro marcaba o fin do ano natural. Era o tempo de recoller o gando para a longa invernía, era tempo para longas noites de frío e escuridade no interior das vivendas. As colleitas estabas recollidas, o gando lonxe dos pastos de verán, o sol esmorecido, e os homes e mulleres comezaban un novo ciclo vital. Só quedaba deixar unha candea prendida para lembrar os que xa se foran, os defuntos. Había a crenza de que nesta noite que pechaba

Moitos séculos despois aqueles nenos irlandeses da emigración levaron as súas brincadeiras ao novo mundo, e agora volven a nós para facernos pasar unha noite ou un día de divertimento e ledicia. Trick or treat?


40

O CRIME DA LEGUA DEREITA Sabela González Seijas - 1º BAC-A

Proxección no Salón de Actos da longametraxe “O Crime da Legua Dereita” da produtora lucense Coolfilms. Coloquio posterior con Beatriz Meilán, actriz principal e antiga alumna do Instituto. 8 de novembro de 2013 resolver o crime. Todo comezará cando unha xornalista os chama e dilles a posición exacta do segundo cadáver. Créndoa a responsable do asasinato interrógana e confesa que o soubo , grazas á medium a cal ela acode con frecuencia. Polo que a vidente se puxo no ollo de mira dos inspectores que tardaron pouco en dar con ela. Desgrazadamente esta non os sacou de dúbidas mais restos atopados no sangue da rapaza dunha antiga planta empregada unicamente por menciñeiros e outra serie de indicios levaron aos inspectores ata a antiga casa da vítima de Nete onde unha rapaza con lepra xacía nunha padiola. Foi aí onde os policías se decataron de todo. Cen anos despois no mesmo lugar a historia repetíase: a morte dunha persoa para a cura doutra, seguindo antigas profecías.

No ano 1911 un escalofriante suceso deixa de pedra a parroquia de Nete en Vilalba cando un dos seus veciños aparece desangrado na beira dun camiño sen pel no rostro . O asasinato fora un encargo dun poderoso home de Madrid , xa que a súa muller padecía cancro de pel e según unha menciñeira da zona o único que podía curala era poñer a pel dunha persoa que non tivese barba e que esta lle fose arrancada en vida. Ese día permaneceu na mente da xente do pobo que moitos anos despois lembra o suceso como algo horrible. Luis Noriega director do Crime Da Legua dereita decidiu volver a revivir a historia situándoa na actualidade, cando dúas rapazas aparecerán no medio do monte mortas tras seren esfoladas en vida. Dous inspectores de policías enviados dende a capital lucense serán os encargados de


41

MAC 2013-14 MOBILIDADE DO ALUMNADO COMENIUS A miña experiencia en SUECIA Sergio Dorado Sánchez - 1º BAC Durante a miña estancia estiven estudando en Tibble Gymnasium, un moi bo instituto do norte de Estocolmo que ten boa relación co noso e co que fan un intercambio a parte do Comenius. No instituto eu era un alumno máis e como tal tiña que estudar unha serie de materias. Estiven estudando francés, inglés, sueco, fotografía, educación física e italiano; non foi moi difícil seguir as clases en inglés e sueco polo que ao final obtiven boas notas e aprendín bastante. Ademais, o sistema educativo sueco está moi ben organizado e é moito mellor que o que temos aquí en España, por exemplo, os alumnos non teñen que pagar os libros nin as excursións e a maiores Foi un día calquera cara ao final de curso cando o meu instituto deume a gran oportunidade de estudar noutro país, é dicir, de facer un trimestre de primeiro de Bacharelato en Suecia. Agora, tras volver a Lugo despois de tres meses fóra podo contarvos todo o que aprendín e obtiven desta bonita experiencia. Recordo ben o día no que collemos o avión en dirección a Suecia, estaba algo nervioso e non sabía moi ben como sentirme pero unha vez acomodados nas nosas casas e tras unha moi bo recibimento da miña familia sueca comecei a desfrutar da miña experiencia. Os primeiros días estiven totalmente centrado en aprenderme o longo camiño que tiña para chegar a clase todos os días, unha hora e media de viaxe tendo que coller catro transportes diferentes, aínda que ao segundo día xa sabía perfectamente o que tiña que coller. Este reto e moitos outros foron os que fixeron de min alguén máis maduro durante a miña estancia.


