ALUMNADO CON NECESIDADES
EDUCATIVAS ESPECIAIS

Argumentarios é un proxecto xurdido tras o diálogo e a reflexión derivados das xuntanzas mantidas en xullo de 2024 no programa Almorzos con directivos liderados por Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas. Con el queremos ofrecer unha ferramenta que lles facilite aos equipos directivos a difusión, entre toda a comunidade educativa especialmente docentes e familias, da realidade dos centros adheridos a EC en distintos ámbitos. Neles atoparanse, de forma sinxela e práctica, os porqués da situación actual dos centros concertados en distintas áreas así como a súa razón de ser e argumentos claros e concisos a moitas preguntas, dúbidas e prexuízos que xiran ao redor deste modelo educativo, escollido por case o 30% das familias do alumnado escolarizado na nosa comunidade educativa. Velaquí, o primeiro Argumentario centrado no alumnado con necesidades educativas especiais.
Innovación Pedagóxica. Escolas Católicas
Presidenta: Mª Teresa Iglesias Polo
Secretaria autonómica: Juana Otero Torres
Autoría: Asesoría Xurídica
Coordinación do proxecto: Innovación Pedagóxica
Asesoramento lgtco.: Innovación Pedagóxica
Maquetación: Xabier Martínez
Escolas Católicas. Santiago de Compostela. Novembro de 2024
DISCRIMINACIÓN DO ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO ESCOLARIZADO NOS CENTROS DE ENSINOCONCERTADOS
1. A NORMATIVA E OS DATOS
A 1normativa que regula a admisión de alumnado, a reserva de prazas para alumnos con necesidades educativas e as obrigas de atención á diversidade, é a mesma para todos os centros públicos, de titularidade pública, e concertados, de titularidade privada (ambos os dous sostidos con fondos públicos). En ningún caso limita nin reduce as responsabilidades educativas dos centros concertados para este alumnado atendendo á súa falta de recursos. É dicir, existe idéntica obriga de reserva legal de prazas para este alumnado no proceso de admisión e tamén se teñen obrigas idénticas con respecto á atención do alumnado con necesidades educativas especiais, (en adiante, ACNEAE) pero os recursos non son idénticos. [Capte la atención de los lectores mediante una cita importante extraída del documento o utilice este espacio para resaltar un punto clave. Para colocar el cuadro de texto en cualquier lugar de la página, solo tiene que arrastrarlo.]
Os centros concertados escolarizan o 26% da totalidade do alumnado de Galicia no ensino obrigatorio, porcentaxe que inclúe tamén a etapa de Infantil, aínda que non sexa obrigatoria. Concretamente no Curso 20212022, últimos 2 datos occiais publicados pola Consellería, do total do alumnado con NEE, o 25,85% está escolarizado en centros concertados. Esta porcentaxe en etapas como ESO sobe ao 31,9 % e en Formación Profesional básica, ao 33,4%.
A Consellería de Educación presume de que Galicia é a Comunidade Autónoma máis inclusiva, con maiores porcentaxes de alumnado con necesidades de apoio educativo escolarizado en centros ordinarios (o
1 Ao final deste apartado, recóllense as normativas estatal e autonómica pola que deben rexerse todos os centros sostidos con fondos públicos (públicos -titularidade pública) e concertados (titularidade privada).
2 As cifras da educación en Galicia. Estatísticas e indicadores. Curso 2021/2022
94%) pero nos centros concertados esta inclusión é posible exclusivamente grazas ao traballo dos equipos docentes, con dotacións mínimas por parte da administración educativa, moi inferiores ás que acorda a consellería para os centros de titularidade pública. Nin sequera se achegan recursos cando estes se recollen e recomendan nos informes elaborados polos Equipos de Orientación Especícca.
CONCLUSIÓN
A obriga legal de dotar os centros concertados de recursos dun xeito equiparable aos centros de titularidade pública non se está a cumprir na nosa comunidade autónoma. As familias que elixen un centro concertado, no exercicio dos dereitos que lles recoñece o ordenamento xurídico español e a lexislación internacional, ven como os seus fillos ou fillas están privados dos recursos que as administracións educativas deben facilitar.
2. ORIENTACIÓN EDUCATIVA
A dotación para orientadores/as nos centros concertados iniciouse no ano 1998, dous anos despois da implantación da etapa da Educación Secundaria Obrigatoria en España como consecuencia da aprobación da LOGSE (Lei Orgánica 1/1990 do 3 de outubro). Na concertada non se incrementa esta dotación desde 1998. Actualmente, nos centros públicos existen xa orientadores nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria pero nos concertados o orientador/a, adscrito á ESO, debe atender todo o alumnado do centro.
