2024-25


"SAÚDE NA ESCOLA" "INTERVENCIÓN AULA"
Para mestras, mestres e profesorado.
Ofrece materiais didácticos para traballar na aula co alumnado.
Promoven un estilo de vida saudable, previndo as condutas adictivas.
Talleres de aplicación directa na aula co alumnado.
Impartidas polas técnicas en prevención.
Enfocados na adquisición de competencias saudables e habilidades para a vida.
NON PASA NADA, PASA ALGO? "MÁIS QUE UN TEITO"
Talleres de aplicación directa na aula co alumnado.
Impartidas polas técnicas en prevención.
Centrados na prevención de consumos de substancias e na redución de riscos.
Sesións educativas para familias.
Impartidas polas técnicas en prevención.
Obxectivo de informar, guiar e orientar na educación dos/as fillos e fillas.
MOTIVOS QUE XUSTIFICAN ESTES PROGRAMAS
Programas homologados e financiados pola Xunta de Galicia:

Estes programas educativos son completamente gratuítos, reciben o financiamento directo da Consellería de Sanidade. Ademais, todos os programas foron rigorosamente avaliados e homologados pola Xunta, o que garante a súa calidade e pertinencia no contexto educativo.

A importancia de manter a continuidade da prevención nos centros educativos:
Estes programas promoven un ambiente escolar responsable e contribúen á formación de estudantes conscientes.
A prevención non debe ser vista como un evento único, se non como un proceso continuo.
A colaboración entre os centros educativos e os recursos externos é esencial para o éxito destes programas.

Asociación Érguete Baixo Miño Guía de programas - Curso 2024/25

EQUIPO DE PREVENCIÓN
A entidade conta con persoal cualificado con máis de 20 anos de experiencia como Técnicas en Prevención de Condutas Adictivas


MARÍA JESÚS RODRÍGUEZ -SUSA
EDUCADORA SOCIAL
NATALIA GONZÁLEZ
TRABALLADORA SOCIAL
Asociación Érguete Baixo Miño - Guía de programas - Curso 2024/25
Educación para a Saúde na Escola
Destinatarios/as:
Os/as Titores/as, Mestres/as e Profesorado.
Descrición:
Este programa baséase na implementación de contidos curriculares transversais na aula, deseñados para fortalecer hábitos saudables dende a primeira infancia ata os 18 anos.
Obxectivos:
Fomentar o coñecemento e aprecio polos valores saudables e as normas de convivencia.
Adquirir habilidades para a prevención e a resolución de conflitos futuros.
Promover a hixiene e a saúde.
Metodoloxía:
Presentación do programa por parte do persoal de Ér gueteBM aos destinatarios/as.1.
Descarga dos materiais.2.
Aplicación dos materiais didácticos na aula por par te do titor ou titora.3.
O persoal técnico fará un seguimento da aplicación dos materiais e ofrecerá apoio durante o ano escolar. 4.
Contidos:
Coidado e mantemento da saúde - Autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal - Toma de decisións e control emocional - Interacción social, presión de grupo, comunicación interpersoal - Desenvolvemento de habilidades sociais e de resistenciaFomento de valores e actividades de lecer saudables - Información sobre o alcol, o tabaco e outras drogas.


Asociación Érguete Baixo Miño Guía de programas - Curso 2024/25
Intervención Socioeducativa na aula
Destinatarios/as: Alumnado de 3 a 18 anos. Inclúe todos os cursos educativos.
Descrición:
Esta é unha actividade que ofrece ao alumnado información e adestramento en habilidades e competencias persoais e sociais para fortalecer a súa personalidade e mellorar a xestión dos seus posibles conflitos futuros.
Obxectivos:
Aumentar as competencias e habilidades persoais e sociais saudables.
Favorecer unha mellor comunicación entre iguais.
Potenciar a elección de valores, actitudes e comportamentos saudables.
Incrementar a autoestima, o autoconecemento e o pensamento crítico.
Metodoloxía:
A intervención é realizada polas técnicas de prevención directamente na aula durante o horario lectivo, en coordinación cos orientadores/as e titores/as.
Consta de 5 sesións de aproximadamente 50 minutos cada unha, empregando unha metodoloxía participativa, baseada en dinámicas activas e apoiada con recursos dixitais.