42

poder convivir coas persoas do mesmo. E aínda que un non se decate, vivir só nun país estranxeiro durante un tempo vólvete máis maduro e máis adulto, cousas moi importantes para unha persoa. A nivel persoal, mellorei moito a miña soltura e o meu nivel de inglés que é a lingua máis importante hoxe en día e é moi importante o poder falala. Tamén síntome moito máis independente e xa non tería preocupacións se tivese que ir estudar ao reciben unha paga todos os meses para gastos esco-

estranxeiro ou se tivese que depender dunha lingua

lares. Todo isto é posible grazas a que Suecia ten un

que non fose a miña, e agora sei desenvolverme só

mellor goberno e polo tanto non sofre unha crise

sen axuda de ninguén, é dicir, agora síntome alguén

coma a nosa, levan un nivel de vida considerable-

máis independente e maduro. Tamén coñecín a moi

mente maior que en España en todos os aspectos.

boa xente e en resumo aprendín moitísimo grazas a

Ao longo dos tres meses puiden coñecer a

esta experiencia.

xente sueca e a súa forma de ser, ás veces poden ser

Finalmente, dar a grazas a todas as persoas

algo tímidos e calados pero en xeral son moi boa

que fixeron posible a miña viaxe a Suecia e recomen-

xente e pódese convivir perfectamente con eles. Por

darvos a todos vós que se tedes unha oportunidade

exemplo, a familia coa que estiven vivindo os tres

deste tipo aceptedes sen dubidar porque vai ser moi

meses é marabillosa, estiven encantado con eles e

positivo e beneficioso para as vosas vidas.

estou moi agradecido. Nunha experiencia de este tipo ter unha boa familia condiciona moito o desenvolvemento da experiencia. Unha vez adaptado, comezas a decatarte de todo o que vas gañando ao longo da experiencia. Cando xa levaba mes e medio en Suecia e xa tiña a miña rutina establecida, os días en lugar de parecer todos iguais eran diferentes e en todos aprendía algo novo, coñecía xente nova e sentíame mellor nese país. Para finalizar, vou dicir o que un realmente gaña coas experiencias deste tipo. Grazas a esta experiencia un vólvese independente, é dicir, un acostúmase a facer as cousas por si mesmo e a vivir só, polo que se nun futuro un ten que ir estudar ao estranxeiro adaptaríase máis facilmente. Por outro lado, aprende un a adaptarse aos costumes doutros países polo que é máis fácil vivir no estranxeiro e


43

O BELÉN DO IES “NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES” PRIMEIRO PREMIO DA ASOCIACIÓN DE BELENISTAS DE LUGO María Aurelia Vázquez Vázquez Profesora de Relixión Empezamos o 2014 de noraboa xa que, o belén, o que ano tras ano poñemos na entrada do noso Centro cando chega o mes do Nadal, levou o primeiro premio no Concurso que a Asociación de Belenistas da cidade convoca tódolos anos. Accésit, segundos e terceiros premios. Esa era a traxectoria pero, facía moitos, moitos anos que non levabamos o primeiro premio. A fe, a arte, a beleza, o traballo, o esforzo, a imaxinación, o cariño e a ilusión aúnanse á hora de pensar e facer o belén que, Marisa, Claudio, Victoria e mais eu facemos realidade, xunto coa colaboración de moitos dos que formamos a comunidade educativa. Moitas grazas e ¡ollo!, porque Marisa xa está maquinando no deseño do vindeiro ano. ¿Con que nos sorprenderá?


44

VISITA DO ALUMNADO DE BIOLOXÍA DE 2º BAC AO C.A.C.T.U.S. Departamento de Ciencias Naturais Celeste Domínguez Vázquez. 2º BAC B. Fotografía: Ana Pérez López. 2º BAC B A tan só un día das vacacións de Nadal, os alumnos de Bioloxía de 2º de BAC aproveitamos a nosa última clase do ano facendo unha saída cultural ó edificio CACTUS do Campus de Lugo e alí ver, para moitos por primeira vez, un microscopio electrónico. Nada máis chegar ó Instituto, o grupo de Pilar xa partía nesa dirección. Dúas horas máis tarde, ás dez e media, o grupo de Leonor, do que formo parte, dirixíase tamén ó Campus Universitario de Lugo. Isto pon en evidencia a dispoñibilidade dos técnicos do CACTUS que tódolos anos, por estas datas, aténdennos, por partida dobre, co seu mellor sorriso e auténtico entusiasmo. No Departamento de Microscopía Electrónica está nun soto ó que nos diriximos. Alí explicáronos as diferenzas entre un microscopio óptico e un electrónico (basicamente un M.O. utiliza luz, un chorro de fotóns, e un M.E. un chorro de electróns), como era un microscopio electrónico, como funcionaba, as súas partes. Tamén amosaron a todo o grupo os moldes nos que se inclúen as mostras e as reixas sobre as que se montan os cortes, para que vísemos como eran e puxeron diferentes imaxes feitas con dito microscopio. Iso permitiunos ver a ultraes-

