Guía de Servizos Sociais

Page 1

Aquelas persoas que o desexen poden ser voluntarias nos Servizos Sociais colaborando no programa de reparto de alimentos, roupeiro, actividades para a infancia, persoas maiores, persoas con diversidade funcional, etc. O Roupeiro Municipal púxose en marcha co fin de reciclar roupa usada para ser entregada a persoas con escasos recursos económicos e cubrir a súas necesidades de vestimenta.

SERVIZO DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR. É un programa de apoio educativo, psicolóxico e social dirixido ás familias coa finalidade de promover a calidade de vida e o benestar dos membros que a integran. Reforzo Educativo: O reforzo educativo é unha medida de apoio ao alumnado en risco de exclusión social, que se ofrece con carácter puntual cunha finalidade preventiva, de recuperación ou incluso de ampliación. A intervención céntrase en ensinar ás rapazas e rapaces participantes as técnicas, estratexias e métodos que faciliten o seu proceso de aprendizaxe así como conseguir certa autonomía e organización no seu estudo. As actividades que se levan a cabo están dirixidas a todos os niveis de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, abarcando todas as materias do currículo. ADEMÁIS DOS PROGRAMAS BÁSICOS, DENDE OS SERVIZOS COMUNITARIOS MUNICIPAIS DE PORTO DO SON DESENVÓLVESE TAMÉN:

ATENCIÓN PSICOLÓXICA: Dirixida a todos os colectivos. Consiste en valoración, apoio e

intervención psicolóxica individual.

PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO: Segundo a Organización Mundial da Saúde,

o envellecemento activo pretende mellorar a calidade de vida das persoas a medida que envellecen, favorecendo as súas oportunidades de desenvolvemento para unha vida saudable, participativa e segura. O Programa de Envellecemento Activo municipal, é un programa de actividades socioculturais e terapéuticas dirixidas ás persoas maiores de 55 anos (bailoterapia, excursións socioculturais, termalismo, etc.)

OUTROS RECURSOS ...

Centro de Información ás Mulleres de Noia: 981 828 011 Centro de Información ás Mulleres de Riveira: 981 874 131 - 981 873 409 Servizo de información e asesoramento a mulleres vítimas de violencia de xénero: 016 Teléfono da muller 24 horas (permanente e gratuíto): 900 400 276 Emerxencias: 112 Garda Civil EMUME (Equipo da Muller e do Neno): 062 SOS Galicia: 900 444 222 Policía local: 981 853 071 Centro de Día de Porto do Son: 981 854 031 Escola Infantil Municipal: 981 853 434

P ONDE ESTAMOS?

Que persoas poden acudir aos Servizos Sociais de Porto do Son? Todas aquelas persoas que residentes no Concello de Porto do Son. O equipo de traballo dos Servizos Sociais do Concello de Porto do Son está integrado por:

SON PROGRAMAS BÁSICOS DOS SERVIZOS SOCIAIS OS SEGUINTES:

Servizos Sociais Comunitario Municipais Planta baixa da Casa do Concello Rúa Atalaia, Nº 7 15970 Porto do Son

PROGRAMA DE VALORACIÓN, ORIENTACIÓN E INFORMACIÓN SOCIAL: Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a persoas, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais asistentes, así como a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos. SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR: Ofrece un conxunto de atencións a persoas ou familias no I 981 867 414 M servizosociais@portodoson.gal de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES: É un recurso xerontolóxico de apoio ás

propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual especialmente naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal ou se atopen en risco de exclusión social. Programa Xanta na Casa: Servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e con menús adaptados ás necesidades das persoas beneficiarias.

PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL: Dirixido a persoas ou familias que se atopen nunha situación de especial dificultade e precisen un apoio específico: axuda técnica ou profesional, axudas económicas puntuais, axudas escolares para libros ou transporte escolar, axudas para alimentos, etc.

familias que durante o día presta atención integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia na súa contorna.

ESCOLA INFANTIL:

LUDOTECA MUNICIPAL: Espazo de conciliación ludico dirixido a nenas e nenos de 6 a 14 anos.

Desde os Servizos Sociais traballase activamente coa intención de mellorar as condicións de vida, corrixir desigualdades e apoiar a aquelas persoas en situación de exclusión social ou en risco de padecela. Ademais promóvese de forma continuada diferentes iniciativas e actividades co obxectivo de previr posibles situacións de risco e educar no valor da igualdade.

2 Traballadoras Sociais. 1 Psicóloga. 1 Auxiliar Administrativa. 3 Auxiliares de atención sociosanitaria a persoas no domicilio. 1 Mestra de ludoteca.

Urxencias médicas: 061

Os Talleres de Memoria, desenvólvense nas diferentes parroquias e teñen como obxectivo previr o deterioro cognitivo a través de exercicios prácticos, favorecendo desta maneira a autonomía persoal, a participación social e os trastornos emocionais.

É un equipamento diúrno de atención educativa e asistencial a crianzas con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos facilitando, deste xeito, a conciliación laboral e familiar.

Os Servizos Sociais Municipais son un conxunto coordinado de prestacións e programas destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e a participación social de toda a veciñanza de Porto do Son (art. 2 da Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia).

PROGRAMA DE FOMENTO DA COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE SOCIAL, a través fundamentalmente da acción voluntaria na área social.

Concellería de Servizos Sociais

Programa de Voluntariado: Ten como obxectivo facilitar e promover a participación activa da veciñanza na vida cultural, social, económica e comunitaria do concello.


