Jolichadas

Page 1


IES Francisco Asorey

Xu単o 2009

2


IES Francisco Asorey

ÍNDICE 3– Limiar 4– Ramón Piñeiro 5– Ofrenda floral 6– Normalización 7- Biblioteca 10– Cabanillas 16– Entrevistas 19– Actualidade 20– Saídas didácticas 23– Charlas e outros actos 28– Letras galegas 31– Semana das Letras 32– Recuncho literario 35– Colaboracións 38– Investigación 42– Última hora 44– Reportaxe gráfico 48- Deportes 53– Penúltima hora 54– Pasatempos

Xuño 2009

LIMIAR Un ano máis para “Jolichadas”, un ano máis para dulcificar o corpo e o espírito. As mesmas cores luminosas que conforman estas prezadas lambonadas, irradian nas mentes dos que fan uso da palabra para contar, para lembrar, para pescudar, para crear... Porque, que sería de nós sen o pracer de degustar a seiva da dozura, a seiva da cultura?. Que a palabra non afogue no silencio. Que o silencio non poida repetirse. Que a túa voz sexa palabra, palabra pensada, palabra pronunciada. Que non esquezamos os que foron. Que existamos os que somos. Que non só vivamos nos soños, nin de soños. Que sexamos.

Dirección: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Deseño e maquetación Alberto Nogueira Varela

Para que as fontes non murchen. Para que as nubes non se mofen. Para que as pedras nos escoiten. Para que a natureza non emita lamentos, nin vinganzas, nin remorsos. Porque ti tamén es palabra.

Aurora Souto

3


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

LETRAS GALEGAS 2009

RAMÓN PIÑEIRO : UNIÓN ENTRE GALEGUISMO DE PREGUERRA E GALEGUISMO DE POSGUERRA. Este ano a Real Academia Galega, decidui que se lle dedicase o día das Letras Galegas do 2009 ó escritor, ensaista e tradutor Ramón Piñeiro. Ramón Piñeiro foi un intelectual e político galego, e unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX, clave para conseguir a contunuidade do galego tras a Guerra Civil española. Naceu nunha aldea de Láncara en 1915. En Lugo estudará bacharelato. Ingresa sendo moi xove nas xuventudes do Partido Galeguista e chegou a ser secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Loitou na Guerra Civil no bando nacional e, ó rematar esta, realizou estudos de filosofía e letras na USC. Participou tamén na reorganización clandestina do Partido Galeguista, así como na autodisolución do mesmo. Viviu durante algún tempo nos Estados Unidos, onde impartiu clase na universidade. Cando se instaurou a democracia formou parte do primeiro parlamento autonómico e foi elixido como o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega. A súa obra non é abundante e case toda “O sentimento que designa a verba saudase centra na nebulosa filosofía da saudade. Adede, é o sentimento da soidade” mais de traballos de orientación lingüísticoRAMÓN PIÑEIRO literarios. Destacan os títulos:“Olladas no futuro”(1974),conxunto de ensaios lingüístico-literarios, “Filosofía da saudade”(1984), conxunto de ensaios filosóficos onde analiza este sentimento seguindo a filosofía existencialista, poñéndoa en relación coa angustia de Heidegger. En 1967 ingresou na Real Academia galega co discurso “A linguaxe e as linguas”. Actualmente existe un centro de investigacións lingüísticas e literarias que leva o seu nome. Non hai que esquecer que foi un dos grandes impulsores da editorial Galaxia, fundada en 1950. Ademais deu lugar a unha tendencia denominada piñeirismo. Ramón Piñeiro buscaba a reflexión sobre a realidade galega e a súa proxeción exterior tanto coma a incorporación da cultura que se producía fóra das nosas fronteiras ao pensamento galego.

Por esta gran actividade e vida posta ao servizo de Galicia, despoxando ó galego do seu compoñente político para centralo no seu compoñente cultural, dedícanselle este ano as letras galegas a unha das figuras máis salientables da nosa cultura. Ángela Francisco Chaves 2º BAC B

4


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

LETRAS GALEGAS 2009

OFRENDA FLORAL EN CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS Todos os anos desde 1963 celébrase en Galicia o Día das Letras Galegas, recordando así a data do Rexurdimento da nosa Literatura, xa que alá polo 17 de maio de 1863, Rosalía de Castro publicou o libro que daría inicio ao renacer das nosas letras: Cantares Gallegos. É costume e tradición en Cambados, festexar o noso día lendo poemas, relatos ou incluso fragmentos de ensaios diante do monumento a Cabanillas, no paseo da Calzada. Colaboran todos os centros da vila, tanto colexios coma institutos. Como non podía ser menos, este ano tamén participamos tanto na ofrenda floral como na lectura de textos. Homenaxeabamos, como sabedes, a Ramón Piñeiro, do ALUMNOS PARTICIPANTES NA OFRENDA FLORAL

ANDREA FALCÓN LENDO O POEMA

que xa coñecedes algo máis grazas ao exporto na páxina anterior. Como ademais tamén celebramos o “Ano Cabanillas”, o IES Asorey optou por ler o poema que o insigne escritor adicou ao gran escultor cambadés que dá nome ao noso centro, Francisco Asorey. O poema foi lido por unha alumna de 1º ESO A, Andrea Falcón Leal . Fíxoo moi ben e leu alto e claro. Entoou con moita adecuación. Ao final da lectura de textos, disfrutamos da actuación dun grupo folclórico e a máis, puidemos ver os paneis que elaboraran os centros educativos de Cambados dedicados a Ramón Piñeiro. Unha fermosa experiencia.

A. F. ASOREY ¡Ditoso o que se sabe guiar polas estrelas! Dítoso tí que nado baixo o feitizo delas atopache o sendeiro e acertache a voar co corazón a arder, nos beizos un cantar! Cuberto das silveiras e as edras silenzosas, a céltiga roseira morría sin dar rosas. E surdéu PICARIÑA, o gomo milagreiro criado coa tenrura do cariño primeiro; e na mesma ponliña, fillas do mesmo amor, o sol de cada Maio puxo unha nova fror, até que o derradeiro, abrindo a Edade de Ouro, florecéu por enteiro na rosa de o TESOURO. Ditoso o que se sabe guiar polas estrelas! ¡Ditoso o que no fondo das íntimas arelas encontra a nova Vida e a misteriosa traza dos místicos ensonos da súa enxebre Raza! Bendito tí que soio, na noite escurecida, forxando a chave de ouro dende Mateu perdida, guiado das estrellas, soupeche eternizarte abrindo a Porta-Santa da Catedral do Arte!

R. CABANILLAS CARICATURIZADO POR D. DOMÍN

Ramón Cabanillas

5


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO INSTITUTO O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey puxo en marcha para todos vós distintos proxectos co ánimo de fomentar o uso da nosa lingua entre toda a comunidade educativa. Comezou buscando un lema que lucira radiante nos taboleiros de Normalización durante o curso 2008/09. Despois dunha fase de concurso gañou o lema “O galego é teu, non te prives”, de Aldara García de 2º ESO A. Intentou, xunto cos responsables da Biblioteca, que vos afeccionásedes ao marabilloso mundo da lectura, poñendo á vosa disposición un “tendedeiro” no que puidésedes ir colgando pequenas sínteses de obras lidas por vós, coa intención de animar á lectura das mesmas a todos/as aqueles/as que se interesaron nas fichas que penduraban dos cordeis. Participamos a nivel comarcal no concurso de lemas e pegatinas e na revista Enormic Banda, na que se publicaron traballos de dúas alumnas do centro, María Grandal Otero, de 4ºESO, co traballo titulado, “Alerquín, Colombina e tamén Pierrot” e Raquel Trigo de 4º ESO con “Unha de zapatillas”. Continuamos, sempre coa axuda inestimable doutros departamentos e dos profesores que traballan a prol da Biblioteca, participando nos concursos que se levaron a cabo así como en saídas didácticas, asistencia a obras de teatro, contacontos e incluso un intercambio con alumnos de Salceda de Caselas. TABOLEIRO DE NORMALIZACIÓN. UNHA Foi un curso intenso, de moita actividade. Esperamos INICIATIVA PARA DAR A COÑECER AS que fora do voso agrado e que todo o que fixemos NOVIDADES NESTE EIDO sirva para que vos lancedes a falar un pouco máis na lingua do país

O TENDEDEIRO DA LITERATUA PRETENDE SER UNHA GUÍA DE LECTURA A TRAVÉS DAS OPINIÓNS DOS LIBROS LIDOS POLOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

UNHA DAS ACTIVIDADES DE NORMALIZACIÓN, EXPOSTAS NUN DOS TABOLEIROS.

6


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

A NOVA BIBLIOTECA ASOREY

A biblioteca do IES ASOREY está a vivir nos dous últimos cursos un proceso de dinamización imparable co que busca converterse nunha nova biblioteca máis próxima ás necesidades dos usuarios e máis polivalente nos servizos que presta. O primeiro paso foi dotar á biblioteca dun nome e dun logotipo, que fortaleza a súa identidade no centro e permita identificala en documentos, actuacións e actividades. Unha das actuacións máis necesarias era a mellora no mobiliario, organización espacial e aspecto da biblioteca para conseguir facela máis cómoda e acolledora como espazo de lectura e estudo. Por iso foron dispostos tres espazos: unha “Zona de lectura” con catro cómodos sillóns; unha “Zona de ordenadores” que terá antes da fin de curso unha nova mesa e oito equipos informáticos; e a “Zona de estudo” na que está previsto substituír as mesas actuais por outras planas de catro usuarios. No eido do aspecto, a biblioteca incorporou elementos decorativos e funcionais, como un reloxo, unha caixa de suxestións, dous atrís, unha cortina negra na porta de entrada e dous taboleiros (un exterior e outro interior).

IMAXE DO NOVO LOGO DA BIBILIOTECA

O traballo de xestión básico na biblioteca é o proceso de fichado dos novos fondos e de préstamo ós usuarios utilizando o programa MEIGA, que comparten todas as bibliotecas escolares de Galicia. Neste eido o pulo definitivo cara á informatización foi fundamental. Na actualidade todos os alumnos contan cun carné da biblioteca e o préstamo faise de xeito informatizado, xa que a base de datos dos alumnos e profesores están incluídos no equipo informático da biblioteca. Unha actividade fundamental nunha biblioteca é a “Formación de usuarios” para dar a coñecer a organización e o sistema de catalogación dos libros. Para conseguir este obxectivo organizáronse dúas actividades lúdicas con todos os alumnos de secundaria que consistían en localizar un libro ou película mediante pistas dispersas entre os fondos da biblioteca que debían ir interpretando e completar unhas fichas cos datos básicos de libros ou películas. Ademais, esta formación de usuarios foi apoiada coa edición dun folleto explicativo do funcionamento do préstamo, as normas da BE e a disposición e etiquetado dos fondos.

UN ANTIGO RELOXO MARCA AS HORAS DE ESTUDO

Desde comezo de curso implatouse un “Tempo de lectura diario” de 15 minutos no horario escolar, (12:15-12:30) no que os alumnos podían ler un libro escollido libremente. Este “Tempo...” foi aprobado pola Comisión de Coordinación Pedagóxica, o Consello Escolar e o Claustro de profesores. Esta medida innovadora serviu como elemento de introdución da lectura como hábito na vida académica cotiá do centro. Así mesmo, nesta política de fomento da lectura, varios profesores de Linguas implicáronse na posta en marcha dun Club de lectura no que participaron un total de 50 alumnos de 1º, 2º e 4º de ESO e Módulo III e IV de EPA.

A ampliación dos fondos da biblioteca buscou ampliar e mellorar dúas das seccións máis utilizadas polos alumnos: a literatura xuvenil en galego e en castelán. Por outra banda, buscouse potenciar considerablemente dúas seccións que están tendo moito éxito entre o alumnado: as películas en DVD e os comics.

7


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

A NOVA BIBLIOTECA ASOREY Entre as actividades que desenvolveu a biblioteca durante todo o curso, a que máis alumnos mobilizou foi a do “Taboleiro exterior”. Cada día un grupo de alumnos seleccionaba unha nova, unha frase e unha imaxe e colocábaas no taboleiro. Por esta actividade, que tivo unha extraordinaria aceptación, pasaron case todos os alumnos de secundaria e bacharelato. Ademais, cada día, os atrís da biblioteca mostraban libros abertos como unha maneira de dar a coñecer os ricos e variados fondos da biblioteca. No curso sucédense as celebracións e a biblioteca participou de diferentes xeitos nestas. Nas celebracións do SAMAÍN E HALLOWEEN (cos Departamentos de Inglés, Lingua galega e Latín e Grego, así como o de Normalización Lingüística) a biblioteca transformouse nun espazo para o terror cunha exposición de libros de medo e cunha ambientación estética a base de candeas, arañeiras e unha cortina negra. Ademais colaborouse no festival, que inclúe un concurso de cabazas decoradas, convocando un concurso de relatos de terror representados, lidos ou proxectados en vídeo que alcanzou NOVO MOBILIARIO E UNHA FORMA DISTINgran calidade. TA DE ACHEGASR OS LIBROS AO LECTOR SON SÍMBOLOS DESTA BIBLIOTECA Na promoción da escrita como elemento de achegamento á Literatura a biblioteca convocou, sempre en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística que dirixe Rocío Fondevila, varios concursos literarios : Concurso de relatos de Nadal, Concurso de contos sobre o amor no Día de San Valentín e a 2ª edición do certame de microrrelatos no “Día do libro”. Neste último caso todos os alumnos de ESO e 1º de Bacharelato acudiron á BE para escribir, desde 13 comezos suxeridos, o seu texto. Proximamente sairá do prelo o 2º volume de Historias minguantes, cos textos seleccionados. SALTA Á VISTA QUE SE TRATA DUN SITIO ESPECIALMENTE CÓMODO E AGRADABLE

O Equipo de Normalización Lingüística puxo en marcha iniciativas nas que participou a biblioteca como o “Tendedeiro dos libros” no que os rapaces penduraban fichas nas que escribían unha recomendación dun libro.