Contidos:
Coidado e mantemento da saúde - Autoestima, autonomía e responsabilidade persoalComunicación asertiva - Relacións interpersoais - Xestión de conflitos - Autocoñecemento e toma de decisións - Xestión emocional e relaxación - Uso saudable de pantallas - Fomento de valores e pensamento crítico - Tempo de lecer saudable - Información sobre substancias.

Asociación Érguete Baixo Miño
Non pasa nada, Pasa algo?
Destinatarios/as:
Alumnado de entre 14 e 18 anos. Engloba os cursos de 3º e 4º da ESO e FPB.
Descrición:
Este programa se desenvolve con alumnado no que se detectaron situacións conflitivas e/ou de risco, para dotalos de ferramentas que eviten o desenvolvemento e consolidación de consumos problemáticos de substancias.
Obxectivos:
Proporcionar información clara, realista e axeitada sobre as drogas que se consomen.
Dar a coñecer os factores de protección e de risco nos ámbitos persoal, escolar, familiar e comunitario.

Ensinar habilidades sociais de adestramento e afrontamento en situacións de risco.
Promover coa familia un incremento das habilidades de xestión, comunicación e negociación familiar.
Metodoloxía:
Consta de 5 sesións de traballo dunha duración aproximada de 50 minutos cada unha, respectando a temporalidade das clases, e utilizando unha metodoloxía participativa, baseada en dinámicas activas e apoiada con recursos dixitais.
Contidos:
Información sobre as substancias adictivas - Efectos e consecuencias do consumo de drogasMitos e falsas crenzas - Habilidades de afrontamento -Toma de decisións saudablesPrevención e redución de riscos - Tempo de lecer saudable

Asociación Érguete Baixo Miño Guía de programas - Curso 2024/25
Máis que un Teito
Destinatarios/as:
Pais, Nais e/ou Educadores/as do alumnado matriculado no centro.
Descrición:
Este programa de prevención familiar pretende crear un espazo presencial para as familias onde se poidan tratar temas de interese relacionados coa educación dos fillos/as ofrecendo pautas educativas.
Obxectivos:
Fomentar a adquisición de coñecementos, habilidades e competencias persoais para desenvolver a importante tarefa educativa coas mellores ferramentas posibles. Promover unha maior implicación dos pais/nais e/ou titores/as como axentes de saúde.

Metodoloxía:
Realizaranse sesións de traballo presenciais nos centros educativos.
As sesións terán unha duración aproximada de 90 minutos, utilizando unha metodoloxía dinámica, baseada na exposición oral e apoiada con recursos dixitais.
Coordinarase o calendario para favorecer a máxima participación das familias e ofrecer, se é o caso, o servizo de canguro.
Contidos:
Estratexias de comunicación familiar - Estilos e pautas educativas - Límites e normas dende a familia - Resolución de conflitos - Emocións e autoestima - Condutas adictivas e substancias -
Uso saudable de pantallas
Asociación Érguete Baixo Miño Guía de programas - Curso 2024/25
COMO SE APLICAN NA AULA: REQUISITOS
Personalización de talleres: cada taller é deseñado coidadosamente para atender as necesidades específicas de cada grupo mestura ao alumnado de diferentes aulas, asegurando dos contidos para cada grupo en particular.
Espazos adecuados: idealmente, os talleres desenvolveranse nas aulas propias de cada grupo. Estas aulas deben contar cun equipo informático con acceso a internet, unha pantalla e un encerado situacións excepcionais, algunha sesión pode requir amplo para certas actividades ou dinámicas.
Ausencia do profesorado na aula: observouse que participar de maneira máis activa na aula cando non mestre/a ou profesorado. Isto débese a que se senten menos cohibidos ao expresar as súas inquedanzas ou preguntas sobre est contidos moi persoais.
Seguimento e avaliación: o persoal técnico responsable dos talleres levará a cabo reunións periódicas cos mestres/as e/ou profesorado implicado. Estas reunións teñen como obxectivo realizar un s avaliación en tres etapas: ao inicio, durante o proceso e ao rematar garante que os talleres se adapten e melloren conti cumprir cos obxectivos de aprendizaxe.


Asociación Érguete Baixo Miño Guía de programas - Curso 2024/25