trutura de orgánulos citoplasmáticos como mitocondrias, retículo endoplasmático, Golgi, etc. Finalmente vimos en persoa como se usaba o microscopio, colocaron unha mostra e observamos na pantalla do ordenador o que alí había. Ademais tamén nos deixaron acercarnos á pantalla fluorescente para ver como se vía todo dende alí. Ó finalizar co microscopio de transmisión pasamos ó de varrido que estaba no laboratorio do lado. Alí explicáronnos como funcionaba. Non se detiveron moito, xa que o mecanismo era moi parecido ó do anterior, ambos son microscopios electrónicos. No M.E.T. o chorro de electróns ten que atravesar a mostra, mentres que no M.E.B. os electróns “varren“ a superficie da mostra. Isto permite ver a superficie da mostra como en relevo. Pasáronnos diferentes mostras cubertas de metal, para que as vísemos: distintos parasitos, partes de animais, ácaros, etc. Como no caso anterior acabamos cunha sesión de fotos tomadas co microscopio de varrido. Cando chegamos ó Instituto unhas longas e reparadoras vacacións estaban esperándonos.


45

ITINERARIO BELENÍSTICO Ana Strineka Bande 2º ESO C Debuxo Rocío Lombao González 2º ESO C Como se acerca o Nadal cos profesores de Relixión fomos visitar algúns beléns da cidade. Nun primeiro momento estivemos na Catedral, na capela da Virxe dos Ollos Grandes e despois na capela de San Froilán, o patrón da nosa cidade. A continuación acercámonos á Igrexa de San Pedro onde había un belén moi bonito e simple, alí conversamos co párroco. Para min, o mellor belén que vimos foi, sen dúbida, o da Igrexa de A Nova. Todo era moi natural e transportábate a esa época.

Os numerosos beléns do Asilo de San Roque eran bonitos e moi elaborados. O do colexio da Anexa era o que máis figuras con movemento tiña de todos os que vimos. En xeral a visita gustoume moito, foi moi agradable.


46

ROTEIRO XEOLÓXICO POLA MARIÑA LUCENSE Departamento de Ciencias Uxía Crende Freire - 1º BAC - B

O primeiro que puidemos observar na excursión á Mariña lucense foi unha rasa mariña. Esta rasa é unha antiga plataforma de abrasión erosionada polo mar Cantábrico onde podemos encontrar sedimentos mariños. A rasa esténdese dende San Vicente de la Barquera ata Burela. Formouse no período Ternario ou Cuaternario debido á alternancia de períodos de transgresión e regresión do mar, isto quere dicir que o nivel do mar non foi sempre o mesmo senón que nuns períodos era máis alto ca noutros, neste momento podemos ver a rasa xa que se atopa por riba do nivel do mar. Na rasa podemos apreciar sedimentos mariños erosionados, a maioría deles con forma redondeada, de distintos tamaños a ambos lados da estrada xa que esta cortou a rasa e permítenos ver mellor os sedimentos. Despois fomos ver unha mina de caolín. O caolín que se extrae desa mina é caolín granítico xa que procede do granito. Na mina non se ve o caolín puro senón que está mesturado con arxilas de cuarzo e algunhas micas. Na mina tamén se poden ver charcas de auga que teñen a misión de facer que todas as arxilas que poida levar dita auga antes de chegar o río, se vaian depositando no fondo. Esta auga que comeza sendo branca pola gran cantidade de mineral de caolín que leva, remata sendo dunha cor azul turquesa debido ós raios de luz que inciden sobre as partículas coloidais en suspensión que non pesan o suficiente para depositarse no fondo e que lle dan esa curiosa cor. Logo fomos á planta de lavado de caolín onde se levan a cabo os distintos procesos para transformar o caolín que se extrae das minas en caolín listo para ser utilizado en pasta de papel ou para a elaboración de cerá-