Son moitos os proxectos para o vindeiro curso depois dun ano centrado na mellora da xestión, organización e ampliación dos fondos. Feita xa a dinamización da biblioteca, haberá que afrontarse á dinamización desde a biblioteca da vida lectora e cultural do centro. Nesta tarefa está empeñado un equipo de profesores formado por Alberto Nogueira, Ana Barba, Ana Blanco, Atala Paredes e Fernando Tomé.

8


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

A NOVA BIBLIOTECA ASOREY

ESCOLMA DE RELATOS MINGUANTES Esta é unha selección de catro dos microrrelatos que serán publicados no segundo volume do certame de microrrelatos “Historias minguantes” que convoca a Biblioteca Asorey e o Equipo de Normalización Lingüística. Eu era entón moi novo, moi pobre e estaba moi namorado. Ela era perfecta, loira de ollos azuis, que podía esperar de algo así? Nin o meu nome sabía. Ela ollábame, pero non sabía moi ben que se reflectía na súa mirada. Tal vez unha nota no seu caderno... Non!... “direillo á cara” repetíame unha e outra vez, pero cando o ía facer... voltábame atrás. Acordeime dos meus dotes coa guitarra e comecei a facer unhas liñas que soasen coa intensidade do seu sorriso e a dozura da súa cara. Arrisqueime e, para abraiala, esperei a atopala no parque onde eu sabía que ía pasear todos os días. Tan pronto como a vin, agarreina da man sen que o silencio se rompese e senteina ó meu carón. Ela quedou queda. Agarrei a guitarra e comezou a soar, xunto coa miña voz ao compás. Ela non dicía nada, pero esta vez sorprendeume a súa mirada... parecía dicirme algo... sentíame un Enrique Iglesias nese intre. Eu era entón moi novo, seguía sendo moi pobre e estaba felizmente agarrado a ela. Ah! Por certo, chamábase Marta. Melania Varela 1ºBach A

Asasina! Esperten, esperten! E saiu coma un lóstrego cara á porta. Estaba só a dous metros, un metro, medio metro… Parou, quedara petrificado diante da porta, sen poder pasar. Que pasa? Non o sabía. A asasina seguía alí, sen inmutarse, nin sequera se movía, pero sabía que fora ela a que impedía que os seus músculos reaccionaran. Sabíao. Dei a volta lentamente, sabendo que estaba no medio dunha decisión crucial, un paso: a vida; outro paso: a morte. O meu corpo xiraba en sentido contrario que o cerebro. Alcei os ollos e soou un forte ruído. Caín cara a atrás, sabendo que non tivera opción, non quería vivir sen ver outra vez a faciana da asasina, así que recibín a morte. Estela Chaves 3º A

Eu era entón moi novo, moi pobre, e estaba moi namorado. E a vida dá tantas e tantas voltas que agora que teño os meus anos son moi vello, moi rico e estou moi só. Ángela Lago 4º C

Dezaseis de xullo de 1833. Este é un memorable aniversario para min. Hoxe cumpro trescentos vintetrés anos! Aínda que hai trescentos que morrín. Pero axiña estarei vivo. Con estes 300 anos no ceo, chegou a hora de resucitar, de reencarnarme noutro ser. Pero cal? Xa que morrín home, nacerei muller? Si, unha muller moi feitiña. Xa é media noite. Teño que ir voando á nube principal para descender á Terra. Pero, que pasa? Por que se ve todo en branco e negro? Que son esas ganas de perseguirme o rabo? Oh, oh…! Reencarneime nun can! Paula Alba 2º C

9


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE

O 2009 vaise converter no ano conmemorativo do 50 cabodano de Ramón Cabanillas. Son e serán moitos os actos en homenaxe á figura ilustre do poeta por parte de distintas institucións e asociacións. Imos comentar aquí algunhas delas nas que participou o IES Francisco Asorey.

A Asociación de Ensinantes do Salnés, Candea, presentou aos centros da comarca, un proxecto de traballo co motivo do 50 cabodano do escritor cambadés Ramón Cabanillas. Tratábase dun traballo en conxunto que se levaría a cabo en dúas fases. Nunha primeira elaboraríase en cada centro participante un panel que versaría sobre algún motivo da obra de Cabanillas. A elaboración comprendeu o primeiro trimestre do curso. A comezos do 2º editaráronse todos os paneis e comezouse en febreiro unha exposición itinerante por todos aqueles centros que o solicitaron. A segunda fase do proxecto comprendeu todo o curso 2008/09 . No curso actual preparouse un tema sobre a obra de Cabanillas que formou parte, a posteriori, dun libro conxunto que contén os traballos de todos os centros participantes.

PANEL REALIZADO POR LORENA ACHA E ANGELA FRANCISCO (2ºBACH B)

A realización dos traballos comprendeu desde outubro de 2008 ata maio de 2009. A presentación conxunta dos mesmos, tivo lugar o mércores 20 de maio de 2009 no colexio de Santo Tomé. O IES Francisco Asorey participou coa elaboración dunha serie de traballos para o libro levados a cabo por alumnos de 4º ESO, 2º de Bacharelato e 1º de ESO e dun panel sobre a materia de Bretaña, que tan fecunda foi para o poeta.

LIBROS, FOTOS E TEXTOS DE RAMÓN CABANILLAS EXPOSTOS DURANTE TODO O CURSO NO VESTÍBULO DO INSTITUTO

10


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE Co motivo da homenaxe presentamos esta breve reseña sobre a poesía narrativa do grande poeta do noso pobo. O cambadés Ramón Cabanillas é unha das figuras principais da literatura galega de principios do s. XX. Nun primeiro momento aparece como a voz poética que se precisaba para converterse no poeta do agrarismo e máis tarde , do nacionalismo das Irmandades da Fala. En Ramón Cabanillas conflúen a tradición dos poetas do s. XIX, Rosalía, Curros e Pondal, coas novas tendencias literarias que comezaban a agromar naquel tempo. Escribirá poesía lírica, cívica, costumista e narrativa. Son moitas as súas obras, algunhas delas: No desterró, Vento mareiro, A rosa de cen follas, Camiños no tempo, Versos de alleas terras e de tempos idos … Ímonos centrar neste pequeno traballo na poesía narrativa. Moi próximo aos postulados do Grupo Nós, Cabanillas creará un poemario orientado cara á recuperación das raíces e a creación de mitos, como xeito de mobilizar a conciencia colectiva do país. Así nacerá Na noite Estrelecida (1926), obra na cal o poeta recupera os temas da materia de Bretaña: as lendas do rei Artur, os cabaleiros da Táboa Redonda ou a procura do Santo Graal, situando a acción en Galicia e dotando a historia dun forte sentido cristián, elemento este que o autor consideraba como definidor de Galicia. A obra desenvolve a temática artúrica consonte aos postulados das Irmandades da Fala e coa visión de Vicente Risco en defensa dos valores espirituais e materiais do atlantismo galeguista. O poemario consta de tres sagas: “A espada Escálibur”

Na catedral lexendaria de Carleón, xúntase o pobo na noite de Nadal para a súa celebración. Nun clima de devoción relixiosa, resonancias heroicas e presaxios sobrenaturais, aparece Merlín,que presenta a espada Escálibur e proclama a súa procedencia galega. Deixando a espada no chan, anuncia a condición para ocupar o trono vacante. Os cabaleiros máis destemidos esforzaranse sen resultado. Cando Artur realiza o prodixio, descríbese unha situación gozosa e esperanzadora e, dentro dela, alúdese ao título do libro. De seguido, preséntase a Táboa Redonda coas súas connotacións heroicas e relixiosas. A aparición de Guanhumara conleva presaxios negativos para o trono e o pobo céltico. A saga remata coa partida da aguia que, voando no ceo, evoca o sinal da cruz.

Nun limbo luminoso surde o bardo adiviño, envolveito en brancuras recendentes de liño, ollos gazos, profundos, longa barba florida, cingue a frente coas hedras da coroa druída e na man, que reloce como un lirio bendito, ten a fouce de ouro do litúrxico rito, a fouce segadora da mandrágora, ó raio de feitizo e de agoiro dos luares de maio. É Merlín o profeta, o celta armoricán, dos silfos e das lumias ollado por irmán…

11


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE “O cabaleiro do Santo Graal” Comeza tamén nunha noite de Nadal. O rei Artur senta á mesa cos seus cabaleiros para encomendarlles a súa misión: a procura do Santo Graal. O posto reservado para Galahaz, o “esperado”, está baleiro ata o momento do xuramento. Altamente idealizado nas súas virtudes cabaleirescas e relixiosas, Galahaz preséntase sen armas, lucindo tan só no seu peito a cruz de Cristo. Parten os cabaleiros artúricos por separado, e, en sucesivas probas, Galahaz vai recibindo as armas. Xa armado, diríxese ao Cebereiro, Monsalvat, onde rende a súa espada. Neste momento realízase o seu destino ao atinxir o misterio do Santo Graal.

Bicado da recendente soavidade da mañán, o escudo da cruz vermella cinguido polo brazal, espora de ouro calzada, lumiosa espada na man, o corazón esforzado, aceso e limpo de mal, costa riba, mentres zoa no vento maino e livián de segreda campaíña o tanguido de cristal, rube o nobre cabaleiro, no seu soño a cabalgar, a montaña milagreira do CEBREIRO- Monsalvat. “O sono do rei Artur” Iníciase cunha prácida e gozosa descrición de Gales: os tempos felices das profecías de Merlín son chegados e a paz dos espiritos proxéctase nunha natureza paradisíaca. Nun perfecto círculo pechado, a espada volve á catedral de Carleón de onde partira. Chega Galahaz ás portas de Camelot e preséntase ao rei Artur, que o recibe ensumido xa nun sentimento de saudade que anuncia o afastamento deste mundo. Artur despídese de Caledonia anunciando a gloria do pobo celta para os tempos vindeiros. Chega unha nave misteriosa guiada por unha fermosa doncela e gardada por cisnes esguíos, nos que Artur identifica a egrexios cabaleiros. Despídense Artur e Galahaz e embarca Artur na nave, que pon rumbo a Galicia. Despois dunha viaxe de tres días e tres noites chega ao seu destino. Así remata a saga e o libro cunha profesión de fe no futuro da raza celta

12


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE

A alma voadora fugitiva do mundo, Rei Artur esvaera nun repouso profundo, e nas azas dun sono de escura vaguedade caíra alén dos tempos na infunda soedade, mais do rubí da chaga que no seu peito ardía, ledizosa fragancia nos ares recendía. E entón houbo no ceo miragreiras siñales. Craríns, voces e sinos resoaron trunfales e a entrada da furna, a un mandado segredo, foi cuberta e zarrada por xigante rochedo no que, chave dos tempos, a man da Saudade labarada a verba xurdia do consolo: ¡ESPERADE!

Traballo de: Antía Viñas e Bárbara Vieites, 4º ESO C 13


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE O ASOREY MIRA A CABANILLAS GRAZAS A UNHA BIOGRAFÍA EN IMAXES REALIZADA POLA PROFESORA MARIBEL IGLESIAS BALDOMERO Con motivo do cincuenta aniversario da morte do Poeta da Raza, Ramón Cabanillas, Maribel Iglesias Baldonedo, profesora de Xeografía e Historia no noso centro, sacou ao mercado unha biografía en imaxes do autor. O libro fai unha viaxe a través da vida do grandioso poeta, dende que comeza a andar ata que remata co seu pasamento. Nesta viaxe imos vendo e coñecendo, grazas a multitude de fotos, un pouco máis dos segredos de don Ramón. Todas as fotos acompañadas do seu propio pé de foto e por suposto dunha explicación do tema a tratar, e por si non chegase con iso, para amenizar a nosa viaxe, de cando en vez, podemos ler un poema do autor. Con isto, tamén hai multitude de fotos de documentos, xornais e diversas postais mandadas por Cabanillas dende Cuba. Ramón Cabanillas á parte de ser un gran artista e un cambadés notábel, era home de moitos amigos e no libro tamén se fai referencia a estes, aos que Cabanillas dedica algún poema ou postal ou escribe algunha carta, entre os que están Castelao, Bóveda, Ramón Piñeiro ou Otero Pedrayo entre outros moitos. Este libro ábrenos unha porta á vida do noso veciño logo de cincuenta anos da súa morte, e mentres Cambados siga sendo ese “probe e fidalgo, e soñador” Ramón Cabanillas seguirá entre nós. E non queremos esquecer mencionar a nosa gratitude a Maribel por facer tan completo e ameno libro, coa axuda de oito ex-alumnas do IES Francisco Asorey.

MARIBEL IGLESIAS CUN EXEMPLAR DO SEU LIBRO NA PRESENTACIÓN DESTE 14


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE ENTREVISTA A MARIBEL R- Foi doada a recolección de tantos e tan diversos documentos? M- Foi moi traballosa, durou máis ou menos un ano e medio; tiven que moverme por moitos sitios, aínda que Adela (mestra de Naturais neste instituto) axudou moito coas fotos e algo tamén a rede de museos do concello de Cambados; e logo como non a familia de Cabanillas, sobre todo a súa neta Pitusa Vidal. Tamén me despracei á RAG da Coruña, ó museo de Pontevedra e a unha fundación de Vigo.

mento máximo de ter rematado o teu libro? M- Ben, Cabanillas é un poeta que me gusta moito, e grazas a isto conseguín entender mellor a súa poesía, como expresaba, como sentía e iso gustoume moito. A que se debeu a creación deste libro? M- Non sei se recordades o libro que fixemos sobre a historia de Cambados con profesores deste instituto, na cal por suposto saía moito Cabanillas e quedeime con ganas de querer saber máis e así o fixen.

