Xerador de lava caseira

Page 1

POR QUE ACONTECE ISTO? Podemos dicir que as moléculas do aceite e da auga non se levan ben: se as mezclamos repélense. O aceite ten outros "amigos" como ceras ou outros aceites. E a auga ten os seus: azucre, sal ou colorantes alimenticios. É por isto que este experimento se pode levar a cabo: a pilula efervescente ao entrar en contacto coa auga da lugar a dióxido de carbono, un gas que forma pequenas burbullas ascendentes as cales fan subir a auga coloreada formando figuras caprichosas e moi bonitas que ao chegar ao aceite volven baixar. Por isto o noso experimento parece un volcán en erupción lanzando lava de cores.

EXPERIMENTOS DE CIENCIA XERADOR DE LAVA CASEIRA


PASOS

QUE NECESITAMOS? Algunha vez viches esas laá mpadas que tenñ en líáquido de cores no interior? Os líáquidos moá vense sen mezclarse! Un bote de cristal transparente. 2/3 de aceite (tomando como referencia o bote) 1/3 de auga (tomando como referencia o bote) Unhas gotas de colorante alimenticio. Unha pilula efervescente (empregamos Eferalgan)

Metemos a auga no bote. Engadimos o aceite. Metemos unhas gotiñas de colorante alimenticio. Esperamos a que a auga e o aceite se estabilicen e o colorante alimenticio pase a disolverse na auga. Aprendemos que a densidade da auga e do aceite son distintas por iso o aceite sempre queda arriba. Cando todo estaba perfectamente separado, comezou o bo: A CREACIÓN DA LAVA! Esto conséguese coa pilula efervescente. Engadímola! Ao meter a pilula, as burbullas de cor suben impulsadas pola efervescencia, sen mezclarse co aceite. O efecto é espectacular.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.