Chan do monte dixital 2

Page 1


UN EQUIPO OLÍMPICO

Este curso, por ser ano olímpico, un grupo de alumnos/as de Cultura Clásica de 4ºESO A e B tomaron a iniciativa para procurar a VERDADE (lema do centro 2011-12) sobre AS ORIXES DOS XOGOS OLÍMPICOS e ofrecer as súas reflexións á Comunidade Educativa do San Narciso. Neste camiño, rico en experiencias, volveremos a mirada cara a Antiga Grecia para, da man do deporte e da arte, tentar resolver ese misterio que é o ser humano. Pero antes daremos un rápido repaso a outras actividades realizadas.


EDITORIAL

A Verdade soBre…

A verdade, esa que nos fai libres, escollida como lema do centro no presente curso motivou as nosas reflexións dun xeito especial no primeiro trimestre do curso e así no Nadal, quixemos expresalo nunha montaxe chea de simbolismo onde, de novo o noso Juul, foi escollido como protagonista. Rebautizamos ese duro, pero magnífico conto de Gregie de Maeyer ilustrado por Cohen Vanmechelen adaptándoo baixo a forma dunha dramatización en dúas partes (unha de 1º da ESO A, a outra de 1º Bacharelato). A primeira parte titulámola “A verdade sobre Juul” e a segunda “A liberdade de Juul”.


No camiño da descuberta partimos de nós, de Galicia, de Marín


A lingua dos nosos av贸s na procura da verdadeira identidade

Un traballo semellante ao realizado en anos anteriores, centrado especialmente nos primeiros da ESO, pero analizando colectivamnete os resultados das nosas enquisas nas casas para saber e reflexionar sobre a verdade da nosa lingua.


As JMV berramos a gran verdade Unha xornada realizada no mes de novembro no que acollemos as JMV de toda Galicia no San Narciso.


Houbo concursos na Biblioteca !

As nosas colaboradoras de 4º este ano deseñaron tamén un concurso sobre cultura e lingua galegas que probamos na xornada previa ás vacacións de Nadal no salón de actos. Chamárono “i é verdade, i é mentira…”


Como todos os anos cantaron as comparsas no Entroido

Fomos cumprindo co calendario tradicional acostumado: magostos, nadal, entroido ‌


ENCONTROS CON AUTORES

Tivemos os habituais “Encontros da Biblioteca con autores” como foi o caso da autora da famosa saga de DRAGAL, Elena Gallego Abad.


Juul e Celso Emilio pola PAZ No día da escolar da non violencia e a Paz xuntámonos das mans para cantar e recitar arredor dunha xigantesca pomba da Paz. Lembramos cantigas de Bob Dylan e tamén de Celso Emilio Ferreiro no seu centenario.


Usamos a palabra para lembrar a loita das mulleres

Coa intenci贸n de crear un monogr谩fico de textos sobre a muller baixo a forma dun caderno de minilecturas para a nosa Biblioteca.


Charlas de prevención de condutas infractorias

Subvencionada pola ANPA do centro para 2º e 3º da ESO tivemos unha charla realizada por expertos sobre as condutas infratorias habituais entre adolescentes e a súa prevención.


Vimos teatro clรกsico en Lugo


Manzaneda sorprendeunos con neve Os rapaces e rapazas de 1º da ESO pasaron unhas xornadas inesquecibles en Manzaneda, coincidindo a súa estadía cunha das últimas nevadas do ano nas montañas do interior de Galicia.


Rafting unha aventura nas augas dos mil rĂ­os de Galicia


Participamos nos intercambios didácticos Martín Sarmiento Con outros centros de Pontevedra e da comarca do Bierzo participamos dun intercambio didáctico sobre a figura de Martín Sarmiento e en defensa da Lingua Galega.


O carballo de Sarmiento Na pรกxina web do San Narciso, nos blogs de galego de Bacharelato ou de 1ยบ da ESO, podes ver traballos como o que dedicamos ao Carballo de Sarmiento.


Celebramos as Letras Galegas Recitando poemas en galego sobre o mar de diversas épocas: De Paz Andrade, Martín Códax ou Meendinho, de Lorca. De Celso Emilio, de Bernardino Graña ou de Manuel Antonio.


O noso paraninfo encheuse de exposicións

Sobre o Quixote, sobre Paz Andrade e máis recentemente sobre as Olimpíadas na Grecia Clásica.