En relación coa dotación de orientadores/as, e pese á consideración dos módulos estatais como mínimos, é dicir, as comunidades autónomas poden melloralos, os módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados publicados na nosa comunidade inclúen unha limitación que non aparece na Lei estatal de Presupostos. Esta limitación indica que nunca se superará un máximo de vinte e cinco horas por centro (unha persoa orientadora con xornada completa). A modo de exemplo, recollemos a última, a LEI 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, que no seu artigo 57 recolle dita limitación:
Tres. Os centros que impartan os catro cursos da educación secundaria obrigatoria serán dotados do financiamento dos servizos de orientación educativa. Esta dotación realizarase sobre a base de calcular o equivalente a unha xornada completa da ou do profesional axeitado para estas tarefas, en función do número de unidades de educación secundaria obrigatoria que teña concertadas o centro e ata un máximo de vinte e cinco horas por centro. Os custos da persoa orientadora, que se incluirán na nómina do pagamento delegado do centro, serán os correspondentes ao salario, os gastos variables e o complemento retributivo segundo o establecido nos módulos económicos por unidade escolar do primeiro e segundo cursos ou do terceiro e cuarto cursos de educación secundaria obrigatoria, respectivamente.
Como indicamos anteriormente, esta limitación non se contempla nas leis de presupostos do estado senón todo o contrario pois incluso regulan a posibilidade de cnanciar a orientación educativa en Infantil ou en
Primaria. Por exemplo a Ley4/2023, de 29 de diciembre, de Presupuestos Generales para 2024.
3. A los centros privados concertados que estén impartiendo dentro del régimen de conciertos educativos la etapa de educación infantil se les dotará de financiación para sufragar las funciones de orientación educativa y profesional en esta etapa sobre la base de dos horas por línea concertada en educación infantil.
A los centros privados concertados que estén impartiendo dentro del régimen de conciertos educativos la etapa de educación primaria se les dotará de financiación para sufragar las funciones de orientación educativa y profesional en esta etapa sobre la base de una hora por unidad concertada.
A los centros privados concertados que estén impartiendo dentro del régimen de conciertos educativos la etapa de educación secundaria obligatoria se les dotará de la financiación para sufragar las funciones de orientación educativa y profesional en esta etapa sobre la base de una hora por unidad concertada.
En el caso de los centros privados concertados que estén impartiendo dentro del régimen de conciertos educativos la etapa de bachillerato se les dotará de la financiación para sufragar las funciones de orientación educativa y profesional en esta etapa sobre la base de una hora por cada dos unidades concertadas.
A los centros privados concertados que estén impartiendo dentro del régimen de conciertos educativos la etapa de educación infantil y tengan un número de unidades inferior al de una sola línea completa se les dotará de financiación para sufragar las funciones de orientación educativa y profesional en esta etapa sobre la base de una hora. A los centros concertados que estén impartiendo la etapa de educación infantil y tengan un número de unidades superior que no alcance una nueva línea completa se les dotará de financiación para sufragar las funciones de orientación educativa y profesional sobre la base de las horas que le correspondan por la línea o líneas que sí tengan completas.
En el caso de los centros privados concertados que tengan, dentro del régimen de conciertos educativos, cinco o más líneas de educación infantil, primaria, educación secundaria obligatoria y, en su caso, bachillerato, se aplicará la financiación necesaria para sufragar las funciones de orientación educativa y profesional con una dotación total de cincuenta horas.
CONCLUSIÓN
A Consellería coa súa Lei de orzamentos inclúe limitacións, non recollidas na Lei estatal de Presupostos, impedindo tanto o incremento das dotacións para orientación educativa, conxelada desde 1998, como a dotación de persoal orientador en Infantil e Primaria. A persoa orientadora da ESO debe atender todo o alumnado, de todas as etapas educativas.
➢ ESPECIALISTAS DE PEDAGOXIA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE
O financiamento destes especialistas, que desenvolven as súas funcións en Infantil e Primaria, é o mesmo desde o ano 2003 cando se acordou co 3 Goberno iipartito. Non obstante, nos centros públicos, segundo informacións aparecidas no Portal Educativo e facilitadas polo titular da consellería o 29 de outubro de 2024, en áreas como Audición e linguaxe e Pedagoxía terapéutica o profesorado hoxe supera xa os 5.000 docentes, fronte aos 2.700 do ano 2009. Por outra parte, a Consellería tamén destaca que en Galicia temos a mellor ratio de alumnos/as por profesor en centros e Educación Especial, 2,6 alumnos porprofesor, fronte á media estatal de 3,4. Estes datos non se corresponden cos da concertada onde son inferiores.