R- Como experiencia, gustoulle, aínda que fose por uns momentos, formar parte en certo modo R- Cal foi a dificultade de ordenar de xeito crono- da vida de Ramón Cabanillas? M. Si, moito. (Como se ve, sobran as palabras). lóxico todo o anterior? M- Non houbo problema, o que si me custou foi identificar as persoas das fotos, o que fixen foi reco- R- E para rematar non podía faltar esta prerrer á prensa e tamén preguntarlle á xente. gunta. Que é para ti Ramón Cabanillas ? M- Un grandísimo poeta, a nivel universal, cunha calidade inmensa. De feito ten un libro con versións R- Como foi a experiencia de traballar co alumde poemas de poetas universais como por exemplo nado? M- Ben. Sobre todo foi na parte inicial, xa que eran poden ser Marcial, un poeta latino ou Safo unha poetisa grega. E o que me sorprendeu e que non desmealumnas de 2º de Bacharelato e non deu tempo a rematalo nun curso xa que se foron e tiven que rema- recen. Á parte Cabanillas tiña unha personalidade talo eu soa. A experiencia moi ben, xa traballara con moi humana, era moi sinxelo e tivo unha vida moi dura, moi difícil e xusta de cartos, xa que a literatura algunhas no libro de Cambados que dixen antes. Sobre todo fixemos moitas saídas por Cambados e o non daba para vivir ben. E Ramón Cabanillas non tiña nada crido o de ser poeta. que máis lles gustou quizais foi a visita á neta de Cabanillas, á súa casa... Ramón R. Nogueira 1º BAC B R- E agora para variar un pouco van unhas preguntas cun aire máis literario... Cal foi o senti-

A NATUREZA NOS POEMAS DE CABANILLAS Os grupos de 1º ESO partindo dunha selección de poemas de Ramón Cabanillas estudamos os meses e as estacións, o vocabulario relacionado co tempo, a paisaxe, os animais e plantas, os costumes de cada época do ano... E aprendemos que o poeta cambadés expresou mellor que ninguén nos seu versos o latexo da vida no decorrer do outono, o inverno, a primavera ou o verán

X A N E IR O Tr isteir o, m ud o , o p aisax e. H irta, do en te fr iax e n o air e r eve. En f alerp as, silen zo sa, co m o f o lliñ as d e r os a cai a n ev e... ( ... ) F o to : Ivá n G ó m e z ( 1 º E S O A)

15


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

ANA DIOS AMEAZA CON VOLVER….. QUE CUMPRA Co motivo da marcha do noso centro o ano que vén, fixémoslle unha entrevista a Ana Dios, unha das actuais profesoras de música (de ESO e Bacharelato). Cantos anos levas ensinando música? Seis anos, este é o sexto. Como te decidiches por ser profesora? A ver, primeiro a min sempre me gustou a música. Meus pais metéronme no conservatorio de pequena e empecei co piano, e gustábame moito o piano e a música clásica. Sempre quixen facer unha carreira relacionada coa música, e fixen maxisterio de educación musical e musicoloxía. En maxisterio as prácticas eran obrigatorias, e cando fixen prácticas, foi cando me din conta de que me gustaba ensinar; e ata ese momento non decidira ser profesora. Que anécdota recordas cos teus alumnos? Unha vez fun a un concerto a Santiago cos alumnos, e coincidiu que estaba tamén a miña irmá xemelga cos seus alumnos. Os alumnos nin sequera sabían que eu tiña unha irmá e dicían “Pero que pasa aquí? Hai outra profe exacta a Ana!” Cantos anos levas neste centro? Aquí levo cinco anos, e estiven un en A Coruña. Como era o instituto antes e agora? Que cambios son os máis significativos? En cinco anos pouco puido cambiar, pero sobre todo a dotación musical. Agora na aula de música hai moitos instrumentos, temos un portátil, un proxector... Como definirías a túa experiencia e anos neste

centro? Hipergratificante e moi enriquecedora. Que te levas do teu paso polo Asorey? Moi bo recordo dos alumnos e das clases, moitas ganas de seguir traballando e moitos bos compañeiros, que algúns se converteron nun grupo de amigos. A onde vas traballar agora? A Lalín, a comer cocido (jeje). Que te levou a cambiar de centro? Simplemente que levaba tempo querendo ir vivir a Ourense, pero sempre digo que se puidera trasladar o centro alí, faríao. E por último, que será o que máis botarás de menos? Os pitillos dos recreos, os cafés de Isa, os ensaios polas tardes (jeje)... Son tantas cousas que é difícil elixir. E o que menos? Gustaríame pensar en algo, pero é imposible, non me iría nin tola de aquí! Ana Corbelle 1º BAC B

ENTREVISTAMOS Ó HOME DOS TICS, PERDÓN DAS TICS: XULIÁN P. Cal é o teu papel na introdución no Asorey das novas tecnoloxías? R. Dinamizar e impulsar o uso das TIC no centro, o cal se traduce en facer que os equipos informáticos e audiovisuais do centro estean dispoñibles para o uso óptimo por parte da comunidade educativa do centro. P. Gústache esta nova iniciativa? Por que? R. Si, xa que creo que as TIC teñen moito potencial e que este se pode aplicacar no ensino para facelo máis didáctico e atractivo, como o demostran as iniciativas dos compañeiros do centro. P. Que cousas boas cres que poden proporcionar? R. Como dicía antes, as TIC poden axudar moito na impartición dos contidos educativos, xa que permiten mostrar dunha maneira atractiva para os alumnos a información. Ademais hai software, páxinas web, blogs, etc, que axudan a asimilar os conceptos. P. A quen se lle ocorreu esta idea? R. O decreto que regula a ESO indica que o centro debe elaborar a implantación dun plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación. De todas formas no centro xa estaban bastante implantadas as novas tecnoloxías antes de que fose obrigado por lei.

P. Segundo a túa opinión cres que esta iniciativa de introducir no Asorey novas tecnoloxías foi ben acollida polos alumnos e polo resto de profesores que no teñen nada que ver? R. Na miña opinión as novas tecnoloxías teñen moi boa acollida no centro, xa que os profesores están facendo un esforzo moi grande para adaptarse a elas, e coa súa axuda facer as clases máis atractivas e eficaces. Polo que respecta aos alumnos, que vos criastes na súa compaña, a acollida é boa, e ademais seríavos moi complicado vivir sen elas, que fariades sen móbil, sen internet, sen emule, sen messenger,...? Sabina Casalderrey 4º ESO C

16


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

MANUEL , O DE VILARDEBÓS, E ANDRÉS, O DE RIBADUMÍA ,XUBÍLANSE Con motivo da xubliación de Manuel, mestre de Historia e Xeografía e Andrés, mestre de Física e Química fixemos este par de entrevistas para coñecer un pouco máis a estas dúas persoas, que deixarán unha pegada indeleble en todos aqueles que pasamos polo Asorey MANUEL: Cantos anos levas ensinando historia? M- Non sei xusto, pero empecei en San Tomé… 14 anos… máis 11 anos… pois sobre 25 anos. Como te decidiches a ser profesor? M- Porque en Ourense non había outra solución. Non é que me gustara moito, pero agora estou encantado e vívoa demasiado intensamente, xa me coñecedes. Unha anécdota que recordes cos teus alumnos? M- “Madre mía”, hai cantidade. Dende aquel que me escondeu o reloxo e non me dixo nada e despois escondeuno nun armario (sería porque pensou “Este ogro…”); ata agora que nalgún exame hai anécdotas que non sei se son de chorar ou de rir. Cantos anos levas neste centro? M- Pois sobre 11 anos, dende o curso 97-98. Como era o instituto antes e agora? Que cambios son os máis significativos? M- No aspecto físico é fácil de ver; hai aulas novas, máis ben un edificio novo, quitáronnos aulas porque as necesitaban MANUEL CO ENTREVISTADOR NA PORTA os de ciclos… Mellorou moitísimo, hai DO INSTITUTO máis material, as instalación melloraron… en todos os sentidos. Que te levas da túa experiencia no Asorey? M- Puff… cousas boas, experiencias boas, recordos bos… aínda que as cousas un pouco desagradables olvídalas e acabouse. Con tanto tempo libre, a que o vas dedicar agora? M- Vai ser un problemón. Irei máis á miña aldea, que son un namorado dela; farei algo de informática, xogarei a partida no bar e cos amigos, pasear… DISFRUTAR. Como definirías a túa experiencia e anos neste centro nunha soa palabra? M- Interesante Que foi o mellor e o peor da túa carreira como profesor? M- O mellor ir ao País Vasco. Foi malo ao principio (fun como interino), como manterme foi un pequeno trauma ao vivir eu só, polos meus pais sobre todo. Pero despois estaba encantado, fun moi feliz alá. Por último, en comparación, como está a educación de agora coa da túa época de estudante? M- Uiii… ai non sei que che diría de como está a educación. Mellorou moitísimo: a preparación do profesorado, os medios, os edificios… Antes faltaba de todo. Era máis ríxida, máis severa. A modo de anécdota, no seminario castigáronme de xeonllos de noite por falar galego, dende aquela non dixen case ningunha palabra en castelán. Supoño que como reacción a isto… Ramón R. Nogueira 1º BAC B

17


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

MANUEL , O DE VILARDEBÓS, E ANDRÉS O DE RIBADUMÍA ,XUBÍLANSE ANDRÉS: Cantos anos levas ensinando Física e Química? 35 anos… Como te decidiches por ser profesor? Por casualidades da vida porque ás veces non se sabe. Unha anécdota que recordes cos teus alumnos? Tantas que non sei… dunha vez cando era xove, puxéronme alfileres na cadeira, pero a intuición díxome que ese día non debía sentar na cadeira, polo tanto foi unha frustración da que nos rimos moito. Cantos anos levas neste centro? No centro… 15…16… xa non os conto… Como era o instituto antes e agora? Que cambios son os máis significativos? Agora hai máis itinerarios académicos, máis alumnado, e tamén moito máis participarivo que ao principio… Que te levas da túa experiencia no Asorey? Moi positiva, con todo o mundo. Con tanto tempo libre, a que o vas dedicar agora? Non vou ter tempo libre ningún. Seguirei aprendendo e farei de todo coma sempre, seguirei sen tempo pero conquistareino. ANDRÉ E A ENTREVISTADORA FACENDO A ENTREVISTA Como definirías a túa experiencia e anos neste centro? Boa. Un centro moi dinámico como a min me gusta, con alumnado moi bo e un profesorado moi participativo, todo isto lle dá unha característica moi diferenciadora e a aprendizaxe é moi “sabrosa”, como debe ser. Que foi o mellor e o peor da túa carreira como profesor? O mellor, estar contento co que fas, mantendo sempre criterios de igualdade e xustiza, tratando sempre ao alumnado con respecto e ao mesmo tempo procurando o máximo ben para eles. Esa é unha obriga da miña profesión. O peor é non saber se o conseguiches. Por último, en comparación, como está a educación de agora coa da túa época de estudante? Moitísimo mellor, non comparto o criterio dominante de que “ antes a educación era mellor”, penso que iso non é así, antes a educación tiña un enfoque totalmente direccional, dominante e non participativo, que non comparto. Por último quería dicir que moi ben pola entrevista, pero por vós. Grazas Cármen López , 1ºBAC B

18


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

ACTUALIDADE

A GRIPE PORCINA OU GRIPE A A gripe porcina tamén coñecida como gripe A, ou gripe H1N1 é unha afección respiratoria moi contaxiosa dos porcos que deriva doutras enfermidades similares destes animais. Transmítese por aire ou por contacto directo e os seus efectos son máis o propio contaxio que a mortandade, pois non é unha enfermidade mortal nen moito menos. Esta gripe non é nova pois xa se deron casos de contaxio humano en persoas que tiñan contacto directo e continuado en granxas con estes animais, pero a diferenza doutras ocasións esta vez a novidade foi o contaxio de persoas que non tiñan esa relacion, ata chegar ó punto de haber contaxios de persoa a persoa. O maior numero de casos e mortes provocadas por esta enfermidade produciuse en Mexico (uns 2500 casos de contaxios confirmados ), país que se ten como punto de partida do virus pois foi o primeiro en dar a alerta ás autoridades sanitarias deste novo brote. Seguindo a Mexico están os Estados Unidos e Canada con 141 e 34 casos respectivamente. España sitúase como cuarta zona máis afectada con 13 casos confirmados e 116 en estudio. Estes son datos a dia 1 de Maio de 2009, e a medida que pasen os dias iranse facendo novas enquisas e confirmaranse novos datos polo que só son cifras aproximadas. Tamén se recoñeceron casos en moitos outros países como Reino Unido, Austria, Israel, Alemania, Suiza, Holanda, Dinamarca, Hong Kong ... A pesar da alerta xeral non debemos esquecer que tamén morre xente con casos de gripes comúns, e manexando datos como os dos EEUU, que soe ter uns 200.000 casos dos cales uns 36.000 teñen un final tráxico pois só cabe dicir que este novo brote non é tan grave pois a penas hai 2 falecidos pola gripe porcina nese mesmo país. A pesar da pouca mortandade e o fácil tratamento da enfermidade encontrámonos con reaccións desmesuradas dalgúns países como China ou Rusia que ignorando as autoridades internacionais decidiron tomar medidas como aillar os viaxeiros mexicanos ou como no caso de Rusia prohibir a importación de produtos porcinos procedentes de países considerados de risco, como é o caso de España. Tendo en conta o numero de falecidos ata o momento pódese dicir que a peor parte a levou a economía mexicana, pois sendo como é un país no cal o turismo é un dos eixos centrais a noticia que se propagou por todo o mundo de que Mexico é a sede da gripe paralizou o sector. Moitos países restrinxiron os voos para evitar contaxios e canceláronse a maioria das reservas que había dende todos os recunchos do globo. Está claro que a saúde dos cidadáns é o máis importante pero tamén é algo a ter en conta pois isto só é un golpe máis para a economía mexicana xa bastante afectada pola crise mundial dende o 2008. Eduardo González Fandiño 2º Bac A

19


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

VIAXE A MADRID “ RUTAS CIENTÍFICAS Na derradeira semana do mes de novembro, os alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato Científico máis dous profesores: Victor Caamaño e Isaac Pontanilla, coñecemos a cara científica de Madrid a través dun programa chamado “Rutas Científicas”, grazas ao que convivimos con estudantes doutro instituto durante unha semana, co IES Chapatal, que representaba á comunidade autónoma de As Illas Canarias. Todas as visitas foron guiadas e acompañadas dunha actividade (como por exemplo o recoñecemento de fósiles no Museo Xeomineiro, que consistía en clasificar uns fósi- NON ME ESQUEZO DO COMPAÑERISMO les reais segundo as características visuais coa axuda dunha táboa) DOS CANARIOS, QUE NALGÚN CASO , ou por una autoavaliación que nos aportaba o caderno de actividades ACABOU EN AMIZADE, DA ORGANIZAde cada visita. Esta saída non só deu pé a visistas de interese científico como CIÓN, DA VIAXE…. foron ás do CEHIPAR ( Canle de Experiencias Hidrodinámicas do Pardo), á do Real Xardín Botánico, á do Instituto de Enerxía Solar, á do Centro Aviación EADS CASA, ó Centro Nacional de Biotecnoloxía, ó Museo Xeomineiro ou ó Museo Didáctico Cosmocaixa; senón que tamén abarcou visitas a lugares notables de interese cultural como é a “Colina dos Chopos” que aloxou a comezos do século XX, ademais de laboratorios e institutos de diferentes disciplinas científicas, a famosa Residencia de Estudantes, que foi un motor principal para a difusión da cultura europea e deu amparo a ilustres personaxes como Lorca, Dalí ou Buñuel. Non me esquezo do compañeirismo dos canarios, que nalgúns casos acabou en amizade, da organización da viaxe e do recibimento do persoal da residencia. Foi realmete digno de loanzas. Sen dúbida, unha viaxe que perdurará nas nosas memorias durante moito tempo.

