Práctica 1 Onshape

Page 1

OnShape – Práctica 1

A primeira peza en 3D Obxectivo: Imos crear a primeira peza en 3D a partir dun debuxo en 2D.

Práctica: Prepara o traballo 1. Abre a túa conta en Onshape, no botón <<Create>>, crea un novo documento co nome Peza01. 2. Crea un novo esbozo, Sketch, no botón <<Sketch>>. 3. Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Top. Fai clic co botón dereito enriba do plano Sketch 1, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>. Xa estamos listos para empezar a debuxar!

Debuxa a peza 1. Crea unha circunferencia en calquera lugar. Lembra para non seguir debuxando coa ferramenta seleccionada, pulsa a tecla ESCAPE. 2. Imos centrar a peza co eixe de coordenadas. Para elo selecciona o botón <<Coincident>> e fai clic no centro da tua circunferencia e clic no centro do eixe de coordenadas. Verás como a circunferencia se move ao centro do plano. 3. Agora temos que acotala ou establecer as súas dimensións: fai clic en <<Dimension>> selecciona a circunferencia. Ponlle un diámetro de 50 mm.

, e logo

Dámoslle volume! 1. Fai clic no botón <<Extrude>>. 2. Para ver mellor a extrusión, seleccionamos a perspectiva trimétrica, fai clic no cubo que hai no lado dereito da pantalla e selecciona Trimetric. 3. A continuación aparece unha frecha cara arriba. Se fas clic nela cambia cara abaixo, e se pinchas en Blind, aparecen outras opcións, a primeira Symetric, fai a extrusión simétrica nos dous sentidos. Selecciona Blind e a frecha cara arriba. Dálle de profundidade 30 mm (Depth=30mm).

Imos debuxar un segundo volume 1. Fai clic en <<Sketch>>, e selecciona a cara superior da túa peza 3D, aparece na columna da esquerda debaixo de Extrude 1, o novo Sketch 2. 2. Debuxa unha circunferencia concéntrica coa anterior e de diámetro 20 mm (segue os pasos anteriormente indicados). 1

Elaborado por Alicia Pérez (tecnoloxía.org)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Práctica 1 Onshape by elisa tecnologia - Issuu