Nº 3 construimos unha botella máxica

Page 1

CLUB DE CIENCIAS DAS REVOLTAS Nº ACTIVIDADE:

3

DATA: 19/03/2018

CURSO AO QUE VAI DIRIXIDO: 3º e 4º ESO TÍTULO: Construímos unha botella máxica DESCRICIÓN: O alumnado comprenderá a importancia da presenza de osixeno como un oxidante importante nas reaccións químicas. Así verá o cambio de cor que sofre unha disolución ao axitala favorecendo a introdución de osíxeno na mesma.

FOTOGRAFÍAS:


Nome do grupo: Nome dos compoñentes:

CONSTRUíMOS UNHA BOTELLA MÁXICA OBXECTIVO: Repasar e afianzar o concepto de reacción química así como introducir ao alumnado nas nocións básicas do proceso de oxidación química e da relevancia das substancias indicadoras para identificar o transcurso de moitas reaccións químicas habituais nos laboratorios analíticos.

REACTIVOS:    

Sosa ,NaOH (1 cullerada) Glicosa, C6H12O6 (2 culleradas medidas coa espátula) Auga Azul de metileno, C16H18ClN3S. (colorante orgánico)

MATERIAIS: 

    

Un frasco de 250 mL con tapón ou botella pequena de plástico con tapón. Vaso de precipitados de 250 mL. Pipeta Pasteur. Espátula. Frasco lavador. Placa calefactora.

PROCEDEMENTO: 1. Acende a placa calefactora a baixa potencia (número 3). 2. Colle coa axuda da espátula, unha cullerada de sosa en lentellas e engádeas a un vaso 3.

4. 5. 6. 7. 8. 9.

de precipitados de 250 mL. Toma o frasco lavador e engade un volume duns 100 mL de auga ao vaso. Para favorecer a disolución da sosa, coloca o vaso enriba da placa calefactora e vai removendo ata que case non observes sólido algún dentro do vaso. Apaga a placa e retira o vaso con coidado, pois pode queimar. Deseguido engade as dúas medidas de glicosa e revolve de novo. Por último, toca verter unhas gotas (4 ou 5) do indicador de azul de metileno*, para iso axúdate da pipeta Pasteur. Observa a cor da disolución e acto seguido verte a mesma dentro do frasco ou botella con tapón. Asegúrate de cerrar ben a rosca e axita de forma enérxica. Observa o cambio de cor. Deixa repousar a disolución uns minutos e observa que ocorre. Volve repetir o paso 7 e 8. * Os indicadores químicos son ácidos ou bases débiles que amosan unha cor diferente segundo o carácter ácido ou básico do medio no que se disolvan. A acidez, así de xeito moi sinxelo, está relacionada co pH das substancias, é dicir, coa concentracións de ións H + disoltos.

CONCLUSIÓNS: a) ¿Qué cambios observaches?


Nome do grupo: Nome dos compoñentes: b) ¿Qué entendes por unha reacción química? ¿Poderías dar algún exemplo?

c) ¿Qué hai dentro da botella para que ao axitala dea lugar a unha reacción química que provoque ditos cambios citados no apartado anterior?

d) ¿Cres que a botella será máxica para sempre? ¿Por qué?

Fonte bibliográfica: https://fq4astaregia.files.wordpress.com/2013/12/e_el-agua-azul_teorc3ada.pdf


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.