Coñecemos a fermosa historia de “ la estrella de alcanzar”. • Unha historia de amizade e lecturas que foi rodada en Santiago de Chile. Este vídeo marabilloso que xira arredor dunha biblioteca escolar podédelo ver na páxina do colexio cantas veces querades, está no blog do Departamento de Lingua Castelá.


Preparando as Olimpíadas Clásicas cos máis pequenos do San Narciso Como xa dixemos os alumnos/as de Cultura Clásica realizaron un traballo de síntese sobre a Orixe das Olimpíadas para poderllo contar aos máis pequenos do colexio no mes de xuño, días antes de celebrar os Xogos no centro, como colofón do curso. A chuvia e o mal tempo frustrarían este evento que foi aprazado ata o comezo do curso en setembro.


Cómics sobre Olimpia Tamén nos últimos días estivemos en 1º da ESO elaborando un cómic sobre Olimpia, a orixe dos Xogos Olímpicos da Antiga Grecia. A continuación imos reproducir un dos mellores presentados que foi realizado por Alba Pazos de 1ºESO B.







SOBRE AS ORIXES DOS XOGOS E O SEU SIGNIFICADO Seguindo con este monográfico dedicado ás Olimpíadas, a continuación iremos vendo as presentacións dos alumnos/as de 4º da ESO de Cultura Clásica que realizaron para os distintos ciclos de Primaria no mes de xuño.


OLIMPIA, ORIXE DOS XOGOS NA HONRA DE ZEUS • I-OLIMPIA: COMPETIR ENTRE IGUAIS. Ángel Mariño Soage • II- A GRECIA ANTIGA, O BERCE DO ESPÍRITO OLÍMPICO. Alex Abuín Álvarez • III- ORIXES MITOLÓXICAS DOS XOGOS. Paloma Roca de Togores Cela • IV- XOGOS NA HONRA DE ZEUS OLÍMPICO. Adrián Márquez Bernárdez • V-ESPAZOS NA OLIMPIA DOS XOGOS. Antonio López Crespo • VI – A MULLER NAS OLIMPÍADAS. Pilar Iglesias Cidrás


A ORIXE DOS XOGOS OLÍMPICOS

Unha viaxe chea de coñecementos sobre a Antiga Grecia


De MARíN de hoxe á OLIMPIA da antiga Grecia O legado de Grecia non é só cousa do pasado. Está presente en multitude de aspectos da nosa cultura. Por exemplo, a cada catro anos na cidade de Olimpia, unhas mozas gregas acenden a chama que en mans de atletas percorrerá o mundo ata a sede dos Xogos Olímpicos. Por que? Porque as Olimpíadas naceron en Olimpia, na Antiga Grecia!



Olimpia, era un lugar moi especial para os antigos gregos

Hoxe como na antiga Grecia seguimos acendendo a chama olĂ­mpica en Olimpia.


A ANTIGA GRECIA: FUNDAMENTO CULTURAL DE EUROPA O mar sempre foi un camiño, iso é o que significa a palabra “pontos” coa que os gregos coñecen o mar. As culturas máis antigas do Mediterráneo tiñan elementos comúns como a tendencia a navegar e procurar a vida a través do comercio. Pero só en Grecia se desenvolveran aspectos culturais moi particulares que son a base da cultura Europea actual. A filosofía, a democracia, o teatro e tamén o descubrimento do deporte, fundamental para a educación dos cidadáns de onte e de hoxe.


UN ESPAZO CULTURAL FAVORABLE PARA O DEPORTE DENDE A PREHISTORIA Da suma de pobos mediterráneos e indoeuropeos nace a cultura grega e con ela o deporte como un elemento característico da cultura da antiga Grecia.

Os cretenses, un pobo mediterráneo, xa coñecían varias modalidades deportivas moi curiosas ligadas á relixión e o seu culto a DEUSA NAI TERRA.


UN NOVO APORTE CULTURAL PARA FORMAR GRECIA A CULTURA INDOEUROPEA Ese proceso cultural madura cando os pobos do interior, os indoeuropeos que non coñecían o mar, toman contacto cos pobos mediterráneos e finalmente fanse os donos deste territorio.