NESTA EXCURSIÓN HOUBO TEMPO ATA PARA XOGAR COA NEVE

VISITAMOS TAMÉN O REAL XARDÍN BOTÁNICO

Lara Vila 1º BAC A

20


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

Londres ou a mellor semana do curso Eran as doce. Chegamos ó instituto. Chegamos con ganas de comer o mundo, co maior sorriso nas nosas caras, coa maior das ilusións en moito tempo. E entón, vemos o autobús e feixes de pais con coches arredor de nós, os máis, querendo ter a nosa atención por última vez antes dunha semana de nada máis e nada menos que en Londes. E, como non, profesores soñando co paraíso que sería unha semana enteira sen nós, sen ter que aturarnos. Algunhas delas, aínda animadas, sen ser conscientes de que quedaba toda unha semana por diante, antes de volver as súas casas, antes de perdernos de vista. Despois dunha eterna hora no autobús e outra aínda máis eterna hora de espera no aeroporto, por fin subimos ao avión. Para algúns, a súa primeira vez, a máis especial, para outros o medio que os afastaría das súa monótonas vidas e os levaría de cara á cidade soñada. Fotos impresionantes, momentos xeniais, bebidas caras, e tocamos terra. Baixamos do avión da mellor forma posible, polas escaleiras, pisando a pista e o chan de Inglaterra por primeira vez. Desexando que aquel momento non acabase, que aquela semana non tivese fin (por primeira e última vez). E por fin, Londres. Esperamos polo seguinte autocar ao frío, non pouco PRECIOSA IMAXE DE LONDRES TOtempo, sen saber que facer, que sería de nós ou se se esque- MADA POLOS EXCURSIONISTAS ceran de que unha panda de galegos chegara á cidade. Pero a ninguén lle importaba ou a ninguén parecía importarlle. Ó fin estabamos alí, que era unha hora máis? Sabiamos que pagaba a pena, ou nós fariamos que así fose. Chegamos ó hotel, deixamos a equipaxe, baixamos á rúa a unha zona de tendas, restaurantes e vimos un supermercado que non deixariamos de visitar naquela semana que xa se perfilaba xenial, que xa dera comezo. Os día seguintes, cheos de monumentos, luz, camiñatas, metros, escaleiras, cansazo, risas, optimismo, museos, comidas raras, vistas, compras, bocadillos e todo canto poidades imaxinar. Si, todo tiña cabida naquela semana, a semana pola que levabamos laiando anos... dende o mesmo momento en que algúns volvemos de Barcelona e outros chegaron ó Asorey; a semana na que pasaron máis cousas nun menor tempo; a semana na que descubrimos a beleza dunha cidade como Londres, sen o glamour de París, sen o Imperio de Roma, sen finxir ser quen non é, unha cidade única. Despois dunha semana frenética, ás catro da madrugada do venres, marchamos do hotel. Efectivamente, ninguén durmiu, efectivamente, no autobús algúns dedicámonos a tocar a moral ó resto, efectivamente, rematamos todos tirados polo chan e durmindo no aeroporto mentres ALGÚNS DOS EXCURSIONIS- esperabamos o momento de facturar, embarcar e volver a casa. TAS TENTANDO ASUSTAR LEÓNS Em definitiva, que mellor maneira de comezar o ano? Alma Martínez Losada, 2º Bach. A 21


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

VIAXE A BARCELONA DOS ALUMNOS DE 4º DA ESO O día 19 de abril os alumnos de 4º de ESO saía‐ mos de Cambados moi animados cara ao delta do Ebro, en Tarragona, para pasar alí unha se‐ mana. Antes de chegar ao noso destino tivemos que pasar 15 horas no autobús, pero o esforzó me‐ receu a pena. Cando chegamos instalámonos no albergue Amposta Parc xunto coas profeso‐ ras que nos acompañaron, Marisa e Amparo; e dende alí sairiamos todas as mañás , acompa‐ ñados pola nosa monitora Nara, para realizar as actividades que tiñamos programadas. En‐ tre elas destacaron: un paseo en bicicleta pola beira do Ebro, piragüismo, tiro con arco, vela , pontes tibetanos, escalada en rocódro‐ mo, circuito en quad e un paseo en barco polo Ebro. En canto a visitas culturais fomos ás covas de Benifallet e adicámos un día enteiro a visitar a cidade de Barcelona, alí puide‐ mos visitar o parque Guell e as famosas Ramblas de Barcelona, e puidemos ver a casa Batlló, a casa Milá, a Sagrada Fami‐ lia…, a todos en xeral nos encantou Bar‐ celona. O día antes de virmos de volta para Cam‐ bados tivemos a sorte de poder pasar un día enteiro en Port Aventura, alí pasá‐ molo en grande xa que puidemos montar en todas as atraccións, ver todos os es‐ pectáculos… En definitiva pasámolo xenial e reco‐ mendámoslle a todo o mundo que visite Sabina Casalderrey, 4º ESO C o delta do Ebro, Barcelona e Cataluña en xeral.

22


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

CHARLAS,CONFERENCIAS E OUTROS ACTOS DO CURSO 2008/9 Durante o presente curso o Francisco Asorey albergou numerosas conferencias e faladoiros, converténdose a organización de obradoiros e charlas nunha práctica case habitual. Os eidos abordados nestas actividades atinxen de forma directa os intereses dos alumnos e cada unha das conferencias encauzouse cara a temas de peso e urxencia como a saúde, a educación, o civismo e a sexualidade. As charlas de carácter normalizador da lingua tamén foron moitas e moi variadas. Entre as actividades mellor acollidas polo alumnado destaca o Obradoiro de Regueifas, traído da man de Luís "Caruncho" e Pinto d'Herbon. Os asistentes disfrutaron coma cativos mentres descubrían os misterios da regueifa, cantiga popular de carácter improvisado na que se mestura enxeño e unha imprescindible dose de humor. Neste apartado ligüístico-literario hai que facer mención á sesión de contacontos ofrecida por Charo Pita e Tim Bowley. Esta pintoresca parella ofreceu a narración "viva voce" dunha serie de relatos breves nos que as linguas de Ramón Cabanillas e William Shakespeare se alternaron á perfección. Sería un erro esquecer a inresantísima charla da escritora coruñesa María Menéndez-Ponte ou a disertación sobre Ramón Piñeiro da Dra. Manoles, da USC. Os alumnos de 1º e 2º bacharelato afíns ás ciencias tiveron, a finais do mes de Outubro, o inestimable pracer de disfrutar dunha conferencia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que agasallou aos futuros científicos do centro coa exposición das bases da Misión Biolóxica galega, unha investigación da xenética forestal autóctona de Galicia. Os temas de saúde foron dos máis recorrentes a nivel de charlas. A Cruz Vermella ofreceu aos cursos de 3º da ESO (grupos nos que se conglomeran alumnos de idades controvertidas) un obradoiro enfocado cara á prevención da violencia. Tamén se organizaron obradoiros de hábitos alimenticios, charlas sobre hixiene (patrocinadas por "Adolescencia y tu") e outros coloquios baixo o nome de "Clases sen Fume" nos que se tratou de concienciar aos alumnos noveis (1º da ESO) dos prexuízos do consumo de tabaco.

CHARO E TIM NUN MOMENTO DA SÚA ACTUACIÓN

Como non podería ser doutra maneira nunha sociedade na que as enfermidades venéreas se erixen como unha pesada laxe, tamén houbo espazo para a eduación sexual. A Asociación anti-VIH de Vilagarcía foi a encargada de botar luz sobre a problemática da síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

Eduardo Apariz Chaves 2º BAC B

23


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

OS OLEIROS VISITAN O ASOREY O xoves, 2 de abril, veu ao instituto un oleiro de Buño que nos ensinou como se facían as xerras, pratos, olas de arxila... Cando acabou de explicar todo e de demostrarnos como se facía deixounos probar a nós. Eu tamén saín a probar para ver se me saía, pero é máis complicado do que parece. Gustoume moito porque o pasei moi ben e aprendín algo novo.

Yessica Villanueva Limeres (1º ESO B)

ASISTENTES Á CHARLA CONTEMPLAN COMO SE TRABALLA A ARXILA

OS PASOS DOS OLEIROS ATA ELABORAR AS SÚAS PEZAS

ALUMNO FACENDO PINITOS COMA OLEIRO

A arxila é un material plástico e modelable. Para elaborar pezas con ela os oleiros seguen uns pasos: -Vaise buscar a arxila ás barreiras. -Amásase. -Córtase un anaco cunha tanza, dáselle forma e colócase no torno. -Móvese o torno co pé e, despois de mollar as mans váiselle dando forma á peza á vez que dá voltas. -Se se quere debúxanse detalles cunha cana. -Dáselle cor. As cores obtéñense mesturando arxila branca con diferentes minerais: óxidos, cobalto... -Con axuda da tanza sepárase do torno a peza rematada. -Déixase secar un tempo -Métese no forno: os fornos son de gas ou eléctrico, antes eran de leña. Se cocemos a peza con pouco osíxeno sae máis escura. Segundo a arxila que se utilice o esmalte sae máis crao ou escuro.

Andrea Falcón Leal (1º ESO A) OS PROFESORES TAMÉN QUEREN APRENDER COUSAS NOVAS 24


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

REGUEIFAR, REGUEIFAREI…...

Este curso 2008/09 puidemos disfrutar dos regueifeiros máis famosos de Galiza. Pinto d´Herbón e Luís Caruncho. Viñeron impartir ao Asorey un obradoiro de regueifas que tivo grande éxito. Deste obradoiro saíron seleccionados 20 alumnos que recibiron outro novo obradoiro coa fin de seleccionar dez persoas para participar no concurso de regueifas do Pazo da Cultura de Pontevedra. No primeiro obradoiro ensináronnos o que é unha regueifa, unha cantiga entre dúas ou máis persoas que segue un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Os temas das regueifas son variados , cunha grande dose de humor, o que dá cantares moi divertidos e orixinais. Ensináronos a elaborar regueifas, OS PROFESORES PINTO D´HERBÓN E LUIS CARUNcatro versos octosílabos nos que o segundo CHO NUN MOMENTO DA EXPLICACIÓN e cuarto teñen que rimar. Hai diferentes maneiras de comezar unha regueifa, por exemplo dando “o verso de arranque” que é o que dá pé para continuar. Tamén se pode dar o último verso e o regueifeiro ten que inventar o anterior. Os representantes do noso instituto deixáronnos quedar moi ben, pois practicamente non se trabucaron e quedaron como finalistas dous alumnos, Xesús Castro de 3º ESO B e Sara Betanzos de 3º ESO A.

Xesús Castro e Micael García OS ASISTENTES TOMARON BOA NOTA DE COMO SE FAN AS REGUEIFAS E DEIXARON AO NOSO INSTITUTO NUM MOI BO LUGAR, SEG U N D O DIXERON OS PROFESORES D E S T E OBRADOIRO

25


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

EXPOSICIÓNS SOBRE A TERRA DO DEPARTMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Climántica é un proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. No noso centro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía participou con distintos traballos na Web, nas aulas e incluso nos corredores do Instituto. Con motivo do día da Terra no IES Asorey tiveron lugar diversas actividades e unha exposicion encamiñadas a informar sobre a situación climática e a promover a protección do noso planeta. Este proxecto de educacion medioambiental denominado Climántica elixiu o noso instituto como sede. Cabe destacar entre as actividades, unha reportaxe para a TVG que a pesar de ser dunha duración curta, conseguiu mostrar tanto os murais expostos polos corredores do centro, como uns pequenos experimentos feitos polos alumnos sobre as variables meteorolóxicas e a manifestacion de fenómenos como a presión atmosférica. Este resumo audiovisual foi emitido no programa "A Natureza" ( 14:12 de Luns a Venres ), un espazo adicado a ensinar diferentes aspectos do medio natural.