mica. Para comezar, mestúrase o caolín con auga e vánselle quitando as areas e impurezas que poida levar pasando por unha serie de decantadores e filtros de distintos tamaños. Logo hai que secar o caolín con aire a presión e sae dese proceso en forma de táboas, con debuxos das táboas nas que se mete para secar a pasta. Esas táboas pártense en anacos pequenos e métense en secadoiros onde, unha vez ben secas, poden saír ou ben en forma de po ou ben en forma de grans para a súa comercialización, sobre todo noutros países coma Noruega ou a zona centroamericana. Despois fomos ver a zona de pregues do porto de Burela, estes pregues podíanse observar moi claramente. Algúns deles forman “boudins” que se orixinan cando pola compresión dun estrato ríxido, que se atopa entre outros máis plásticos, este rompe e forma estes “boudins”. Tamén se pode observar o contacto entre zonas con rochas de diferentes orixes, por un lado o batolito granítico de San Cibrao e por outro lado as cuarcitas. Por último, no paseo marítimo de Burela puidemos apreciar a curiosa forma da costa formada por granito de dúas micas e na que non hai acantilados. A meteorización do granito segue planos de diaclasas que se forman no arrefriamento do magma e pola descompresión da rocha ao subir a superficie. A erosión prodúcese máis facilmente grazas a estas diaclasas, isto fai que se forme unha paisaxe granítica característica na que aparecen bolos, cuncas ou cacholas entre outras formación graníticas.


47

VIAXE DE ESQUÍ A JACA Amalia Moreno Merino 1º CURSO DO CICLO FORMATIVO DE TÉCNICO SUPERIOR DE ANIMACIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS

O pasado 26 de xaneiro de 2014, os alumnos de 3º da ESO e 1º e 2º do Ciclo Superior de Actividades Físico Deportivas fomos 6 días a Jaca (Aragón), á estación de Candanchú. Aloxámonos no aparthotel Jacetania, moi ben situado xa que estaba a uns minutos da estación. A estación de esquí de Candanchú encóntrase no Pirineo aragonés, xunto ao río Aragón e a 1 km do Porto de Somport, facendo fronteira con Francia. Na actualidade, a pesar de ser a más antiga estación de esquí española, converteuse nunha estación de carácter familiar, xa que dispón dunha das mellores zonas para esquiadores principiantes do mundo, isto encóntrase na chamada Pista grande, na que se atopan 8 pistas verdes e 2 azuis, de tal forma que os adultos poden ver os seus fillos aprendendo sen ningún problema. Candanchú destaca polas súas paisaxes de ensoño, sen dúbida é unha das estacións de esquí máis bonitas de España. Ademais de contar cunha gran zona de

debutantes, conta con pistas negras e vermellas e itinerarios fóra de pista, indicados só para expertos. Cando chegamos, tivemos que ir polas botas, o casco e a que nos deran uns esquís e bastóns ou táboas adaptadas ás nosas características. No primeiro día dividíronnos en grupos; os de esquí por un lado e os de snow por outro. Dentro de cada grupo había xente que nunca fixera nada e outra que xa tiña experiencia no tema da neve. Tiñamos un bo horario, empezabamos as clases ás dez ata as doce, xantabamos, continuabamos outra hora máis de clase e despois deixábannos tempo libre, durante o cal podiamos facer o que quixésemos, sempre e cando non fora perigoso. Cada día que ía pasando, faciamos algo novo, máis interesante e atrevido, baixar pistas máis difíciles, etc. Ao rematar, quedabamos todos a unha hora no autocar para volver ao hotel. Cando chegabamos, dábanos tempo a asearnos e descansar un pouco antes de cear. Un dos días fomos patinar sobre xeo ao pavillón de Jaca. É o único de España que dispón de dúas pistas de xeo; unha de medidas olímpicas e outra lúdica. Foi unha experiencia inesquecible. Tratáronnos todos moi ben, coñecimos mellor os nosos compañeiros de instituto e fixemos novas amizades. Sen dúbida ningunha, volvería repetilo.