PROGRAMA DA MULLER DO CONCELLO DE PORTO DO SON O Programa da Muller atende a mulleres que detectan dificultades, necesidades e demandas para facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, ofertando unha atención específica ás mulleres vítimas de violencias de xénero e poñendo á súa disposición, os recursos e instrumentos que promoven a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade. A persoa responsable do Programa da Muller é a Psicóloga dos Servizos Sociais Municipais, que atende as demandas sen cita previa, dando prioridade aos casos de violencia de xénero. Dependendo da situación ou problemática presentada, é quen fai a derivación ás traballadoras sociais do departamento ou a outros recursos da zona non municipais: Centros de Información ás Mulleres de Riveira ou de Noia, Servizo de atención a vítimas de violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, etc. ou xestiona e aplica directamente o recurso máis axeitados: teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, Atención Psicolóxica, etc. Poboación destinataria: A prestación dos servizos do Programa da Muller ten como beneficiarias principais ás mulleres, aínda que os seus servizos amplíanse á poboación en xeral, en relación coas actividades de sensibilización, formación e campañas de prevención.

A VIOLENCIA DE XÉNERO trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.

QUE ACTIVIDADES DESENVOLVE?

Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.

Asesoramento e asistencia psicolóxica: Atención psicolóxica, realización de valoracións e orientacións psicolóxicas, intervención individual, asesoramento, intervención en crise, derivación, realización de informes psicolóxicos naqueles supostos en que sexan solicitados.

Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Derivación aos CIM de referencia (Riveira e Noia) cando a demanda é de atención e asesoramiento xurídico. Nos CIM recibirán: Asesoramento e orientación xurídica referida a calquera procedemento xurídico e xudicial que teñan en trámite, así como calquera tipo de información xurídica referida ao dereito de familia, violencia de xénero, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, acoso laboral, etc. Así mesmo infórmaselles do dereito á xustiza gratuíta. Programa ATENPRO: En convenio con Cruz Vermella, ofrécese o Programa ATENPRO, que é unha modalidade de servizo que, coa tecnoloxía axeitada, ofrece ás vítimas da violencia de xénero que teñan unha orde de protección ou de afastamento, unha atención inmediata e a distancia, asegurando unha resposta rápida ás eventualidades que lles podan sobrevir, as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal sexa o lugar no que se atopen. Mesa de Coordinación Local contra a violencia de xénero, cuxos obxectivos son garantir, fomentar e implementar accións e fórmulas preventivas e ofrecer unha atención integral e de calidade para as vítimas. Programa educativo en materia de igualdade e prevención das violencias para os centros de ensino: este programa enmárcase nunha acción global de sensibilización na igualdade entre mulleres e homes e de promoción dunhas relacións entre sexos baseadas na liberdade e respecto mutuos, previndo situacións de desigualdade e de violencia e rexeitando calquera manifestación das mesma. Organización e conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller e do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

ES UNHA MULLER MALTRATADA CANDO O TEU NOIVO, COMPAÑEIRO OU MARIDO ... ... pégache, insúltache, ameázache, humíllache …. ... impídeche ver á túa familia, ás túas amizades, os teus veciños ou veciñas … ... contrólache, decide por ti, acósache… ... non che deixa traballar ou estudar … ... quítache o diñeiro que ganas ou non che dá suficiente para as necesidades básicas da familia. ... castígache coa incomunicación verbal ou non escoita as túas manifestacións. ... desautorízache constantemente en presenza dos teus fillos, familia, amizades …. ... imponche o acto sexual.

DEBES SABER QUE ...

O que che está pasando sucédelles a moitas mulleres no noso país e no mundo.

RECOMENDACIÓNS ANTE AGRESIÓNS Intenta manter a calma. Ten sempre a man un teléfono de emerxencia ou da Garda Civil. Acude a un centro sanitario no caso de calquera manifestación de violencia física ou sexual e pide un parte de lesións. Se tes dúbidas acude ao Programa da Muller dos Servizos Sociais Municipais para que te asesoren en todo o proceso. Presenta unha denuncia ante a Garda Civil. Contan, para axudarte co Equipo da Muller e do Neno (EMUME) É importante que desde o primeiro momento solicites a asistencia dunha letrada ou letrado de violencia de xénero. Trata de contar os feitos do modo máis claro e realista posible, dando todos os datos do agresor para facilitar a súa identificación. No caso de maltrato físico presenta copia do parte de lesións. En caso de perigo, solicita orde de protección, que será tramitada cun xuízo rápido. Se te vas de casa leva a documentación tanto túa, como dos teus fillos e fillas (DNI ou pasaporte, cartilla sanitaria, permiso de conducir, libro de familia, documentos bancarios, permiso de traballo no caso de non ser española, escrituras, etc.) e obxectos persoais básicos.

Ocorre en todos os grupos sociais, sen distinción de idade, clase social, relixión ou raza. O home que golpea á muller utiliza a violencia para dominar e infundir temor. O maltratador está convencido de que lle pertences en exclusividade e por tanto pode facer contigo o que lle vinga en gana. O agresor xustifica a súa conduta atribuíndoa a que o teu comportamento é inadecuado, porque non respectas os seus desexos ou non lle prestas a atención que esixe. Comezarás a vivir pendente dos seus ataques inesperados de ira e duns comportamentos que non poderás controlar nunca. Os teus intentos por canalizar a situación serán inútiles. Non tes a culpa do seu descontrol. Ti es a vítima das súas frustracións.

NO CASO DE VIOLENCIA SEXUAL DEBES TER EN CONTA: Acudir a un centro sanitario en canto sexa posible. Non te laves nin te cambies de roupa ata despois do recoñecemento médico e da denuncia. Lembra que pode haber moitas probas que serán necesarias na investigación e na denuncia. Pode que pases por diferentes fases: fase de atordamento e confusión, fase de introversión e recollemento onde tratarás de esquecer o sucedido. Por iso é importante que busques axuda psicolóxica especializada.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.