CO PLANETA NON SE XOGA

As exposicións das que puidemos disfrutar foron: *“A terra : curiosidades”, na que se nos mostraban datos físicos, climáticos, plantas, animais, ser humano.... sobre un gran mapa mundi xigante. Complementouse con imaxes espectaculares recollidas de revistas e periódicos: volcáns, terremotos ...e unha exposición de libros na biblioteca de ciencia ficción. * “Co planeta non se xoga” Mostrouse a terra como unha gran pelota sobre a que se colocaron diferentes datos e, un pouco máis lonxe, a lúa. * “Materiais da terra. As rochas e os minerais”. Podemos disfrutar dunha serie de vitrinas onde se expoñen rochas e minerais, a súa clasificación, prropiedades, utilidade, procesos de transforma- TRABALLO NO CORREDOR DO CENTRO ción... Houbo tamen visitas guiadas das mesmas, así como a celebración dun obradoiro de ciencias consistente no estudo de rochas, minerais e observacións con lupas e microscopios de distintas preparacións. ELABOROUSE TAMÉN UN MAPAMUNDI XIGANTE NO QUE SE MOSTRABAN DATOS FÍSICOS,CLIMÁTICOS….. Eduardo González, 2º BAC A

26


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

AS NOSAS PALABRAS, OS NOSOS MUNDOS

O 5 de setembro do 2008 os alumnos de 1º Bacharelato B e 4 ESO A fomos a unha exposición a Vigo de nome “AS NOSAS PALABRAS, OS NOSOS MUNDOS”. A exposición dividíase en catro bloques temáticos. Puidemos facer un percorrido pola historia da nosa lingua, unha viaxe no tempo onde observamos a cultura e sociedade de Galiza, desde as orixes ata a actualidade. Tamén puidemos ver a cantidade de xente que fala as diversas linguas do mundo, como tamén as linguas nais das que proveñen, plasmadas nunha árbore. Para rematar o bloque que dá nome a exposición, mostraronsenos exemplos de recursos da lingua galega nos diversos ámbitos da sociedade por medio das novas tecnoloxías, a literatura, a música, o cine... PERCORREMOS A HISTORIA DA NOSA LINGUA, UNHA VIAXE NO TEMPO, DESDE AS ORIXES ATA AGORA

Con motivo desta revista fixemos unha entrevista a unha das guías: Nós- Bos días...poderíamos facerlle unhas preguntas sobre a exposición? Guía- Como non, adiante... N- Pois para comezar, cal é o tipo de alumnado que acode a esta exposición? Que tipo de xente a visita? G- De secundaria e bacharelato, algunha que outra asociación de mulleres e outros visitantes individuais, en canto a idade é moi variada. N- Ata cando poderiamos visitala? G- En Vigo estará aberta ata este venres, e en A Coruña do 15 de decembro ata o 4 de Xaneiro. Logo abriranse outras en Pontevedra, Lugo e Ourense; e tamén en Barcelona, Sevilla e Bos Aires. N- Que comentarios faría vostede sobre o conflito lingüístico? G- Non farei comentarios... (risas) N- Poderíase intentar levar este tipo de exposición aos institutos? G- Un pouco grande para levala aos institutos, ademais levaría moito traballo adecuala a cada un. N- Para rematar, cales eran os obxectivos da exposición? Conséguense? G- Os obxectivos eran achegarnos a diversidade lingüística e sobre todo a lingua galega dende unha perspectiva diferente. Está feito nun formato atractivo que resulta interesante. Na nosa opinión a exposición era bastante interesante que se baseara en vídeos, música, xogos interactivos... logo tamén nos pareceu entretido a maneira de expoñer, os paneis, a guía. E sobre todo queremos destacar o gran interese do tema a tratar.

A EXPOSICIÓN BASEÁBASE EN VIDEOS, MÚSICA E XOGOS INTERACTIVOS

Ramón Romero Nogueira Ana Corbelle Cacabelos Carmen López Rey Vistas da exposición “ AS NOSAS PALABRAS, OS NOSOS MUNDOS . 27


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Os viaxeiros das estrelas Non sabemos se Ramón Cabanillas imaxinara algunha vez a posibilidade de compartir con Shakespeare o espazo escénico, pero seguro que disfrutaría se vise o seu precioso poema dedicado a Francisco Asorey como leitmotiv poético nunha obra na que seis estudantes adolescentes sofren os caprichos dos desexos no bosque máxico poboado de trasnos e fadas de “O soño dunha noite de verán”. Esta foi a trama argumental da obra que puxeron en escena un grupo de alumnos e profesores do IES Francisco Asorey de Cambados comprometidos coa expresión artística e a visión creativa do ensino. A presentación deste elaborado traballo multimedia correu a cargo dunha parella de solventes e atractivos presentadores: LAURA A. SANTOS de 4ºA de ESO e ROI FERRO de 1ºB de Bacharelato, que recordaron a figura senlleira de Ramón Piñeiro, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Axiña se abriu o pano para ofrecer a elaborada escenografía e atrezzo que todos os anos constrúe con precisión ANABEL SANTAMARÍA coa colaboración de alumnos de 3ºD de ESO e 1ºA e 2ºA de Bacharelato, ademais de Almudena Castro e Anabel de Ciclo Medio de Administrativo que estiveron detrás da escena en todo momento facendo os cambios en cada un dos tres actos acompañadas de BRUNO FILGUEIRA e FRANCISCO DOMÍNGUEZ de Ciclo Medio de Equipos Electrónicos de Consumo. Sobre unha preciosa versión instrumental do tema “Unfaithful” de Rihanna, que foi o leitmotiv musical da obra, oímos a cadenciosa voz de LORENA ACHA de 2ºB de Bacharelato recitando o poema “A Francisco Asorey” de Ramón Cabanillas. Ademais Lorena deseñou o cartel da obra que presidiu a entrada no Salón de Actos do instituto. Con estas colaboracións e moitas máis que fixeron nos seus seis anos de estudos no centro, Lorena e a súa amiga Angela Chaves, que remataron exitosamente 2º de Bacharelato, deixarannos un pouco orfos a todos. Tamén lembramos os traballos que outros anos aportaron LUIS BENITO ALBA, EDUARDO APARIZ e IAGO COSTA, entre outros bachareis, que nos deixan este curso. A estrutura do espectáculo deste ano sostíñase nun elenco de actores que asombrou a todos pola seriedade e convicción das súas interpretacións. Os estudantes eran ANTÓN CASAIS de 3ºB de ESO como un Lois simpático, trouleiro e soñador que ama á fermosa Estrela, interpretada por GEMMA CORES de 1ºB de Bacharelato quen, á súa vez é parella do personaxe máis serio e responsable, o Alexandre que creou RAMÓN ROMERO de 1ºB de Bacharelato. Por outra banda, RUBÉN CORES de 1ºA de Bacharelato era Mauro, preguiceiro e tranquilo, que busca compartir os bailes coa atractiva Uxía, interpretada por MALENA SINEIRO de 3ºB de ESO. Por último, ANA CORBELLE de 1ºB de Bacharelato, deulle vida á traballadora Sofía, que busca con decisión ver cumpridos os seus soños.

28


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Os viaxeiros das estrelas Na parte máxica da obra, no segundo acto, aparecían as figuras do trasno e as fadas. Estas criaturas, que rin maliciosamente a fraxilidade dos sentimentos dos humanos, foron compostas esplendidamente por tres actores de longo percorrido no centro e sobrado talento escénico: SERGIO ALFONSO de 2ºA de Bacharelato que foi Robín, o trasno trouleiro que fai e desfai feitizos ós xoves estudantes; MARIÑA COSTA de 1ºA de Bacharelato, unha Fada Mostaza que riu as grazas de Robín con ledicia; e a Fada Paspallás, ALMUDENA CASTRO, de 1ºB de Bacharelato, que encheu de poesía o monte da Pastora co recitado dun poema de Helena de Carlos. Estas fadas levaban un cortexo de fadiñas que xa son o futuro do teatro no Asorey: a Fada Avelaíña, MARÍA MARTÍNEZ 2ºB de ESO; a Fada Arañeira, MARTINA MENDOZA de 2ºB de ESO; e a Fada Flordechícharo, MARIELA CORES de 1ºC de ESO. Co vestiario que deseñou CHIRRIS só lles faltou voar. Un parágrafo á parte merece o monólogo de ANDRÉS VILAS sobre Astronomía. Na escena aparece como ese profesor cercano que sempre foi el, que se achega ós alumnos para explicarlles as marabillas da ciencia. Pero logo tamén atende ás dubidas máis cotiás que lles impiden entender o universo Asorey, poboado dunhas estrelas académicas cheas de peculiaridades que as fan inesquecibles. Nesta despedida da súa longa e frutífera traxectoria profesional, Andrés quixo deixarlles ós alumnos e profesores do Asorey unha nota de humor e amor pola trascendencia que os anos do instituto teñen nas nosas vidas. Se algo distingue os espectáculos do instituto Asorey é a presenza da música. Neste eido somos mil veces afortunados porque sempre contamos con alumnos aventaxados na interpretación instrumental: o clarinete de CATERINA DOS SANTOS de 3ºA de ESO; o saxofón de ALDARA GARCÍA de 2ºA de ESO; a percusión de TOMÁS CARBAJAL de 4ºC de ESO, ALMUDENA CASTRO de 1ºB de Bacharelato e RODRIGO ALBA de 1ºA de Bacharelato; a frauta traveseira de NOELIA PARRACHO de 1ºB de Bacharelato; o piano de SERGIO ANTONIO DIÉGUEZ de 1ºA de Bacharelato e NEREA PAZ de 2ºB de ESO; o violín de LAURA RODRÍGUEZ de 2ºA de ESO. Nesa presenza musical brilla con luz de estrela a incrible e apaixonada voz de AURORA SOUTO, que este ano alcanzou a gloria cunha versión do “Haja o que houver” de Madredeus que faría feliz a Teresa Salgueiro. A firmeza da voz masculina na escena sempre vén da man do versátil JOSÉ M. DOMÍNGUEZ que nos ofreceu “Charanga” de Juan Pardo e “O tren” de Andrés do Barro. En ambos casos acompañou o guitarrista, case profesional, LUIS LÓPEZ, quen manexa guitarra clásica ou ukelele con igual soltura. Lamatumbá e o seu “Licor do negro café” pecharon o primeiro acto para iniciar a festa máxica do segundo. Con eses firmes alicerces musicais traballan arreo BELÉN TROBAJO, que ademais toca o violín, coa man da concertista experta que foi, e ANA DIOS, que dirixe os alumnos con mestría e creatividade. Ámbalas dúas souberon sempre, nestes cinco anos nos que se levan montando os recitais das letras, dar vida á maxia da música e lograr cos alumnos os mellores resultados artísticos. Menten os que din que ninguén é indispensable, pois, en realidade, ninguén é reemprazable, e iso encherá a nosa memoria cada día que atopemos o oco xigante que nos vai deixar o futuro traslado de centro de Ana Dios. 29


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Os viaxeiros das estrelas Non é completo o espectáculo se a música non vai acompañada de baile. Nesta ocasión foron dous os momentos de danza, traballados con mimo polos alumnos e coordinados brillantemente por CHIRRIS e ANA BLANCO. O primeiro chegou durante a interpretación que AURORA SOUTO fixo do “María Soliña” de Carlos Núñez e Teresa Salgueiro sobre o poema de Celso Emilio Ferreiro; neste caso, PAULA GONZÁLEZ de 4ºB de ESO mostrou con arte a anguria da protagonista da canción cos seus movementos en escena. O segundo foi o momento sorprendente e exitoso da representación co baile de SAMUEL MARIÑO e XESÚS M. CASTRO de 3ºB de ESO, NEREA PAZ e ALBERTO OTERO de 2º B de ESO, LARA DIZ de 1ºA de ESO e MELINA COSTA de 2ºC de ESO, que bailaron de xeito rompedor os temas “Chacarrón” de Andy’s Val e “ Can you feel” de Victor Ullarte. Esta parte levantou os gritos entusiastas do público. Caído o pano no terceiro acto, apareceu un fin de festa con todos os participantes interpretando o “Cantos na maré” de Uxía Senlle. Sobre o eco destas voces e músicas o público rompeu en aplausos. As imaxes de auténtica poesía visual que BELÉN TROBAJO crea nas súas montaxes sobre os recitados e as cancións arrincaron verdadeiro entusiasmo no público. A contribución do Taller Lumiere (SANTIAGO REY, JESÚS BARCO e FERNANDO TOMÉ) buscou a interrelación entre a escena e a pantalla con entradas e saídas que se vían reflectidas nas imaxes de vídeo gravadas na Pastora, que así estivo tamén presente no instituto. Hai unha parte técnica de luz e son que resulta do esforzo combinado de JOSÉ M. DOMÍNGUEZ e SANTIAGO REY, así como da asesoría informática de AGUSTÍN LIMA e do saber do alumno de Electrónica ADRIÁN OUTÓN. Non esquezamos que o equipo de luces e parte dos decorados son do “Grupo de teatro Caracol” ós que nunca esquecemos aquí. A posta en marcha dun espectáculo así parece unha tarefa simple, pero realmente é o resultado dun labor combinado de compromiso e amizade que levantan cada ano, motivados polo entusiasmo dos alumnos, seis profesores: ANA DIOS (Profesora de Música), ANA BLANCO (Profesora de Música), AURORA SOUTO (Profesora de Lingua Galega e Literatura), BELÉN TROBAJO (Profesora de Linguas Clásicas), CHIRRIS BRUQUETAS (Profesora de Lingua Inglesa) e FERNANDO TOMÉ (Profesor de Lingua Castelá e Literatura). Con este xa son cinco os anos nos que se organiza este espectáculo multimedia de música, poesía, vídeo, baile, teatro e imaxes. Como dirían Ramón Cabanillas, Andrés Vilas e Robín, o trasno: “Ditoso o que se sabe guiar polas estrelas!”. Que caia o pano, pero que siga para sempre o espectáculo. Bicos para Ana e Andrés.

30


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRAS Unha vez máis na semana das Letras Galegas puidemos disfrutar de espectáculos moi variados e dinámicos, con fortes doses de humor e mestría. O obxectivo primordial era chegar a todo o alumnado mesturando o lúdico co didáctico, lémbrandolle que non sempre hai que sufrir para aprender e recordándolle, ademais, que a nosa cultura é un caixón moi fondo que dá moito de si e no que aínda queda dabondo por descubrir. Os nosos alumnos demostraron o seu alto nivel lingüístico en inglés e galego participando co grupo de teatro Moving On no espectáculo Today Could Be Your Big Day cargado de dinamismo e humor. Varios alumnos do instituto axudaron a que o seu éxito fose rotundo. Por outro lado, o monólogo de Cándido Pazó iluminou os rostros das butacas, provocou gargalladas irrefreables e, mesmo, cautivou as almas adormecidas. A mestría e sabedoría da profesora Mª Dolores Villanueva achegounos información detallada acerca dunha figura clave no desenvolvemento cultural galego, a de Ramón Piñeiro, a quen este ano se homenaxeou no Día das Letras Galegas. Felices son os encontros que nos achegan ao coñecemento e ao respecto da cultura propia e allea porque só dende o coñe- CÁNDIDO PAZÓ NUN MOMENTO DA SÚA INTERVENCIÓN cemento xorde o respecto.