Os micénicos, pobos indoeuropeos, eran moi guerreiros e honraban aos seus mortos con competicións deportivas


OS GREGOS ANTIGOS • Vivían en cidades que chamaban “polis” • Viaxaban polo mar comerciando. • Cada cidade tiña reis, leis e moedas distintas.


Os gregos eran guerreiros

• As diferenzas entre as cidades facían que moitas veces estivesen en guerra, pelexando tamén cos seus veciños. Por iso era moi importante a defensa de cada polis.


AS POLIS, as cidades dos gregos PARA FACILITAR A DEFENSA CONSTRUÍAN AS CIDADES AO REDOR DUN MONTE CHAMADO ELEVADO CHAMADO “ACRÓPOLE” ONDE SITUABAN MONUMENTOS MÁIS IMPORTANTES PARA ELES.


En cada polis un templo • Na acrópole estaban os templos onde adoraban aos seus deuses.


Os gregos adoraban a moitos deuses

Os deuses gregos eran representados semellantes aos homes e as mulleres. E eses deuses e deusas eran as mesmas para todas as polis de Grecia.


Todas as polis gregas celebraban en Olimpia os xogos de ZEUS โ ข Zeus era o deus mรกis importante e os gregos das distintas cidades xuntรกbanse en Olimpia.


Olimpia, un lugar para honrar aos deuses facendo deporte


Etapas da historia de Olimpia Olimpia non era unha cidade como as outras. Era un lugar sagrado con templos e instalaci贸ns deportivas para competir e festexar especialmente a Zeus


Etapa arcaica Olimpia pasou por 4 etapas fundamentais,en cada unha construĂ­ronse novos edificios e espazos. Na etapa arcaica construĂ­uronse en Olimpia:

O templo de Hera

O Bouleuterion


Sobre as deusas en Olimpia A deusa Nai Terra chamรกbase Xea e foi a primeira deusa que existiu en Grecia. A deusa mediterrรกnea Xea tivo unha neta chamada Hera รก que se lle dedicou un templo en Olimpia.


O Bouleuterion Era un Edificio que servía de sede a Boulé do Consello Olímpico Helénico. Tiña 4 partes de distintas tendencias arquitectónicas.


Etapa Clásica Na etapa clásica construíuronse en Olimpia:

Templo de Zeus

Estadio

Leonideon

Hipódromo


ZEUS, pais dos deuses e deus olímpico Os indoeuropeos cando chegaron a Olimpia contaban que o último enfrontamento dos deuses fora alí, no monte Cronos.

O gañador deste enfrontamento foi Zeus, e en relacion con esa vitoria construíuse o seu templo en Olimpia.


O estadio de Olimpia O estadio olímpico era unha explanada rectangular de pista, ao redor tiña gradas onde os espectadores permanecían de pé. Había unha tribuna de madeira para o xurado e un altar dedicado a Zeus. Tiña capacidade para unas 45.000 persoas. Nel celebrábanse as probas de carreira, loita e pentathlon.


O Leonideon Era un hostal para hospedar ás delegacións oficiais nos xogos. Tiña dúas plantas, formado por un patio central rodeado por 44 columnas nos seus lados interiores e de habitacións que daban ao patio. Na súa parte exterior o edifico enteiro estaba rodeado por unha columnata xónica.


A palestra e o ximnasio de Olimpia

A Palestra Era o lugar de encontro, adestramento e aloxamento dos atletas e os seus adestradores. Adestrábase boxeo, salto e tamén tiña baños vestiarios e habitacións de hospedaxe.

O Ximnasio Era unha gran zona ao aire libre rodeada de galerías polos catro lados. utilizabase para o adestramento dos atletas de carreiras e pentatlon.


Theikoleon TrĂĄtase dun edificio rectangular con habitaciĂłns arredor dun patio central que servĂ­a de sede para os Theikoloi, sacerdotes de Olimpia e os seus axudantes.


Etapa Romana Na etapa Romana construĂ­ronse:

BaĂąos e piscinas Hostais



EN OLIMPIA ADORÁBANSE AS DEUSAS MEDITERRÁNEAS Olimpia era na súa orixe un lugar onde se veneraban deidades femininas.

Podería dicirse que a orixe dos xogos olímpicos está ligada a este tipo de cultos agrarios da fertilidade (da produción dos campos) en honor da deusa Terra-Nai, máis tarde este culto pasaría as súas netas, as deusas Deméter e Hera.


