Issuu on Google+

ecturas nun tempo de verรกn


Se mergullarse na lectura supón a perda da noción do tempo, non hai mellor momento para iso que o verán. Busca eses libros agochados na biblioteca da casa ou nun estante perdido da túa habitación; visita a biblioteca pública ou a librería que máis che guste; pídelle a algún amigo que che recomende un libro. Valen todos os temas, todos os xéneros, todos os personaxes,... No verán non hai lecturas obrigatorias, hai LIBROS LIBRES.

Librérate!!!!


1º ciclo ESO Saímos de ruta e en primeiro lugar viaxamos a Nova Iorque co personaxe de comic Mot, un monstruo amable que vive no armario de Leo e que o leva pola cidade dos rañaceos e polo mundo de Nunca Xamáis. De volta a Europa achegámonos a Bélxica co pequeno Spirou que nos fala do seu mestre favorito no comic Mi profesor de ximnasia. A viaxe continua por Europa e lévanos no espazo e no tempo ata a antiga Roma na que ocorren as historias policiacas de Caroline Lawrence en El fugitivo de Corinto. De volta pasaremos pola cosmopolita cidade de Barcelona para coñecer a Raquel de Isabel-Clara Simó que tamén viaxa moito pero por dentro de sí mesma. E, xa un pouco cansos de tanto andar fóra da casa, voltamos e lemos a Breve Historia de Galiza de A Nosa Terra, porque coñecer o propio é a porta para coñecer aos demáis.

2º ciclo ESO Esta nova viaxe imos comezala en nave espacial, chegando á Terra para acompañar aos extraterrestres de The Host de Stephenie Meyer que non collen hotel senón que entran directamente a hospedarse nos corpos dos humanos, con serias consecuencias para as dúas especies. Despois podemos facer unha viaxe a lugares imaxinarios como Idhún, polos que nos leva Laura Gallego en Memorias de Idhún. No mar entramos co navío Santa Lilaina, un veleiro do século XIX, na novela de aventuras Caldo de mares para homes libres de J.A. Xesteira, que percorre os mares de Lisboa ata o Caribe. No camiño de volta, no avión, podemos ir lendo unha novela policiaca situada en Cambados Svea Kött (carne sueca) do noso escritor Domingo Tabuyo, para ir recuperando as esencias do Salnés. E, xa na casa, para repousar de tanto camiñar polo mundo, un libro de ciencias Eso no está en mi libro de ciencias de Kate Kelly, que recolle os avances máis importantes da ciencia e explícaos dun xeito divertido.

Bacharelato e Ciclos Comezamos a viaxe no centro de Galicia, nun lugar mítico que representa a Galicia rural do século XIX, a Galicia dos pazos e dos bosques profundos, a dos señores e os labregos, a Galicia que retratou Emilia Pardo Bazán en Los pazos de Ulloa. De aquí saltaremos ao lonxano Xapón que retrata Orgullo de Samurai de Hiroshi Hirata, un comic que amosa a loita e orgullo dos guerreiros orientais. Seguimos percorrendo a Terra ata o Caribe da man de Ernest Hemingway quen, coa súa obra El viejo y el mar, narra a historia de Santiago, un vello mariñeiro cubano que loita cun pez xigantesco na captura máis salientable da súa vida. Percorrida case a Terra enteira, saímos para Marte da man de Ray Bradbury que relata a futura conquista do planeta vermello en Crónicas Marcianas. De volta a Galicia leremos O bandido Casanova de Hixinio Puentes que retrata ao bandido máis lendario do século XIX galego, Mamede Casanova, alias Toribio. Por fin, hai que ler o libro de Stéphane Hessel Indignádevos! se queremos viaxar pola realidade sen perder o rumbo.


guia lecturas