Latexos VIII (2018)

Page 4

2

Revista escolar Latexos | EDLG do CPI Manuel Padín Truiteiro | Número VIII | Maio de 2018

Voa, alma, voa

X

a está. Ata aquí chegou. O medo e a covardía puideron comigo. Ese ser inquedante que ao principio parecía un ser tranquilo converteuse nun monstro. Non sei como non puiden evitalo ou velo antes. Estas liñas servirán de guía para que outras non cometan o mesmo erro ca min. Cada vez escoito máis fortes as súas pisadas. Empezo a ver a luz. A miña nai, o meu pai… Ai, que será deles! Moi pronto a cidade pintarase de lila, mais non servirá para cubrir as zonas que xamais serán pintadas desta esperanzadora cor. Penso no que me dixo a miña avoa: “Moito coidado con este tipo”. Canta razón tiña. Coñézoo dende que empecei a andar cega polo mundo. El guioume, guioume a unha estrada da vida que ao principio semellaba ser feliz, recta, cha, pero que ao cabo do tempo ía collendo curvas, rotondas, pendentes e encrucilladas. Comezou a encarcerarme cando puiden coñecelo mellor, o típico, revisábame o móbil, non me deixaba saír coas miñas amigas… Eu, inocente de min, pensaba que o facía porque me quería. Claro, queríame levar a unha vida de sufrimento e tortura á que, a estas alturas, xa pouco lle queda. Que quixera casar aos dous anos de coñecérmonos xa me pareceu un pouco estraño, mais xa naquelas empezaba a converterme nun cachorriño indefenso. Aquela violencia oculta tras a palabra “amor” ía despoxándose da súa disfrace coma pingas de auga que baten na pedra ata furala, coma os polos que se derreten, coma a capa de ozono que lentamente se vai abrindo. Esa violencia tamén a destapaba eu, que ía descubrindo mentiras: a súa identidade, o seu nome real, o seu pasado… Unha vez, mirando en xornais antigos, encontrei unha noticia de había anos. Era el, mais ao estar cega non vin que este louro con piercings e tatuaxes ao que eu consideraba ata hai pouco unha persoa especial era aquel melenudo moreno con cara de asasino que me miraba a través daquela imaxe. As súas anteriores vítimas salváronse, mais eu non vou correr a mesma sorte. Se me percatase un pouco antes, tan só un instante antes, podería ter comezado unha nova vida sen violencia e sen tortura e con amor e liberdade. Mais xa é tarde. Estou presa. Agardo que a miña alma colla forma de ave e voe, voe ata estar lonxe desta besta. Está abrindo diferentes portas. Aínda non me atopou mais é cuestión de minutos ou mesmo segundos que o faga. Mamá, papá, Xulia, Carlos, lembrádevos de min alegremente, pensade en cando era feliz. Corre, alma, emprende o voo, non te deteñas ata estar fóra de perigo. Xa me atopou. Está moi furioso. Non teño moito tempo. Por favor, que estas liñas caian en boas mans e sirvan de exemplo para moitas outras almas inocentes ás que, coma min, lles quitaron a venda que lles impedía ver máis alá para poñerlle outra que as cegara máis. Voa, alma, voa. Mándalle unha mensaxe á miña familia. Achégase a min. Pido auxilio mais de nada me vale, xa que isto o enfureceu máis. Colle un coitelo. Veña alma, xa estás moi cerca. Voa. Crávao no meu corazón. Xa está. David Alján Lusquiños (3º ESO)

Premiadas no XVI Concurso de Postais de Nadal Catro alumnas do noso centro, Nahiara Vales Iglesias, Carla Míguez Pazos, Lucía Costas Boullosa e Talía García Conde, resultaron premiadas no XVI Concurso de postais de Nadal que organiza anualmente o Concello de Soutomaior a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Redacción (EDLG)

O

pasado venres 22 de decembro de 2017 ti vo l uga r a entrega de premios do XVI Concurso de Postais de Nadal que organiza anual mente o Concello de Soutoma i or. Por pa rte do noso centro, presentá ronse numerosos e fermosos traballos . O alumando premiado foi : 1º premio pa ra Na hiara Vales Iglesias e 4º premio para Ca rla Míguez Pa zos, na ca -

tegoría A (2 a 4 anos ); 2º premio pa ra Lucía Costas Boullosa, na ca tegoría C (9 a 12 anos ); 4º premio pa ra Tal ía Ga rcía Conde, na ca tegoría D (13 a 17 a nos). Os pa rticipa ntes que non foron premiados recibi ron i gualmente un agasallo de agradecemento. Finalizada a entrega de premios, puidemos goza r dunha a ctua ción de ma xia cómi ca. Moi tos pa rabéns ás premiadas.

Postal de Carla Míguez Postal de Nahiara Vales

Postal de Lucía Costas

Todas as postais premiadas poden ser consultadas en: http://www.soutomaior.com/xuventude/concursos_es.html


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.