CONCLUSIÓN
A dotación de especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe para centros concertados de Primaria non se incrementou en 21 anos mentres que na escola pública duplicouse desde o 2009.Aratio de alumnos/as por profesor en centros e Educación Especial na concertada é inferior á da pública.
3 Resolución do 10 de outubro de 2003 (DOG 6/11/2003).
3. AXUDAS ECONÓMICAS
A única axuda económica que reciben os centros concertados para a atención do ACNEAE é unha subvención con carácter anual, por un importe total de 300.000 euros destinados a contratación de persoal e reparacións, mantemento e obras, para todos os centros concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, que son máis de douscentos. Estas contías, repartidas entre toda a rede concertada, son insuccientes para contratar persoal que atenda o alumnado con necesidades durante un curso escolar e, ademais, ao teren carácter anual, non permiten a estabilidade do persoal contratado.
CONCLUSIÓN
A subvención de 300.000 euros anuais que destina a Xunta aos concertados (máis de 200) para persoal de atención á diversidade é insuficiente para contratar especialistas (coidadores/as, orientadores/as, PT, AL…) que atenda o alumnado con NEE durante un curso escolar.
4. PROGRAMAS DE REFORZO E RATIO
Os centros concertados son excluídos, sistematicamente, de múltiples programas de apoio e reforzo á inclusión educativa. Entre as últimas exclusións podemos citar dúas:
➢ ProgramaMEGA
Os obxectivos deste plan, dotado con máis de 77M€ para os próximos catro cursos, son incrementar o nivel de competencias do alumnado, personalizar o apoio educativo, mellorar a atención ás necesidades especíccas, avanzar cara un ensino máis inclusivo e fortalecer a formación dos docentes. Este Plan estrutúrase arredor de seis programas distintos, que se porán en marcha ao longo do primeiro trimestre do curso escolar. Catro deles son iniciativas novas, en concreto o programa Promociona e os de reforzo da competencia lectora, reforzo da competencia matemática e apoio educativo para o alumnado estranxeiro. Outros dous son iniciativas xa existentes, pero reformuladas e actualizadas para dar resposta ás necesidades actuais. Trátase do programa PROA+ (Reforzo, orientación e apoio) e o de impulso de centros referentes.
Pois ben, os centros concertados unicamente poderán participar do programa PROA+. Este programa, cocnanciado con fondos europeos e destinado aos centros sostidos con fondos públicos non permitiu a incorporación dos centros concertados ata o curso escolar 2022/2023 malia existir xurisprudencia noutras autonomías que determinaba que a exclusión dos centros concertados era discriminatoria. Nese curso, 22/23 acordouse unha convocatoria especícca para o ensino concertado de dous anos. Ademais, fronte á dotación de profesorado para os centros públicos, estableceuse na convocatoria para a concertada que o máximo da axuda para a contratación ou contraprestación económica do profesorado de apoio e reforzo non superará os 10.000€ por curso.Tendo en conta o importe dos salarios e cargas sociais dun docente, estas contías son absolutamente insuficientes para poder desenvolver actividades de reforzo e acompañamento do ACNEAE. A esperada e
prometida convocatoria do programa PROA+ do curso 2024/25 aínda non se publicou.
➢ Contratos Programa CP-Inclúe
Estes contrato programa están destinados exclusivamente a centros públicos e levan emparellada dotación económica. Trátase de plans dirixidos a establecer as condicións para desenvolver nos centros docentes públicos plans dirixidos á mellora permanente do alumnado mediante programas que favorezan a inclusión educativa, a redución do abandono temperán, a igualdade de oportunidades, a mellora da convivencia escolar e o aumento do benestar emocional de toda a comunidade educativa durante o curso escolar 2023/2024.
➢ Acordo sobre diminución de ratios
O 17 de xaneiro de 2024 publicouse do DOG un acordo subscrito, en outubro do 2023, entre a Consellería de Educación e varias organizacións sindicais da escola pública. As entidades sindicais ou patronais con representación no ensino concertado non participaron en ningún momento da xestión deste documento, pero curiosamente, este documento, negociado ás súas costas, aplícase aos centros concertados nun único punto (apartado 1.2): Diminución de ratios.