Os viaxeiros das estrelas convidáronos , con estes carteis deseñados por Lorena Acha, ao Recital das Letras

31


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

RECUNCHO LITERARIO Acórdome do día en que miña avoa me dixo: Nunca te namores dun home. Tiña, se mal non recordo catro anos. Acórdome daquelas palabras como se fosen ditas onte. Hoxe, dez anos despois, deime conta de que ela tiña razón. Hoxe, día seis de febreiro do dous mil nove, deime conta de que namorarse significa sufrir en calquera momento. O namoramento é unha fase das nosas vidas, a cal non podemos saltar, pero se puidésemos, quizais sufrísemos. Sénteste soa, sucia, utilizada, enganada, culpable, insegura. Son tantos os sentimentos que me poden pasar pola cabeza cando penso no amor! Nunca me puiden recuperar dese dano, pero iso xa é algo que levo cravado no corazón como unha espiña dunha rosa ao intentala cortar.

María Consuelo Alfonso Pazos 2º ESO C

UN 30 DE OUTUBRO PARA RECORDAR Eran as 7:30 da mañá. Pastora ergueuse, sabía que ese non era un día calquera, era especial, era un día que nunca ía esquecer. Foi cara ao cuarto dos seus nenos e quedou mirando, entre bágoas, os seus rostros anxelicais mentres recordaba aqueles anos escuros cargados de dor e berros, recordos daquel home, Suso, o pai dos seus fillos, o que os maltrataba, o que lle batía á muller mentres os fillos berraban e tentaban defendela. _Mamá, por que choras? _Non choro fillo, e que se me meteu un lixo no ollo. Veña vaite duchar que hai que ir ó colexio. _Marta! Érguete xa! _Xa estou aquí! Non fai falla que berres. _Caramba mamá que almorzó máis bo preparaches hoxe. _Queres calar Xesús, non ves que é capaz de non prepararnolo máis? _Vale pesada, tranquila. _Mamá, hoxe vai vir Inma? _Si filla, vaina buscar Juan a estación e logo veñen todos a cear. _Os nenos tamén? _Claro que si filla.Veña liscade para ó colexio que ídes chegar tarde. Pastora sube ó seu cuarto e comeza a buscar uns papeis que precisa e encontra o álbum de fotos da familia. Comeza outra vez a recordar. _Eres unha inútil, non serves para nada. _Papá non lle pegues por favor, déixaa. _Inma aparta se non queres levar ti tamén. Soa o teléfono, Pastora corre a coller. _Si? _Mamá son eu, chego a estación aí polas 7 da tarde. Avísas ti a Juan para que veña a buscarme? _Descoida nena xa lle aviso eu. Vente con coidado. _Hola mamá!Que guapa te puxeches hoxe! _Juan mira!Mamá está guapísima, ata pintou os beizos! _Inma ti tamén,que me vou sonroxar. Pastora pensa por uns intres o mal que o pasou durante anos convivindo cunha fera, e mira os seus fillos, os seus netos e dáse conta de que foi o mellor que lle puido pasar na vida.

Fíxose furna, paleira. Trazando con xiz o seu nome nas paredes. Cabalgando os teitos, inmutábel. Trémulo a fallar outra vez. Caer no abismo. Morrer nas tebras. (Berro)

Ramón R. Nogueira

Ramón R. Nogueira 1ºBAC B 32


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

RECUNCHO LITERARIO Ao anoitecer vin asomar á lúa pola miña fiestra. Nada máis vela alumear souben que era o momento de esquecer. Botei a correr cara á praia e baixo a penetrante mirada da lúa chea fixen o amago de tentar esquecerte... Mentres me metía na auga, ía recordando todos os momentos que pasamos xuntos... durante 30 minutos estiven metida na auga escoitando o son das ondas e o delicado roce da auga contra a miña pel... recordei todos os bos e os malos momentos que vivimos xuntos... cando espertei daquel curto pero moi longo trance doume conta que non te quero esquecer, gústame chorar por ti e rir co teu sorriso... Quérote... queríate e pola miña desgraza por sempre te quererei.

Síntoo. Sinto, o que? Averno! Rite agora do lume! Abura as mans, leito de fogueira. Chama que se aviva con libros anónimos. Cinzas cheas palabras, palabras á espera, de seren recordadas. Choros diáfanos, puros. Rite agora do lume!

Zoé Cacabelos Padín 2 ESO C Ramón R. Nogueira Vexo o vento revolvelos seus cabelos, esa mancha no mar dos seus ollos, mil puntiños nas meixelas e no nariz pequeno, boca leda sorrínte, dentes brancos, corpo lixeiro, peculiar... carácter. Misterioso ser. Misteriosos pensamentos. Misteriosos sentimentos. Vexo o vento revolvelos seus cabelos. Peculiar carácter. Misterioso ser .

Ana Corbelle 1º BAC B

Silencio. Ausencia de palabras... Ausencia de sons... Ausencia de vida... Ausencia de ti... Ausencia de min... Ausencia...Silencio.

Fiquei quedo, calado, insensato. Chorei só, apoucado. Tirado no chan vertendo sangue por cada ferida, que o teu sentimento cravou unha navalla bautizada cos teus enganos, de nome A Virxe, a inocente, e a mentira transformouse en persoa, o sentimento en engano, e a Mentira cravou á Virxe no corazón do coitado. Ramón R. Nogueira

Ana Corbelle 1º BAC B

33


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

RECUNCHO LITERARIO Un home ía dando unha volta polo paseo cando viu ó lonxe unha pequena praia que lle resultaba moi moi familiar. Ó ires achegándose, decatouse de que facía 17 anos que non pasaba por alí. Descalzouse e botou a andar pola area ata chegar ó espigón, no que tanto xogara cando era pequeno. Achegouse á beira deste e sentou, deixouse empapar polo sol, que saía e quentaba rara vez nesa época do ano, deixouse envolver polo ruído das ondas batendo contra o espigón... << - Carlos! Carlos!- unha rapaciña cuns longos rizos dourados achegouse a el e sentou ao seu carón. - Ola Xulia – respondeu o rapaz un pouco sonrosado pola sorpresa. - Xa pensei que non te ía atopar! – dixo Xulia cun aire enfadado – Daquela, é certo que marchas? – preguntou con tristeza. O rapaz só puido asentir levemente, pois tiña medo de non poder falar. A rapaza dos riciños de ouro mirou para el e colleulle a man, Carlos mirou para ela. - Voltarás?- preguntou Xulia cos ollos humedecidos e esvarándolle bágoas polas meixelas. - Non sei – respondeu Carlos - Botareite de menos – dixo Xulia hipando de tanto chorar – Toma, isto é para que non te esquezas nin de min nin da xente deste pobo, que tanto te quere – díxolle poñéndolle unha pulseira de cunchas feita por ela. - Grazas Xulia, nunca te esquecerei – dixo Carlos en medio dun sollozo, mentres se erguía. Foise alonxando en bicicleta pouco a pouco ata non distinguir á rapaciña na distancia... >> Non voltara ver a esa rapaza dende aquel día, sacou a pulseira do peto e xogou con ela na man un bo rato, mergullado nos seus pensamentos. Durante ese tempo unha muller fóiselle achegando con delicadeza e paso inseguro. Cando xa estaba a escasa distancia daquel home que lle resultaba tan familiar ollou que tiña na man unha pulseira, a mesma pulseira que ela lle regalara ó seu mellor amigo da infancia... - Carlos? O home xirouse sorprendido e divisou a aquela estraña muller de longos rizos dourados que miraba para el con aqueles ollos cheos de bágoas que tanto botara de menos... - Xulia! Antía Montes Argibay 1º Bacharelato A

Non intentes parecer forte, non o es... Non pretendas enganarme, non o fas... Non queiras esquecerte de todo, non vas ser capaz... De verdade, non te das conta...? Ana Corbelle 1º BAC B

h . un ela do. o. é n n o i ex ue e c rm lat rq . a , irs e du o o a s a rm o d br r. aug pen a l a du tind llan e p a m d il e . É la , o oa nso xos ób s it la tila res e te m a n u se sen ing nh inm e la do u É e n d n on , un za aró o. los ara c d a c o l n p tas llad ha p o, a ati us o do s l e a e an a. b a o n et tab os m mir n el r ás unh a nu eu p s a e ir se co e , og m El abr tar irse com soño e af no B É sen rm de un qu xos C É du rlle o, ma ate A B É da tex es s l 1º É n la a m ese a r ei u s ti tir gu E sen . o N É s ti R E n ó m Ra

e. ax s en am

34


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

COLABORACIÓNS

2009, ANO DARWIN Charles Robert Darwin. (1.809 – 1.882). Estarédesvos a preguntar quen diaños era este tipo e que fai o seu nome nesta revista. Para servos sincero, eu sabía o mesmo que vós (ou sexa, nada ou case nada) sobre este personaxe, ata que ao meu querido profesor de lingua castelá ocorréuselle a marabillosa e oportuna idea de ofrecerme o privilexio de confeccionar e incorporar á nosa revista (en plena época de exames) unha interesante e divertida reseña informativa… Perdoade, xa non me desvío máis: O señor Darwin, vástago e proxenitor do que hoxe coñecemos como Ciencias da Natureza, non era máis que un ser humano, como podo ser eu e como podedes ser vós (algúns de vós), que ao igual que o resto das persoas posuía (e posúe grazas aos libros) unha serie de anécdotas máis ou menos interesantes pero que sen dúbida merecen a pena ser desglosadas neste humilde espazo: Darwin naceu hai douscentos dez anos. Orfo de nai a moi temperá idade e entusiasta amante das plantas e das coleccións, xa con oito anos adoitaba inventar historias falsas (como cando nunha ocasión agachou as froitas das árbores do seu pai e despois atribuíuse o mérito de atopalas). En 1825 deixou a escola para ingresar na universidade de Edimburgo onde foi membro honorario de varias asociacións prestixiosas. Asistiu a diversas clases voluntarias en Cambridge, onde se organizaban excursións ao aire libre e nunca faltaba a boa música (da cal desenvolveu unha gran afección, a pesar das súas nefastas calidades melódicas). Outra das extravagantes paixóns de Darwin era a de coleccionar escaravellos. Nunha ocasión, sostiña un escaravello en cada man e de súpeto aparece un terceiro que non pode deixar escapar. Entón, nun acto de intelixencia exemplar, o señor Darwin decide introducir un dos escaravellos na boca, para así poder coller ao novo especime. O pobre animaliño, confuso, quizais pola violencia da situación, quizais pola humidade do seu novo compartimento, comeza a segregar unha substancia aceda, que ocasiona un intenso proído na lingua de Darwin, que regresa a casa só cun escaravello. Darwin remata os estudos e en 1839 contrae matrimonio. Durante os anos posteriores o científico coñece a moita xente ilustre dedicada á ciencia, e escribe unha gran cantidade de libros, manuais e artigos de revista. En 1859 publíca a súa obra máis importante e laureada: “Origin of Species”. Continuou escribindo libros (a maioría sobre botánica) ata unha moi avanzada idade. A súa reiterada enfermidade impedíalle seguir viaxando, e os últimos anos da súa vida disfrutounos rememorando antigos praceres, escoitando música e lendo poesía. En 1882, o científico Charles Robert Darwin falece, levando consigo un enorme talento, unha paixón desenfreada pola ciencia, e unha laboriosidade digna dunha mente do seu calibre, pero deixándonos unha infinidade de coñecementos que resultaron ser imprescindibles para o transcurso desta infinita investigación

Miguel Palacios 3º ESO A 35


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

As Mensaxes secretas do reloxo de Lincoln

COLABORACIÓNS Un reloxo que pertenceu a Abraham Lincolm, decimosexto presidente dos E.U.A., tiña escritos varios mensaxes, datados do 13 de abril de 1861, feitos por Jonathan Dillon, un reloxeiro. Este escribiu que "Os rebeldes atacaron o fortín Sumpter" e "Grazas a Deus que temos un Goberno". Lilcoln non sabía que levaba escrito isto no seu peto. O museo decidiu abrir o reloxo de ouro polos rogos do tataraneto de Dillon, que sabía que o seu tataravó fixera unhas declaracions no New York Times. Este feito cobra máis importancia porque, neste ano, cúmprese o bicentenario do nacemento de Lincoln e el foi un personaxe entrañable porque loitou na guerra de secesión contra o racismo e a falta dos dereitos humanos. Iván Abal Prado 1º BAC A

As microformigas...