48

ITALIA Sandra Caloto Sánchez - 1º BAC - B

Esta excursión foi sen dúbida ningunha unha experiencia moi importante e especial que lembrarei ao longo da miña vida. Viaxar a un país descoñecido que sempre tiveches ganas de coñecer, e por riba, ir coas túas amizades e cos teus compañeiros de instituto, convértese nalgo máis máxico aínda. O primeiro lugar que visitamos foi Roma. Lembro que a miña primeira impresión ao saír do seu aeroporto, foi que era unha cidade na cal debían de ter moito coidado coa limpeza das rúas, pois non atopamos nin unha soa goma pegada no chan, nin sequera cinzas ou cabichas de cigarros, xa que ao carón das papeleiras había postos cinceiros de tamaño parecido a estas. Cando a coñecemos un pouco máis decatámonos de que en todo o tempo alí, non viramos ningún supermercado nin ningunha tenda de lambetadas, feito que nos pareceu moi curioso. Se cadra foi porque non tivemos tempo abondo de investigar en todo o seu esplendor a cidade. Tamén puidemos apreciar que a xente de alí é un pouco antipática, pois cando nós preguntabamos por algunha praza ou lugar a meirande parte das veces nin nos respondían. Eu creo que iso é provocado pola enorme cantidade de turistas que visitan Roma, e se as persoas que viven alí teñen que estar respondendo a todos os turistas, acabarían un pouco cansadas. Persoalmente unha das cousas que máis me gustou de Roma foi a Fontana di Trevi. Nunca imaxinei que fose tan grande, pois non se parecía en nada a como a vira eu nas fotografías, e é moi fermosa vela en persoa. Impactoume bastante, a verdade. A praza Venezia era o noso punto de quedada cos mestres. No seu centro hai un monumento moi grande, desde o cal se vían unhas vistas incribles. O único inconveniente que tivemos aló foi o tempo. Certo é que non nos acompañou moito, xa que tan pronto facía sol como se poñía a chover moi forte, e a maior parte dos días o tempo foi chuvioso. Outro lugar que tamén me impresionou bastante foi a cidade do Vaticano. Eu non agardaba que fosen tan grandes os seus museos, nin tan fermosa a Capela Sixtina. A verdade é que me parece incrible como foi capaz o artista Miguel Anxo de lograr pintar todo o teito nos tempos de antes e por enriba tivo que facelo deitado. Logo de Roma visitamos Siena, onde por desgraza

pasamos moi pouquiño tempo, tan só estivemos alí dende a mañá ata un pouco pasado o mediodía. A verdade é que levei unha sorpresa moi grata porque eu imaxinábame que sería moito máis simple, non sei moi ben como explicalo, pero encantoume tanto o ambiente que alí había, pois había máis xente nova ca en Roma e o resto era máis amable (incluso ata nos fixemos amigos duns italianos que nos contaron un pouquiño máis sobre os costumes que tiñan e sobre a xente de alí), coma a cidade en si. Era coma un pobiño con riscos medievais, cunha praza moi grande, a Praza do Campo e un monumento xigante feito de mármore. Era un lugar moi tranquilo, ao contrario que Roma, onde ata os coches andaban a todo meter e apenas paraban nos pasos de peóns. Ademais Siena foi o sitio onde todo estaba máis barato. A comezos da tarde dirixímonos cara a Florencia. O que máis destacaría dela é unha ponte que hai cunhas casiñas no medio, de moitas cores distintas. Tamén había un museo de pinturas, tres compañeiros meus foron, pero eu non porque preferín ver Florencia máis a fondo e mercar algúns agasallos. Pisa non obstante pareceume unha cidade demasiado turística, pois soamente atopei de especial a famosa Torre di Pisa, a cal por certo tiña moitas ganas de ver en persoa e gustoume moito. A mágoa foi que non tivemos tempo abondo a subir a ela para poder ver as súas vistas, xa que había demasiada xente na cola, e tiñamos que coller o autobús de camiño a Venecia. Para acceder a Venecia tiñamos que cruzar nun vaporetto dende a zona onde estabamos instalados no hotel. O tempo agraciounos ben, foi o día que máis sol e incluso calor fixo, e non choveu nin por un momento. Iso coido que nos axudou moito para poder apreciar ben o fermosísima que é. Como era de esperar era moi caro todo, á vista está que nas terrazas das cafeterías dos arredores da praza principal custaba ata 9 euros unha simple Coca Cola. E a pesar do alto prezo de subir en góndola mereceunos moito a pena aos que o fixemos porque puidemos ver recunchos da cidade que senón nunca teriamos visto, e sería unha mágoa. A min semellábame coma un conto a disposición en que estaban as casas e como todas estaban moi decoradas con flores nos balcóns. En resumo, foi unha magnífica excursión e espero volver axiña ás terras italianas.


