Descrición dos xogos

Page 1

MAGOSTO 2014 XOGOS Co motivo da celebración do Magosto, o día 7 de Novembro, realizaranse ademais da degustación de castañas e o xogo dos trompos, os seguintes xogos por niveis( con sistema de rotacións dos xogos): • 4º de Educación Infantil ( 5 aulas: A, B, C , D, E). Neste nivel faranse 4 xogos. En cada xogo estará unha aula. Irase rotando cada 20 min., polo que todos os nenos pasarán polos 4 xogos.Cada titor acompañará ao seu grupo e os pais/nais serán os encargados de explicar o xogo aos nenos/as. 1. Pescar a castaña: Este xogo consiste en pescar castañas que levan un ferro incorporado cunha cana de pescar consistente nun pau de madeira cun imán. A aula dividirase en grupos .Por quendas deberán pescar o maior número de castañas posible que colocarán nun prato. 2. Pisar a serpe: Disporemos de seis serpes (feitas con cordas) polas cales os alumnos/as terán que pasar por riba delas facendo equilibrios. Faranse grupos de 4 ou 5 alumnos/as por cada serpe ; deberán colocarse en fila e atravesar o corpo da serpe facendo equilibrio . Ó rematar o adulto colle a serpe pola cabeza e os nenos intentan pisarlle o corpo . 3. Conos/Carreiras de ovos Os alumnos/as disporán de 12 conos para intentar encestar as pelotas nos conos. Xogarán a encestar en tanto os demais fan a carreira de ovos.

Equipo da Dinamización da Lingua Galega. EEI Milladoiro


Carreiras de ovos. Para este xogo disporemos de 4 culleres con 4 ovos para colocar enriba destas. Faranse carreiras de 4 alumnos/ as cada unha dende unha liña marcada no chan a outra que será a chegada. Os nenos/as deberán intentar que non lles caia o ovo porque cando cae escacha.

4. O xogo do arrastre de botellas. Teremos botellas de plástico cheas de auga tinxida de cores e atadas a unhas cordas e un pau. O xogo consiste en enrolar a corda de maneira que avance a botella.

• 5º e 6º de Educación Infantil: Neste nivel faranse 8 xogos (4 para 5 anos e outros 4 para 4 anos). En cada xogo estará unha aula. Irase rotando cada 20 min. , polo que todos os nenos pasarán polos 4 xogos. Cada titor acompañará ao seu grupo e os pais/ nais serán os encargados de explicar e dirixir os xogos..

1. Carreira de sacos. Dispoñemos de 5 sacos para facer as carreiras.Os alumnos/as farán quendas para saltar cos pés xuntos dentro do saco. Colocaranse detrás dunha liña marcada no chan para a saída ; deberán chegar ata o final da pista e voltar ao punto de partida. Equipo da Dinamización da Lingua Galega. EEI Milladoiro


2. Toma castaña. Colocaranse atadas con cordas nas porterías as castañas feitas con papel para que os alumnos/as dende detrás dunha liña marcada no chan tiren bolas feitas de tea e recheas de area. Cada neno/a fará tres intentos.

3. Os zancos. Disporemos de varios pares de zancos. Os alumnos/as moveranse libremente no espazo destinado para este xogo (colleranse os dous zancos da mesma cor). Poden facerse competicións por grupos.

4. Illas . Colócamos as illas (medias esferas de plástico) con distintos niveis de dificultade: separadas, en zig-zag... para que todo o grupo as cruce 5. Tira da corda.

Equipo da Dinamización da Lingua Galega. EEI Milladoiro


Haberá dúas cordas con castañas colgando no medio delas. A aula dividirase en 4 grupos, cada un agarrado a un extremo da corda. Hai que intentar que a resta das castañas supere a liña marcada no chan. Poden facerse distintos agrupamentos, nenos contra nenas, pais contra alumnos...

6. Vento tolo. Dispoñemos de 25 aros, tantos como alumnos. Cada neno/a métese nun aro; a unha sinal (toque de silbato) o “vento tolo” fai que todos teñan que cambiar de aro. Retírase un de cada vez de xeito que un alumno/a queda sen aro. Remata o xogo cando queda só un aro e so un neno/a.

Ó rematar os xogos haberá unha demostración de baile de trompos e de chave.

A chave. Este xogo consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia.O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces.

Equipo da Dinamización da Lingua Galega. EEI Milladoiro


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.