Non, non nos volvemos tolos.. BeRn, só un pouco.. Pero esta historia é completamente verdadeira.. Temos probas: un grupo de investigadores europeos coñecido como I-SWARM, está traballando na creación dun gran número de robot formigas para enviar ata Marte.. O principal obxectivo desta expedición é a de crear estruturas no Planeta Vermello, en vista dun futuro asentamento Nos últimos tempos, a idea que tiñamos do planeta Marte cambiou considerablemente. Xa non é o inhóspito planeta que adoitabamos pensar, senón que agora descubrimos que hai auga e chan parecido ó terrestre. Por esa razón, e porque somos as criaturas máis intelixentes da galaxia, enviaremos….. formigas robots para que fagan os nosos futuros fogares……Si, deixaremos que asimiles estas palabras antes de continuar…..Ok,seguimos? De acordo con Marc Szymanski, un investigador de robótica alemán, estes pequenos robots poderían explorar o planeta. "Sabemos que alí hai auga e po, así que só necesita-

rían algunha especie de pegamento para empezar a construír estruturas, como casas para científicos humanos”. Romina Abal Hermida 1º BAC A

36


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

COLABORACIÓNS

Hai luvas e luvas! Hai relativamente pouco tempo, os xornais presentaban como un éxito a destrución no espazo dun satélite, que xa non era operativo. Vaia, os norteamericanos están tan preocupados pola súa seguridade que non puideron controlar a presión dun dedo e... “bum!” destruíron un satélite “espía”. Ese dediño doulle gas a un misil. Ai, ese dediño! Estaba como tolo e actuou sen pensar nas súas consecuencias. Dende xa, temos que ter moito tino cos nosos dedos porque isto provocou que se desprenderan pequenas pezas do satélite que, por certo, agora é lixo espacial. China aproveitou esta tensión “dactilar” para tirarlle das orellas aos americanos: “Señores, tedes que respectar seriamente as vosas obrigas internacionais e proporcionar a información necesaria para os países afectados”. Xa, peeeeero que saberá un dedo sobre obrigas internacionais...un dedo. Un dedo só sabe facer forza e meterse en problemas. Washington pola súa parte negou incubrir segredos tecnolóxicos, ou estar facendo unha demostración de poder e rexeitando calquera paralelismo con China que xa caera na tentación de pulsar o dediño anteriormente para derrubar un satélite meteorolóxico vello, segundo eles din, en xaneiro de 2007. Os norteamericanos quedáronse sen escusas polo seu problemiña, nestes intres China propúxolle a solución en cero coma: contratar a xente con problemas nas articulacións das mans (ou sen dedos xa) para non caer na tentación... quen pode crer todo isto? Acaso se lle fixese falta China ou a calquera un proxecto destes, realmente credes que llo dirían polo motivo de rexeitar eses parelelismos? Anda xa! Probablemente este problema de pulso (ou de dedos) será máis frecuente a medida que aumente o nivel de estupidez da xente, que está aumentando a pasos axigantados ( algúns din que ten que ver co quentamento global...). Denomínase lixo espacial a calquera obxecto artificial que estea presente nas orbitas terretres e que non ten ningunha utilidade. Así que, por definición, se deixamos a un astronauta orbitar sen control polo espazo, converteríase en lixo espacial? Na nosa opinión un astronauta perdido no espazo ten tanto de lixo espacial como calquera outra peza dun satélite, xa que con todo o que levan (traxes, guantes, casco, botas...). O lixo espacial está formado por satélites que xa non valen para nada e anacos destes desprendidos por diferentes causas. As naves espaciais teñen que levar unha dobre ou triple protección por se lles dan un guantazo! No ano 1965, durante o primeiro paseo espacial dun estadounidense, o astronauta do Géminis 4, Edward White perdeu un guante. Durante un mes o guante permaneceu en órbita a unha velocidade de 28.000 kilómetros por hora, converténdose na prenda de Antía Montes Argibay vestir máis perigosa da historia. Karina Salgueiro Feijoo. 1º BAC A 37


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

JOLICHADAS INVESTIGA

OS MALOS CHEIROS DE CAMBADOS Cambados é un fermoso pobo que ten un importante Patrimonio HistóricoArtístico que foi declarado como Ben de Interese Cultural. A conxunción do noso litoral coas singularidades das parroquias que compoñen o noso Concello, dotan a Cambados dun atractivo especial. Pero Cambados vén sufrindo dende hai varios anos, un desagradable problema que afecta, non só a súa imaxe, senón que perturba e condiciona a normal convivencia dos seus cidadáns: Os Cheiros. OS VECIÑOS Os cidadáns, dende diversos puntos do casco urbano de Cambados e algunhas parroquias, teñen protestado e denunciado a situación que viven nos seus fogares e nas rúas polas que se moven, como consecuencia dos cheiros que se producen todo o ano, pero sobre todo, no verán, e que lles invade o seu espazo de NON HAI MAIOR APOSTA DE FUTURO PARA cheiros nauseabundos que non poden eliminar. UNHA COLECTIVIDADE Os veciños pagan taxas e impostos municipais QUE A DE TER UN MARpara que se lle preste un servizo de calidade e CO MEDIOAMBIENTAL o Concello e a empresa concesionaria dos ser- EN PERFECTAS CONDIvizos, Espina e Delfín, teñen a obriga de dar- CIÓNS PAR DEIXAR ÁS VINDEIRAS XENERAllo e resolver o problema. Non hai maior aposta de futuro para unha co- CIÓNS lectividade que a de ter un marco medioambiental en perfectas condicións para deixar ás vindeiras xeracións e ás augas das rías cuns niveis de calidade que garantan a produción pesqueira e marisqueira que permite vivir a moitas familias e empresas cambadesas. Tan só así teremos futuro. Segúndo unha enquisa realizada a maioría das persoas cren que a responsabilidade é do concello.

Porcentaxe de culpabilidade nos cheiros según os veciños 80 60 40

Concello Espina y Delfín Em presas

20

Ns/Nc

OS VECIÑOS PAGAN TAXAS E IMPOSTOS PARA QUE SE LLES PRESTE UN SERVIZO DE CALIDADE

0

38


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

JOLICHADAS INVESTIGA

UNHA GRANDE CHEA <<Non é o sistema de sumidoiros, nin o verquido dunha conserveira, e o verdadeiro responsable dos malos olores é o señor alcalde>>. Así o consideran os responsables de Unha Grande Chea, que no seu popular Contra Bando do 2006, co que todos os anos inician o entroido, lle dedicaron ao señor alcalde os cheiros. OS HOSTALEIROS Para o sector hostaleiro é un problema difícil, xa que mal poden vender a calidade dos noso produtos cando o consumidor está respirando uns cheiros que falan de verquidos que van para ó mar e que afectan ós nosos bancos marisqueiros, ás zonas de bateas, ó Serrido e ó SUMIDOIRO VERTINDO LIXO noso litoral no seu conxunto. A nivel turístico, representan unha publicidade moi negativa para os interese das nosas empresas e negocios, xa que a publicidade que trasladan os turistas é que os cheiros fan moi difícil disfrutar da beleza da nosa arquitectura de pazos e monumentos. OS MARISQUEIROS O sector marisqueiro expresou en numerosas ocasións a súa preocupación respecto deste tipo de contaminación, xa que as augas de orixe fecal en ocasións vértense de forma continuada sobre os bancos marisqueiros. A inexistencia de sistemas eficaces de xestión e purificación das augas residuais ten sido denunciada de forma reiterada, non só polos membros da Confraría de Pescadores, senón por outros usuarios da franxa costeira que se ven en maior ou menor medida afectados pola situación.

ESCUMA DE LIXO NO MAR DE CAMBADOS 39


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

JOLICHADAS INVESTIGA

OS GRUPOS POLÍTICOS PP- O Sr.Alcalde de Cambados, hoxe Superdelegado, en primeiro lugar dixo: CAMBADOS NON CHEIRA. Despois xa recoñeceu que a nosa vila cheira e, segundo el, proceden das fábricas do polígono e a dos Olmos e que é responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente, que el OS CHEIROS PROCEnon pode facer nada. Tamén engadiu que as augas DEN DAS FÁBRICAS DO POLÍGONO E A pluviais estaban separadas das fecais. DOS OLMOS Recoñeceu que os verquidos van parar á ría. Tamén que a Xunta saínte ía facer unha depuradora na Ponte de Barrantes. Á nosa pregunta de se as xunqueiras están vixiadas respondeu que si: os vixiantes da Consellería de Medio Ambiente e de Costas. O único que dicía era que non era a súa responsabilidade, que era da Xunta, por iso todos os cambadeses esperamos que ese problema se solucione.

PSdeG- O Grupo Socialista de Cambados entrevistouse, xa hai dous anos, co ex-Conselleiro de Medio Ambiente, e fixéronlle a proposta da necesidade dunha depuradora que recollera os residuos dos parques industriais, e se sacaran así de Tragove, para evitar verquidos na área na que se atopan as depuradoras de moluscos e os polígonos de bateas. O Conselleiro dixo que era necesario facer unha depuradora no baixo Umia. En todo momento ofertan a súa colaboración para resolver este problema.

NUNHA ENTREVISTA CO EX-CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE FIXERÓNLLE A PROPOSTA DA NECESIDADE DUNHA DEPURADORA QUE RECOLLERA OS RESIDUOS DOS PARQUES INDUSTIAIS

Dende hai anos o PSOE vén facendo propostas e preocupándose por este tema tan sensible para os veciños e tan prexudicial para a imaxe de Cambados.

SUMIDOIRO A REBOSAR DE AUGA DANDO MOSTRA DO MAL FUNCIONAMENTO

40


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

JOLICHADAS INVESTIGA

Hai poucos meses presentaron unha moción para facer unha auditoria de toda a rede de sumidoiros do Concello, para avaliar os problemas e buscar solucións. Pero o PP votou que non, e non saíu adiante. En todo momento ofertan a súa colaboración para resolver este problema que tanto lle preocupa ós cambades/as. Domingo Tabuyo, concelleiro e parlamentario do PSdeG, tamén afirmou que agora que hai un novo goberno, haberá que deixar de botarlle as culpas á Xunta e asumir toda a responsabilidade. BNG- O portavoz do BNG de Cambados explicounos que os sumidoiros teñen varios problemas: a rede de sumidoiros non está ben estruturada nin dimensionada, non hai separación entre as augas pluviais e as fecais, a rede de sumidoiros de Cambados pasan, cara a EDAR de Tragove, augas fecais procedentes dunha extensa zona do Salnés que, no seu percorrido, van fermentando e producindo cheiros que desprenden ao pasar pola nosa vila. O BNG propuxo que se fixera un estudo ou auditoría que per- A REDE DE SUmita coñecer claramente onde están os fallos de funciona- MIDOIROS mento da rede de sumidoiros para poder solucionar este grave NON ESTÁ BEN ESTRUTUproblema. RADA NIN DIO concello non fixo nada ata agora, segundo Víctor Caama- MENSIONADA, ño, por dúas razóns: A primeira é porque a construción de NON HAI SEgran parte da rede de saneamento de Cambados (en especial PARACIÓN ENda separación de augas pluviais e fecais) foi responsabilidade TRE AS AUGAS da Mancomunidade do Salnés e, nese momento, o presidente PLUVIAIS E AS deste organismo era o actual alcalde de Cambados. A segunda FECAIS. razón é porque nunha democracia o cidadán castiga co seu voto as malas actuacións dos políticos e resulta obvio que este problema non foi considerado, polo cidadán, de suficiente importancia como para castigar aos seus responsables. O voceiro do BNG está seguro de que co novo goberno Tourís xa non lle botará as culpas á Xunta. Pero, xa aparecerá outro culpable.

ISMAEL AGRA, IAGO PAZ E DAVID PADÍN 2º ESO A 41


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

ÚLTIMA HORA: COLLEITA DE PREMIOS NO ASOREY 2º PREMIO DO III CONCURSO PRENSA ESCOLA DE “LA VOZ DE GALICIA” Non paran de caer premios no noso instituto, a cada concurso que nos presentamos, premio! Isto non é casualidade. Neste centro a dinámica participativa de alumnos e profesores dá como resultado o recoñecemento a un traballo, moitas veces extra, que se traduce en premios por parte de organismos e institucións, outorgándolle ao instituto unha proxección e pretixio recoñecidos. Neste caso, conséguese o 2º premio do Concurso Prensa Escola convocado por “La Voz de Galicia”, cun traballo titulado “Do viño ao botellón”, realizado polo profesor Andrés Vilas, coa colaboración desinteresada do Grupo de Video (Taller Lumiere) e outros profesores como Alberto, Aurora, Xabier, Fernando…, e, por suposto, coa participación activa dos alumnos de 3º ESO e 4º ESO O traballo premiado con 3000 euros vén sumarse

COLUMNA CONMEMORATIVA AOS PREMIADOS DO ASOREY ao primeiro premio que hai dous anos o mesmo profesor conseguiu no I Concurso Prensa Escola deste xornal, cun traballo sobre as novas de prensa do barco Ostedijk , AÍNDA QUE PAREZA MENTIRA levado ao laboratorio, titulado “O holandés errante no ANDRÉS USA O ORDENADOR laboratorio de Física e Química”. A unidade didáctica premiada este ano “Do viño ao botellón” está estruturada en tres partes: 1º Traballo escrito en Word que contén os aspectos pedagóxicos da unidade didáctica como a aplicación da prensa na aula. Neste caso relaciónase co viño, colleita, maduración, elaboración e destilación. Un proceso de investigación levado a cabo no laboratorio onde os alumnos/as elaboraron o seu propio viño. Tamén se dedica unha parte á problemática do alcol e a súa influencia na sociedade: o botellón e a relación alcohol-condución como problemática dos xoves e da sociedade en xeral. 2º Un traballo en PowerPoint onde se reflicten, dende o punto de vista gráfico, os procesos levados a cabo tanto no laboratorio como nas visitas ás adegas e ao centro enolóxico, como na asistencia á conferencia sobre o tema do viño no Salnés e a problemática do botellón e a condución. 3º Un DVD cun enfoque complementario do tema tratado, onde se fai un seguimento con tres puntos de vista diferentes sobre a elaboración do viño. Un aspecto a tratar no laboratorio e na investigación, un aspecto da elaboración do viño de maneira tradicional e outro aspecto industrial e comercial, ALUMNOS INVESTIGANDO NO centrado no viño en xeral e no albariño en particular, cun guión LABORATORIO estruturado dunha forma poética onde o viño se erixe como verdadeiro protagonista. Parabéns para todos os que participaron nesta unidade didáctica premiada e, a seguir así. 42


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

ÚLTIMA HORA: COLLEITA DE PREMIOS NO ASOREY

OS ALUMNOS DO ASOREY TAMÉN RECIBEN PREMIOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E DO SERGAS Os alumnos de 1º ESO A e 1º ESO C gañaron o terceiro premio á mellor actividade creativa do concurso “Clases sen fume”, convocado pola Consellería de Educación e o Sergas. Era un concurso europeo para mozos e mozas entre 12 e 14 anos. Para poder participar, os alumnos e un profesor tiñan que comprometerse a non fumar nada durante seis meses. Ademais realizaron actividades para previr o tabaquismo e gravaron unha curtametraxe de vídeo, realizada polo Taller Lumiere, dirixida a convencer e invitar á xuventude a non fumar, a non comezar sequera, a non probar. Os alumnos recolleron o seu premio en Santiago o xoves 28 de maio, acompañados de X. M. Domínguez e Teresa Romero.