As carreiras máis antigas de Olimpia eran só de mulleres As mulleres foron excluídas dos Xogos Olímpicos non só como participantes, senón tamén como espectadoras, a excepción da sacerdotisa de Deméter. Aínda así as mulleres tiñan os seus propios xogos chamados Heraios ou Hereas eran unhas carreiras de velocidade en honor da deusa Hera nas cales a gañadora convertíase na sacerdotisa da deusa Demeter.


As carreiras femininas non foron a penas coñecidas

A organización dos xogos Heraios corría a cargo de 16 mulleres de nobres familias. Esta carreira equivalía a uns 160 metros. A gañadora recibía algo da forza de Hera ao comer do animal que sacrificaban na honra da deusa e ó ser coroada cun ramo de oliveira salvaxe. Pero estas carreiras non serían nunca tan coñecidas como as que organizaron despois na honra de Zeus.


Os mitos explican a orixe dos xogos Hai moitos mitos que contan as orixes dos xogos Olímpicos. O lugar escollido para adorar a Zeus. Ou de como empezaron as carreiras a pé ou as de carros de cabalos nas Olimpíadas.


A orixe das carreiras masculinas na honra de ZEUS Un tal Heracles fixo unha carreira cos seus irmáns para entreter a Zeus. Contan que outro heroe do mesmo nome, pero máis coñecido polo de Hércules, fillo de Zeus, plantou unha oliveira diante do seu templo en Olimpia para honrar ao seu pai no lugar onde gañara en combate ao terrible titán Cronos. Con esa oliveira fanse as coroas dos gañadores das carreiras.


COMO ERAN AS ANTIGAS OLIMPÍADAS

• VII- A ORGANIZACIÓN DAS OLIMPÍADAS. Noelia Seoane e Carla Canosa • VIII-AS PROBAS GIMNÁSTICAS. Carla Lis Vilas • IX- AS PROBAS HÍPICAS. Roberto Otero Moreira


COMO ERAN AS OLIMPÍADAS DA ANTIGA GRECIA?

QUE VAS SABER NESTE APARTADO: Quen e como se organizaban as Antigas Olimpíadas de Olimpia.


A TREGUA SAGRADA COMEZO DAS OLIMPÍADAS As Olimpíadas comezaban meses antes das probas deportivas. Proclamábase unha Tregua Sagrada dun mes no que se prohibía o uso das armas, as guerras entre as cidades participantes para o que se lles enviaban mensaxeiros desde Olimpia.


Os xuíces dos gregos: Un Consello Olímpico elexía aos helanódicos que eran os xuíces que supervisaban o desenvolvemento dos xogos dende dez meses antes da Olimpíada. Controlando aos atletas na cidade de Elis, próxima a Olimpia.


Procesión de Elis a Olimpia •

Dous días antes de comezar as Olimpíadas sacerdotes, atletas, adestradores e xuíces partían da cidade Elis a Olimpia.

Comezaban así as cerimonias relixiosas e un desfile e xuramento ante o templo de Zeus por parte dos atletas no primeiro día das Olimpíadas, antes de competir.


Normas de selección dos atletas: Para poder participar nos xogos había que ser grego, varón e cidadán libre de moralidade íntegra. Os estranxeiros quedaban excluídos.


A SEMANA DAS OLIMPÍADAS

Nun principio os xogos duraban dous ou tres xornadas, pero logo foron alongándose a 5, 6 e 7 días. • As cerimonias relixiosas daban paso no segundo día ás carreiras no estadio. • O terceiro eran as competicións no Hipódromo e o pentatlón (as cinco probas).


Un gran Sacrificio na Honra de ZEUS • O cuatro día facíase un gran sacrificio na honra de Zeus • (a hecatombe de 100 bois). Tamén había probas de loita e puxilato. • E o quinto día entregábanse as palmas e as coroas de oliveira aos vencedores, entre himnos e cantos.


NESTE APARTADO VAS COÑECER: Como eran as probas no Estadio e, logo, as do Hipódromo.


Os atletas espidos: Todos os atletas corrĂ­an espidos nas probas.


O estadio: O estadio era o lugar no que se realizaban as carreiras na honra de Zeus.

A primeira proba cuxo corredor daba nome ĂĄ OlimpĂ­ada.