49

MADRID: UNHA OLLADA A TRAVÉS DA ECONOMÍA E DA ARTE Mar Neira González, Javier Gómez Vila Profesores de Economía e Historia da Arte Martes 18 de marzo de 2014, 5:30 da mañá, 29 alumnos de 2º de BAC de Historia da Arte e de Economía, pasean inquedos pola beirarrúa. Levan meses esperando que chegue este momento: MADRID. Un lugar onde atoparán de todo. Unha cidade dinámica, viva, distinta e sobre todo un sitio onde evadirse despois de tantos exames e moito estrés. Nada máis chegar agardábanos a visita ao “Templo da economía”: a Bolsa, un organismo tan desexado como temido e que espertaba grande interese entre o alumnado por desvelar os seus misterios. Gran sorpresa a nosa cando nos decatamos de que este edificio só albergaba o mercado de valores dende o ano 1893 aínda que esta xa existe como tal dende o ano 1831, cando a creara Fernando VII para darlle “fume” ao país e permitir as inversións estranxeiras. Durante os seus máis de 150 anos de vida a Bolsa asistiu a booms e cracks e coñeceu ao rockefeller español: o Marques de Salamanca. Despois dun xantar reparador e xusto no momento do que sería o café, entramos no Palacio Real coma se fósemos os herdeiros da coroa mesmamente. Esta zona onde se ergue é sen dubida a máis antiga da cidade e xa foi ocupada por un edificio na época musulmá, cando a bautizaron co nome de Magrit que derivou no actual Madrid. Felipe II construíu enriba del o Real Alcázar, que foi a corte dos Austrias durante case 200 anos, ata que na noiteboa do ano 1734, xa nun estado deplorable, ardeu nun incendio. O promotor do actual Palacio Real foi Felipe V, o neto menor de Luís XIV, quen vivía luxosamente en Versalles sen ningunha aspiración a reinar ata que o testamento do seu tío-avó o rei de España, Carlos II, lle concedeu o trono. A súa chegada a Madrid con apenas 17 anos non puido ser máis descorazonadora. A cidade apenas era unha vila, severa e sucia, moi lonxe do esplendor da corte francesa. Un recordo que nunca o abandonou e lle obrigou a vivir nun constante estado de nostalxia, melancolía e tamén dunha inexplicable apatía. Viviu aínda así preto de 35 anos no antigo Alcázar. Cando era novo xogaba durante días polas ruinosas habitacións coa súa primeira esposa María Luísa de Saboia de tan só 13 anos e despois, xa de maior, seguía xogando pero agora a ser manipulado pola súa segunda esposa Isabel de Farnesio. Hai que recoñecer que o Palacio é espectacular e moito máis seguro que o Alcázar xa que foi construído sen nada de madeira para evitar outro posible incendio. Cando o cansazo empezaba a aparecer e o murmurio das primeiras queixas acariñaba os nosos tímpanos, decidimos retirarnos cara ao hotel, non sen antes pasar pola Plaza

de España e o templo de Debod. O día seguinte, e non tan cedo como o anterior, saímos cara a Toledo que precisamente neste ano está en boca de todos xa que é o 400 aniversario da morte do seu pintor máis ilustre: Doménikos Theotokópoulos máis coñecido como O Greco. Nun día espléndido e perfectamente acompañados polo noso guía Daniel, percorremos antigas rúas, visitamos sinagogas e contemplamos algunha das obras do Greco como “O enterro do señor de Orgaz” popularmente coñecido como conde aínda que no momento de seu pasamento en 1316 este título non existía pero si en 1586 ano en que foi pintado o cadro. E para rematar, o Museo de Santa Cruz ocupado en parte este ano coa exposición “El griego de Toledo”. Pola tarde, xa de volta en Madrid, visitamos o Museo Thyssen que xunto o Prado e o Reina Sofía forman o triángulo da arte de Madrid. O xoves, despois dunha longa noite de pedra como diría Celso Emilio Ferreiro, percorremos Madrid capitaneados por Ana, amena guía que ía desentrañando os misterios das distintas zonas polas que pasamos. E sen tempo para un repoñedor café entramos no museo por excelencia de Madrid e a pinacoteca máis grande do mundo: O Prado, chamado así por estar situado no que eran os prados do mosteiro de San Jerónimo. Os distintos Velázquez, Goya, Tiziano, O Bosco ...foron caendo uns tras outros ante a estupefacta mirada dos nosos “itinerantes”. E como non pode ser doutro xeito fixemos unha foto de grupo acompañando ao que seguramente sexa o mellor pintor de mundo: Velázquez. Unha instantánea que foi publicada por El Progreso. Despois de descubrir outra cousa típica na Porta do Sol, o roubo de carteiras, achegámonos a un dos órganos de goberno do noso país, o Senado. Ocupando os escanos do hemiciclo escoitamos a súa historia: como foi creado nas Cortes de Cádiz e como aproveitaron unha antiga igrexa para facer a sala de plenos. Unha sala construída ao máis puro estilo inglés caracterizado por ter dúas bancadas enfrontadas, as de veludo azul para o goberno e vermello para a oposición. Non obstante, a que se emprega hoxe é un hemiciclo de construción moderna. Chamounos tamén a atención a biblioteca, non só polo seu fermoso e chamativo mobiliario, senón tamén por ter en depósito todas as constitucións españolas. O derradeiro día pasámolo na provincia de Segovia. A primeira hora visitamos o Pazo da Granxa de San Ildefonso concibido por esa raíña manipuladora da que falamos antes pero que, a pesar de todo, amosaba un profundo cariño