Os centros concertados quedan excluídos doutras medidas recollidas no acordo, tales como a diminución de carga lectiva do profesorado (o que signicca incrementar ou manter a dotación de profesorado por centro), e as medidas recollidas no punto 2.4. e 2.5, que determinan que cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, cun grao I de dependencia acreditada ou cun trastorno grave da conduta acreditada computará, para os efectos desta ratio, como dous. E cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 % ou cun grao II ou III de dependencia acreditada computará, para os efectos desta ratio, como tres.
CONCLUSIÓN
A Consellería continúa a excluír os centros concertados das mesas de negociación para chegar a acordos, así como de numerosos programas de reforzo, como o Plan MEGA de mellora educativa. Ademais, tamén os relega á hora de aplicaracordos onde nonos tiveron en contacomo é o caso, por exemplo, do Acordo sobre diminución de ratios. Esta actitude redunda nunha clara discriminación do alumnado e das familias que escollen o modelo de educación concertada, complementario do modelo de educación pública. .
ANEXO NORMATIVA POLA QUE DEiEN REXERSE OS CENTROS CONCERTADOS NA ESCOLARIZACIÓN DE ALUMNADO CON NEE
» REGULACIÓN ESTATAL SOBRE ATENCIÓN DE ALUMNADO CON NECESIDADESESPECÍFICASDEAPOIOEDUCATIVO
Neste apartado debemos ter en conta a Lei Orgánica de Educación, (L.O. 2/2006 do 3 de maio. LOE)
No artigo 71.1. desta lei estatal recóllese:
“ 2. Corresponde ás administracións educativas asegurar os recursos necesarios para que os alumnos e alumnas que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, TDAH, polas súas altas capacidades intelectuais, por se ter incorporado tarde ao sistema educativo, ou por condicións persoais ou de historia escolar, poidan alcanzar o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado.”
No artigo 72 da mesma lei indícase:
“1. Para alcanzar os fins sinalados no artigo anterior, as administracións educativas disporán do profesorado das especialidades correspondentes e de profesionais cualificados, así como dos medios e materiais precisos para a adecuada atención a este alumnado.
2. Correspóndelles as administracións educativas dotar os centros dos recursos necesarios para atender adecuadamente a este alumnado. Os criterios para determinar estas dotacións serán os mesmos para os centros públicos e privados concertados.”
No artigo 74, especifícase:
“1. A escolarización do alumnado que presenta necesidades educativas especiais rexerase polos principios de normalización e inclusión e asegurara a súa non discriminación e a igualdade efectiva no acceso e a permanencia no sistema educativo, podendo introducirse medidas de flexibilización das distintas etapas educativas, cando se considere necesario. A escolarización deste alumnado en unidades ou centros de educación especial, que se poderá estender ata os vinte e un anos, só se levará a cabo cando as súas necesidades non poidan ser atendidas no marco das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios.”
» NORMATIVAAUTONÓMICA
No eido autonómico, cómpre ter en conta o DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 21/12/2011).
Artigo 4. Principios xerais de actuación.
1. A atención á diversidade rexerase polos principios de normalización e inclusión; equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación [..]
Artigo 5. Actuacións da Administración educativa.
A consellería con competencias en materia de educación, no marco das actuacións destinadas a adecuar a resposta educativa á diversidade, deberá:
2. Realizar a dotación dos recursos necesarios para ofrecer unha educación equitativa e de calidade, dentro dos principios inclusivos e de individualización da intervención educativa.
Artigo 38. Recursos humanos.
2. Os centros educativos contarán cos profesionais especializados necesarios para atender as necesidades do seu alumnado. Entre eses profesionais inclúese o profesorado de Pedagoxía Terapéutica e/ou Audición e Linguaxe que se estableza de acordo co número de unidades.
3. No caso dos centros en que o reducido número de unidades non supoña a provisión de profesorado de Pedagoxía Terapéutica e/ou Audición e Linguaxe nos seus catálogos de postos de traballo, así como naqueles centros en que a dotación dese profesorado non abonde para atender as necesidades educativas do alumnado, a consellería con competencias en materia de educación realizará dotacións excepcionais de profesorado de Pedagoxía Terapéutica e/ou de Audición e Linguaxe de acordo co número de alumnado con necesidades educativas especiais, identificado polos servizos de Orientación, e co informe do Servizo de Inspección.