Na antiga Grecia hab铆a diferentes tipos de carreiras:

Estadio ou dromos (192,27 metros) Diaulos (ida e volta ao estadio) D贸xilos ( 24 estadios = 4615 metros)


Estadio (uns 200 metros) O corredor saía de pé e un dispositivo permitía unha saída á par para todos os Atletas.


0 Pentatl贸n: Era unha combinaci贸n de 5 probas que tam茅n se fac铆a no estadio:


Salto:


Lanzamento de disco:


Lanzamento de xavelina:


Loita:


A hoplitodromía: • Unha carreira que se engadiu máis tarde consistía en correr coas armas dun “hóplita”, é dicir, un soldado da pé, que levaba escudo, casco e glebas.


A Lampadedromía: Era unha carreira de relevos na que o atleta tiña que levar consigo un facho e chegar á meta co lume aceso. O nome vén de lámpada: facho e dromos: carreira.


•AS PROBAS HÍPICAS


AS PROBAS HÍPICAS O HIPÓDROMO: O hipódromo é onde se celebraban as probas hípicas e eran de dous tipos:


AS PROBAS HÍPICAS • .CARREIRAS DE CABALOS: •Consistían en dar 12 voltas ao hipódromo . •O premio era para o dono do cabalo e non para o xinete.


AS PROBAS HÍPICAS CARREIRAS DE CARROS: • Eran carreiras con carros tirados por 2 ou 4 cabalos.:


O mito das orixes das carreiras en Olimpia • No pazo do rei de Pisa, colgan as cabezas dos pretendentes da súa filla. O rei Enómao non quería casar a Hipodamía. Sabía por un oráculo que o marido desta ía provocar a morte do propio rei.


Organiza carreiras de carro para impedir a voda • Enómao organizou carreiras de carros contra os moitos pretendentes da súa filla porque tiña uns cabalos veloces agasallo dos deus Poseidón e sempre vencía. Quen gañaba podía cortarlle a cabeza ao perdedor.


Pélope quere casar con Hipodamía • Chegou á comarca Pélope e a princesa namorada del procurará que un criado afrouxe as rodas do carro do rei, seu padre. Enómao cae do carro e morre na carreira. • Hipodamía casa con Pélope que para limpar as súas faltas organiza carreiras en Olimpia.


A EDUCACIÓN NA PROCURA DO SER HUMANO, ESENCIA DOS XOGOS

• X-O XIMNASIO E A VIDA DOS ATLETAS. Juan Rogel Carballeira • XI-AGÓN(COMPETICIÓN) E NIKÉ (VICTORIA). Jara González Dacuña • XII- O ESPIDO NAS COMPETICIÓNS. Judit Estévez Vázquez


NESTE APARTADO COMPRENDEREMOS A IMPORTANCIA DAS ANTIGAS OLIMPÍADAS PARA O MUNDO DE HOXE


NUNCA ESQUECEREMOS A ESES GREGOS

• A cultura grega foi, é e será sempre unha constante referencia para os europeos e para o mundo enteiro. A súa orixinalidade faina fundamental para resolver o misterio da humanidade.


CREACIÓNS PARA COÑECER O MUNDO E AS PERSOAS •MITOLOXÍA •FILOSOFÍA •DEMOCRACIA •TEATRO

• Os gregos na súa busca da verdade e por entender o mundo elaboraron unha das mitoloxías máis complexas. Puxeron as bases para o pensamento co invento da filosofía. O seu centro de interese está na persoa, no ser humano e nos misterios da súa existencia.


A EDUCACIÓN DO CORPO e DO ESPÍRITO

•Unha das ferramentas fundamentais nesa carreira por coñecer foi a educación: •A educación da mente: a través do teatro ou da arte. •A educación do corpo: a través do deporte e tamén da mediciña. • O seu ideal: “ unha mente sana nun corpo sano”


A DESCUBERTA DA VERDADE NA COMPETICIÓN E NO ESPIDO

•Dúas claves do deporte grego serán o gumnós (espido) e o agón (a competición)


A PROCURA COMEZABA NO XIMNASIO DE CADA CIDADE GREGA.

A palabra ximnasio deriva do grego antigo gimnós (espido) logo era o lugar onde se exercitaban os corpos nus. Os “gimnasia” eran edificios públicos que nunca faltaban nunha polis (cidade) grega.