50

polo seu marido Felipe V. Un rei enfermo, moi enfermo de nostalxia e apatía, o que hoxe viría sendo unha depresión, que incluso abdica voluntariamente para librarse das pesadas cargas do goberno no seu fillo Luís I, con tan mala sorte que este morre aos seis meses, e Felipe V, totalmente desesperado, ten que volver a reinar. Isabel de Farnesio intenta animalo coa construción deste palacio, onde incluso imita os tan añorados xardíns de Versalles, pero non foi capaz. O rei empeora a medida que pasaba o tempo. Críase unha ra e pasaba días enteiros aletargado na súa cama, negándose a cambiarse de roupa e a lavarse, cunhas enormes unllas coma se fose unha fera. Tan só se animaba cando se lle ocorría saír pescar, o problema era que lle gustaba facelo ás catro da mañá para desesperación da súa muller e do seu séquito quen eran obrigados a acompañalo.

Despois dun tempo libre na cidade de Segovia aproveitado para ver a catedral, alcázar, acueduto e algún que outro restaurante, partimos cara a Lugo non sen antes reencontrarnos coa nosa compañeira Carmen Lozano que agora imparte docencia por estes fermosos lugares e a que mandamos dende aquí unha cariñosa aperta. En fin, unha viaxe preciosa, moi activa culturalmente que cremos satisfixo con creces as expectativas depositadas nela e que sen dúbida foi do máis agradable grazas ao fenomenal ambiente que os nosos alumnos foron capaces de crear. Unha cordial aperta para todos os itinerantes.


51


52


53


54


55


56

XORNADAS GASTRONÓMICAS DA LUSOFONÍA


57

Cando falamos de lusofonía, referímonos ao conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués. Hai que ter en conta que existen outros países nos que, se ben non é a lingua oficial, esta é utilizada como lingua materna debido a diferentes vínculos históricos con Portugal. Tamén é importante salientar a significativa vinculación do mundo lusófono co noso propio idioma, o galego, pois son moitos os lingüistas que consideran a Galicia parte da lusofonía. A proposta, por parte da nosa titora, de facer as primeiras xornadas gastronómicas da lusofonía pareceunos unha idea moi interesante, e deste modo, comezamos unha viaxe de busca de novos sabores, novas técnicas culinarias e, en definitiva, das nosas propias raíces. Foron cuantiosos os pratos elixidos durante a nosa investigación sobre esta gastronomía, tendo que deixar moitos deles no tinteiro; aínda así, a nosa proposición final foi rica e variada, pasando por diferentes países, e polo tanto, por diferentes culturas. Descubrimos deste modo que, non importaba o lonxe ou preto que estivesen os países elixidos, entre si tiñan un interesante denominador común, unha grande riqueza gastronómica, rica, complexa e diferente, tanto na variedade de ingredientes coma nas súas propias preparacións. Finalmente, os pratos elixidos foron os seguintes: As famosas Coixinhas de Brasil e tamén de Portugal, consistentes en peituga de polo desmigada envolvida nunha masa, empanada e fritida. Adóitaselles dar forma de coxa de polo ( de aí o seu nome, xa que logo coixinha ). Sóese servir acompañada dunha salsa picante. Chamuças de Goa, pequenos triángulos dunha masa rechea dunha mestura composta por galiña, cenoria e pementos, fritida e lista para servir. Vau- tan de Timor Leste, carne de tenreira con brotes de soia envolvida tamén por unha masa. Camarao guineense de Guinea Bissau, camaróns con cebola e cogombro aderezado con salsa piripiri, zume de limón, sal e pementa. Peixe á lumbo de Moçambique, exquisito prago con cebola, tomate e pementos, acompañados por camaróns e todo adobiado co senlleiro sabor do leite de coco. Xerém tradicional con Dendém de Angola, atún con millo cociñado en leite de coco. Polbo á Santo Tomé de Santo Tomé e Príncipe, polbo confeitado lentamente en aceite con tomate e cebola, acompañado de salsa piripiri. Hap- soup de Macau, parrulo adobado con xenxibre, allo, aceite e sal, cociñado en wok con cebola. Para comelo enrólase o parrulo nunha folla de leituga. Bifes con molho de amendoín de Moçambique, filetes de tenreira cociñados con allo, cebola e tomate, para despois engadir unha mestura de cacahuetes con auga, deixar reducir e servilo con patacas doce cocidas. Como se pode aprezar, os pratos foron moi variados en canto a ingredientes e sabores, pois quixemos indagar e