1º ESO A E C CELEBRAN O PREMIO

IMOS POLO TERCEIRO PREMIO DESTE ANO. A VER SE HAI SORTE!!! Un grupo de rapaces do IES Francisco Asorey, comentan e describen que farían e que lugares visitarían na comarca do Salnés 3º ESO A participou na elaboración dunha curtametraxe de vídeo que se presentou o pasado mes de maio e que ademais compite con outros videos da comarca dentro do concurso “Presume do Salnés” organizado pola Mancomunidade do Salnés. O vídeo pódese ver en YouTube entrando na páxina www.osalnés.com ou ben directamente en www.o salnes.wmv

43


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

SAMAÍN 08

44


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

PREMIO SAMAÍN 08

as u nh a d n n c o é e de bra c o ñ e c ida s a m a A d á is s ma s m no P è re ‐ pa nta . Aq u í ia c n F ra is e ,… L a c ha

… dise que nos días de néboa , vese deambulando polos camiños a unha xove muller morena, con longos cabelos, moi branca, cun longo vestido branco e que ten na súa man dereita unha rosa negra cun longuísimo talo.

Da a impresión de que se desliza polos camiños . E ela mira recto e dereito coma se non estiveses alí.

E n F rancia, hai moitas damas de branco. E n xeral, podémolas cruzar, pola noite, sobre as beirarrúas das autopistas. Dise que son autoestopistas.

Un home, s obre a estrada está ó volante do seu coche. Nunha curva, sobre a beirarrúa da estrada , apareceu unha forma branca. Párase…

e qu v e s a ño s . o x s tr a z a te s e s ra p on c c ide n s u e e n a e q dis re ron r mo

Hai damas brancas por todos lados… en todos os país es de E uropa… en F rancia… por todos lados. S on espíritos xentís, benévolos … a maior parte do tempo.

… ocorre que estes espíritos se converten en

MALÉ FIC OS… Mais ás veces…

45


IES Francisco Asorey

Xu単o 2009

ENTROIDO 2009

46


IES Francisco Asorey

Xu単o 2009

ENTROIDO 2009

47


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

DEPORTES JOLICHADAS QUE NON SE DIGA, NO ASOREY PRACTICAMOS MOITO DEPORTE Durante o curso 2008/09 non paramos , fixemos un pouco de todo. Ademais de asistir ás clases de educación física, como é normal, fomos á Carreira dos Institutos, á de Pontevedra, ao Correlingua. Nadamos na piscina municipal, fixemos vela… Agotámonos… Para que vexades que é certo, aí vos vai a clasificación da Carreira dos Institutos e fotos onde se ve claramente que estamos a suar a gota gorda (ou a punto de suala)

INFANTIL MULLERES POSICIÓN 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12

NOME ALUMNO/A Andrea Falcón Leal Aldara Muñiz González Lara Diz Gómez Aida Vidal Balea María Martínez Barbeito Lucía Santos Vieites Iria Gondas Santórum Aida Rey Padín Sara Baña Padín Ana Quintela González Cristina Prego Padín Mariña Padín Oubiña

INFANTIL HOMES POSICIÓN 1 2 3 4 5

NOME ALUMNO/A

6 7 8

Breixo Alonso Castro Adrián Feijo Rey Luis Miguel Doval Casal Jorge Millán Lema Manuel Busto Iglesias Néstor Daniel Galeano Fernández Rodrigo Paradela Oubiña José Carlos Dominguez Lago

9

Alejandro García Paz

10

Baldomero González Argibay

CADETES MULLERES

CADETES HOMES

POSICIÓN

POSICIÓN

NOME ALUMNO/ A

2

Valentina Barreiro Oubiña Melania Diéguez Salvado

3

Belén Pena Padín

4

Marta Luciol Barral

5

Sara Serantes Silva

6

Malena Sineiro Ponti

1

NOME ALUMNO/A

1

Sergio Chaves Serantes

2

Ángel L. Sánchez Rebollido

3

Martín Chaves Piñeiro

4

Josua Fernández Álvarez

5

Daniel del Río Irago

6

Jose A. Chaves Dozo

48


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

DEPORTES JOLICHADAS

XERAL MULLERES POSICIÓN

NOME ALUMNO/A

1 2 3

Irene Blanco Vilas Carmén López Rey Noelia Parracho Martínez

4 5 6 7

Sara González Pombo Eva Núñez González Raquel Trigo Núñez Antía Montes Argibay

8 9

Sofía Fernández Fariña Sara Sineiro Palacios

10

Ana Pombo Losada

VETERANOS HOMES POSICIÓN

NOME ALUMNO/A

1

Íñigo Fernández Pérez

2

Chón

XERAL HOMES POSICIÓN

NOME ALUMNO/A

1

Miguel Blanco Vilas

2

Raúl Fernández Fernández

3

Gustavo Rey Abalo

4

Manuel Otero Paz

5

Juan José Fernández Cores

6

Hugo Eduardo Mouriño

7 8

Adrián Fernández Cores Adrián Oubiña Esperón

VETERANOS MULLERES

POSICIÓN 1

NOME ALUMNO/A Anabel Santamaría Lema

PREMIO ESPECIAL 1

Sabina Casalderrey

49


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

DEPORTES JOLICHADAS

A OPINIÓN DE…. ROI FERRO O deporte sempre está presente no noso instituto e este ano non houbo excepción. Campionatos de fútbol, baloncesto, voleibol, balonmán… Pero este curso, ao igual que nos anteriores, temos que destacar defectos no funcionamento de ditos campionatos. E é que coma en anos anteriores, o campionato de baloncesto quedouse, coma sempre, en proxecto. Fixéronse os equipos, entrégaronse as inscricións pero finalmente non se levou a cabo. Este ano, a debacle chegou tamén ao campionato de fútbol, o cal até o de agora sempre funcionara correctamente, pois este ano rematou por estancarse a liga entre obras na pista e partidos sen arbitrar… O balonmán agardámolo, en principio, para o terceiro trimestre, cando adoita xogarse, pero visto o visto, nunca se sabe… OUTRO ANO MÁIS PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA

TAMÉN FIXEMOS VELA

O MAR XA NON TEN SEGREDOS PARA NÓS. JE, JE, JE.

FOTO DOS PARTICIPANTES NO CORRELÍNGUA 2009 CELEBRADO EN VILAGARCÍA, ASÍ A LINGUA DÁ UN PASO MÁIS CADA ANO, GRAZAS AO NOSO PEQUENO GRAN ESFORZO O ANO QUE VÉN FALAREMOS MÁIS EN GALEGO E, CORREREMOS MENOS?

50


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

DEPORTES JOLICHADAS

Entrevistas a Iago Portas e Pablo Charlín (estudantes do noso instituto que militan no Pontevedra CF Xuvenil) por Roi Ferro Iago Portas (4ºESO – B):

Pablo Charlín (1ºBach. – B):

Cando comezaches a xogar ao futbol? Comecei con 9 anos, nos alevíns dos CX Cambados, entrenabamos moi duro porque tiñamos un adestrador moi esixente, aínda que non conseguimos demasiado éxitos con el, o mellor recordo daquela foi a vitoria 0-1 ao Pontevedra. Gustaríache practicar outros deportes? Gústanme o baloncesto ou o rugby, pero teño máis predilección polo fútbol. Apréndese moito no Pontevedra CF? Apréndese bastante de futbol, o nivel aumenta bastante e hai máis competencia tanto nos campionatos coma no propio equipo. No Cambados era máis “de carallada”, xa que ías pasar o tempo cos amigos, aínda que tamén aprendías porque había bos adestradores. Recordas alguna anécdota en especial nos anos que levas practicando o deporte? Anécdotas…moitas!!! No Cambados recordo como anécdota nun partido no cal saímos goleados do campo do At. Cuntis 14-1 e cando o noso compañeiro “Fransinho” (ex-alumno deste colexio) marcara o gol da honra celebrámolo coma se gañásemos a Champions. E no Pontevedra vivín tamén una anécdota moi bonita, cando quedamos campións de liga e o 1º equipo nos fixo o pasillo xunta o Raio Vallecano nun partido da 2ªB en Pasarón. Que opinas da actividade deportiva no Asorey? Buf! Baixo a miña opinión deixa moito que desexar, debería estar mellor organizado, aínda que sei que os responsábeis poñen bastante interese.

Cantas tempadas levas no Pontevedra CF? Esta é a miña 4ª tempada no club, ao cal cheguei procedente dos infantís do CX Cambados. Curiosamente, o día que me chamaron atopábame de excursión cos compañeiros do Asorey. É difícil compaxinar o futbol cos estudos? Bastante, sobre todo polo tempo que empregamos nos desprazamentos. Tamén dependes moito dos horarios xa que non é o mesmo para estudar que teñas o adestramento no medio da tarde que a última hora. Esíxenche boas notas ou ao club só lle importa o rendemento deportivo? Pois depende do teu adestrador. Dos que tiven eu, moitos preocúpanse por este tema e non hai problema se faltas para estudar, pero a outros dálle absolutamente igual, tanto os estudos coma a personalidade de cada un, só lles importas como futbolista. Gustaríache practicar outros deportes? Se tivese tempo gustaríame practicar o tenis de mesa, teño amigos que o practican e paréceme moi interesante, á par de dinámico. Que opinas da actividade deportiva no Asorey? Sempre comezan ben, con unha grande participación e moitos deportes variados, pero a falta de continuidade fai que ningunha das competicións se remate. Por exemplo este ano contábamos con fútbol, baloncesto, balonmán e tenis de mesa, dos cales dous non chegaron a rematar nunca, e outros dous nin sequera chegaron a comezar.

“Fixéronnos o pasillo os equipos do Pontevedra e Raio Vallecano

Pablo leva xa catro tempadas na canteira do Pontevedra 51


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

DEPORTES JOLICHADAS PASADO, PRESENTE E FUTURO PINGPONÍSTICO Aínda que non o pareza, o tenis de mesa comezou a practicarse en Cambados, a nivel competición, alá polo ano 1970, e naceu froito da rivalidade existente con Vilagarcía de Arousa, pois os seus equipos querían demostrar cal deles era o mellor neste deporte. Durante esa época o equipo cambadés xogaba nas instalacións da Sociedade Cultural de Cambados, e no ano 1973, organizouse o primeiro torneo do Albariño (o máis importante e característico da nosa localidade), que xunto co Torneo de Primavera de Vilagarcía (xa desaparecido hai tempo), constituían un dos maiores acontecementos deportivos da comarca. Xa no ano 1982 producíuse o primeiro ascenso á 1ª División Nacional Masculina, e daquela época son tamén importantes vitorias do equipo femenino tanto dentro do Tenis de Mesa Galego como do Nacional. Logo chegaron anos de altibaixos do equipo masculino, da desaparición do equipo femenino, e no ano 1997 da escisión da sección do Tenis de Mesa da Sociedade Cultural e creación de dous clubs independentes: Cambados TM e Salnés TM. O Cambados TM comezou a xogar no Pavillón do Instituto, máis tarde no Pavillón do Pombal, logo no Ximnasio do Colexio de Sto. Tomé e, dende a súa construción, temos a base de adestramento e sede oficial para competicións deportivas no Pavillón de Sto. Tomé. Enorgulléceme dicir que o Cambados TM é, dende hai xa uns anos, un equipo totalmente consolidado e moi numeroso, e que xunto cos de baloncesto, voleibol ou fútbol fan que o deporte cambadés estea recoñecido tanto a nivel galego como nacional.

Actualmente é moito o alumnado do Instituto Asorey o que formamos parte do equipo, tanto nas modalidades masculina como feminina, e nas diferentes categorías, e xa participamos en campionatos galegos e nacionais, nos que acadamos moi bos resultados, sendo seleccionados en diversas ocasións para representar a ámbalas dúas seleccións, en campionatos de enorme prestixio.

Esta nova remesa de xogadores/as de Cambados TM., comezamos a nosa andaina no ano 2002, sen saber nin sequera o que significaba a palabra "ping-pong". Todo comezou a raíz da fichaxe do primeiro estranxeiro por parte do equipo titular: o rumano Stefan Moraru, unha grande persoa e un xenial profesional, co que comezamos a dar os nosos primeiros golpes á raqueta. El ensinounos non só a xogar, senón que tamén foi o que contribuíu dun xeito especial á consolidación do que agora somos: un equipo

52


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

DEPORTES JOLICHADAS Despois viñeron ó primeiro equipo Zhao Qiang, de nacionalidade china, e os venezolanos Jonathan Pino e Marcos Navas cos que estivemos unha tempada, logo Karol Hasek (de Eslovaquia) e Lauri Laane (de Estonia). Na actualidade o noso adestrador habitual é Karol Hasek, pero tamén aprendemos moitas cousas dos restantes xogadores do equipo masculino de veteranos, do que forma parte o chino Liu Junhui, e que compiten nas ligas superiores nas que participa o Cambados TM. Este deporte que comezou para todos/as nós como unha “actividade extraescolar” é nestes momentos algo esencial na nosa vida cotiá, non só porque nos permite canalizar parte da nosa enerxía, acudir a campionatos en moitos puntos da xeografía española, senón tamén porque con el facemos amizades mentres competimos con sa rivalidade. Nin que dicir ten, esperamos seguir progresando e acadando máis triunfos para o Tenis de Mesa cambadés, e gustaríamos tamén que moitos dos que hoxe estades lendo este artigo vos animedes a formar parte do noso equipo. Así poderedes comprobar, de primeira man, que o tenis de mesa é un deporte máis complexo do que parece e moi divertido cando se practica. Gema Cores Pérez (1º Bacharelato – Grupo B)

PENÚLTIMA HORA:

INÍCIASE O INTERCAMBIO SALCEDA DE CASELAS -CAMBADOS Os alumnos de 3º de ESO do IES PEDRAS RUBIAS da localidade de Salceda de Caselas visitáronnos o luns día 1 de xuño. Os rapaces de 4º de ESO do noso centro acompañámolos a coñecer a nosa vila . Fomos no Pavitrén, visitamos o Pazo de Fefiñáns, descubrimos como funciona unha depuradora de marisco, como se fan as redes de pesca e como se traballa na seca. O luns día 8 de xuño visitaremos e gozaremos dos encantos do interior de Galicia e norte de Portugal xunto aos nosos novos amigos.

53


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

PASATEMPOS A VER QUEN RESOLVE ESTE ENCRUCILLADO DE RAÚL

54


IES Francisco Asorey

Xu単o 2009

55


IES Francisco Asorey

Xuño 2009

Equipo de Normalización e Dinamización lingüística do IES Francisco Asorey 56


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.