O XIMNASIO ERA UN CENTRO EDUCATIVO ÚTIL

Nestes lugares pasaban a maior parte do tempo adolescentes, mestres, filósofos, oradores, etc. O ximnasio identifícase coa palabra colexio polos valores educativos que alí se ensinaban. Formábanse física, intelectual e musicalmente.


EDUCARSE PARA COMPETIR, PARA PROCURAR O MELLOR O esforzo e a competición logrará unha mellora e un maior coñecemento sobre o ser. Era a procura persoal e colectiva da verdade sobre o ser humano:

Citius, altius fortius… Máis rápido, máis alto, máis forte…

Luctor et emergo! Loito e saio adiante!



Cando falamos do agón referímonos ao espírito competitivo que tiñan os gregos, que os levaba mellorar as súas capacidades, a superarse e a esforzarse para poder chegar a obter a vitoria. O que máis se esforzaba era o que obtiña a vitoria. Ese que lograba ser o mellor era un orgullo para a súa familia e para a xente da súa cidade, á que representaba nos Xogos de Olimpia.


Unha carreira para achegarse á perfección dos deuses

Os gregos non competían por diñeiro, senon polo agón, é dicir, polo espírito de superarse na busca do perfecto. O que tiña o corpo máis perfecto crían que se parecía máis aos deuses, así que as Olimpíadas eran sobre todo actos relixiosos e sagrados na procura do divino no ser humano. Por iso en Olimpia a relixión e o deporte son inseparables.


A vitoria nos Xogos Olímpicos ante toda Grecia, era unha demostración do espírito de superación, do agón, que significaba ser recordado por todos os gregos ao achegarse á perfección dos deuses.

Quen alcanza a vitoria recibe unha coroa da oliveira do templo de Zeus como símbolo da gloria acadada.


Coroa da vitoria.


Diante do templo de Zeus de Olimpia o escultor Peonio ergueu cara o ano 425 a. C. unha estatua da Vitoria coa palma que levaba na man para aos vencedores das probas.


Os vencedores en Olimpia recibían coroas, palmas e cintas A moitos dos vencedores erguénronlle estatuas e dedícanronlle himnos, pois para a súa cidade era un orgullo que alguén cercano a eles, fose tan importante. Os vencedores eran un modelo de perfección que todo o pobo desexaba.


DOS VELLOS AOS NOVOS XOGOS: O diñeiro que todo o corrompe

Co paso do tempo os deportistas empezaron a facerse profesionais nun determinado deporte, e pouco quedou do espírito olímpico que estaba antes presente.

No momento en que os vencedores recibían como premios diñeiro, para algúns filósofos comezaron a perdese todos os valores da esencia das antigas Olimpíadas o que as levaría a desaparecer.



Para os gregos, o espido ĂŠ o xeito mĂĄis natural e verdadeiro de ser. A travĂŠs do nu vese o divino que hai nos seres humanos.


Ao principio, os atletas levaban unha especie de taparrabos nalgunhas competicións mesmo as mulleres que practicaban o atletismo facíano tamén espidas. No comezo o nu completo só estaba vinculado a algúns deportes coma as carreiras pedrestes, pero posteriormente estendeuse a outras competicións.


A ARTE GREGA REFLICTE O SEU INTERESE POLO SER HUMANO


AS ESTATUAS Mテ!S ANTIGAS ERAN Rテ更IDAS


ATA QUE ATOPAN O MOVEMENTO

Foron evolucionando e buscando representar o home cun maior movemento nesa descuberta da verdade do ser como parte dun universo harm贸nico e natural.


Acadar un movemento totalmente natural do corpo e expresi贸ns. As estatuas eran case un copia da realidade.


OLIMPIA ONDE A ARTE E DEPORTE CORRĂ?AN DA MAN

Olimpia e Grecia estaban cheas de estatuas de atletas ou de deuses espidos amosando a verdade do ser.


BibliografĂ­a consultada


London 2012

Unha excursión ao Londres Olímpico, a menos dun mes do comezo dos Xogos na capital inglesa. Un numeroso grupo de 1º Bacharelato e de 4º da ESO remataron o curso con esta magnífica saída cultural a unha das cidades máis emblemáticas e cosmopolitas de Europa.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.