experimentar na cociña portuguesa. Esta nos achega dun xeito especial ás nosas raíces, xa que, supuxo un fito de extrema importancia na evolución da gastronomía europea, que viviu un momento revolucionario a partir da xeneralización na distribución e utilización das especias na cociña, nos séculos XV e XVI. Son elas as que transforman definitivamente o xeito de entender a cociña, co que permiten iniciar novas formas de exploración de diferentes sabores e outras maneiras de combinar os variados produtos aos que a partir dese momento se empezaba a ter acceso. Este proceso de busca de novos horizontes gastronómicos, no que a gastronomía lusófona tivo un papel fundamental, ten a súa culminación nos últimos anos, coa aparición de novas tendencias que pretenden levar a preparación dos alimentos a unha nova forma de expresión artística. Achéganos a novos sabores, texturas, cores, e aplicacións dos produtos tradicionais e, en definitiva, a novas experiencias culinarias, que nos aproximan á idea da cociña como arte; e é na cociña, na que o ser humano pode combinar dun xeito máis perfecto traballo e imaxinación, tradición e innovación. A gastronomía, neste sentido igual que outras formas de expresión humana, como a literatura, a pintura, a música... inscríbese, dentro dos modos de transmisión cultural de toda sociedade, e como elo da nosa cultura, forma parte da nosa educación e das nosas raíces. Podemos considerar pois, que a cociña ten unha función social e artística determinante, xa que, ao ser a cociña unha das máis importantes manifestacións culturais de toda sociedade, nos permite superar os nosos propios límites sociais e descubrir novos mundos de sabores a través da constante reelaboración e interpretación das distintas culturas gastronómicas. Achéganos novas ideas á hora de satisfacer unha necesidade básica como é a de comer, de maneira que poidamos entender que, todo o que corre, voa ou nada é, como dicía o coñecido antropólogo, Marvin Harris, Bo para comer. A experiencia para nós foi moi enriquecedora e esperamos que esta sexa a primeira xornada das moitas que se realicen no instituto Sanxillao, posto que, aínda que a nosa gastronomía ten unha grande riqueza e é variada, sempre está ben coñecer outras, sexan de onde sexan, diferentes ou parecidas e que poidan achegar novos sabores e novas formas de cociñar. Á fin e ao cabo, a cociña non é outra cousa que a perfecta selección, combinación e preparación dos distintos alimentos que temos ao noso alcance.

2º CURSO DIRECCIÓN DE COCIÑA. Colaboración do IES Sanxillao Na revista do IES Ollos Grandes


58

LETRAS GALEGAS 2014 A Xosé María Díaz Castro Manuel María. Terra Cha. Outeiro de Rei, 1986. XXV cabodano da publicación de Nimbos.

Xosé María Díaz Castro dos Vilares: co corazón aberto cara á vida escoito a túa voz estremecida por altos, misteriosos ensoñares.

A túa mensaxe, senlleira e acendida, feita de abidueiras, nimbos e luares, renunciaciós, lembranzas e pesares: ¡é colleita de amor, fonda ferida!

¡Ouh palabra total; raigaña escura; terra humana, carnal e namorada; maravillosa luz; verdade amarga…!

Ti eres a nosa voz, sagrada e pura; a fala de Galicia eternizada: ¡carballo da Terra Cha, rocha de Parga!


59

A CHUVIA Toda a clase de 1º ESO IES “Muralla Romana” Lugo

Coma a auga que cae cada día ti suspirabas a carón miña o teu alento dáme a vida con ledicia e con dozura camiñaba paseniñamente e ti non escoitabas ¿quizais sería a chuvia o que o impedía? cada pinga que caía era unha bágoa miña. O sol non sae cada día e eu mirábate día tras día pero ti non me sorrías.


60

OS MEUS ALUMNOS

Flor Sánchez Profesora de Lingua Española e Literatura

Doces ecos do tempo alegres voces xuvenís lixeiros ventos de grácil ceda beleza Non xulguedes a miña voz cansa nin as miñas esquecidas verbas ¡Deslizade ante min as gotas do voso silencio! Sodes... a brisa cálida no medio dos altos cumes Sodes...as verbas azuis do meu buscado silencio. Sodes...as maletas da miña equipaxe de soños e tamén sodes as miñas mañás as miñas tardes e as miñas noites, Sodes novos, sodes esperanza entre mestres vencidos polas brasas do tempo e as súas nostalxias. ¡Ai a vida! declina por ese camiño vós sodes a única esperanza dun País que retrocede dun País que non avanza. Meus vellos e novos alumnos seredes sempre a flotante nube do aroma das miñas buscadas palabras.


edlg EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA LETRAS GALEGAS 2014

Penélope Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. NIMBOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.